Hoxe imos abordalo
tema da disipada vida dun cura párroco que viviu na nosa Mariña na primeira
metade do século XVIII, estamos a falar de Tomás Moscoso e Omaña. Cando vemos
por primeira vez o seu nome sabemos que pertence á familia dos López de
Moscoso, xerme do condado de Fontao e que polo tanto vai estar vinculado co
noso concello.
En concreto sabemos
que o protagonista deste artigo era fillo de Lourenzo Moscoso Omaña e Ulloa, “dueño de las casas y Palacio de Fontao
xurisdizion y coto del mismo nombre, la de Ferreyra y acomulativo de la de San
Martin de Mondoñedo, vezino que al presente soy de la feligresia de Santa
Cecilia xurisdizion de Santiago de Foz” [1]
e da súa primeira muller María Andrea Pardo e Lemos.
Lourenzo Moscoso
casará en segundas nupcias con María Xoana de Guevara e Montenegro, a esta
segunda esposa deixaralle varios bens no seu testamento (outorgado en Santa
Cilla o día 4 de agosto de 1732 ante o escribán Lois Fernández Cordido, veciño
da mesma parroquia) que deberán recaer nos fillos de Lourenzo e da súa primeira
muller, pois coa segunda tivo unha filla que morrera ao pouco tempo de nacer.
Do matrimonio entre
Lourenzo Moscoso e María Andrea Pardo quedaron os seguintes fillos:
- Antón Moscoso e Omaña,
primoxénito, continúa coa liña paterna ao que o sucede o seu primoxénito Xosé María
Moscoso Omaña.
- Xoán Antón Moscoso e Omaña, que
aparece mencionado co cargo de coadxutor na catedral mindoniense.
-
Francisco Moscoso, este fillo será
o que herde os bens que seu pai deixara para a segunda esposa. Foi elixido el
por “ser el menos acomodado de los que
quedaron del referido don Lorenzo Moscoso, su padre, y de su mencionado primer
matrimonio”.A elección queda clara cando o citado Lourenzo manda que se
elixa en:” primer lugar suceda en los dichos vienes, despues de la citada mi
muger, don Francisco Moscoso, coadjutor en la Santa Cathedral de la Ciudad de
Mondoñedo, mi hijo, y despues como dicho queda otro qualquiera de mis hijos”.
Francisco accede ao cargo de coadxutor a principios do ano de 1730, “sobrino de Juan Moscoso, fue admitido como
coadjutor, con derecho de sucesión, de éste, en virtud e Bula y mandamiento
ordinario”. Este citado Xoán Moscoso, tío de Francisco, tiña que ser o
mesmo ao que se refire Cal Pardo cando di que trala morte, o día 14 de marzo de
1719, do cóengo don Fernando Osorio e Rebellón “tomó posesión de su canonjía Juan Moscoso y Omaña, que había sido su
coadjutor”[2].
-
Tomás Moscoso e Omaña, cura
párroco de Xove e Lago.
A vida de Tomás
Moscoso Omaña e Lemos debeu de ser tranquila e doce ata que o bispo Antón
Alexandro Sarmiento de Soutomaior lle abre un expediente disciplinario con
graves consecuencias.[3]
O citado documento
foi redactado na vila de Viveiro o día 5 de outubro de 1741 e nel podemos ler
como o bispo don Antón Sarmiento de Soutomaior, na visita pastoral xirada a esa
zona, afirma que xa fóra informado da actitude que mantiña o cura párroco de Lago e de Xove,
o noso protagonista. Segundo se afirma no escrito don Tomás “vive con desenvoltura, con repetidos actos
torpes, que ha tenido, ansi con una criada que ha tenido antes de aora llamada
Andrea Lopez, hija de Blas Gonzalez, carpintero, vezino de dicha feligresia de Balsa,
de que resultò hazerse preñada dos vezes, como con otra que actualmente tiene en
casa, a quien llaman Alexandra en dicha feligresia la que se hizo preñada en
este presente año y pariò en la dicha feligresia de Silan, restituyendose luego
despues del parto a casa de dicho cura. Sale a deshora y altas horas de la
noche a las trahiñas; sin envargo de estarles prohibido con excomunion maior
lata sententia, mil maravedis de multa y un mes de carcel por el auto de visita
que hizo su Ylustrisima en aquella parroquia, a que tambien concurren mugeres a
quienes assimismo se les prohibiò, para precaver los muchisimos pecados, que se
cometen con esta concurrencia. No tiene el zelo que debe en la administrazion
de los Santos Sacramentos a los parroquianos; ni aun permite que otros lo hagan”.
Tres son os cargos
que se lle imputan: vida disipada e ter embarazado a dúas mulleres.
O segundo cargo
trátase de cobros irregulares, polo que parece don Tomás cobraba máis que os
curas das parroquias veciñas por impartir o sagrados sacramentos, aparte disto,
negábase a que os presbíteros da parroquia ou coadxutores se encargasen de
impartir os sacramentos, quedándose polo tanto el con todos os cartos
recibidos.
