![]() |
Igrexa de Foz. Foto sacada de www.verpueblos.es |
Ten
lugar o día 6 de agosto, er cura párroco Domingo López Pardo, que acompaña ao
señor bispo.
Actúan
como testemuñas: Xoán Blanco, primiciero. Andrés de Linares e Matías López.
Os
froitos, tanto de cura como sen ela, valen un total de 2705 reais, “de los quales la quarta parte y mitad de las
minudencias son con cura y los lleba y goça el”, o cura párroco e as outras
¾ partes son sen cura e lévaos o Cabido da Catedral de Mondoñedo, “y las dos quartas partes enteramente y de la
otra las tres partes el colexio Seminario de la dicha Ciudad de Mondoñedo”.
A
presentación compártena entre o Cabido e
o papado, un mes cada un.
Bens
da Cura:
Unha
peza de cortiña que leva 5 celamíns de pan, testa en propiedades que quedaron
de Xoán López e Pedro González.
Unha
leira na Veiga de Lourido, de 2 celamíns, testa en herdades que quedaron de
Alonso Ramos e Sebastián Rebellón.
Outra
leira de 4 celamíns, que linda con herdade de Álvaro López e Osorio.
Outra
de 3 celamíns, que linda con propiedades
de Rodrigo Ramos e do mosteiro de San Martiño.
Na
veiga dos Arnados unha herdade de dous celamíns que linda con propiedades da fábrica da igrexa e de
Sebastián Rebellón.
Unha
leira en Marzán dun ferrado.
Unha
leira, na veiga das Folgueiras, dun celamín que “testan en heredad de doña Aldonça”.
Na
Veiga de Foz unha leira de dous celamíns .
Por
todas estas herdades, que son da cura, recibe o párroco o pago anual de 5
celamíns.
Bens
da Fábrica:
Na
Veiga da Sara unha leira de tres ferrados que linda con propiedades dos
herdeiros de Antón Ramos de San Cibrao e en propiedades de Domingo da Barreira.
Na
Veiga da Cruz, unha herdade de 4 fanegas, “testa
en el camino que ba de Foz para la veiga da Sara”.
Na
veiga de Folgueiras unha herdade de 5 ferrados que testa con propiedades de don
Carlos Carbaxal, por dous lados e por outro con propiedades de Xoán de Linares.
Na
Veiga do Castro unha herdade a medias con Alonso Vázquez Osorio, dun ferrado, “que testa con heredad del foro de Portela y
en heredad de los herederos de Juan Garcia de Bacoi”.
Unha
peza dun celamín sita na Veiga de Lourido que “testa
en heredad de don Pedro Vermudez y en heredad de Juan Rodriguez Villarmea”.
Na
Veiga da Cadra un ferrado que “testa en el camino que ba a la salseira y en
heredad de Diego Sanchez de Mañente”.
Na
Veiga da Cadra media fanega que linda con propiedade dos herdeiros de don Álvaro
de Miranda, por dúas partes e por una con propiedade de Domingo da Barreira.
Preto
da Veiga de Lourido, “testa en las
cortiñas de Foz”, un ferrado de pan.
Na
Veiga do Castro un ferrado , que linda en herdades do Cabido e de María
Fernández de Río.
Na
Veiga das Cangrexeiras unha fanega de pan “que
testa en la ribera y en el camino françes que llaman das cangregeiras”.
Pagos por
soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:
Cando
morre un home na freguesía págase “capa o
capote y por la muger saya, faldillo o mantilla de las tres pieças la mejor y
de fros se paga asi mesmo media anega de trigo, media de pan, media de orxo,
mijo o maíz, la qual lleba el cura la mitad y la otra mitad el Cabildo”.
O petitorio vale 31 reais e o número de veciños é de 44.
Ornatos da
igrexa:
Nos
ornatos menciona entre outros dous cálices de prata, un relicario de prata
sobredourado para andar nas procesións do Santísimo, “otro
relicario pequeño para llevar el beatico a los enfermos. Una cruz grande de
plata para las procesiones y otra de aramio”, tamén fai mención a “un cadaleito para los difuntos con su manto
negro de paño fino”.
Confrarías:
Dúas, a do
Santísimo Sacramento e a da Nosa Señora do Rosario.
Ermidas:
Unha
é a de San Brais, “que fundô el oidor
Saavedra de que es patron el Regidor don Antonio de la Varrera, esta bien
compuesta y decente de la qual lleba el cura la mitad de las candelas y la otra
a mitad dicho patron, que tiene obligacion de repararla”.
A
outra ermida está dentro da igrexa, era a da Nosa Señora de Concepción, “ Y ay ansi mismo una capilla que fundo el
Chantre Rebellon inclusa en la iglesia de esta dicha feligresía de Nuestra Señora
de la Concepcion, con carga de tres misas perpetuas cada semana, es patron de
ella don Alonso Vazquez Osorio vezino de esta feligresía, no tiene capellán
fixo por no ser colativa ni nominativa y dicho patron manda decir dichas misas
al clérigo que le parece”.
Aniversarios:
Dúas
misas que deixou o crego Andrés García e paga Xoán García.
Dúas
misas fundadas por Ines Díaz, muller que foi de Xoán de Redondo e que as paga
Francisco López de Fondós.
Unha
misa sobre dous xornais de viñas en Mourente, pagan os herdeiros do crego
Andrés Sánchez.
Dúas
misas que deixara Xoán López de Foz, págaas Pedro Ramos, “sobre la casa en que vive”.
Unha
misa que debe pagar Xoán Bonete, veciño de San Cosme “por ella tres reales y un açumbre de vino sobre dos jornales de viña en
el Cobelo”.
Unha
misa deixada por Xoán Domínguez, “sobre
el lugar en que vibio en Fondos, pagala su muger”.
Dúas
misas fundadas por Xoán Osorio, sobre un terreo en Folgueiras, págaas os
herdeiros de Carlos Carbajal.
Unha
misa “sobre la mitad del prado de las
Insoas” que paga Andrés García Valdés.
Dúas
misas que mandara a muller de Xoán de Redondo, “sobre las cortinas y casas de Foz, paga Francisco Lopez Fondos”.
Dúas
misas fundadas por María Rodríguez Condesa, sobre o lugar da Pena Parda.
Tres
misas cantadas “una dia de Santiago, otra
dia de San Lorenço y la otra el dia de la Asumpcion de Nuestra Señora que mando
dona Mariana muger que fue de Pedro de Saavedra, cada una a quatro reales
pagalas don Alonso Vazquez Osorio”.
Unha
misa fundada pola muller de Andrés García Valdés, sobre a metade do prado das
Insoas, que paga Pedro Díaz, xastre e veciño de Mondoñedo.
Unha
misa fundada por Dominga Rodríguez muller que foi de Pedro Ramos sobre dous
xornais de viñas en Mourente, págaa Andrés García do Foxo.
Unha
misa fundada por Inés Díaz, muller que fora de
Domingo Pérez, págaa o seu home.
Unha
misa fundada por Catarina Rodríguez, muller que fora de Gabriel Pérez, “sobre el lugar de Fontela en San Martino
pagala Juan Garcia de Marçan”.
Unha
misa mandada por María Pérez, muller que fora de Domingo Vizoso, sobre seis
celamíns de herdade en San Cosme de Barreiros, págaa a muller que fora de
Francisco Guerra.
Dúas
misas que debe dicir o cura da parroquia “por
el bien echor que mando al curato el tarreo del Rego de Foz paganlas los
erederos de don Albaro de Miranda”.
Unha
misa fundada por Arias Pardo Marqués, cura que foi desta freguesía “sobre el lugar en que vibia junto a San Blas”.
Unha
misa fundada por Inés Rodríguez, muller que fora de Pedro Alonso, págaa o seu
marido.
Unha
misa fundada por Xoán López de Foz, sobre un xornal de viña “que dejo a la Cofradia de Nuestra Señora
pagala el maiordomo de dicha cofradia”.
Catro
misas fundadas por este mesmo home e que as paga Esteban Rodríguez de
Viladaide.
Unha
misa fundada por María López, muller que fora de Roque Alonso, “sobre el lugar do Castro que dejo a su
ermano Santiago Cao”.
Dúas
misas fundadas por Domingo da Barreira, sobre un terreo na Veiga de Pedrido “y una bina en Forxan”.
Unha
misa fundada por Xoán Rodríguez de Marzán, sobre o lugar de Marzán, no que vive
María Alonso.
Unha
misa fundada por María González de Cartas, muller que fora de Roque Alonso,
sobre unha herdade na Veiga do Castro.
Dúas
misas de aniversario deixadas por María López de Fondos, sobre una casa e unha
herdade xunto a ela que deixara a un neto seu.
Obras
Pías:
Din
as testemuñas que na freguesía hai “una
obra pia, que dejo Andres Garcia, clerigo para casar doncellas pobres de su
linaxe; y que cada una se le diesse ciento y cinquenta reales que es lo que se
paga ahora, por aber ido a menos cabo dicha obra pia de que es patron el
Licenciado Pedro Gonzalez de Moscoso y se cumple con ella”.
Estudantes
e cregos mercenarios:
Hai
na freguesía tres cregos mercenarios: Pedro González de Moscoso ordenado a
título de beneficio, Francisco Pérez, ordenado a título de patrimonio e o
terceiro Domingo de la Barrera, ordenado a título de patrimonio.
Tamén
hai cinco estudantes: Basilio Garcia “cursante en Salamanca”, o segundo é
Andrés García Valdés, que está estudando en Oviedo, Francisco López Villapol,
que tamén estaba estudando en Oviedo, Antón de Luaces, estudante en Mondoñedo e
os irmáns Fernando e Alonso Osorio, ambos estudantes en Mondoñedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario