Buscar este blog

miércoles, 30 de noviembre de 2016

FIDALGOS MARIÑÁNS QUE LOITARON CONTRA PARDO DE CELA.



Pardo de Cela, sacado do blog lamoradadelbuho.blospot.com.es/2013/11

A fins do ano 1483 o capitán  Monsieur Louis Mudarra fundaba na basílica de San Martiño de Mondoñedo unha serie de misas no altar de Santa Catarina.

A razón da mencionada fundación era pregar pola alma dos caídos no cerco da Frouxeira: “el de Santa Catalina que hizo azer Mosieur Mudarra que tomo a Pena Frolseyra por su Alteza”, tal e como apuntaba a testemuña “lo hizo alli hazer el dicho Mosieur Luys Mudarra, capitan, e dexo e fundo que se dixesen en la dicha capilla e altar todos los lunys de cada mes el primero lunys de cada mes una misa cantada con su bigilia e responso por las animas de ciertos que murieron e se enterraron alli sobre el cerco de la dicha Frouseyra”, para que esta fundación fose perpetua o capitán doáballe ao priorado e ao seu prior, Ares Pérez de Viladonga, a cantidade de 24000 marabedís.

Nada sabemos deses homes que morreron no asedio ao derradeiro reducto de Pardo de Cela, tan só nos consta a existencia de mortos, supoñemos que ambos bandos, que foron soterrados en San Martiño.

De onde eran?  Que os motivou a pelexar? Se ben nun principio predominou a idea de que os asaltantes eran mercenarios baixo o mando de Mudarra, agora sabemos que entre as tropas asaltantes tamén había homes fidalgos das terras da Mariña.

Descoñecemos se participaron voluntariamente no cerco ou foron forzados polo novo goberno. Tamén descoñecemos, xa que como fonte documental tan só temos a palabra dada por outros fidalgos, se realmente participaron no cerco ou ben, pola contra, as testemuñas presentadas por eles lles outorgan un mérito que non tiveron. Sexa como fose este artigo recolle un número de fidalgos que loitaron contra Pardo de Cela. Supoñemos que aparecerán máis nomes, de certo agardámolo, pois sería moi gratificante que este breve artigo fose o xerme dun novo campo de investigación.

A documentación que empregamos foi a que se atopa en pares.mcu.es, en concreto a referente ás executorias e preitos de fidalguía que se conservan no Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Na miña defensa debo dicir que non son medievalista e que por iso algúns preitos resistíronseme de tal maneira que non cheguei a poder lelos. Digo isto para que algún dos lectores se anime a continuar e afondar nesta investigación.
Nesta relación aparecen todos os fidalgos que acudiron ao cerco da Frouxeira e que presentaron, posteriormente, preito de fidalguía.
Comezamos co caso de  Roi Lorenzo, fidalgo da parroquia de Espiñarcao, concello de Abadím, que preiteaba pola súa fidalguía o 25 de maio de 1509 (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, Rexistro de executorias, caixa 235, 54).

Na declaración dunha das testemuñas presentadas polo demandante vemos que cando fala do pai do contendente  non dubida en declarar que: “Item dixo que sabia que el dicho Ruy Lorenço, padre deste que contendia, que fue por mandado de los dichos Reyes, nuestros señores padres, al çerco de peña Froxeyra, que es en el dicho Regno de Gallizia, como yban los otros omes fijosdalgo de aquella tierra, otrosy como tal fijodalgo vyo yr a la dicha guerra al dicho Ruy Lorenço, que contendia”.

Se temos en conta esta declaración marcharon cara o cerco da Frouxeira tanto o pai coma o fillo, tal e como “yban los otros omes fijosdalgo de aquella tierra”, esta última aseveración fainos pensar en que foi maior o número de fidalgos de Espiñarcao que acudiron ao cerco.

Na declaración doutra das testemuñas, esta vez un fidalgo de 60 anos veciño da parroquia de San Pedro de Labrada, tan só se mencionaba ao contendente:“que sabia que el dicho Ruy Lorenço, que contendia, fue a servyr, como ome fijodalgo, por mandado de los Reyes, nuestros padres, al çerco de peña Froxeyra, quando llamaron a todos los fijosdalgo de aquella tierra”.

Neste mesmo concello, pero xa na parroquia de Galgao, atopamos outro preito no que se menciona a toma da Frouxeira. Trátase do presentado  por Xoán Díaz no día 7 de febreiro de 1513.(Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, Rexistro de executorias, caixa 282, 32).
Este Xoán Díaz era fillo de Hernán Díaz e neto de Alonso Díaz, todos eles fidalgos e veciños da parroquia de Galgao. Nunha declaración infórmase  que o fidalgo que contendía : “fue a servir por fijodalgo a la guerra de Baça e el e el dicho Alonso Diaz, su hermano, fueron a servir a la guerra de Froseyra e a la de Arija quando fueron llamados los fijodalgos del reyno de Galizia”.

Combate de cabaleiros. Sacado de www.jesusfelipe.es
Do concello de Alfoz temos o caso de Xoán  de Recaré, veciño da parroquia de San Vicente de Lagoa. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, Rexistro de executorias, caixa 284, 53).

Na declaración de Diego Ianes, fidalgo de 60 anos e veciño de san Vicente de Lagoa, podemos ler que “este testigo vio a Lope Recare i Fernando de Recare, hijos deste dicho Juan de Recare como fueron a servir como fijosdalgo a la pena Froseyra e despues a Malaga”.

Cando estudiamos o concello de Barreiros comprobamos que é onde atopamos un maior número de fidalgos que participaron no asedio da Frouxeira.

Así, na parroquia de San Cosme de Barreiros, atopámonos co caso de Afonso Arias de Viladaide, que recibe a executoria de fidalguía o día 5 de xuño de 1488. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Pergameos, caixa 3, 1).

Entre as testemuñas que presenta aparece Fernando Pérez, un fidalgo veciño de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos, que debía de ter grande sona e fama na parroquia porque aparece declarando noutros tres preitos de fidalguía de veciños do concello de Barreiros.
Este Fernando Pérez na súa declaración afirma, ao falar de Afonso Arias, que como fidalgo acudira aos chamados reais: “otrosy dixo que savia que al tiempo(roto) Pedro Pardo en la fortaleza de (roto) Alonso Arias, quien contendia en el dicho pleito, fuera con ellos i sirviera en el cerco ciertas tenporadas fasta que se acavara el dicho çerco i que asimismo vio que en el tiempo donde Alonso Lopez de Haro,  que a la sazon era gobernador en el dicho Regno, llamara a estas gentes para el combate de VillaJuan que el dicho Alonso Arias el viejo padre del dicho Alonso Arias fuera a servir al dicho combate con otros vecinos de la dicha feligresía de Sant Cosme”.

Resulta interesantísima esta declaración pois menciona que o cerco á Frouxeira durou varias tempadas (Estarase a referir a anos?). Tamén resulta interesante esa mención a que o demandante marchou cara o cerco da Frouxeira acompañado  dotros fidalgos de Barreiros: “Alonso Arias, quien contendia en el dicho pleito, fuera con ellos i sirviera en el cerco”. De igual maneira acontecera co cerco do castelo de Vilaxoán, onde o pai do contendente acudira acompañado doutros fidalgos de Barreiros “con otros vecinos de la dicha feligresia de Sant Cosme”.

Outro fidalgo da parroquia de San Cosme de Barreiros é Diego Pérez, que recibía a executoria de fidalguía o día 7 de xuño de 1496. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Pergameos, caixa 19, 6).

Nesta actúa como testemuña Fernando Pérez, un fidalgo xa coñecido, que recoñece que: “savia i viera este testigo que quando don Fernando de Acuña, gobernador del dicho nuestro Regno de Gallizia, toviera çercada la fortaleza de Froseyra, donde estaba cercado el mariscal Pedro Pardo, que fuera el dicho Diego Perez en nuestro servicio al cerco de la dicha fortaleça sirviera en el dio cerco ciertas tenporadas”.

O terceiro fidalgo, veciño da mesma parroquia, é Xoán Salgueiros, que recibe executoria o 29 de agosto de 1496. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Pergameos, caixa 15, 4).
Entre as testemuñas que presenta aparece o xa mencionado Fernando Pérez, que afirmaba que “savia que al tiempo que don Fernando de Acuña, nuestro gobernador que fue en el nuestro Reyno de Gallizia, tov oçercado al mariscal Pero Pardo en la fortaleza de Froseyra que viera que el dicho Juan de Salgueyros, que contendia en el dicho pleito, fuera a servir al dicho çerco”.

Sen abandonalo concello de Barreiros trasladarémonos á parroquia de San Xiao de Cabarcos. Nesta atopámonos con Alonso de los Santos, que inicia executoria de preito pola súa fidalguía o día 17 de outubro de 1504.(Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, Rexistro de executorias, caixa 194, 38).

As testemuñas presentadas polo contendente afirman que este participara no cerco da Frouxeira naquel momento en que:“fueron llamados los fidalgos por don Fernando, Gobernador que fue del Reyno de Gallizia”, xunto ao contendente marcharán outros fidalgos tanto da Mariña como do resto do Reino, “los omes fijosdalgo del Reyno de Gallizia de una parte para que fuesen (1) a las guerras que fixo de Froyseira”.

Outra executoria de preito desta parroquia é a de Alonso Fernández de Folgueira. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, Rexistro de executorias, caixa 293, 24).

Nela declara como testemuña Rodrigo de Dios, un fidalgo veciño de San Xiao de Cabarcos, de 70 anos de idade, quen afirma que “vio que los dichos Rodrigo de Folgueira e Alonso de Folgueira, su hermano, como omes fijosdalgo fueron por llamamiento del dicho gobernador de Gallizia, sobre la fortaleça de Pena Froseyra, con otros omes fijosdalgo”. 

No concello de Foz atopamos dous fidalgos que participaron nas campañas en contra do Mariscal, son os casos de Fernando Basanta e Alonso Vidal.

O primeiro deles, Fernando Basanta, é veciño do coto de San Martiño de Mondoñedo, “e logar de Ferreira, donde vivia”. Este home inicia un preito para demostrar a súa fidalguía no ano 1506 (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, Sala de Fidalgos, caixa 465, 4),  mais non será ata o ano 1513 en que consiga a executoria de fidalguía. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, Rexistro de executorias, caixa 284, 4).

Entre as testemuñas presentadas polo demandante está Xoán Mariño, fidalgo de 80 anos de San Cosme de Barreiros, que declaraba que: “a visto este testigo a este Fernan Basanta a servir a la guerra de Pena Flora (Frouxeira) con sus hermanos como fijo dalgo”.


Vista da Frouxeira. Sacado de www.castillosdeespana.es
O segundo caso é do de Alonso Vidal, que consegue executoria de fidalguía o 7 de xullo de 1508. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Pergameos, caixa 36, 2).

Este fidalgo era natural da parroquia de Santa Cilla, en concreto do lugar de Vilatuixe, moi preto do monte da Frouxeira. Seu pai era Rodrigo de Vilatuixe, que recibía ese apelido polo lugar onde vivía “que como tenia y bivia y morava el dicho Rodrigo en el logar i feligresia de Villatuyxe que es en el coto de Sant Martin de Mondoñedo”. Tanto seu pai como seu avó, Alvar Alonso, foran tidos por fidalgos reputados procedentes do casal de Villarino, na parroquia de Santa Cilla. Seu avó, Alvar Alonso, participara como fidalgo que era, en varias campañas bélicas acudindo á chamada dos reis.

Para demostrar a fidalguía os contendentes presentan varias testemuñas, moitas delas de condición fidalga, que con garantía da súa palabra de fidalgo, recoñecen a fidalguía doutros. Así logo canto maior e máis importante sexa a persoa que recoñece a fidalguía dun contendente máis sinxelo será que lla recoñezan oficialmente.

Que fama tiña Alvar Alonso cando as persoas que recoñecen a súa fidalguía son: “oyera descir por fama publica al mariscal Pedro Pardo i a Vasco Lopez de Rio i a Ruy Lorenço de Adelan i a otros de aquella tierra que eran mas antiguos que este testigo i desta que ellos avian conosçido al dicho Alvar Alonso i que fuera ome fijodalgo”. A testemuña que isto declara é Xoán de Losada, un fidalgo de 65 anos e natural de Romariz.

Pero moitas veces as tornas da vida fannos dar voltas impensables e así pasamos de ver como o Mariscal acreditaba a nobreza do avó á situación de que o neto participara no asalto á Frouxeira e no de Vilaxoán: :“ viera yr i estar sirviendo al dicho Alonso Vidal, como fijodalgo, por mandado del governador de Gallizia en pena Froxeyra, en el cerco de Villajuan donde vio yr el testigo a servir a los fijosdalgo del dicho Regno de Gallicia”.
Algo moi semellante declara Lope García, fidalgo de 50 anos e veciño de San Martiño de Mondoñedo, quen recoñece que Alonso Vidal participara no cerco en a campaña de Vilaxoán: “como ome fijodalgo a servir con los otros omes fijosdalgo de aquella tierra por mandado del governador al çerco de Villajuan i a pena Froxera”.

Na parroquia de Vilamor, concello de Mondoñedo, atopámonos co caso de Xoán de Luaces. Este solicitara á Chancelería de Valladolid unha executoria de fidalguía, que recibe o día 27 de abril de 1510. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Pergameos, caixa 16,5-8).

Segundo a información que presenta sabemos, tal e como ratifica Álvaro de Valiño, que o pai do mencionado Xoán participara no asalto á Frouxeira: “viera al dicho Diego de Luaçes, padre deste que contiende yr a la guerra de Froxera i a la de Villa Juan, donde fueran llamados los omes fijosdalgo del Regno de Galicia”.

Na parroquia de Bretoña, concello da Pastoriza, atopámonos co caso de Estevo de Ramallal, que recibe executoria de fidalguía o 5 de outubro de 1511. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Pergameos, caixa 70,7).

Segundo a documentación puidemos saber que o avó do contendente, Fernando Ramallal, participara como fidalgo na guerra de Hariza. Por outra banda, o pai de Estevo, tamén chamado Fernando Ramallal, pagara para enviar un peón á guerra de Málaga, enviado que tivo bastante mala sorte xa que: “al qual mataron en la dicha guerra”. Por outra banda o pai do contendente participa no cerco de Frouxeira, tal e como nolo confirma Lope Corvello (probablemente Corbelle), un fidalgo de 80 anos e veciño de Bretoña, quen asegura: que viera al dicho Fernando de Ramallal, su fijo, padre deste que contendia fuera a la guerra de Pena Froseyra quando fueron llamados los fidalgos y que este testigo le vio servir en ella unos meses”.

Outro fidalgo de Bretoña que participa na toma da Frouxeira é Pedro Fernández de Porto de Pedre, que obtén executoria de fidalguía o 5 de outubro de 1511. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Pergameos, caixa 16,7).

Unha das testemuñas presentadas polo demandante afirma que o vira participar no cerco da Frouxeira: “como tal ome fijodalgo por llamamiento de los Reyes, nuestros señores padres, fue a servir a la guerra de Peña Froseyra asy mismo oyo desir que a su costa abia enviado un peon a la guerra de Malaga”.
Rematamos esta breve relación de fidalgos co caso dos irmáns Pedro Alonso e Fernando Rei. Ambos conseguen executoria de fidalguía o 5 de marzo de 1513. (Arquivo da Real Chancelería de Valladolid. Pergameos, caixa 37, 10).

Pola documentación achegada nesta executoria sabemos que eran oriúndos do porto de Rinlo, daquela pertencente á parroquia de Santalla de Devesa.


Tan só unha  das testemuñas presentadas recoñece a participación destes dous irmáns na guerra contra o Mariscal, trátase de Alonso Mariño, fidalgo de San Cosme de Barreiros, que afirmaba que os irmáns mandaran un peón á guerra de Málaga e que tamén:oyo dezir que enbio otro peon a su costa a peña Froxera”.

Agardo que este artigo sirva, aparte de para informar, para iniciar unha nova liña de investigación que nos leve a averiguar o número de procedencia de todos os que loitaron en contra de Pardo de Cela e ao seu favor.

Executoria de Fernando Porto de Pedre. Sacado de pares.mcu.es

viernes, 25 de noviembre de 2016

AS REGATAS DA FESTA DO SAN LOURENZO



Remeiros de Ribadeo. Do blog atalaiaribadeo-atalaia.blogspot.com.es 
No noso concello e coincidindo coas festas en honra do coopatrón parroquial, San Lourenzo, teñen lugar tódolos anos competicións  de piraguas. De feito en Foz temos un clube de piragüismo chamado Kayak, que polo que podemos ler na páxina da federación de galega de piragüismo non o está a facer nada mal: “El club Kayak logra el triunfo en Viveiro. El equipo focense logró un total de 14 medallas, cinco de ellas de oro. El club Kayak conquistó la victoria en la 5ª prueba de la Copa Provincial de Lugo que se celebró el domingo por la tarde en Viveiro, le acompañaron en el podio el Club Fluvial de Lugo en segunda posición, el tercer puesto fue para el Cidade de Lugo”. (Artigo de Rubén Tobío en www.fegapi.org 2016, 9 de agosto).

Demandei un pouco de información no concello sobre as regatas do San Lourenzo e contestáronme que  a travesía de piragüismo que se celebra en Foz lévase xa realizando dende hai 52 anos, feito que a converte, se non na máis, si nunha das máis antigas.

Pero realmente a tradición das regatas coincidindo coa festividade do San Lourenzo é bastante máis antiga.
Por exemplo nun xornal do  ano 1949, podemos ver como case que toda a primeira páxina está dedicada ás festas do San Lourenzo. Dinos o xornalista que o día 11 estaba dedicado ao mar a ás actividades acuáticas, dentro delas íanse realizar: “a las 7 de la tarde una gran fiesta marítima en la que tendrán lugar emocionantes regatas de bateles de las Cofradías de Pescadores de Vivero, Cillero, Burela, Ribadeo y Foz, los cuales en reñida y noble lucha se enfrentarán para la clasificación por la conquista del Primer Campeonato Provincial de Bateles. A continuación segunda y gran romería en la Dársena. A las 11 de la noche última y gran verbena, celebrándose en el intermedio de la misma, a la 1 de la madrugada, la fantástica y colosal sesión de fuegos de artificio” (Riberas del Eo, 1949, 9 de agosto). Como vemos en Foz non somos amigos de cambialas cousas, polo menos as que funcionan, e así conservamos a competición náutica e a sesión de fogos de artificio, que como no 49, ten lugar nun descanso da verbena.

Este primeiro campionato provincial de bateis  non tivo os resultados esperados xa que  nas regatas que se celebraron en Viveiro o xurado eliminou ao batel de Ribadeo, patroneado por Xosé Mourenza Bellón, porque saíron antes de tempo. O problema xorde porque foron eliminados ao rematar a regata e non pararon a competición para volver a comezar. Todo isto provocou un gran malestar e moitas discrepancias. Fose como fose a clasificación quedou da seguinte maneira: “eliminado Ribadeo, es la siguiente: Burela, Foz, Vivero y  Cillero”.(Riberas del Eo, 1949, 20 de agosto).

Pero en Foz podemos seguir retrotraéndonos no tempo e así vemos como no ano 1924, cando un xornal aborda o tema das celebracións do San Lourenzo di: “habrá espléndidas iluminaciones en el paseo del puerto, bailes públicos en los dos salones del pueblo, solemnes funciones religiosas en el amplio templo de la villa, regatas, conciertos, paseos de moda y otros números que estudian los entusiastas organizadores”. (El Progreso, 1924, 10 de xullo).

Tal vez o gusto polas regatas nos veña da nosa condición de pobo mariñeiro. O finado cronista oficial de Mondoñedo, don Eduardo Lence Santar, escribía no ano 1923, probablemente despois de visitar ao seu amigo Xesús de Xacobo na súa casa do Campo da Cabana, un artigo no que facía unha visión xeral da problemática do noso porto e da vida, amarga e sufrida, dos mariñeiros. Neste mencionado artigo, don Eduardo, recoñece que en Foz : “Se dedican a la pesca una motora, seis lanchas de vapor, siete traineras y más de veinte botes y lanchas.  La motora y las lanchas  de vapor van con frecuencia a la altura de Navia y Luarca, en Asturias, llegando muchas veces al cabo de Peñas. En el puerto entran barcos de 300 toneladas. No entran de más porque la ría está por todas partes llena de arena. Sucede con fecuencia que las traineras y lanchas al regresar al puerto no pueden vencer el enorme oleaje de la barra y tienen que refugiarse en Tapia, ya que en Ribadeo tampoco pueden entrar”. (Vida Gallega, 1923, 5 de decembro).

Remeiros de Ribadeo. Do blog atalaiaribadeo-atalaia.blogspot.com.es 
 A noticia máis antiga, polo menos a que atopei ata agora, sobre este tipo de competicións marítimas coincidindo co San Lourenzo data do ano 1887. Se consultamos o xornal El Regional podemos ler unha ampla noticia que cubre as festividades do noso coopatrón e na que podemos ler: “el día 10 hubo aquí regatas, cucañas, bailes, etc., que sirvieron de agradable entretenimiento a los bañistas.

A las diez y media de la mañana se dio inicio a las regatas, las cuales, no estuvieron tan concurridas, como era de esperar, efecto de que, el jurado, a petición de los dueños de algunas embarcaciones, acordó que el número de remos de cada una que pretendiese tomar parte en la regata no había de pasar de ocho, condición por la que varias lanchas tuvieron que abstenerse de lucar por se bastante granes, y necesitar, por lo tanto, mayor número de remos para ponerse en igualdad de circunstancias á los botes, que son más ligeros y necesitan menos.

Tres fueron las embarcaciones que lucharon para obtener el premio (25 pesetas) tripuladas, una por nueve hombres, otra por siete y otra por cuatro. Dada la señal de salida, las tres, impulsadas por robustos brazos, surcaron velozmente las aguas, alcanzando el premio la de mayor tripulación, no porque en realidad lo mereciese, sino por haber padecido un pequeño descuido, separándose un poco de la línea el joven que dirigía el bote que iba tripulado por seis valerosos y entusiastas marineros.
Para las cuatro de la tarde estaba anunciada la cucaña, y a las tres y media ya la Rambla y demás puntos próximos al sitio en que aquella había de ser colocada, estaban totalmente ocupados por una multitud de espectadores. La gente joven de Mondoñedo y Lorenzana en su mayor parte, se hallaba en una media docena de pequeñas embarcaciones, formando una vistosa y alegre escuadrita y entonando bonitos y bien afinados coros que, dicho sea en honor de la verdad, me gustaban bastante mas que la cucaña. Era esta de las llamadas horizontales y estaba colocada en un lanchón en medio de la ría. El cebo consistía en cinco pesetas, pero antes de que llegasen á alcanzarlo, como el palo tenía su correspondiente untura de sebo, se caían muchos al agua. El espectáculo gustó y entretuvo a los concurrentes.

Por la noche hubo baile en diferentes sitios, y en todos reinó la alegría y la animación, especialmente en aquellos á que concurrieron los bañistas”. (El Regional, 1887, 18 de agosto).


Dende cando se realizan competicións de bateis en Foz coincidindo co San Lourenzo? Descoñecémola data pero podemos asegurar que datan de antes de 1887. Seguiremos a procurar máis datos sobre o tema.



martes, 22 de noviembre de 2016

MONDOÑEDO NO CAMIÑO: PEREGRINACIÓNS XACOBEAS NO S. XVI.


Foto sacada da páxina vivecamino.com/mondonedo/
Duns anos a esta parte estamos a experimentar un aumento considerable do número de peregrinos que percorren o Camiño Norte, semella como se nunca se tocase teito no número de romeiros.

Por Mondoñedo pasan cada día un bo número de peregrinos, certo é que, de igual maneira que en tódolos camiños, nos meses invernais a presenza de romeiros xacobeos descende considerablemente.

Mais o percorrer xacobeo pola cidade da Paula xa tiña grande pulo aló polo século XVI tal e como recolle a documentación da época. Aparte dos traballos de investigación de don Henrique  Cal Pardo, recollidos no seu libro titulado Mondoñedo – catedral, ciudad, obispado – en el siglo XVI, recentemente apareceron dous documentos que nos falan, claramente, desta presenza xacobea na cidade episcopal.

Un primeiro exemplo do auxe peregrinatorio neste século XVI atopámolo na fundación dun hospital na parroquia de Arante, pegado ao Camiño Norte. Estámonos a referir ao erixido polos irmáns Mencía Gómez e o cóengo ribadense Xoán Marqués aló, polo 15 de febreiro de 1543. Ben é certo que Lence Santar, baseándose nos estudios de Villaamil e Castro, chegou a afirmar que a data fundacional  era o 5 de xaneiro de 1579.

Anos despois o cóengo Xosé María Fernández Fernández, no seu traballo sobre o hospital de Arante,  confirmaba, documentalmente,  a primeira das datas. Por iso nos estraña tanto que si o hospital é fundado no ano 1543 nos atopemos cun documento datado o 6 de xullo de 1524, no que o  chantre da catedral mindoniense, despois de abrilos cepillos da ermida de Arante, entregaba “a Juan Atienza 44 reales para los pedreros que debian hacer el Hospital”. A pregunta que se nos ocorre facer é se tardaron 19 anos en rematalo ou, polo contrario, xa existía un hospital antes de 1543.

O seguinte hospital que os peregrinos se atopaban no camiño antes de chegar a Mondoñedo era o pertencente ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá, outro pequeno edificio que aparte de cama, comida e asistencia espiritual pouco máis ofertaba. Realmente  non era ata chegar a Mondoñedo cando o peregrino tiña á súa disposición un hospital con atención médica de calidade.

O hospital de San Paulo tivo unha primeira localización na praza da catedral de Mondoñedo, pegado ao  río Sixto e á fonte da vila. Neste lugar se atopaba no ano 1261 “que domus est in ripa riuuli dicti Compin iuxta hospitale ... via qua itur ab hospitali ad fontem[1]. Nun principio era un hospital de escasas dimensións e fondos, nutríndose tanto das rendas como das mandas testamentarias e das  doazóns particulares. Son abondosos os exemplos de mandas testamentarias que teñen como beneficiario ao hospital.

Todo o que levamos exposto demostra claramente a existencia dun paso continuado de pobres e peregrinos, de non ser así non se explicaría a aparición de centros benéficos específicos para peregrinos.

Este continuo paso de peregrinos incrementábase nos anos santos. Se consultamos o libro de contas do hospital e miramos a do ano 1623, veremos que o mordomo xustifica o elevado  gasto con pobres e peregrinos “ por razon de haver sido año Santo el de veynte y uno y desta causa acudido infinitos pobres peregrinos que se alvergaban en el viejo hospital”.

Dicíamos ao principio que, aparte dos traballos de don Henrique Cal Pardo, había dous documentos que facían unha mención clara ao paso de peregrinos por Mondoñedo. Estámonos a referir a o cuestionario de 16 preguntas ao que deberon de responder os mestres canteiros e carpinteiros naquel mes de xullo de 1546. A razón deste cuestionario era a creación dun escrito para remitir á secretaría real demandando cartos para o arranxo de pontes, fontes e camiños na cidade de Mondoñedo.
Foto sacada de angel-caminodelnorte-angel.blogspot.com.es

Das 16 preguntas interésanos a número 7 na que podemos ler : “el camino Real que sale desta ciudad y biene de la ciudad de Obyedo y del prinzipado de Asturias y ba para la dicha ciudad de Mondoñedo y para la ciudad de Betanços y del señor Santiago y otras partes”. Esta primeira parte da pregunta amosa, claramente, a existencia dun camiño de peregrinación, mais será a segunda parte na que se nos fale dos peregrinos: “por donde caminan cada dia y pasan los que ban en Romeria al señor Santiago y San Salbador de Obiedo”. Na pregunta 12, ao falar da calzada existente en San Lázaro e da necesidade de construír outra, dise que esta nova calzada sería beneficiosa para “los camynantes que bienen para la dicha ciudad, de Leon y Obiedo y Asturias y Ribadeo y romeros que ban para Santiago”.

Un dos mestres que resposta a este cuestionario é Pedro de Pedroso, mestre de cantería e veciño do Val de Lourenzá, quen afirma que coñecía ben o camiño real “que viene de Obiedo y Asturias para dicha ciudad de Mondoñedo y para la ciudad de Betanços y para la ciudad de Santiago por donde cotidianamente suelen e acostumbran a pasar camynantes y romeros de a pie y a cavallo”.

Este primeiro documento chegou ata as miñas mans grazas á xentileza dun particular que tivo a ben permitirme fotografalo. Aparece este texto publicado no libro que escribín no ano 2009 titulado Hospitalidade e peregrinación. O Camiño do Norte na Mariña Luguesa e que a S.A. de Xestión do plan Xacobeo tivo a ben editar.

Nesta mesma semana Roberto Reigosa, no seu grupo de facebook Mondoñedo,ciudad medieval, fuentes para su estudio sacaba á luz un interesante documento datado no 12 de abril de 1553 e no que podemos ler: “que en esta dicha çiudad de Mondoñedo que es cabeça / de probinçia estaba en tierra aspera e pobre çerrada de montañas e tierra / fangosa por donde hera camino real de los romeros que bienen de Françia / Flandes e Alemania e de otros muchos reinos en romeria a señor / Santiago e ansi mesmo otros muchos caminantes e (+-1) / para los reinos de Castilla e de Leon que pasan con probision de los / puertos de la mar para los dichos reinos”. Corrobora esta afirmación o paso continuado de peregrinos que xa vimos naquel documento do ano 1546.

A onde se peregrinaba no Mondoñedo do XVI? Evidentemente a maioría dos peregrinos ían cara Santiago, mais tamén os había que volvendo de Santiago se dirixían a visitar a catedral de Oviedo. Lembremos aquel dito, xa moi popularizado no século XVI, que dicía “Quen vai a Santiago e non vai a San Salvador (Oviedo) visita ao criado e deixa ao señor”.

De Mondoñedo saían peregrinos a Oviedo, tal e como vimos no documento do ano 1546, e como demostra Cal Pardo no seu libro sobre o Mondoñedo do XVI. Sinala don Henrique  os exemplos dos cóengos do cóengo Xoán Alonso Osorio e Navia, que nun documento do 25 de xuño de 1597 solicitaba quince días para ir en romaría a Oviedo. O día 28 de setembro de 1599 o bachaler  Alonso Pérez solicita tamén outros 15 días para o mesmo fin.

Outros lugares devocionais aos que se acudía en peregrinación era Nosa Señora da Guadalupe, tal e como recoñece ter peregrinado no ano 1596 o arcediago de Azúmara ou o caso do Bacheler Miramontes Mancebón e do mestre escola da catedral, o licenciado García Mesía de Aledo, que solicitaban, o 10 de setembro de 1597, “los días estatutarios para ir a Nuestra Señora de Guadalupe”. No testamento de Lopo Monteiro, crego de Moeche, e redactado o 20 de marzo de 1506, pódese ler unha manda testamentaria na que “mandó hacer una peregrinación en su nombre a Santa María de Guadalupe”.

Algo moi semellante podemos ler no testamento de Alonso García de Goldeiros, veciño de San Martiño de Pino, quen estipulaba, o 19 de xuño de 1597, “que vaya una persona en romería a San Andrés de Teixido y decir allí una misa; otra romería a Nuestra Señora del Camino, cerca de Betanzos, con una libra de cera y una misa; otra romería a Santiago de Compostela[2].
Foto sacada de new.culturagalega.org

Sirvan estes exemplos para dar, aínda que sexa moi por riba, unha visión do fenómeno das peregrinacións xacobeas cara Santiago naquel Mondoñedo do século XVI, aquela terra pola que camiñaron milleiros de homes e mulleres, de case que tódolos reinos do mundo, cara Compostela e que son o reflexo pasado dun evento que aínda hoxe segue a producirse, as peregrinacións xacobeas pola Mariña de Lugo.





[1] Cal Pardo, H.: Tumbos del archivo de la catedral de Mondoñedo. Calendarios. P. 39.
[2] Todas estas últimas referencias en cursiva foron sacadas do libro de don Henrique Cal Pardo anteriormente mencionado.




jueves, 10 de noviembre de 2016

A FEIRA GANDEIRA DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO EN 1700.





Este artigo foi escrito pensando en toda a xente que coñezo da parroquia de San Martiño de Mondoñedo.

Os nosos conveciños mindonienses (non hai que esquecer que o primeiro dos Mondoñedos existentes foi San Martiño, polo menos ata 1117, en que, tralo traslado da Sé Episcopal, aparece o segundo Mondoñedo) son amigos de conservar o seu pasado ( o cano dos mouros, a furada da serpe ou a mesma Catedral, agora basílica) mais tamén de recuperalo ( como exemplos a festividade do Carme ou a Semana Santa), por iso este artigo, por se teñen a ben recuperar unha feira gandeira que nesa parroquia se celebraba hai moitos, pero que moitos, anos.

Pouca xente se lembra de que na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, o día 11 de novembro, tiña lugar unha concorrida feira gandeira á que  acudía un grande número de persoas e de gando.

A mencionada feira realizábase nun prado próximo á igrexa, de aí que ese lugar recibise o nome de Campo da Feira, así nolo atopamos nun apeo de bens de principios do século XVI. Nese documento, redactado no ano 1540 en castelán,  idioma oficial dos escribáns por outra parte, coláronse certos termos toponímicos en galego, idioma no que foran concevidos, tal foi o caso do Campo da Feira, que o atopamos escrito de igual maneira en 1540: “que testa e linda de una parte en el camyno françes que viene de Forjan para el Campo da Feyra”. Esta referencia indícanos claramente como o prado para realizar a feira estaba situado a carón dun camiño real. Atopamos no mencionado apeo outra referencia a un camiño principal preto deste prado “ e testa e linda en las dos antiguas que van para el Canpo da Feyra y otra congostra que dizen Ricas Salas”.

O preito do que hoxe imos falar data do ano 1700,  nel podemos ler como “Pedro Lopez, vezino de la feligresia de San Martin de Mondoñedo y arrendatario de la alcavala y cientos de la feria de ganado que se haze en dicha feligresia en cada un ano a los honze de nobienbre del, como esta prosima en este presente, como mas aya lugar parezco ante Vuesa Merced y digo que muchos sacerdotes y eclesiasticos entran en dicha feria mucho ganado de bueyes y bacas de particulares y amigos suyos que trahen a vender a dicha feria y otros que compran dichos sacerdotes; suponiendo ser uno y otro de su cria y con este pretesto doloso los pasan a bender sen pagar alcavala ni cientos, perjudicandome en ella y en su arriendo y remate, defraudandome de que recibo mucho agrabio para cuyo remedio pido y suplico se sirba mandar que ningun sacerdote ni persona eclesiastica entre en dicha feria del San Martin que esta prosima ningun ganado de bueyes ni bacas ni menos los compre sino que sea suyo propio y de su cria sin embarazarse con otro de persona alguna particular ni entrarlo en dicha feria”.

Debemos de deternos aquí para explicar de que se está a falar na demanda realizada por Pedro López.

As alcabalas era un imposto que gravaba o comercio de bens mobles e inmobles. Consistía este imposto no pago do dez por certo do valor do vendido, para que nos entendamos, sería algo moi semellante ao actual IVE. Do pago deste imposto estaban exentos os eclesiásticos cando vendían algo que eles mesmos criasen ou cultivasen. Este é a razón pola cal, tal e como se menciona na demanda, os veciños acudían aos curas para que lles vendesen o gando como se fose da súa propiedade e así non se pagaba o imposto da alcabala.

Cando o imposto se estende por todo o estado a facenda real, en vez de nomear  persoas para recadar ese imposto, decidía arrendar o servizo. Facenda estimaba que na feira de tal sitio se podía recadar tal cantidade de cartos e o que facía era arrendala a unha persoa, que se encargaría do cobro, por unha cantidade bastante inferior ao que se ía recadar. No caso que hoxe tratamos o arrendador da alcabala da feira de San Martiño era Pedro López, veciño de San Martiño, de igual maneira que nos anos 1698 e 99 o foran: “Juan Ramudo, Gonçalo Alonso, Juan Fanego Sanjurxo becinos de la feligresia de San Martin de Mondoñedo” expoñen que “los anos pasados de mill y seiscientos nobenta y ocho y nobenta y nuebe que emos sido arrendatarios de la alcabala y cientos de la feria del Señor San Martin que se ace en dicha feligresia el dia del Señor San Martin, onze de nobiembre de cada un ano y se nos arrendo en ochenta y un ducados que se consigue el cobrar dicha alcabala y cientos de bueis, bacas y mas ganado que concurre el dia del Santo y siguiente”. O problema para estes veciños xorde cando á mencionada feira acoden a vender certas cabezas de gando varios sacerdotes “sin que nos ayan pagado maravedi ninguno en nuestro dano y perjuicio (…) y aunque les avemos pedido los dineros que devian pagar de los dichos ganados no lo an echo ni haran”.

O licenciado Francisco Díaz Valmayor, crego e presbítero de San Pedro de Mor, outorga poder para que o representen varios avogados, que ten lugar o día 12 de outubro de 1700 na parroquia de San Pedro de Mor. Estaba implicado na denuncia destes veciños e el deféndese alegando que nos anos 1698 e 99 “suponiendo los señores dichos , que el otorgante avia llevado a la dicha feria de San Martin dichos dos años ganados de bueis y bacas de grosio y de otra qualquier manera a vender, siendo lo contrario de la verdad” a razón de que é mentira é porque “el otorgante ay mas de catorçe años, que el ni persona en su nombre , no fue a vender ningun xenero de ganados a dicha feligresia ni feria de San Martin de Mondoñedo”.

Feira de cochos e vacas en Tornos. (Fotografía da Voz de Galicia).
Os demandantes aportan unha lista na que figuran os eclesiásticos que deben cartos polas vendas que realizaron nas feiras dos anos 1698 e 99.

No ano 1698 a relación é a seguinte:

El licenciado Rochela treinta y quatro cabezas; el licenciado Folgueyras, treze cabezas; el Licenciado Antonio Alonso, cura de Candia, siete cabezas; el cura de Roupar, doze cabezas;  el licenciado Andres Fernandez, seis cabezas; el licenciado Sanjurjo, de Masma, tres; el licenciado Barela, vezino del balle de Lorenzana, una; el licenciado don Juan Mariño, vezino de Burela, dos.  Los que deben la alcabala del año de 1698 de las cabezas referidas que an bendio en dicha feria y no an pagado el tributo”.

No ano 1699 a relación de cabezas vendidas por eclesiásticos é a seguinte:

El licenciado Pasqual Rodriguez, clerigo de San Martino de Pineyro, 6 cabezas; el licenciado Rochela, 17 cabezas; el licenciado Ribas, vezino de Abeledo, tres; el licenciado Francisco Diaz, del balledeoro, dos; el licenciado Folgueyras, doze; el licenciado Alonso da Agoeyra?, de Santo Azysclo, dos; el licenciado Antonio Pineyro, de Santalla da Debesa, dos; el licenciado Miguel Rouco, cura de Burela, cinco; el licenciado Cobo, clerigo de dicha feligresia de Santalla da Debesa, quatro; el cura de Zerbo, seis; el licenciado Gabriel Nunez, vezino de Nois, dos; el licenciado Alonso de Rio, de Fazouro, dos; el cura de Muras honze que bendio de treinta y dos que traya por su quenta; el licenciado Portobillo, clerigo vezino de Santa Cruz dos que bendio y no quiso pagar; el cura de Zillero de Mariñaos dos que bendio y no quiso pagar el tributo”.


Polo que podemos ver tanto no ano 1698 como 99 a cantidade de cabezas de gando polas que non se pagou é a mesma, 78 cabezas de gando. Se ao número de cabezas de gando vendidas por eclesiásticos lle sumamos o número de reses vendidas por persoas non eclesiásticas podemos chegar á conclusión que o total das vendas sería, sen esaxerar, o duplo das dos eclesiásticos e algo máis, polo tanto estaríamos a falar dunha cantidade moi próxima ás 200 reses vendidas, ás que debemos de sumar as non vendidas. 

Esta suma total reflicte, claramente, que cando se falaba da feira de San Martiño estábase a falar dunha das grandes feiras gandeiras da Mariña.   

jueves, 3 de noviembre de 2016

TOPONIMIA DO CONCELLO DE FOZ EN 1753.


A principios do ano 1753 realízase nas parroquias do noso concello o Catastro do Marqués de la Ensenada. A función deste catastro, o primeiro da historia, era meramente recadatoria pero os historiadores, de igual maneira que os amantes da historia, tiramos a cotío del, xa que se lle pode sacar información demográfica, agrícola, industrial ou toponímica. Este último aspecto é do que nos ocupamos neste artigo. Ao longo del veremos cales foron as respostas que as distintas parroquias deron á terceira das preguntas dese catastro, a que facía referencia ás lindes parroquiais.

O actual concello de Foz componse de 9 parroquias dende 1840 pero no ano 1753 o actual concello estaba dividido en dúas xurisdicións públicas e unha privada. Dentro das públicas estaban a de Foz, á que pertencían as parroquias de Foz, Santa Cilla e Santo Acisclo; a de Nois, á que pertencían as parroquias de Nois, Cangas, Fazouro e Cordido. A parroquia de San Xoán de Vilaronte pertencía, na súa totalidade, privativamente a “dixeron que dicha feligresia es de Señorio de don Francisco de la Varrera, vezino de la Ciudad de Santiago, quien percive por  razon de alcabala, de que igualmente es dueño, duzientos cinquenta y un reales y seis maravedies vellon en cada un año”. Este Francisco de la Barrera era un membro da familia De la Barrera que vivía en Vilaxoane, tal e como temos escrito no noso artigo sobre unha casa brasonada en Vilaxoane.

A parroquia que nos resta, San Martiño de Mondoñedo, era “de señorio de don Francisco Andres de la Barrera, vecino de la Ciudad de Santiago y parte de ella con el nombre de Coto de Ferreira es de don Antonio Moscoso Omaña y Lemos, vecino de la feligresia de Santa Cecilia de el Valle de Oro, por juro de herencia, con Justicia y Jurisdicion Civil y Criminal, alta y vaxa”.

Unha vez aclarado isto vexamos cales eran os lindes parroquiais naquel ano de 1753.

Parroquia de San Pedro de Cangas:

“principiando por el Leste en la orilla de la mar subiendo por el rego que nombran da Rajoa y ba dar a la Cruz de Lamallada atravesando el camino real y sigue a la  cueba que nombran de Faro y de esta continua por el Norte arriba asta dar en el marco que se halla en el pico de Faro y prosigue asta otro marco que nombran Chao de Judres dividiendo la feligresia de San Julian de Nois desde cuio sitio por el Sur vaxando por el monte se viene en derechura a un marco que se halla en el sitio que nombran Castrovello del qual vaxa al rio y de este continua al riego que denominan de Aguafria y de el se ba a la Pena Blanca do Queixal y prosigue al coto que llaman de Suriba dividiendo la feligresia de San Julian de Cordido y desde el referido sitio por la parte de Poniente al marco que se halla en el coto que nombran de Perovinco dividiendo la feligresia de Santa Maria de Rua y continua al marco que llaman da Rañadoira del qual prosigue al alto de Toxeiras dividiento la feligresia de San Roman de Villaestrofe de cuio sitio vaxando por el monte se viene en derechura al marco que nombran de Areamole orillas del camino publico desde el qual continua asta la orilla de la mar y sitio que llaman Punta de Sarride dividiendo la feligresia de Santa Maria de Burela y desde dicho sitio todo por la parte del Norte linda con la rivera del mar continuando a orillas de ella hasta el citado rego de Rajoa donde principio”.

Parroquia de San Xiao de Cordido:

“principiando por el Leste con el marco de Chao de Judres y de este se ba en derechura a otro marco que se halla en el coto que nombran de Golmar dividiendo la feligresia de San Julian de Nois de cuio sitio se ba al marco de Foxo de Aguieira siguiendo en derechura al pico del monte que nombran  de Outeiro dividiendo la feligresia de San Estevan de Moucide desde cuio sitio por la parte del Sur se continua al marco que nombran de Tras da Chousa y de el a otro que llaman das Cobas dividiendo la feligresia de Santa Cisilia del Valle de Oro y prosigue a otro marco que nombran das Tojeiras y desde el por el Poniente continua al marco que denominan de la Piedra Chantada y monte do Buio, de cuio sitio ba dar al coto da Suriba y marco del mismo nombre dividiendo la feligresia de Santa Maria de Rua y continua al que dicen de Piedra Blanca y por el Norte desde dicho sitio ba dar por el Rego do Queixal y se ba en derechura a otro rego que nombran de Aguafria y de este prosigue al Marco do Castro Vello dividiendo la feligresia de San Pedro de Cangas subiendo por el monte arriba asta dar en el citado marco de Chao de Judres donde se principio”.

Parroquia de Fazouro:

“principiando por el Levante en el coto de Painzas y de el sigue al Pico de Garcia hasta llegar a la feligresia de San Martin de Mondoñedo y della baja al sitio de Nido de Aguila y ba a dar al Pico de Seixas y al de la Liebre y de el a otro que llaman Paredes y sube a la fuente de los Bebedoiros y de ella al pico de Castrillon, dividiendo las feligresias de San Martin de Mondoñedo y Santa Zezilia del Valle de Oro, por la parte del Sur, y sigue al Marco de Montezuebos y al coto de la Pedreira y de el a la Peña de Perillan y a la veiga de Azebro y de ella y al rego de Hercio por la parte de el Poniente desde donde coje la orilla de la mar asta el rio bajo por la parte del Norte y continua por dicha orilla asta el referido coto de Painzas por donde principia”.

Parroquia de Santiago de Foz:

“principiando el termino por la parte del Leste, en la Peña que llaman do Carro por donde se entra en el Puerto de esta feligresia desde cuia peña sigue por la costa de la mar al sitio que llaman Ollo do Mar, de este a otro nombrado Ronqueira y de alli al que dicen Carreiro y de este a otro que llaman las Areas, desde el qual sube por la vega que nombran Prado da Lama, quedando parte de esta en la feligresia de San Martin de Mondoñedo con la que linda desde la costa y orilla de mar y siguiendo por un camino que divide el lugar de Forxan de esta feligresia ba a dar al de la Telleira quedando este en los termino de esta feligresia y baxando por un camino y corredoira que llaman de Porto viene a dar al lugar del mismo nombre quedando parte de el en esta feligresia y parte en la citada de San Martin de Mondoñedo en la que acaba de confinar con esta feligresia y principia a hacerlo con la de San Juan de Villaronte, siguiendo por la vega que nombran de Escanlar a un Seijo Blanco que en ella se alla y de el saliendo de dicha vega entra en otra que nombra da Granda, quedando corta porcion de ella en los términos de esta feligresia ba a dar al Riego de Esteiro por el que sigue al sitio da Arnela, y de esta a la orilla de la Ria que nombran de Foz y siguiendo por la orilla de ella ba a dar al Puerto de esta feligresia y siguiendo por la  misma orilla ba a dar al sitio en donde se embarca para pasar a la feligresia de San Cosme y sitio que llaman Lombo y de este a la Peña do Carro primera demarcación”.

Parroquia de San Martiño de Mondoñedo:

“principiando el  termino por la parte del Levante en el lugar de Porto desde donde sigue por una corredera del mismo nombre a salir al lugar da Telleira quedando este dentro de el termino de la feligresia de Foz y de allí cortando derecho vaxando por la Vega del Prado da Lama hasta las riveras de la mar confina con la espresada feligresia de Foz y siguiendo dichas Riveras que llaman de Painzas principia a hacerlo con la de Santiago de Fazouro en el riego de Carrizo desde donde sale al Coto da Lebre y a la Cruz de Loveira en dicho termino principiando a hacerlo aquí con la de Santa Cecilia de el Valle de Oro y sigue al Carvallo Blanco y riego de Pelourino y desde allí atravesando por una casa perteneciente a la Capellania de San Caetano de Zillero que esta en el lugar de Bouzaboa ba cortando derecho al riego de Cantaros y de este a la Canzela de Sotomeao  desde donde sigue derecho al lugar de Riomaior el que queda en términos de esta feligresia  y de allí por el arroio del mismo nombre va a salir a la Armada vella, en donde confina con la de San Hestevan de Oiran asta el foxo del mismo nombre en donde principia a hacerlo con la de Santa Maria de Valdeflores de Villanueva de Lorenzana y sigue derecho a la Sierra de Verin en donde confina con la de San Juan de Villaronte asta el Campo do Bedreiro y de esta al camino real que va a Mondoñedo por el que vaxa asta el lugar do Carmen y de allí al de Jinzo el que atraviesa por medio quedando la mitad de la parte de esta feligresia, desde donde sigue por un corredoira al camino que atraviesa la Vega de Escanlar y de allí al Escairo de ella y entrar en una corredoira que se nombra de Queinzas por la que sigue asta el dicho lugar de Porto, primera demarcación. El referido Coto de Ferreira tendrá  de Leste a Poniente la sexta parte de una legua y de Norte a Sur la tercera parte de ella y de circunferencia algo mas que una legua el que se divide de esta jurisdicion principiando por la parte de Leste en el rio que viene de Reiriz y sitio que nombran Bao dejando dicho rio sigue en derechura al campo que nombran de la Feria de San Martin quedando este dentro del coto y siguiendo un arroio que por allí vaxa va a dar junto a la Yglesia de esta feligresia donde se divide por el monte (a excepción de un solar de una casa perteneciente a dicho don Francisco Andres de la Barrera que es de esta jurisdicion) y va a dar al camino que va para el santuario de el Obispo Santo el que atraviesa y suviendo por el citado monte va a dar al coto da Lebre citado en la división del todo”.

Parroquia de Santa Cilla do Valadouro:

“principiando a confinar por la parte del Leste en la fuente y riego de Cantaros, desde donde se sigue al coto de Monte Maior y al lugar de Bouzaboa, partiendo por medio de una casa de San Caetano de Celeiro de Mariñaos, a la fuente do Retorno y lugar de Trasmonte, desde cuio sitio sigue al Pozo de la Caldeira, asta donde llega a confinar con la expresada de San Martin y principiando con la de Santiago de Fazouro en la Fuente Ciega del lugar de Fontao desta feligresia quedando la dicha de Fazouro entre Leste y Norte sigue al Marco  del Foxo da Agueira, division de la nominada de Fazouro y San Julian de Nois y continuando a la Pena Desecas en donde principia a confinar con la de San Julian de Cordido, quedando esta entre Norte y Poniente prosiguiendo a la Fuente das Teixeiras, en donde principia a hacerlo con la de Santo Azisclo del Valle de Oro y desde dicha fuente ba ala de Carrazedo quedando esta a la parte del Poniente caminando al medio del plantio de Su Magestad hasta llegar a la Pena de Telleira y desde esta al riego de Fontela, a la Pena do Espiño y a la de Gatena y desde esta a la de Rais de Castelo asta donde confina con la citada de Santo Acisclo y principiando a hacerlo con la de San Esteban de Oiran prosigue asta la peña da Armadavella y al puerto do Faro en donde feneze, y haziendolo corta distancia con la de San Sebastian de Carballido quedando esta entre Poniente y Sur y principia a hazerlo con la de San Martin de Mondoñedo en dicho Puerto y siguiendo por el riego de Riomaior avajo, asta el marco y lugar del propio nombre y de estos al marco da Casa noba do Machuco, caminando a la canzela y lugar de Sotomeao cortando derecho a la fuente de Pedro Camello (é o que pon pero probablemente se deba a un erro do escribán) y de esta a la fuente de riego de Cantaros”.

Parroquia de Santo Acisclo:

“principiando el termino por la parte de Leste en la fuente de Fontela en donde principia a lindar con dicha feligresia de Santa Cicilia del Valle de Oro desde la que sigue a otra que nombra de Carrazedo desde la qual atravesando el rio de Oro ba dar al arroio de Secas en donde acaba de confinar con la citada feligresia de Santa Cicilia del Valle de Oro y principia a hacerlo con la de San Estevan de Mouzide siguiendo por el Castelo de Lourido al coto de Nebeda en el que termina dicha feligresia de Mouzide principiando a lindar con la de Santa Eulalia de Budian desde cuio coto ba el termino por el arroio que nombran de Meixide asta las Penas Rubias en donde termina la referida feligresia de Budian principiando a confinar con la de Santa Maria de Bacoy sigue por el citado arroio de Meixide asta que este se incorpora con el citado rio de Oro en el que termina dicha feligresia de Bacoy y siguiendo el termino por dicho rio arriva ba a dar al lugar das Cabreiras lindando con la referida feligresia de San Sebastian de Carvallido siguiendo desde dicho lugar a una pena nombrada Peñadonedo y de esta al Pico da Penela en donde acaba de confinar con la citada feligresia de San Sebastian de Carvallido y buelbe a principiar a hacerlo con la referida de Santa Cicilia del Valle de Oro de cuia pena sigue a otra que se nombra do Espiño desde la que vaxando por el monte avajo viene a dar a la fitada fuente de Fontela primer demarcacion”.

Parroquia de San Xoán de Vilaronte:



“principiando el termino en la orilla de dicha Ria y sitio que nombran da Arnela sigue por el rego de Esteiro y de este por la Vega que se nombra da Granda quedando una corta porcion de ella en el termino de dicha feligresia de Santiago de Foz, desde la que sigue a otra vega nombrada Escanlar y a un Seixo Blanco que en ella se alla y de este a un camino de carro que atrabiesa dicha vega en el que acaba de confinar con dicha feligresia de Santiago de Foz y principia a hazerlo con la de San Martin de Mondoñedo y siguiendo dicho camino para la expresada vega ba por otro que llega al lugar de Jinzo por el que atraviesa dejando la maior parte de el en el termino de la citada feligresia de San Martin de Mondoñedo desde cuio lugar sigue por otro camino al sitio que llaman Carmen y de este por el Camino Real para la Ciudad de Mondoñedo al Campo do Bedreiro, Chao da Serra y Coto de Verin hasta donde confina con la feligresia referida de San Martin de Mondoñedo y principiando a hazerlo con la de Santa Maria de Valdeflores de Villanueba de Lorenzana, desde cuio coto ba a dar al campo nombrado de Fonso Vidal y de este al coto de Cornaria en donde acava de lindar con dicha feligresia de Nuestra Señora de Valdeflores y principia a hazerlo con la de Santa Christina de Zillero de Mariñaos del qual coto baxa al lugar do Cal y de este al do Carboeiro quedando uno y otro dentro del termino de esta feligresia del que ba a dar al rio de Santa Christina de Cillero de Mariñaos por el que siguiendo el termino viene a dar al sitio que llaman Barca de la Espiñeira y de este por al ria al de Arnela”.