Buscar este blog

miércoles, 20 de noviembre de 2019

A PROVINCIA DE MONDOÑEDO ENTRE 1894 E 1895.




Neste artigo falaremos de como o xornal El Correo de España, que se editaba en Bos Aires, daba conta aos galegos emigrados do seu país natal, aínda que circunscribimos este traballo aos emigrados da provincia de Mondoñedo e aos anos 1894 e 95.

Así por exemplo vemos como nese xornal, no seu número do 25 de novembro de 1894, se facía referencia a dous temas importantes: o volume de pipas de sardiña prensada que para o Levante peninsular e Barcelona saían do porto de Viveiro e das San Lucas.

Sobre o segundo tema, dísenos que “Las ferias de San Lucas, en Mondoñedo fueron muy concurridas, aunque hubo pocas transacciones”. Resulta curioso que ao ano seguinte as mencionadas feiras xa estiveran moito máis concorridas “Terminaron ayer las fiestas y ferias de San Lucas, que han resultado en general muy lucidas. El número más saliente fue el certamen literario que se celebró ayer mañana en el Círculo de Recreo. El local estaba completamente ocupado por una distinguida concurrencia. Obtuvo el premio de honor don Ramón Martínez Esparís. También obtuvo un premio el nuevo poeta mindoniense don Antonio Noriega, que fue vitoreado por el público. El presidente del jurado el ilustre historiador de Galicia don Manuel Murguía, pronunció un discurso elocuentísimo. Llamaron la atención las funcione de fuegos artificiales de los pirotécnicos palentinos señores Hijos de Alonso, número nuevo en el programa de fiestas de San Lucas. La música de Luzón, que amenizó los paseos y tocó en el certamen, ha sido muy aplaudida. A las fiestas ha asistido mucha gente de la provincia. Hoy volvió a recobrar Mondoñedo su aspecto ordinario después de cinco días de festejos”. No número de 15 de setembro de 1895 infórmase que “ha aparecido el primer número del Boletín de las ferias y fiestas de San Lucas de 1895, que se publicará quincenalmente en Mondoñedo hasta fines de Octubre próximo”.

Un tema recorrente neste tipo de prensa é o da emigración, pola cal, un regueiro inacabable de homes e mulleres desta terra saían para, na maioría dos casos, non volver xamais. No número do 2 de decembro de 1894 dísenos que “a unas 125 personas se hace ascender el número de las que en una de las últimas semanas se ausentaron de la villa de Rivadeo y aldeas inmediatas en dirección a distintos puntos de Ultramar. Este sólo dato acusa bien a las claras lo imposible que va haciéndose la vida en nuestro desdichado país”.

Catorce días despois informábase da emigración “para la Habana numerosos viajeros procedentes de Mondoñedo y sus alrededores, abandonando sus hogares en busca de fortuna en la gran Antilla. Tres coches iban atestados de emigrantes, que embarcaron en los puertos de Galicia”.

Non era de estrañar que tanta xente marchase se temos en conta as condicións de vida na Galicia rural de fins do XIX e a chegada de noticias como a seguinte Un gallego ilustre. Los Lunes, periódico político y literario de Cienfuegos, publica el retrato de un apreciable vivariense,  don Francisco Infante, rico propietario de Real Campiña, en el término municipal de aquella población americana. De él, dice el periódico, que es simpático, noble y generoso. “Fundador de los pueblos de Palmarejo y Real Campiña (en Aguada de Pasajeros, ambos puntos están hoy en constante progreso, debido muy principalmente á las iniciativas del señor Infante. En sus grandes fincas de caña, da trabajo todo el  año a más de 300 personas. En toda la comarca le quieren y respetan extraordinariamente. A su casa no acude nadie en demanda de algún favor que no lo obtenga””.

As novidades tecnolóxicas ocuparon bo número de liñas no xornal, como o proxecto de liña telefónica que aparece publicado o 2 de decembro de 1894 “Varios capitalistas del Valle de oro tienen en estudio el proyecto de construcción de una línea telefónica que una aquella villa con la de Foz y Lorenzana y Mondoñedo”.

Outro avance do que se nos da conta é o presentado polo deputado provincial por Viveiro, don Urbano de Bedia, na derradeira sesión da asemblea provincial, na que “La diputación provincial acuerda construir con fondos provinciales un tranvía o ferrocarril económico de vapor o eléctrico, según de la Memoria respectiva resulte más ventajoso, desde Rábade a Vivero por Villalba, con bifurcación en este punto a Mondoñedo y Ribadeo, para lo que se considerará dicho tranvía como camino interés provincial y por tanto comprendido en el articulo 56 del reglamento de Obras públicas de 6 de junio de 1877”. Resulta moi sinxelo facer promesas cando sabes que non as vas a cumprir.

Non só era Viveiro o que desexaba unirse con Lugo por medio dun tranvía, tamén o desexaban Ribadeo e Mondoñedo, tanto que foi tema do Entroido mindoniense (17 de marzo de 1895) “Entre algunos jóvenes se agita la idea de organizar para los próximos carnavales una comparsa figurando obreros de una línea férrea dentro de una carroza representando un tren con la correspondiente locomotora y un coche de cada una de las clases, ostentando en ellas los nombres de los principales capitalistas de Lugo, Mondoñedo y Ribadeo, que la opinión señala como indicados para formar un sindicato encargado de realizar la unión de los tres pueblos por medio de un tranvía”.


A liña do citado tranvía, que ía construír a Deputación, unía “Rábade a Vivero, bifurcando en Villalba hasta Mondoñedo y Rivadeo; la obra se hará en dos años” (2 xullo 1895). Seguimos agardando por esta obra. ¡ Será por paciencia!.

Entre este tipo de novidades estaba a instalación de para raios:  Hace días estuvo en Mondoñedo el arquitecto provincial señor Cobreros y tomó los datos necesarios para la instalación de para rayos en la Catedral, en el Seminario, en el Hospital y en la ermita de los Remedios” (21 xullo 1895).

Este xornal servía tamén para dar conta dos falecementos, nacementos e matrimonios, algún deles entre emigrados e patrianas, que tiñan lugar na Mariña. Así o 15 de xullo de 1894 daba conta do matrimonio que tivera lugar na Veiga entre “el  rico industrial de la Habana don José M. Villamil, con la señorita doña Inocencia Velasco y Guzmán”.

Un falecemento soado foi un que tivo lugar en Mondoñedo e que sae publicado no número do 25 de novembro de 1895 “Ha fallecido en Mondoñedo José María Vila García, valiente soldado que asistiera a la batalla del Callo.  Lo sentimos”.

Dentro do apartado da cultura podemos salientar a chegada, o 23 de decembro de 1894, de “Dos compañías de zarzuela y una de declamación solicitaron los salones teatros del Casino y de la sociedad de Obreros de Mondoñedo”.

Dous meses antes a cidade de Mondoñedo recibirá un importante agasallo cando “El maestro Montes ha regalado a la música de Mondoñedo una copia revisada y corregida de la Alborada Gallega, que alcanzó el primer premio en el certamen de Vigo de 1888” (7 outubro de 1894).

Ao ano seguinte informábase ao público que o mestre Xoán Montes acababa de sacar á luz unha nova composición musical “titúlase ésta, unha noite n-a eira d’ o trigo, y está escrita sobre la popular poesía de Curros Enríquez” (7 outrubro 1895).

O convento de Alcántara, onde hoxe radica o Centro Cultural de Alcántara, que alberga a exposición permanente sobre escritores e músicos de Mondoñedo, así como a exposición sobre o Camiño do Norte, tivo varios e diferentes fins, por exemplo, foi cárcere municipal “por iniciativa del alcalde de Mondoñedo se habilitó en el ex convento de Alcántara un local que servirá para que en él se sufran, en su caso, las condenas de arresto y las detenciones respectivas”(1 xullo 1894).

A temática relativa á crónica negra sempre tivo un lugar nas páxinas deste xornal como no seu número do 19 de agosto de 1894 onde se da conta do apresamento de “Félix Margaride Freige, de Cogela, por recaer sospechas de ser el autor de la muerte de Generosa Fernández”.
Tamén a política tiña cabida no xornal. No xornal do 28 de outubro de 1894 dísenos sobre as eleccións realizadas que “en Mondoñedo-Rivadeo han triunfado los cuatro candidatos liberales apoyados por los señores don Cándido Martínez y el señor Martínez Bengoechea”.

Como a provincia de Mondoñedo sempre tivo mar non era de estrañar que figurasen noticias relativas a naufraxios. Así o 17 de xuño de 1894 dásenos conta como embarranca na ría de Ribadeo, en concreto no baixo coñecido como da Viga, o pailebot Pepita “parece que este buque al querer emprender la salida de dicha ría le faltó la virada, yendo a para al mencionado bajo”.




A DISIPADA VIDA DUN CURA PÁRROCO DE 1741.





A vida disoluta que levou o protagonista da historia que hoxe imos contar non é un caso illado, aínda que tampouco era o habitual.

Hoxe imos falar de Tomás Moscoso e Omaña.

Era o noso protagonista fillo lexítimo do matrimonio composto por María Andrea Pardo e Lemos e Lourenzo Moscoso Omaña e Ulloa, “dueño de las casas y Palacio de Fontao xurisdizion y coto del mismo nombre, la de Ferreyra y acomulativo de la de San Martin de Mondoñedo, vezino que al presente soy de la feligresia de Santa Cecilia xurisdizion de Santiago de Foz”, así aparece intitulado no seu testamento.

Do matrimonio citado naceron, a lo menos, catro fillos varóns: Antón Moscoso e Omaña, primoxénito, que herdará o vínculo sucesorio de Lourenzo. Xoán Antón Moscoso e Omaña, que aparece mencionado co cargo de cóengo na catedral mindoniense. Francisco Moscoso, que accede ao cargo de coadxutor da catedral de Mondoñedo en 1730, substituíndo no cargo a seu tío Xoán, que herdara ese cargo trala morte de seu tío, Fernando Osorio e Rebellón, o 14 de marzo de 1719. O derradeiro varón, Tomás Moscoso e Omaña, tamén escolleu, ou mellor dito lle escolleron, a vida eclesiástica, rematando como cura párroco das parroquias de Xove e Lago.

A vida de Tomás como cura párroco debeu de ser tranquila e doce ata que o bispo Antón Alexandro Sarmiento de Soutomaior lle abre un expediente disciplinario con graves consecuencias. O orixinal deste documento pódese consultar íntegro na páxina pares.mcu.es (tecleando Tomás Moscoso y Omaña, apartado de Inquisición; carpeta 2150, expediente 7)

O citado documento, redactado en Viveiro o día 5 de outubro de 1741, menciona que o bispo don Antón Sarmiento de Soutomaior, na visita pastoral xirada a esa zona, era sabedor da actitude que mantiña este párroco. Segundo se afirma no escrito don Tomás “vive con desenvoltura, con repetidos actos torpes, que ha tenido, ansi con una criada que ha tenido antes de aora llamada Andrea Lopez, hija de Blas Gonzalez, carpintero, vezino de dicha feligresia de Balsa, de que resultò hazerse preñada dos vezes, como con otra que actualmente tiene en casa, a quien llaman Alexandra en dicha feligresia la que se hizo preñada en este presente año y pariò en la dicha feligresia de Silan, restituyendose luego despues del parto a casa de dicho cura. Sale a deshora y altas horas de la noche a las trahiñas; sin envargo de estarles prohibido con excomunion maior lata sententia, mil maravedis de multa y un mes de carcel por el auto de visita que hizo su Ylustrisima en aquella parroquia, a que tambien concurren mugeres a quienes assimismo se les prohibiò, para precaver los muchisimos pecados, que se cometen con esta concurrencia. No tiene el zelo que debe en la administrazion de los Santos Sacramentos a los parroquianos; ni aun permite que otros lo hagan”.

Tres son os cargos que se lle imputan: vida disipada, exceso no cobro por sacramentos impartidos e ter embarazado a dúas mulleres.

O segundo cargo, polo que parece, trata sobre que don Tomás cobraba máis que os curas das parroquias veciñas por impartir os sagrados sacramentos. Aparte disto, negábase a que os presbíteros da parroquia ou coadxutores se encargasen de impartirlos, quedándose el con tódolos cartos recibidos.

O bispo Sarmiento (1728 – 1751) foi definido por Lence Santar como un prelado “de gran talento y cultura y un gran polemista; pero fue también un hombre intransigente, terco, violento y dictador”. De opinión contraria é Francisco Mayán, para o que este bispo “no fue un hombre vulgar, ni tampoco una medianía, sino un Obispo extraordinario, un reformador, un genio”.
Independentemente da opinión diverxente expresada por ambos cronistas oficiais de Mondoñedo o que si é certo é que o bispo Sarmiento tivo unha política contraria a que homes e mulleres compartisen espazos en comunidade.


Entre os moitos mandatos emitidos por este bispo hai un que estipula que os homes que vaian segar a Castela non poden ir acompañados de mulleres, a non ser que sexan as súas esposas e que podan demostralo documentalmente. Na nosa humilde opinión coidamos que o señor bispo Sarmiento debería terse preocupado  máis polas condicións de salubridade ou laborais das persoas que viaxaban a Castela que por si ían ou non acompañados de mulleres.

Tampouco permite que as mulleres se acheguen pola noite ás faenas de descarga das traíñas. Era esta unha labor nocturna, na maioría dos casos, na que as mulleres, na tarefa de descargar as lanchas, entraban ata máis arriba da cintura na auga. A roupa mollada cinguíase ao corpo feminino, perfilando as curvas de este, feito que podía espertar a libido masculina, de aí que non fose oportuna a presenza das mulleres.

Resulta cómico ver como se preocupaban máis porque unha roupa mollada sobre o corpo da muller fose o inicio de algo sexual que o que esa roupa mollada podía facer na saúde da persoa que a levaba posta. 

O que non entendemos é porque o bispo prohibe acudir a estas faenas aos curas párrocos, xa que  a súa presenza debería bastar para calmar tanta excitación.

Tralo coñecemento por parte do bispo Sarmiento da vida disipada de don Tomás lévase a cabo a detención do citado cura párroco.

Pero don Tomás non era un cura de pobo calquera, pois formaba parte dos familiares da Inquisición, feito polo cal, para ser xulgado, tan só o podería facer o tribunal da Inquisición. Mais iso non foi impedimento para que o bispo Sarmiento o mandase prender e xulgar.

Dentro do expediente aberto a don Tomás figura unha carta, datada o 16 de xuño de 1742, na que se nos relata como foi o seu apresamento. Entraron na súa casa o presbítero Francisco Vázquez, o escribán de Portocelo, Pedro López, e tres párrocos que o prenderon en nome do bispo. Don Tomás argumentaba que non podía ser detido por homes do bispo pola súa pertenza á Inquisición, que tiñan que ser homes dela os que o prendesen e xulgasen. As súas protestas de nada serviron “lo llevaron preso a dicha Ciudad de un modo escandaloso y no correspondiente a las circunstancias de su persona y carácter de empleos”.

O que resulta interesante deste preito son as declaracións das testemuñas, non tanto as dos curas das parroquias veciñas, como as realizadas por varias mulleres e homes que o trataron.

María Luisa Pérez, solteira, de 35 anos, veciña de Santa María do Viveiró declaraba, o 16 de outubro de 1741, que coñecía o feito de que unha criada que traballara na casa de don Tomás quedara embarazada dúas veces, dando a luz a dúas nenas, unha que actualmente tiña 5 anos e outra 3; ambas quedaran nunha casa de Xestosa (San Pedro de Muras) para ser criadas por unha familia.

