Buscar este blog

lunes, 30 de noviembre de 2015

EXPEDIENTE DA INQUISICIÓN CONTRA TOMAS MOSCOSO OMAÑA. UN CURA DE VIDA DISIPADA. 1741



Hoxe imos abordalo tema da disipada vida dun cura párroco que viviu na nosa Mariña na primeira metade do século XVIII, estamos a falar de Tomás Moscoso e Omaña. Cando vemos por primeira vez o seu nome sabemos que pertence á familia dos López de Moscoso, xerme do condado de Fontao e que polo tanto vai estar vinculado co noso concello.

En concreto sabemos que o protagonista deste artigo era fillo de Lourenzo Moscoso Omaña e Ulloa, “dueño de las casas y Palacio de Fontao xurisdizion y coto del mismo nombre, la de Ferreyra y acomulativo de la de San Martin de Mondoñedo, vezino que al presente soy de la feligresia de Santa Cecilia xurisdizion de Santiago de Foz” [1] e da súa primeira muller María Andrea Pardo e Lemos.

Lourenzo Moscoso casará en segundas nupcias con María Xoana de Guevara e Montenegro, a esta segunda esposa deixaralle varios bens no seu testamento (outorgado en Santa Cilla o día 4 de agosto de 1732 ante o escribán Lois Fernández Cordido, veciño da mesma parroquia) que deberán recaer nos fillos de Lourenzo e da súa primeira muller, pois coa segunda tivo unha filla que morrera ao pouco tempo de nacer.

Do matrimonio entre Lourenzo Moscoso e María Andrea Pardo quedaron os seguintes fillos:

-        Antón Moscoso e Omaña, primoxénito, continúa coa liña paterna ao que o sucede o seu primoxénito Xosé María Moscoso Omaña.

-   Xoán Antón Moscoso e Omaña, que aparece mencionado co cargo de coadxutor na catedral mindoniense.

-          Francisco Moscoso, este fillo será o que herde os bens que seu pai deixara para a segunda esposa. Foi elixido el por “ser el menos acomodado de los que quedaron del referido don Lorenzo Moscoso, su padre, y de su mencionado primer matrimonio”.A elección queda clara cando o citado Lourenzo manda que se elixa en:” primer lugar suceda en los dichos vienes, despues de la citada mi muger, don Francisco Moscoso, coadjutor en la Santa Cathedral de la Ciudad de Mondoñedo, mi hijo, y despues como dicho queda otro qualquiera de mis hijos”. Francisco accede ao cargo de coadxutor a principios do ano de 1730, “sobrino de Juan Moscoso, fue admitido como coadjutor, con derecho de sucesión, de éste, en virtud e Bula y mandamiento ordinario”. Este citado Xoán Moscoso, tío de Francisco, tiña que ser o mesmo ao que se refire Cal Pardo cando di que trala morte, o día 14 de marzo de 1719, do cóengo don Fernando Osorio e Rebellón “tomó posesión de su canonjía Juan Moscoso y Omaña, que había sido su coadjutor[2].


-          Tomás Moscoso e Omaña, cura párroco de Xove e Lago.


A vida de Tomás Moscoso Omaña e Lemos debeu de ser tranquila e doce ata que o bispo Antón Alexandro Sarmiento de Soutomaior lle abre un expediente disciplinario con graves consecuencias.[3]

O citado documento foi redactado na vila de Viveiro o día 5 de outubro de 1741 e nel podemos ler como o bispo don Antón Sarmiento de Soutomaior, na visita pastoral xirada a esa zona, afirma que xa fóra informado da actitude que mantiña o cura párroco de Lago e de Xove, o noso protagonista. Segundo se afirma no escrito don Tomás “vive con desenvoltura, con repetidos actos torpes, que ha tenido, ansi con una criada que ha tenido antes de aora llamada Andrea Lopez, hija de Blas Gonzalez, carpintero, vezino de dicha feligresia de Balsa, de que resultò hazerse preñada dos vezes, como con otra que actualmente tiene en casa, a quien llaman Alexandra en dicha feligresia la que se hizo preñada en este presente año y pariò en la dicha feligresia de Silan, restituyendose luego despues del parto a casa de dicho cura. Sale a deshora y altas horas de la noche a las trahiñas; sin envargo de estarles prohibido con excomunion maior lata sententia, mil maravedis de multa y un mes de carcel por el auto de visita que hizo su Ylustrisima en aquella parroquia, a que tambien concurren mugeres a quienes assimismo se les prohibiò, para precaver los muchisimos pecados, que se cometen con esta concurrencia. No tiene el zelo que debe en la administrazion de los Santos Sacramentos a los parroquianos; ni aun permite que otros lo hagan”.

Tres son os cargos que se lle imputan: vida disipada e ter embarazado a dúas mulleres.

O segundo cargo trátase de cobros irregulares, polo que parece don Tomás cobraba máis que os curas das parroquias veciñas por impartir o sagrados sacramentos, aparte disto, negábase a que os presbíteros da parroquia ou coadxutores se encargasen de impartir os sacramentos, quedándose polo tanto el con todos os cartos recibidos.

Tal vez o cargo que nos chame máis a atención é o de acudir ao porto cando chegaban as traíñas a porto.

O bispo Sarmiento (1728 – 1751) do que nos quedan grandes obras pagadas por el, estoume a referir ao hospital de San Paulo, a ermida e a fonte dos Remedios, o cárcere de Mondoñedo ou o pazo do Bo Aire en Masma, entre outras cousas, tamén foi un bispo de estrito carácter. Lence Santar chegou a afirmar del que era “de gran talento y cultura y un gran polemista; pero fue también un hombre intransigente, terco, violento y dictador”, unha opinión contraria a esta foi a do cronista oficial de Mondoñedo Francisco Mayán, quen chegou a afirmar que este bispo “no fue un hombre vulgar, ni tampoco una medianía, sino un Obispo extraordinario, un reformador, un genio”.[4]

Non estamos nós capacitados para opinar sobre o perfil psicolóxico do bispo Sarmiento pero o que si podemos dicir é que fixo fincapé sempre en manter separados os dous sexos. Entre os moitos mandatos de Sarmiento hai un que estipula que os homes que vaian segar a Castela non poden ir acompañados de mulleres, a non ser que sexan as súas esposas e que podan demostralo documentalmente. Tampouco permite que as mulleres se acheguen pola noite ás faenas de descarga das traíñas. Supoñemos que como esta operación se realizaba cando xa era noite e polo tanto case que imposible de controlar ás persoas se producían moitos actos de contacto carnal. Entendemos que o bispo prohiba acudir ás mulleres a estas faenas pero non entendemos cal é a razón pola cal os curas párrocos non poidan ir, a súa presenza debería bastar para calmar tanta excitación.

Na nosa humilde opinión coidamos que o señor bispo Sarmiento debería terse preocupado  máis polas condicións de salubridade ou laborais das persoas que viaxaban a Castela que por si ían ou non acompañados de mulleres.

DETENCION.

Tralo coñecemento por parte do bispo Sarmiento da vida disipada de don Tomás lévase a cabo a detención do citado cura párroco. O problema deste cura era que formaba parte dos familiares da Inquisición e para ser xulgado tan só o podería facer o tribunal da Inquisición. Mais iso non foi impedimento para que o bispo Sarmiento o mandase prender e xulgar polo xulgado episcopal.

No folio 37r do expediente aberto a don Tomás, podemos ler unha carta datada o 16 de xuño de 1742 na que relata como foi a súa detención: “y estando disponiendo su viage al parage donde hera preciso pasar a su egecucion entraron en su casa con mucho estrepito y alboroto don Francisco Vazquez, Presvitero, acompañado de Pedro Lopez, escrivano de numero de San Thirso de Portozelo y de otros tres sacerdotes que lo fueron don Juan Antonio Valmaior, don Gonzalo Pardo y don Juan Fernandez Sanjurjo, vezinos de la misma Jurisdizion de San Thirso, y luego que se introdugeron en la casa de havitacion de mi parte, le dijo el dicho don Francisco Vazquez llebaba orden y comision del Reverendo en Cristo obispo de Mondoñedo para prenderle y conducirle a aquella Ciudad, y entonces le hizo presente mi parte” que iso era imposible pois el era comisionado da Inquisición e que non podía ser detido por aquel tribunal ordinario. Aparte diso el tiña que saír inmediatamente pois o tribunal da Inquisición o convocara para levar a cabo unha inspección noutro lugar, pero os que o viñan a apresar non fixeron caso algún “lo llevaron preso a dicha Ciudad de un modo escandaloso y no correspondiente a las circunstancias de su persona y carácter de empleos”.

DECLARACIÓNS DE TESTEMUÑAS.

Coñecidos os cargos, embarazar a unha criada chamada Andrea dúas veces e a outra, chamada Alexandra, unha vez, presentáronse as testemuñas. En primeiro lugar declararon os presbíteros e curas das veciñas parroquias mais todas as súas declaracións son de oídas.

Destacamos unhas poucas de tódalas declaracións:

Maria Luisa Pérez, solteira, de 35 anos, veciña de Santa María de Viveiró declara o 16 de outubro de 1741.
Afirma que non coñeceu a Andrea López pero sabe que estivera como criada do citado cura e que tivera dúas nenas.  Unha destas nenas quedara nunha casa de Xestosa, na parroquia de San Pedro de Muras. Ata que por “orden de dicho Francisco Lopez ha llevado a casa del referido don Thomas Moscoso por el mes de septiembre de este año una niña de edad de cinco años, poco mas o menos, la que le dixo era hija de dicho cura y de una criada que le avia servido, cuya niña admitio dicho cura y le quedò en casa. Y la otra niña que dexa depuesto està en la Gestosa, tendra dos o tres años”. Na súa declaración afirma coñecer á actual criada do cura, chamada Alexandra, e que no mes de abril desaparecera da casa do cura “y viniera a la casa de Pedro Lopez, vezino de San Esteban de Silàn, en el lugar da Picheyra donde estuvo cinco semanas y pariò un niño que se està criando en casa de Pedro Rouco, vezino de la que declara. Tambien ha oydo decir que por el tiempo referido del mes de Abril, poco mas o menos estubiera dicho cura dos o tres dias en casa de Pedro Lopez, que se decia venia de Santiago bien que la feligresia de Silàn no es camino transeunte desde la Ciudad de Santiago a la feligresia de Lago”.

Manuel Pérez de Moscoso, declara o 16 de outubro de 1741, tiña daquela 55 anos, era cura da freguesía de Silàn.

 Afirma coñecer á criada do cura e que esta deu a luz a un neno en Silán, sendo bautizado co nome de Agustín “y se diò a criar en la feligresia del Viveyrò en el partido de Rilleyra de Castiñeyras en  casa de Pedro Rouco según oyò el que declara”.
O cura atoparase varios meses despois, na feira que en  Galdo se celebraba o día 8 de outubro, coa criada de Tomás. Despois de cruzar os saúdos formais ela preguntáralle si aparecía o nome do pai na partida de nacemento, el contestoulle que non, que aparecía incógnito. Ante esta información a criada díxolle que don Tomás solicitaba como favor persoal que non puxera nome ningún no apartado do pai, razón pola cal o cura de Silán “tuvo para consigo que la mencionada Angela pariera del referido su Amo”.

Francisco López, veciño da parroquia de Silán.

Afirma coñecer a don  Tomás e a súa criada Andrea López da que di que “pariera una niña en la felegresia de Samarugo, en casa de un fulano vezino de dicha felegresia de Samarugo, de donde teniendo ya de tres a quatro años, la llebaron a casa del cura referido de Lago”. Tamén afirma a testemuña que estando na feira de Lago acercáraselle un cuñado da citada criada e o referido don Tomás Moscoso e que “le propusieran si queria tener en su casa dicha muchacha; que se la pagaria bien su crianza”, el colleu a rapaza e tívoa na súa casa por ano e medio, ata que en 1741 “se la remitiò al dicho cura de Lago por Luysa Perez, soltera, hija de Luys Vazquez, vezinos del Viveyrò; y por razon de manutencion y crianza de la muchacha referida, que se llama Maria, reciviò el que declara del dicho don Thomas once ducados de vellon”.

Pedro López, veciño de Silán.

Afirma coñecer a don Tomás, non así  á primeira criada, Andrea, pero si á segunda, Ánxela Fernández, filla de Isidoro Crego, veciño de Santa María de Balsa. Coñécea porque no mes de Abril de 1741 presentouse na súa casa Tomás Moscoso “y le ha dicho que avia tenido el trabajo de averse deslizado con la referida Angela, su criada, y que se hallaba en cinta; que le suplicaba le hiziese el gusto de admitirsela en su casa para que pariese con secreto; por lo que se ynteresaba su honra y la de la dicha moza”.

Para atender ás demandas de don Tomás Pedro López  manda un criado a buscar á citada rapaza para que día a luz na súa casa. Ánxela tivo un neno que o bautizaron o día do seu nacemento, “de noche a principios de mayo”, puxéronlle por nome Agustín.

Transcorrido pouco tempo don Tomás manda a buscar ese neno para ser criado na casa de Pedro Rouco, veciño da freguesía de Viveiró. Este home presentouse na casa do declarante acompañado da súa dona “una noche y salieron al amanecer antes del amanecer para que fuesse con secreto y no lo viessen los vezinos”, mentres que a criada continuou na casa do declarante “ y de alli a pocos dias que convaleciose volviò para casa de dicho don Thomas”.


Para desgraza nosa non puidemos atopar dato algún sobre este tema, así que descoñecemos que castigo lle impuxeron ao noso citado don Tomás.

Sobre este tema podemos dicir que non é este o único caso xa que era algo habitual que os curas párrocos embarazasen mulleres do seu entorno, en menor medida que en séculos anteriores, pero non por iso deixaba de ser algo que acontecía usualmente.






[1] Pares.mcu.es. Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, rexistro de executorias, caixa 3353, 44-3. Executoria de preito litigado por Tomás Moscoso  Omaña con Xosé María Moscoso  Omaña e consortes, veciños de Mondoñedo, sobre a sucesión de bens legados por Lourenzo Moscoso, ano de 1771. Unha transcrición do testamento de Lourenzo Moscoso pódese consultar na seguinte páxina http://estudiosgen.com/group/testamentos/forum/topics/a-o-1732-testamento-de-lorenzo-moscoso-oma-a-y-ulloa-se-or-de-la
[2] Cal Pardo, H.: Episcopologio mindoniense, páxinas 719 e 661 respectivamente.
[3] O citado documento, que será base deste artigo, foi consultado na páxina web pares.mcu.es e o orixinal está conservado no Arquivo Histórico Nacional, sección  Inquisición, (2150, exp. 7).
[4] Cal Pardo, H.: Episcopologio mindoniense, páxinas 754 e 755 respectivamente.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

AS COSTAS MARIÑÁNS NO SÉCULO XVII.



Toda esta información que imos transcribir foi extractada do artigo de A. Blázquez titulado Descripción de las costas y puertos de España. Pedro Teixera Albernas, editado no Boletín da Real Sociedade Xeográfica, tomo LII, xaneiro de 1910, páxinas 36 a 138.

Blázquez transcribe a obra que Pedro Teixeira escribira no ano 1634. Obra froito das visitas que por estas costas realiza nos anos 1621 e 1622 e que sae á luz co título Descripción de España y de las costas y de los puertos de sus reynos. Al muy católico y poderoso rey don Felipe III.

Pedro Teixeira nace en Lisboa no ano 1595 e more en Madrid no ano 1662, era fillo de Lois Teixeira, que alcanzou o cargo de Cosmógrafo maior do reino de Portugal.

Resulta moi interesantes os datos que Teixeira aporta sobre as nosas costas neses dous anos de 1621 e 22.

Mais para o estudo desta costa mariñán collemos as páxinas 80 ata a 85   que din textualmente:

De la costa y lugares del Reyno de Galicia.

El primero lugar del Reyno de Galizia por su costa setentrional de la parte del levante hes la villa de Ribadeo, lugar de grande población y trato, esta situada en una cuesta que baxa asta la orilla del mar y su puerto y junto a el una yminencia un castillo antiguo con un terrapleno o plataforma por la parte que mira al puerto y su barra, con seis pieças de artillería bastante defença para estorvar pueda ser acometido, sin consido peligro dan fondo los navios en su puerto junto a la villa y debaxo de la artillería del castillo, quedando distante de la barra media legua el fondo hes acomodado para qualquier navio porque siendo de grande porte se queda mas a lo largo y siendo de menos se arrima a la plaia entrase en este puerto por junto a una isla alta y la putna de la tierra de la parte de la villa, aviendo en esta entrada y canal quatro y seis braças de fondo y mas adentro diez y adelante va demenuendo quanto mas se acercan al puerto, acuden a cargar a este puerto muchos navios maderas, vino y frutas de la tierra. Deste referido puerto de Ribadeo al poniente tres leguas sale a la mar un rio que llaman Yspiñeira en cuia margen tiene dos aldeas una de la parte del levante que llaman San Cosme del Barreyro y la otra del poniente que dizen Santhiago de Foz. La barra deste rio no es de mucha capacidad por su poco fondo que para pequeños barcos con que los naturales destas aldeas salen a la mar a pescar y suçedio el año de bente un caso en este puerto que no me a paresido pasarlo en silencio y fue que un dia vieron un navio que se acercava a la barra como que la queria tomar y entrar dentro en el rio, era el navio de ochenta toneladas y mas y como los de la tierra vieron su determinación se le acercaron lo mas que pudieron dándole bozes de la orilla y no tratando el baxel sino de entrar ynclio la proa y sin ocasión ny tiempo de marea paso a en salvo la barra y fue a pasar al surgidero y aziendo admiración a todos aquellos que verdaderamente tuvieron por particular prodigio, acudiendo a la plaia y enbarcandose en sus barcos llegaron al navio para ver de que nación  o que gente traia o lo que abia sido su intento averse arriesgado a tan conosido peligro y allaron que benia singente y sin cosa considerable con que se entendió avia sido desbalijado en el mar de los piratas y dexado y el se yncamino allí sin ser mas que acaso como abia de dar en la costa y pasando hio por allí el año bente y dos le vi y son de la barra, pasado este rio despiñeira una legua adelante se entra en el mar otro rio que dizen Foz Douro, no tiene población en su orilla del a dos leguas aze la costa un pequeño portizuelo que llaman puerto de Burela, junto al qual esta una aldea de pescadores del mismo nombre, tomandolo el puerto como la aldea de un lugar que del queda media legua tierra adentro que llaman Burela, desta plaia o puerto media legua se entra en la mar un cabo muy conosido y demarcado de los navegantes llamado tanbien Burela, quedando levante y poniente bente y dos leguas del de Peña que queda referido en la descripción de la tabla del principado de Asturias, yn buen quarto de legua de la punta desde dicho cabo de burela y tan en el mar tres islotes del mismo nombre y pasado este cabo se enclina la costa al medio dia, aziendo una grande legua esta la villa y puerto de San Sebrian.

Esta çituada la villa de San Sebiran al pie de una isleta o península que solo se junta con la tierra fierma por una angosta garganta de arena en la qual esta fundada la villa no es de mucha población ny de muy trato que el pescado que pescan sus naturales, el puerto es una ençenada abrigada con la isla, tiene a la entrada algunas peñas y asi el fondo como su capacidad no es mas que para sus pequeños barcos, de a que se va estendiendo una plaia al principio de la qual se entra en el mar un rio que llaman Lieyro, de una aldea que le queda medio legua de su barra y continuando hesta hermosa plaia, rematando al poniente con un cabo que llaman de Molares junto a el de la parte del poniente en distancia de un tiro de escopeta esta una isla que llaman Lamaren pasado el portiruelo tiene una peña casi en medio de la entrada, q que llaman Ronçadouro dista este rio del lugar que queda dicho de San Sebrian una legua poco adelante lo forma en la costa un cabo que llaman de los Netos y pasado se estiende una esenada volviendo della la costa al sur una legua se entra en la rida de Biveiro y antes de llegar a la villa una legua hesta el puerto de Sillero, junto a el y en su plaia tiene una aldea de su mismo nombre, dando aquí fondo algunos navios de razonable porte quedando seguros de todos tienpos.



Hes la villa de Viveiro de los mejores lugares de toda esta costa de Galizia, es lugar antiguo cercado todo de buena muralla en forma quadrada con altas torres, tiene quatro puertas en los quatro lados con sus torres sobre ellas y la que le queda a la parte del mediodía muestra aber tenido rastrillo conosiendose aber sido lugar fuerte, tiene un cubo en la esquina de la parte del setentrion y puerto, terraplenado con algunas piezas de artillería de hierro, y unos hesmeriles hes lugar de buena población y algún trato, gobbiernase por un corregidor, hesta en la orilla de su rio que le lava sus murallas por el lado del poniente donde tiene una de las quatro puertas dichas que se sale por ella a una hermosa y espaciosa fuente de muchos y grandes arcos lavrados de fuerte cantería llegando asta ella los navios a dar fondo en dos y tres braças. El trato que tiene este lugar hes como los demás que tienen los lugares desta costa que cargan maderas, furtas y pescado, de la otra parte del rio pasada la puente se aze una grande plaia de arena vestusissima y agradable media legua della al setentrion, se forma un puerto donde dan fondo navios de quince y bente braças que por la comodidad del fondo y abrigo acuden muchos navios a este puerto aguardando en el la marea para arrimarse a la villa en la entrada desta referida isla hes una isla alta y despoblada que llaman Gaveyra, pasado adelante media legua al setentrion esta una plaia de arena dando fin al poniente con un cabo que llaman de Suegos, bolvendo de la costa al mediodía. Una legua se descubre la ria de Vares quedándole la parte del levante media legua del dicho cabo el puerto que llaman de Viçedo, capaz de grueças armadas por su mucha capacidad, seguridad y fondo, del al mediodía media legua se entra en el mar un grande rio, tiene esta ria de Vares de anco una legua, tiene en su entrada en media distancia poco mas o menos una ysla que llaman Conejera, en esta misma ria enfrente del puerto de Viçedo …”.

Prosegue a descrición das costas pero xa se nos van da nosa Mariña Lucense.



Como se pode apreciar esta descrición, con abundantes erros toponímicos, céntrase tan só nas zonas portuarias e non no comercio interior que os portos lucenses mantiñan coas poboacións interiores tanto galegas como da meseta.

lunes, 16 de noviembre de 2015

CULTOS Á AUGA EN FOZ NA VISITA PASTORAL A SAN MARTIÑO 1549.

                                                                              Fonte da Zapata. Fotografía de Carlos Andrade.

Hai certos ritos precristiáns, ou pagáns na terminoloxía cristián, que perduraron ao longo do tempo no noso concello. Un deles era, ou mellor dito é, o culto ás augas, entendéndoas como un elemento de purificación e de curación. Certos regatos e fontes do noso concello foron considerados sagrados antes e durante o cristianismo. A igrexa católica procurou que todas estas crenzas fosen ou ben cristianizadas ou ben erradicadas, mais non chegou a conseguilo en tódolos casos.

Dous cultos vinculados á auga serán analizados neste artigo: o que tiña lugar no rego de Lavalas mans e o localizado na Fonte dos Mouros, no monte do Bispo Santo.
Para analizar estes ritos empregaremos unha documentación católica como é a visita pastoral que realiza no ano 1549 a San Martiño de Mondoñedo o bacharel Xoán Bautista de Madrid.

Neste ano de 1549, en concreto o día 10 de maio, achegábase á parroquia de San Martiño de Mondoñedo o bacharel don Xoán Bautista de Madrid. Este home ocupaba un alto cargo no cabido mindoniense baixo a prelatura do bispo don Diego de Soto. Esta visita realízaa baixo o mandato do señor bispo, quen o nomeara visitador xeral, e ten como fin facer un reconto das xoias e dos ornamentos existentes na igrexa entre outras cousas. Así por exemplo falaranos do número e do nome de cóengos de San Martiño así como do culto, que el intenta finalizar, ao noso bispo San Gonzalo.

Toda esta información foi extraída da documentación que sobre a parroquia de San Martiño se conserva no arquivo catedralicio de Mondoñedo (Armario 1, estante 2, mazo 1).

O primeiro que menciona o bacharel Bautista de Madrid é o nome do crego que atendía a igrexa de San Martiño, era Xoán Martínez, do que nos dirá: “que servia la parrochia y capilla en nombre del cavildo de Mondoñedo y del bachiller Gomez Dorado y que el dicho monasterio es anexo de la mesa capitular”.

Continúa a súa visita inspeccionando o Santísimo Sacramento, as crismeiras do santo óleo, a capela do bautismo, os altares “y claustra del dicho monasterio y los aposentos de los canonigos y hallo que residian en el dicho monasterio por canonigos los bachilleres Bernaldo Yanes de Moscoso y Gonzalo Pillado y Alvaro Pillado y Fernan Leal juntamente con el dicho capellan y que todos eran sacerdotes y presbiteros de misa”. Sobre Bernal Ianes de Moscoso xa temos falado no noso artigo sobre a orixe do Condado de Fontao, lembremos tan só que era irmán de Vasco López de Moscoso e fillo de Vasco López de Río.

A continuación o bacharel fai unha relación dos ornatos litúrxicos que se atopaban na igrexa:
“Una vestimenta de raso azul con su aparejo, que dixeron que avia dado el cavildo”
“Una cruz de plata con su pie a la que le faltan tres rosetas”. O  cóengo Gonzalo Pillado declaraba ante o bacharel que o arcediago de Azúmara, don Xoán Pérez de Luarca, tiña dúas das tres rosetas e que a terceira que se perdera.
“Tres calices de plata con sus patenas.
Una manta de Damasco colorado con su ornato y ottro manto con sus almatitas viejo para diacono y sudiacono .
Una casulla verde con su aparejo todo viejo.
Otra casulla de paño colorado con vestimenta y aderezo.
Un frontal de raso falso muy viejo.
Quince o diez y seis sabanas en los altares, muy viejas.
Un misal de pergamino.
Un manual viejo y otro nuevo.
Unas vinageras viejas.
Una campanilla  y una linterna de oja de flandes y otra de cuerno.
Un caldero pequeño de dos asas.”

Tamén se di que o fabricario, Álvaro Pillado, levara para a súa casa unha campaíña e un libro de canto que estaban rotos e que os substituíra por outros vellos.

O visitador era consciente de que o bispo mandara ao bacharel de San Martiño, Gomez Dorado, que se puxesen certos ornamentos no mosteiro, pois a falla deles impedía a celebración dos cultos divinos, así como tamén se lle ordenara  realizar arranxos no mosteiro, algo que non fixera o citado Gomez Dorado, “y ansi mesmo que hiziese ciertos aposentos para los dichos canonigos y otras obras y otras cosas de que el dicho monasterio tenia gran neçesidad para su reparo y agora le constava que no lo avia hecho ni complido”. Para evitar que se repetise esta situación o bacharel de Madrid fixa un prazo de trinta días para que Gomez Dorado puxese os ornatos, para realizar os arranxos no mosteiro concédelle  un prazo de seis meses.

O visitador ordenaba aos veciños de San Martiño que estivesen retendo froitos e rendas pertencentes ao Cabido de Mondoñedo que os devolvesen. En caso de non facelo serían castigados cunha pena de dous mil marabedís e coa excomuñón.
Ordenaba tamén que se lle puxese unha pechadura “a la custodia de palo del Sancto Sacramento una cerradura y llabe”.

Así mesmo ordenábase aos cóengos de San Martiño que fixesen unha caixa de pau para gardar as crismeiras e así podelas colocar no altar coa decencia que merecen, así mesmo “que se mude la pila de baptismo conforme a la visita de su Señoria y le hagan vuen sumidero y con una tapadera de tabla y con sus rexas de palo y con llabe”. Manda tamén protexer cunha tapa de pau a ara.

Na visita compróbase que un cáliz de chumbo estaba moi vello, razón pola cal se ordena que non se diga misa con el “Item que no digan mas misa por un caliz de plomo viejo que alli estava”.

               Estado actual do rego de Lavalas mans. A media altura o antigo camiño ao Santo.


Sobre a figura de San Gonzalo e o culto a el profesado o visitador pretende rematar con el, para iso “quito el dicho señor visitador una imagen que estaba en un altar que dixeron que hera de un obispo que fuera obispo del dicho monasterio siendo catedral y mandola poner en la sacristia e que mas no lo tubiesen alli atento que le consto que a la dicha ymagen la adoraban y hazian otros sacrificios y ofrendas no siendo de Sancto conoçido ni canonizado porque ansi era debido y mando so pena de excomunion que ninguna persona de aqui adelante myre por la abusion que an tenido del arroyo que dizen de laba maos diziendo que haze virtud ni usen dello con la dicha abusion y bana creençia ny de otras semejantes cosas de superstiçion ni bayan a tomar consejo ny melezina de los agoreros adevinos encantadores y melezineros atento que le consta que en esta feligresia muchas personas caian en el dicho hierro que es contra nuestra fe catolica.

Iten declaro el dicho señor visitador por descomulgada a Teresa de Guerra por quanto le consto que de lo susodicho avia usado y no avia parecido ante el aunque para ello fuera citada”.

Tal vez este mandato sexa o máis interesante da visita que o señor Bautista de Madrid realiza a San Martiño, pois nela menciona a pervivencia de cultos precristiáns nesta parroquia a mediados do século XVI. Se nos fixamos ben o visitador ordenaba expresamente que ninguén visitase o rego de Lava-las mans porque era algo propio da superstición. A xente acode ao citado rego porque ten propiedades curativas, “diziendo que haze virtud”, e ao carón do regato congréganse un grupo de persoas que aconsellan, dan ungüentos, receitan medicinas e auguran o futuro, “ni bayan a tomar consejo ny melezina de los agoreros adevinos encantadores y melezineros atento que le consto que en esta feligresia muchas personas caian en el dicho hierro”.

Claramente do que nos está a falar o visitador é dun culto precristián que aínda perdura ao cal acode un bo número de persoas.
                                            Rego de Lavalas mans. Fotografía Gonzalo Rodríguez.

Non era a primeira vez que a igrexa católica quería acabar con este culto. No apeo de bens que sobre esta parroquia se realiza no ano 1540 mencionan a existencia do rego de Lava-las mans como un lugar con culto non cristián, para cristianizalo o cabido emprega a figura de San Gonzalo “al rego de labar las manos, donde se ganan çient dias de perdon dyziendo un pater noster a loor de Nuestro Señor  e del obsipo de Santo don Gonçalo, que fue en el dicho monasterio”. Polo que podemos ver a xente tiña a tendencia de parar no rego de Lava-las mans, en vez de loitar contra iso o Cabido opta por envolver cun manto de cristiandade ese culto precristián. Pensamos que a aparición da Fonte da Zapata responde máis á necesidade de acabar co culto que se realizaba no rego de Lava-las mans que á obra milagrosa de San Gonzalo.

Se consultamos as distintas lendas que existen sobre a Fonte da Zapata veremos como se nos di que se bebes dela "aos nove días ou os sana ou lles declara o perigo que teñen de morte". Resulta curioso este espazo temporal de nove días. É certo que dos ritos curativos realizados no rego de Lava-las mans non temos dato algún, polo momento, pero si os temos das curacións que se realizaban na Fonte dos Mouros, que se localiza moi preto da ermida do Bispo Santo, a carón do camiño vello que unía San Martiño coa ponte medieval de Fazouro.

                      Fonte dos Mouros. Un pouco máis arriba da ermida do bispo santo.

Sabemos que a xente peregrinaba á ermida do Bispo Santo para conmemorar a vitoria sobre unha armada normanda, mais tamén acudían para curarse. Temos o caso dunha rapaza, tal e como se recolle nun documento do ano 1704, que enferma de lepra, da que os médicos chamaban “salgada”, acode á ermida do Bispo Santo"yzole nobenas; labose en la fuente que esta junto a dicha hermita y al cabo de nuebe dias milagrosamente se bio limpia y sana".

Nese mesmos documento o cura párroco de Fazouro aseguraba que a súa sobriña estaba baldada dos dous brazos. Tras consultar con varios médicos non é quen de conseguir un resultado favorable, razón pola que a sobriña "bino en romeria a su hermita y los labo en la fuente que esta junto a ella y milagrosamente quedo sana sin que despues ubiese sentido en ellos dolor asta oy".

A existencia desta fonte pode sela razón das romarías á ermida do Bispo Santo e non aSan Martiño, onde está soterrado San Gonzalo.

Outro dos  mandatos do visitador afecta ás persoas que levan casas, herdades, viñas ou bens do mosteiro de San Martiño de maneira fraudulenta, a elas ordénalles que  “se las dexen o restituyan libremente” so pena de excomuñón.

Ordena ao capelán que tódolos domingos, despois da misa, ensine a doutrina cristiá e os evanxeos aos fregueses “y sino entiende bien latin conpre un libro de ebangelios en rromance”.

Sobre a misa manda que non se diga moi tarde e que os “feligreses vengan a ella y no falte ninguno so pena de medio real para la fabrica de la iglesia”. Tamén ordena que “los dichos feligreses enbien a sus hijos a casa del dicho capellan para que les enseñe la dihca doctrina cristiana”.

Tamén lle consta ao visitador que Sabela Dorado, agora defunta, mandara dicir misas no mosteiro, con carácter anual, deixando para iso certas herdades sitas no lugar de Ferreira.
Outro  mandato afecta ás persoas que levan as herdades de Saa, “sita en la felegresia de Sant Cosmede que pertenece a la capilla de Sancta Caterina que docto el capital Mosio Luis Modarra”, para que cumpran coas misas que o citado capitán ordenara.

Para rematar a súa visita ordena tanto ao bacharel Gonzalo Pillado, quen tamén ocupaba o cargo de contador do coro, como ao capelán e demais cóengos do mosteiro que cumpran os mandatos emitidos so pena dunha multa de dous mil marabedís.


martes, 10 de noviembre de 2015

CETÁCEOS MORTOS NA MARIÑA A PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.



 No ano 2012 chegaba ata as praias de Cangas unha balea morta, a prensa, erroneamente, afirmou nun principio que se trataba dun cachalote, tal e como puideron comprobar máis tarde non era certo que se tratase dese tipo de cetáceo.
A balea en cuestión tiña uns once metros de lonxitude e foi centro de atracción de moitos curiosos, entre os que me inclúo.
Moi semellante foi o número de curiosos se achegaran á praia do Coto (Concello de Barreiros) a finais de setembro do ano 2011 para contemplar unha cría de balea, de preto de 10 metros, que elixira ese areal como derradeira estancia.

Neste artigo imos falar de tres feitos moi semellantes: o da balea que chegou a Foz en 1908; os dos cachalotes que chegaron a Nois en 1927 e o da balea que chegou ás praias de Devesa no ano 1935.

A balea de Foz.

O xornal La Idea Moderna (1908, 10 de febreiro) facíase eco  dunha noticia aparecida no xornal Monoñedo que dicía así: “A las doce del domingo, apareción en alta mar y cerca de la barra de Foz, algo parecido a un barco con la quilla vuelta hacia arriba, desde la que parecía que algunos hombres pedían auxilio.” A noticia propágase polo pobo e unha grande multitude de persoas congréganse no Campo da Cabana para observar o avistamento. Como non se acababa de distinguir ben de que se trataba saíron “dos lanchas de los armadores don Ramón López Castiñeira y don Balbino López Rodríguez, patroneadas por Tristán López Val y Alfredo Navarro; y barra afuera, observaron que lo que semejaba a un barco volcado era una inmensa mole parecida á una ballena que estaba muerta y que venía hacia la ria; y que lo que se creyera petición de auxilio, eran gaviotas que se posaban en el lomo y se levantaban cuando el mar lo cubría”.
Segundo conta o mencionado xornal a balea foi atada ás lanchas que a remolcaron ata o lugar coñecido como pena do carbón. A balea “es negruzca por el lomo y blanquecina amarillenta, con listas por el vientre; mide 20 metros de largo, 10 de circunferencia, cuatro y medio la mandíbula inferior y seis la boca. El volumen es tan considerable, que dentro del vientre caben con toda comodidad dos bueyes grandes”. Tras realizar os pertinentes cálculos chegan á conclusión de que a balea pesaba entorno ás 30 toneladas e dela poderían extraerse, no caso de que Foz contase cos medios adecuados, uns 150 barrís de aceite, estando a falar dun beneficio entre as 8000 e 9000 pesetas.
Envían informe a Ribadeo, que a súa vez o remite a Ferrol, sobre o achado agardaron ata recibir resposta na que se comunicou que ninguén reclamaba a citada balea, unha vez que chegou esta noticia podían pasar a “beneficiarla por cuenta de los dueños de las lanchas que la apresaron”.
Como a balea en baixa mar quedaba toda á vista moitos curiosos dos pobos veciños decidiron achegarse a Foz, incluso “de Ribadeo y Vivero, llegaron también muchísimos automóviles, coches y carritos conduciendo gente”. Un deste curiosos foi o fotógrafo mindoniense Santiago Pernas Salazar, autor da fotografía antiga que ilustra este artigo.

Cando se aprecian os primeiros síntomas de descomposición ,“utilizando el teléfono de la Electra del Masma, se pidió permiso á la ayudantía de Ribadeo para proceder al vaciado y limpieza del vientre”. No mesmo xornal, esta vez no número do 11 de febreiro , aclarábase que esta balea “es un cetáceo del sub orden de los balenoptérides, sub familia de los terobalénidos y grupo de los fisálidos, conocido con el nombre técnico de fisálido boops y vulgarmente con el de pez de Júpiter”.
O Diario de Pontevedra, no seu número do 13 de febreiro, afirmaba que este tipo de cetáceos “habita en el mar Ártico y en el Océano Atlántico septentrional, pero en el invierno emigra á los mares meridionales, lo que explica el hallazgo de Foz”.
No xornal El Eco de Galicia, do 30 de marzo de 1908, infórmase que o número de pipas de aceite que se puideron extraer da balea foron 80 e non as 150 que se pensaban nun principio.

Os cachalotes de Nois.

En 1927 temos localizada a segunda das noticias, esta vez no xornal El Compostelano, no seu número do 5 de marzo, segundo a cal informa da aparición na praia de Nois de 52 cachalotes “que fueron muertos y despedazados por los vecinos. Estos cetáceos embarrancaron en grupos distintos en los recodos de la costa. Muchos de ellos medían seis metros de largo y el resto, de tres a cinco metros. La ignorancia de los vecinos ha hecho que se perdiera la riqueza que suponía el aprovechamiento de la piel, grasas, etc., de los cetáceos, pues al darles muerte los despedazaron a hachazos, quedándose únicamente con una parte de la grasa para derretirla. La marea se ha llevado los restos de veinte de ellos y se trata de aprovechar lo que queda de los demás”.

Resulta curioso que a mesma noticia, coas mesmas palabras saia publicado no xornal La Opinión, editado en Madrid, no día 2 de marzo de 1927. Isto fai pensar en que ambos xornais tomaron prestada a noticia doutro, que polo de agora permanece descoñecido para nós.



                                                                                                        A balea da Devesa.

A terceira noticia data do ano 1936. Sae publicada  no xornal Las Riberas del Eo, no seu número do 11 de xaneiro, no que podemos ler como “en la noche del 9 del actual ha aparecido en el rio denominado Esteiro, de la Devesa, una ballena de las llamadas Espelma, según se deduce por su configuración y datos aportados por un anciano marino, el cual estuvo por el espacio de mas de 4 años dedicado a la pesca de la ballena en la Factorías del Sur de la Patagonia”.
Segundo este xornal a balea tiña 18 metros de extensión, un ancho de 2.50 metros, “su cabeza es redonda y aplastada al frente y la cola igual qu ela de un aeroplano”, como non podía ser doutra maneira esta aparición trouxo consigo que un gran número de curiosos se achegasen ata esta praia para contemplar ese espectáculo.

Estes son tres casos de baleas que apareceron mortas nas nosas costas porque de aparecer vivas moi probablemente tivesen que soportar a balea que aparece no ano 1920 en Vilaxoán (Arousa). Unha lancha atopa á deriva, preto da punta de Esteiro, ás dúas da mañá “ que un bulto sospechoso se mecía á flor de agua y cerca de tierra.  Se acercaron con grandes precauciones y vieron, con gran asombro, que se trataba de una enorme ballena. Arrojáronle el rezón del barco para hacer presa, pero éste rebotó en la piel del animal. El golpe del rezón puso en alarma al mamífero, tomando entonces rumbo Norte”.

Ás nove da mañá foi visto a poucas brazas do porto, razón pola cal se aparellan varias lanchas co fin de cazalo. A iso das seis da tarde “tomó el cetáceo la dirección al Chazo, ente la Puebla y Rianjo. El señor Places, propietario de los astilleros del Chazo, disparole cuatro tiros de bala y le clavó un arpón y una trencha. Además recibió el mamífero varias heridas de hachas, de cuchillos y de otras herramientas. Algunas de éstas quedaron clavadas en el lomo del animal”. Ao caela noite consigue escapar do acoso e saír das augas desas rías. Levaba no seu lombo cravadas as pegadas do intento errado de cazala, unha imaxe que nos trae á memoria a película Moby Dick, nese momento en que emerxe e vemos no seu lombo cravados os restos de arpóns e cabos e ao mesmísimo capitán Ahab atrapado neses cabos.


sábado, 24 de octubre de 2015

O SAINT PIERRE E O SEU PASO POR FOZ EN 1918.

       Óleo de Adam Victor Charles Edouard "Saint Pierre diante do faro de Gateville-Barfleur. 1909.

O Saint Pierre era un vapor francés que se dedicaba ao transporte de mercadorías entre os portos do Mediterráneo, tiña a súa base en Alicante, e zonas costeiras francesas, en concreto temos referencias a viaxes realizados ata Ruen, Nantes ou Amberes. No seu periplo detíñase en portos como o da Coruña ou en Bilbao.

Unha das primeiras referencias que atopamos deste vapor francés data do ano 1889. O xornal El Isleño recollía  a noticia da entrada deste vapor no porto de Barcelona procedente de Amberes, isto acontecía un 24 de maio.

En 1898 ao xornal El Noticiero (editado en Menorca), no seu número do 9 de setembro, mencionaba que: “a consecuencia del temporal naufragó el vapor inglés Saint Weceller en aguas de la ría de Convention (Galicia), en las mismas aguas también naufragó el vapor francés Saint Pierre”. Debemos deternos un intre nesta noticia para aclarar certas información que aparecen aquí reflectidas. Primeiro o vapor inglés que mencionan era o Saint Weller, naufraga o día 28 de agosto de 1898 no lugar coñecido como Punta Percebeira, en Camelle. Este vapor, procedente de Cardiff, dirixíase ata Huelva cunha carga de 964 toneladas de carbón. Polo que sabemos era un barco de 260 pés de eslora, 32 de manga e 24 de puntal, tanto o seu capitán como os 19 mariñeiros que compoñían a tripulación puideron chegar a terra.

Descoñecemos que soi verdade que tamén se afundira o Saint Pierre, de ser así a empresa non tardou moito en botar un novo barco con ese nome, porque o día 18 de setembro de 1899, tal e como podemos ler no xornal La Correspondencia Gallega, o capitán do citado vapor francés formalizaba unha protesta ante o xuíz da Coruña sobre “el cargamento que el buque conduce, por si hubiese sufrido daños en la travesía que hizo este desde Dunqueke a la Coruña. Corrió el Saint Pierre un temporal violento en este viaje”.

O día 12 de outubro de 1900, tal e  como podemos ler no Boletín Oficial da Provincia de Tarragona, os abogados do capitán do Saint Pierre, señor Loriogoreaux, interpoñían un recurso de alzada contra unha multa imposta pola aduana de Bilbao sobre este barco.
En 1909 entraba no porto de Valencia o Saint Pierre, tal e como se recolle no xornal Las Provincias, procedente de Marsella. No mesmo xornal infórmasenos de que tras cargar de novo partirá cara Ruán.

En 1911, tal e como recolle o xornal ABC no seu número do 12 de agosto, o capitán do Saint Pierre recibe unha medalla e un diploma por parte do estado español en agradecemento “por haber salvado en aguas de Alicante, la noche del 13 de abril último, al marinero Francisco Dorado”.

En 1914, o día 5 de marzo, no xornal El periódico para todos, editado en Alicante, vemos como este vapor sae do porto alicantino cara Nantes.

O segundo afundimento do Saint Pierre data do ano 1915. O xornal El Siglo Futuro, 19 de outubro, menciona que cinco submarinos alemáns marcharan cara o Mediterráneo co fin de atacar aos vapores inimigos. Un deste vapores será o protagonista deste artigo “el vapor Saint Pierre, procedente de Boulogne ha sido torpedeado por un submarino alemán. Han perecido 14 hombres de la tripulación”. Tamén o xornal Diario de Pontevedra, no seu número do 20 de outubro, faise eco desta noticia “se asegura que un submarino alemán torpedeó y hundió al vapor francés Saint Pierre, pereciendo en el naufragio 14 de sus tripulantes”.


De novo a empresa navieira botará un novo vapor co nome Saint Pierre, que no ano 1918 estivo a piques de afundirse nas nosas costas focegas.

A primeira noticia atopámola no xornal El Ideal Gallego, no seu número do 28 de marzo de 1918, no que podemos ler a seguinte noticia: El ayudante de marina de Corcubión, comunica a este apostadero, que el vapor francés Saint Pierre embarrancó a las nueve de la mañana de ayer en la barra del puerto de Foz, hallándose el buque en gran peligro. La tripulación pide auxilio. Dice que hay varias víctimas por consecuencia del siniestro. Para prestar auxilio salió anoche para Ribadeo el cañonero Marqués Molins. A la hora que escribo esta carta (cuatro y media de la tarde) anuncian los semáforos que se dirige a este puerto dicho cañonero”.

Algo moi semellante aparece no xornal El Eco de Santiago, no seu número do 30 de marzo, no que podemos ler que “en esta comandancia recibiose un radiograma expedido por el vapor Saint Pierre, de la matrícula de Túnez, en el cual pide urgentemente auxilio. Afirma que se encuentra embarrancado en la costa de Ribadeo. Añade que hay varias víctimas entre la tripulación. Salió para auxiliarle el cañonero “Marqués de Mollíns””.

Realmente o canoneiro Marqués de Mollíns non tivo que axudar en nada, cando chegou a situación estaba totalmente controlada. Tal e como apuntaban os anteriores xornais son varias vítimas do sinistro, mais iso non foi exactamente así. Engadimos agora a noticia que o día 20 de abril de 1918 aparece no xornal Mondoñedo, na que podemos ler, de primeira man, pois o que escribe era o contramaestre do porto de Foz, o seguinte:   “El día 26 del próximo pasado mes pasó el vapor francés Saint Pierre frente á este puerto con rumbo al Este; y al llegar a la playa de Barreiros tocó en unos bajos conocidos como Los Cos, cuyos bajos no figuran en la carta de navegación. Al notar el capitán que el buque hacía mucha agua puso proa al Oeste y al estar frente á la entrada del puerto dirigió rumbo á tierra y en el momento se personó en dicho buque el Contramaestre del puerto don Agustín Freire como igualmente lo hizo á los pocos momentos el práctico del puerto que suscribe. Una vez abordo dicho Contramaestre conferenció con el capitán del buque por si podía ser necesario arribar á Ribadeo dado el peligro que corría en donde se hallaba que era en la misma barra contestando aquel que no había posibilidad por hacer mucho agua el buque: en vista de lo que el Contramaestre observando peligro que corría el buque dejó al práctico encargado y bajó á tierra á dar cuenta á sus superiores y ordenar la descarga del buque, avisando á las gabarras y á las tres lanchas de vapor de pesca que existen en el puerto. Las gabarras acudieron al momento, pero las lanchas de vapor no lo podían hacer hasta las 13 horas á causa de estar varadas pero no fueron necesarios sus auxilios porque fué a menos el agua motivado al trabajo de las bombas y al mineral mojado que tapó la brecha pudiendo lograrse saliese en dirección á Ribadeo. Como medio de precaución el Contramaestre Freire dispuso de acuerdo con el capitán del buque les acompañase una vapora por si eran necesario sus auxilios caso de irse el buque á pique eligiendo la vapora San Ramón, de don Ladislao y Tristán López, por considerarla la de mas potencia para la navegación; limitándose por fortuna sus auxilios acompañar al buque hasta la ría de Ribadeo.
El capitán del Saint Pierre lo consideraba perdido, siendo prueba de ello que en el primer telegrama enviado al armador así se lo indicaba, pudiendo asegurarse sin temeridad alguna que la salvación del buque se debe al que firma y al Contramaestre del puerto de Foz que están satisfechos de haber prestado auxilio tan valioso no por interés alguno que pudiera reportárseles sino por la satisfacción de haber cumplido con un deber de humanidad”.

A principios do mes de xuño, en concreto o día 9, o xornal Asturias: Revista Gráfica Semanal, recollía a noticia de que estaba fondeado na ría de Castropol: “enfrente al embarcadero de Figueirúa, el hermoso transatlántico francés Saint Pierre, que por navegar muy metido en la costa, chocó en unos bajos frente al puerto de Foz, haciéndosele una gran vía de agua. Con grandes precauciones pudo arribar a esta ría con la ayuda de un vaporcito de pesca de aquel puerto, donde se halla alijando la carga que lleva a Burdeos (fosforita en mineral)”.

O día 24 de setembro de 1921, tal e como se recolle no xornal La Integridad, volvemos a ter referencias documentais deste vapor que nese momento “se halla en estos momentos camino de África con 400 toneladas de material de guerra, entre el que figuran numerosos cañones Shneider”. Este mesmo xornal informaba o 20 de marzo de 1922 que o Saint Pierre fora detido no Mar Negro por barcos de guerra gregos, que o liberarán poucas horas despois.

Remata así a nosa historia de valor daqueles homes de Foz que non dubidaron en arriscar as súas vidas para salvar aos homes e a carga do vapor francés Saint Pierre.


martes, 22 de septiembre de 2015

UNHA PEREGRINA ASALTADA EN CANGAS DE FOZ. 1916.


Este artigo que hoxe sacamos non é simplemente a historia dun roubo xa que esta noticia agocha moita máis información. A noticia, sacada do xornal El Progreso, fala do roubo cometido sobre unha peregrina na parroquia de Cangas no ano 1916, mais iso obriga a que nos fagamos a seguinte pregunta: que facía unha peregrina en Cangas ?.

Antes de contestar a esta cuestión leamos a noticia que sacamos do xornal El Progreso, do seu exemplar do 19 de marzo de 1916 : “Carmen Ferreiro Fernández, de 45 años, natural de Peñafiel (Valladolid) se dirigía como peregrina hacia Compostela, y al pasar por la parroquia de Cangas, en Foz, buscó alojamiento para pasar la noche.

Generosamente le ofreció medio de descansar la vecina de Cangas, Luisa Trelles Novo. A la mañana siguiente, la peregrina notó que le faltaban 23 pesetas que llevaba en un monedero de cuero, varias varas de telas, unas blusas y dos carretes de hilo, todo lo cual llevaba en un saco. Dio cuenta de la falta a la Guardia civil de Cervo y de Foz, que realizaba una entrevista de fuerzas de los respectivos puestos, y después de un detenido interrogatorio a la Luisa durante el cual ésta negó toda la intervención en el hecho, se observó que debajo del delantal ocultaba las prendas hurtadas.

La Luisa fue detenida y puesta a disposición del juez municipal de Foz, con las prendas ocupada”.

Como queríamos saber un pouco máis da citada peregrina fixemos algunha que outra pescuda pola prensa e atopamos dúas noticias que teñen como protagonista a unha persoa co mesmo nome e apelidos, isto fainos pensar en que é a mesma persoa, mais tamén podería non sela.

A primeira das noticias data do 22 de decembro de 1916 e atopámola nun xornal que se editaba na cidade de Badaxoz titulado El Correo de la mañana, nel lemos o seguinte: “por promover un fuerte escándalo en la  vía pública, encontrándose en completo estado de embriaguez, fue conducida a la prevención municipal una individua llamada Carmen Ferreiro Fernández”.

A segunda mención data do 19 de abril de 1923, aparece no xornal Diario de Córdoba, e nela podemos ler: “En la estación central de los ferrocarriles, los agentes de Vigilancia don Luís y don Antonio Moreno, detuvieron anoche a Carmen Ferreiro Fernández, que llegó en el tren expreso de Sevilla y la que al parecer tiene perturbadas sus facultades mentales”.

Independentemente de si estas tres noticias fan referencia a unha mesma persoa ou non o importante deste artigo radica na  primeira das informacións, que nos suscita unha interesante pregunta: que fai unha peregrina en Cangas no ano 1916?.

Pois evidentemente peregrinar, nunha peregrinación oficial a Santiago de Compostela por un camiño xacobeo coñecido, estoume a referir ao que actualmente se coñece como O Camiño de Mar.

O trazado do Camiño Norte percorre a costa cantábrica ata chegar a Ribadeo, momento no que se abandona a costa e se introduce polo interior ata chegar a Santiago, mais non todos os peregrinos facían ese percorrido, outros moitos continuaban pola costa lucense, o que Bartolomeu Fontana ( a finais do XV) denominaba Camiño da Mariña.

Este camiño de peregrinación saía de Ribadeo e percorría a costa ata chegar a San Martiño de Mondoñedo, onde o peregrino atopaba acubillo no hospital de San Sebastián. Dende esta parroquia ata Foz e despois ata Fazouro, pasando pola ponte vella, ata Nois e Cangas, pasando pola ponte de Alemparte. Continuaba o camiño ata Burela (pasando pola Vila do medio), Cervo, Xove, Portocelo, Celeiro, Viveiro, Riobarba, Ortigueira, San Andrés de Teixido, Cedeira, Valdoviño e así ata unir o seu trazado co camiño que actualmente se coñece comA o Camiño Inglés.

Empezamos a estudar e documentar este camiño xacobeo aló polo ano 1993, comprobamos que os peregrinos pasaban polo noso concello xa dende finais do XV, aínda que será, sobre todo, nos séculos XVII e XVIII cando se localice un maior número de peregrinos. Nada nos facía pensar que a principios do XX íamos atopar, por pouco que fose, referencias documentais a peregrinos por este trazado xacobeo.

Se algunha persoa estivese interesada en coñecer en maior profundidade a historia deste camiño recomendaríalle a consulta da seguinte páxina www.xacobeo.es/sites/default/files/ad_limina_2.pdf na que teño publicado un artigo titulado Unha nova vía de peregrinación: O Camiño de Mar, páxinas 57 a 84.

En caso de querer percorrer o citado camiño non estaría de máis consultar as seguintes páxinas, entre outras:


Por certo, hoxe en día, vólvense a ver peregrinos pasando por Cangas.