Buscar este blog

lunes, 11 de mayo de 2015

HOMES DE FOZ MORTOS NO REAL SERVIZO DA MARIÑA. 1780 a 1783.





Semella un espazo de tempo moi curto, catro anos, pero como iremos descubrindo ao longo deste artigo nese período de tempo  Foz perde un total de catorce mariñeiros focegos, dos moitos que estaban enrolados na Mariña Real española.

No  ano 1782 o bispo de Mondoñedo, don Francisco Cuadrillero e Mota, enviaba a tódolos curas párrocos un cuestionario composto por cinco preguntas. Na primeira delas querían saber o número de veciños e de almas da parroquia, vexamos o que contesta o cura párroco de Foz, don Diego de Quindós,: “Santiago de Foz tiene seiszientas quarenta y seis personas de Comunion, las que ochenta se hallan ausentes, sirviendo a su Magestad en su Real Armada y murieron en dicho Real Servicio desde el principio de la actual Guerra otros veinte y un hombres. Ay ciento cinquenta y nuebe casas, alguna con tres matrimonios, pocas de a dos y todas acomodan ciento ochenta y cinco vecinos, los que cinquenta y dos son mugeres viudas”. (Fernández Pacios, X.R.: Poboación e igrexa no bispado de Mondoñedo en 1782; Estudios Mindonienses, nº 23, p.890).

O que seguramente lle chame a atención ao lector é a diferenza temporal entre a morte dun mariño e a realización de misas pola súa alma na igrexa parroquial de Foz. Esta tardanza débese a que as noticias da morte dun mariñeiro chegaban a través doutros focenses que estaban nese barco. Un exemplo claro do que acabo de dicir é o que podemos ler na partida de defunción de Diego Antón Guerra. Se ben a  súa partida atópase inserta na relación de mortos de principios do ano 1789 nela podemos ler: “murio en el Real Servicio de Marina, en la fragata Santa Clara, vinviendo de Montevideo, habra mas de doce años”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 255).

Vexamos logo unha breve relación de mortos de Foz no Real Servizo:

1780,

A principios de febreiro dese ano o cura párroco de Foz, Don Diego de Quindós, recibía varias cartas, “de muchos vecinos que actualmente se hallan en Cádiz”, nas que informaban da morte de Fernando de la Rocha, segundo consta na súa partida de defunción falece “el  día 16 de enero  del corriente año de 1780, viniendo ocho navios de Hespaña de Puerto de Bres de Francia, al llegar al estrecho se hallaron con una esquadra inglesa de hasta treinta navios y fragatas inglesas con un comboi de viveres para la plaza de Jibraltar, que en todas componian ciento y tantas belas y aunque con fuerzas tan desiguales se trabo choque con mucho honor de las armas españolas pues peleo cada navio contra quatro o cinco de los ingleses. Uno de España nombrado Santo Domingo, prendio fuego y se volo y entre los marineros que en el han perezido uno fue Fernando de la Rocha, soltero, vecino desta feligresia de Santiago de Foz, fixo lexitimo de Francisco de la Rocha y de Isabel Pita, su muger”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 212).
Outro mariño do noso pobo morto neste mesmo navío é Caetano Meitín,  casado con Manuela Fernández, era “artillero de mar, el qual ha sido uno de los que perecieron el dia diez y sies de henero del proximo de ochenta en el navio Santo Domingo, quando se incendio, sin haverse salvado una sola persona de su tripulacion”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 216).
(Imaxe do navío Santo Domingo).

Segundo a páxina web  Todo a babor (http://www.todoababor.es/listado/navio-santodomingo.htm) o Santo Domingo era un barco de 74 canóns e dúas cubertas que formaba parte da escuadra encargada do bloqueo de Xibraltar, estaba comandada polo almirante Xoán de Lángara e composta por 11 navíos e 2 fragatas.
O día 16 de xaneiro foi sorprendida á altura do cabo de Santa María pola escuadra británica, comandada polo almirante George Brydges Rodney e composta por 22 navíos de liña e 10 fragatas. Sabemos que o navío Santo Domingo explota causando a morte de toda a tripulación.

Tamén por veciños de Foz enrolados sabemos da morte, a principios de marzo no hospital de Cádiz, de Agostiño Pérez, solteiro, de 30 anos de idade, fillo de Brais Pérez e Rosa Sánchez, “era artillero, que se hallaba sirviendo a su Magestad en su Real Armada”. A mediados do mes de marzo dese ano, Diego Barata, “artillero del mar en el navio San Isidoro, casado con María Fernandez”, falecía tamén no hospital de Cádiz.

Segundo a páxina http://www.todoababor.es/listado/navio-sanisidoro.htm o San Isidoro era un navío de 50.71 metros de eslora por 14.01 de manga, equipado con 26 canóns de 24 libras, 28 de a 12 libras, 14 de a 8 libras e 4 canóns pedreiros de a 3 libras. Na tripulación, composta por 429, había un total de 12 artilleiros de preferencia e 66 artilleiros de mar, un deles era de Foz.

O día 21 deste mesmo mes morría no mesmo hospital  Xoán Antón Orosa, veciño de Foz, casado con Antía Fernández, sóubose da súa morte grazas a unha carta enviada polo seu cuñado, Xosé García, tamén destinado no Real Servizo. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 213).

A esta muller, Antía Fernández, aínda lle quedaban por pasar amargas dores pois recibirá, pouco tempo despois de saber do falecemento do seu home, a noticia da morte do seu fillo “Melchor Orosa, hixo de Juan, naural de Foz, casado con Antonia Fernandez, y Artillero de mar de la Santissima Trinidad, entro enfermo en treze de marzo de mil setezientos y ochenta, murio en veynte y uno de dicho mes y año”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 216).
(Planos do navío Santísima Trindade).

En abril de 1780 morren Marcos Fiallega e Francisco Palmeiro, aínda que en Foz non tivemos noticia de tal suceso ata xullo de 1781. Nesta data  e por varias cartas “que han venido de algunos vezinos de esta feligresia de Santiago de Foz que se hallan en la Habana” sóubose da morte destes dous homes. A carta que chegou a Foz fora escrita por Francisco Solveira, veciño de Foz, do barrio do Porto, e remitida a súa nai Ana da Senra nela dicía “que haviendo salido los navios de Cadiz en Abril del mismo año (refírese a 1780) y tardado mas de tres meses en la navegazion, en el discurso de los tres meses muriera muchisima gente, asi de tropa, marineros, como sus compañeros vecinos Marcos Fiallega y Francisco Palmeiro”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 217).









(Maqueta do navío Santísima Trindade).

1781

En agosto recíbese a noticia da morte de Xoán Fanego, fillo de Marcelo Fanego e Manuela Fernández, “se hallaba sirviendo a su Magestad en la Fragata nombrada Santa Leocadia y murio en el combate que ha tenido quando quedo prisionera de guerra con todos los que la mandaban y tripulaban”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 221). A citada fragata estaba comandada polo tenente de navío Francisco Xavier de Winthuyssen e Pineda “el 1 de marzo de 1781, cuando reconocía un convoy, trabó combate con el navío inglés Canadá, de 76 cañones, al que tuvo que rendirse con 80 muertos y 106 heridos a bordo, entre ellos el propio Winthuyssen,  que perdió el brazo derecho”. http://cvc.cervantes.es/actcult/museo_naval/sala5/personajes/personajes_02.htm

1782

O día 8 de abril deste ano recíbese en Foz carta de Lois Leitón, na que informaba da morte de seu cuñado,Manuel Palmeiro “y que no tenina duda de que dicho Manuel muriera en la mar yendo en el comboy para Puerto Mahon”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 224).
Sabemos tamén que o día 4 de xuño deste ano sabemos da morte de Francisco Doval (na documentación aparece escrito como Do Bale, polo tanto o apelido actualmente podería ser Doval ou Val), era fillo de Agostiño Nareo do Bale e de Antía Rodríguez. Francisco estaba embarcado no Real Servizo da Mariña, de igual maneira que seu irmán maior Agostiño, e sabemos que a súa morte “ha sido de un balazo que recivio en el navio”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 226).

O día 23 de novembro morre Salvador Leitón, tal e como certifica por carta o capitán da Real Armada, don Lois Latas. Sabemos pola referida carta que este veciño de Foz estaba embarcado na fragata Santa Cilla.


1783

O día 16 de maio dese ano morría, “en el hospital del Real Arsenal de esta ciudad de la Abana, Blas Maseda, artillero de mar del navio San Juan, casado con Manuela Rodriguez, natural del puerto de Foz, de hedad treinta y seis años”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 235).
O día 1 de xuño morre no Real Servizo Hilario Palmeiro, veciño de Foz.

¿Cantos mariñeiros de Foz estiveron embarcados na Mariña Real? Descoñecémolo seu número, neste artigo tan so falamos dos que morreron, xa que deles quedou pegada documental, pero dos que felizmente puideron volver a Foz nada se soubo, non temos atopado aínda rexistros de embarcados nos que poder buscar, mais non descartamos poder atopalos.


sábado, 9 de mayo de 2015

BERNARDA: UNHA MULLER MALTRATADA NO FOZ DE 1763.



Hoxe en día a maltratar a unha muller chámaselle violencia de xénero, expresión  que oculta termos, tal vez mal soantes para os culpables, como mala persoa, animal, maltratador ou asasino. Porque unha persoa que golpea e menospreza a outra persoa coa que vive non merece outro termo.

O ano pasado, 2014, Foz estremecíase cun lutuoso suceso, un home, afectado mentalmente, algo que nin o xustifica nin o exime de culpa, suicidábase non sen antes executar á súa muller, tal vez na louca pretensión de que o acompañase, para seguir soportando os seus abusos, ao outro mundo.

Este tipo de violencia exercida sobre as mulleres era, e por desgraza aínda segue a ser, habitual. O problema deste tipo de violencia era que non se denunciaba, razón pola cal os maltratadores sentíanse seguros, pois ao non haber denuncia non pode haber castigo, é máis, noutros tempos o feito de existir denuncia non implicaba un conseguinte castigo.
Era en tempos pasados tan habitual o maltrato que se acuñaron frases como “fulanita tivo mala sorte co home que lle tocou”. A mala sorte non ven porque o home en cuestión estivese sempre enfermo ou porque fose corto de mente senón que fai referencia á presenza de maltrato físico.

O artigo que hoxe sacamos é a transcrición dunha partida de defunción que atopamos no Arquivo Diocesano de Mondoñedo, no libro de defuncións número 3 da parroquia de Santiago de Foz, folios 97 recto e volto.

A partida de defunción que redacta don Diego de Quindós, cura párroco de Foz, seméllame tan  interesante que, en vez de resumilo, vouno transcribir integramente. A partida di así:

Bernarda. Pobre.

En treze de Diziembre de mill setezientos sesenta y tres murio administrada del Santo Sacramento de la extrema Unzion, sin poder serlo de la Penitencia y Santisimo Viatico una muger, que dixo llamarse Bernarda, natural de la feligresia de Figueiras, en el Principado de Asturias, y el dia quiza de dicho mes se dio sepultura a su cadaver dentro de la Yglesia Parroquial de esta feligresia de Santiago de Foz. Esta muger la encontre Yo el infraescrito cura el dia diez de este dicho mes en el soto de Boimende, feligresia de San Martin de Mondoñedo, serian las eis de la noche con corta diferenzia y haviendo intentado recogerla en un molino que estaba a la immediazion jamas pude conseguirlo me la admitiesen y considerando que estaba expuesta a morirse de noche me vali de Victorio Solveira, vezino de San Martin, para que me la tragese a mi casa, como lo executo y en ella se le asistio de todo lo nezesario, y aunque la exortè repetidas vezes se confesase no pude conseguirlo, solo me asegurò se avia confesado dos dias, havia luego perdido el habla y los mas sentidos y así se murio.

Me han asegurado era muger casada y que se escapara a su marido mas ha de dos o tres años, sin haver forma de que quisiese vivir con el y haciendo yo cargo de esto, corrigiendola y asegurandola la havía de llebar Yo y entregarla a su marido para que viviesen en Union me asegurò que lo haria con tal que pusiese a este una fuerte correzion para que quebrase de su genio por donde inferi ser la misma que me digeron estaba casada, y que le havian oydo llamarse Bernarda.

En el referido dia de suentierro se le digeron seis misas, la una de ellas cantada y con su vigilia. Y el dia catorze se le ha dicho otra en el Altar Privilegiado. Suplio la cera para para el entierro la Cofradia de las Benditas Animas y por hallarme noticioso de que dicha difunta no estaba aun en la calle hize amortaxarla en un habito de picote de Nuestro Padre San Francisco. Hixos del matrimonio me dizen le oyeron dezir que no tenia. Habra como dos meses estubo en el hospital de San Martin de cuia feligresia la fueron expeliendo hasta el sitio referido en que la halle. El Brazo izquierdo lo traya baldado y las piernas tambien. Me ha asegurado que no sabia como se pusiera assi”.


Firma a partida de defunción o cura párroco de Foz don Diego de Quindós, o mesmo que escribe nunha nota marxinal o seguinte: “El marido de esta difunta soi notizioso se llama Lorenzo Suarez y que es tambien pobre como lo era su muger”.

jueves, 7 de mayo de 2015

O CURA INVENTOR DE CANGAS.


Neste artigo imos falar do cura párroco de San Pedro de Cangas, don Tomás Pérez Barrera. Non será esta a derradeira vez en que falemos de curas pois a nosa vida e a nosa historia estivo moi vinculada ao mundo eclesiástico.

A primeira vez que soubemos deste cura párroco foi ao ler un anuncio nun periódico do ano 1880 no que se di: “Don Tomás Pérez Barrera, cura párroco de San Pedro de Cangas, en la provincia de Lugo, ofrece hacer marchar á cualquier quilla sin remos, velas, ni carbón, y que ninguna naufrague á no tocar en bajos o escollos”(La Correspondencia de España, 1880, 5 de setembro.)
En novembro de 1880 o periódico El Diario de Lugo respostaba ao xornal vigués La Concordia. Este último acusábaos de gardar silencio sobre o invento do citado Tomás Pérez, ante tal falacia o periódico El Diario de Lugo contestaba que a noticia do invento se publicó, no en diarios de la corte y extranjeros, como dice La Concordia, pues el primer periódico que la dio a la luz fue un periódico gallego (…) nos parece que el periódico referido fue el Diario del Ferrol”. (Diario de Lugo, 1880, 20 de novembro.) Segundo este xornal o citado cura “se compromete á construir, con menos de quinientos pesos, un motor que servirá para que La Numancia ande de 12 á 15 millas por hora, con la dotación de seis u ocho hombres. Los motores para lanchas ó botes no subirán de sesenta pesos y la dotación de dos marineros.
Si el invento se realiza, indudablemente será maravilloso y causará una verdadera revolución, inmortalizando el nombre del autor, el cual, nos dice La Concordia, prepara instancia, memoria y planos para elevarlos al Gobierno, á fin de que se autorice el ensayo de dicha invención en el arsenal del Ferrol. El señor Pérez Barrera, en carta que se cita el periódico vigués ha hecho en su parroquia un pequeño ensayo con buen éxito”.

Tras este artigo o cura remítelle ao periódico unha carta na que lles agradece que se ocuparan do seu invento e afirma  que se ofrecía “hacer por su cuenta los ensayos precisos para probar los efectos de su invención, aunque en pequeña escala por carecer de recursos para intentarlos en barcos de gran importancia. Después de explicar todas las tribulaciones porque ha pasado á consecuencia de su descubrimiento nos comunica el Señor Pérez otras dos aplicaciones de este. Ofrece á los carromatos el medio de que sus carros puedan bajar las cuestas sin necesidad de galgas y sin el menor daño de los tiros, cuyo ensayo también promete realizar. Se compromete, además, á hacer subir un coche las cuestas con más velocidad que un fogoso caballo, economizando la fuerza animal que en tal servicio se emplea.” (El Diario de Lugo, 1880, 4 de decembro.).


Transcorrido un ano o citado cura aínda estaba en proceso de venta do seu invento, semellaba que ninguén se interesaba por el a pesar do ensaios realizados en Cangas “alguna vez ha ocupado nuestra atención con su invento respecto a un nuevo sistema de locomoción, nos escribe una nueva carta participándonos que ha realizado su oferta de hacer andar el ferro-carril y los buques de vapor, en varios ensayos recientemente praticados, cuyas pruebas tiene de manifiesto para convencimiento de incrédulos” (Diario de Lugo, 1881, 23 de setembro).
Sabemos que o día 30 de setembro de 1906 morría o citado cura, que “pertenecía a la Hermandad de sufragios con el número 169 y dejó acreditado el cumplimiento de las misas”. (Boletín Eclesiástico do Bispado de Mondoñedo, 1906, 1 de novembro.).

Tomás Barrera non chegou a vender nunca o seu invento, ou polo menos iso é o que semella, a pesar dos continuos anuncios que aparecían en diferentes periódicos.

Que non conseguise vender o seu invento fainos pensar que, tal vez, non cumpría co prometido. Iso fainos pensar en que, probablemente, Tomás Barrera fose un home algo trastornado mentalmente. Esta inquedanza motivou que nos achegásemos ao Arquivo Diocesano de Mondoñedo e consultásemos o expediente persoal do citado cura párroco.


No citado expediente gárdase unha copia da denuncia que varios veciños interpoñen contra o seu cura párroco. Segundo as declaracións destes veciños, que hai que tomalas con toda precaución e reserva, o citado cura párroco era unha persoa bastante peculiar, que non se relacionaba con ninguén e que estaba enfrontado coa veciñanza. Como exemplos afirman que cando se trasladou o Santísimo Sacramento da capela das Abelairas á igrexa parroquial negouse a acompañalo “sino que ni aun se ha servido salir a recibirle, cerrando, con gran admiración y mayor escándalo, las puertas y ventanas de su casa”. Foi acusado de quedarse cunha cruz de cantería que se regalara para a Igrexa así como con cartos dos pagos realizados polos veciños para contribuír coa igrexa parroquial. De igual maneira que a popular canción di que o sancristán de Coimbra mollaba o pan en aceite e deixaba aos santos a escuras o citado cura é acusado de quitar aceite destinado ao Santísimo Sacramento “despues de estar la lamparilla apagada la mayor parte del tiempo, llegando a tal estremo este imperdonable asunto, que hasta los días de Precepto, con la admiracion de todos, no se encendio sino en el momento de la celebracion del Santo Sacrificio”. Tamén é acusado de non prestar a atención necesaria ao seu rabaño, de portar escopeta e pistola e de pasar todo o tempo “en ferias de ganados y otras jornadas, que hace marchando y regresando a caballo con belocidad que admira a cuantos lo ven en el escape; esto no solo lo hace en la Parroquia sino que fuera de ella, en donde se le ha visto estrellar contra el suelo repetidas veces con no poca esposicion de su vida; se ocupa no solo de comerciar en caballerias y ganados tanto bacuno como lanar y no en el desempeño de su obligacion, procediendo escandalosamente aun con sus mas respectables compañeros, a manera del mas innoble gitano (…) Sin dar satisfacion alguna a sus feligreses sacò las puertas y cancillas del Atrio y cementerio, haciendo de estos lugares respectables, establo de caballerias.” A citada denuncia é firmada por 24 veciños o día 28 de abril de 1855.

miércoles, 6 de mayo de 2015

CRONICA NEGRA DAS PARROQUIAS DO CONCELLO DE FOZ.





Neste artigo falaremos de algo que sempre foi común ao ser humano, os odios, a xenreira, a envexa e as liortas. Falaremos de algo, que de igual maneira que acontece hoxe en día, sucedía no noso concello nos séculos XIX e XX, estámonos a referir á crónica negra das parroquias do Concello de Foz.
O primeiro dato que atopamos na prensa sobre este tema dato do ano 1880. Refírese ao roubo que dous enmascarados levan a cabo na casa do cura párroco de Santa Cilla “sorprendieron a la criada, a quien ataron y taparon la boca, apoderándose enseguida del cura. La criada consiguió soltarse de sus ligaduras y cerrando por dentro la habitación desde una de las ventanas dio voces de “fuego, ladrones”, á las que acudieron porción de vecinos, que capturaron a los dos criminales y recobraron treinta onzas que los ladrones tenían ya en su poder”. (La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880, 18 de xaneiro.) Os dous ladróns eran Bieito Paleo, veciño de Santa Cilla, que recoñeceu o crime cometido e  o seu socio era “Francisco Rodríguez, alias Bayona, vecino de Fazouro que por sus malos antecedentes fue expulsado de Madrid”. Como podemos ver era habitual tentar roubar na casa do cura pois nela soia haber cartos.
Outro sitio onde se producen frecuentes liortas é nas romarías, nas feiras e máis precisamente á volta delas. En 1894 vemos como “después de la feria de San Acisclo, ocurrió una riña de la que resultó muerto, a consecuencia de una puñalada el vecino de Carballido llamado Benito Canoura”.(El Anunciador: diario de la Coruña y Galicia, 1894, 10 de marzo). Realmente esta noticia aparece moito máis completa no xornal El Eco de Galicia, que seguiremos. Segundo este periódico o falecido chamábase Bieito Otero Fernández, “de 22 años de edad, soltero, hace dos años que estaba en Madrid de panadero y vino a Carballido habrá 8 días para presentarse a la cuarta revisión; habiendo sido declarado exento del servicio militar activo en las tres anteriores, por inutilidad en la mano derecha del padre”. O acusado de ter asestada a fatal puñalada era un veciño de San Acisclo chamado Manuel Fernández, de 20 anos, solteiro e labrador de profesión. Segundo parece o crime aconteceu da seguinte maneira: “celebrándose el día 5 en la parroquia de San Acisclo la feria que mensualmente tiene allí lugar, á la que concurrieron  el interfecto y el agresor; á la caída de la tarde, pasando el Benito por el puente por debajo del cual discurre el Rio Oro, le llamó el agresor y ambos cambiaron algunas palabras en voz baja, que no pudieron ser oídas por las personas inmediatas, y transcurridos unos minutos, comenzaron uno y otro á darse de golpes con unas varas que llevaban y á insultarse, diciéndose luego que el interfecto sacó un arma blanca, con la que arremetió al Manuel Fernández, y este echó á correr con dirección á la feria; y como creyese que aquel le alcanzaba, sacó una navaja y dando media vuelta, asestó el golpe al Benito  que le produjo una herida de cinco centímetros en el tórax”.( El Eco de Galicia, 1894, 12 de marzo). O agresor foi detido no mesmo intre de cometer o crime pero nunca confesou cales foran as causas que motivaran a liorta, aínda que os veciños de San Acisclo sospeitaban que se podía tratar de problemas de saias, por estar implicada unha rapaza de Carballido que acompañara varias veces ao citado Bieito.

Nese mesmo ano, pero no mes de novembro vemos como son denunciados no posto da garda civil de Foz un grupo de xitanos que o dia 11, “habían estafado á Josefa Pardo, esposa de Anselmo Fernández, de Santiago de Fazouro, la cantidad de 100 pesetas, valiéndose para ello de un momento en que fué atacada por un acceso de enagenación mental que sufre con frecuencia, ofreciéndole la curación con palabras y otras cosas”. (El Regional, 1894, 15 de novembro).
Volveremos a ter noticia da presenza de xitanos en Fazouro en 1934. Nese ano podemos ler na prensa que como ingresaba no hospital de Lugo Ramón Moreno Gabares, de etnia xitana, o que “formaba parte de una caravana que acampaba en las inmediaciones de Fazouro viéndose sorprendida por el tiroteo de unos desconocidos, durante el cual recibió una herida Ramón Moreno, penetrándole la bala por la región frontal con salida por la occipital”. (El Pueblo Gallego, 1934, 7 de xaneiro).
Resulta habitual que antes de que veciños comecen a pelexar entre si se produzan certos ataques previos, así lle acontece á veciña do lugar de Alemparte, en Cangas, Rosa Trobo, quen en 1909 ve como lle rompen os cristais a pedradas, resultando que o culpable era o seu veciño de porta con porta Manuel Rodríguez Suárez “conocido por el sobrenombre de Chifre”. (.(El Progreso, 1909, 15 de setembro).
Outra liorta que ten lugar ao volver dunha romaría é a que acontece en 1903 cando “al regresar de la Peregrina, romería que se celebró en la parroquia de Cordido, Mondoñedo”, dous veciños da parroquia de Cangas, Francisco Fernández e Francisco Fanego, comezan unha liorta entre eles que remata cando o citado Fanego apuñala “por la espalda, diez puñaladas, las siete primeras en el costillar de muy poca profundidad, y las tres restantes en la cabeza, de las que está herido en estado grave”, mentres que o Fanego ingresaba no cárcere de Mondoñedo. (El Eco de Santiago, 1903, 17 de setembro). Xa que estamos a falar da crónica negra de Cordido deberíamos facer unha breve mención aos irmáns Xosé e Clorindo Blanco Neira. O primeiro fora detido o 18 de agosto de 1909 por levar consigo unha navalla de grandes dimensións. O 29 de xullo de 1910 será detido polo mesmo crime. Por outra banda o 4 de setembro de 1918 seu irmán Clorindo será detido acusado de roubar un cordeiro valorado en 20 pesetas. (El Progreso, 1909, 18 de agosto; 1910, 29 de xullo e 1918, 4 de setembro).
A garda civil de Foz detiña a Ramón Penabad “como presunto autor del robo de 116,50 pesetas y una escritura al vecino de la parroquia de Villaronte, José González Fernández, fue ejecutado valiéndose de una escalera de mano y penetrando por una ventana de la planta alta de la casa, estando dicho dinero en un cajón de una mesa, de donde se sustrajo sin hacer violencia, lo cual parece indicar que era persona conocida de casa y se valió de una llave falsa. El individuo detenido está casado con una hija del robado y separado de la mujer hace dos meses. En el acto de ser detenido le fueron ocupadas sesenta pesetas en monedas de plata”. Trala súa detención foi enviado ao cárcere de Mondoñedo. (El Correo de Galicia, 1910, 25 de febreiro).
Era bastante habitual que os mozos portasen armas cando ían a festas, a romarías, a feiras e a actos litúrxicos, senón vexamos a incautación de armas que leva a cabo a garda civil en 1910 “en la función del Desenclavo que se celebró el Viernes Santo, en la parroquia de Santa Cecilia, en Mondoñedo, fueron decomisadas por la guardia civil del puerto de Foz las siguientes armas”. (El Progreso, 1910, 30 de marzo). A relación de armas é a seguinte:
Unha pistola de dos canóns a Antón Díaz, veciño de Mor. Unha navalla de 21 centímetros a Antón Leal, veciño de Carballido. Unha navalla de 23 centímetros a David Callón, veciño de Adelán. Unha navalla de 24 centímetros “y de muelles” a Xosé Peña. Unha navalla de 22 centímetros a Cándido Fernández, veciño de Santa Cruz. Unha navalla de 21 centímetros a Anxo Martínez, veciño de Alfoz. Unha navalla barbeira a Xosé Fernández, veciño de Mor. Unha navalla barbeira a Xosé Couso, veciño de Ferreira.
Sen abandoar a parroquia de Santa Cilla, debemos mencionar un  suceso bastante macabro. Trátase da aparición duns restos óseos en 1913 “y en una finca que pasa de veinte años que no fue cultivada, se encontraron a flor de tierra, la calavera, algunas costillas, parte de los huesos de los brazos, la mitad de un chaleco, una cartera, una navaja, un espejo y una ganzúa”. (El Progreso, 1913, 28 de maio). A caveira conserva tan só dúas moas, o que lles fai supoñer que se trataba dunha persoa ancián, ao esqueleto fáltanlle os osos da cintura para abaixo debido á acción  dos cans e das aves carroñeiras.
O paso e os lindes de propiedades son causa habitual de conflitos que acaban en liortas, así acontece en Cangas, en 1916, cando varios veciños do lugar de Ribela comezan unha pelexa motivada pola disputa “sobre el paso del ganado en una finca”, resultando feridos un home e dúas mulleres “a consecuencia de las heridas inferidas con hoces y piedras”. (El Progreso, 1916, 18 de outubro). En 1931 atopamos este motivo como causa da pelexa que mantiveran dous veciños de Cangas chamados Rosa e Xaquín, este resultará ferido na man cunha fouce “al pretender arrebatársela cuando la Rosa intentaba agredirle con ella”, a razón da disputa segundo o periódico era “la entrada a una finca”.(El Progreso, 1931, 16 de setembro).
Os accidentes de caza son habituais dentro do mundo da crónica negra, como lle acontece ao veciño de Fazouro Xosé María Friol, “que se dedicaba a la caza de mazaricos en el arenal de aquella playa, tuvo la desgracia de que al hacer un disparo le reventase el arma, ocasionándole la fractura de la clavícula izquierda”. (El Regional, 1914, 11 de decembro).
En 1925 atopamos a noticia dunha pelexa entre dous veciños de Cangas, Xosé Eijo Martínez e Hilario Casas Eijo, este último cortoulle a cara ao citado Xosé cunha navalla barbeira.(El Progreso, 1925, 9 de outubro). En 1926 pelexaban, “el domingo por la noche agrediéndose por antiguos resentimientos”, tres rapaces veciños de Fazouro, un deles Eutimio Alonso López recibe unha puñalada no costado esquerdo que lle asestaba Serafín Aguiar Eijo, “con una navaja de pequeñas dimensiones”(El Regional, 1926, 14 de outubro).
Dous anos despois, en 1928, vemos outra pelexa entre veciños de Cangas, Xosé Saa Martínez e Xesús López Díaz, este último rematou ferido tras recibir unha pedrada de Xosé Saa, que rematou ante o xuíz de Foz.(El Progreso, 1928, 16 de febreiro).
Neste mesmo ano a garda civil de Ferreira do Valadouro detén a Xosé Gasalla, á súa dona Cándida Arnau e a unha irmá súa chamada Xaquina “los cuales causaron a su convecino José García Doce, dos heridas producidas por arma blanca, en la espalda, en riña que sostuvieron dichos indivíduos”. (El Progreso, 1928, 9 de decembro).
Un criminal soe ir en aumento, comezando por pequenos crimes e pasando a outros de maior calado, así o vemos no caso de Xosé Ramón Río, veciño de Fazouro que o día 3 de maio de 1927 era detido acusado de “hurto de dinero y varias gallinas a Enrique Sampedro”. (El Regional, 1927, 3 de maio). Tras roubarlle a este veciño de Vilaselán é conducido ao xulgado de Ribadeo. Descoñecemos que multa ou sanción lle impuxeron, pero non debeu de ser moita pois o 19 de maio, 16 días despois do primeiro crime, é detido acusado de pretender “asaltar el almacén que en Rábade tiene el industrial don Nicanor Castro González”. A detención levouse a cabo grazas a que varios veciños se xuntaron para apresar ao ladrón, posteriormente foi conducido ao cuartel da garda civil. Estando xa detido no cuartel “aprovechó un descuido de los guardias para darse dos cortes de 6 centímetros en el cuello con una navaja (…) El herido fue conducido ayer a Lugo ingresando en el hospital donde fue asistido por el médico señor Latas que calificó su estado de reservado”. (El Regional, 1927, 19 de maio).
Outras loitas entre veciños débense a causas descoñecidas e así sabemos que un grupo de veciños de San Xoán de Vilaronte pelexan “por antiguos resentimientos entre las vecinas de la misma; Virginia Teijeiro Estua, Clarisa Virosta y Carmen López Cagigal. De la contienda resultó la primera de las citadas indivíduas con varias contusiones producidas con palos en los brazos, piernas y cabeza” (El Progreso, 1929, 9 de xaneiro).
Aínda que tamén pode pasar que se denuncien crimes que nunca chegaron a cometerse, así lle acontece á veciña de San Acisclo, Severina Canoura, de 18 anos, que denunciara ante a garda civil “que de un baúl que tenía en su domicilio le fueran robadas 400 pesetas” a garda civil investiga e chega a conclusión de “que no existió el robo que se denuncia por lo que se instruyó el oportuno atestado que se remitió al juzgado municipal del término”. (El Progreso, 1935, 13 de agosto).
Como podemos ver pouco variaron as causas que motivan e motivaron a nosa crónica negra.




VIDA DO PAILEBOTE ELECTRA DO MASMA, DA ESPIÑEIRA A CASTROPOL.



A empresa eléctrica Electra do Masma xurdía trala unión mercantil entre Damián López e Xosé Reimunde. Este tema será tratado en posteriores artigos xa que hoxe imos falar do barco Electra do Masma, tamén produto da citada unión mercantil que foi botado no estaleiro da Espiñeira no ano 1918.
O nacemento do Electra acaparou todo tipo de atencións, o periódico El Progreso cubría amplamente a noticia e aseguraba que varios xoves mindonienses “preparan una excurisón con objeto de presenciar tal acto, al que se nos asegura asistirá una gran banda de música. Hace falta que el tiempo ayude”. A botadura ten lugar na Espiñeira o día 12 de maio do ano 1918 “el acto fue de un interés enorme. De toda la comarca, como de varios ayuntamientos de los distritos de Ribadeo y Mondoñedo, acudió una infinidad de gente a presenciarlo. Nuestros activos corresponsales de aquellos dos distritos nos han enviado extensas noticias relacionadas con el importante acto, pero para no servir al público duplicada información entresacamos de  una y otra correspondencia los detalles más salientes. El día estuvo poco agradable. Hubo gran variedad de temperatura. Esto no hizo, sin embargo que menguase en nada la brillantez de la fiesta.
Amenizó los festejos que con motivo de la botadura se organizaron, una afinada charanga del Valle de Oro.
En el momento de lanzarse el barco al agua, rodeaban los improvisados astilleros bastante más de cinco mil personas. La charanga ejecutó la Marcha Real y en medio de una sacudida de emoción y de entusiasmo el Electra del Masma entró en el agua. Eran entonces las tres de la tarde, hora de pleamar.
A causa de un descuido de los operarios, el barco se escapó del dique introduciendo la proa en el canal. No tuvo importancia el accidente que no causó desgracia alguna, afortunadamente.
Entre los concurrentes al acto se han visto muy distinguidas personas de Mondoñedo, Ribadeo, Barreiros, Foz, Vivero y Valle de Oro, que saludaron a los señores Reimunde y López y algunas de ellas cumplimentaron a la familia del alcalde de Foz señor Reimunde en su quinta de San Martín.
El barco quedó amarrado hasta que se coloquen los palos. Se dice que después de este barco construirá otros de iguales proporciones de la misma compañía, a la que deseamos mucha suerte en sus negocios”.”.(El Progreso, 1918, 12 e 18 de maio).
A noticia desta botadura cruza o océano atlántico chegando a Cuba e así vemos como “con el epígrafe de Galicia naviera publica la notable revista ilustrada Eco de Galicia, de la Habana, un artículo referente a la botadura del buque Electra del Masma, realizada poco ha en la Espiñeira.
A esta información acompañan hermosos grabados del momento de la botadura, del buque fondeado después de dicho acto y una vista de la Espiñeria que comprende el puente, la importante fábrica de los señores Reimunde y López, el caserío de tan pintoresco paraje y la inmensa muchedumbre que presención aquel acontecimiento industrial”. (El Progreso, 1918, 13 de agosto).
O día 22 de agosto sae da Espiñeira “haciendo su primer viaje a Gijón con cargamento de madera, el pailebot Electra del Masma”. (El Eco de Santiago, 1918, 22 de agosto).
Evidentemente non podemos facer unha relación pormenorizada de todos os viaxes que realizou este barco pero si podemos dicir que o día 5 de outubro de 1918 entraba no porto da Coruña “El balandro de tres palos Electra del Masma entró ayer de arribada en nuestro puerto. Procedente de Gijón y se dirige a Ferrol con carga de carbón”. (El Orzán, 1918, 5 de outubro). O día 14 de novembro de 1919 atracaba na Coruña procedente de Ferrol e con carga de madeira.
O día a1 de xaneiro de 1921 volvémolo a ver amarrado no porto da Coruña, procedía de Vigo e cargaba sal. Ao día seguinte marchaba cara Foz coa mesma carga. (El Ideal Gallego, 1921, 1 de xaneiro). No mes de marzo de 1921 volta á Coruña procedente de San Sebastián cargado de xeso e cemento.O día 29 de marzo sae da Coruña cargado con carbón e con destino a Vigo. O 4 de novembro sae da Coruña para Foz cargado de sal. Nese mesmo ano vemos que estaba amarrado no porto de Corme entre os días 1 e 13 de xuño, “ el pailebot de tres palos Electra del Masma, de arribada, con sal, procedía de Cadiz y se dirige a Vivero”. (El Ideal Gallego, 1921, 15 de xuño). O 19 de xullo de 1924 sae da Coruña para Vilagarcía con carga de cemento.
En 1932 entraba no porto de Vigo procedente de Almería con carga de  cerámica. Resulta curioso ver no periódico El Pueblo Gallego o seguinte anuncio: Teja Plana de Alicante. Hallase atracado al muelle el velero Electra, descargando un cargamento del tipo Alicantino Encarnada. Pedidosa : Suarez y cía s.a. Arenal 24, Vigo”.(El Pueblo Gallego, 1932, 26 de agosto).
Como acontece a moitos barcos o seu fin atópamo no mar, así lle acontece ao Electra do Masma no ano 1933 cando “En las cercanías de este puerto y en el punto conocido por Langostera – Arano, embarrancó el velero de 200 toneladas “Electra del Masma” de la matrícula de Ferrol.
Procedía de Foz en cuyo puerto tomara un cargamento de sal para Vivero, impidiéndole el temporal desencadenado durante los últimos días, seguir su ruta ni arribar a puerto de refugio, hasta que el fuerte viento norte le lanzó contra la costa, embarrancándole en el punto indicado.
Se confía en salvar el buque y su cargamento. Tanto el patrón, don Eduardo Soto, como el resto de la tripulación, compuesta de seis hombres y una mujer, pudieron salir a tierra, hallándose todos sin la menor novedad”. (El Regional, 1933, 21 de febrerio.).
Esta mesma noticia é recollida polo periódico que se editaba en Ribadeo Riberas del Eo, afirma que o lugar onde afundiu era coñecido co nome de Langosteiro, ao veleiro dalle un total de 160 toneladas de desprazamento. Sobre o seu paso por Foz di: “salió de Foz el sábado por la mañana en cuyo puerto había descargado 100 toneladas de sal”, os ventos e os “contínuos golpes de mar fueron lanzando al velero sobre la costa hasta llegar a Langosteiro, donde quedó encallado en unos bajos”. A tripulación, que segundo este periódico estaba composta por cinco mariñeiros e o patrón, consigue salvarse “fueron deslizándose uno a uno desde el botalón por medio de una cuerda de abordo (…) después de grandes esfuerzos llegaron a pisar tierra firme”. O fin do Electra acontece a consecuencia do “fuerte oleaje se encargó de destruir el velero arrojando a la costa sus restos”.(Riberas del Eo, 1933, 25 de febreiro.).
O día 4 de marzo o patrón Eduardo Soto era entrevistado por Teodoro Campón para o periódico Riberas del Eo, na entrevista dise que o citado “mandaba dicho buque desde el año 1910”, algo que resulta imposible pois era botado no ano 1918. Segundo o periodísta Soto era natural de Corme e tiña 45 anos “casado, con cuatro hijos, tipo de mediana estatura, bigote entrecano, frente ancha, recio, mirada noble”. Segundo relata o patrón tras saír de Foz o día 18 con destino a Viveiro foron atrapados por uns fortes ventos e golpes de mar que “abaten el velamen, quedando primero sin la Mesana y después la Mayor.” Non perde o rumbo pero é consciente de que non pode chegar a Viveiro sendo como era “mi única estrella era el faro de Ribadeo”, toma a decisión de cambialo rumbo buscando un porto de abrigo, “al punto, no pudiendo maniobrar en el sentido que convenía, ordené dar fondo con dos anclas, para no ser arrojado a la costa; pero pronto se rompió una cadena y al comprender que la otra iba a romper también, ordené soltarla para caminar a la deriva hacia la playa salvadora, con tanta fortuna que pudimos tomar tierra”. (Riberas del Eo, 1933, 4 de marzo).


martes, 5 de mayo de 2015

UN NAUFRAXIO EN FOZ EN 1893 E O VALOR DUN RAPAZ DE 12 ANOS.

Tal  e como temos contado xa no noso artigo titulado O afundimento de 1893 en Nois e Cangas (http://ogabinetedefoz.blogspot.com.es/2015/01/o-afundimento-de-1893-en-nois-e-cangas.html )  o mes de decembro dese ano foi un dos peores meses para a navegación polos temporais que tiveron lugar. No periódico Gaceta de Galicia (1893, 15 de decembro) faise unha listaxe dos naufraxios que tiveron lugar na costa de Lugo a consecuencia do mencionado temporal. Segundo este periódico en Morás naufragou o patache Saturniño, de Pravia, con 4 tripulantes dos que more o patrón e un mariñeiro. En Cangas o bergantín goleta Pepita, de San Cibrao, de 5 tripulantes falecen 2. Tamén en Cangas o pailebote San Antón, do Barqueiro no que morren os 5 tripulantes. En San Miguel de Reinante o bergantín goleta Pepita, de Ferrol, no que morren 2 tripulantes. Menciona tamén o afundimento do patache  Vía-Vélez, aínda que fai referencia a que tivera lugar en Burela, algo que veremos que non foi así.

Non imos resumir a noticia que sacamos do periódico La Opinión de Asturias, do 15 de decembro de 1893.

UN HÉROE DE 12 AÑOS.

Naufragio del Patache Vía Vélez.

En la misma noche del 2 de diciembre, cuando la tempestad se desencadenaba en medio de espantoso temporal, dificultando y haciendo imposible la llegada de las lanchas tapiegas, otros dos barcos, un bergantín-goleta, de matrícula catalana y el patache cuyo nombre motiva estas líneas, acechaban la ocasión propicia de arribar á nuestro seguro puerto. Ambos buques, empujados por vientos contrarios y obedeciendo al que soplaba  con mayor intensidad, maniobraban, con sumo cuidado, á fin de evitar el inminente desastre que les amenazaba. Inútiles sus esfuerzos para ganar el puerto de esta villa, aprovecharon la coyuntura  favorable de poder penetrar en la ría vecina de Rivadeo, y llegados á su embocadura, vieron esterilizados sus propósitos por nuevos vientos que, mal de su grado, obligaron á los tripulantes del Vía Vélez á remontar el cabo de Burela, fiando su salvación al abrigo de las costas gallegas. Desprovistos de luz, sin rumbo conocido y en medio de unas tinieblas que ocultaban á los hombres encima de la cubierta, encomendaron el timón al joven Francisco Méndez, valeroso marino experimentado práctico que supo luchar contra las encrespadas olas por espacio de dos ó tres horas hasta que un golpe de mar tan impetuosos como irresistible, barrió la cubierta llevándose en su imponente acometida el timón, la cocina y cuanto halló ante su paso devastador. La sacudida fue violenta, atroz y cuando el patrón quiso cerciorarse de las averías sufridas, el timonel había desaparecido arrebatado por el furioso oleaje.
Es tan crítica situación, cuando todos pensaban en la muerte, arredrados por una oscuridad espantosa, mas temible aún que la misma marejada, un niño de 12 años, Abelardo Acebedo, cuñado del patrón Manuel Viña, despreciando el inminente peligro, pide á este que le aten con un cabo y que lo lancen á la mar para reconocer el punto en que se hallaban. Asústase el contramaestre ante proposición tan absurda como inconcebible, insiste el heroico niño diciendo ser mas conveniente su muerte que la del marido de su hermana, y en esos momentos indescriptibles en que la razón no funciona ahogada quizá por el ciego instinto de conservación, atan al niño y lánzase éste en aquella inmensidad desconocida.
Abelardo nada como un pez, forcejea entre las olas sin pronunciar una palabra, lucha é solo contra la tempestad sumergiéndose y levantándose por minutos y no habían transcurrido ocho ó diez de éstos cuando tropezando en las rocas escarpadas y trepando por ellas con la agilidad de un verdadero rapaz, dejó ori su atiplada voz, gritando con toda la fuerza de sus robustos pulmones: ¡ Manuel! ¡Manuel! Non soltes el cabo, agarraos á el, vir todos á unde tou eo.
Sonaron en sus oídos , por vez primera, como cantos de sirena, como una concepción fantástica é imaginaria, y cuando repetidas se aprestaron á obedecer las órdenes del gran capitán, presurosos sin acordarse de otra cosa que de la salvación, deslizáronse uno á uno, utilizando aquel generoso cabo que el rapaz del patache había llevado á puerto seguro. De este peligroso modo salvaron sus vidas el patrón, Abelardo Acebedo, de 12 años, y Vidal Fernández, de 17 años, resto de la tripulación, pues el heroico y hábil marinero, tan querido de esta costa, Francisco Méndez, había sido víctima del cumplimiento de su deber.
Nuevos Robinsones, los pobres náufragos creyeron hallarse, en un principio, bien en un banco de arena, bien en una isla desierta, pero el intrépido rapaz, convertido en hábil explorador, a pesar de la oscurísima noche, escurrióse por los alrededores hasta encontrar una pared, primero, y una casa poco después, en la que llamaron y recibieron caritativa hospitalidad, fortaleciendo sus ateridos cuerpos con los auxilios de ropas y lumbre que les proporcionaron sus generosos habitantes.
Estaban en Foz, y gracias á los socorros del señor cura y á los donativos de algunas personas piadosas, después de haber perdido el barco, propiedad del armador don Francisco Ron y Frade, han podido llegar sanos y salvos á la inmediata villa de Vía Vélez, de la cual son vecinos.

Muchas cruces de Beneficencia se han repartido entre los bienhechores de la humanidad y no creemos que, si á oídos del Gobierno llega el acto, más que valerosos, heroico, del niño Abelardo, deje de premiar como se merece una acción cuyo solo relato conmueve y cuya exactitud ha hecho ya popular en estas costas el antes obscuro nombre del valiente Abelardo Acebedo.