Tal vez o cargo que
nos chame máis a atención é o de acudir ao porto cando chegaban as traíñas a
porto.
O bispo Sarmiento
(1728 – 1751) do que nos quedan grandes obras pagadas por el, estoume a referir
ao hospital de San Paulo, a ermida e a fonte dos Remedios, o cárcere de
Mondoñedo ou o pazo do Bo Aire en Masma, entre outras cousas, tamén foi un
bispo de estrito carácter. Lence Santar chegou a afirmar del que era “de gran talento y cultura y un gran
polemista; pero fue también un hombre intransigente, terco, violento y dictador”,
unha opinión contraria a esta foi a do cronista oficial de Mondoñedo Francisco
Mayán, quen chegou a afirmar que este bispo “no fue un hombre vulgar, ni tampoco una medianía, sino un Obispo
extraordinario, un reformador, un genio”.[4]
Non estamos nós
capacitados para opinar sobre o perfil psicolóxico do bispo Sarmiento pero o
que si podemos dicir é que fixo fincapé sempre en manter separados os dous
sexos. Entre os moitos mandatos de Sarmiento hai un que estipula que os homes
que vaian segar a Castela non poden ir acompañados de mulleres, a non ser que
sexan as súas esposas e que podan demostralo documentalmente. Tampouco permite
que as mulleres se acheguen pola noite ás faenas de descarga das traíñas.
Supoñemos que como esta operación se realizaba cando xa era noite e polo tanto
case que imposible de controlar ás persoas se producían moitos actos de
contacto carnal. Entendemos que o bispo prohiba acudir ás mulleres a estas
faenas pero non entendemos cal é a razón pola cal os curas párrocos non poidan
ir, a súa presenza debería bastar para calmar tanta excitación.
Na nosa humilde
opinión coidamos que o señor bispo Sarmiento debería terse preocupado máis polas condicións de salubridade ou
laborais das persoas que viaxaban a Castela que por si ían ou non acompañados
de mulleres.
DETENCION.
Tralo coñecemento
por parte do bispo Sarmiento da vida disipada de don Tomás lévase a cabo a
detención do citado cura párroco. O problema deste cura era que formaba parte
dos familiares da Inquisición e para ser xulgado tan só o podería facer o
tribunal da Inquisición. Mais iso non foi impedimento para que o bispo
Sarmiento o mandase prender e xulgar polo xulgado episcopal.
No folio 37r do
expediente aberto a don Tomás, podemos ler unha carta datada o 16 de xuño de
1742 na que relata como foi a súa detención: “y estando disponiendo su viage al parage donde hera preciso pasar a su
egecucion entraron en su casa con mucho estrepito y alboroto don Francisco
Vazquez, Presvitero, acompañado de Pedro Lopez, escrivano de numero de San
Thirso de Portozelo y de otros tres sacerdotes que lo fueron don Juan Antonio
Valmaior, don Gonzalo Pardo y don Juan Fernandez Sanjurjo, vezinos de la misma
Jurisdizion de San Thirso, y luego que se introdugeron en la casa de havitacion
de mi parte, le dijo el dicho don Francisco Vazquez llebaba orden y comision
del Reverendo en Cristo obispo de Mondoñedo para prenderle y conducirle a
aquella Ciudad, y entonces le hizo presente mi parte” que iso era imposible
pois el era comisionado da Inquisición e que non podía ser detido por aquel
tribunal ordinario. Aparte diso el tiña que saír inmediatamente pois o tribunal
da Inquisición o convocara para levar a cabo unha inspección noutro lugar, pero
os que o viñan a apresar non fixeron caso algún “lo llevaron preso a dicha Ciudad de un modo escandaloso y no
correspondiente a las circunstancias de su persona y carácter de empleos”.
DECLARACIÓNS DE
TESTEMUÑAS.
Coñecidos os
cargos, embarazar a unha criada chamada Andrea dúas veces e a outra, chamada
Alexandra, unha vez, presentáronse as testemuñas. En primeiro lugar declararon
os presbíteros e curas das veciñas parroquias mais todas as súas declaracións
son de oídas.
Destacamos unhas
poucas de tódalas declaracións:
Maria Luisa
Pérez, solteira, de 35 anos, veciña de Santa María de
Viveiró declara o 16 de outubro de 1741.
Afirma que non
coñeceu a Andrea López pero sabe que estivera como criada do citado cura e que
tivera dúas nenas. Unha destas nenas quedara
nunha casa de Xestosa, na parroquia de San Pedro de Muras. Ata que por “orden de dicho Francisco Lopez ha llevado a
casa del referido don Thomas Moscoso por el mes de septiembre de este año una
niña de edad de cinco años, poco mas o menos, la que le dixo era hija de dicho
cura y de una criada que le avia servido, cuya niña admitio dicho cura y le
quedò en casa. Y la otra niña que dexa depuesto està en la Gestosa, tendra dos
o tres años”. Na súa declaración afirma coñecer á actual criada do cura,
chamada Alexandra, e que no mes de abril desaparecera da casa do cura “y viniera a la casa de Pedro Lopez, vezino
de San Esteban de Silàn, en el lugar da Picheyra donde estuvo cinco semanas y
pariò un niño que se està criando en casa de Pedro Rouco, vezino de la que
declara. Tambien ha oydo decir que por el tiempo referido del mes de Abril,
poco mas o menos estubiera dicho cura dos o tres dias en casa de Pedro Lopez,
que se decia venia de Santiago bien que la feligresia de Silàn no es camino
transeunte desde la Ciudad de Santiago a la feligresia de Lago”.
Manuel Pérez de
Moscoso, declara o 16 de outubro de 1741, tiña daquela
55 anos, era cura da freguesía de Silàn.
Afirma coñecer á criada do cura e que esta deu
a luz a un neno en Silán, sendo bautizado co nome de Agustín “y se diò a criar en la feligresia del
Viveyrò en el partido de Rilleyra de Castiñeyras en casa de Pedro Rouco según oyò el que declara”.
O cura atoparase varios
meses despois, na feira que en Galdo se
celebraba o día 8 de outubro, coa criada de Tomás. Despois de cruzar os saúdos
formais ela preguntáralle si aparecía o nome do pai na partida de nacemento, el
contestoulle que non, que aparecía incógnito. Ante esta información a criada
díxolle que don Tomás solicitaba como favor persoal que non puxera nome ningún
no apartado do pai, razón pola cal o cura de Silán “tuvo para consigo que la mencionada Angela pariera del referido su Amo”.
Francisco López, veciño da parroquia de Silán.
Afirma coñecer a
don Tomás e a súa criada Andrea López da
que di que “pariera una niña en la
felegresia de Samarugo, en casa de un fulano vezino de dicha felegresia de
Samarugo, de donde teniendo ya de tres a quatro años, la llebaron a casa del
cura referido de Lago”. Tamén afirma a testemuña que estando na feira de
Lago acercáraselle un cuñado da citada criada e o referido don Tomás Moscoso e
que “le propusieran si queria tener en su
casa dicha muchacha; que se la pagaria bien su crianza”, el colleu a rapaza
e tívoa na súa casa por ano e medio, ata que en 1741 “se la remitiò al dicho cura de Lago por Luysa Perez, soltera, hija de
Luys Vazquez, vezinos del Viveyrò; y por razon de manutencion y crianza de la
muchacha referida, que se llama Maria, reciviò el que declara del dicho don
Thomas once ducados de vellon”.
Pedro López, veciño de Silán.
Afirma coñecer a
don Tomás, non así á primeira criada,
Andrea, pero si á segunda, Ánxela Fernández, filla de Isidoro Crego, veciño de
Santa María de Balsa. Coñécea porque no mes de Abril de 1741 presentouse na súa
casa Tomás Moscoso “y le ha dicho que
avia tenido el trabajo de averse deslizado con la referida Angela, su criada, y
que se hallaba en cinta; que le suplicaba le hiziese el gusto de admitirsela en
su casa para que pariese con secreto; por lo que se ynteresaba su honra y la de
la dicha moza”.
Para atender ás
demandas de don Tomás Pedro López manda
un criado a buscar á citada rapaza para que día a luz na súa casa. Ánxela tivo
un neno que o bautizaron o día do seu nacemento, “de noche a principios de mayo”, puxéronlle por nome Agustín.
Transcorrido pouco
tempo don Tomás manda a buscar ese neno para ser criado na casa de Pedro Rouco,
veciño da freguesía de Viveiró. Este home presentouse na casa do declarante
acompañado da súa dona “una noche y
salieron al amanecer antes del amanecer para que fuesse con secreto y no lo
viessen los vezinos”, mentres que a criada continuou na casa do declarante “
y de alli a pocos dias que convaleciose
volviò para casa de dicho don Thomas”.
Para desgraza nosa
non puidemos atopar dato algún sobre este tema, así que descoñecemos que
castigo lle impuxeron ao noso citado don Tomás.
Sobre este tema
podemos dicir que non é este o único caso xa que era algo habitual que os curas
párrocos embarazasen mulleres do seu entorno, en menor medida que en séculos
anteriores, pero non por iso deixaba de ser algo que acontecía usualmente.
[1] Pares.mcu.es. Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, rexistro de
executorias, caixa 3353, 44-3. Executoria de preito litigado por Tomás
Moscoso Omaña con Xosé María
Moscoso Omaña e consortes, veciños de
Mondoñedo, sobre a sucesión de bens legados por Lourenzo Moscoso, ano de 1771.
Unha transcrición do testamento de Lourenzo Moscoso pódese consultar na
seguinte páxina http://estudiosgen.com/group/testamentos/forum/topics/a-o-1732-testamento-de-lorenzo-moscoso-oma-a-y-ulloa-se-or-de-la
[3] O citado documento, que será base deste artigo, foi consultado
na páxina web pares.mcu.es e o orixinal está conservado no Arquivo Histórico Nacional,
sección Inquisición, (2150, exp. 7).