Buscar este blog

sábado, 31 de enero de 2015

BALEAS DE FOZ: A ATALAIA DE SAN MIGUEL DE REINANTE.




Aínda que semella que non ten que ver unha cousa con outra resulta que é todo o contrario.
Somos moitos os que sabemos da existencia dun porto baleeiro en Foz, en concreto no lugar coñecido como O Rego de Foz, ao que acudían a pescar armadas vascas da cidade de Orio e Zarautz. Sabemos tamén que un pouco máis arriba deste porto, nos prados máis altos instalaran os citados mariñeiros unha atalaia para observar o paso das baleas. A toponimia non minte e o lugar onde colocaron ese posto de vixilancia aínda se coñece hoxe polo nome da Atalaia. Esta estrutura foi empregada no ano 1808 como posto de vixilancia ante un posible desembarco de tropas francesas, dotándoa de canóns do oito.
En Foz temos unha zona coñecida co nome de Campo da Cabana, facendo referencia á existencia dunha cabana de baleeiros, de igual maneira que en San Miguel de Reinante había outra cabana con este fin.





No documento que transcribiremos posteriormente veremos como os mariñeiros de Foz reciben unha oferta por parte de Sancho Manuel Menéndez Navia e Villamil, que segundo se afirma era veciño de San Miguel, na que este último lles ofrece a cabana (construída de pedra, lousa e madeira) que ten nas veigas de Ferrol e Gontoiro, ambas pegadas ao mar. Esta cabana, así como a atalaia anexa a ela, era empregada polos veciños de San Miguel na súa caza das baleas. Sancho Méndez Navia considera que tamén sería beneficioso para os veciños de Foz poder empregar esta atalaia.
O documento ao que nos referimos é un foro por cen anos, redactado o 13 de novembro de 1717, polo cal os veciños de Foz reciben a citada cabana e atalaia e eles comprométense a pagar por cada balea que se matase. Iso si, sempre e cando a morte tivese lugar nos  meses en que se realizaba a armazón de baleas, de non ser así non se lle pagaría nada ao citado Sancho Menéndez. Tampouco se lle pagaría nada si a balea aparece morta e os veciños de Foz a collen.
A cantidade que os baleeiros de Foz teñen que pagar depende do tamaño da peza morta. Si a balea era grande os veciños de Foz deben pagar 36 cuartillos de graxa ou ben “un torrezno de los que tenga”, en caso de ser pequena a cantidade de cuartillos de graxa redúcese á metade, 18 cuartillos ou ben o citado torrezno. En caso de que a peza cazada fose un cabrote había que pagar tan so un torrezno.
Este foro aínda que tiña unha duración de 100 anos moi ben puido ter expirado antes, xa que no período comprendido entre 1720 e 1727 desaparecen das nosas costas as baleas, consecuencia inmediata da sobre explotación deste recurso.

UBICACIÓN DA CABANA E DA ATALAIA DE SAN MIGUEL.

Despois de ter falado con Manuel Miranda, presidente da asociación Mariña Patrimonio, chegamos á conclusión de que a citada cabana debería de estar moi preto do castro de San Miguel de Reinante. Neste lugar, nos foxos dos parapetos, apareceron restos óseos de balea, que si ben foron datados nun principio en época romana, poden moi ben ser bastante posteriores.
Tamén cando Mariña Patrimonio atopou na praia de Arealonga, a uns 300 metros de distancia do castro de San Miguel (sito en Punta Gabito), vértebras de baleas preguntou como se chamaban os prados colindantes á praia e a resposta foi moi clara “esta zona coñécese co nome da Cabana”.
 
SANCHO  MENÉNDEZ NAVIA E VILLAAMIL

Se ben no foro aparece como veciño de San Miguel nós non o temos tan claro. Na transcrición que temos feito do Tombo do Convento de San Francisco de Ribadeo (Libros A (1693 – 1732) e B (1739 -1777)) atopamos varias referencias á familia Menéndez Navia. Grazas a información contida neste Tombo sabemos que Sancho Menéndez era fillo de Francisco Menéndez Navia e Villaamil. No ano 1707 o citado Francisco redactaba o seu testamento no cal fundaba dúas misas a dicir no convento franciscano o día de San Francisco, “Hipoteco para esta fundacion todos los vienes en que mejoro por via de vinculo y mayorazgo a su hijo Don Sancho Menendez, que es quien paga”. Este citado Sancho tamén acabará fundando catro misas rezadas no convento franciscano de Ribadeo, así o afirma no seu testamento redactado ante o escribán Antón Fernández Vaamonde, no que Sancho afirma ser “vecino desta villa de Rivadeo”.


TRANSCRICIÓN:

Foro da Cabana e Atalaia de San Miguel de Reinante.
Fonte: Arquivo Diocesano de Mondoñedo.
Foz. Varios. Nº1. Varios documentos relativos a foros e confrarías antigas.

En la feligresia de Santiago de Foz a trece días del mes de noviembre de mil setecientos y diez y siete años ante mi escribano y testigos abajo scriptos paresçio presente Don Sancho Manuel Menendez Navia y Billaamil, veçino de la feligresía de San Miguel de Reynante y dijo que por quanto a el le toca y pertenece un pedaço de eredad y Canpo en la beyga de Ferol y Gontoyro de dicha feligresía de San Miguel que esta en la ribera de la mar  en donde al presente se alla echa una cabana para la atalaya de ballenas por ser util y necesaria en dicho sitio ansi para los vecinos de dicha feligresía de San Miguel como los mas de la Jurisdizion y Calendario della y mas de fuera parte y para que sea permanente y que en ella en tiempo de ballenas se pueda hacer atalaya de la parte de Foz armando dichos becinos de la feligresía della  cura y fabrica y no otro alguno dijo el otorgante que en la mejor forma que en derecho lugar aya y mas firma y balida sea aforaba y aforo y dio en foro afiteusis dicha Cabana y sitio della a dicha fabrica de la feligresía de Santiago de Foz y a Pedro Fernandez de Mansin como fabricario della y a Don Blas Gonzalez, cura de dicha feligresía, como protector de dicha fabrica y al que le subcediere por tiempo y espacio de cien años que enpieçan a correr desde oy dia de la fecha en adelante asta seren feneçidos y acabados en los quales y cada un (2) de pagar de renta al otorgante y los suyos Muriendo ballena grande en dicho puerto de Foz por los armadores de dicha feligresía fabrica y cura della treinta y seis  quartillos de grasa o un torezno de los que tenga, al mismo respecto y siendo pequeña le an de dar diez y ocho quartillos o un torezno que hechos tenga y todo ello a escoger del otorgante y los suyos y muriendo al punto Cabrote nuevo y pequeño le an de dar un torezno conforme fuere y no muriendo uno ni otro se le an de pagar por raçon de dicha Cabana y sitio ninguna cosa no siendo matado en el tiempo en que se arma a dichas ballenas y con las armas propias dellas sobre el qual territorio de dicha Cabana echa y lo mas que sea necesario quierendo alargarse asi lo mas para la deçencia de dicha atalaya saliendo al presente el otorgante (1)  y defender a su costa y expensas la atalaya y a los suyos asta lo fenecer y hacer suyo propio como tanvien dichos vecinos de Foz fabrica y cura della an de tener dicha Cabana con el reparo  deçente de piedra losa y madera por dichos cien años sin que el otorgante que no an de  ynpedir no siendo obra grande con las quales condiciones y declara y declaraciones arriba referidas y no sin ellas afora dicha Cabana y sitio a la dicha fabrica de Foz cura y vecinos por dicho tienpo de cien años.

Presentes Don Blas Gonçalez cura desta feligresía que por si y en nombre y como protector de dicha fabrica y por ausencia del fabricario della  estando presentes Juan da Fraga, Francisco Villapol, Andres Dobale, Domingo Fernandez, Luys do Canpo, Antonio da Beyga, Antonio Rodriguez, Francisco Dobale y a Marcos Guerra, todos vecinos desta feligresía y todos los quales por si y en nombre de los mas vecinos della y dicha fabrica porque en el presta suficiente.

miércoles, 28 de enero de 2015

NAUFRAXIOS NA COSTA DE FOZ A PRICIPIOS DO SÉCULO


Cada pobo costeiro ten múltiples historias de afogados, historias de homes que un día marcharon traballar e nunca máis volveron, mais tamén temos historias de valor inusitado, nos que certos valentes, arriscando a súa propia vida, se tiran ao mar para salvar a xente que non coñecen de nada.
Neste artigo veremos como se afunde un barco de Foz e perden a vida o mariñeiro Xosé María González e os irmáns, tamén mariñeiros, Aquilino e Francisco Nécega. Pero tamén asistiremos a episodios de valor como os levados a cabo, no ano 1904, por Guillermo Díez, cabo de carabineiros do posto de Nois e polo mariñeiro focense Xesús Castiñeira, que tivo lugar no ano 1929.

A fatídica noticia do afundimento atopámola no periódico Diario de Pontevedra , saía publicaba o 2 de xuño de 1927:

TRAGEDIAS DEL MAR.

Mueren ahogados tres marineros de Foz.
Anteayer salió del puerto de Foz (Lugo), una embarcación tripulada por José María González, Aquilino Nécega y un hermano de éste llamado Francisco; los tres marineros, y a bordo de cuya embarcación fueron sorprendidos en la costa, a la altura de la parroquia de Nois, por un violento vendaval.
Los tripulantes de la embarcación perecieron ahogados.
En las primeras horas de la mañana, al recibirse la noticia en Foz del naufragio salieron en busca de los náufragos varios marineros que hallaron los cadáveres de los hermanos Nécega asidos a un banco fijo de la embarcación.

No fue encontrado el cadáver de José María González.
Se supone que haya sido arrebatado por un golpe de mar.
Uno de las victimas, Aquilino Nécega, deja viuda con dos hijos y próxima a dar a luz, José María también estaba casado y deja dos hijos.
La noticia de esta tragedia marítima ha producido gran consternación en el litoral lucense”.

No periódico El Progreso, do 2 de xuño de 1927 tamén se da conta desta noticia na súa primeira páxina, neste periódico informan do segundo apelido dos falecidos e así sabemos que un era Xosé María González Cortegasa e os outros dous eran Aquilino e Francisco Nécega Somoza.

O pobo de Foz, de igual maneira que todas aquelas poboacións costeiras, ten gravada na súa memoria a perda de homes coñecidos, arrebatados polo mar que nos da de comer, tal e como se fosen un prezo, sempre inxusto, que os homes de mar deben pagar. Mais tamén é nestas poboacións costeiras onde os homes de mar dan o mellor de si, arriscando as súas propias vidas para salvar a outros. Dous exemplos deste inusitado valor son os casos do cabo de Carabineiros do posto de Nois, Guillermo Díez Arribas e o do mariñeiro focense Xesús Castiñeira.

O primeiro exemplo atopámolo no periódico Norte de Galicia: diario político y de información, con data 30 de setembro de 1904. Nel podemos ler a seguinte noticia:

“Señor director de El Norte de Galicia, rogamos á Usted que se digne publicar la adjunta acta:
Los firmantes, marineros del barlote-lancha de pesca nombrada Antonio Animas, de la matrícula de Ribadeo y residentes en la parroquia de Fazouro, ayuntamiento de Foz = Certificamos: Que á las 17 horas del día  de ayer, al pretender entrar en el puerto de Nois, de arribada por el mal estado del mar, naufragó nuestra lancha arrojándonos sobre las rocas y habiendo de luchar con la furia de las olas que en aquellos momentos era imponente y de la cual pudimos salvarnos merced á la pronta intervención del cabo de Carabineros del mencionado Nois, Guillermo Díez Arribas y tres individuos del mismo puesto, sin la cual hubiéramos perecido indudablemente; por tal concepto expresamos nuestra gratitud al citado cabo y carabineros, por el arrojo que demostraron puesto que en algunas ocasiones se expusieron a ser arrastrados por el mar y muy especialmente al cabo que inmediatamente después del salvamento se apresuró a interrogarnos si habíamos recibido algún golpe ofreciéndonos hospitalidad en su casa, aí como alimentos y ropas. Y á fin de que puedan hacerle constar ante quien proceda extendemos el presente que firmamos en Fazouro á diez y siete de septiembre de mil novecientos cuatro. Francisco Pedreira, rubricado. Eliseo Pedreira, rubricado. Daniel García, rubricado. Francisco López, rubricado.

O segundo exemplo data do 9 de febreiro de 1929 e aparece publicado no periódico Renovación, que se editaba en Mondoñedo, a noticia é a seguinte:

En la mañana del lunes último ocurrió una desgracia marítima  a la entrada de la barra del puerto. Cuando se disponía a entrar el vapor “Chacartegui”, con cargamento de cemento, en un pequeño bote destacáronse los tripulantes José Ponte Verdes, Avelino Outes Arous y Amancio Charcote, con objeto al parecer de rondear si la marea daba suficiente calado para la entrada del mismo; la marejada era tan fuerte que un violento golpe de mar cubrió la embarcación llevándose a los tres ocupantes.
Milagrosamente y gracias a los prontos auxilios prestados por los hermanos Fraga lograron salvarse el Avelino y el Amancio, su infortunado compañero pudo ser extraído del fondo de las aguas con vida todavía el cuerpo del infortunado José Ponte Verdes, quien falleció una hora después. La humanitaria conducta del intrépido Jesús Castiñeira está mereciendo unánimes y fervorosas alabanzas de todas las gentes, que piden para el heroico marinero la cruz de beneficencia, sobradamente ganada por su nobilísimo acto de abnegado amor al prójimo. Haciéndonos eco del general sentir, estimamos de inexcusable justicia la incoación del oportuno expediente para que el mencionado resgo de humanitario arrojo no quede oscurecido, sin el debido premio.



lunes, 26 de enero de 2015

O AFUNDIMENTO DE 1893 EN NOIS E CANGAS.


1893 foi un ano desastroso para a mariña galega e para a lucense en xeral, resulta ser un dos anos cun maior número de naufraxios. Neste artigo imos falar do naufraxio acontecido no mes de decembro nas costas das parroquias focenses de Nois e Cangas.
Se consultamos o libro de F. Patricio Cortizo “Historia da costa galega e os seus naufraxios”,veremos que entre moitos naufraxios figura o acontecido o día 2 de decembro de 1893, tamén no libro de Hixinio Puentes Novo “Os naufraxios da Galicia Norte. Vol. II” menciona este afundimento, pensamos que ambas referencias están baseadas nunha noticia aparecida na prensa, nós así o fixemos e vemos como no periódico Eco de Galicia, nº 2268, do 14 de decembro de 1893, podemos ler esta noticia que será transcrita ao final do artigo.
Polo que se nos di na prensa a actitude dos veciños de Cangas, Nois e Fazouro distou moito de ser considerada como honorable, xa que, en vez de axudar aos feridos, dedicáronse a saquear todos eses enseres e avituallamentos que o mar lles estaba regalando.
Salienta a prensa a actitude dun veciño de Nois, don Victoriano Pillado Pedrosa, onde tiña a súa casa patrucial, situada esta no barrio de Covas. Era fillo de Antón Pillado e de Xosefa Pedrosa Porras e Peláez. Sabemos que o noso protagonista nace no ano 1857 e que era orfo de pai polo menos dende o ano 1883, xa que o 18 de xullo dese ano falece súa irmá Cándida á que Victoriano terá de indultar da Confraría de Ánimas, feito que nos fai pensar que seu pai xa falecera, recaendo nel a responsabilidade e a xestión da casa patrucial. A nai do noso protagonista morre o 10 de setembro de 1897, quedándolle como única familia unha irmá chamada Ascensión, que nesa data se atopaba viúva.
Victoriano, aparte de xestionar o bens e as rendas da casa patrucial, exerceu cargos no concello de Foz, así o vemos como primeiro tenente de alcalde o 9 de xaneiro de 1894. Era alcalde Eliseo Martínez Pillado, segundo tenente Xosé García, terceiro Xosé Basanta e Síndicos Ramón Veiga e Ramón Muiña. ( El Regional. Nº 4146 (09/01/1894). O 9 de xullo de 1895 seguía ocupando o mesmo cargo no concello (El Lucense. Nº 3202 (09/07/1895).
En 1887, en concreto o 11 de setembro, o citado Victoriano Pillado e Pedrosa presentara un escrito solicitando que no porto de Nois “se habilite dicho punto para el embarque y conducción a Vivero y Ribadeo en embarcaciones menores, de maderas, granos y otros efectos nacionales, con autorización de la Aduana de Foz”. Vistos os informes favorables das distintas autoridades, menos para os grans, o goberno acorda autorizar ao porto de Nois para que nel se poda embarcar madeira e outros produtos nacionais menos para grans “con documentación de la Aduana de Foz y bajo la vigilancia del destacamento de Carabineros próximo al referido punto”. A autorización é de 25 de xullo de 1887 (Gaceta de Madrid, nº 254, 11/09/1887).
O noso protagonista morre o día 16 de xaneiro de 1902, tiña 45 anos e estaba solteiro, a súa partida fúnebre podémola atopar no libro de defuntos de Nois, número 3, fol. 79, que se garda no arquivo diocesano de Mondoñedo.
No libro de Hixinio Puentes menciónase o afundimento do barco Pepita, unha embarcación tipo bergantín-goleta, propiedade de Xosé Ríos. O barco tiña o seu porto  en San Cibrao e cando afundiu era o seu patrón Xusto Basanta “perdeuse na noite do 2 de decembro de 1893 á altura de Cangas de Foz, perecendo dous mariñeiros no naufraxio”. (páx. 153).
Mais esa fatídica noite non só se afundiu nas costas de Nois e Cangas o barco Pepita senón que tamén temos constancia do afundimento do paquebote San Antón.
Se consultamos os libros de defunción do concello de Foz que se gardan no Rexistro Civil veremos que no libro número 13 recollen varias partidas de defunción que nos van interesar :
Nº 126. Balbino Xavier Rei Fernández, falecido o 6 de decembro, maior de idade, labrador de profesión, causa da morte: afogado “a causa del naufragio de los embarcaciones”.
Nº 127. Xosé Rei Castro, de 30 anos de idade. Preséntase o veciño de Vilachá, Ramón Saa, para dar parte do falecemento do citado Xosé Rei, do que di que morrera a iso das dez da noite “a consecuencia de asfisia por sumersion”, o citado Xosé Rei ía embarcado no Pepita.
Nº 128. Xesús Martínez. Preséntase Pascual Feliciano Vázquez, veciño de Cangas, para informar da morte de “un individuo tripulante del paquebote San Antonio, naufragado en la playa de su parroquia la noche del dos del corriente (…) el barco que naufrago era del Barquero”.
Nº 129. Agustín Sayón Martínez, falecido no naufraxio do San Antón.
Nº 130. Francisco Fernández Fernández, embarcado no San Antón, de 15 anos de idade.
Nº 131. Antón Riveiro Fernández, casado, embarcado no San Antón, anotan  a conxelación como causa da morte.
Nº 132. Francisco Fernández Valle, de 32 anos, embarcado no San Antón, anotan asfixia como causa da morte.
Os falecidos neste naufraxio tamén apareceron noutras parroquias e así na de Burela soterran o día 7 de decembro de 1893 ao cadáver dun home duns 50 a 55 anos. Na  partida de defunción podemos ler que supoñen que  “naufrago de unos barcos que dias anteriores han zozobrado en esta parroquia y en la de San Julian de Cordido”, o día 13 soterran a outro naufrago de 20 a 30 anos que aparecera flotando no lugar coñecido como O Castrelo, “se supone naufrago de unos barcos perdidos en dias anteriores”.
( Burela. Libro de defuncións, nº4, fol. 87.)


NOTICIA SOBRE O AFUNDIMENTO.

ECO DE GALICIA. Nº 2268, data 14 de decembro de 1893, páxs. 2 e 3.
Fonte: Galiciana, tecleando Nois 1893.

CORREO DE GALICIA.
A La Voz escriben desde San Ciprián, dando cuenta de cuatro naufragios ocurridos en nuestras costas el dia 2 del cactual y cuyos pormenores son los siguientes:
<< En la noche del dia 2 del corriente, de diez á once, naufragaron en una extensión escasa de dos leguas de costa, cuatro barcos mercantes: el bergantín goleta Pepita, de San Ciprián, con pérdida de dos marineros; el patache Saturnina, de Avilés, pereciendo el patrón y el muchacho; y el patache San Antonio y Animas, del Barquero, pereciendo toda la tripulación, compuesta por cinco hombres.
Excepto la goleta Pepita que se había despachado en Santander para la Coruña, con cargamento de petróleo, todas las demás venían en lastre.
Causa tristeza considerar la crítica situación de tantas familias sumidas desde ese dia infausto en la mayor miseria, pues su único sostén eran esos valerosos cuan desgraciados marineros, que para ganar un pedazo de pan para sus hijos, tienen que exponer una y mil veces sus vidas; pero tambien entristece el ánimo y apena el corazón el saber  los actos de salvajismo cometido spor muchos vecinos de las parroquias de Cangas, Nois y Fazouro, en cuyas aguas naufragaron la goleta Pepita y el patache San Antonio.
Apenas supieron de la pérdida de estos dos barcos, salen precipitadamente de sus casas y cual bandada de aves de rapiña, se echan sobre la presa y cortan y destrozan los restos de los buques qu eel mar había arrojado, sin que los lamentos y ayes de dolor lanzados por los moribundos náufragos, que mutilados y abandonados yacen sobre las rocas, y que pro momentos dan sus vidas á Dios sean suficientes á distraerlos de aquella brutal tarea de destrucción y pillaje.
En este cuadro lúgubre y sombrio hay sin embargo, un punto luminoso, una honrosa excepción, cuyo nombre debe consignarse para que llegue á conocimiento de la Sociedad de Salvamentos y de ésta el premio á que se ha hecho merecedor Don Victoriano Pillado, que así se llama el rico propietario de Nois, que con una abnegación sin límites y una caridad paternal poco comun, se despojaba de sus vestiduras para cubrir, los cuerpos ensangrentados de aquellos desgraciados, viendo cómo exhalaba alguno de ellos, en sus brazos, el último suspiro.
Recogió además á todos los náufragos supervivientes cuidándolos con la solicitud digna de aplauso, y no satisfecho con los actos de caridad que acababa de realizar, albergó y alimentó en su casa á todos los marineros de San Ciprián, que con Don José María Rios, armador de la goleta Pepita, acudieron en auxilio de los barcos náufragos, por lo cual los vecinos de dicho puerto, de San Ciprián, le guardarán eterno reconocimiento.
Y ahora, cuatro palabras para terminar. Si esta clase de accidentes, que en las costas de Galicia son tan frecuentes, ocurriesen á las puertas de Madrid, si esto fuese posible, es seguro que las familias de los náufragos serian largamente socorridas, y en mucha parte, con dinero de Galicia, lo cual estaría muy bien; pero como el accidente desgraciado ocurre en Galicia y en pueblos donde no hay prensa que lleve con exageracion los gemidos y súplicas por todos los ámbitos de España, estas desgraciadas familias no serán socorridas cual debieran, no quedándoles otro recurso para alimentar á sus pequeñuelos que salir ocn ellos ó ir de peurta en puerta mendigando un pedazo de pan. Así es el mundo: ¡a unos tanto y a otros tan poco!.

Firma este artigo X.X.

jueves, 22 de enero de 2015

O PRIMEIRO CHINÉS DE BARREIROS. 1861.


Lembro que unha vez, cando era rapaz e ía aos campamentos da Devesa, nos levaran de excursión ata San Miguel. Foramos polas  pistas que van pegadas ao monte e detivémonos nunha casa, non me lembro do lugar nin do nome do dono, pero do que si me lembro é que na palleira tiña unhas pequenas vigas de madeira con letras chinas ou xaponesas, cando lle preguntamos como se fixera con elas díxonos que as trouxera o mar, que probablemente caesen dun barco ou que foran produto dun naufraxio. Resulta habitual atopar nas casas de pobos de mar enseres procedentes de naufraxios. Esas vigas de madeira non sei o que foi delas, pero se eran chinas podemos dicir que non era a primeira vez que un chinés chegaba a Barreiros.
No Arquivo Diocesando de Mondoñedo gardan, entre moita outra documentación, unha carta que resulta bastante interesante. A misiva foi escrita o día 17 de xullo de 1861 polo cura de Barreiros, Xoán CArreiras, ao bispo de Mondoñedo, nela informaba ao prelado do soterramento dun irlandés na parroquia de San Cosme, tal vez sexa moito mellor que nos conte os sucesos o propio cura párroco : “En diez y siete del corriente asisti a dar sepultura Eclesiastica a un hirlandes procedente de la Fragata Hanglo-americana, despues de preceder los registros que Su Ylustrisima me ordena en su atento oficio de diez del actual, y en virtud del oficio que se me pasò el que literalmente dice = << Viceconsulado de los Estados Unidos de America= Habiendo fallecido en el dia de la fecha Johum Thompsom, natural de Donegal[1], Yrlanda, edad 21 años, religion Catolica Apostolica Romana, y tripulante de la fragata Anglo-Americana Live Yankee, naufragada en esta playa. Suplico a usted se sirva disponer se de spultura eclesiastica al cadaver del indicado individuo.>>.

San Cosme de Barreiros. Julio 16 de 1861.

Cuyo cadaver se coloco junto al otro, que fue sepultado el dia siete del corriente mes en sitio separado de los demas cadaveres del cementerio y ademas señaladas las sepulturas.
Tenia impresa en el brazo izquierdo , y bien grabada, una cruz con un Ancla al pie de ella, con otra marca en el mismo brazo que nada significaba.
En dicho 17 oieron misa el capitan y la mayor parte de la tripulacion con bastante respecto y devocion, al parecer; y el Vice Consul despues de la misa los coloco a todos alrededor del cadaver descubiertos y con mucha atencion les echó una platica en su Ydioma, que duro mas de un cuarto de hora”.
Esta sería unha carta normal na que se anota o soterramento dun afogado nun naufraxio, pero moito tivo que chamarlle a atención ao cura párroco un personaxe que ía embarcado na mencionada fragata pois tivo a ben mencionalo na post data da carta dirixida ao señor bispo “en la tripulacion venia unchico de 17 á 18 años, sin bautizar, con una restra de Pelo como que una muger, y nolo deja cortar, para que lo admitan en su Patria, hés Chino”.
Se consultamos a hemeroteca dixital da biblioteca nacional española veremos como o periódico El Contemporáneo, no seu número do 22 de agosto de 1861 fai mención ao citado naufraxio en Barreiros:
En la tarde del 5 de julio del corriente años embarrancó en la playa de San Bartolomé de Barreiros la fraganta mercante de los Estados Unidos de América nombrada Live-Yankee, del porte de 1.638 toneladas de registro, con cargamento de carbón de piedra, que , procedente de Cardiff, se dirigía á Bombay.
En seguida que el comandante de marina de la provincia de Rivadeo tuvo noticia de este suceso, se trasladó al lugar del siniestro, con el ayudante de la comandancia, para los auxilios y demas efectos que se adoptaron desde luego, cumplimentando en todas sus partes lo prevenido sobre el particular en las ordenanzas generales del ramo; se procedió acto seguido al salvamento de los efectos del buque, hasta el dia 13 del mismo, que á consecuencia de un fuerte temporal SO quedó completamente destrozada.
Tanto el capitán comandante de carabineros de dicha provincia, como el administrador de la aduana y demas autoridades de Rivadeo, contribuyeron por su parte á prestar los auxilios que se le pidieron, sin que el consignatario del buque tuviese otra parte en el naufragio que el de inspeccionar y llevar la cuenta de los efectos salvados, debiéndose el salvamento de ellos a las disposiciones adoptadas por la autoridad de marina”.











[1] Segundo a Wikipedia Donegal é unha cidade do condado do mesmo nome, sito en Irlanda.  Donegal foi capital do reino de Tyrconnell, que comprendía bastante máis terreo que hoxe ten o actual condado de Donegal, gobernado polo clan dos O’Donnel.

miércoles, 21 de enero de 2015

XENEALOXÍAS DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO:


PRIOR ARES PÉREZ DE VILADONGA.


Para levar a cabo este artigo sobre o Prior Ares Pérez de Viladonga empregamos como fontes documentais os libros publicados polo arquiveiro catedralicio de Mondoñedo, don Henrique Cal Pardo, así como o apeo de bens da parroquia de San Martiño de Mondoñedo, realizado no ano 1540 e que se custodia no Arquivo Catedralicio de Mondoñedo, (Sección Apeos, armario 3, nº 13).
Segundo o citado Apeo Ares Pérez ocupa o cargo de Prior trala morte do anterior, Álvaro Pillado, mais descoñecemos o ano en concreto, pero podemos dicir que aconteceu entre o ano 1447 e 1483.
No primeiro dos anos, 1447, ocupaba o cargo de Prior Álvaro Pillado, así o podemos ler nun documento do Tombo da Catedral de Mondoñedo datado o 19 de agosto no que aparecen como testemuñas Pedro de Cedofeita, abade de Lourenzá, Pedro Sánchez, racioeiro e xuíz de Ribadeo e Álvaro Pillado, como prior do mosteiro de San Martiño.[1] O citado Pillado sucedera no cargo de Prior a Fernando Dourado, outra das familias importantes de San Martiño. Noutro documento do citado Tombo, esta vez datado o 19 de agosto de 1438 vemos como aparece como testemuña Fernando Dourado, co cargo xa de Prior[2].
A primeira referencia que temos de Ares Pérez como Prior data do ano 1483, nesta data o capitán Mudarra, encargado polos Reis Católicos de tomar a Frouxeira, castelo no que resistía o Mariscal Pedro Pardo de Cela, dona ao mosteiro de San Martiño unha cantidade para que se fundase un altar, o de Santa Catarina, e unha misa pola alma de todos os que morreron no cerco da Frouxeira. Explica ben este dato Roi Pérez, testemuña do Apeo de 1540, veciño de Foz, de 66 anos de idade quen di o que altar de Santa Catarina se fundara por las animas de ciertos que murieron e se enterraron alli sobre el cerco de la dicha Frouseyra e que para se dixese e fuese perpetuada la dicha misa e vigilia e responso en cada un año para sienpre jamas e que el dicho Monsieur Mudarra dio e doto al prior susodicho y administrador del dicho monesterio, Ares Perez de Villadonga e canonigos del dicho monesterio veynte e quatro myll maravedis, los doze que dio al prinzipio e otros doze que dio al tienpo de su falescymiento, que se traseron alli por su mandado.[3]
Outra testemuña deste Apeo é Diego Carballal, veciño de San Martiño e de mais de 70 anos,  quen afirma ter coñecido ao citado Prior do que di que tiña 30 e poucos anos e que estivera ocupando o seu cargo durante 7 ou 8 anos. Non podemos estar de acordo con esta afirmación pois a documentación dinnos outras cousas. O arquiveiro Cal Pardo demostra, sen equívoco algún, que Ares Pérez de Viladonga aparece na documentación como Prior de San Martiño nos anos 1498, 1502, 1506, 1510 e en 1513.[4]  En 1518 aparece xa como Prior Gonzalo de Villaroel e la otra mytad de la dicha renta la llieba dicho Vachiller Dorado, no sabe si por si o por el doctor Villaroel, que dizen que gano el dicho priorado por Su Santidad en Roma quando se falescio el dicho Ares Perez de Billadonga”.[5]
Polo que sabemos Ares Pérez vivira no pazo do Prior, pegado ao mosteiro, en 1540 atopábase ocupando este edificio o bispo de Irlanda, Xoán de Boaventura.
Mentres ocupou o cargo de Prior, Ares Pérez de Viladonga, non estivo ocioso dedicando bastantes esforzos a arranxar e consolidar a obra do mosteiro. Pedro Mariño de Lobeira, veciño de Foz, e de 60 anos de idade asegura na súa declaración ter ido a San Martiño o día do enterro do Prior álvaro Pillado e de coñecer ao novo Prior, Ares Pérez, ao que lle atribúe as seguintes obras no mosteiro: “el çielo del monesterio de la nave prinçipal e alçaron las grades del altar mayor que estaba baxo e dexo el dicho Ares Perez començado los çielos de las otras dos claustras de dentro del dicho monesterio e hizo hazer el coro que alli esta e organos e las casas e en las claustras de dentro cerrarlas e adereçarlas porque de antes estaban alli unas camaras en que se aposentaban los canonigos”. Confesa que antes da chegada de Ares Pérez como prior o mosteiro estaba bastante mal reparado pero que grazas aos esforzos e aos cartos depositados polo prior púidose arranxalo mosteiro.
Na declaración de Roi Pérez tamén se fai referencia a estas reformas realizadas polo Prior, pero dando noticia dun achado moi curioso: el dicho prior lo hizo alçar e aderesçar con sus gradas de piedra que tiene agora porque antes tenya gradizelas de fierro el altar mayor y estava baxo y lo deshizieron e alçaron como esta e allaron en el dicho altar mayor las reliquias santas que tiene dicho monesterio e que despues que lo hizo asi altar el dicho altar mayor el dicho prior que no solian en el dezir la misa sin dicha sagrada”.

DATOS BIOGRÁFICOS:
No Apeo, na declaración de Diego Carballal, menciónase, falando da veiga de Bouzas, a Leonor Fernández, nai de Ares Pérez.
O Prior Ares Pérez de Viladonga tivo unha filla a que chamou Inés. No apeo aparece unha referencia a unha tal Inés Rodríguez, como posuidora dunha propiedade que pertencera ao citado Prior e da que se di  “que agora es de Ynes Rodriguez, su hija, muger de Alvaro Bazquez”. Posteriormente hai varias referencias a Inés Pérez, e non Rodríguez, como a filla do Prior. Pola documentación que aparece no Apeo de 1540 sabemos que ao lado da fonte de Vilacendoi tiña Ares Pérez  “el curral de la torre que fue del Prior de San Martiño, Ares Perez, que sea en gloria, que aogra es de la muger de Alvaro Bazquez e de otra parte topa en el camyno que va para la fuente de Villacendoy”. Tal e como vimos na anotación anterior Álvaro Vázquez estaba casado con Inés Pérez e deste matrimonio naceron dous fillos. Na declaración de  García Vallón, veciño de Vilaronte e de 60 anos, menciónase que o casal de Ferroagudo limitaba con propiedades de Ares Pérez e Afonso López de Vilanova, pensamos que ambos son veciños de Vilanova de Lourenzá. Sobre estes dous irmáns a testemuña di que herdaran a terra por parte de súa nai, Inés Pérez, e menciona, sen reparo ningún, “hija del Prior Ares Perez”.





[1] Cal Pardo, H.: Tumbos de la catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado. Número 417, páx. 376.
[2] Cal Pardo, H.: Tumbos de la catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado. Número 405 e 406, pázs. 364 e 365.
[3] Arq. Catedralicio Mondoñedo. Secc. Apeos. San Martiño. 1540, declaración de Roi Pérez, comenza no folio 72 recto..
[4] Cal Pardo.H:  Mondoñedo, catedral, ciudad, obispado, en el siglo XVI, números de documento 80, 171,1342, 1353 respectivamente.
[5] Arq. Catedralicio Mondoñedo. Secc. Apeos. San Martiño. 1540, declaración de Diego de Carballal, comenza no folio 36 volto.

O SUBMARINO ALEMÁN U-46 QUE NAVEGABA POLA MARIÑA.


  
No meu concello de Foz relatáronme unha lenda da que era protagonista don Manuel Lugilde Penelas (mestre en Foz entre 1921 e 1948). Este home, o maior dinamizador da cultura focega da primeira metade do XX, presumía de ter na súa casa un aparador feito con madeiras procedentes dun barco de Noruega afundido por un submarino alemán. Sempre pensei que isto era unha lenda produto da fantasía dun pobo que vive pegado ao mar, mais, moitos anos despois, descubrín o enganado que estaba.

Neste ano conmemoramos o centenario do comezo da Primeira Guerra Mundial ( 1914 – 1919) que arrasou Europa e mudou para sempre as antigas fronteiras deste continente. A historia oficial contábanos que España permanecera neutral nesta guerra e é certo, pero iso non quere dicir que as parroquias costeiras da provincia de Lugo, de igual maneira que acontecía no resto das costas galegas, non sentisen de preto os combates navais que tiveron lugar nas nosas costas.
O mar, que é moito máis sabio ca nós, encargouse de ir soltando pezas que gardaba no seu fondo para que puidésemos conmemorar este centenario da Primeira Guerra Mundial. Así podíamos ler no periódico “El Progreso” (03/08/2013) como o periodista Xosé Cora atopaba na praia da Limosna (San Cibrao, Cervo) unha prancha de gutapercha. Este material era un tipo de goma moi semellante ao caucho que se fabricara na illa de Xava dende mediados do XIX ata principios do XX.  A pregunta que xurde inmediatamente é a de ¿cómo chegou ata San Cibrao?. No artigo barallábanse dúas hipóteses: A primeira situaba como orixe destas pranchas o emblemático Titanic. A segunda, tal vez máis realista, coidaba posible que as pranchas saísen dun barco afundido durante as campañas navais da primeira Guerra Mundial.

Por se este achado non fose suficiente o 6 de xuño do 2014 coñecíamos a noticia de que na praia Do Torno (San Cibrao, Cervo), e despois dunha operación de limpeza levada a cabo por alumnos do Colexio Número 1 de Cervo e voluntarios da Iniciativa Medioambiental Colle 3, aparecía unha medalla militar. Condecoración que a mariña mercante inglesa outorgaba a todo mariñeiro que estivese máis de seis meses servindo baixo as súas ordes. Na medalla podíase ler no reverso o nome Manuel Fernández, mais non se menciona país algún, o que fixo pensar na posibilidade de que fose súbdito británico.

Durante a Primeira Guerra Mundial os barcos aliados sufriron os ataques de barcos corsarios alemáns en primeiro momento e posteriormente os de submarinos. Se tivésemos que mencionar un submarino que destacase sobre os demais deberíamos de falar do U – 46. Este foi modelo fora construído no estaleiro Kaise Liche Werft, situado na cidade de Danzing, sendo botado ao mar no mes de maio de 1915. Comandantes do citado submarino foron Leo Hillebran, que será substituído no cargo no mes de decembro de 1916 por Alfred Saawächter, quen exerceu o seu cargo ata o 15 de xaneiro de 1917.
O submarino U-46 acabará sendo vendido por Alemaña ao exército xaponés no ano 1918 manténdose en activo ata 1920.
Este submarino tivo as súas andanzas na costa cantábrica, a el atribúense varios afundimentos de barcos en Asturias, Santander ou Bilbao. A costa lucense tamén sufrirá os ataques deste submarino alemán e así temos a primeira constancia dos seus ataques grazas a un artigo que aparece publicado no periódico “El Progreso” (31 decembro 1916), titulado Un submarino en Vivero. Neste artigo dáse conta da chegada a San Cibrao de “varios náufragos pertenecientes a las dotaciones de buques hundidos por un submarino alemán”, en concreto eran os tripulantes do buque inglés Aislabee. Este barco tiña unha tripulación de 23 homes, dos que 22 puideron ser recollidos para ser, posteriormente, trasladados ata o Ferrol. O citado buque realizaba a travesía entre Lisboa e Bilbao cunha carga de carbón. O protocolo de actuación por parte do submarino era o seguinte: primeiro aproximábase ao buque ordenando o desaloxo e transbordo da tripulación a un pesqueiro, unha vez realizado todo isto os alemáns colocaron bombas a bordo que ao estalar afundiron o buque inglés. Os tripulantes foron obrigados a permanecer máis de dúas horas en botes ata que os deixaron marchar cara San Cibrao, non así o capitán do Aislabee, que foi encarcerado dentro do submarino. Non era este un caso aislado, pois segundo contan no citado artigo “también fueron echados a pique a inmediaciones de Vivero por otro submarino alemán la goleta francesa María Rosa y el bou de la misma nacionalidad Golf. Lo tripulantes de estos barcos son 20.

O periódico La Correspondencia de España, nunha noticia que saía o 1 de xaneiro de 1917, dábanos conta do afundimento do vapor danés Danmark. E do veleiro inglés Aderis, ambos foran torpedeado en augas próximas a Viveiro. Os tripulantes de ambas naves serán salvados e  levados ata o porto de Ferrol. Sabemos que o Dankmark saía de Tunez con dirección a Leim cargado de cobre, pero o día 31 de decembro, ás 12 do mediodía, foron abordados polo submarino alemán e tras ser desembarcada a tripulación do buque danés “inmediatamente y también con un par de bombas fue hundio el vapor, mientras sus tripulantes se dirigían a Vivero”. Segundo un artigo que publicaba “El Progreso” (1/1/1917) o Dankmark fora afundido preto da illa Coelleira e fora presenciado “por marineros del puerto de Vivero que auxiliaron a los náufragos”.
Dous días antes o veleiro inglés Henry W. Adams fora afundido “á la altura de la Estaca de Vares” polo mesmo submarino que estamos a seguir. Nestas datas foi atacada e afundida a 17 millas do porto de Viveiro a fragata inglesa Nova Escocia, a tripulación deste barco chegaba ao citado porto o día 2 de xaneiro de 1917, segundo nos conta o periódico El Imparcial (2/1/1917) o capitán da fragata, míster Robinson, estivera preso dentro do submarino ata que o deixaron libre xuntamente co resto da tripulación, “dicen los tripulantes que momentos después de desembarcar el capitán los alemanes hundieron la fragata”.

Pero non só chegaron ás nosas costas tripulantes de barcos afundidos senón que tamén chegaron mariños alemáns do propio U-46. Así no periódico “El Progreso”(6/1/1917) aparece un artigo titulado “Los submarinos alemanes en nuestras costas. El U46 no fué hundido”, segundo o citado artigo o día 31 de decembro de 1916 chegaban a unha praia de Burela catro tripulantes e un oficial do famoso submarino. Sóubose que eran do U46 porque o cadelo que os acompañaba levaba no colar o distintivo do submarino. Nun primeiro momento pensouse que o submarino fora afundido por un destrutor inglés que andaba pola zona, posteriormente chegouse a afirmar que chocara contra unhas penas , pero nada diso era certo. O que aconteceu fora que “después de hacer volar con dinamita el bou francés Louis, los cinco tripulantes germanos quisieron volver a su barco que los esperaba bastante alejado, pero la fuerte marejada les impidió acercarse a el, por lo cual decidieron saltar a tierra en la playa de Burela, desde donde se dirigieron a Vivero en el automóvil de su compatriota don Guillermo Cloos, director de las minas de hierro de la Silvarrosa, en cuya casa se alojó el oficial”, o resto dos tripulantes foron aloxados  na fonda viveirense de Justo de Veiga. Posteriormente marcharon da vila do Landro, que por aquel entón era como a cidade de Casabranca, pois polas súas rúas podíaste atopar nese mes de xaneiro do ano 1917 con suecos, daneses, ingleses, franceses e alemáns.
Non remataban aquí os ataques do submarino U-46 pois no mesmo artigo que se nos informa da chegada dos tripulantes alemáns a Burela tamén se da noticia da chegada dun bote con 12 homes a unha praia de Cedeira e outro con 13 á praia de Covas. Todos eran tripulantes do vapor grego “Triropinas”, afundido preto do Cabo Vilano, cargado de millo e  que procedente de  Bos Aires se dirixía ata Belfort .

O periódico Mondoñedo  (7/3/1917) recollía a noticia da chegada a San Cibrao de “los 17 náufragos, procedentes del vapor noruego “Helma”, que, con cargamento de pinos del Senegal, dirigíase á Liverpool. Según manifestaciones de la tripulación de dicho buque, ha sido este torpedeado y hundido por un submarino alemán á cien millas de la costa. Una lancha de vapor, que estaba ocupada en alta mar, en las faenas de pesca, halló la embarcación que conducía á los náufragos, remolcándola á dicho puerto. El vecindario de San Ciprián acudió presuroso á prestar á los infelices marinos, á los que alojó en varias casas particulares”.
Estas costas de Lugo, polo que acabamos de ver, si tiveron participación nas contendas navais da Primeira Guerra Mundial, tocándolle aos homes e mulleres da Mariña a labor máis importante, a de dar acollida a tódolos feridos desa cruel guerra.





O MUNDO CASTREXO NO CONCELLO DE FOZ; Parroquias Cangas e Vilaronte.


Para levar a cabo este traballo empregaremos como base documental básica as seguintes obras :
 Villaamil y Castro, Antigüedades prehistóricas de Galicia,
Ferreira, Isaac e Lourenzo Manuel: Arqueoloxía do Valadouro
Vigo García, Abel. Protohistoria e romanización na mariña lucense.



Parroquia de San Pedro de Cangas.

- Punta dos Castros.

Hoxe en día é propiedade do bispado de Mondoñedo pois nela aséntase a igrexa parroquial de Cangas e o campo santo. Trátase, tal e como nos relata Abel Vigo, dunha península na que se asenta este castro que ocupa 2.25 hectáreas de superficie, tendo o seu eixo maior 225 metros e 100 o menor. Abel Vigo danos malas novas ao aseverar que o recinto está completamente arrasado pola estrada que pasa por el, polos xardíns e as construcións que sostén enriba, sendo tan só na parte norte onde se pode contemplar as defensas naturais do castro, os cantís.
Apunta Abel Vigo como culpable da desaparición física do castro ás distintas edificacións e obras realizadas enriba del. A máis salientable destas obras é a igrexa parroquial que permanece no mesmo lugar na que foi erixida, aínda que no ano 1854 os veciños de Cangas queixábanse ao gobernador provincial, tal e como xa fixeran ao bispo, do estado de ruína que presentaba a súa igrexa parroquial solicitando “la necesidad de construir otra”[1]. O gobernador ordeará a creación dunha comisión municipal composta polos señores Longarela e Villapol así como polo mestre de mampostería Bruno Rodríguez, veciño de Cangas, ademais dun mestre carpinteiro sinalado polo bispado. Despois de inspeccionar a igrexa acordaron que era innecesaria a súa reedificación.
Non podemos deixar a parroquia de Cangas sen falar do achádego que deu este castro, estamos a falar dun vaso funerario da idade do bronce do cal nos deu abondosa información don Xosé Trapero Pardo.
Pertencía este vaso a Crisanto Couto, veciño de San Martiño de Mondoñedo, quen llo amosa ao citado escritor. Despois de estudalo publica un artigo no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo, do cal extractamos toda esta información.
Na parroquia de Cangas, no lugar coñecido como Porto Santo, atopa Trapero Pardo unha “pequeña pero elevada península, que fué convertida en castro, del cual hemos encontrado abundantes huellas y que en la parte del istmo conserva aún la acusada zanja de un ancho foso, que otrora cerraría la entrada del poblado prehistórico”. O achado aparece cando se levan a cabo as obras para construír novos nichos, nese momento foron “descubiertas varias cistas o sepulturas, restos de una necrópolis. Unas piedras verticales, cubiertas por otra horizontal, forman estas urnas, de unos 75 centímetros de profundidad por 60 de anchura, lo que nos indica que se trataba, bien de urnas de incineración, bien de sepulturas en las que el cadáver era colocado acurrucado”. Segundo as informacións aportadas por Crisanto Couto os obreiros atoparan restos de cerámica, de cranios humanos e ósos de grande tamaño, entre todos estes achádegos apareceu a peza da que imos falar. Segundo o análise realizado por Trapero Pardo a peza ten 67 milímetros de alto e varios anchos, 16 milímetros na súa base rematando cos 32 milímetros da súa cabeceira, “la vasija es fusiforme en su concepción general, y está constituía por un poliedro octogonal, cuya parte más estrecha se implanta en un cono truncado de amplia curvatura, casi hemisférica. El cuerpo inferior y superior se unen para el cierre por un reborde hecho en aquella, encajando la cubierta simplemente por su propia peso. La característica más notable de este vaso son las asas o aletas, existentes en ambos cuerpos, perforadas en sentido longitudinal y cuyos huecos al hallarse la vasija cerrada, se corresponden perfectamente; de suerte que, haciendo pasar una correa, cadena o cuerda por los huecos, y, suspendiendo el recipiente, éste queda hermeticamente cerrado. Tanto las aletas como la base y cúspide muestran unos adornos incisos, formados por sencillas líneas, que en las partes planas se entrecruzan (...) Hay en su interior restos de una sustancia que, al evaporarse o al mezclarse con tierra de la cista, ha adquirido una consistencia espesa, si no se trataba ya en su origen de una materia oleaginosa[2]. A decoración e as informacións aportadas pola tradición popular fanlle pensar a Trapero Pardo que esta anforeta pertencería a unha cultura moi vinculada co mundo oriental mediterráneo, sinalando ao mundo grego ou fenicio como lugar de procedencia.


Parroquia de San Xoán de Vilaronte.

Villaamil e Castro ao falar do mundo castrexo existente nesta parroquia di “en el frecuentado punto de desembarque llamado el Pozo Mouro, aparecen muy complicados castros con fosos profundos, uno de los cuales rodea toda la colina en cuya cima se destacan los castros, menos por la parte en que corre el río Masma. Se ven allí elevadas motas y en lo alto una piedra, como de un metro cúbico, que aseguran tuvo inscripciones. Todo aquel terreno está plantado de pinares y es de acarreo y sumamente pedregoso. De el dice el estudioso ingeniero Schulz que fué removido y efectivamente lo está, para extraer la riqueza aurífera que contenía. Se da también el nombre de castro a otro terreno labradío (y por consiguiente sin conservar señal de las antiguas fortificaciones), situado junto a la iglesia parroquial.
En la punta que desde el lugar de Mañente se introduce en la ría de Foz, se dibuja claramente un castro.
Enfrente, sobre el lugar de Villajuane, y al Sur del citado castro de Marzán, se dibuja asimismo otro”.[3]
Certamente semellan demasiados castros xuntos, probablemente o señor Villaamil pretende ver castros en lugares onde existiron outros tipos de xacementos. A unha conclusión moi semellante chega Abel Vigo quen non foi capaz de atopar todas as referencias sinaladas polo señor Villaamil. Na catalogación de Abel Vigo aparecen tres xacementos na parroquia de Vilaronte:

1.-  Monte dos Castros, que sitúa sobre o lugar de Rúa e do que nos di: “Debido á maleza non se pode levar a cabo unha prospección da zona que permita considerar este punto de forma positiva ou desbotalo de xeito definitivo”.
2.- As Areosas, que aparece situado inmediatamente despois da Espiñeira cara Foz e do que nos di que “os desniveis que rodean o lugar parecen ser naturais e conta con construccións actuais enriba que dificultan a valoración”.

3.- A Espiñeira, sobre o lugar da Espiñeira sitúa o posible asentamento do xacemento do que tamén nos di que “debido á maleza que ten o lugar faise moi difícil poder acceder para acadar unha visión clara”.






[1] Arquivo Municipal de Foz. Actas Municipais. 1854, sesión 3 de xaneiro.
[2] Trapero Pardo, X.: Un vaso funerario en la Edad del Bronce, en Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo, Tomo II, páxinas 9 a 11.
[3] Villaamil y Castro, Xosé: Los Castros y las Mámoas de Galicia, páx.497, 1878.

O MUNDO CASTREXO NO CONCELLO DE FOZ: Parroquias de San Martiño, Nois e Cordido


Para levar a cabo este traballo empregaremos como base documental básica as seguintes obras :
 Villaamil y Castro, Antigüedades prehistóricas de Galicia,
Ferreira, Isaac e Lourenzo Manuel: Arqueoloxía do Valadouro
Vigo García, Abel. Protohistoria e romanización na mariña lucense.




Parroquia de San Martiño.

Villaamil y Castro na obra mencionada anteriormente tan só fai referencia a un xacemento arqueolóxico nesta parroquia, Os Castros, por outra banda Abel Vigo sitúa nesta parroquia dous xacementos: Castro de Lelle e o de Río. Calquera das dúas informacións aportadas por ambos investigadores está incompleta, sendo tres como son os xacementos existentes na parroquia de San Martiño.

- Os Castros.

Sobre este xacemento Villaamil y Castro dinos que está “ en terreno plantado de pinar y por tanto pco acusados, con algunas motas, se encuentran en una altura entre la iglesia parroquial, antigua catedral mindoniense, y la capilla del Carmen. Aparecen alli tambien trabajos de remoción del terreno, análogos a los practicados en los castros de Villaronte”.[1] Polos datos que nos da debemos situalo por detrás da actual basílica de San Martiño de Mondoñedo o que nos fai pensar que está a falar do castro do monte de Lebureiro, aínda que é máis coñecido como O Cano dos Mouros. Sobre este xacemento xa falara o bispo mindoniense frei Miguel Quijada, quen o día 5 de agosto de 1696 visitaba a basílica de San Martiño e anotaba o seguinte: “y ansi digo que aquel monte que esta sobre San Matino que llaman el Castro dos Mouros y Caño dos Mouros antiguamente se llamo Mondoñedo; los labradores antiquisimos no le llamaban a la ciudad de Mondoñedo sino Villa Mayor de Mondoñedo a diferencia de la villa de Mondoñedo que era San Martino de Mondoñedo[2].
Case que 150 anos antes, no apeo de bens da parroquia de San Martiño realizado no ano 1540 podemos ler que a metade dun prado que levaba Pedro de Lelle lindaba “segun que ba do longo del rio Centino e topa en el camino que ba desde Poyal por el rego para la casa de Maria de Guillema e otra parte topa en el monte de en los Castros de Ginzo a los Canos de Mouros e de la otra parte de baxo en el dicho prado del dicho monesterio que lleba Pedro de Lelle”. Neste mesmo apeo ao falar da extensión do Caritel di “ que heran començando al rego de labar las manos donde se gana çient dias de perdon dyziendo un pater noster a loor de nuestro señor  e del obsipo de Santo don Gonçalo que fue en el dicho monasterio y por la abgua del dicho rego abaxo fasta topar en el rio de Çentino y doyzin e pasa el dicho para Ginzo e asi abaxo  sobre de las Figueyras e por los Castros de Ginzo que se llaman los Castros de Mondoñedo desde alli al puerto do Junqueyro  do dicha man ba por un camino viejo abaxo e pasa el rio” [3].


- Castro de Lelle.

Abel Vigo sitúao nun lugar erróneo despois de empregar as referencias da Xunta de Galiza, cando se desplaza alí para comprobar sobre o terreo este xacemento atópase que non hai nada polo que escribe “unha revisión do lugar non clarifica nada. Non se atopan indicios de que se trate dun xacemento arqueolóxico atribuíble a este momento, pero a gran cantidade de maleza que presenta o lugar tampocuo fai posible unha revisión exhaustiva.Polo tanto plantexamos este punto como unha posibilidade, pero sin poder aseguralo[4].
Recentemente, e trala tala de eucaliptos, a asociación Mariña Patrimonio puxo en valor o citado Castro de Lelle, tamén coñecido como Castro das Engrovias.[5]

- Castro de Río.

Situado lugar de Río, parroquia de San Martiño, moi preto da estación de tren de Foz. Sobre el Abel Vigo cando estuda este castro e o de Vilaxoane, ambos aparecen na obra de Villaamil y Castro recoñece que “Estas dúas fichas inclúense xuntas e sin máis datos porque non se atopou nada, nin un castro en Vilaxoane nin un Castro de Río e danse os datos tal e como se recolleron nas lecutras indicadas. Ademáis supoño que ambas se referirán a unha mesma realidade, pero non podemos precisar máis”.
Cando preguntábamos aos paisanos do lugar sobre a Casa de Cristos, sita en Cainzal de Abaixo, foron varias as testemuñas que nos relataron que no tempo de facerse a vía do tren á altura de Río apareceron “moitas olas de barro rotas”, con toda seguridade estanse a referir a restos de cerámica castrexa.


Parroquia de San Xiao de Nois.


- Castro do Fondo de Nois.

Situado no lugar de Fondo de Nois está este castro fronte ao castro de Fazouro, separados pola praia de Arealonga. Deste castro fálanos tan só Abel Vigo no seu traballo no que nos di “Nesta mesma referencia hai que dicir que se suscitan dúbidas sobre a súa existencia real, pero con todo queremos incluíla e facer unha pequena descrición do lugar[6]. Cando fai a descrición do lugar anota que se trata dun pequeno entrante no mar con substrato de lousas que actualmente está dedicado ao cultivo e que por preto del transcorre o rego da Lagoa. Sobre a súa conservación di que é bastante mala “posto que hai moitas dúbidas da súa existencia. Na foto que se presenta do lugar vemos o que podería ser o que queda dun parapeto, pero non se pode concluír con seguridade”.

Non vou a ser  eu quen critique as opinións especializadas dun arqueólogo xa que carezo dos coñecementos necesarios. Se o profesor Abel Vigo non atopou restos arqueolóxico fixo ben en mencionalas súas dúbidas sobre este xacemento. Pero que ano atopase datos arqueolóxicos non quere dicir que non existan referencias documentais, que ao noso modesto entender xustificarían a existencia deste xacemento. A referencia documental atopámola nun apeo de bens que se realiza no ano 1571. Nesta data o dono do Casa de Covas (Nois), Fernán Díaz de Ribadeneira, o novo, solicita realizar un apeo dos bens que o vínculo da citada casa tiña. Na declaración de Bartolomeu de Bao, testemuña presentada polo citado Fernán Díaz, podemos observar como menciona este castro “mas save el testigo que al dicho Fernan Diaz de Riva de Neira pertenece por compra que hizo a la mesma Maria Fernandez, una longara e pieza de heredad, como es sita en la Bouza del Castro de Nois”, outra finca que aparece neste apeo é “otro tarreo e pieza de heredad que esta dentro del Castro de Nois, como testa de una banda en la mar e de otra parte en heredad de Rodrigo Barata e de otra parte à donde dizen A torre do Castro de Nois”, non é esta a derradeira referencia pois atopamos outra máis na que se nos fala dunha “pieza de heredad que esta en el lugar a que dizen A Ponte de Castro que llevara de sembradura un toledano de pan poco mas o menos e testa de una parte en la mar”.[7]

Abel Vigo á hora de abordar a posibilidade de existencia dunha factoría fenicia en Nois di: “ Esta cita foi tirada dun conxunto de trípticos publicitarios, tal como se indica na bibliografía, pero dubido bastante da realidade desta afirmación, posto que non atopei máis referencias á mesma[8].



Parroquia de San Xiao de Cordido.


- O coto do Pico.

Situado na parroquia de Cordido no lugar coñecido como a Cruz da Veiga, del fálanos Abel Vigo pero sen facer referencia algunha, tan só é nomeado.





[1] Villaamil y Castro, Xosé: Los Castros y las Mámoas de Galicia, páx.497, 1878.
[2] Arquivo Diocesano de Mondoñedo. Foz. Libro de Privilexios, fol. 17. Tamén se pode atopar esta referencia en Fernández Pacios, X.R.: San Gonzalo, bispo mindoniense. Páx. 23.
[3] Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo San Martiño, 1540, fol. 41 r e 42 v.
[4] Vigo García, Abel. Protohistoria e romanización na mariña lucense. Páxs 187 e 188.
[5] Véxanse os artigos que sobre este castro ten publicados a asociación Mariña Patrimonio no seu blog http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/
[6] Vigo García, Abel. Protohistoria e romanización na mariña lucense. Páxs 198.

[7] Rodríguez Baixeras, A.: Historia de la Casa-Torre y vícnulo de Covas, en Nois. (1569 -1800), fol, 93.
Esta obra está inédita, polo menos no momento en que escribimos este capítulo, posuímos unha copia grazas a xentileza do seu autor, Antonio Rodríguez, quen ao saber da nosa investigación tivo a ben enviarnos unha copia do seu traballo, xesto que lle agradecemos profundamente.
[8] Vigo García, Abel. Protohistoria e romanización na mariña lucense. Páxs 194. Tal vez se deba a aparición desta factoría fenicia aos traballos de Villaamil y Castro que recollerá e espallará posteriormente Amor Meilán, quen daba por certo a existencia dunha factoría fenicia na ría de Foz.