Buscar este blog

viernes, 23 de febrero de 2018

BRUXERÍA OU CONTROL SOBRE A MULLER ?



Neste artigo imos falar do comportamento da Inquisición con certas mulleres que foron xulgadas nos seus tribunais e, previamente, torturadas nos seus cárceres segredos.

Se ben a acusación xenérica era a de bruxería, veremos como baixo este título se agochan non comportamentos heréticos, senón que responde máis ao desexo de control que o varón exerce sobre a muller. Sabemos que a igrexa católica, descoñezo nas outras relixións, reserva para a muller o papel de esposa e nai; papel sempre subordinado á figura do varón, primeiro o pai e despois o marido.

Para levar a cabo este artigo empregamos o xornal Efemérides del Reino de Galicia así como certos preitos sobre bruxería que se poden consultar na páxina pares.meu.es e algunha noticia sobre este tema sacada da prensa dixitalizada que podemos atopar na rede.

Comezaremos cunha efeméride do mes de agosto de 1602. Nesa data lévase a cabo un auto de fe, na cidade de Santiago, contra: “la infeliz Catalina Fernández de Castrillón, vecina de Coruña y de edad de 24 años”. Catarina cometeu un crime para, segundo a opinión da época, non había perdón posible; foille infiel ao seu marido, e froito desa infidelidade tivo un fillo. Sabémolo porque se nos di que: “Esta rea en el último término de su embarazo fue conducida de la Audiencia Real a las de Santo Oficio de Santiago, en donde dio a luz un hijo”. Poñámonos por un intre, se é que podemos, na pel de Catarina, embarazada no cárcere onde da a luz, agotada polo esforzo, pola fame, polo frío e pola penuria coa que se vivía no cárcere daquel tempo e co peor aínda sen pasar. Porque pouco despois de parir “salió al auto con insignias de casada dos veces y le fueron dados 100 azotes, a la vergüenza pública con destierro por cuatro años”. Non sabemos se lle permitiron levar consigo ao neno que parira.

Cando o varón era o infiel a actuación, tanto da sociedade como da igrexa, era ben distinta, algo que veremos nun posterior artigo onde se falará das barraganas e dos curas párrocos con fillos ilexítimos, pero recoñecidos pola sociedade.

A morte dun fillo provoca tal dor nas nais que leva a algunhas a culpar da morte do seu fillo a outras persoas. Así acontece no ano 1609 cando vemos como Catarina de Regueira, veciña de Santa María de Guimaraez, estaba presa no cárcere da Inquisición: “acusada de que mataba los niños y era bruja. Una vecina suya declara que en la noche en que le había muerto un hijo suyo, se había peleado con una persona en carnes, que al principio pareció como galgo y después la viera ir cubierta con una sábana”. Semella máis un caso de envexas e loitas entre veciñas que un de bruxería.

Un caso que me chamou poderosamente a atención ten lugar en xullo de 1621. Segundo o xornal Efemérides no cárcere da inquisición estaba presa Catarina Pernas, “por supuestos delitos de brujería”. Unha testemuña declaraba ante o tribunal que: “llamando á la rea para que le curase unas vacas, en el camino y siendo de noche le advirtiera no pronuciase el nombre de Jesús por cosa que viera; y luego desapareció volando como un pájaro y se le puso delante un animal como un castrón con tres cuernos, que también desapareció al llegar cerca de la casa”. Resulta ser un relato bastante incrible que debe de agochar outra realidade. Sobre ela fai mención a rea, quen confesa: “que el Comisario delator era su enemigo porque hacía dos años que procuraba fuese tercera para con su hija llevándosela a su casa, y por no acceder a tal crimen había el Comisario hecho la información amenazando a los testigos”. O crime de Catarina foi negarse a levar a súa filla á casa do comisario para que copulase con ela, a pesar de que ela non quería. Que nai non cometería ese crime?.

