Buscar este blog

domingo, 10 de febrero de 2019

CARTEIRISTAS NAS FEIRAS DAS SAN LUCAS.




San Lucas, 2016. Páxina www.mondonedo.net

A mar revolto, ganancia de pescadores”, de ser certa esta frase, que o é, as feiras das San Lucas son un mar revolto ao que acoden, e acudían, carteiristas a facelo seu agosto.

Ao ser a feira máis concorrida da Mariña e que a xente se aglomera entorno ao Campo dos Remedios favorece o choque entre persoas, feito que facilita o traballo deste tipo de ladróns.
Os carteiristas non son propios da actualidade, xa que os temos localizados dende finais do século XIX. Nestas festas abondaron tamén os timadores. No xornal Diario de Lugo do 31 de outubro de 1883 podemos ler como:“en las ferias de San Lucas de Mondoñedo una partida de timadores explotó en grande a los incautos, quienes regresaron a sus casas estafados y algunos con buen acopio de polvos de cobre que tomaron por oro molido”.

O carteirista é un tipo de ladrón distinto, a diferenza dos timadores, non xoga nin coa nosa boa vontade nin coa avaricia, simplemente agardan o intre onde estamos descoidados, carentes do estado de alerta no que debemos de andar, para levar a cabo o seu roubo.

A prensa do ano 1911 informaba da masiva afluencia de visitantes ás feiras, atraídos polo gando que se ía vender, tamén se daba conta da“abundancia de gitanos, churreros, baratilleros y vendedoras ambulantes”, entre outros, que alí se concentraban.

Ante tal aglomeración de xente non é de estrañar que acudiran carteiristas, pero alí estaba, para evitalo, o inspector señor Mariñas, e grazas ás súas ordes púidose deter “a dos carteristas de Pontevedra y Santiago, practicó cacheos, recogió varias armas blancas y de fuego”.
Dous anos despois, no 1913, ás San Lucas, segundo a prensa: “acudieron a aquel pueblo una infinidad de carteristas que cometieron numerosos timos. La policía consiguió detener a once amigos de lo ajeno”.

Para combatelos Mondoñedo contaba cos policías municipais Menéndez, Freire e Gómez, ademais de varios gardas civís; todos baixo o mando do xefe de vixilancia, señor Guiance.
Entre os once carteiristas detidos sobresaen “los conocidos y afamados Largas-Tierras, el Diego, el Chato de Orense y el Chato de Medina”.

Baixo o alcume de Chato de Orense ou de Monforte atopábase a figura física de Manuel Varela, veciño de Ourense. No mes de setembro de 1920 o gobernador civil imponlle unha multa de 75 pesetas, tras ser atrapado cando roubaba unha carteira. Multa que pagou no momento, sería por falta de cartos. Tres anos despois a multa será de 300 pesetas que, descoñecemos, se pagaría.

Resulta moi máis difícil poñerlle nome ao Chato de Medina, pois hai tres persoas, todos eles carteiristas e actuando polas mesmas datas, que responden a ese alcume. Estamos a falar de Casiano Collar Cabeza, que en 1916 tiña 26 anos e que morre en 1921, na estación do Norte de Palencia, cando intentaba subir a un tren en marcha escapando da policía. Un segundo con ese alcume aparece na prensa do ano 1918, tratábase de Armenio Collado. O terceiro era Antón Villar Molinillo, que no 1926 entraba na prisión de Santander.

San Lucas 2016. www.mondonedo.net

Ao que si resultou sinxelo poñerlle nome foi ao carteirista Largas Tierras, xa que na prensa dáse conta, con abundancia, das súas correrías. Respondía ao nome de Xoán Fernández Fernández.

Sabemos que en outubro do 1913 fora detido nas feiras das San Lucas, e tamén que en xaneiro dese ano o detiveran na estación de Santo Estevo (Ourense). Nun cacheo posterior a súa detención atópanlle unha navalla e unha pistola browning, por estas razóns foi encerrado no cárcere de Monforte, da que consegue fuxir “rompiendo para ello la puerta y destrozando la cerradura”.

Seis anos despois volve aparecer implicado nunha pelexa con armas entre varios carteiristas. Liorta que ten a súa orixe nun roubo cometido nunha casa, da que un tal Venerando se levou 4.000 pesetas e varias xoias. Confiado en que a policía non o iría buscar ata a súa casa invitou a tomar algo nela a Largas Tierras, que aparte de tomar varios viños, tamén se levou os cartos e as xoias.

Cando Venerando se da conta da falta decide levar ao seu compañeiro de tarefas a unha timba de cartas onde os demais carteiristas tiñan pensado roubarlle os cartos. Ao darse conta de que ía a unha trampa comezaron a pelexar os carteiristas e Largas Tierras, que resultou ferido de bala no abdome.

Ao ano seguinte, e para combater aos carteiristas, parte da sección de policía de Lugo marcha cara “a Mondoñedo durante las fietas de San Lucas, ha practicado varias detenciones de carteristas”. (Norte de Galicia, 1914, 22 de outubro).

Pero por moito que a policía de Lugo, a local mindoniense e a garda civil vixíen os carteiristas sempre atopan a quen roubar. Así nolo contaba a prensa de 1915: “A pesar de la estricta vigilancia de la Guardia Civil durante las fiestas, han realizado sus hazañas algunos carteristas. A una mujer le han sustraído 1500 pesetas y a otras varias personas algunas cantidades inferiores”. (La Voz de la Verdad. 1915, 22 de outubro).

No ano 1917 a prensa comenta a detención “de dos carteristas detenidos en el pórtico del cementerio y que se proponían hacer las ferias de San Lucas”. (El Progreso. 1917, 18 de outubro). Pero non só caeron eses dous carteiristas, xa que no mesmo xornal, pero na edición do día seguinte, podemos ler que “con motivo de estas ferias, fueron detenidos los carteristas José Parga, Carpio Rodríguez, alias El Quijote, Gervasio Rodríguez, Gregorio Martínez, Leopoldo Rey y Emilio Torres”.

 Algunhas veces a actuación da policía e da garda civil é tan efectiva que son quen de prender aos carteiristas antes de chegar a Mondoñedo. En 1925, a garda civil detiña na estación de tren de Solares a“Rogelio María de la Iglesia Sánchez, de 45 anos y tomás Peña San Pedro, de 34, ambos timadores que se proponían “trabajar” en la feria de San Lucas”. (La Atalaya. 1925, 20 outubro).

O ano 1935 foi o momento cume dos carteiristas en Mondoñedo. Nas festas dese ano actuaron un bo número deles da seguinte maneira: “Con blusas negras de ganaderos y sendas varas en la mano, pulularon por la feria y por entre los grupos compactos que llenaban la población, aprovechándose de los apretones para meter mano en los bolsillos. Otros vestidos de señoritos, hacían de ganchos, introduciéndose en los cafés, bares, tabernas y fondas, limpiando las faltriqueras y bolsillos que podían. Al dueño de un establecimiento le han sustraído cinco duros en cinco piezas, del bolsillo del chaleco.
La Guardia civil, a pesar de su actividad, no pudo evitar en absoluto el que operaran carteristas y timadores. En otras ocasiones fueron agentes de la secreta, policías diestros y conocedores de esa clase de hampones y maleantes los que detenían a tales individuos”. (El Pueblo Gallego. 1935, 29 de outubro).

Como vemos ás feiras das San Lucas acudían os mellores animais para a súa venda, os máis ricos homes e mulleres da contorna e os carteiristas máis renomeados.

Pero os carteiristas son unha pequena pincelada no fermoso  cadro que son as feiras e as festas das San Lucas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario