Buscar este blog

viernes, 14 de marzo de 2025

TORMENTAS QUE ASOLARON A MARIÑA DE LUGO.

 


Nestes tempos que corren ímonos acostumando a que as tormentas sexan máis intensas, máis prolongadas e máis habituais.

Para uns esta situación responde a un cambio climático e para outros esa razón non existe, por non existir nin existe o cambio climático; alá eles.

Neste artigo non imos abordar ese tema senón que amosaremos as desfeitas ocasionadas por algunhas das moitas tormentas que descargaron na nosa Mariña.

Para comezar, por comezar por algún sitio, deberíamos empezar na tormenta que descarga o 13 de xuño de 1887. Tal foi o grao de desfeita alcanzado na parroquia de San Cosme de Barreiros que a Deputación Provincial acordaba, o 27 de novembro de 1888, condonar o cobro da contribución de inmobles para aliviar a situación económica dos habitantes desa parroquia.

Tres anos despois desta primeira tormenta documentada, en 1890, un novo temporal descargaba na Mariña; tal foi o volume de auga caído que moitos dos ríos desbordaron provocando desfeitas en vías e prados. Como exemplo collemos o que acontece en Nois, a parroquia onde se sentiron con maior forza esas choivas. A consecuencia delas quedaron “los campos asolados y la carretera completamente destruída en partes, que imposibilitan el tránsito” (El Regional. 1890/26/09).

Impresionantes, e incontable, foron as desfeitas da tormenta de xaneiro de 1897, tanto que merece a pena lelas en primeira persoa na prensa do momento “En Vivero se desbordó el río Landrove, hasta el punto que fue preciso utilizar una barca para pasar por la carretera en las inmediaciones del puente que toma el nombre de aquel río. La corriente arrastró varios castaños y se llevó gran cantidad de tierra y algunos sembrados. En Mondoñedo, la crecida del Valiñadares dejó el camino intransitable, arrastrando árboles y tierras. En el lugar de Bouzas, que está en la cuenca de ese río, una bolsa de agua levantó tal cantidad de pizarra que se calcula en miles de carros la movida por el agua.

El río Masma causó muchos destrozos, y en la misma parroquia otra bolsa de agua movió, de tal modo, un prado secano de un ferrado de extensión, que lo trasladó, casi intacto, a un terreno inmediato” (El Eco de Santiago. 1897/23/01).

O comezo do novo século non remata coas desfeitas produto de impresionantes tormentas. Así, o 17 de setembro de 1905,ás tres da mañá, abríase o ceo deixando caer toda a auga que tiña acumulada. Na prensa do momento podemos ler que “en muchos sitios fue necesario subir las reses a las habitaciones, donde momentos antes descansaban aquellas pobres gentes. En otros dio tiempo, aunque medio nadando, a llevar las vacas y terneros a sitios altos y dejarlos amarrados a árboles. Algunos cerdos, por ser animales más cortos de pata perecieron ahogados.

Los puentes, todos los que encontró al paso esta avenida, los barrió con tanta limpieza que en algunos solo se sabe que existió allí puente por algún resto de estribo de cantería. Solo respetó los de la carretera. Esta, en el trozo de San Lázaro a Adelán, sufrió muchos desperfectos, algunos de consideración como uno en Viloalle donde 40 metros quedaron sin señales de haber sido nunca carretera. Allí se hace el tránsito por un maizal que aunque fangoso resultaba ahora más seguro y visible que la carretera. En otros mil sitios quedó tan descarnada, que el tránsito a pie resulta molesto, y en carruaje imposible.

El río Masma, a donde van todos estos ríos y otros que hay en el corto trecho de seis kilómetros, no es un río fuera de madre, sino un mar inmenso que se extiende hacia Foz llevando cada vez más anchura” (El Norte de Galicia. 1905/20/09). O que resulta máis curioso é que a tormenta comeza ás tres da mañá e remata ás catro, polo tanto, nunha hora foi capaz de causar tanta desfeita.

Desgracias humanas atopámolas cunha tormenta de 1910, polo menos no concello de Foz.

Era unha tarde soleada de comezos da segunda quincena do mes de setembro cando, así, de maneira imprevista, comezou a ennegrecerse o ceo e caer unha tormenta acompañada de moitos raios. Ramón Gómez Mariño, un labrador de Vilaronte, estaba cargando un carro con trigo xunto coa súa filla. Faltáballe pouco para rematar, tal vez pensou iso, e podería marchar para a casa e salvar o gran, pero cando o mal anda solto todo pode pasar e “una chispa cayó en las proximidades del grupo ... el labrador quedó muerto, y su cadáver carbonizado y una de las vacas también murió, resultando ilesa la muchacha  y otra de las vacas” (Nova Galicia. 1919/18/07).

Ao comezar o ano de 1917 volvéronse a experimentar na Mariña outras tormentas que viron incrementado seu poder destrutivo ao coincidir co desxeo das neves da serra do Xistral, o mesmo lugar onde ten o seu nacemento o río Masma. As choivas caídas o 18 de xaneiro e a auga procedente do citado desxeo desbordaron os leitos de tódolos ríos. En Foz, desembocadura do Masma, foi  onde se sentiu con maior forza esas choivas; a auga chegou “a una altura considerable, como no se recuerda en aquella comarca.

Las fincas enclavadas en las márgenes de los ríos fueron anegadas perdiéndose los frutos sembrados. Como el fruto era trigo, en su mayoría, los propietarios calculan las pérdidas en mas de cincuenta mil pesetas” (El Eco de Santiago. 1917/03/01).

Seis anos despois, esta vez no mes de xuño, as parroquias de Cedofeita, Covelas, Arante e Couxela foron as que padeceron con maior intensidade a descarga de choivas, e polo tanto, as desfeitas que estas ocasionaron. A prensa falaba dunhas perdas próximas ao medio millón de pesetas, que moito nos parece para o ano 1923.


 
Anteriormente falabamos que nunha hora, entre as tres e as catro da mañá, unha forte treboada causara fondas desfeitas, pero as nubes non  necesitan tanto tempo para provocar desgracias. En 1948, no mes de maio “a las once y media de la mañana del día 21, descargó sobre Foz una tormenta tan fuerte que en un cuarto de hora de lluvia intensa se inundó la carretera, el campo y las calles que bajan al muelle, alcanzando el agua una altura de 15 centímetros y en algunos sitios hasta 25 centímetros, arrastrando ramajes, tierras, verduras y enormes piedras, causando verdadera inquietud en todo el pueblo. Muchas viviendas de planta baja fueron desalojadas. En el comedor de Auxilio Social causó daños de alguna consideración al mojarse varias sacas de harina que había depositadas para el consumo de dicho centro. En el cuartel de la Guardia Civil, para sacar los caballos, fue necesario abrir un boquete por el piso para poder entrar a recoger los animales, ya que por la puerta se hacía imposible, porque la fuerza del agua arrastraba a quienes intentaban pasar.

A la media hora cesó la tormenta. Los daños son de bastante consideración, especialmente en los sembrados. Afortunadamente no hubo que lamentar desgracias personales” (El Progreso de Lugo. 1948/23/05).

Pero, se tivésemos que elixir unha tormenta entre todas esa sería a do ano 1761, que descargou en Mondoñedo entre os días 9 e 11 de setembro.

O historiador Henrique Flórez da conta deste suceso no volume 18 da súa obra La España Sagrada, relato que imos empregar pois a persoa que lle facilita  a documentación, o cóengo da catedral Félix Villaamil, foi testemuña presencial.

Ao caer a tarde do día 9 de setembro as nubes e a néboa van oscurecendo a cidade de Mondoñedo ata que de noite “empezaron tan espantosos relampagos y truenos y tal diluvio de aguas, que abriendo profundas escabaciones en los montes, rompiendo las cercas de las huertas y cerrando las antiguas corrientes con los despojos que rodaban de las alturas, introdugeron en las calles con espantoso ruido, troncos, peñas de enorme peso y tal cantidad de tierra y de cascajo, que igualó los quartos principales de las casas sitas en las calles mas bajas, quedando algunas enteramente deshechas, otras sepultadas entre el cieno y la broza”, (Flórez, H.: España Sagrada, Vol. XVIII, páx. 283). 

(Fotografía de Moncho Rey en Flickr. Tormenta en Fazouro)

Trala tormenta chegou o momento de avaliar as perdas e poñerse mans á obra na reconstrución. O cabido catedralicio dispuxo inmediatamente unhas rogativas aos santos para acabar cas choivas ao mesmo tempo que pedía resignación. O concello, pola súa parte, aporta unha considerable cantidade económica, de igual maneira que fixo o Cabido, para arranxar todo o que quedara devastado, ambas axudas económicas non foron suficientes tendo que recorrer ao rei Carlos III, quen designa a cantidade de 145.000 reais para que volvese á normalidade Mondoñedo.

O máis tráxico desta tromba de auga non foron as desfeitas materiais senón as cinco vidas que se levou por diante: a de Rosa López, filla de Xosé Ventoso e natural de San Xorxe de Lourenzá, criada do licenciado Pedro Paro; a de Antía Orosa, viúva, veciña de Mondoñedo e que deixaba un neno menor dos 12 anos; a de Ana Antía Orosa, filla da anterior, de 20 anos; a de Salvador do Vale e Francisco Folgueira, ambos casados e veciños de Mondoñedo e a de María Xoana Alonso, veciña da cidade, todos “fallecieron a consecuencia de una gran terremoto de agua que sucedio en este ciudad sin poder recibir los Santos Sacramentos”, así o podemos ler no libro 5 de defuncións da cidade Mondoñedo.

O concello propuxo canaliza-lo río Sixto ao seu paso pola cidade de Mondoñedo, tal e como levaron a cabo, coa idea de que esta obra remataría coas inundacións, pero o 5 de xullo de 1775 unha nova tromba de auga case consegue desfacer a ponte de Ruzos, a famosa Ponte do Pasatempo, que “el alubion de la citada tarde del dia cinco desmorono el petril del expresado Puente de Ruzos, que se halla a la mano yzquierda arrojando su material al zentro del rio (...) que por el bajo se escavaron los zimientos del propio puente, principiaron a caher algunas piedras del arco de que se compone” (Arquivo Municipal Mondoñedo, Actas xullo 1775).

Todo o que levamos relatado son pequenos exemplos das moitas tormentas que asolaron a Mariña de Lugo.