![]() |
Igrexa de San Martiño. Foto de Manuel Carnota. |
Esta
visita ten lugar o día 6 de agosto, atopando o señor bispo como cura párroco a Pedro
Blanco de Castro e como capeláns atopou a Pedro de Solveira e Antón García.
Actúan
como testemuñas Domingo Fernández de Valiño, Xoán Sánchez de Argomilla e Pedro
Fernández de Mourente, todos veciños de San Martiño.
Os
froitos do beneficio valen anualmente mil ducados e perténcenlle por enteiro ao
Cabido, “el qual da la prior y cura de
dicha yglesia diez mil maravedies y a los otros dos capellanes otros diez mill
maravedies a cada uno”. Tanto o cura como os capeláns noméaos o Cabido.
Bens
da Cura:
“Otro si dixeron que dicha cura tiene una
casa que esta junto a la yglesia con su sobrado, bodega y cavallariça con su
corral, aira y guerta”.
Bens
da Fabrica:
Non
ten bens ningún xa que os leva todos o Cabido.
Padroado,
en este concepto o prior paga ao bispo da cidade a cantidade de 32 celamíns de
trigo.
Ornatos:
Tres
cálices de prata coas súas patenas, un relicario de prata “para andar las procesiones y una caxa de plata que esta en la custodia
que tiene el Santisimo; otra caxa de plata que sirve de llebar el beatico a los
enfermos, una cruz grande de plata.
Confrarías:
A
do Santísimo Sacramento, a da Nosa Señora do Rosario, a do Doce Nome de Xesús,
a das Ánimas do Purgatorio.
Ermidas:
A
do Bispo Santo en Forxán, “fundola San
Gonçalo, obispo, de que es patron el Cavildo, no tiene acienda ninguna, esta
decente y conpuesta para poder dicir misa”.
A
da Madalena, no lugar da Ermida, non saben as testemuñas quen é o fundador, o
patrón é o Cabido “y no esta decente ni
se puede decir misa”.
A
de San Miguel, sita en Rairiz “fundola
Miguel de Otero, son patrones sus herederos estan obligados a repararla, no
tiene acienda ninguna, esta decente y conpuesta para poder decir misa”.
A
de San Lourenzo “sita donde diçen Ferreira,
fundola Sancho Lopez de Moscoso, los herederos son patrones y estan obligados a
repararla, no tiene acienda ninguna, esta decente y bien conpuesta para descir
misa”.
Aniversarios:
Seis
misas dotadas por Domingo López de Santiso, “sobre toda su acienda, que es una casa en redondo a la cruz de Rega y sobre un tarreo de heredad que llaman de
Suavila y sobre un quarto de lugar que llaman de Casa Nueva sita en San Martino”.
Outra
misa rezada pola ánima de “Nicolao de
Veiga, sobre la vina que esta junto a la Cruz, lleva los vienes Thomas Sanchez,
escribano”.
Tamén
hai fundadas oito misas “por los padres y
abuelos de Don Antonio de Moscoso a dos reales por cada una sobre todos sus
bienes y acienda según consta de las fundaciones”.
Tamén
se mencionan doce misas fundadas polo crego Fernando Pillado, “sobre una casa de San Martino que tiene un
pedaço de guerta, a pagar dos reales”.
Outra
misa fundada por Álvaro de Linares, o día de San Ildefonso, sobre unha viña que tiña en
Forxán.
Outra,
cantada, fundada por Xoán Rodríguez de Vilacendoi, pola que paga 4 reais.
Outra
misa fundada por Dominga Díaz do Sisto, sobre unha viña na chousa de Cerdeira,
págaa Domingo Freire e a filla de Xoán Amor.
Unha
misa deixada por Xoán do Outeiro, de Rairiz, sobre “su acienda que esta junto a la ermita de San Miguel”, máis outra
misa dotada sobre a mesma finca.
Outra
fundada por Pedro Fernández do Campo da Feria, pola que se paga 5 reais, sobre
o lugar de Pedro de Loureiro.
Outra
misa fundada por Domingo Amor.
Outra
que deixara Xoán García de Mourente e que paga Xoán Ramos dos Casas.
Outra
que deixara María Fernández, muller que fora de Xoán de Cancelo.
Outra
misa cantada, coa súa vixilia, fundada por Xoán Rodríguez de Vilacendoi, “de limosna cinco reales sobre los vienes de
Villa Cendoi y do Coto”.
Outra
fundada por Xoán de Otero de Reiriz.
Outras
dúas que deixou Pedro Fernández de Liñares, crego, “sobre el lugar de Forxan en que vibe doña Dominga de Cancio”.
Na
parroquia hai 150 veciños con viúvas e pobres.
Estudantes
e cregos mercenarios:
Non
hai ningún crego mercenario e hai tres estudantes, que son: Domingo de Solbeira,
Antón Fernández e Diego Ares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario