VASCO LÓPEZ DE MOSCOSO.
Este segundo Vasco López de
Moscoso era fillo de Vasco López de Río e Sancha Vázquez. Del sabemos que no
ano 1531 xa falecera, pois dese momento data a apertura do seu testamento,
documento do que falaremos con posterioridade.
Sabemos que este segundo Vasco
casará con María Constanza López de Aguiar e que deste matrimonio nacerán os
seguintes fillos :
Bernardo Ianes.
Ingresara como cóengo no mosteiro
de San Martiño, razón pola cal renuncia a recibir parte algunha da herdanza familiar,
razón pola cal seu pai “doto e mejoro a los dichos Francisco Lopez e
Sancho Lopez, mys hijos, a cada uno dellos en la terzia parte de todos mys
bienes muebles e rayzes”. Se consultamos a documentación que xerou a visita
realizada polo bachaler don Xoán Bautista López ao convento de San Martiño, o
día 10 de maio de 1549, veremos que cando fala dos cóengos anota o seguinte: “y hallo que residian en el dicho monasterio
por canonigos los bachilleres Bernaldo Yanes de Moscoso y Gonzalo Pillado y
Alvaro Pillado y Fernan Leal juntamente con el dicho capellan y que todos eran
sacerdotes y presbiteros de misa”[1].
Trala toma do castelo da Frouxeira, en mans de Pardo de Cela, por parte dos
homes do capitán Mudarra este último doará ao Monteiro de San Martiño a cantidade
de 24000 marabedís. A finalidade destes cartos era mercar unha serie de
propiedades e co que xerase o seu aluguer pagar por unha fundación perpetua de
misas. Esta fundación estaría destinada a pregar pola alma de todos os que
faleceran na toma do castelo da Frouxeira.
A propiedade mercada polo Prior,
Ares Pérez Viladonga, será unha finca coñecida co nome de Saa, sita en San Cosme de Barreiros. Mais trala morte do citado Prior esa finca é os bens mercados en San
Cosme son vendidos, “que las vendiera
Bernal de Ianes quanto se entro en el dicho monesterio a Rui Sanchez de Moscoso
de Ribadeo[2],
que las lebaba quando se falesçio e despues del falesçido oyo dezir e se dize
que entro en ellas Sancho Lopez de Moscoso por los hijos del dicho Rui
Sanchez”. Tal vez debamos de
aclarar un pouco isto. Así pois vemos como ao falecer o Prior Ares Pérez de
Viladonga o coengo Bernal Ianes afora a finca da Saa a Roi Sánchez de Moscoso,
casualmente parente seu, e trala morte deste os citados bens recaen nas mans de
Sancho López de Moscoso, irmán de Bernal.
Outra propiedade vendida por Bernal, tal e como podemos ler no apeo de bens
de 1540, foi “una caseria de heredad que
tiene un casal viejo que es el Canpo de Modroy que se trata de una pieça que
levara de senbradura (...)que esta pieça fue vendida oyo que al dicho Bernal de
Ianes e a Lope Diaz de Trasmonte que agora las lieva”[3].
Vasco López.
Este Vasco debe de se-lo menor dos seus fillos
pois no testamento estipulase que debe de quedar ao cargo de seus irmáns
Francisco e Sancho.
Recibe en herdanza a metade da
aceña de Nois e unhas herdades, sen determinar, en Foz. Tamén lle tocarán dez
vacas paridas “queden y sean del dicho
Vasco con mas diez bacas filladas(...) y sy al tyempo de my falescimyento no
oviere las dichas diez bacas filladas le paguen diez myll maravedis”.
Sancho López de Moscoso.
O maior dos seus fillos,
continuará a liña familiar, por este razón recibe o lugar de Ferreiravella, “donde al presente vive, segun que esta
cerrado de la una parte e de la otra”. Recibe tamén unha cortiña denominada
A Ferolla, ademais da “heredad que ba
fasta la congosta que ba para San Martynno (...) y con las byñas que ally tengo
sobre el dicho lugar (...) con todos sus arboles e plantamyentos con todas las
mys heredades do Requeyxo e da Beyga dos Casas e mas que hallaren ser myas e
con mas la mytad parte de la my ferreyra syta en la felegresya de Santa
Cezilya, mitad de todos los aparejos della, para que la labre y con la mytad
parte de la my benera de la lagoa de Ferreyra”.
Francisco López.
Rrecibe a casa que a familia
posuía na parroquia de San Miguel de Reinante; ademais tamén lle tocará unha finca coñecida
co nome de Chousa do Prado, que pertencera ao
tío de seu pai, Lope Sánchez.
O testamento de Vasco López de
Moscoso.
Segundo podemos ler no citado
codicilio este fora redactado no lugar de Ferreiravella “fecho y otorgado en las dichas casas do vibe el dicho Vasco Lopez a
veynte e dos de febrero del año del nascimyento del Nuestro Redentor de myll e
quinientos e treynta e un años”. O escribán ante quen se redacta o documento será Alonso García.
Actuarán como testemuñas os veciños de
San Martiño Vasco Leal e Pedro Fernández de Labrada, así como Gómez Basanta, Pedro Reymondo, Xoán
García e Afonso, todos veciños do coto de Ferreira, incluso na parroquia de San
Martiño.
No citado testamento aparte dos
fillos, dos que xa falamos, aparece unha referencia a seu tío Lopo Sánchez, con
propiedades en Fazouro e Foz, e ao fillo deste, Sancho Sánchez.
No testamento deixa moi claro o seu
desexo de ser soterrado no mosteiro de San Martiño de Mondoñedo, na sepultura
na que xa descansaban seus irmáns, Pedro Mariño e Alonso de Río, e para
asegurarse esta manda deixa ao mosteiro a cantidade de 2500 reais que deben ser
empregados no reparo do dito mosteiro, “el señor Vasco Lopez de Rio mando
dos ducados e seys çientos maravedies por su sepultura syendo como era el mas
princypal de la dicha feligresia”[4].
Ordena que trala súa morte non
pasen máis de cinco horas antes de ser soterrado, sopesa no testamento a
posibilidade de que a morte o colla pola noite, de darse ese caso ordena ser
soterrado así amencese un novo día.
Misas:
A manda testamentaria máis
abundante é a destinada ao ordenamento de misas tanto pola súa alma como a dos
seus antecesores. A primeira manda estipula un número de misas, sen determinar,
tanto para a súa alma como para “aquellos
a quien soy otorgado”. A estas funcións deben de acudir tódolos cóengos do
mosteiro así como tódolos sacerdotes que puidesen ser localizados.
Estipula Vasco López que nos
primeiros nove días tralo seu falecemento débense de dicir oito misas diarias,
cantadas e rezadas, quedando os seus herdeiros obrigados a dar de comer “a los pobres mas necessytados que se
hallaren en la felegresia de Sant Martynno”. Ordena que se lle digan catro
trintinarios rezados de San Gregorio no mosteiro, estipulando que tres han de
ser abertos “por my anyma e de mys padre
e madre e de las personas a quien soy a cargo”. Para cada un dos
trintinarios abertos manda catrocentos marabedís e polo rezado manda de esmola
1000 marabedís, tendo que ser oficiados ben polo capelán ou polos cóengos do mosteiro
de San Martiño.
Ordena que un romeiro acuda en
peregrinación á igrexa da Guadalupe, sempre e cando o testamentario non tivese
ido en vida. O romeiro debería mandar dicir unha misa no mosteiro da Guadalupe
“con ofrenda y alunbrada”.
No apartado de mandas dedicado aos
seus criados aparte de varias cantidades económicas, que se verán
posteriormente, deixa un boi á súa criada María, filla dun tal Álvaro, en caso
de que queira casarse. Para Santiago, criado que fora do citado Vasco, falecido
antes de ser outorgado o testamento, ordena que se digan no mosteiro de San
Martiño vinte misas votivas .
Mandas monetarias estipuladas no testamento de Vasco López de Moscoso
Cant. Marabedís
|
Parroquia
|
Concepto
|
2500
|
S. Martiño
|
Arranxo do mosteiro e como esmola pola sepultura.
|
1000
|
S. Martiño
|
Un trintinario de San Gregorio cantado.
|
1200
|
S. Martiño
|
Tres trintinarios de San Gregorio rezados.
|
185
|
S. Martiño
|
Ao sacerdote que lle collese a man no momento da morte.
|
200
|
Foz
|
Para a igrexa, sen especificar en que se deben gastar.
|
148
|
Santa Cilla
|
Para a igrexa, sen especificar en que se deben gastar.
|
1000
|
|
Para a igrexa, sen especificar en que se deben gastar.
|
400
|
Vilaronte.
|
Para a igrexa, sen especificar en que se deben gastar.
|
200
|
Benquerencia
|
Arranxo da igrexa.
|
400
|
Adelán.
|
Arranxo da igrexa.
|
3500
|
S. Xurxo de Buria
|
Para facer un cáliz de prata.
|
3000
|
S. Xurxo de Buria
|
Reembolso de cousas que levou da cura
|
54
|
|
Santa Cruzada e redención de cativos.
|
10
|
Mondoñedo
|
Hospital de San Lázaro.
|
10
|
Viveiro
|
Hospital de San
Lázaro.
|
10
|
Ribadeo
|
Hospital de San
Lázaro.
|
500
|
S. Martiño
|
Para comprar unha cama de roupa para o hospital.
|
100
|
Mondoñedo
|
Reparo do hospital.
|
54
|
Vilaronte
|
Reparo da ponte da Espiñeira.
|
54
|
Fazouro
|
Reparo da ponte de Fazouro.
|
2000
|
|
Doazón a Vasco Gómez, criado seu.
|
4000
|
Foz
|
Aos herdeiros de Lopo Conde e Maior Ianes, débedas.
|
4000
|
|
Aos herdeiros de Pedro López de Villarmea, porque os debía Pedro Mariño,
irmán de Vasco.
|
500
|
Ribadeo
|
Ao mosteiro de San Francisco que adebeda pola fundación de Maior Pardo.
|
4000
|
|
Herdeiros de seu irmán Pedro Saavedra
|
2000
|
|
Xoán da Fondaia, criado de Vasco López.
|
1500
|
|
Xoán López, criado de Vasco López.
|
10000
|
|
María, criada de Vasco López
e outros 1000 anuais.
|
1500
|
Foz
|
Debe esa cantidade a seu primo Sancho Sánchez.
|
10805
|
|
Que debe a Pedro Díaz de Trasmonte.
|
3000
|
Mondoñedo
|
Para o deán Xoán Pérez de Luarca, para que faga cumprir o estipulado no
testamento.
|
57830
|
TOTAL
|
|
Oficios de Vasco López de Moscoso : ferrerías e xulgados.
Aparte de vivir das rendas, de
igual maneira que o facían os nobres e fidalgos do contorno, o noso citado
Vasco López de Moscoso exercía cargos públicos. A documentación amósanos como
aparece exercendo o cargo de xuíz do coto de San Martiño o 12 de febreiro de
1515, nomeamento que recibira do bispo de Mondoñedo.[5]
Este mesmo cargo será ocupado polo menor dos seus fillos, o terceiro dos Vasco,
no ano 1566.
No apeo de San Martiño, de 1540,
vemos como unha testemuña fai referencia a un suceso no que aparece implicado o
noso Vasco López de Moscoso e o Prior de San Martiño. Trátase dun enfrontamento
para solucionar conflitos por delimitacións xurisdicionais: “bio
al dicho cura, Ares Perez, porque venya a la Audiençia de Juez del
dicho coto, que hera Vasco Lopez de Rio, que prendio a Afonso Garzia da Ermyda
e lo echo en el tronco en su casa e palaçio, dizen que no pudian llamar siendo
tal casero del dicho monesterio de Sant Martiño si no ante el e que el dicho
Vasco Lopez lo callo e consentio teniendo por cierto lo que el dezia e que
sienpre oyo dezir que los tales caseros que moravan e vivian en las caserias
del dicho monesterio e que los abian de llamar a Juyzio ante el prior del dicho
monesterio e no ante las Justicias del dicho Señor Obispo”[6].
Pero Vasco López se dedicaba a
outros menestreis, como era o traballo e venda do ferro. Traballo que se levaba
a cabo no seu lugar de Ferreira, alusión inequívoca á existencia nese lugar
dunha ferrería. Se consultamos o seu testamento apreciamos como inmediatamente
aparecen referencias a este medio de vida e así vemos que constata que lle debe
a Bastián Ochoa de Salbariarto, veciño de Bilbao, 35 quintais de ferro. Grazas
aos datos aportados neste documento sabemos que un dos seus empregados
chamábase Pedro de Miranda, “tyrador que fue
en my herreria”, ao que lle debe catro quintais de ferro. Tamén se menciona
unha débeda de ferro, esta vez trece quintais, ao veciño de Vilanova de
Lourenzá Álvaro Rodríguez. Tamén encomenda aos seus herdeiros que se lle pague
a Gregorio Pardo de Cervo “lo que faltare
de la paga de treynta e dos quintales de fierro que le ube de dar”.
Ao seu fillo Sancho déixalle a
mellor parte da herdanza, entre ela está a súa casa de Ferreira así como a metade
da ferrería de Santa Cilla “e con mas la
mytad parte de la my ferreyra syta en la felegresya de Santa Cezilya, mitad de
todos los aparejos della, para que la labre y con la mytad parte de la my
benera de la lagoa de Ferreyra”.
Nun artigo publicado por don
Eduardo Lence Santar no periódico La Voz de Mondoñedo e titulado Nobleza Gallega: Los Moscoso podemos ler
como fala deste Vasco López de Moscoso. Polos datos que amosa temos a certeza
de que manexou o testamento do ano 1531. Pero o que nos sorprende deste artigo
é cando Lence Santar afirma que o citado Vasco López de Mosocos “fué administrador del Hospital de San Martín
de Mondoñedo”[7].
Realmente descoñecemos que documentación empregou Lence para afirmar tal cousa.
O que si sabemos é que o citado Vasco López doara ao hospital de San Martiño de Mondoñedo a cantidade 500
marabedís co fin de mercar unha cama de roupa, pero tendo en conta a
vinculación tan especial que tivo o seu descendente, o capitán don Antón
Moscoso e Omaña, con este centro benéfico non sería de estrañar que formase
parte da tradición familiar vincularse e favorecer ao hospital de pobres e
peregrinos de San Sebastián sito en San Martiño de Mondoñedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario