![]() |
Igrexa de Fazouro. Foto sacada de rebollingm.blogspot.com.es |
O
día 6 está xirando visita a esta parroquia o bispo. Era cura párroco Marcos
Díaz.
Testemuñas
son Domingo Nunes, que servía na igrexa por ausencia do fabricario, Domingo
Sánchez e Antón Fernández, veciños da parroquia.
Froitos,
valen anualmente 150 ducados dos que 1/3 son para o cura e o resto para o deán
da Catedral.
O
padroado está divido en tres partes de catro meses cada unha, cada unha delas
correspóndelle ao Papado, Bispado e ao Deán.
Bens
da Cura:
Unha
casa onde chaman “la torriña, con su
sobrado, bodega y caballeriça, corral, aira y guerta”.
Unha
herdade, pegada a esta casa, dun ferrado “y
testa en el camino que ba para Nois y en camino que ba para la mar”. Mais
dous xornais de parra que está dentro desta herdade, “mas el tarreo do Amido que llebara una anega de pan de sembradura”.
Outro
terreo en Paraxe dunha fanega “testa en
bienes de Don Jacinto de Miranda y de Don Luis de Luaçes”.
Na
Veiga de Condido, cinco ferrados “testa
en el camino françes y en heredad de la fabrica”.
Na
Veiga de Enxertos tres celamíns que linda co camiño francés.
Na
Veiga do Castro unha fanega e que testa na Xunqueira e no río Ouro.
Unha
fanega xunto á igrexa e que linda co camiño público.
“Mas un tercio de las eredades que lleba el
Cabildo en dicha feligresia que eran todas asta diez celemines de eredad”.
Tres
cuartas partes dun xornal de viña na chousa de San Salvador, testa en fincas de
Tomás de Cordido e en viñas de Mateo Mariño de San Cibrao.
Unha
leira sita na Veiga das Pedragosas, que levará un ferrado, testa en leiras dos
herdeiros de Xoán Mariño e de María López de Río.
Outra
leira que son ¾ partes dun ferrado situada na Veiga do Castiñeiriño, testa en
finca dos herdeiros de Pedro Doce de Losada e do convento de Santo Domingo de
Viveiro.
Unha
peza no lugar que chaman O Souto, levará un ferrado e linda co camiño público
que vai para Nois.
Unha
peza de herdade na Veiga de Vilarmea de medio ferrado que testa en herdade de
Francisca da Pena, viúva de Bartolomeu Teixeira.
Bens
da Fábrica:
Dous
xornais de viñas onde din “la Cobela”.
Dous
celamíns en “Castiñeira Marina”.
Unha
leira dun ferrado “testa en el camino que
ba par Façouro y en eredad de Alonso do Rio”.
Unha
fanega de pan na Veiga dos Enxertos. Outra fanega de pan na mesma Veiga. Outro
ferrado de pan na mesma Veiga e outra leira
dun ferrado.
Na
Veiga de Area unha leira dun ferrado, outro ferrado na mesma leira “y otra eredad mansa en el Otero de Granda
testa en el Camino Françes”.
Na
Veiga de Pineira un ferrado que testa con propiedade de Álvaro de Luaçes.
En
Vilarmea un celamín de pan que testa en “eredad
de Pedro Douteiro y de Don Pedro de Miranda, señor de Guitiriz”.
Outra
leira na mesma Veiga que lle chaman O Feal, testa no mar e leva un ferrado.
Na
mesma Veiga, “en donde diçen As Pedras”, medio celamín e linda con propiedade de
Pedro de Miranda.
Unha
leira onde lle chaman O Soutodeiro, dun ferrado que testa co camiño público.
Pagos por
soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:
“Otrosi
dixeron que los que se entierran dentro de la dicha yglesia pagan a real las
personas grandes y las pequeñas a medio. Otrosi dixeron que se paga de Fros por
los que se mueren dentro de dich afeligresia del hombre la capa, capote o sayo
y de la muger la saya o sayo y sabana y
esto se paga de Lutuosa y de Fros un ferrado de pan, otro de trigo y otro de
mixo”.
O
petitorio ten un valor anual de 57 reais, dos que leva a fábrica de Mondoñedo
tres.
A
poboación é de corenta veciños.
Confrarías:
Unha
a do Santísimo Sacramento, outra a de Nosa Señora do Rosario, outra a de San
Roque e a do Nome de Xesús.
Ermidas:
Segundo
as testemuñas hai dúas e unha compartida. As dúas propias son a de San Salvador
e a de Santo Andrés e “otra de Santa
Catalina de por mitad con Santa Cecilia, no saben quienes son sus patronos ni
que hacienda tengan, estan bien conpuestas, ni tanpoco saben quien debe
componerlas quando suceden arruinarse”.
Aniversarios:
Unha
misa que deixara Xoán Rodríguez, cura que fora da parroquia, “sobre la casa y lugar de Villarmea que lleba
Ana Rodriguez”.
Unha
misa fundada por Catarina López, muller que fora de Xoán Fanego, “sobre el soto y prado dos Espiñeiros, con un
responso reçado cada Domingo del año, perpetuamente”.
Unha
misa fundada por Inés Fernández sobre unha peza de viñas sitas na chousa da
Cubela.
Dúas
misas fundadas por Xoán Golpe, “sobre el
prado de Villarmea, tarreo das Quadras y viñas de Paraxe”.
Unha
misa fundada por Francisco Sánchez de Moscoso, “sobre el lugar de Façouro, fenece la obligacion de esta misa en sus
bisnietos”.
Dúas
misas fundadas por Pedro Díaz de Moscoso sobre o mesmo lugar que a anterior.
Dúas
misas fundadas por Andrés Sánchez de Fazouro, “sobre el tarreo de Condido y lugar de Façouro”.
Unha
misa fundada por Domingo de Liñares sobre o lugar de Cabreira.
Dúas
misas fundadas por Lázaro Rodríguez sobre os montes de Vilarmea.
Dúas
misas fundadas por Elvira de Sa, muller que fora de Álvaro de Sá, sobre unhas
viñas que tiñan en Paraxe.
Dúas
misas fundadas por Pedro de Sá, sobre o terreo de Lama e a metade do terreo que
posuía en Soutodoiro.
Unha
misa fundada por Alonso de Sá sobre unha viña sita na chousa de San Salvador.
Dúas
misas fundadas por María Basanta sobre as viñas que posuía en Barreiro e parte
da súa casa sita en Vilarmea.
Unha
misa fundada por Xoán Doce de Lousada sobre o terreo “de Painças, sito en Forxan”.
Unha
misa fundada por Ana Fernández, filla de Pedro Díaz de Moscoso, “sobre su legitima en la que entra la parte
que tenia en el lugar de Trasmonte, y en el lugar de Castineira Mariña”.
Unha
misa fundada por Alonso Barata, o vello.
Unha
misa fundada por Maior Rodríguez sobre unha peza de viñas en Mourente.
Unha
misa fundada por Alonso García Parrado sobre “la viña Do Espiño en Paraxe”.
Outra
misa fundada polo anterior sobre “la viña
de Cubela”.
Dúas
misas fundadas polo anterior cura párroco, Xoán Rodríguez, “sobre quatro jornales de viñas sitas en la
Cubela y Paraxe”.
“El licenciado Alonso de Otero, cura que fue
de Santa Cecilia, mando la tercera parte del vino de cinco jornales de viñas
sitas en la Cubela a las animas del purgatorio desta Yglesia cada un año”.
Estudantes
e cregos mercenarios:
Hai
un crego mercenario “llamado Alonso do
Rio, ordenose a titulo de patrimonio y no ai estudiante alguno”.