Buscar este blog

jueves, 18 de agosto de 2016

A VISITA PASTORAL DE 1670 Á PARROQUIA DE FAZOURO.


Igrexa de Fazouro. Foto sacada de rebollingm.blogspot.com.es

O día 6 está xirando visita a esta parroquia o bispo. Era cura párroco Marcos Díaz.

Testemuñas son Domingo Nunes, que servía na igrexa por ausencia do fabricario, Domingo Sánchez e Antón Fernández, veciños da parroquia.

Froitos, valen anualmente 150 ducados dos que 1/3 son para o cura e o resto para o deán da Catedral.

O padroado está divido en tres partes de catro meses cada unha, cada unha delas correspóndelle ao Papado, Bispado e ao Deán.

Bens da Cura:

Unha casa onde chaman “la torriña, con su sobrado, bodega y caballeriça, corral, aira y guerta”.
Unha herdade, pegada a esta casa, dun ferrado “y testa en el camino que ba para Nois y en camino que ba para la mar”. Mais dous xornais de parra que está dentro desta herdade, “mas el tarreo do Amido que llebara una anega de pan de sembradura”.
Outro terreo en Paraxe dunha fanega “testa en bienes de Don Jacinto de Miranda y de Don Luis de Luaçes”.
Na Veiga de Condido, cinco ferrados “testa en el camino françes y en heredad de la fabrica”.
Na Veiga de Enxertos tres celamíns que linda co camiño francés.
Na Veiga do Castro unha fanega e que testa na Xunqueira e no río Ouro.
Unha fanega xunto á igrexa e que linda co camiño público.
Mas un tercio de las eredades que lleba el Cabildo en dicha feligresia que eran todas asta diez celemines de eredad”.
Tres cuartas partes dun xornal de viña na chousa de San Salvador, testa en fincas de Tomás de Cordido e en viñas de Mateo Mariño de San Cibrao.
Unha leira sita na Veiga das Pedragosas, que levará un ferrado, testa en leiras dos herdeiros de Xoán Mariño e de María López de Río.
Outra leira que son ¾ partes dun ferrado situada na Veiga do Castiñeiriño, testa en finca dos herdeiros de Pedro Doce de Losada e do convento de Santo Domingo de Viveiro.
Unha peza no lugar que chaman O Souto, levará un ferrado e linda co camiño público que vai para Nois.
Unha peza de herdade na Veiga de Vilarmea de medio ferrado que testa en herdade de Francisca da Pena, viúva de Bartolomeu Teixeira.

Bens da Fábrica:

Dous xornais de viñas onde din “la Cobela”.
Dous celamíns en “Castiñeira Marina”.
Unha leira dun ferrado “testa en el camino que ba par Façouro y en eredad de Alonso do Rio”.
Unha fanega de pan na Veiga dos Enxertos. Outra fanega de pan na mesma Veiga. Outro ferrado de pan na mesma Veiga e outra leira  dun ferrado.
Na Veiga de Area unha leira dun ferrado, outro ferrado na mesma leira “y otra eredad mansa en el Otero de Granda testa en el Camino Françes”.
Na Veiga de Pineira un ferrado que testa con propiedade de Álvaro de Luaçes.
En Vilarmea un celamín de pan que testa en “eredad de Pedro Douteiro y de Don Pedro de Miranda, señor de Guitiriz”.
Outra leira na mesma Veiga que lle chaman O Feal, testa no mar e leva un ferrado.
Na mesma Veiga,  “en donde diçen As Pedras”, medio celamín e linda con propiedade de Pedro de Miranda.
Unha leira onde lle chaman O Soutodeiro, dun ferrado que testa co camiño público.

Pagos por soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:

 “Otrosi dixeron que los que se entierran dentro de la dicha yglesia pagan a real las personas grandes y las pequeñas a medio. Otrosi dixeron que se paga de Fros por los que se mueren dentro de dich afeligresia del hombre la capa, capote o sayo y de la muger la saya o sayo  y sabana y esto se paga de Lutuosa y de Fros un ferrado de pan, otro de trigo y otro de mixo”.
O petitorio ten un valor anual de 57 reais, dos que leva a fábrica de Mondoñedo tres.
A poboación é  de corenta veciños.

Confrarías:

Unha a do Santísimo Sacramento, outra a de Nosa Señora do Rosario, outra a de San Roque e a do Nome de Xesús.

Ermidas:

Segundo as testemuñas hai dúas e unha compartida. As dúas propias son a de San Salvador e a de Santo Andrés e “otra de Santa Catalina de por mitad con Santa Cecilia, no saben quienes son sus patronos ni que hacienda tengan, estan bien conpuestas, ni tanpoco saben quien debe componerlas quando suceden arruinarse”.

Aniversarios:

Unha misa que deixara Xoán Rodríguez, cura que fora da parroquia, “sobre la casa y lugar de Villarmea que lleba Ana Rodriguez”.
Unha misa fundada por Catarina López, muller que fora de Xoán Fanego, “sobre el soto y prado dos Espiñeiros, con un responso reçado cada Domingo del año, perpetuamente”.
Unha misa fundada por Inés Fernández sobre unha peza de viñas sitas na chousa da Cubela.
Dúas misas fundadas por Xoán Golpe, “sobre el prado de Villarmea, tarreo das Quadras y viñas de Paraxe”.
Unha misa fundada por Francisco Sánchez de Moscoso, “sobre el lugar de Façouro, fenece la obligacion de esta misa en sus bisnietos”.
Dúas misas fundadas por Pedro Díaz de Moscoso sobre o mesmo lugar que a anterior.
Dúas misas fundadas por Andrés Sánchez de Fazouro, “sobre el tarreo de Condido y lugar de Façouro”.
Unha misa fundada por Domingo de Liñares sobre o lugar de Cabreira.
Dúas misas fundadas por Lázaro Rodríguez sobre os montes de Vilarmea.
Dúas misas fundadas por Elvira de Sa, muller que fora de Álvaro de Sá, sobre unhas viñas que tiñan en Paraxe.
Dúas misas fundadas por Pedro de Sá, sobre o terreo de Lama e a metade do terreo que posuía en Soutodoiro.
Unha misa fundada por Alonso de Sá sobre unha viña sita na chousa de San Salvador.
Dúas misas fundadas por María Basanta sobre as viñas que posuía en Barreiro e parte da súa casa sita en Vilarmea.
Unha misa fundada por Xoán Doce de Lousada sobre o terreo “de Painças, sito en Forxan”.
Unha misa fundada por Ana Fernández, filla de Pedro Díaz de Moscoso, “sobre su legitima en la que entra la parte que tenia en el lugar de Trasmonte, y en el lugar de Castineira Mariña”.
Unha misa fundada por Alonso Barata, o vello.
Unha misa fundada por Maior Rodríguez sobre unha peza de viñas en Mourente.
Unha misa fundada por Alonso García Parrado sobre “la viña Do Espiño en Paraxe”.
Outra misa fundada polo anterior sobre “la viña de Cubela”.
Dúas misas fundadas polo anterior cura párroco, Xoán Rodríguez, “sobre quatro jornales de viñas sitas en la Cubela y Paraxe”.
El licenciado Alonso de Otero, cura que fue de Santa Cecilia, mando la tercera parte del vino de cinco jornales de viñas sitas en la Cubela a las animas del purgatorio desta Yglesia cada un año”.

Estudantes e cregos mercenarios:

Hai un crego mercenario “llamado Alonso do Rio, ordenose a titulo de patrimonio y no ai estudiante alguno”.



A VISITA PASTORAL DE 1670 Á PARROQUIA DE SAN MARTIÑO.

Igrexa de San Martiño. Foto de Manuel Carnota.

Esta visita ten lugar o día 6 de agosto, atopando o señor bispo como cura párroco a Pedro Blanco de Castro e como capeláns atopou a Pedro de Solveira e Antón García.
Actúan como testemuñas Domingo Fernández de Valiño, Xoán Sánchez de Argomilla e Pedro Fernández de Mourente, todos veciños de San Martiño.
Os froitos do beneficio valen anualmente mil ducados e perténcenlle por enteiro ao Cabido, “el qual da la prior y cura de dicha yglesia diez mil maravedies y a los otros dos capellanes otros diez mill maravedies a cada uno”. Tanto o cura como os capeláns noméaos o Cabido.

Bens da Cura:

Otro si dixeron que dicha cura tiene una casa que esta junto a la yglesia con su sobrado, bodega y cavallariça con su corral, aira y guerta”.

Bens da Fabrica:

Non ten bens ningún xa que os leva todos o Cabido.
Padroado, en este concepto o prior paga ao bispo da cidade a cantidade de 32 celamíns de trigo.

Ornatos:

Tres cálices de prata coas súas patenas, un relicario de prata “para andar las procesiones y una caxa de plata que esta en la custodia que tiene el Santisimo; otra caxa de plata que sirve de llebar el beatico a los enfermos, una cruz grande de plata.

Confrarías:

A do Santísimo Sacramento, a da Nosa Señora do Rosario, a do Doce Nome de Xesús, a das Ánimas do Purgatorio.

Ermidas:

A do Bispo Santo en Forxán, “fundola San Gonçalo, obispo, de que es patron el Cavildo, no tiene acienda ninguna, esta decente y conpuesta para poder dicir misa”.
A da Madalena, no lugar da Ermida, non saben as testemuñas quen é o fundador, o patrón é o Cabido “y no esta decente ni se puede decir misa”.
A de San Miguel, sita en Rairiz “fundola Miguel de Otero, son patrones sus herederos estan obligados a repararla, no tiene acienda ninguna, esta decente y conpuesta para poder decir misa”.
A de San Lourenzo “sita donde diçen Ferreira, fundola Sancho Lopez de Moscoso, los herederos son patrones y estan obligados a repararla, no tiene acienda ninguna, esta decente y bien conpuesta para descir misa”.

Aniversarios:

Seis misas dotadas por Domingo López de Santiso, “sobre toda su acienda, que es una casa en redondo a la cruz de Rega  y sobre un tarreo de heredad que llaman de Suavila y sobre un quarto de lugar que llaman de Casa Nueva sita en San Martino”.
Outra misa rezada pola ánima de “Nicolao de Veiga, sobre la vina que esta junto a la Cruz, lleva los vienes Thomas Sanchez, escribano”.
Tamén hai fundadas oito misas “por los padres y abuelos de Don Antonio de Moscoso a dos reales por cada una sobre todos sus bienes y acienda según consta de las fundaciones”.
Tamén se mencionan doce misas fundadas polo crego Fernando Pillado, “sobre una casa de San Martino que tiene un pedaço de guerta, a pagar dos reales”.
Outra misa fundada por Álvaro de Linares, o día de San  Ildefonso, sobre unha viña que tiña en Forxán.
Outra, cantada, fundada por Xoán Rodríguez de Vilacendoi, pola que paga 4 reais.
Outra misa fundada por Dominga Díaz do Sisto, sobre unha viña na chousa de Cerdeira, págaa Domingo Freire e a filla de Xoán Amor.
Unha misa deixada por Xoán do Outeiro, de Rairiz, sobre “su acienda que esta junto a la ermita de San Miguel”, máis outra misa dotada sobre a mesma finca.
Outra fundada por Pedro Fernández do Campo da Feria, pola que se paga 5 reais, sobre o lugar de Pedro de Loureiro.
Outra misa fundada por Domingo Amor.
Outra que deixara Xoán García de Mourente e que paga Xoán Ramos dos Casas.
Outra que deixara María Fernández, muller que fora de Xoán de Cancelo.
Outra misa cantada, coa súa vixilia, fundada por Xoán Rodríguez de Vilacendoi, “de limosna cinco reales sobre los vienes de Villa Cendoi y do Coto”.
Outra fundada por Xoán de Otero de Reiriz.
Outras dúas que deixou Pedro Fernández de Liñares, crego, “sobre el lugar de Forxan en que vibe doña Dominga de Cancio”.

Na parroquia hai 150 veciños con viúvas e pobres.

Estudantes e cregos mercenarios:

Non hai ningún crego mercenario e hai tres estudantes, que son: Domingo de Solbeira, Antón Fernández e Diego Ares.


A VISITA PASTORAL DE 1670 ÁS PARROQUIAS DE CANGAS E CORDIDO.

Igrexa parroquial de Cangas. Foto sacada de www.panoramio.com


Para levar a cabo estes resumos das visitas pastorais empregamos como documentación base o volume segundo da visita pastoral xirada polo bispo don Lois Tello de Olivares (1669 a 1671), que puidemos consultar en pares.mcu.es dentro do apartado de Catedral de Mondoñedo.

SAN PEDRO  DE CANGAS.

A visita tivo lugar o día 7 de agosto dese ano, era por aquel entón cura párroco Sebastián Fernández.
Para coñecer o volume dos froitos, os ornatos e as propiedades da parroquia chámase a como testemuñas a   Antón de Mon, fabricario,  Alonso do Eixo e Domingo da Valiña.
O valor dos froitos que xenera este beneficio están valorados, segundo as testemuñas, en  300 ducados, que se dividen en 3 partes, unha para o cura, outras dúas son para o licenciado Lois Pardo, veciño de Celeiro de Viveiro “y otro octavo lo lleva Andres Sanchez, presbítero vecino de Santa Cecilia”.
O beneficio de San Pedro de Cangas é de presentación,  un mes pode presentar o papado e outro para o bispado, dependendo en que mes morra o cura párroco así lle corresponderá a presentación o bispado ou ao papado.

Herdades da Cura:

 “Otrosi dixeron que la cura de dicha iglesia tiene los vienes siguientes: una casa junto a la iglesia en que solia vivir dicho cura, que al presente esta mal compuesta por se aver quemado”.

Herdades da fábrica:

A fábrica da igrexa de San Pedro de Cangas carece de herdades.

Pagos por soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:

Cada vez que se soterra a un fregués págase, en concepto de soterramento 2 reais.
Tamén se paga a luctuosa, un imposto que había que aboar cando falecía o home ou a muller da casa,  “siendo hombres la mexor pieça de quatro pies que tuvieren y por ellos se alla y por las mujeres muriendose en vida de sus maridos no pagan nada, muriendose despues estando viudas deben lo propio por raçon de lutuosa”.
Tamén se paga polos defuntos un celamín de pan “por sus tercios de mixo, trigo y centeno y una res de un año y seis açumbres de vino teniendo viñas”. 
O petitorio alcanza, anualmente, a cantidade de 19 reais e tamén din que “por razón de cubierta los que se mueren pagan capon siendo hombres y por las mujeres pagan saya o sayo si le tienen”.
Mencionan que deben ser 40 veciños.

Ermidas:

Segundo as testemuñas “ai una hermita de Nuestra Señora de la Conception que fundo Domingo Paz de Ribela, de que es patron, no tiene vienes, acienda alguna, esta bien compuesta y decente”.
Aniversarios:
Mencionan as 4 misas que fundara  Mateo Mecía Alfeirán e Mariña Ianes de Cordido, sobre los bens do lagar, paga por elas Tomas Cao de Cordido.

Estudantes e cregos mercenarios:

Xoán de Otero, ordenado a patrimonista, Lois Paz tamén ordenado ao mesmo, estudante Xoán Bautista de Valmayor, fillo de Pedro Fernández Valmayor e Ágeda de Río.


SAN XIAO DE CORDIDO.

Visitada o 5 de agosto, era cura párroco Lourenzo de Moscoso e Omaña, que tamén o era de Nois.
As persoas convocadas como testemuñas son: Santiago López, Francisco Díaz e Domingo de Sa, todos veciños da parroquia.

Os froitos, segundo as testemuñas, teñen un valor anual de 80 ducados, dos que a metade son para o cura e a outra metade “la llevan prestameros legos y el obispo”.
A parroquia de Cordido é anexo á de San Xiao de Nois.

Herdades da fábrica:

Unha pegada á igrexa, de 3 celamíns, testa no camiño que vai para a igrexa e ao arredor dela.
Dúas herdades na veiga de Abelleira, de ferrado e medio, testan en herdade de Diego de Sanjurjo e en herdade que leva “Alfonso Diaz de Asmoas”.
Outra leira nesta mesma finca, de medio ferrado de pan, que testa en herdade de Diego Sanjurjo “y en eredades de la yndiana”.

Pagos por soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:

Segundo as testemuñas os pagos para soterrar son os seguintes: “los que se mueren y se mandan enterrar en dicha yglesia pagan dos reales todos generalmente y los que se mandan enterrar en la capilla mayor pagan diez reales y los niños a real y medio real”.
Do imposto coñecido como  Fros pagan o mesmo que os veciños de Nois.
O petitorio ten un valor anual  de  dous ducados e dan ao Cabido de Mondoñedo 3 reais.
Esta parroquia conta cun censo de 20 veciños.

Ornatos:

Na igrexa hai 2 Cálices de prata, 2 patenas, unha caixa de prata “en la custodia para andar en las procesiones”, unhas cismeiras de prata, dúas aras, unha caixa de chumbo, 2 mesas de corporais, “una bolsa de corporales de damasquillo de lana”, 2 misais e un manual, 2 vinagreiras. 2 tafetás para os cálices, “dos frontales de guadamil pintados, una cruz de alquima y un incensario de aramio”, unha campaíña de man, outra no campanario, 2 casullas de la, unha colorada e outra branca, coas súas estolas e manípulos, 2 albas, 2 amitos, 2 cínculos , “unas andas para los difuntos y otras para el patron”, uns manteis para o altar, unha saba pequena, unha mesa de revestir con dous caixóns.

Confrarías: 

Na parroquia hai dúas: unha a do Santísimo Sacramento e outra a de Nosa Señora do Rosario, no hai ermidas, nin tampouco  préstamos nin capelanías.
Aniversarios:

Unha misa de aniversario fundada polo avó de Ana de Sa e que paga ela “sobre el lugar y casa en que vive”.
 Outra misa de aniversario fundada por Pedro Diaz das Goas “sobre toda su hacienda que posee Pedro Diaz de Cordido, su nieto”.

Estudantes e cregos mercenarios:

Tan só un que se chama Xacobe Díaz das Goás, ordenado a patrimonio.



A VISITA PASTORAL DE 1670 Á PARROQUIA DE FOZ.

Igrexa de Foz. Foto sacada de www.verpueblos.es

Ten lugar o día 6 de agosto, er cura párroco Domingo López Pardo, que acompaña ao señor bispo.

Actúan como testemuñas: Xoán Blanco, primiciero. Andrés de Linares e Matías López.

Os froitos, tanto de cura como sen ela, valen un total de 2705 reais, “de los quales la quarta parte y mitad de las minudencias son con cura y los lleba y goça el”, o cura párroco e as outras ¾ partes son sen cura e lévaos o Cabido da Catedral de Mondoñedo, “y las dos quartas partes enteramente y de la otra las tres partes el colexio Seminario de la dicha Ciudad de Mondoñedo”.

A presentación compártena  entre o Cabido e o papado, un mes cada un.

Bens da Cura:

Unha peza de cortiña que leva 5 celamíns de pan, testa en propiedades que quedaron de Xoán López e Pedro González.
Unha leira na Veiga de Lourido, de 2 celamíns, testa en herdades que quedaron de Alonso Ramos e Sebastián Rebellón.
Outra leira de 4 celamíns, que linda con herdade de Álvaro López e Osorio.
Outra de 3 celamíns,  que linda con propiedades de Rodrigo Ramos e do mosteiro de San Martiño.
Na veiga dos Arnados unha herdade de dous celamíns que linda  con propiedades da fábrica da igrexa e de Sebastián Rebellón.
Unha leira en Marzán dun ferrado.
Unha leira, na veiga das Folgueiras, dun celamín que “testan en heredad de doña Aldonça”.
Na Veiga de Foz unha leira de dous celamíns .
Por todas estas herdades, que son da cura, recibe o párroco o pago anual de 5 celamíns.

Bens da Fábrica:

Na Veiga da Sara unha leira de tres ferrados que linda con propiedades dos herdeiros de Antón Ramos de San Cibrao e en propiedades de Domingo da Barreira.
Na Veiga da Cruz, unha herdade de 4 fanegas, “testa en el camino que ba de Foz para la veiga da Sara”.
Na veiga de Folgueiras unha herdade de 5 ferrados que testa con propiedades de don Carlos Carbaxal, por dous lados e por outro con propiedades de Xoán de Linares.
Na Veiga do Castro unha herdade a medias con Alonso Vázquez Osorio, dun ferrado, “que testa con heredad del foro de Portela y en heredad de los herederos de Juan Garcia de Bacoi”.
Unha peza dun celamín sita na Veiga de Lourido  que “testa en heredad de don Pedro Vermudez y en heredad de Juan Rodriguez Villarmea”. 
Na Veiga da Cadra un ferrado  que “testa en el camino que ba a la salseira y en heredad de Diego Sanchez de Mañente”.
Na Veiga da Cadra media fanega que linda con propiedade dos herdeiros de don Álvaro de Miranda, por dúas partes e por una con propiedade de Domingo da Barreira.
Preto da Veiga de Lourido, “testa en las cortiñas de Foz”, un ferrado de pan.
Na Veiga do Castro un ferrado , que linda en herdades do Cabido e de María Fernández de Río.
Na Veiga das Cangrexeiras unha fanega de pan “que testa en la ribera y en el camino françes que llaman das cangregeiras”.

Pagos por soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:

Cando morre un home na freguesía págase “capa o capote y por la muger saya, faldillo o mantilla de las tres pieças la mejor y de fros se paga asi mesmo media anega de trigo, media de pan, media de orxo, mijo o maíz, la qual lleba el cura la mitad y la otra mitad el Cabildo”.
 O petitorio vale 31 reais e o  número de veciños é de 44.

Ornatos da igrexa:

Nos ornatos menciona entre outros dous cálices de prata, un relicario de prata sobredourado para andar nas procesións do Santísimo,  “otro relicario pequeño para llevar el beatico a los enfermos. Una cruz grande de plata para las procesiones y otra de aramio”, tamén fai mención a “un cadaleito para los difuntos con su manto negro de paño fino”.

Confrarías:

Dúas, a do Santísimo Sacramento e a da Nosa Señora do Rosario.

Ermidas:

Unha é a de San Brais, “que fundô el oidor Saavedra de que es patron el Regidor don Antonio de la Varrera, esta bien compuesta y decente de la qual lleba el cura la mitad de las candelas y la otra a mitad dicho patron, que tiene obligacion de repararla”.
A outra ermida está dentro da igrexa, era a da Nosa Señora de Concepción, “ Y ay ansi mismo una capilla que fundo el Chantre Rebellon inclusa en la iglesia de esta dicha feligresía de Nuestra Señora de la Concepcion, con carga de tres misas perpetuas cada semana, es patron de ella don Alonso Vazquez Osorio vezino de esta feligresía, no tiene capellán fixo por no ser colativa ni nominativa y dicho patron manda decir dichas misas al clérigo que le parece”.

Aniversarios:

Dúas misas que deixou o crego Andrés García e paga Xoán García.
Dúas misas fundadas por Ines Díaz, muller que foi de Xoán de Redondo e que as paga Francisco López de Fondós.
Unha misa sobre dous xornais de viñas en Mourente, pagan os herdeiros do crego Andrés Sánchez.
Dúas misas que deixara Xoán López de Foz, págaas Pedro Ramos, “sobre la casa en que vive”.
Unha misa que debe pagar Xoán Bonete, veciño de San Cosme “por ella tres reales y un açumbre de vino sobre dos jornales de viña en el Cobelo”.
Unha misa deixada por Xoán Domínguez, “sobre el lugar en que vibio en Fondos, pagala su muger”.
Dúas misas fundadas por Xoán Osorio, sobre un terreo en Folgueiras, págaas os herdeiros de Carlos Carbajal.
Unha misa “sobre la mitad del prado de las Insoas” que paga Andrés García Valdés.
Dúas misas que mandara a muller de Xoán de Redondo, “sobre las cortinas y casas de Foz, paga Francisco Lopez Fondos”.
Dúas misas fundadas por María Rodríguez Condesa, sobre o lugar da Pena Parda.
Tres misas cantadas “una dia de Santiago, otra dia de San Lorenço y la otra el dia de la Asumpcion de Nuestra Señora que mando dona Mariana muger que fue de Pedro de Saavedra, cada una a quatro reales pagalas don Alonso Vazquez Osorio”.
Unha misa fundada pola muller de Andrés García Valdés, sobre a metade do prado das Insoas, que paga Pedro Díaz, xastre e veciño de Mondoñedo.
Unha misa fundada por Dominga Rodríguez muller que foi de Pedro Ramos sobre dous xornais de viñas en Mourente, págaa Andrés García do Foxo.
Unha misa fundada por Inés Díaz, muller que fora de  Domingo Pérez, págaa o seu home.
Unha misa fundada por Catarina Rodríguez, muller que fora de Gabriel Pérez, “sobre el lugar de Fontela en San Martino pagala Juan Garcia de Marçan”.
Unha misa mandada por María Pérez, muller que fora de Domingo Vizoso, sobre seis celamíns de herdade en San Cosme de Barreiros, págaa a muller que fora de Francisco Guerra.
Dúas misas que debe dicir o cura da parroquia “por el bien echor que mando al curato el tarreo del Rego de Foz paganlas los erederos de don Albaro de Miranda”.
Unha misa fundada por Arias Pardo Marqués, cura que foi desta freguesía “sobre el lugar en que vibia junto a San Blas”.
Unha misa fundada por Inés Rodríguez, muller que fora de Pedro Alonso, págaa o seu marido.
Unha misa fundada por Xoán López de Foz, sobre un xornal de viña “que dejo a la Cofradia de Nuestra Señora pagala el maiordomo de dicha cofradia”.
Catro misas fundadas por este mesmo home e que as paga Esteban Rodríguez de Viladaide.
Unha misa fundada por María López, muller que fora de Roque Alonso, “sobre el lugar do Castro que dejo a su ermano Santiago Cao”.
Dúas misas fundadas por Domingo da Barreira, sobre un terreo na Veiga de Pedrido “y una bina en Forxan”.
Unha misa fundada por Xoán Rodríguez de Marzán, sobre o lugar de Marzán, no que vive María Alonso.
Unha misa fundada por María González de Cartas, muller que fora de Roque Alonso, sobre unha herdade na Veiga do Castro.
Dúas misas de aniversario deixadas por María López de Fondos, sobre una casa e unha herdade xunto a ela que deixara a un neto seu.

Obras Pías:

Din as testemuñas que na freguesía hai “una obra pia, que dejo Andres Garcia, clerigo para casar doncellas pobres de su linaxe; y que cada una se le diesse ciento y cinquenta reales que es lo que se paga ahora, por aber ido a menos cabo dicha obra pia de que es patron el Licenciado Pedro Gonzalez de Moscoso y se cumple con ella”.

Estudantes e cregos mercenarios:

Hai na freguesía tres cregos mercenarios: Pedro González de Moscoso ordenado a título de beneficio, Francisco Pérez, ordenado a título de patrimonio e o terceiro Domingo de la Barrera, ordenado a título de patrimonio.
Tamén hai cinco estudantes:  Basilio Garcia “cursante en Salamanca”, o segundo é Andrés García Valdés, que está estudando en Oviedo, Francisco López Villapol, que tamén estaba estudando en Oviedo, Antón de Luaces, estudante en Mondoñedo e os irmáns Fernando e Alonso Osorio, ambos estudantes en Mondoñedo.  




A VISITA PASTORAL DE 1670 Á PARROQUIA DE NOIS.

Igrexa de Nois.   Foto sacada de galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es

Ten lugar o día 5 de agosto de 1670, era cura párroco a don Lourenzo de Moscoso e Omaña.
Dos froitos que xenera este beneficio o cura párroco leva unha sexta parte e o Cabido o resto.
Para coñecer o volume dos froitos, os ornatos e as propiedades da parroquia chámase a como testemuñas a Pedro de Almuiña, primicieiro da dita igrexa,  a Sebastián da Pena e Pedro da Pena, todos veciños de Nois.

Afirman que o beneficio de San Xiao de Nois é de libre colación dos señores bispos e do Papa. Se morre o cura párroco no mes que lle toca ao bispado será este quen nomee outro cura novo e se toca cando é o mes do papado será este quen nomee cura.

Bens da igrexa.

No lugar da Acaroada posúe unha leira de media fanega de pan que testa con herdade de Evaristo Méndez, crego e que lle traballa Alonso Barata.
Na Veiga da Toxoa dous ferrados de pan, testa con propiedades dos herdeiros de Catarina López e con herdade de Roi Fernández, o vello, veciño de Castelo.
Unha leira xunto á igrexa, dun ferrado de pan, testa no adro da igrexa e no camiño.
Na Veiga de Mean leva medio ferrado de pan, testa con propiedade dos herdeiros de Pedro Vidal e no camiño público. Nesa mesma veiga  medio ferrado de pan, testa con herdade de Alonso Barata e en propiedade dos herdeiros de Miguel Maseda.
Na herdade coñecida co nome de O Ventoeiro, de medio celamín de pan, testa en herdade de Rodrigo do Seixo e no “camino da Area Longa que ba para la cançela da Brea”.
Catro cuartos de viña en Entresilba que leva en foro Mateo Gómez e Xoán da Almoiña, pagan media fanega de trigo anualmente. Testa en herdade de Xoán López de Parga , outra dos herdeiros de Alonso da Riba e en viña de  Xoán Dourado.
No monte que chaman O Chao, media fanega de pan, testa por todas partes con herdade de Pedro García de Deán .
Onde chaman Os Salcedos un ferrado de pan que linda con propiedade de Pedro de Bao e os herdeiros de María Pérez Urtado.
Na herdade coñecida como Os Castros un ferrado de pan que testa en propiedade dos herdeiros de Pedro Vidal.
Outra peza de herdade “arriba del camino da Area Longa, que lleva un ferrado de pan de sembradur,a testa en heredad de Miguel Maseda”.
Unha peza dun ferrado onde lle chaman O Prado, dun ferrado, testa con propiedade do mosteiro de Santo Domingo de Viveiro e en herdade de Diego de Almoiña.
Unha peza de medio tego no lugar coñecido como Campelino, testa en herdade de Alonso Basanta e Pedro de Vao.
En Entresilba, un ferrado que “testa en el rego que viene de Cobas y ba para la mar”.

Pagos por soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:

As cantidades a pagar cando se soterra a un familiar son “que se paga a la fabrica por los difuntos que se entierran en el Coro de dicha iglesia dos ducados y por los muchachos a real; y por los mas que se entierran de dicho coro abajo se paga a dos reales y por los muchachos a medio real.  Otrosi dijeron que se paga por los que se mueren en dicha feligresía la muger la saya, capa o mantilla y el hombre la capa o capote la mexor pieça que tienen de vestir y de fros cada uno un ferrado de trigo, otro de pan, otro d emixo o maizo y quatro açumbres de vino labrando viñas y un rogelo de un año; de lo qual se lleba el cura la sesta parte”. 
Do petitorio que se realiza na igrexa calculan que se conseguen anualmente preto dos 44 reais dos que a fábrica de Mondoñedo leva 3 reais.
Otrosi dijeron que en dicha iglesia abra quarenta vecinos con biudas y pobres”.

Ornatos da igrexa:

 Para non mencionalos todos e facer pesado o traballo diremos que a igrexa de Nois tiña, entre outras moitas cousas, dous cálices de prata coas súas patenas. Unha caixa de prata na custodia, dous misais, un vello e outro novo, un incensario de aramio, un caldeiro pequeno de cobre para a auga bendita, “un cadaleito para los difuntos, unas crismeras de plata en una caxa de laton”, unha cruz de pau pintada, uns ferros vellos para facer ostias.

Confrarías:

Dúas, a do Santísimo Sacramento e a da Nosa Señora do Rosario.

Ermidas:

Dixeron que na freguesía hai unha coa “avocación del Señor San Juan, no tiene renta ni patron, esta bien compuesta”.

Aniversarios:

Un de catro misas perpetuas, que deixou Fernando Barata e que paga o seu fillo Alonso Barata “sobre unas vinas en a Cancela da Brea”.
Unha misa perpetua que deixou Fernando Ribadeneira “sobre el lugar de Cobas, pagalas Juan Lopez de Parga”.
Outras catro misas que deixaron Pedro de Castro e a súa dona, sobre os seus bens, páganas os herdeiros de Pedro Gómez Tomillo, veciños de Mondoñedo.
Outras catro fundadas polo mesmo matrimonio das que paga dúas Xoán de Almoiña, veciño de Cangas, e outras dúas Catarina Senra, veciña de Nois.
Tres misas que deixou Fernando Eixo da Barrosa, sobre os bens e montes de San Xoán de Brea, páganas os seus herdeiros.
Dúas misas que deixou Alonso da Riba e seu pai “sobre el lugar y los vienes de Moroi”, pagan Alonso da Riba e seus sobriños.
Tres misas que deixou Alonso Barata e súa dona, avós de María Fernández de Bao, hipotecadas sobres os bens que posuían en Fondo de Nois.
Catro misas que deixou Álvaro Méndez de Moscoso, cura que fora da freguesía, sobre “el lugar de Fondo de Nois que lleba don Pedro de Losada, vecino de San Pedro do Rio”.

Estudantes e Cregos mercenarios:


Antón Pardo Vaamonde, que se ordenara de patrimonio, e un estudante, Gabriel Núñez, fillo de Xoán Núñez.