Pero esta muller estaba no cárcere da Inquisición, e nel había de todo, menos misericordia. Catarina foi torturada sen piedade, pero mantívose firme na súa decisión e no seu relato, non confesou o que lle pedían que confesase porque era mentira: “puesta en el tormento la rea anterior, perseveró en la negativa, a pesar de la dureza de los dolores, y dándosele por tres días consecutivos, pidió segunda declaración de los testigos, los que se retractaron”. Temémonos que despois da retractación das testemuñas o Santo Tribunal non levou a cabo iniciativa ningunha contra o mencionado comisario copulador.


O 3 de decembro de 1626 ingresaba no cárcere da Inquisición Catarina da Igrexa, unha veciña de Coiro. Para quen non saiba onde está Coiro, estas verbas ditas polo padre Sarmiento en 1745: ”Se dice que las brujas se reunían al pie de una fuente en el arenal de Coiro, y que la campana servía para conjurar a las brujas y exorcizar a la “estadea” o “compaña” de ánimas del Purgatorio. Se creía que esta campana tañía por sí sola cada sábado para convocar al aquelarre”.

A xustiza segrar desa vila condenara a Catarina morrer na fogueira, posteriormente será trasladada a Santiago, e no cárcere da Inquisición: “Confesó en el tormento ser bruja y tener pacto con el demonio con quien se habla ... y fuera en compañía de muchas brujas en figura de gatos a matar criaturas llevándolas el diablo en figura de castrón”.

Despois de confesar ser bruxa Catarina: “revocó su confesión diciendo la obligaran con los acervos dolores del tormento; pero volvió a confesar de nuevo puesta en el”. O día 6 de marzo de 1627: “después de un año de prisión, contra Catalina de la Iglesia, vecina de Coiro, de edad de 40 años, casada con el marido y con el demonio. Salió a la misa mayor de la catedral de Santiago, con hábito penitencial e insignias de bruja, y leyéndose su sentencia con méritos, abjuró los errores y se reconcilió en forma quitándose el sambenito en la sala de la audiencia”. Lembremos que de preto de Coiro é tamén a famosa bruxa María Soliña, que pasou polos cárceres da Inquisición no ano 1621.
En setembro de 1639 en Santiago de Compostela celébrase un auto de fe contra Inés Díaz, veciña de Monforte de Lemos e de 32 anos. Estaba acusada de ser xudaizante e venerar a Santa Esther, todo iso porque se negaba a comer touciño e a rezar as oracións na igrexa. Esta negativa levouna ata o cárcere onde: “se le puso a incospetu tormentorum hasta desnudarla, y declaró contra seis cómplices, desmayándose dos veces en la cámara del tormento”. Quen non faría o mesmo para que rematasen coa tortura?.

En outubro de 1650 Madalena das Pereiras, tamén de Monforte, estaba no cárcere onde foi:“puesta a tormento y después de desnudada, dijo: “que una paloma blanca viniéndole a la mano, le picara un poco de ruda con la que curaba toda clase de enfermedades, porque había sido el Espíritu Santo”.

Vezamos que tormento lle aplicaron: “Habiéndola ligado el verdugo a la silla y puesto la mancuerda pidió misericordia, y al dar la primera vuelta se rompió el cordel y se puso otro”. Despois de padecer o inferno da tortura e de confesar todo o que eles querían que confesase: “Fue votada a salir a una iglesia en forma de penitente con una soga al cuello y se le diesen 200 azotes, con destierro de seis años”.

Supoño que cando te torturan o grao de dor que experimenta o corpo debe de ser tal que confesas o que che din, simplemente para que se deteñan. O grao de dor que se imprimía na tortura era un tema que preocupaba ao Santo Tribunal e por iso no ano 1654 os inquisidores da cidade de Santiago solicitan: “al Consejo de la Suprema, acerca de los tormentos de mancuerda, vuelta de trampa, potro, garrucha y otros, usados en aquel Tribunal, quejándose del poco dolor que dan y suplicando licencia y permisión para usar el tormento de la trampa o trampazo que usaba la inquisición de Córdoba”.   Sen comentarios.

Da páxina pares.mcu.es sacamos este xuízo contra Francisca Godoy, veciña de Vigo, e que ten lugar no ano 1776.

Francisca foi denunciada polo cura párroco de Santo Tomé de Freixido, Antón Rodríguez Noguerol, para que na mencionada Francisca :“havia muchos años se hallaba ilusa o endemoniada con cuio motivo trahia engañadas muchas gentes asegurándolas que el demonio, de que estaba posehida se llamaba Belzebú, que este no le da licencia para confesarse ni oir misa… que asi mismo le revela muchas cosas ocultas y por venir, por lo que iban personas de distintas partes a consultarla”. Cando consultaban a Francisca esta podía responder no mesmo momento ou mandarche vir ao día seguinte; así nolo conta o cura delator: “los manda volver otro dia, pues para ello dice necesita preguntar a su huespes … teniéndola los ignorantes por sabia o adivina, dándola mas crédito que si fuese un evangelio”. Tal vez, a razón da denuncia sexa porque lle fan máis caso a ela que ao cura. Sexa como fose o delator presenta unha serie de testemuñas para corroborar a súa afirmación.


Unha delas é Gabriela de Rivas, de 25 anos, quen confesa ter oído que Francisca estaba poseída: “dicho demonio Belzebu y que ni puede oir misa, rezar el rosario, ni confesarse”. Sobre que certas persoas acudían a ela buscando cousas desaparecidas como enta o caso dun home que se presentara na casa da testemuña buscando a morada de Francisca. Estando xa coa suposta bruxa este home quixo saber: “donde hallaría una vaca que se le había perdido y le respondio la reo que aguardase un poco que consultaría a su amigo y se lo diría; y pasado un breve rato le dixo que la baca se le havia metido una bruja en un oído y se havia pasado a la feligresia del Viso, junto al puente de San Payo que fuesse luego allí y la encontraría y que hallada bolbiere a darla parte”. Descoñecemos se a vaca estaba onde ela dixo e si o home volveu para agradecerllo.

Outra testemuña é Baltasar Fandiño, alguacil do xulgado, de 80 anos, quen confesa que Francisca, debido á súa fama: “muchas veces hace sus salidas del Pais a donde la llevan varias personas para sacar minas y curar enfermos”.

Sorprendente é a declaración de Magdalena Rivero, de 52 anos, que confesa que no ano 1772 acudira ante Francisca buscando saber quen lle roubara unha serie de cousas da súa casa; Francisca contestoulle: “que la habían robado Maria Tamaño y sus hijas: Benita, Antonia, Maria y Dominga, residentes en aquella feligresia al tiempo de la consulta, pero quando sucedió el robo que eran vecinas de Fornelos de Montes, a lo que respondio la testigo que no podía ser pues no estaban en aquella tierra, a lo que respondió esta reo que desde Fornelos habían ido a robarla. Y tamben la dixo que la enfermedad que padecia la declarante procedia de haverla dado al expresada Tamaño y sus hijas cierto enramado en un poco de pan hechado en vino a tiempo que la declarante estaba cosiendo en casa de las sobredichas, y se acuerda la declarante que estuvo en dicha casa trabajando de costura dos días y en uno la dieron vino, con lo que se hizo fuerza lo que la dixo esta reo”.

Podemos crer o que queiramos, que ben Francisca tiña poderes para ver no pasado ou ben, tal vez o máis correcto, que sabía, porque a oíra, que estivera cosendo en casa desas mulleres e sobre ese dato inventa todo un suceso. Podemos crer o que queiramos.

Vimos anteriormente como Catarina Pernas superaba, en 1621, os tormentos que os torturadores lle fixeron pasar para confesar, cousa que non fixo. Tamén vimos como aos membros do Santo Tribunal lles preocupaba, inmensamente, que os elementos de tortura que empregaban non provocasen tanta dor como eles querían. Mais tamén, logo apareceu un dito, en primeiro lugar, despois lenda e rematou por converterse en feito probado, segundo o cal as mulleres torturadas eran capaces de superar a dor por intercesión do demo. Na segunda década do XIX, na cidade de Nápoles: “se introdujo la costumbre de rapar las partes púdicas a las mugeres para examinar si escondían alguna papeleta brujal, habiendo manifestado la experiencia que una mujer que había resistido el tormento tenía ocultas en ellas aquellas papelitas, que da el diablo para hacerse uno impasible, las cuales habiendo sido recogidas y puesto nuevamente en el tormento á la bruja confesó de plano. Bien es sabido el caso que corrobora la ignorancia de los inquisidores, de haber dado un salvo conducto a la persona que vino a Galicia en busca de un brujo que desechizase a Carlos II”. (Do xornal El Ciudadano de la Constitución, 27 marzo 1813).

Sobre o tema de rasurar as partes púdicas dunha muller que sufría tormento buscando as papeletas do demo non é máis que outra gota no vaso da esaxeración dos métodos  de vexación empregados polo Santo Tribunal.


No que si quero determe é na segunda parte do comunicado, no referente ao enfeitizado rei Carlos II e da necesidade de ter que vir a Galicia a buscar un meigo, feito que sinala a fama das nosas meigas e meigos.

Resulta que non é o único rei enfeitizado, tamén, segundo tradición popular o estivera Felipe IV.

En pares.mcu.es hai un interesante preito contra Ana Lezcano, veciña de Hernani, que foi denunciada por bruxa o 28 de setembro de 1641. Esta Ana aseguraba estar posuída, segundo confesou nun exorcismo que lle practicaron, por varios demos:somos treze capitanes cada uno con seis mil millones”. Cando o exorcista lle preguntou aos demos por que non mataban a Ana eles responderon que a misión da muller posuída era a de denunciar a outra bruxa de Hernani, a Mariana Viso. Segundo declaran os demos por boca de Ana, esta Mariana quería casar a un home cunha amiga súa, pero este elixiu como esposa a Ana Lezcano. Mariana contrariada: “en vengança dio perseguir a esta criatura y la hechizo a los quatro meses de su casamiento aplicandole veneno de araña  y otras cosas dañosas con intento de matarla”.

No exorcismo Ana foi preguntada por varios temas, dos que falaremos posteriormente, pero o que me sorprende é o que afirma o cura párroco, presente no exorcismo, cando di que Ana: “y respondia a los que se le preguntaba en latin y vasquence”. A miña sorpresa radica en que empregase o latín para responder, non o seu idioma natal, o euskera.

Ana levaba catro anos enfeitizada, xa pasara por varios santuarios para curala, e o seu marido:la ha llebado a muchos santuarios y hizo traer a un clerigo exorcista de Navarra llamado don Pedro (1) , el qual  la conjuro en tres o quatro dias en el convento de monxas de San Agustín”. Ningún dos remedios buscados tivo o efecto desexado. Ana parecía que ía ben ata que un día na misa dominical, despois de cantar do Te Deum: “se lebanto y en dos saltos llego de entre todas las mugeres donde estaba la dicha Mariana Viso y al asio fuertemente y quisso llebarla al altar mayor llamandola hechicera”.

No posterior exorcismo interrogatorio ao que será sometida Ana Lezcano declara que os demos querían que denunciara a Mariana Viso, que a inquisición a apresase: “y se llevase presa a la hechicera y que ella declarara contra otra mayor que avia en Madrid quien era y esto cumplia a la salud del Rey nuestro señor que estaba hechizado y el conde Duque se entendia con la hechizera”.

Semella máis que Ana, para desgracia dela, estaba transtornada e que entre os seus delirios figuraba Mariana Viso. Descoñecemos como rematou este asunto, pero aseguro que si atopamos algo máis sacarémolo á luz, se o demo nolo permite.