Daisy e Violet Hilton. 1927.
Entre os romanos, na lei das 12 táboas, había unha, a
sexta, que dispoñía que o pai tiña que matar inmediatamente ao seu fillo si
este era deforme. Séneca recoñecía que na súa época se realizaban este tipo de
aberracións, non por ira, afirmaba, senón para que non existise diferencia
entre sans e enfermos.
Que se consideraba como deforme?
Pois nacementos como o que ten lugar na rúa coruñesa de
San Andrés en 1899. Unha muller daba a luz unha nena que viñera ao mundo “con cuatro brazos, cuatro piernas y la
cabeza tan abultada que más bien era propia de un niño de dos años de edad”.
A sorte acompañouna, falecendo ás poucas horas. Probablemente estamos ante o
caso do feto dunhas siamesas a medio formar.
No mes de marzo de 1908 nacía en Vilamartín (Ourense) “un niño con cuatro brazos y otras tantas
piernas, con sus pies correspondientes. La noticia del nacimiento de este
fenómeno circuló rápidamente por el pueblo acudiendo muchas personas al
domicilio”.
No concello de Foz tamén tivemos deste tipo de
nacementos. Así, no libro de Defuncións número dous da parroquia de Fazouro
(1659-1782) podemos ler un bo montón de anotacións de defuntos que van
encabezadas por termos como pobre, párvulo ou celibata, entre outras, por iso,
imaxinen a sorpresa que causa ao investigador que isto lles conta ler na
anotación marxinal o termo “monstro”.
A que se refería o cura cando anota un defunto con ese termo?
Pois o que están a pensar, ao nacemento dun ser cunha
deformidade. Realmente non era tal, xa que se trataba do nacemento dunhas
siamesas, dous fetos que nacen unidos, pero neste caso, como veremos, esa unión
condenaba á morte a estas nenas.
Deixemos que sexa o párroco quen nolo diga coas súas
propias palabras.
Confesaba na partida de defunción que asistira ao nacemento dunha “criatura monstruosa con cabeza y cara perfecta hasta los hombros, y
desde alli, como dos cuerpos unidos uno con otro por la parte de delante,
ygualmente desde los hombros desde los que le salian cuatro brazos separados,
perfectos, con sus manos, estos con sus brazos apareados, dos de cada lado.
Seguia la union hasta casi todo el vientre y desde alli todo separado; quatro
muslos, piernas y pies perfectos, yguales, dos en cada una de las partes
divididas y en ellas se conocía ser hembras. Nacio viva esta criatura ... al
poco tiempo murio la dicha criatura”.
Viviu o suficiente para que a exhibisen ante os veciños
congregados e recibir auga de socorro. E así quedou reflectido,
documentalmente, o nacemento dun monstro,
aínda que a min me gusta pensar nelas como as fillas de Antón Fiallega e
Mariana Rodríguez, ou, as Siamesas de
Fazouro.
De ter sobrevivido, que clase de vida terían? Supoño que
unha que non lle desexaríamos aos nosos fillos. Aínda que podo estar errado e
vivisen como as irmás Rosa e Xosefa Bauzeh, nadas en Checoslovaquia. Falecían,
con minutos de diferencia, nun hospital
de Chicago, 42 anos despois. Ambas mulleres xunguidas pola cadeira dedicáronse
a vivir da súa rareza actuando en teatros o que lles reportou ingresos
importantes.
Xosefa chegou a casarse e ter un neno, á idade de 30
anos. Non foi o único caso de Siameses famosos; pensemos nos irmáns Semnoc e Sam, que fixeron xiras polo mundo entre os anos 1848 e
49. Ata que a enfermidade de Sam, provoca
a enfermidade de seu irmán, falecendo xuntos o mesmo día.
Outro nacemento de siamesas atópase no libro 5 de
bautismos da parroquia focega de Santa Cilla.
O caso das Siamesas de Fazouro non é o único do concello
de Foz. No folio 43 do libro de nacementtos da parroquia de Santa Cilla podemos
ler unha anotación que comeza con esta frase “dos niñas unidas”. Eran fillas de Francisco Rivas e Rita Pérez,
naceron o día 29 de maio de 1857, delas o párroco di que naceron “perfectamente unidas desde el pescuezo que formaba el de ambas cabezas,
aunque cada una de ellas contenia todos los miembros necesarios”.
Foron bautizadas con auga de socorro por Vicenta Mariña,
veciña da mencionada parroquia.
Parece que esta premura debeuse a que “la niña que formaba la derecha habia dado
señales de vida, mas no asi la otra”. Ao día seguinte son soterradas.
Outro nacemento sorprendente, esta vez o dun feto sen
formar, tivo lugar na parroquia de San Adrao, no Val de Lourenzá.
En 1884 nacía, tras seis meses de xestación, “un niño con los brazos más largos que el cuerpo,
las piernas con las rodillas hacia atrás, igualmente que los pies, la boca en
sentido vertical y formando línea recta con uno de los vértices del ojo derecho
y la cabeza cubierta de pelo de una extraordinaira dimensión. Traía en la
espalda dos grandes vegigas llenas de agua, una encima de un homoplato. Vivió
este fenómeno, media hora”(El Eco de Galicia. 1884, 30 de novembro. Editado
na Habana).
Como tivese sido a vida destas siamesas ou deste rapaz de
San Adrao?
De ter sobrevivido, de poder vivir longo tempo, de poder
experimentar o que é vivir unha vida, que lles houbese pasado?
Iso nunca o saberemos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario