O
COMERCIO DE LIÑO NO FOZ DO SÉCULO XIX
https://historiadesdebenavente.blogspot.com/2018/09/el-comercio-del-lino-en-el-norte-de.html
Cardando
liño en Camargo, foto de Juan García de la Puente en 1906.
Á
hora de falar deste comercio debemos de diferenciar entre o liño nacional
(cultivado e traballado en Galicia) do foráneo (procedente de Holanda e Riga)
do cal tan só o traballo de preparación e posterior fiado se realiza en
Galicia.
No
liño nacional tanto o seu cultivo como os posteriores traballos para converter
a planta en fío e o tecido final eran realizados en Galicia. Era raro que nunha
casa non existise un tear no que poder tecer liño pola noite; teas que eran
vendidas ao por menor (en feiras próximas ou en pobos de Castela, transportados
polos galegos que ían á sega) ou ao por maior (certas persoas que traballaban
como axentes das grandes casas comerciais; compraban toda a produción que
podían(casa por casa) a un prezo para vendela toda xunta a un prezo maior. Eran
os coñecidos como intermediarios).
Este
liño era empregado na confección de roupa interior, en sabas, panos, colchas ou
mantelearía fina, mentres que a estopa se destinaba para roupa de usos
domésticos. Na obra “Historia de Vivero y
su concejo”, o seu autor, Xoán Donapetry, dedica laudatorias páxinas aos
lenzos producidos en Viveiro,de fama nacional e internacional.
Un
exemplo dese cultivo de plantas de liño na Mariña atopámolo cando, o 17 de maio
de 1779, preséntanse ante o escribán (ARG sig 23911-24) varios veciños de
Celeiro de Mariñaos (Antón Reigosa, Francisco de la Barrera e Xoán das Goás) denunciaban
a Francisco Piñeiroa. Estes argumentaban que por Celeiro de Mariñaos baixaba “un caudaloso rio que desagua en la ria y
porto de Foz, sobre cuio rio y en termino de dicha feligresia hay un puente de pizarra,
vereda real y comun, al qual llega la marea y augas saladas de creciente de
mar, sin envargo de que por no ser capaz para carros hay al pie la pasada para
ellos , y alli hay una pieza de soto de diferentes dueños y a orillas del rio
es propiedad de los tres primeros”. A pesar de pertencerlles a eles o prado
permitían que se empregase libremente “comun
del vecindario, asi para el pasto y guardia de los ganados como para estender y
enjugar el lino de su cosecha y tambien para curtilo en los pozos o corgos, que
comunmente llaman”. Na declaración doutra testemuña (Xoán Rodríguez, veciño
das Saíñas) dísenos onde radican eses corgos "y enjugar en ella el lino de sus cosechas, despues de sacarlo del
citado rio en donde mantienen sus pozos o corgos que tiene el mismo rio a la
parte de avajo del expresado puente”.
O
que nos interesa do preito é a presencia do cultivo de liño e a existencia de
corgos na parte inferior da ponte de Barral, ata onde chegaban as mareas e as
gabarras.
Este
exemplo respondería ao cultivo e comercio nacional do liño, pero tamén existe
un comercio de liño estranxeiro para grandes comerciantes galegos. Na Mariña aparecen
figuras como a de Gabriel Galcerán. Leal Bóveda, na súa tese doutoral, danos
conta de como este home enviara ao seu fillo Xosé ás bases rusas de Riga e San
Petersburgo para facilitar este tipo de comercio.
Mentres
Xosé abría o comercio do liño ruso cara Viveiro, seu pai, Gabriel vendíao ao
fiado converténdose en prestamista “do
rural viveirense e doutros lugares tan afastados como os Ancares e Ponteareas”.
O profesor Leal Bóveda engade o nome de Ventura Catá para este negocio, aínda
que neste caso tamén comercia con aceite e peixe salgado; nesta lista engade o
mesmo autor o nome de Antón López Villapol, de Viveiro, que comercia con gran,
con liño e cánabo de Rusia e Holanda, estas dúas últimas materias vendíaas ao
fiado entre os veciños da zona.
O
mesmo profesor fálanos do emprego, por parte dos grandes comerciantes, da
figura dos fiadores, intermediarios entre o comprador ao por maior e os
traballadores “O
marco xeográfico que abranguía a súa rede comercial comprendía dende Burela,
Cervo, San Cibrao, Xove, Viveiro e rural do concello, Negradas, Muras (con 19
clientes era a zona máis abastada), Santa María de Mogor, O Valadouro, Celeiro
e Santa Marta de Ortigueira”. Para as terras de Ribadeo este
investigador sitúa como pioneiro a Lorenzo de San Pedro “importador de cánabo para as redes e liño de Holanda, por suposto temos
a Antonio Raimundo Ibáñez
que dende 1780 importa de Rusia, os irmáns Francisco e Xosé Cabrera Aguiar,
dende 1787”.
En 1793, tal e como informaba Meijide
Pardo (1971:87) a coroa habilitaba os portos de Carril e Ribadeo para a
importación de liño e cánabo.
Realmente este traballo non trata do
comercio do liño na Mariña de Lugo, senón, máis ben, de dar algunha aportación,
nominal, a este comercio, centrando a nosa visión nos intermediarios e nas
persoas que mercaron liño ao fiado e non conseguiron devolver a cantidade
pedida.
https://marcotraderevista.com/el-lino-el-tejido-mas-antiguo-de-todos/
Para levar a cabo esta aproximación ao
comercio do liño tiramos dos protocolos notariais que estamos a estudar, en
concreto os do escribán Xoán Antón Millán (no período dende 1827 a 1833),
sendo, como somos, conscientes de que ao revisar outros escribáns sairía máis
información.
Miguel Villar y Ron, natural da
parroquia de San Xoán de Alaxe, permitía que Xosefa Fraga Gómez, da mesma
veciñanza, quitase “al fiado de la lonja que en esta parroquia
tiene don Miguel Villar y Ron ochenta libras de lino olandes que importaron
cuatro cientos reales vellon a pagar al termino de un año”. Ao pasar ese
tempo Xosefa vese imposibilitada de pagar a cantidade que debía, é máis, ao
carecer de bens que hipotecar vese na obriga de pedirlle a Xosé Gómez, veciño
de Santo Tomé de Recaré, que saíse como fiador da súa persoa.
Neste
documento faise mención a unha lonxa que Miguel Villar tiña en Alaxe, pero,
coidamos que é un erro pois o 9 de decembro de 1827 Agostiña Pérez, viúva de
Xosé Cuadrado, recoñecía ante o escribán
que o “treinta y uno de agosto de mil
ochocientos veinte y seis saco al fiado por quenta de don Miguel Villar y Ron,
su convecino, de la Lonja y factoria que en la villa de Rivadeo tienen los
señores don Anselmo Cavello e hijos, del comercio de Santiago al cuidado de don
Manuel de la Fuente quatro fardos de lino que importaron la cantidad de tres
mil quinientos quarenta y ocho reales con veinte y cinco maravedis a pagar
dentro del preciso termino de un año”. Outra vez acontece o mesmo que no
caso anterior e ante a imposibilidade de pagar a cantidade axustada esta muller
vese na obriga de vender “las tres
octabas partes de un molino arinero sito en el lugar de Tras do Rio”,
ademais de varias leiras situadas nese lugar da Chousa do Río, da parroquia de
Alaxe.
Como
levamos visto ese Miguel Villar exercía de intermediario entre os almacenistas
de Ribadeo e os homes e mulleres receptoras dese liño. Era Miguel Villar o
responsable de pagar a cantidade convida aos almacenistas ribadenses. Si o
negocio ía ben sacaba beneficios pero si ía mal debería de pagar o acordado en
Ribadeo.
Así
lle acontece a Xoán Ramos, veciño de Santo Acisclo, que o 19 de febreiro de
1828 se presentaba ante o escribán recoñecendo que fora denunciado por
“don
Eusebio Hernando, del comercio de la villa de Rivadeo, por la cantidad de
ochocientos cuarenta reales vellon provenientes del lino de su almacen que le
afianzara para dar a varias personas de orden del que expone, quedando este
garante respondedor vaxo el pacto cavalleroso de que le havia de abonar y
satisfacer por el riesgo a que se exponia el don Eusebio de su cuenta a uso de
comercio y del ventajoso vien que se le seguia, diez reales en quintal y ademas
un cuartillo en libra, ymportando nuebecientos once reales y seis maravedis,
que, descontados de lo que repite, resulta deudor de setenta y un reales con
seis maravedis que debe satisfacer al que dice, por hallarse reintegrado el
principal”. Como
neste caso non se chega a un acordo o veciño de Santo Acisclo verase na obriga
de ter que preitear na Real Audiencia de Galicia.
Outro
veciño de Foz, esta vez da parroquia de Santa Cilla, tamén se dedicará a este
traballo de intermediario na venta do liño. Así vemos como o 21 de xaneiro de
1830 se presentaban os irmáns Xosé e Rosa Varela, ambos veciños de lugar da
Ermida, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, asegurando ante o escribán
que, o 13 de setembro de 1827, o pai e a esposa de Xosé Varela “sacaron al fiado de casa de don Domingo
Cabanas cincuenta libras de lino”. Transcorrido o ano o citado Xosé, e a
súa irmá Rosa, vense na obriga de abonar a débeda; como carecen de cartos
deciden vender “al citado don Domingo
Cabanas, vecino de la parroquia de Santa Cecilia para el, su muger y herederos,
una pieza de eredad y bouza al sitio do Retorno Vega das Canadas, la cual se
halla en terminos de la yndicada parroquia de Santa Cecilia ... en precio y
cuantia de doscientos y veinte reales vellon que antes de aora tienen recibido
los otorgantes por mano del citado su padre y muger en otro balor que ynportó
el lino ynsignado y que adeudaban a dicho don Domingo Cabanas”.
Tamén
a parroquia de Nois contou con este tipo de intermediarios. Un 9 de agosto de
1831 presentábase ante o escribán Tareixa Vázquez, viúva de Manuel Cortiñas,
ambos veciños de Burela dicindo que o día dez de decembro de 1830 “se constituyò a pagar a los erederos de don
Alonso de Bao y su viuda, la cantidad de tres cientos veinte reales, resto de
cuatrocientos y uno que habia quedado deviendo al dicho don Alonso, procedentes
de lino que en sus dias le afianzara el finado”. Para poder realizar ese
pago, tres anos despois de transcorrido o prazo, debe de vender “la casa
que por dicho contrato tenia hipotecada y en que actualmente habita, sita donde
llaman Burela do Cabo, compuesta de cocina, cuarto alto y cuadra con su parra,
entradas y salidas”.
Rematamos
coa figura de Xosé Alonso Ramos, comerciante e veciño de San Xoán de Vilaronte.
Este home presentábase o 10 de setembro de 1828 ante o escribán recoñecendo que
o 31 de xullo de 1825 enviara a Manuel García, do comercio de Xetafe, “partida de lienzos, continuando desde
entonces hasta ahora, remesandole mensualmente en distintas cargas del mismo
genero, importantes unas y otras, la cantidad de ciento setenta y ocho mil
treinta y ocho reales, con veinte y cinco maravedis vellon”. A razón da
demanda era que o citado comerciante aínda lle debía a cantidade de 37.428
reais, eran moitos cartos, pero resultaron ser moitos máis pois, aparte deste
Manuel García, ao citado Xosé Alonso Ramos tamén “le adeuda Gregorio García, tambien vecino de Getafe, natural de San
Pedro de Arante ... mil tres cientos sesenta y tres reales. Domingo Garcia
(alias Paleo) de la expuesta vecindad de Jetafe asi vien le resta en dever del
citado genero mil ocho cientos dos reales. Y Domingo Rodriguez (Alias Costa)
residente igualmente en dicho pueblo de Getafe, le adeuda trece mil
nuevecientos cinquenta y quatro reales don diez y siete maravedis”.
Para
poder preitear contra estes comerciantes morosos de Xetafe, Xosé Alonso dáballe
todo o seu poder xudicial a don Cosme Alonso Ramos, veciño do comercio da vila
e corte de Madrid, e, moi probablemente, irmán do citado Xosé Alonso.
Este
Xosé Alonso Ramos era fillo de don Carlos Ramos e Xosefa Blanco Legaspi,
veciños que foran da parroquia de San Martiño de Mondoñedo. Estivera casado en
primeiras nupcias con Nicolas Pillado e en segundas con Antía Basanta. Ao
enviuvar de ambas esposas, e carecer de sucesión, fundará a escola pía de
Xinzo, na parroquia de San Xoán de Vilaronte, aló polo ano 1847.
Curiosa
coincidencia. Un home rico sen sucesión que funda unha escola para nenos
desamparados, o mesmo que realizarán, 78 anos despois, os filántropos focegos
Eliseo Martínez Pillado e Pilar Otero Pillado; pero iso xa é outra historia.