Buscar este blog

sábado, 4 de abril de 2015

A PRAIA DE FOZ IMÁN TURÍSTICO 1850 A 1930.

 A praia da Rapadoira foi e é o imán para o turismo do noso concello. Algo que seguramente os nosos lectores pensen que é un fenómeno reciente, pero non é así.
Nas Ordenanzas do Concello de Foz, do ano 1899, faise referencia aos baños que se tomaban en Foz, intentando regular esta actividade. Mais non é esta a primeira que se fala sobre o turismo de praia en Foz. Este tipo de turismo ten un especial auxe na segunda metade do século XIX. Nesta  época o noso concello convírtese nun punto de destino para turistas da zona máis próxima (Mondoñedo, Lourenzá, Abadín ou Vilalba) pero tamén para os residentes en Lugo. Esta masiva asistencia aos baños provoca unha demanda de habitacións, que se solventa coa oferta que fan as fondas existentes e co aluguer de casas particulares:  “Los baños de mar en el puerto de Foz están muy concurridos de algunos años acá, tanto por las hermosas y cómodas playas de aquella costa y abrigos que ofrecen las riberas del Masma en su desembocadura, como por la equidad en los alimentos y posadas. Si tal vez por recelo de no encontrar casa en aquel pequeño pueblo dejase alguno de aprovechar estos beneficios, se ofrece al que quiera tomar en arriendo en la próxima temporada ó mas, dos casas sin habitantes, la una en el Campo de la Cabaña á orillas de la ria, con cocina, cuadra, sala, ante – sala y un cuarto bastante capaz; y la otra á un cuarto de legua, en el lugar de Mourente con comodidad para una familia numerosa, y huerta amurallada con árboles frutales. Una y otra tienen muebles y camas; los que quieran tomarlas ó cualquiera de ellas puede dirigirse á don José Rodríguez Moscoso, de Rivadeo”. (La Aurora del Miño, 1857, 18 de xuño).
Outra opción para tomar estes baños en Foz é realizar unha viaxe de ida e volta o mesmo día, empregando para isto o servizo de autobuses que existía con este fin. Así vemos un anuncio en 1918 que di: que “el día 19 del actual dará principio entre esta (estase a referir a Lugo) y la playa de Foz, un servicio alterno de autos para la conducción de bañistas”. O día 31 do mesmo mes e ano dise “siguen bajando de los pueblos que comprende este partido judicial (estase a referir a Mondoñedo) y el de Villalba, muchas personas que se dirigen a la playa de Foz, a tomar los baños. De esta ciudad salen abarrotados los vehículos”. (El Progreso, 1918, 17 e 31 de agosto).
En 1919 vemos como se incrementará o número de visitantes “desde el 15 del actual habrá servicio automovilista de Mondoñedo à la playa de Foz, a donde todos los años concurre una verdadera avalancha de bañistas”. (El Progreso, 1919, 12 de agosto)
Se miramos no ano 1930 podemos ver que son “muchas las personas de esta comarca que, para hacer uso de los purificadores baños de mar, se trasladan a la espaciosa y encantadora playa de Foz. Para cuyo fin ha inaugurado un servicio bi semanal de automóviles el vecino de Castro de Riberas don Manuel Lamela Muinelo, pasando por esta localidad (estase a referir a Xustás) a las seis de la mañana”. (El Progreso, 1930, 31 de agosto). En 1935, e ante a masiva demanda deste servicio, o industrial mindoniense Freire Amieiro, inauguraba “a partir del día 12 del mes de agosto establecerá un servicio especial de baños para la playa de Foz”, este servizo ten saída ás 10 da mañá e o seu regreso pola tarde. (Vallibria, 1935, 21 de xullo).

Como temos comprobado Foz acolle a un grande número de visitantes no verán, que veñen a descansar e a bañarse. Entre este incontable número de veraneantes destacamos algún que outro visitante famoso. O primeiro caso que puidemos atopar na prensa data do ano 1893 en que vemos como sae de Lugo “con su familia para la playa de Foz, en donde pasará la temporada veraniega, el ilustrado catedrático del Instituto de 2ª enseñanza don Armando Miranda Palacio”. Probablemente pouca xente saiba que este catedrático era primo de Armando Palacio Valdés, tal e como recolle Gonzalo Gómez Ferrer, no seu traballo titulado Palacio Valdés en los noventa, la quiebra del positivismo (1987), no que  recolle e transcribe unha carta que Palacio Valdés envía ao seu primo, Armando Miranda Palacio. ( El Lucense, 24 de setembro)
Outra familia famosa que chega a nosa praia, aínda que tan so de visita,  é a dos señores O’Shea, que vemos como chegan a Foz o 25 de agosto en “viaje escursión a la playa de Foz, el joven secretario de este concejo don Alfredo Anllo, don Germán Anllo Verdes y parte de la servidumbre de los señores de O’Shea y Verdes Montenegro que actualmente se encuentran veraneando en su magnífica y señorial casa – palacio de Sistallo”. (O pazo de Sistallo atópase no concello de Cospeito, trátase dun edifico de estilo barroco do XVII mandado construír polo ministro de Finanzas don Fernando Verdes Montenegro). (El Progreso, 1921, 25 de agosto). En 1926  vemos como “salió para la playa de Foz, donde se propone pasar el verano, el comandante auditor del Cuerpo Jurídico de la Armada, don Jesús Cora Lira, con su señora y su sobrina Mina”. (El Correo de Galicia, 1926, 15 de agosto).
Un visitante inesperado chega a esta praia no ano 1933 cando unha avioneta militar que ía con dirección a León, tripulada polo capitán Pérez Pardo, “aterrizó anteayer en la playa de Foz, debido a la falta de gasolina”. (El pueblo gallego, 1933, 14 de xullo).
A maior parte dos visitantes  que chegaban aos nosos areais eran  de Mondoñedo, así nolo conta no ano 1918 Antonio de Cora nun artigo titulado “Los encantiños de Mondoñedo”, no que di: “una piña de encantiños mindonienses veranea en la playa de Foz. Esta playa se ha convertido en una continuación del paso de los Remedios. Solo que la playa está más animada aunque menos concurrida".  (El Progreso, 1918, 25 de agosto).
Mais para que a praia de Foz  seguise actuando como imán turístico era necesario dotala de infraestruturas. Así vemos como no ano 1917, e co único fin de atraer a máis turistas e conservar os que había, o concello ofertaba actuacións musicais “en el pabellón veraniego instalado en la playa de Foz viene actuando con gran éxito el afamado duetto “Los Olimpia””. (El Progreso, 1917, 24 de agosto). Outra das infraestruturas que se levan a cabo neste ano é a construción dunha rampa que permita o aceso á praia dende a estrada “muy pronto deben empezar las obras de la rampa que ha de unir la playa de Foz con la carretera”. (El Progreso, 1917, 14 de xullo). Os comerciantes locais solicitaron que estas obras se realizasen no verán porque as mareas non son tan altas, porque hai máis horas de luz e porque as terras que deben de ser expropiadas aínda teñen os cultivos sen recoller.
Outra infraestrutura necesaria era un camiño que unise o porto de Foz coa praia, algo que empezará a coller corpo a fins do ano 1935, “se trata de una obra de gran neccesidad ya que por el barrio de los pescadores va desde el comienzo de la zona del muelle a la principal playa de Foz”. (El Pueblo Gallego, 1935, 9 de setembro). Había máis de dez anos que a Sociedade de Socorros Mutuos solicitara ante a Deputación Provincial a construción deste camiño. Segundo alegara  a Deputación Provincial a Sociedade non puxera os cartos que lle correspondía poñer. Cando a Sociedade aporta o pago correspondente e despois de que os donos das fincas por onde ía pasar ese camiño deran a súa autorización para levar a cabo as expropiacións todo parece indicar que se poden levar a cabo as obras do citado camiño. Estas serían encargadas ao señor Meijide, que era o que estaba realizando a obra do muro que unía a estrada coa farola de Foz.

As fotografías que ilustran este artigo pertencen á colección de Xesús Basanta Martínez. A primeira delas aparece publicada no libro Foz, a xanela dos nosos devanceiros e a segunda forma parte da exposición permanente de fotos antigas de Foz



No hay comentarios:

Publicar un comentario