A praia da Rapadoira foi e é o imán para o turismo do
noso concello. Algo que seguramente os nosos lectores pensen que é un fenómeno
reciente, pero non é así.
Nas Ordenanzas do Concello de Foz, do ano 1899, faise referencia
aos baños que se tomaban en Foz, intentando regular esta actividade. Mais non é
esta a primeira que se fala sobre o turismo de praia en Foz. Este tipo de
turismo ten un especial auxe na segunda metade do século XIX. Nesta época o noso concello convírtese nun punto de
destino para turistas da zona máis próxima (Mondoñedo, Lourenzá, Abadín ou
Vilalba) pero tamén para os residentes en Lugo. Esta masiva asistencia aos
baños provoca unha demanda de habitacións, que se solventa coa oferta que fan
as fondas existentes e co aluguer de casas particulares: “Los
baños de mar en el puerto de Foz están muy concurridos de algunos años acá,
tanto por las hermosas y cómodas playas de aquella costa y abrigos que ofrecen
las riberas del Masma en su desembocadura, como por la equidad en los alimentos
y posadas. Si tal vez por recelo de no encontrar casa en aquel pequeño pueblo
dejase alguno de aprovechar estos beneficios, se ofrece al que quiera tomar en
arriendo en la próxima temporada ó mas, dos casas sin habitantes, la una en el
Campo de la Cabaña á orillas de la ria, con cocina, cuadra, sala, ante – sala y
un cuarto bastante capaz; y la otra á un cuarto de legua, en el lugar de
Mourente con comodidad para una familia numerosa, y huerta amurallada con
árboles frutales. Una y otra tienen muebles y camas; los que quieran tomarlas ó
cualquiera de ellas puede dirigirse á don José Rodríguez Moscoso, de Rivadeo”.
(La Aurora del Miño, 1857, 18
de xuño).
Outra opción para tomar estes baños en Foz é realizar
unha viaxe de ida e volta o mesmo día, empregando para isto o servizo de
autobuses que existía con este fin. Así vemos un anuncio en 1918 que di: que “el día 19 del actual dará principio entre
esta (estase a referir a Lugo) y la
playa de Foz, un servicio alterno de autos para la conducción de bañistas”. O
día 31 do mesmo mes e ano dise “siguen
bajando de los pueblos que comprende este partido judicial (estase a
referir a Mondoñedo) y el de Villalba,
muchas personas que se dirigen a la playa de Foz, a tomar los baños. De esta
ciudad salen abarrotados los vehículos”. (El Progreso, 1918, 17 e 31 de agosto).
En 1919 vemos como se incrementará o número de
visitantes “desde el 15 del actual habrá
servicio automovilista de Mondoñedo à la playa de Foz, a donde todos los años
concurre una verdadera avalancha de bañistas”. (El Progreso, 1919, 12 de agosto)
Se miramos no ano 1930 podemos ver que son “muchas las personas de esta comarca que,
para hacer uso de los purificadores baños de mar, se trasladan a la espaciosa y
encantadora playa de Foz. Para cuyo fin ha inaugurado un servicio bi semanal de
automóviles el vecino de Castro de Riberas don Manuel Lamela Muinelo, pasando
por esta localidad (estase a referir a Xustás) a las seis de la mañana”. (El Progreso, 1930, 31 de agosto). En 1935,
e ante a masiva demanda deste servicio, o industrial mindoniense Freire
Amieiro, inauguraba “a partir del día 12
del mes de agosto establecerá un servicio especial de baños para la playa de
Foz”, este servizo ten saída ás 10 da mañá e o seu regreso pola tarde. (Vallibria, 1935, 21 de xullo).
Como temos comprobado Foz acolle a un grande número de
visitantes no verán, que veñen a descansar e a bañarse. Entre este incontable
número de veraneantes destacamos algún que outro visitante famoso. O primeiro
caso que puidemos atopar na prensa data do ano 1893 en que vemos como sae de
Lugo “con su familia para la playa de Foz, en donde pasará la temporada
veraniega, el ilustrado catedrático del Instituto de 2ª enseñanza don Armando
Miranda Palacio”. Probablemente pouca xente saiba que este catedrático era
primo de Armando Palacio Valdés, tal e como recolle Gonzalo Gómez Ferrer, no
seu traballo titulado Palacio Valdés
en los noventa, la quiebra del positivismo (1987), no que recolle e transcribe unha carta que Palacio
Valdés envía ao seu primo, Armando Miranda Palacio. ( El Lucense, 24 de setembro)
Outra familia famosa que chega a nosa praia, aínda que
tan so de visita, é a dos señores
O’Shea, que vemos como chegan a Foz o 25 de agosto en “viaje escursión a la playa de Foz, el joven secretario de este concejo
don Alfredo Anllo, don Germán Anllo Verdes y parte de la servidumbre de los
señores de O’Shea y Verdes Montenegro que actualmente se encuentran veraneando
en su magnífica y señorial casa – palacio de Sistallo”. (O pazo de Sistallo
atópase no concello de Cospeito, trátase dun edifico de estilo barroco do XVII
mandado construír polo ministro de Finanzas don Fernando Verdes Montenegro). (El Progreso, 1921, 25 de agosto).
En 1926 vemos como “salió para la playa de Foz, donde se propone pasar el verano, el
comandante auditor del Cuerpo Jurídico de la Armada, don Jesús Cora Lira, con
su señora y su sobrina Mina”. (El
Correo de Galicia, 1926, 15 de agosto).
Un visitante inesperado chega a esta praia no ano 1933
cando unha avioneta militar que ía con dirección a León, tripulada polo capitán
Pérez Pardo, “aterrizó anteayer en la
playa de Foz, debido a la falta de gasolina”. (El pueblo gallego, 1933, 14 de xullo).
A maior parte dos visitantes que chegaban aos nosos areais eran de Mondoñedo, así nolo conta no ano 1918
Antonio de Cora nun artigo titulado “Los
encantiños de Mondoñedo”, no que di: “una
piña de encantiños mindonienses veranea en la playa de Foz. Esta playa se ha
convertido en una continuación del paso de los Remedios. Solo que la playa está
más animada aunque menos concurrida". (El
Progreso, 1918, 25 de agosto).
Mais para que a praia de Foz seguise actuando como imán turístico era
necesario dotala de infraestruturas. Así vemos como no ano 1917, e co único fin
de atraer a máis turistas e conservar os que había, o concello ofertaba
actuacións musicais “en el pabellón
veraniego instalado en la playa de Foz viene actuando con gran éxito el afamado
duetto “Los Olimpia””. (El
Progreso, 1917, 24 de agosto). Outra das infraestruturas que se levan a
cabo neste ano é a construción dunha rampa que permita o aceso á praia dende a
estrada “muy pronto deben empezar las obras de la rampa que ha de unir la playa
de Foz con la carretera”. (El Progreso,
1917, 14 de xullo). Os comerciantes locais solicitaron que estas obras se
realizasen no verán porque as mareas non son tan altas, porque hai máis horas
de luz e porque as terras que deben de ser expropiadas aínda teñen os cultivos
sen recoller.
Outra infraestrutura necesaria era un camiño que unise
o porto de Foz coa praia, algo que empezará a coller corpo a fins do ano 1935,
“se trata de una obra de gran neccesidad
ya que por el barrio de los pescadores va desde el comienzo de la zona del
muelle a la principal playa de Foz”. (El
Pueblo Gallego, 1935, 9 de setembro). Había máis de dez anos que a
Sociedade de Socorros Mutuos solicitara ante a Deputación Provincial a
construción deste camiño. Segundo alegara
a Deputación Provincial a Sociedade non puxera os cartos que lle correspondía
poñer. Cando a Sociedade aporta o pago correspondente e despois de que os donos
das fincas por onde ía pasar ese camiño deran a súa autorización para levar a
cabo as expropiacións todo parece indicar que se poden levar a cabo as obras do
citado camiño. Estas serían encargadas ao señor Meijide, que era o que estaba
realizando a obra do muro que unía a estrada coa farola de Foz.
As fotografías que ilustran este artigo pertencen á colección de Xesús Basanta Martínez. A primeira delas aparece publicada no libro Foz, a xanela dos nosos devanceiros e a segunda forma parte da exposición permanente de fotos antigas de Foz
No hay comentarios:
Publicar un comentario