Buscar este blog

miércoles, 19 de octubre de 2016

CRONICA NEGRA LAURENTINA: DE 1889 A 1920.


Este artigo está dedicado a dúas persoas que coñezo e aprecio. Ambas naturais e residentes en Lourenzá comparten comigo o amor pola nosa intra historia.

A primeira noticia que puidemos atopar, seguro que existan outras anteriores, data de finais de 1889. Sabemos polo xornal El Lucense: diario católico de la tarde que “en San Adriano de Lorenzana se encontró muerto un jóven de 18 años, con una herida en la cabeza. El juzgado instruye diligencias”. (1889, 11 de novembro).

Dentro da crónica negra, de igual maneira que en calquera outra materia, temos diferentes gradacións, non é o mesmo un roubo que unha loita, e unha pelexa con feridos ou mortos non é o mesmo que un crime.

Así non é o mesmo unha epidemia de cólera que o ataque dun can rabioso, tal e como acontece en 1898. Nese ano un “un perro rabioso mordió allí a tres personas, las cuales pedirán auxilios á la diputación provincial para ponerse en cura”.( El Áncora: diario católico de Pontevedra. 1898, 28 de setembro).

Hai moitas razóns polas que pelexar, política, débedas económicas, insultos a familia ou fútbol, entre outras. Pero tal vez a máis antiga, tanto coma o home, sexa a quen ten polo medio o amor a unha muller.Así  aconteceu no ano 1899, despois das festas, en que varios homes se enfrontan entre “después de la verbena celebrada el sábado se promovió un altercado entre varios jóvenes, algunos de la parroquia de Masma, amenazando casi todos, al parecer, á Enrique Rodríguez Pérez, que no pudiendo defenderse huyó hacia el puente que hay en la carretera á la salida de la villa, y viéndose allí acorralado sacó un cuchillo y lo clavó en Ramón Seijo Iglesias, natural de Masma, que era uno de los perseguidores.”(El Correo de Lugo, 1899,31 de agosto ). Os que presenciaron o crime sospeitaban que a causa estaba nun triángulo amoroso protagonizado por unha fermosa dama, non podía ser doutra maneira, e dous homes: Francisco Seijo, irmán do falecido, e Henrique Rodríguez, o agresor. No anterior xornal tamén se fai mención a esa“mujer, al parecer muy hermosa, natural de la Inclusa y criada en el Valle de Lorenzana, en donde residió hasta que se marchó á Madrid, dejando en el mismo lugar donde fué criada un niño de corta edad. Dícese que en Madrid se puso en relaciones con el hermano del interfecto, sin dejar de sostenerlas con el presunto autor del homicidio, que estaba en Cuba, de donde ha regresado hace poco”.

Henrique será citado o día 23 de marzo de 1900 no xulgado de Mondoñedo para responder do cargo de homicidio que pesaba sobre el.  

 

Algo moi repetitivo dentro do mundo da crónica negra son os roubos e así veremos agora unha serie de roubos acontecidos en Lourenzá ou protagonizados por laurentinos.

A finais de xullo de 1901 a garda civil da Veiga de Ribadeo detén a Francisco Blanco López, natural e veciño de Vilanova de Lourenzá, acusado de ser “presunto autor del robo de 185 pesetas a Ángel Reguero, residente en dicha villa”. (El Regional, 1901, 23 de xullo).

En 1906 varios mozos mantiveron o que, na prensa do momento, se nomeou batalla campal. Así podemos saber que “en un baile que se celebraba en Arrojo, Ayuntamiento de Lorenzana, ha habido una verdadera batalla campal entre los mozos de distintos pueblos. La colisión surgió en el momento en que reinaba en la fiesta mayor alegría. Como causa se señala a una agraciada joven a la que parece galanteaban varios de los contendientes. En la lucha se emplearon palos, piedras y armas de fuego, resultando heridos de gravedad Fermín y Atilano López. Se tiene por providencial el que no hay ahabido mayor número de desgracias dada la cantidad de disparos que se hicieron. En el campo de pelea se han recogido varias armas y hay algunos detenidos”. (El Noroeste, 1906, 7 de decembro).

O ladrón roubado, así lle poderíamos chamar a este suceso que acontece en 1907. Polos xornais sabemos que Xosé María Ventoso, veciño de San Xurxo de Lourenzá, roubáranlle a cantidade de 300 pesetas en billetes do Banco de España. Os carabineiros deteñen a un ferreiro, Ramón Paleo Leal, de 28 anos e aveciñado nesa parroquia.

O citado Ramón Paleo non confesa ata que se presenta a garda civil, pouco despois “manifestó que la mayor parte del dinero la había ocultado en el barquín de su taller. Se hizo un reconocimiento en la fragua y las 275 pesetas escondidas por el ladrón desaparecieran, robándoselas otros cacos, que destrozaron para ello los fuelles del barquín. Nuevas investigaciones para descubrir a los autores del robo dieron por resultado la detención de Rosendo Yáñez Ventoso y Francisco Ventoso, tío y hermano, respectivamente, del primeramente robado, encontrándoles 200 pesetas en billetes de las sustraídas al José María Ventoso y ocultas por el herrero Paleo. En la cárcel de Mondoñedo ingresaron los tres detenidos, instruyéndose por el juzgado la correspondiente causa”. (El Noroeste, 1907, 19 de decembro).

En 1909 acontece que na parroquia de Santo Tomé de Lourenzá un suceso lamentable, “murió a consecuencia de un tremendo puntapié que recibió en el bajo vientre José Reigosa Martínez, conocido por El Ferreiro. El autor del crimen, Antonio Gayoso, ingresó en la cárcel”. (El Regional, 1909, 25 de agosto).

No xornal El Progreso infórmasenos desta noticia e apúntase que “han sido detenidos los vecinos de la misma parroquia, Ramón Gayoso y un criado del tabernero de la misma localidad Ramón Freire(El Progreso, 1909, 24 de agosto).

Bastante máis de 185 pesetas foron as perdas sufridas polo comerciante de Vilanova, Henrique Junquera, ao que lle rouban “más de una veintena de jamones”, sendo este a continuación doutro roubo  que tivera lugar “días antes en la parroquia de San Jorge robaron a un vecino de la misma algún dinero, chocolate, lacones y otras varias cosas”. (El Regional, 1912, 28 de xaneiro).

Vimos anteriormente varias pelexas motivadas por distintas causas, algunhas veces teñen o seu inicio estas pelexas en simples discusións como por exemplo polo prezo dun xato.Así lles acontece ao veciño de San Martiño, Xosé Díaz Grandío “que quería vender un ternero al ganadero de Santo Tomé de Lorenzana, Rosendo Cantos. Discutieron el precio y condiciones de la res, sin llegar a un acuerdo; por el contrario, hubo insultos de parte a parte y el ganadero, montando en cólera, golpeó al labrador con un palo que llevaba y como éste se defendiese, el Cantos apeló a un instrumento cortante, que se supone fuesen las tijeras de marcar el ganado, causándole una herida en el cuello”. (El Noroeste, 1915, 26 de abril).

Se ben é certo que o crime máis famoso, polo menos o que maior papel escrito deu de si, é o de Pena Corbeira, imos pasar moi por enriba, porque deste crime ten falado Manolo Román no seu libro “Lume aceso” e porque daría para un artigo el solo.

Resumindo diremos que o día 17 de setembro de 1918, volvendo de Riotorto en automóbil varios veciños de Lourenzá, todos eles agraristas, foron detidos no camiño por un veciño de Riotorto, Antón Bermúdez Leivas, que disparou dúas veces contra Vicente Fernández. O feito relatado, que hai que situalo nas loitas contra o movemento agrarista que neses anos alcanzaron gran pulo no concello de Lourenzá, provocou grande alarma pois ao atentado, que non lle custou a vida a ninguén, seguiuno unha serie de protestas protagonizadas por agraristas, que foron duramente reprimidas pola garda civil. Tamén este atentado pasou a historia con maiúscula porque a vítima, Vicente Fernández, entre outras moitas cousas, era o pai de Francisco Fernández del Riego.

Este suceso foi o que mantivo en segundo plano o roubo que sufriron no seu taller de ebanistería, no mes de setembro, “los hermanos Hermida”. Estes veciños da parroquia de San Xurxo tiñan un taller que ardeu, pero non foi fortuíto pois “el hecho de notarse la desaparición de varios objetos y encontrarse abierta la puerta del taller hacen sospechar que el fuego fue intencionado”. (El Progreso, 1918, 11 de setembro).

O 3 abril de 1920 róubanlle  ao veciño de Santo Tomé de Lourenzá, Antón Gayoso Posada, unhas  ferramentas por valor de “más de 250 pesetas: dos serrones de mano, una colección de gubias de talla y trenchas, un taladro, un cepillo, una hacha, una colección de mechas y otros pequeños útiles”. (El Progreso, 1920, 3 de abril). Pero este grupo de xitanos, aparte de roubar, segundo o xornal, tamén se dedicaban a estafar. Así lle acontece á veciña de Santo Tomé Xosefa Gayoso Pérez á que: “una embaucadora gitana hizo que le entregase 650 pesetas, hecho cometido el día 22 de marzo, pero del que no dio cuenta la cándida Josefa, porque hasta el día de ayer no expiraba el plazo de nueve días que la gitana le propusiera para presentarse nuevamente en su casa y ambas recoger un tesoro que, sin duda, debía de caer de las nubes”. (El Progreso, 1920, 3 de abril). Deste caso último podemos dicir que a xitana aparece xa detida nunha noticia do 11 de xuño, segundo a cal a estafadora chamábase María Blanco e das 625 pesetas tan só “pudieron recuperarse 287 pesetas de la cantidad estafada”. (El Progreso, 1920, 11 de xuño).





Rematamos este artigo co suceso acontecido a principios do mes de agosto deste ano. Segundo sabemos o garda civil detiña ao veciño de San Xurxo, Paulino Oural Seivane, como presunto “autor de lesiones graves inferidas con un disparo de escopeta a sus convecinos José Oural Cabanela y a la hija de éste Andrea Oural Sánchez”. (El Lucense, 1920, 6 de agosto).


No hay comentarios:

Publicar un comentario