Buscar este blog

lunes, 29 de febrero de 2016

EMIGRADOS FOCEGOS: XOSÉ ESTÚA MARIÑA E VEREMUNDO ANDRADE. VILARONTE.

Vila María Adela. Vilaronte.
Cando se fala da emigración galega cara América vénsenos á mente a imaxe das casas dos indianos. Son estas a expresión do triunfo do emigrado naquela Galicia da fame.

Hoxe imos falar dun emigrado de Vilaronte que triunfou en Cuba, mais tamén doutro que marchou para mellorar o seu futuro e volveu peor do que marchara. Son os casos de Xosé Estúa Mariña e Beremundo Andrade respectivamente.

Se procedentes da Espiñeira entramos en Vilaronte veremos unha casa indiana chamada Vila Amadora, da que falaremos noutro artigo, un pouco máis arriba atoparémonos ante outra casa chamada Vila María Adela. Se o título da primeira edificación respondía ao nome da nai do emigrado na segunda responde ao da filla.

Xosé Estúa Mariña, nado en Vilaronte, emigra a Cuba na segunda metade do XIX. Descoñecémola data concreta, pero sabemos que no ano 1899 xa estaba en afincado na cidade de Cienfuegos. No xornal La Vanguardia atopamos unha noticia na que se pode ler: “para dedicarse al comercio de peletería y sus anexos se ha constituido en Cienfuegos una sociedad en comandita bajo la razón de Ruiloba y Compañía, de la que son socios don Torcuato Ruiloba, don Serapio Obregón Cuesta y don José Estua Mariña, y comanditario don Aquilino Velasco Razañano”. (La Vanguardia, 1899, 26 de xullo).

En pescudas posteriores  puidemos saber que a casa Ruiloba e Compañía especializárase na fabricación de luvas para choferes e para os campesiños que cortaban cana de azucre, entre outras cousas.

O triunfo económico de Xosé Estúa é o motivo que impulsa a outros veciños de Vilaronte a marchar cara Cienfuegos ou para Cuba. Exemplo desta atracción é o caso  dos irmáns Uxío, Xosé Ramón, Laureano, Emilio e Andrés Hermida Estúa, fillos de Amadora Estúa Mariña e polo tanto sobriños do noso protagonista.  Un destes emigrados, Uxío Hermida, será o promotor de Vila Amadora.

Outro exemplo da atracción de Xosé Estúa é o caso de Veremundo Andrade. Este home era natural da Espiñeira e traballaba como escribinte no concello de Foz. Non sabemos qué motivou a Veremundo para marchar, tal vez o escaso soldo, a ansia de prosperidade ou ben a labor dos promotores da emigración, os coñecidos como ganchos, que se dedicaban a nutrir ás empresas americanas de man de obra galega.

Detalle da fachada de Vila María Adela. 

O pai de Veremundo, Antón Andrade, buscou o apoio das súas amizades para conseguir un posto de traballo ao seu fillo en América. Antón, que  traballaba nas fábricas que na Espiñeira tiñan Xosé Reimunde e Damían López, debeu de acudir aos seus xefes para que mediasen ante Xosé Estúa. A mediación tivo éxito e Veremudo foi contratado. Non foi este un caso excepcional pois o noso protagonista, retornado xa en Vilaronte, dedicouse a fomentar a emigración a Cuba. O xornal La Provincia (1924, 22 de xaneiro) di que Xosé Estúa lograra conquistar: “una brillante posición económica en la isla de Cuba, siendo, ya de retorno en el regazo de su país natal, un generoso patrocinador de cuantos hijos de esta comarca marchan a las Antillas, a los cuales les presta cariñoso cobijo de protección y orientada guía”.

Un deles foi Veremundo, que marchou cara Cienfuegos no ano 1920, retornando á Espiñeira sete anos despois. A razón do seu pronto retorno non foi por facerse rico senón que volveu para morrer na súa terra: “Víctima de la terrible dolencia que tantas vidas jóvenes troncha y destruye, falleció en la Espiñeira en plena juventud, nuestro querido amigo don Veremundo Andrade, hijo primogénito del inteligente empleado de la Casa Reimonde y López, don Antonio, también estimadísimo amigo nuestro.

Hacía pocos días que el finado, herido ya de muerte, había llegado a casa de sus afligidos padres de retorno de la isla de Cuba, donde, hace siete años, era empleado de la importante casa comercial de Cienfuegos, Ruilova y Estua.

Las muchas y generales simpatías que en toda esta comarca goza la apreciable familia del malogrado joven, pusiéronse bien patentes, en los actos del funeral y conducción del cadáver al cementerio de Villaronte.
De Foz, de cuyo Ayuntamiento había sido inteligente escribiente antes de emigrar para América, fueron muchas las personas que acudieron a rendir testimonio de amistad y condolencia”. (El Progreso, 1927, 18 de febreiro).

O xornal El Correo Gallego (1927, 23 de febreiro) recolle esta mesma noticia e aparte do anteriormente mencionado di: “las merecidas y generales simpatías que el muerto y su atribulada familia gozan en toda esta comarca pusiéronse de manifiesto con motivo de los actos fúnebres realizados, pues de Barreiros, Foz, Alfoz, Lorenzana y Valle de Oro fueron muchas las personas que acudieron a Espiñeira a testimoniar su sentimiento”.

Mellor sorte tivera  Xosé Estúa. No  ano 1917 xa estaba retornado en Vilaronte, nesa data manda levantar a súa casa.

Xosé Estúa  era nomeado deputado provincial  no ano 1924: “del prestigioso indiano, hijo de Villaronte de este término municipal, don José Estúa. A fuerza de talento y laboriosidad tan frecuentes en nuestros hermanos emigrados, logró, en sus mocedades, el nuevo diputado conquistarse una brillante posición económica en la isla de Cuba, siendo, ya de retorno en el regazo de su país natal, un generoso patrocinador de cuantos hijos de esta comarca marchan a las Antillas, a los cuales les presta cariñoso cobijo de protección y orientada guía”. (La Provincia, 1924, 22 de xaneiro).

No libro titulado Casas de Indianos (Xunta de Galicia, 2000, páxs. 397 a 400) fálanos de Vila María Adela, da que nos di que é unha obra realizada no ano 1917 nun estilo arquitectónico coñecido como ecleticismo. Trátase dunha edificación de 118 m2, 3 plantas en alzado, 4 fachadas e que se atopa dentro dun solar de 3600 m2. Segundo as fichas técnicas realizadas polos irmáns Xulio e Alberte Peinó Álvarez para esta publicación a casa conta cun: “jardín indiano; camelias, magnolios, árboles plataneros y una singular especie conocida como árbol del pan, constituyen el exótico arbolado que se disemina en los más de 3000 metros cuadrados”.

Segundo as mencionadas fichas o proxecto da obra correu a cargo do arquitecto cubano “Emilio Basterrechea y cuyos planos se incluyen, fue importado desde La Habana por su promotor y rectificado por el tracista local Peregrín Estrellés”. Desconcértanos que se defina a Peregrín Estrellés como “tracista local”, pois este home, nado en Valencia no ano 1891 e morto na Coruña en 1981, formou con Antón Tenreiro o dúo de arquitectos que renovaron a arquitectura galega de principios do século XX.
Detalle da porta princial de Vila María Adela.

No libro de Chemi Lombardero Rico titulado  La huella de la emigración a América en el Cantábrico occidental fala do noso protagonista e de Vila Adela, da que nos di que: “fue construida también por una cuadrilla de obreros portugueses. La obra se terminó en 1917. En ella hay balcones y ornamentos de cemento armado. Bien pudiera ser asimismo factura de la familia Meira.(P. 153). Estase a referir aos irmáns Mera, un grupo de albaneis que, procedentes de Portugal, acabarán asentándose en Ribadeo e Foz. De Antón Mera fálanos Antón Niñe no seu libro Asilo Nosa Señora do Carme. A súa historia. Cando aborda o tema da construción do asilo di que foi obra do: “ contratista D. Antonio Mera – que acabará instalándose en Foz -, como xa se di anteriormente, é portugués, de Carreço (Viana do Castelo), e para a construción do edificio conta con varios obreiros portugueses. Entre estes encóntras D. Luciano Fernández Ramos, (tamén de Carreço), que tamén acaba casándose aquí e, actualmente, vive en San Martiño de Mondoñedo” (P. 15).

No mencionado libro de Chemi Lombardero tamén se nos di  que: “José Estúa Mariña, rico cubano retornado, compra en su pueblo de Vilaronte (Foz) los llamados Molinos de Río, donde instala un generador de electricidad para surtir a su parroquia”. (P. 137). Destes muíños chegará a enerxía eléctrica que permitirá alumear as casas de Vilaronte.

A derradeira noticia que temos sobre Xosé Estúa atopámola no xornal El Progreso (1940, 6 de xaneiro), nela  infórmanos da voda que ten lugar en  Vilaronte, o día 30 de decembro de 1939, entre “María Adela Estúa García, hija de don José Estúa Mariña y de doña María Antonia García Estúa, con el maestro nacional de aquella localidad, don Antonio Conde Costa”.  A cerimonia foi oficiada polo párroco de Vilaronte, Xesús Losada Ares, actuando como padriños o pai da noiva e Xenoveva Costa González nai  do noivo, “los invitados a la ceremonia fueron después espléndidamente obsequiados en casa de la novia”.

Como vimos a emigración, igual que acontece hoxe en día, sempre tivo dúas caras: a dos que volveron para dicir que triunfaron  e a dos que nunca retornaron.

Agora unha serie de fotos antigas de Cienfuegos sacadas da seguinte páxina web
http://www.azurina.cult.cu/index.php/identidad-e-historia/galeria/category/9-cienfuegos-siglo-xix?start=15






viernes, 26 de febrero de 2016

CRÓNICA NEGRA DO CONCELLO DE BARREIROS. 1902 a 1910.


Barrreiros, de igual maneira que tódolos concellos, ten unha ampla crónica negra. Non pretendemos facer agora unha recolleita de tódolos crimes acontecidos neste concello, quedarémonos con algúns casos que tiveron lugar entre os anos 1902 e 1910.

O primeiro do que falaremos, o do ano 1902, é o máis horrendo de todos eles pois ten como vítimas dous nenos pequenos que foron asasinados por seus pais. Tal foi a estupefación que causou este suceso que a prensa fíxose eco desta noticia, non solo para difundila senón que tamén para comentala: “Un doble crimen; matar á dos inocentes niños, arrojar á uno de ellos al río, faltándole una pierna, enterrar al otro, quizás vivo, en la huerta de la madre desnaturalizada, son cosas que no parecer de San Cosme de Barreiros” (El Norte de Galicia, 1902, 10 de abril). Algo moi semellante lemos no xornal El Regional, no que se fan  eco do achado do corpo dun neno nun regato de San Cosme, en concreto preto dunha: “ aldea de cuatro casas, se encontraba el cadáver de un recién nacido falto de una pierna”. Ata alí se traslada o xuíz de primeira instancia de Ribadeo, Celestino Nieto Ballesteros, acompañado de: “el joven y distinguido abogado y escribano don Justo Barreiro Pico y los médicos don Marcelino Vior y don Modesto Lage(…) Y allí en aquella aldea, se verificó la autopsia de un niño hallado en el río y se procedió a la exhumación de otro ser inocente enterrado en una huerta por el padre de la delinquente. La Guardia Civil del puesto de Foz, cuyo cabo comandante, don José López se distinguió en la captura de los asquerosos criminales merece plácemes; plácemes inmensos para todos los que coadyuvaron al castigo de madres desnaturalizadas, de padres vendidos y de cómplices de delitos que deben llamarse de lesa naturaleza”. (El Regional, 1902, 10 de abril). Quen escribía esta noticia tan encendida era o periodista Carlos Abejón.

Por desgraza non será este o único caso de infanticidio en Barreiros, o xornal El Diario de Pontevedra informaba doutro acontecido no ano 1925: “Cometiose uno de ellos en un monte de la parroquia de San Cosme de Barreiros, Foz (Lugo) y en el punto conocido por Cruz do Lobo. Una muchacha, de 26 años, llamada Bernarda Gayoso Rodríguez, natural de Villanueva de Lorenzana, pidió autorización a su amo para ir a extraer una muela y cuando , acompañada de otra sirviente, a quien aquel ordenó que fuese con ella, llegó al citado punto, se separó de ésta a pretexto de una necesidad. Mas, como tardase en regresar, su compañera se internó en el monte y la sorprendió en el crítico momento en que acababa de dar a luz.
Corrió la chica a dar cuenta de lo ocurrido a su amo, quien le ordenó qu efuese a buscar la criatura, como así lo hizo, pero al llegar, el recien nacido estaba muerto. La madre ingresó en la cárcel a disposición del juez” (Diario de Pontevedra, 1925, 2 de xullo).

O xornal El Compostelano( 1925, 30 de xuño) completa un pouco máis esta noticia e grazas a el sabemos que ela era criada de Francisco Palmeiro, que o crime tivo lugar “a primeras horas de la mañana del dia 25” do mes de xuño. A outra criada chamábase Ramona.

Outro do que imos falar ten lugar a principios do mes de agosto de 1906. No xornal La Correspondencia Gallega podemos lela seguinte noticia: “En el pueblo de la Espiñeira, cercano á Barreiros, apareció flotando en el mar el cadáver de un hombre, que recogieron los carabineros de servicio (…) Resultó ser el muerto José Reynante, que se dedicaba a la compraventa de maderas. Reconocido el cadáver, presentaba varias contusiones en el cuerpo y una herida profunda en la cabeza”. O xuíz ordena o traslado do corpo ata Benquerencia, onde se lle fará a autopsia “por los médicos señores Lage y Fernández” para, posteriormente, ser soterrado no camposanto desa parroquia. O morto deixaba muller e varios fillos. No contorno descoñécese tanto a causa como os autores pero circulan bastantes rumores, un deles apuntaba a seguinte posibilidade: “ el Reynante había tenido noticia de que estos días venían robándoles algunas tablas de su propiedad y con el propósito de impedir estas sustraciones salió de casa, deseando conocer quienes eran los autores para denunciarlos”. Sospeitaban os veciños que Reinante atopouse cos ladróns e que estes o golpearan ata matalo, posteriormente, e co desexo de borrar todo tipo de pegadas, tiraran o corpo ao mar.( La Correspondencia Gallega: diario de Pontevedra, 1906, 11 de agosto).

O terceiro data do mes de marzo de 1910 e ten como protagonistas a Pilar Cid Monteavaro, casada con Francisco Seibane Ron, e a Manuel Sánchez Rivas.
Os dous protagonistas xa tiveran varios disputas verbais que remataron nun xuízo de faltas en Ribadeo. Mais o ditame xudicial non poñerá fin  ás xenreiras e aos enfrontamentos entre Pilar e Manuel.
O derradeiro enfrontamento entre estas dúas persoas ten lugar o día 28 de marzo de 1910, ao remate da romaría de Santo Estevo do Ermo (tamén coñecido por De Augas Santas, en referencia ás fontes de augas ferruxinosas). No xornal El Noroeste (1910, 3 de abril) podemos ler a noticia que fala da morte de Pilar Cid Monteavaro. 
Esta muller, tal e como aparece neste xornal,estivera traballando “vendiendo vino en la romería de San Esteban, ya tarde, se presentó Manuel en el lugar de la fiesta, cabalgando sobre un caballo y deteniéndose a escanciar vasos del tinto en todos los puestos que había en la romería.
La guardia civil, con objeto de evitar desórdenes de última hora, tan frecuentes en las romerías gallegas, ordenó al ponerse el sol que se retirase la música y terminase la fiesta.
Retiróse la gente, levantáronse los puestos, marchóse la guardia civil, pero Manuel Sánchez debió de haberse ocultado, esperando en el camino el paso de Pilar Cid para matarla, poruqe a unos dos kilómetros de la ermita apareció la infeliz mujer asesinada, á consecuencia del disparo de un revólver hecho por la espalda á boca de jarro.
El cadáver tenía tres heridas de otros tantos proyectiles, y se supone que el hecho habrá ocurrido entre seis y siete de la tarde.
Del autor de la muerte súpose que á caballo y galopando iba camino de Ribadeo, por lo cual la guardia civil de Foz y la de dicha villa pusiéronse en movimiento para capturarlo, pero antes de que pudieran hacerlo, á la siete de la mañana del día siguiente se presentó Manuel Sánchez en la cárcel de Ribadeo manifestando que era el autor del crimen y que no quería ser detenido por la benemérita que sabía que lo buscaba.
Parece que hay personas que presenciaron el sangriento suceso sin poder evitarlo, entre ellas el esposo de la interfecta que la había acompañado en la romería”.

O xornal El Progreso recolle a noticia e apunta información nova, como é o nome do marido, Francisco Seivane Ron, o que acompañaba a súa dona e a outros veciños cando saían de Santo Estevo “cuando se acercó al Manuel Sánchez Rivas y tras unas palabras, hizo éste dos disparos consecutivos sobre la Pilar Cid que quedó muerta en el acto”. (El Progreso, 1910, 15 de outubro).


Descoñecemos que información empregou o xornal El Correo de Galicia xa que a noticia que saca non concorda coa que aportan outros xornais: “un individuo conocido por Juan el Castrador, de San Pedro de Benquerencia, disparó dos tiros contra una mujer llamada Pilar, alias Nateira, de dicho San Cosme, la cual falleció poco después”. (El Correo de Galicia, 1910, 5 de abril).
Nesta historia temos á vítima, Pilar, á testemuña, Francisco Seivane, e ao asasino, Manuel Rivas. Pilar morre o 28 de marzo de 1910 e Francisco, polo que temos comprobado, marcha da Mariña, aínda que descoñecemos cara onde. O xornal El Norte de Galicia fai mención a un xuízo que se ía realizar entre Xosé Pérez Gómez, veciño de Lourenzá e Francisco Seivane: “que lo fue de Barreiros y hoy ausente en ignorado paradero”. (El Norte de Galicia, 1911, 23 de febreiro).

Cantos anos estivo preso Manuel Sánchez por este crime?

A pesar de que había testemuñas que o identificaron e que el mesmo se declarou culpable, Manuel Sánchez non pasou nin un ano no cárcere. No xornal La Voz de la Verdad podemos ler a seguinte noticia: “ante la Audiencia provincial y con intervención del Jurado se vió ayer en Juicio oral por revisión, la causa formada en el Juzgado de Ribadeo por homicidio de Pilar Cid Monteavaro, que recibió dos ó tres tiros que le disparó el procesado Manuel Sánchez Rivas, ocasionándole dos heridas situadas, una en la parte superior de la región posterior del cuello y otra en la escapular del lado izquierdo, mortales de necesidad, que le produjeron inmediatamente la muerte. El hecho ocurrió al anochecer del día 28 de Marzo del año último en el punto denominado Rego da Cabana (…) según se dijo los disparos fueron hechos á quema ropa y por la espalda. El jurado declaró la inculpabilidad del procesado y en su vista el tribunal de Derecho dictó sentencia absolviendo libremente á  éste y declarando de oficio las costas y poniendo en libertad al mencionado procesado”. ( La Voz de la Verdad, 1913, 21 de marzo).

Manuel, que volveu libre á súa casa, acabará casándose e formando familia na parroquia de San Pedro de Benquerencia, lugar no que levantará unha casa que habilitará como pensión ata que se lle incendie no ano 1932. Segundo o xornal Riberas del Eo,  un violento incendio foi a causa da destrución da casa de Manuel Sánchez Rivas. O incendio iníciase na cheminea  da casa e como ese día había moito vento impediu que se puidese extinguilo incendio: “el edificio que estaba asegurado quedó completamente destruído, quemándose todo el ajuar de los inquilinos, incluso 3000 pesetas que en billetes del Banco de España guardaba Manuel Sánchez”. O incendio, no que sofre queimaduras a súa filla, debeuse a fallos estruturais na construción da cheminea. Calcúlanse as perdas en máis de 40.000 pesetas (Riberas del Eo, 1932, 1 de outubro).

Desconcértanos, profundamente, esta resolución xudicial, non atopamos resposta para ela xa que el declarouse culpable e había testemuñas que o identificaran.
Se ben é certo que el ía armado a unha festa isto non foi tido en conta pola xustiza pois era bastante habitual acudir ás romarías armados “en una romería celebrada el día 29 del pasado septiembre, en la parroquia de San Miguel” a benemérita practica una cacheo entre os mozos alí reunidos atopándose unha navalla, unha pistola e un revólver. (Correo de Galicia, 1909, 4 de outubro).
A xente que acudía a unha romaría ou a unha festa volvían xa de noite, por camiños aillados e solitarios, e ante o medo de que os asaltasen ían armados.

Era tan alto o número de asaltos nos camiños nese principio do século XX? Pois polo que sabemos en Barreiros si “en algunos puntos de la carretera de Barreiros á Ribadeo han sido sorprendidas algunas personas por individuos que se dedican, de algún tiempo a esta parte, á asaltar á los viajeros, pese á la activa vigilancia que hace la Guardia Civil”. (El Correo de Galicia, 1911, 1 de maio).





lunes, 22 de febrero de 2016

OS CAMIÑOS DE FOZ NO SÉCULO XIX.


Se queremos viaxar de Foz cara Ribadeo ou Viveiro tomamos a nacional  642. Moitos temos pensado que esta nacional semella máis unha estrada do século XIX que unha de principios do XXI. As fochancas, o piso en mal estado, a mala sinalización e as colas no verán son as causas que nos levan a pensar isto, mais non nos enganemos, os camiños do século XIX eran moito peores.

Chegar a Foz no XIX era bastante complicado. Ao estado penoso do firme, ateigado de subidas e baixadas pronunciadas así como de zonas encharcadas, había que sumar a infinidade de regatos desbordados que cruzaban o camiño, todo isto dificultaba o fluído tránsito de viaxeiros.  

Para entrar no concello de Foz procedente de Ribadeo había dúas posibilidades: empregar a barca da Espiñeira ou ben continuar ata Celeiro de Mariñaos e salvalo río polas pontes de Rexa e Barral. Posteriormente o camiño continuaba por Vilaronte, San Martiño, Vilacendoi, Porto e Vilaxoane ata chegar a Foz. Este trazado era bastante antigo. No apeo de bens do ano 1540 vemos cal era o trazado do camiño que sae de San Martiño: “por el camino françes para Porto e que asi se parte de segun va el camino al lugar de Porto se va por el dicho camino françes del Soto de Boymença e se pasa por la oma de la presa del molino dos Novees e se va por el camino a Caynzal por el dicho camino e de otra parte para el tarreo de Juan Palmeyro e camino que biene de Vilacendoi”.

De San Martiño  en 1540 saía outro camiño que enlazaba con Foz, aínda que o seu destino era Forxán: “en el camino françes que viene de Forjan para el Campo da Feyra”. Este segundo camiño cruzaba pola Telleira, que era o lugar destinado polo mosteiro para a realización das tellas empregadas polos veciños, e continuaba por Forxán ata Fazouro. Hoxe en día chámaselle a ese trazadoo Camiño Vello. En 1842 o estado do firme deste vial era lamentable: “además que el camino antiguo que da la buelta alreededor de otra Bega desde la Tilleira por la cuesta y peñas de Juan Ferreiro es muy penoso por las subidas y bajadas rapidas y su piso pantanoso”. (Acta municipal do 15/IX/1842).

O primeiro dos camiños que saía de San Martiño entraba en Foz por Vilaxoane, Fondós, A Praza e transcorría por debaixo da igrexa e polo Campo. Lembremos que o Campo da Cabana era a zona comprendida entre a Rambla (hoxe praza Conde de Fontao) ata o Rego de Foz, toda esa extensión de terreo estaba sen cultivar, razón pola cal se foi construíndo nela.

Este camiño en Foz, polo menos antes de 1843, atopábase co da marea. Cada vez que subía a marea o camiño desaparecía. Deixemos que sexa o goberno municipal o que expoña esta situación: “ ordena que se abra y franquee un camino o calle suficiente que de entrada y salida a los avitantes en el varrio llamado do Campo en el que de muy pocos años a esta parte se han edificado veinte y dos casas inclusos dos almacenes en que se recojen los efectos que alli desembarcan los diversos buques que arriban a este puerto “. Cando aborda o tema dos viaxeiros que pasan en dilixencias por esta zona afirma que no Campo “se embarcan y desembarcan todos los transeúntes que desde la villa de Rivadeo siguen a la de Vivero y otros puntos sin que resulte tener otro transito para carros y caballerías mas que el de la Ribera que por disgracia se halla intransitado cuando sube la marea en tal estremo que a lo menos en cuatro horas cada día no puede haber tránsito por aquella parte”. Para acabar con esta situación o concello solicita á igrexa de Foz que lle ceda uns terreos para abrir un camiño “desde el centro de la población y por la vase inferior del terreno que ha pertenecido al iglesario de esta parroquia”. (Acta municipal 15/XII/1842).

De Foz o camiño real continuaba por Forxán ata chegar ao río Ouro. Para salvalo había que chegar ao lugar de Vilarmea e cruzalo río pola ponte vella de Fazouro, a carón da súa igrexa parroquial. Non será ata despois de 1882 cando se constrúa a ponte de ferro: “El día 31 de Julio se subastará en la Dirección de obras públicas la parte metálica y afirmado del puente sobre la ría de Fazouro, en la carretera de Ribadeo á Vivero, en 106.309 pesetas y 82 céntimos”, (Revista de la Sociedad Central de Arquitectos, 1882, páx. 85).

Un problema que acontecía de vez en cando cos camiños era a apropiación destes por parte de particulares.


En 1843 os transeúntes do camiño real tiñan que dar un amplo rodeo en Nois, segundo informa o inspector municipal de camiños: “hay que dar un gran rodeo que causa en la bereda real de Vivero a Ribadeo el terreno que en la plazuela de Nois apropiaron los caseros del Excelentísimo señor Conde de Fontao haciendo sobre el camino un notable rodeo en perjuicio de los transeuntes por el Real piso que resulta en aquel local a causa del agua del arroyo que por alli baja de los montes continuamente y atendiendo que los terrenos confinantes en ambos costados pertenecen a dicho Excelentísimo señor acuerdan que o bien buelba el camino al sitio por donde antiguamente seguia o se proceda a su rotura en rectitud mas posible”. (Acta municipal 13/III/1843).

Por desgraza para os veciños de Nois e dos transeúntes non será este o único caso de apropiación de camiño. En 1846 a corporación municipal era informada de que Paulo Gil, veciño do lugar de Cabanas (Nois),: “se apropio y agrego a los vagos de su casa habitacion el camino antiguo, considerado bereda real de Ribadeo a Vivero”. Supoñemos que o citado veciño realizou obras na casa removendo terra que acabou tirando ao camiño “cubriendo enteramente el camino estorban la libre marcha de los transeuntes y ofenden la vista los objetos alli encontrados”. (Acta municipal 27/XI/1846).

Outro caso de apropiación indebida do camiño ten lugar en San Martiño no ano 1850, sabémolo porque o capataz de camiños do tramo de Forxán afirmaba ante o concello que: “era indispensable y preciso para la regular comodidad del transito del unico camino real que desde el puerto de Ribadeo continua su derrota a la villa de Vivero en el local que denominan cuesta del Rigueyro, términos del Priorato de San Martin de Mondoñedo, era de absoluta necesidad unir al actual camino el antiguo que apresó y cercó don Francisco Méndez”. (Acta municipal 6/IX/1850).

Non era moito mellor a situación en Cangas. O alcalde comunicaba á corporación municipal que :”el puente de Alemparte, de la espresada de Cangas en la vereda o camino real se halla deteriorado, amenazando desgracias tanto para la spersonas como para los ganados”. Serán os veciños  das parroquias de  Fazouro, Cordido, Nois e Moucide os encargados de arranxala. (Acta municipal14/VI/1850).

Cando Pascual Madoz edita o seu Diccionario Geográfico, no ano 1850, fala dos distintos camiños que percorren o noso concello.


Vilaronte
El camino para Rivadeo, así como los locales y vecinales están mal cuidados”.
Foz
“los camino locales son malos, pero no tanto el que or la costa sigue hasta Vivero”.
Fazouro
los caminos locales asi como el que cruza el rio sobre el cual hay un puente de madera de 4 arcos, costeado en sus reparaciones por las 5 deligresias del antiguo distrito de Nois”.
Nois
“Cruza por el centro el camino real llamado de la Marisma, que desde el Ferrol vá a Ribadeo por Vivero”.
Cordido
“los caminos son locales y malos”.
Cangas
“los  caminos son vecinales en medio estado”.

En 1854 o estado xa tiña moi avanzado o novo trazado do camiño real que unía Viveiro con Ribadeo: “y en curso de egecucion con el limítrofe distrito de Barreiros las obras del camino vecinal de la villa de Rivadeo a la de Vivero y actualmente en las operaciones del trazado del mismo camino en el de Cervo un ingeniero quedando en el intermedio lo que corresponde a este de Foz e imposibilitado por tanto el uso de dicho camino”. (Acta municipal 21/II/1854). 

 Ata Cervo estaba rematado o novo trazado e de Ribadeo a Barreiros tamén, quedando o concello de Foz sen nada. Por esta razón a corporación municipal solicitáballe ao gobernador o envío dunha persoa cualificada para que delimitase o camiño, encargándose a corporación do proceso de expropiación dos terreos necesarios.

Vexamos agora a situación do camiño de Ferrol a Ribadeo ao seu paso polo concello de Foz en 1866: “A la salida de Alemparte se cruza el río Cangas por un puente de piedra, de un arco,y à menos de 0.5k. de Fazouro se pasa el río del Oro, por otro puente de cuatro arcos, conocido por de Fazouro. El camino recorre un terreno ondulado á la inmediación de la costa. De Foz a Rivadeo está la carretera concluida, y remonta hasta Espiñeira la orilla izquierda de la ría de Foz o río Masma. En Villajuane parte, por la derecha, el camino à Villanueva de Lorenzana y à 0.5k. se pasa la ría de Villaronte por un puente de piedra. En Espiñeira se cruza por un puente del mismo nombre el río Masma, y la carretera entra en un terreno accidentado, cultivado en parte y dominado á la derecha por los montes de Mondigo”. (Itinerario descriptivo militar de España. Ano 1866).


 

miércoles, 10 de febrero de 2016

O COMERCIO FOCEGO NO ANO 1932.

 Toda a información que aparece neste artigo foi extractada do Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España, que atopamos na páxina web da biblioteca nacional española, no apartado dedicado á hemeroteca dixital.

Este anuario data do ano 1932 e está dedicado ás 4 provincias galegas aínda que tamén recolle información de Asturias, Cantabria e País Vasco. Aparte das descripcións básicas de cada concello no Anuario faise unha relación de tódolos comercios do municipio.

Sirva este artigo para coñecer un pouco máis o comercio focego e ás persoas que nel traballaron.

O Anuario menciona o seguinte sobre o noso concello:

Foz.
Villa con ayuntamiento de 8500 habitantes, perteneciente al partido judicial de Mondoñedo, de la que dista 20 kilómetros, y 22 de la estación de Ribadeo. Su término municipal, bañado por varios ríos, produce cereales, hortalizas y patatas. Riqueza forestal y pecuaria. Industria pesquera. Comunica con Valle de Oro, Ribadeo y Vivero por carretera. Celebra sus fiestas el 9 de agosto y mercados los martes. Puerto de tráfico mercantil. Servicio público de automóviles con Mondoñedo, Ribadeo, Vegadeo, Vivero y Lugo. Teléfono. Telégrafo. Cartería.

Abonos minerales.
Alonso Rodríguez, Antonio.
Eijo Maseda, Basilio.
Eijo Maseda, Florencio.

Automóviles de alquiler.
Doval Naray, Jesús.

Café.
Cajeao Pardiñas, Celia.

Calzados.
Maañón Couto, Francisco.
Rodríguez Canoura, Estrella.

Carpintería.
Fernández López, Francisco.

Cereales.
Alonso Rodríguez, Antonio.
López Becerra, José Ramón.

Cerrajería.
Martínez López, José.




Comestibles.
Casas Fernández, Manuel.
Díaz Cordido, Balbino.
Díaz Lorenzo, Eladio.
Eijo Maseda, Basilio.
Ferrín Sanmartín, Elvira.
Fernández, José Antonio.
Fernández Otero, Martín.
García Rodríguez, Generoso.
López Leitón, Ángel.
López London, Generoso.
María Fraga, Ramón.
Maseda Alonso, Ramona.
Méndez Basanta, José María.
Orosa López, Balbino.
Rodríguez, viuda de Domingo.
Rodríguez Rodríguez, Amelio.
Rodríguez Rodríguez, José.
Tapia Leivas.
Teijeiro Sánchez, Emilio.
Vázquez, viuda de H.
Vizoso Valmayor, Cándido.
Yáñez Fernández, José.


Confecciones.
Maañón Couto, Francisco.

Conservas. Fábrica de.
San Juan, José.

Escabeches. Fábrica de.
Gutiérrez Ocejo, Luís.

Ferretería.
Fuentes Riego, Francisco.




Giros. Cobrador de.
Reimunde Acevedo, José.

Hierros y aceros.
Vázquez, Constantino.

Hotel.
La Primitiva. Cageao Vázquez, Jesús.


Hueverías.
Alonso Casimira, Ramona.
Lanzas Villanueva, Maximino.
Rego Matías, María Josefa.
Roval, Jesús.

Maderas.
Alonso Méndez, Francisco.
Cao Rojo, José.
Fernández Balea, Ramón.
Fernández López, Francisco.
López Ferreira, Damián.
Méndez Basanta, José María.
Villarino Couto, Leandro.

Mercería.
Rodríguez Rodríguez, Ramón.

Molinos.
Conde de Fontao.
Fraga Orosa, José.
Marina Pérez, Francisco.
Mon, Francisco.
Rivadeira Vázquez, Emilio.
Rodríguez González, Juan.
Samaniego, Crisanto.
Veiga Palmeiro, José Ramón.





Navieros.
Alonso Rodríguez, Antonio.
Reimunde y López.
Sociedad Mindoniense de Cabotaje.

Pescados por mayor.
Alonso, hijos de Antonio.

Quincalla.
Vega Pita, H.

Salazones. Fábrica de.
Gutiérrez Ocejo, Luís.

Serrería Mecánica.
Lestegás, José Antonio.

Tejidos.
Castiñeira Ramos, Eusebia.
Maañón Couto, Francisco.
Rodríguez Veiga, viuda de José.
Vizoso, Laureano.

Transportes.
Doval Naray, Jesús.

Ultramarios.
Alonso Rodríguez, Antonio.
Correa Canoura, Soledad.
Eijo Maseda, Basilio.
López Becerra, José Ramón.

Vinos Generosos.
Alonso Rodríguez, Antonio.
Eijo Maseda, Florencio.
Lanso Medina, Cándido.
López, José.
Seija Basanta, Francisco.


viernes, 5 de febrero de 2016

A CASA BRASONADA EN VILAXOANE. FAMILIA LÓPEZ DE RÍO E MOSCOSO.

      Escudo da torre de Vilaxoane. Hoxe propiedade de Moncho de Redondo.

Se percorremos o antigo camiño de entrada a Foz, que cruzaba por Vilaxoane, hoxe totalmente alterado pola estrada 642, veremos que á nosa esquerda se levanta unha casa na que se agocha un fermoso escudo de armas.

Durante moito tempo esa pedra armeira chamoume poderosamente a atención. Eu descoñecía a que familia pertencía ese brasón, se ben a súa feitura semellábame ser do século XVI, outros moi semellantes abondan pola nosa Mariña.

Para solucionar esta dúbida animeime a escribirlle a un bo amigo xenealoxista que ao pouco tempo me respondeu. Resultou ser que o escudo pertencía á familia López de Río e Moscoso, en concreto mencionábame a figura de Lourenzo López de Río e Moscoso, veciño de Alcobendas, que gañaba a súa executoria de fidalguía no ano 1597. Resultou que o expediente de fidalguía podíase consultar na páxina web pares.mcu.es , o orixinal consérvase no Arquivo da Real Chancelaría de Valladolid, Rexistro de Executorias, Caixa 1834. Ano 1597.

Trala pertinente consulta puidemos saber que Lourenzo López de Río e Moscoso, veciño de Alcobendas, presentaba preito contra o fiscal do rei e contra o concello de Alcobendas. Esta denuncia tiña a súa orixe en que  el fóra incluído dentro do padrón de peiteiros e non no de fidalgos tal e como, segundo el, lle correspondía: ” siendo como era el dicho su padre hombre hijodalgo notorio de si y de su padre y aguelo y antecesores de solar conoszido (…) donde vivieron y moraron y tuvieron azienda de uno diez veynte quarenta ochenta y ciento y mas anos”.

O preito comezaba o día 11 de xullo do ano 1596 rematando ao ano seguinte. Para demostrar a súa fidalguía Lourenzo López de Río presenta as seguintes testemuñas:

Nome
Localidade
Xoán Fernández de Abelairas
Vilaronte
Pedro Rei
Vilaronte
Fernando Sánchez de Mañente
Mañente
Alonso Novo
Marzán
Xoán García
Marzán
Diego Revellón de Aguiar
San Cosme de Barreiros
Diego Arias
Viladeille. Barreiros.
Fernando Pillado. Crego
Santo Acisclo
Alonso Amor
San Martiño
María Basante, viúva de Xoán de Río
Fazouro
Roi López, escribán
Xinzo. San Martiño
Gonzalo Núñez
Vilarmea.Fazouro
Francisco Sánchez de Moscoso e Cordido. O vello
Vilela. San Martiño
Pedro González, pescador
Vilaxoane. Foz
Alonso Ramos, pescador
Marzán. Foz

Unha das testemuñas, Xoán García, di que coñecera ao mencionado Lourenzo López de Moscoso e Río “desde niño pequeño criándose en el lugar de Villajuane, en casa de su padre y ansi mismo en la villa de Rivadeo y siendo de hedad de diez y siete años, poco mas o menos, tienpo se avia ydo y ausentandose de la dicha villa a Castilla y dezian del susodicho era casado junto a la villa de Madrid en un lugar que llamavan Alcobendas”.

Lourenzo López de Moscoso era fillo de Alonso López de Moscoso, persoeiro que tamén residiu na casa brasonada de Vilaxoane, tal e como afirma a mencionada testemuña: “parte viviendo y residiendo moro en el dicho lugar de Villa Juane en casa de Lope Sanchez, su padre, y podía aver que hera casado veinte y siete anos poco mas o menos (…) despues de casado fue vezino e morador en el lugar de Villa Juane felegresia de Santiago de Foz, donde tenia muchos vienes e hazienda y casa poblada y al cabo dese tienpo el dicho Alonso Lopez de Rio y Moscoso fue desde el dicho lugar de Villa Juane a vivir y residir con su mujer e yjo a casa poblada de la villa de Rivadeo donde a esta parte vivía y residia”.

Lourenzo era neto de Lope Sánchez de Moscoso, que tamén residiu na casa brasonada de Vilaxoane. Procedía este fidalgo do solar de Río, sito no lugar de Río, parroquia de San Martiño de Mondoñedo, onde: “tenia una torre grande y casa de cantería parte de ella con unas portadas de cantería y acerca della y alderedor della un paredón y hescudo alto y almenage de piedra y en la puerta principal de la dicha torre tenia las armas del dicho solar que eran unas flores de lis y pezes y ríos y la dicha torre era ancha con sus quatro esquinas”.

Resulta moi interesante, aparte de esclarecedora, esta afirmación. Se comprobamos o escudo da casa de Vilaxoane vemos no seu cuartel inferior esquerdo as tres flores de lis dos Río, de igual maneira no cuartel superior dereito vemos os dous lobos pasantes, emblema dos López.

     En vermello o  camiño de entrada a Foz no SXVI. Círculo azul a casa de Vilaxoane.

Se ben é certo que Lope Sánchez de Moscoso procedía da casa torre de Río, tamén o é que non pertencía á rama principal, xa que a citada torre pasou das mans de Diego de Río, o vello, ás do seu fillo, Diego de Río, o novo, e posteriormente ás de Roi de Río e Moscoso, do que Xoán García dirá: “posehedor que era al presente de la dicha casa y solar de Rio por razon de ser posehedores della e hijodalgo y cavalleros principales”.

Intentaremos agora facer unha reconstrución da vida destes tres fidalgos de Vilaxoane: Lourenzo, Alonso e Lope, empezando dende a actualidade do ano 1597 e indo cara atrás.
En 1596 Lourenzo López de Moscoso e Río estaba casado e residindo en Alcobendas. Nese ano era anotado como peiteiro e non como fidalgo. Este feito agradecémolo moito xa que a reacción de Lourenzo foi solicitar un expediente de fidalguía para o que tivo que acreditar, documentalmente, a súa pertenza a unha familia fidalga.

Alonso López de Moscoso, pai do litigante, era fillo de Lope Sánchez de Moscoso e de Aldara Vázquez. Esta era criada de Lope Sánchez e servíao na casa de Vilaxoane, ambos estaban solteiros e mantiveron relacións das que nacen dous nenos: Alonso López de Moscoso e Río e Álvaro Vázquez de Moscoso.

As testemuñas do preito de fidalguía así nolo din: “tenia en su casa y servizio en el lugar de Villa Juane a Aldara Vazquez la qual ansi mysmo hera moza libre y soltera  (…) con la qual el dicho Lope Sanchez de Moscoso y Rio siendo anvos libres que buenamente se pudieran casar el uno con el otro tuvo amystad y copula carnal con la dicha Aldara Vazquez y que de la dicha amistad y ayuntamiento vio este testigo que ubieron y procrearon entre ellos por su hijo natural al dicho Alonso Lopez de Rio y Moscoso padre del dicho litigante”.  Alonso e seu irmán Álvaro serán trasladados á casa torre de Río trala morte de seu pai Lope Sánchez (entorno ao ano 1547) na que viviron e foron educados por Roi de Río.

Nin Alonso, que semella selo primoxénito, nin Álvaro podían ser considerados como ilexítimos pois súa nai, Aldara Vázquez, conseguirá casar con Lope Sánchez de Moscoso para dar lexitimidade aos seus fillos e poder, polo tanto, herdar: “y al dicho Alonso Lopez de Rio y Moscoso padre del letigante le avia mejorado por el testamento al quinto de todos sus vienes los quales este testigo avia visto  partir al dicho Alonso Lopez de Rio y Moscoso con Alvaro Vazquez de Moscoso, su hermano y los susodichos savia este testigo por lo aver visto  por vista dellos. Y ansi mysmo savia que Rui Perez clerigo cura de la yglesia de Santiago de Foz” fora o encargado de casar a don Lope con Aldara “por razon de que lo dichos sus hijos quedasen legitimos lo qual avia oydo lo dicho muchas vezes”.               

 Alonso Lopez de Rio y Moscoso casará con Inés Pardo de Aguiar. O matrimonio residirá certo tempo na casa de Vilaxoane trasladándose posteriormente a Ribadeo. A razón deste traslado dánola Diego de Viladeille: “Alonso  de Rio, padre del litigante fue paje del conde de Salinas çierto tiempo y despues le dio la escrivania de la villa de Rivadeo la qual servia de quinze años aquella parte”. Pese a traballar e vivir en Ribadeo non abandonou completamente a súa casa de Vilaxoane, así nolo refire o párroco de Santo Acisclo, Fernando Pillado,: “y despues se avia ydo del dicho lugar a la villa de Rivadeo donde ansimysmo tenia vienes y azienda y despues yba y venia al dicho lugar de Villajuane”.

De Lope Sánchez de Moscoso xa temos dito que vivía na súa casa de Vilaxoane e que era un fidalgo recoñecido. Tamén temos dito que procedía do solar de Río, así nolo confirma na súa declaración Diego Arias de Viladeille que define a don Lope “se tratava como cavallero y andava muy bien aconpanado con sus criados y otras personas y bivia de su azienda”. A mesma testemuña afirmaba que don Lope era primo segundo de Diego de Río, o vello, por liña de varón.

Anteriormente mencionamos que a morte de don Lope debeu de acontecer, segundo afirman as testemuñas, no ano 1547. Iso si, con posterioridade ao 6 de maio. Nesa data aparece asinando un documento co Cabido mindoniense.  Tratábase dunha concordia que  tiña como fin acabar cos preitos que mantiña don Lope coa mesa capitular en relación a uns terreos de Vilaxoane: “con sus casas, torre y heredades que el Cabildo había aforado a sus antepasados (...) convinieron en que el Cabildo renunciaría a cualquier derecho que pudiere tener en la casa, torre y heredades, amoldándose al foro antiguo y contentándose con los 300 maravedís anuales ”.[1] O documento orixinal dinos o nome do pai de Lope: “el lugar que agora llieba en Villa Juane con sus casas e torre e guerta e viñas y heredades segun quedo de Rodrigo Sanchez de Moscoso, su padre”.[2]

O Cabido afirma que don Lope non pagara os 300 marabedís que tiña que abonar por esta propiedade. El pola súa banda alegaba que non toda a facenda era do Cabido: “que tan solamente hera dellos e de su mesa capitular la casa del forno questa fuera de la cerca que quedo de la señora Belinda Lopez, su abuela e testa en la torre e nel Loureiro grande e en el camino por arriva”, este mesmo camiño aparece un pouco máis adiante como “el camino que sale de Villa Juane e ba para Marçan”.

    Expediente de Lourenzo López de Río e Moscoso. Foto de pares.mcu.es

O canon de 300 marabedís como pago desas propiedades permítenos saber quen era o antepasado deste Lope Sánchez de Moscoso. Segundo nos informa o texto anterior don Lope era fillo de Roi Sánchez de Moscoso e neto de Belinda López. Mais se nos fixamos no pago 300 marabedís podemos afirmar que a casa brasonada de Vilaxoane pasara a formar parte da familia dos López Moscoso e Río aló polo ano de 1445, en concreto o día 6 de novembro. Afirmamos isto porque hai documento redactado nesa data polo cal o Cabido mindoniense da en foro estas propiedades a Vasco López de Río e a súa dona Sancha Vázquez, que reciben: “a foro perpetuamente juro de herdade a vos Vasco Lopes de Moscoso, fillo de Lopo Sanches de Noys que presentes estades et a vosa muller Sancha Vasques de Lobeyra absente et a todas as vosas voses as casas con suas vinnas et herdades et muynno et jures et pertenenças que esta enno lugar de Vilajuane con todas suas entradas et saydas et dereytos et voses que estan enno lugar de Vilajuane (...) segundo as lebou Ruy Fernandez, mestreescola que fuy de santa iglesia et despoys Dominigo Branco clerigo et despoys don Pedro, bispo de Mondonnedo (...) por foro et censo a nos ou que for noso mayordomo en cada dia de San Martinno de novembro tresçentos morabentinos de moeda vella[3].

A mencionada Sancha Vázquez de Lobeira[4] era filla de Pedro Mariño de Lobeira, deán da catedral de Mondoñedo. Podemos corroborar esta afirmación trala lectura dun documento oficial datado o 25 de xullo de 1447 no que lemos ler: “cabildo et o dito Vasco Lopes sobre o foro das casas et vinnas de Vilajuane que le avian aforado vivente o dean Pedro Marinno, seu sogro, por trescentos morabetinos vellos”. 

Cando Alonso López de Río e Moscoso marchou a Ribadeo a casa de Vilaxoane quedou habitada, lembremos que as testemuñas afirman que el acudía moitas veces a esta casa. Pero non sabemos que pasou trala morte deste home. O seu fillo, residente en Alcobendas, non puido facerse cargo da casa. Este feito fainos pensar en que, tal vez, algún primo ou parente, pertencente á liña Moscoso e Río se fixo cargo da casa pasando a vivir nela.



[1] Cal Pardo, H.: Mondoñedo en el siglo XVI. Nº 3516, páx. 758.
[2] ACM. Doc. Soltos A 9, E 1, L 1 nº 37.
[3] Cal Pardo, H.: Tumbos da Catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado. Nº 398, páx. 356.
[4] Sobre Pedro Mariño de Lobeira, deán da catedral de Mondoñedo consultar Cal Pardo, H.: Tumbos da catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado. Grazas á documentación consultada sabemos que o citado deán estaba vivo o 6 de novembro de 1445 atopándonos a primeira referencia á súa morte o 16 de maio de 1446”pertesçentes segundo que son et perteesçen ao dito cabiido a qual dita administraçon vacou por morte de Pedro Marinno dean”.