Buscar este blog

lunes, 18 de enero de 2016

BIEITO COUTO PULIDO. TABAQUEIRO FOCEGO EN CIENFUEGOS.

      Centro Galego de Cienfuegos, un dos seus socios foi Bieito Couto Pulido, nado en Foz.

Recentemente aparecía publicado no xornal La Voz de Galicia, un interesante artigo sobre o papel que xogaron certos mariñáns nas fábricas de tabacos cubanas.[1] Se ben o artigo se centraba na figura do tabaqueiro Pedro Moreda Debén, natural da parroquia da Devesa, mencionaba a outros tabaqueiros “de A Mariña alcanzaron también fama y fortuna. Entre otros, Pedro y Félix Murias, de A Devesa; Inocencio Aguiar, de Rinlo; Francisco F. Rocha, de San Miguel y Reinante; Antonio Villamil, de Vilaodrid; o el ortigueirés Pancho Pego Pita”. Esta presenza mariñán nas fábricas de tabaco cubanas provocou “un factor de atracción para otros emigrantes de A Devesa, Rinlo, San Miguel, Reinante o Ribadeo, que marchaban para Cuba con trabajo garantizado. Eso contribuyó a que mantuviesen con sus empleadores una relación basada en la amistad pero también en el agradecimiento y el clientelismo”. Moitas familias da Mariña contan con emigrantes entre os seus antepasados, no meu caso concreto meus dous bisavós estiveron en Cuba, un embarcado e outro que estivo alí emigrado algo máis de dous anos. Este bisavó meu era Ramón Pacios Rocha, natural de San Miguel de Reinante, probablemente emparentado con Francisco Rocha, de San Miguel, que se menciona na relación de tabaqueiros mariñáns.

Non imos falar aquí de Pedro Moreda Debén xa que no artigo aparecido no xornal La Voz de Galicia esta figura está perfectamente estudada.

Pero si falaremos de Bieito Couto Pulido. O nome deste focego non aparece na relación de tabaqueiros mariñáns que o artigo de prensa menciona, pero iso non quere dicir que non existise.

A familia Couto Pulido.
Dela sabemos moi poucas cousas. Sabemos que estaba  composta polos irmáns Bieito, Francisco Lois e Carlos.

Francisco Lois Couto Pulido, natural de Vilaronte, estaba casado con Aurora Samaniego Fernández, natural de Forxán. Deste matrimonio naceron nove fillos: Ponciano, Francisca, Modesta, Crisanto, Aurora, Eugenia, Fortunata, Francisco e Antonio. Desta relación destacamos o nome de Modesta da que falaremos posteriormente.
    Rúa Santa Isabel, en Cienfuegos, na que estaba a fábrica de tabacos Niña Ana.
Francisco Lois era representante de varias entidades bancarias. Cargo que herdará o seu fillo Crisanto. No xornal El Progreso (22/01/1922) menciónase o matrimonio de Antón Couto Samaniego con Francisca Rodríguez Vázquez, ela era filla de “doña Rosina, del comercio de Foz”, mentres que Antón era, como xa sabemos, irmán de Crisanto do que se nos di que “era representante de diversas entidades bancarias en aquella plaza marítima”.

Francisco morre no ano 1927, sabémolo porque no xornal El Progreso (06/10/1928) aparece a noticia de que se celebrara o primeiro cabodano “del que en vida fue prestigioso propietario, don Francisco Couto Pulido, habiendo concurrido a dichas honrras fúnebres multitud de personas”, tal vez porque daquela Crisanto Couto era o alcalde de Foz.

Carlos Couto Pulido estivera emigrado na illa de Cuba da que volta a principios do século XX. Sabemos isto porque en 1903 casa na parroquia de San Martiño de Mondoñedo coa súa sobriña Modesta, filla de seu irmán Francisco.
Carlos aparece como suplente do xuíz municipal no ano 1915, en 1920 aparece como suplente do fiscal, cargos que nos fan pensar que posuía certos estudos de dereito. Seu fillo Ramón acabará licenciándose en dereito pola Universidade Central.
En 1921 o xornal El Ideal Gallego publicaba a relación de nomes dos vogais da xunta de primeira ensinanza entre os que destacamos os de Carlos e Modesta.
Que Carlos estivera emigrado en Cuba queda patente na casa que levanta no ano 1912, a coñecida como Villa Modesta, e que se pode ver á entrada de Foz vindo dende Vilaxoane. No libro Casas de Indianos, que a Xunta de Galicia publica no ano 2000, podemos ver que se fala dela (páxinas 387 a 390, a ficha foi realizada polos irmáns Xulio e Alberte Peinó Álvarez). Na mencionada ficha dise que o promotor era “ Carlos Couto Pulido, emigrado en Cuba”.
O outro dato que nos anima a pensar que Carlos estivera emigrado en Cuba é que seu irmán Bieito era o dono dunha das moitas fábricas de tabaco existentes na illa de Cuba.

    Caixa de puros Niña Ana, da fábrica levantada por Bieito Couto.
Se consultamos a páxina web de Juan Alberto Berni sobre a colección de vitolas poderemos ver un interesante artigo sobre os tabaqueiros españois na illa de Cuba. Na relación que este home fai aparecen aparte dos xa mencionados no artigo da Voz os seguintes nomes: “Los hermanos Pita, Alfredo Nogueira con marcas como El Veguero, Silvana o Printz Heinrich, entre otras, Benito Couto, propietario de la marca de cigarrillos Niña Ana, en Cienfuegos, Ramón Prieto Murias con su marca La Manteiga, Felix Murias, fundador en 1881 de la marca La Devesa, posteriormente adquirida por Pedro Murias, y un largo etcétera”[2]. 

Cando soubemos da existencia de Bieito Couto Pulido na illa de Cuba dedicámonos a buscar polos periódicos dixitalizados na rede algunha que outra noticia deste home. Grazas a estas pescudas atopamos un artigo no xornal La Ilustración gallega y asturiana (18/06/1881) no que se nos di que “La socciedad benéfica de naturales de Galicia y oriundos de Galicia, establecida en Cienfuegos, renovó en sesión general, del día 15 de mayo, su junta directiva”. Entre os distintos vogais que aparecen destacamos o nome de Bieito Couto Pulido, como director da fábrica de tabacos Santa Isabel.

Esta Sociedade Benéfica de Naturais e Oriundos de Galicia aparte de levar a cabo obras culturais, benéficas e manter vivos os contactos entre os galegos emigrados en Cuba é a responsable do xornal El avisador galaico, que sae á rúa no ano 1876, converténdose no “primer periódico que circuló en la isla en habla gallega[3].

No ano 1884 o xornal Diario de Lugo (06/07/1884) da a noticia da concesión á fábrica que rexente Bieito , por Real Orde do 15 de abril, da honra de ser: “proveedor de la Real Casa y el uso del escudo de armas reales en la muestra, facturas y etiquetas, al laborioso e inteligente propietario de la fábrica de tabacos nombrada Niña de Ana, sita en Cienfuegos, calle de Santa Isabel nº 8, Isla de Cuba, don Benito Couto Pulido, justo distintivo que premia las acreditadas dotes de honradez que adornan al distinguido industrial gallego, hijo de Foz”.

En 1886, no xornal El Eco de Galicia (14/11/1886) podemos ler que en Cienfuegos estábase a traballar para un Centro Galego de Beneficencia, Instrución e Recreo, igual ao que xa existía na Habana: “esa nueva asociación gallega, que será única en Cienfuegos, puesto que en ella se refundirán el coro Gloria a Galicia y los elementos de la extinguida Socciedad Benéfica Gallega, promete grandes esperanzas”. No listado de persoeiros que desexan participar na creación deste Centro aparece o nome de Bieito Couto Pulido.

O día 1 de agosto de 1889 o xornal La Correspondencia de España publica a seguinte noticia: “se han declarado en huelga los operarios de la fábrica de tabacos Santa Isabel, sin haber hecho demostración alguna hostil”. Como podemos comprobar na prensa refírense á fábrica de tabacos de Bieito Couto indistintamente co nome de Niña Ana ou Santa Isabel.

Nada máis sabemos da vida de Bieito Couto, tal vez o negocio deixou de ir tan ben como ía e se viu obrigado a vender a súa propiedade. Na foto que ilustra este artigo vemos que a fábrica de tabaco Niña Ana pertence a J. Fernández García. Consultamos sobre este home na páxina de Juan Alberto Berni e non atopamos nada, razón pola cal decidimos mandarlle un correo solicitándolle información sobre este home e a marca Niña Ana. A súa resposta foi a seguinte: no tengo nada en mi colección sobre J. Fernández García o sobre la marca Niña Ana. Todo indica que debió ser una marca de cigarros de carácter local o en cualquier caso pequeña, de las miles que se dieron en Cuba, donde se desarrollaron multitud de pequeños talleres artesanales o “chinchales”, que elaboraban cigarros puros”.








[3] Sueiro Rodríguez, Victoria María.: Composición social y caracterización de las principales sociedades culturales y de instrucción y recreo en la región de Cienfuegos entre 1840 y 1899, páxina 333.

miércoles, 13 de enero de 2016

O CASAL DA PORTELA EN FORXÁN. BREVE HISTORIA.



    Debuxo de Marcos Moral Campos.

Hai casais que teñen moita máis historia do que pensamos, probablemente coñecemos o nome deles e pensamos que poden ter, como moito, uns cen anos. Mais non é así.


No lugar de Forxán existen dous casais que chegaron, senón en pe si na toponimia, ata os nosos días, estoume a referir ao casal o do Mariscal e o da Portela.

Hoxe abordaremos o tema do segundo casal deixando o do Mariscal para un posterior artigo.

O termo Portela, segundo o dicionario da Real Academia Galega, significa: “pequena abertura que se fai nun valado ou parede para que poida pasar o gando, o carro, a maquinaria ou as persoas. Porta rústica, parecida á cancela, que ás veces cerra esa abertura”.

Dende cando existe o Casal da Portela?

Documentalmente non sabemos nada del ata o ano 1540, mais iso non quere dicir que non existise con anterioridade.

Sabemos, por un documento redactado en Marzán o 6 de abril de 1400, que aínda non existía. Neste documento realízase un reconto das herdades que o Cabido mindoniense mercara a Pedro Fernández de Sante e a Álvaro Marqués, todas elas sitas en Marzán. Na citada relación de fincas fanse dúas mencións ao lugar da Portela, mais ningunha ao casal do que estamos a falar: “Iten outra herdade que era de promeo (pegada ao) o casal do Foio, que esta hermo con su cortinna commo departe da herdade de Diego Ferrollo et da outra parte de Mayor de Marçan et da outra parte de Rodrigo Yanes de Burella et da outra parte da antigua publica, que leva hun çelemin promeo a outra cortinna de Portela que leva dous celemins como departe da herdade do bispo et da outra do comaro et das duas do camino”. A segunda di : “Iten outro terreo en Portella que leva hun çelemin commo departe da herdade de Mayor Rodrigues et da outra da herdade de Diego Ferrollo et da outra do bispo et en fondo do comaro[1].

Debemos agardar ata o ano 1540 para ter noticias documentais deste casal. Nese ano lévase a cabo o apeo de bens do priorado de San Martiño de Mondoñedo. Entre as testemuñas reunidas polo Cabido aparece Roi Pérez, cura párroco de Santiago de Foz e de 66 anos. Esta testemuña ao mencionar as propiedades que o mosteiro tiña no lugar do Prado da Lama fai referencia a unha finca coñecida como Os Fornos, de catro choupíns de extensión, que lindaba cunha serie de prados “uno de Pero Mariño y otro de Francisco Palmeyro, que fue de la caseria del Mariscal e de otra parte en heredad de la caseria de Villamayor del dicho Cabildo, que lieva Diego de Rio e de otra parte en heredad de Lope Martinez de Forjan, e de otra parte en heredad que fue de Ruy Guerra e de otra parte en heredad de Pero Afonso e de Pero Franco e que la labran unos labradores y otros e dan della el sesmo que sea segado e puesto en la meda”[2].

Pode pensar o lector que na referencia anterior non se menciona o casal da Portela, pero fixémonos en que Diego de Río levaba a casería de Vilamaior, que pertencía ao Cabido mindoniense. Nun documento datado o 30 de outubro de 1548 Cabido ordenaba ao seu avogado “poner las demandas por la casería de Portela a Diego do Río”.[3] Polo tanto o casal de Vilamaior que levaba Diego de Río en 1540 ben a ser o casal da Portela. Para poñer fin a esa incorrecta ocupación o día 11 de xaneiro de 1549 o Cabido aforaba a“Diego de Río, vecino de San Martín de Mondoñedo, el viejo, por dias de su vida y de la de uno de sus hijos, nietos y bisnietos, la casería de Marzán, que se llamaba da Portela, con todas sus heredades, que se enumeran y ascendían a unas 46 en total, sitas en diversos lugares como Prado da Lama, Chao, Fornos, Arnado de Aveas, Veiga da Cadra, Pedreira, Lagoa, Moreiras, Sabrón, Veiga do Castro, Miñanoces, Monte  dos Fondoes, Fojo, etc. Debería pagar 1000 maravedís por día de San Martín y edificar, en el plazo de dos años, una casa en la dicha casería de Marzán, de paredes, madera, losa o teja, todo ello a su costa. En caso de no realizarlo así, la caserí y foro quedarían a disposición del Cabildo”.[4]

Non imos falar moito de Diego de Río, o vello, porque queremos facer un artigo sobre a fortaleza e a casa solar de Río. Dicir tan só que este Diego de Río estaba casado con Berenguela López de Moscoso e que faleceu antes do 25 de setembro de 1553, pois nesa data a súa dona preitea co Cabido de Mondoñedo: “viuda de Diego de Rio, con su hijo Diego de Río, el mozo, vecinos del coto de San Martín, sobre el lugar da Portela.[5]

Perdemos de vista o citado casal de Portela ata o ano 1756. O día 9 de marzo dese ano o Cabido de Mondoñedo aforaba, por un espazo de 100 anos, o lugar da Portela e as herdades a el anexas ao presbítero Francisco Cao de Cordido, veciño de Foz.

Neste foro menciónanse varias fincas, entre elas unha situada na cabeceira do Prado da Lama, en concreto no lugar coñecido como Jabrón, que lindaba dunha parte: “camino serbentiaa que por alli pasa y dibide âcienda del mencionado Simon Mañon, por la parte de arriba”.  Na veiga do Castro de abaixo aparece outra: “y atras de la capilla de San Juan de dicho lugar de Marzan”, trátase dunha leira que ten un ferrado de extensión e que: “testa al Nordes y Lebante con heredad de Don Jospeh Rebellon  (...) y por el lado del Poniente con otro cercado de la muger de Domingo Nuñez de Billarmea y por la parte del bendabal en un comaro alto que dibide âcienda que lleban Thomas Blanco y Luis Billapol y este como marido de su muger hija del dicho familiar Agustin da Fraga”.

O Casal da Portela pasa a mans da familia Rodríguez Villarmea.

    Defunción de Pedro Rodríguez de Villarmea. Foto de Gonzalo Villarmea.

Todas as propiedades vinculadas a este foro acabarán pasando a mans da familia Rodríguez de Villarmea. Sabemos que o día 31 de xaneiro de 1756 o licenciado Filipe Ramos, tesoreiro da Catedral adoptaba a seguinte resolución sobre as fincas e o Casal da Portela “se las dio en arriendo a Pedro Rodriguez Billarmea, vecino de la mesma feligresia por termino de nuebe años que principiaban a correr y contarse en el espresado de cinquenta y cinco”[6], en concepto de arrendamento o citado Pedro Rodríguez de Vilarmea debería pagar a cantidade de 18 reais anuais.

O día 28 de xuño de 1771 o Cabido mindoniense aforaba o citado casal a Rosendo Solveira, cóengo de Mondoñedo, pola cantidade de 532 marabedís anuais. O casal estaba composto por un total de 46 pezas.

En 1795, data na que se realiza unha revisión destes bens, a posesión do casal estaba en mans da familia Rodríguez Villarmea pois o citado cóengo mindoniense cedera todos eses bens: “se hallò que el citado señor Solveira los ha cedido todos a Doña Josefa Fernandez Solbeira viuda de Don Pedro Villarmea y a Francisco Moreda, todos vecinos de la feligresia de Foz, los que se han dividido entre Don Rosendo, Don Thomas y Don Pedro Villarmea, hijos de doña Josepha”.

Don Pedro Rodríguez de Villarmea, casado con dona Xosefa Fernández Solveira posuía en 1753, tal e como se anota no Catastro do marqués de Ensenada, unha casa dun alto (baixo e planta alta)no lugar do Foxo, de 15 varas de fronte por 8 de fondo ademais doutra casa terrena (tan só planta baixa) no lugar de Marzán de 6 varas de fronte e 11 de fondo.

O casal do que estamos a falar estaba composto por un total de 46 fincas. Trala morte de don Pedro, en 1771, as fincas repártense entre os seus fillos. No ano 1795 realízase unha comprobación das fincas e dos seus actuais posuidores, quedando da seguinte maneira:

Finca nº1. A casa principal sita no lugar de Marzán, tal e como se recolle na documentación, “con sus alpendres, alto y bajo, maderada y perfectada de todo lo necesario, su cozina, su orno, tres sobrados pequeños a los lados, entradas y salidas; un pedazo de parra, como medio jornal de era, huertos y sitio de pajares y una pieza de cortiña a la parte del poniente de dicha Casa yncorporado todo uno con otro como solia testar en el lugar y casa de Berenguela Sanchez y sus yjos y en casa y cortiña de Pablo Guerra y en camino que va de Marzan para el rrego de Foz y aora se alla zerrado de sobresy entre paredes y vallados, testando de la parte de arriva al vendaval en el camino publico que  va de Marzan para el rego de Foz y a la yglesia y otras partes por el lado de el levante de el sol y nordes en cortiña de el vinculo de Don Joseph Revellon”. Tócalle a Rosendo Villarmea, que en 1795 aínda a posuía[7].

Finca nº2. Trátase dunha herdade que está “junto al rrego de Marzan que sale de la fuente para donde llaman Areas, de sembradura media fanega de pan zenteno que solia testar con eredad y lugar de Juan de Linares de Foz y en eredad de don Juan Pardo y aora llaman de la cortiña do Fojo”. Di no documento que estas dúas propiedades as levaban á metade “la casa de Villajuane, sita en dicha feligresia de Foz de que es actual poseedor don Francisco Andres de la Varrera, vezino de la ziudad de Santiago y Pedro Rodriguez Villarmea, difunto, que avito la casa”. Esta propiedade tócalle a Rosendo que en 1795 aínda a posuía.

Finca nº3. Unha leria de medio ferrado de extensión sita na Veiga da Cadra. Tócalle a Rosendo, quen a posuía en 1795.

Finca nº4. Na veiga da Cadra, unha finca de herdade e campo, de 9 ferrados, seis de herdade e 3 de campo, estes últimos lindan “por avajo en el arenal de la mar”. Tocoulle a Tomás que venderá un terzo dela a Francisco Fernández.

Finca nº5. A quinta é unha peza de herdade sita na veiga da Cadra que limita co mar e con propiedades de Francisco Luazes, de Mondoñedo, Juan de Rancaño, do Valadouro e de Simón Revellón “y llaman al presente donde se alla esta pieza la fuente de Llàs y esta mitad con la otra mitad que es de dicha Casa de Villajuane”. Esta finca tocoulle a Pedro, fillo de Pedro Rodríguez de Villarmea, que venderá antes de 1795 a Pedro Maañón.

Finca nº6. Unha finca na Veiga da Cadra dunha fanega de extensión. Esta finca tocoulle a Tomás que a venderá a Xoán de Moreda, o que a posuía en 1795.

Finca nº7. Unha finca sita na veiga de Cadra, de tres ferrados de extensión, testa polo “nordes en el camino de carro que vaja de la fuente de marzan por la veiga para la mar”. Esta finca tocoulle a Pedro que a posuía en 1795.

Finca nº8. Tamén nesta veiga da Cadra unha finca de medio ferrado, que entre as súas lindes figura “por la caveza con eredad de el Cavildo y camino que va al facho y lagoa”. Esta finca tocoulle a Francisco Moreda, que a posuía en 1795. A lagoa á que se refire son as leiras ás que hoxe chamamos As Lagoas, onde edificaron as Torres de Foz. O facho do que se fai mención debe tratarse da atalaia, empregada nun principio para avistar baleas, e que posteriormente se dedicou á vixilancia das costas.

Finca nº9. Situada na Veiga da Cadra, de medio celamín de pan, testa con herdades de Xoán Mariño, “por una parte, por otra en heredad de don Juan Pardo y por la otra en la mar”. En 1795 esta finca posuía Pedro.

Finca nº 10. Na Veiga da Cadra, unha finca dunha fanega de extensión “testa con eredades de Sevastian Revellon y de Pablo Guerra y aora llaman donde se alla Moreiras”. Tocáralle en herdanza a Tomás, que a vende, sendo o seu posuidor en 1795 Isidro Fernández.

Finca nº 11. Na Veiga da Cadra unha leira longa de tres ferrados que “solia testar en eredades de Alvaro Perez Osorio y de Domingo da Varreira y de la yglesia de Foz y aora testa por la ladera de arriva al vendaval con la eredad de la obra pia de dicho Alvaro Perez, por avajo tirando a la mar con eredad de la viuda de Juan de Manin de Marzan y eredad de la yglesia de Foz, por el levante y nordes con eredad de don Simon Revellon y al poniente con eredad de dicha viuda”. En 1795 esta finca seguía en poder de Pedro.

Finca nº 12. Na Veiga da Cadra unha finca de tres ferrados que testaba con herdades de don Sancho Pardo, de Diego Sánchez e de Domingo da Rúa “y aora se llama de avajo da Pozeira”. Tocáralle a Tomás quen a venda a dona Ramona Osorio.

Finca nº 13. Na Veiga da Cadra unha finca de 10 ferrados preto do lugar coñecido como Prado da Lagoa e que “solia testar en prado de Sevastian Revellon, en la Lagoa y en eredades de Pedro Saavedra y de don Juan Pardo y aora testa y linda por el poniente en camino que vaja de la fuente de Marzan para la mar y por el carreiro de Natal (…) por la parte del Levante y Nordes en camino que vaja de la congosta de Foz y boqueira de Cantel para Area y a la mar y divide eredades del prado da Lagoa de dicho Revellon y de la obra pia de Alvaro Perez Osorio y por la parte de la mar donde aze punta testa con la yncorporacion de dos caminos”. En 1795 esta finca, de 10 ferrados, sete pertencían a Rosendo Villarmea e tres a Francisco Moreda.

Finca nº 14. Na Veiga da Cadra unha leira dun ferrado que linda con herdades de Caetano Samaniego e con herdades de Pedro Carlos de Quiroga “que fue de Alvaro Perez de Osorio”. En 1795 pertencía a Rosendo.

Finca nº 15. Na Veiga da Cadra unha finca de catro ferrados de pan que testaba con herdades de Domingo da Barreira e fincas que foran de Álvaro Pérez, esta finca era coñecida co nome da Poceira. En 1795 pertencía a Pedro Villarmea.

Finca nº 16. Na Veiga da Cadra, no lugar coñecido con nome do Cantel había unha peza de herdade de media fanega. En 1795 pertencía a Rosendo.

Finca nº 17. Na Veiga de Lourido unha finca de 5 ferrados que testaba “por avajo, mirando a la mar en un comaro y zerrume y divide la Veiga da Cadra, por arriva al vendaval testa en la pared que divide el camino que va de Marzan para el Rego de Foz (…) y a esta dicha pieza llaman aora de Cantel”. En 1795 destes 5 ferrados pertencían a Tomás 1 e a Rosendo 4.

Finca nº 18. Na Veiga de Lourido unha finca de 4 ferrados á que se coñece co nome Do Jabron, que testaba por parte de abaixo “tirando a la mar en la entrada y canzela de la mesma veiga y camino que va de Marzan para el Rego de Foz y por el lado de arriva en un comaro a los que divide eredades que llaman Casa do Ôme, por el levante y nordes con eredades de Simon Revellon”. Esta finca tocáralle a Tomás quen vende 2 ferrados a dona Ramona Osorio e outros dous cámbiaos con Xosé Cancio, recibindo unha finca que acabará vendendo a Gregorio Barata.

                       Acuarela de Eduardo Baamonde.

Finca nº 19. Na Veiga de Lourido, “y donde llaman Casa do Ôme”, unha peza dun celamín, testaba co camiño “que ba por la Veiga para la casa rectoral y para la yglesia y puerto de Foz y divide eredades de Pedro Vermudez de Castropol, por el norte testa con eredad de la muger de don Juan das Rivas, salinero de Vivero, de otra parte con eredad de Juan Guerra y por el vendaval en el camino de carro que tanvien vaja de Marzan para dicha yglesia y puerto”. En 1795 esta finca pertencía a Pedro Villarmea.

Finca nº 20. Na Veiga de Lourido, “donde llaman Las Lagoas”, unha finca de dous ferrados que testa co camiño que dende a Casa do Home baixa ata o Rego de Foz “y divide eredad de don Diego Pillado y su muger y por la parte que tira a poniente testa con pared que divide la Veiga da Cadra y eredades de don Simon Revellon”. En 1795 Tomás, que herdara esta finca, xa a vendera.

Finca nº 21. Na Veiga de Lourido, “y donde llaman O Espiño”, unha finca de 4 ferrados. Esta finca recae en Rosendo, que en 1795 aína a posúe.

Finca nº 22. Na Veiga de Lourido, no lugar do Espiño, unha finca de cinco ferrados. En 1795 pertencía a Rosendo.

Finca nº 23. Na Veiga de Lourido, no lugar que “aora llaman donde se alla situada los Arnados y Espiño”, testaba “en el camino que ba de Foz para el Rego de este nombre y para la Lagoa”. En 1795 pertencía a Pedro Villarmea.

Finca nº 24. Unha peza de herdade “donde llaman Canpos da Lagoa”, de cinco ferrados, “y aôra se alla ynculto y tiene unos peñascos”. En 1795 pertencía a Rosendo.

Finca nº 25. Na Veiga de Lourido unha finca dunha fanega que en 1795 pertencía a Rosendo.

Finca nº 26. Na Veiga de Lourido, “donde llaman Lagoa pequeña”, unha peza de catro ferrados que uns dos seus lindes eran “el alfero y comaro de dicha Lagoa pequeña y en eredad de Simon Mañon”. Tocoulle a Tomás que a acabará vendendo a dona Ramona Osorio.

Finca nº 27. Na Veiga de Lourido, “donde llaman Las Ynsoas”, catro ferrados que en 1795 pertencían 3 a Rosendo e 1 a Pedro.

Finca nº 28. Na Veiga do Castro, dúas leiras que fan 15 ferrados, “y testavan en el camino que va de Marzan para la yglesia de Foz, en eredad de Sevastian Revellon y en otra de el monasterio de San Martin y al presente se llaman estas dos leiras y piezas de eredad de atrás de la Capilla de San Juan, en la veiga de el Castro de avajo”. En 1795 Rosendo posuía 6 ferrados, Pedro outros tantos e Tomás, que lle quedaran 3 ferrados, véndeos a don Agostiño Monteagudo.

Finca nº 29. Na Veiga do Castro unha peza de dous celamíns e que en 1795 posuía Rosendo.

Finca nº 30. Na Veiga do Castro de abaixo unha finca dunha fanega que antes testaba “en camino que va de Marzan para Villajuane”. En 1795 era a metade de Rosendo e a outra de Pedro.

Finca nº 31. Na Veiga do Castro unha peza de tres ferrados “cuia pieza se alla en cuesta y al presente llaman de arriva das Pedragosas, contra el vendaval se alla en dos pedazos y el uno testa por arriva al poniente en el camino que vaja para el Calvaryo y por donde llaman Fondos y en comaro que divide eredad de don Simon Revellon (…) y el otro pedazo esta en la misma chousa do Castro pequeño”, pegado ao camiño vello que ía de Marzán ata o Calvario. Hoxe sería o que vai dende Marzán, pasando polo camposanto, ata o edificio do Mercadona. En 1795 pertencía a Rosendo toda esta finca.

Finca nº 32. Na Veiga do Castro de abaixo unha finca dun celamín que en lle tocara en herdanza a Tomás e que en 1795 xa vendera ao presbítero Francisco García.

Finca nº 33. Na Veiga do Castro de abaixo unha finca de cinco ferrados que en 1795 pertencía a metade a Pedro e a outra metade a Tomás.

Finca nº 34. Na Veiga de Folgueiras unha finca de dous ferrados que lle tocara a Tomás e vendeu antes de 1795 a Agostiño Monteagudo.

Finca nº 35. Na Veiga da Sara unha peza de media fanega, en 1795 pertencía a Pedro.

Finca nº36. Na Veiga do Prado da Lama unha peza dun ferrado, en 1795 posuía Francisco Moreda.

Finca nº 37. Na Veiga do Prado da Lama, “donde llaman Vargado”, unha peza de 5 ferrados que topa “en el rego do Vargado y en eredad de don Sancho Pardo”. En 1795 estaba dividida en dúas metades, unha era de Rosendo e a outra de Tomás que rematou por venderlle a don Isidro Fernández.

Finca nº38. Na Veiga do Prado da Lama unha leira de media fanega que en 1795 posuía na súa totalidade Pedro Villarmea.

Finca nº 39. Na Veiga do Bargado unha leira dun ferrado e medio que testa “al levante con azienda de don Simon Revellon y al poniente contra el rego do Vargado con eredad de don Francisco Luazes”.

Finca nº 40. Na Veiga do Bargado outra leira de ferrado e medio. Esta finca tocoulle a Pedro Villarmea que rematou por vendela, antes de 1795, a don Pedro Mañon.

Finca nº 41. Na Veiga do Prado da Lama unha leira de fanega e media que “testa por la cavezera en camino que va de Forjan para Marzan”. En 1795 Tomás xa lla vendera a Francisco Fernández.

Finca nº 42. Na Veiga do Prado da Lama “donde llaman Feal de Areas”, unha peza de herdade, “con su bouza en la cavezera”, de catro ferrados que en 1795 pertencía a Pedro.

Finca nº 43. No lugar “donde llaman de Amansa Boys”, unha finca de 10 ferrados, “que solia testar en el rego de la fuente de Marzan”. Esta finca foi dividida en catro partes, en 1795 tanto Francisco Moreda, como Pedro e Rosendo Villarmea posuían a súa cuarta parte, Tomás xa lla vendera a dona Ramona Osorio.

Finca nº 44. Outra finca no lugar de amansabois, “que al presente se alla zerrada de sobresi”, de 5 ferrados, “que solia testar en el rego de la fuente de Marzan”. Esta finca foi dividida en catro partes, en 1795 tanto Francisco Moreda, como Pedro e Rosendo Villarmea posuían a súa cuarta parte, Tomás xa lla vendera a dona Ramona Osorio.

Finca nº 45. Na Veiga da Cadra unha finca de media fanega que se atopa “en los feas de areas, la qual se alla en el fondal de dicha Veiga da Cadra junto a la Canzela de areas y por ella al presente pasan los caminos para la Veiga”. En 1795 pertencía toda a Pedro.

Finca nº 46.Yten donde llaman el Fojo de la aldea de Marzan, el sitio, zimientos donde ubo una caseta con su vago y esta enfrente a la casa de Andres do Vale y testa al levante en cortiña de Juan de Villapol y su muger como erederos de Juan Guerra do Fojo y en camino que va para la casa de ellos y por la delantera al poniente con el corral de la casa de dicho Andres do Vale y en el rego que viene de la fuente de Marzan. Cuios vienes estan en los terminos del curato de dicha feligresia de Santiago de Foz, propios de dichos señores Dean y Cavildo y su mesa Capitular y como tales dicho señor Diputado asi se los afora al señor Solveira azetante y ala persona que se señalare y por tiempo y termino de zien años que principiaron a correr y contarse desde el dia de San Martin de nobienbre del espresado año de mil setezientos sesenta y nuebe asta seren fenezidos y acavados en otro tal San Martin de el que viene de mil ochozientos sesenta y nueve por la renta y cano de cada uno de dichos zien años de quinientos treinta y dos reales vellon “. A finca número 46 pertencía en 1795 a Rosendo.

No ano 1827 varios membros da familia Rodríguez Villarmea seguen a manter unha forte vinculación co Casal da Portela. Nun documento redactado o 20 de agosto de 1827 ante o notario Xoán Antón Millán, podemos ler: "Don Josef Gonzalez Maañón, Presvitero y Capellán, Don Francisco Gonzalez Maañón, su ermano maior, primoxenito ;  Don Josef Rodríguez Villarmea da Portela, de esta Vecindad, y Josef Nécega del Curato dela Villa del Real Priorato de San Martín de Mondoñedo”.[8]

Non descartamos continuar con esta investigación sobre o Casal da Portela, con moita máis historia da que pensamos.







[1] Cal Pardo, H.: Tumbos de la Catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado, páxs. 124 e 125, nº 123.
[2]  Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo San Martiño. Declaración Roi Pérez, fols. 71 r. a 91r.
[3] Cal Pardo, H.: Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado – en el siglo XVI. Nº 382, páx. 79
[4] Cal Pardo, H.: Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado – en el siglo XVI. Nº 1496, páx. 316.
[5] Cal Pardo, H.: Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado – en el siglo XVI. Nº 3642, páx. 789.
[6] Arquivo Catedral de Mondoñedo. Foro das herdades anexas ao lugar da Portela. Marzán. 1756. Armario 9, Estante 1, Libro 2, legaxo 65.
[7] Toda esta información das fincas foi extractada do Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Armario 9, estante 1, libro 2, nº 66. Foro da Casa de Portela. 1771 e revisión de fincas do ano 1795.
[8] Este texto forma parte do traballo de investigación sobre a xenealoxía do apelido Maañón que leva a cabo Antón Maañón e que lle agradecemos a súa xentileza ao pasarnos este dato.