Na declaración desta testemuña recoñécese que a criada chamada Alexandra estivera a traballar na casa do cura ata que, no mes de abril, desaparecera “y viniera a la casa de Pedro Lopez, vezino de San Esteban de Silàn, en el lugar da Picheyra donde estuvo cinco semanas y pariò un niño que se està criando en casa de Pedro Rouco, vezino de la que declara. Tambien ha oydo decir que por el tiempo referido del mes de Abril, poco mas o menos estubiera dicho cura dos o tres dias en casa de Pedro Lopez, que se decia venia de Santiago bien que la feligresia de Silàn no es camino transeunte desde la Ciudad de Santiago a la feligresia de Lago”.

Na declaración de Manuel Pérez de Moscoso (16 de outubro de 1741), cura da freguesía de Silàn podemos ler que este neno fora bautizado co nome de Agostiño. Este párroco chegara á conclusión de que este neno era fillo de don Tomás cando na feira de Galdo (8 de outubro de 1741) a criada Alexandra se lle achegara para dicirlle que don Tomás solicitaba un favor persoal. Quería que na partida de nacemento dese neno non figurase nome ningún no apartado do pai, de aí que o cura de Silán “tuvo para consigo que la mencionada Angela pariera del referido su Amo”.

Francisco López, veciño da parroquia de Silán, recoñece que sabía que don Tomás tivera unha filla cunha criada, que a nena estivera ao coidado dunha familia ata que, coa idade de 3 anos, fora traída ata a casa do cura, en Lago. Tamén recoñece que na feira deste pobo se lle acercara don Tomás e que “le propusiera si queria tener en su casa dicha muchacha; que se la pagaria bien su crianza”. El colleu a rapaza e tívoa na súa casa por ano e medio, ata que en 1741 “se la remitiò al dicho cura ... y por razon de manutencion y crianza de la muchacha referida, que se llama Maria, reciviò el que declara del dicho don Thomas once ducados de vellon”.

Pedro López, veciño de Silán, recoñece que no mes de Abril de 1741 presentárase na súa casa Tomás Moscoso “y le ha dicho que avia tenido el trabajo de averse deslizado con la referida Angela, su criada, y que se hallaba en cinta; que le suplicaba le hiziese el gusto de admitirsela en su casa para que pariese con secreto; por lo que se ynteresaba su honra y la de la dicha moza”.

Transcorrido pouco tempo don Tomás manda a buscar ese neno para ser criado na casa de Pedro Rouco. Este home presentouse na casa do declarante acompañado da súa dona “una noche y salieron al amanecer antes del amanecer para que fuesse con secreto y no lo viessen los vezinos”, mentres que a criada continuou na casa do declarante “ y de alli a pocos dias que convaleciose volviò para casa de dicho don Thomas”.

Para desgraza nosa non puidemos atopar dato algún sobre o castigo lle impuxeron ao noso citado don Tomás.

Como dixemos ao principio, o caso de don Tomás era bastante máis habitual do que a igrexa quería. Se ben moitos casos foron silenciados, ben co pago económico ás criadas e ás familias de acollida dos ilexítimos, moitos non puideron selo. Feito que agradecemos, pois de non ser así non poderíamos ter escrito o que acabamos de escribir.





NOTICIAS DE LÓSTREGOS E TREBOADAS.




Nestes tempos que corren, de treboadas e gotas frías, vemos como a natureza, sobre todo os ríos, reclaman o que en xustiza antes era seu, levando por diante o que faga falla.
Moita xente opina que isto se debe ao cambio climático, non vou ser eu o que defenda o critique esta opinión, non nos corresponde.

Hoxe imos falar de treboadas, inundacións e lóstregos nos tempos pasados, para demostrar que sempre estiveron con nós.

A primeira das que temos noticia, que non quere dicir que sexa a primeira de todas, proceden das investigacións de Andrés García Doural, no seu blog Miscelánea Mindoniense, danos conta de treboadas no ano 1561, no 22 de xullo de 1631 e da que tivo lugar en Mondoñedo entre os días 10 e 11 de setembro de 1761.

As copiosas choivas desta treboada deron lugar a que as augas caídas escorresen, monte abaixo, cara a desembocadura natural que era a Fonte Vella mindoniense. Os muros das fincas rompían ante a presión da auga e caían sobre as rúas estreitas ocasionando, aparte de innumerables desfeitas, a detención das augas. Estas bolsas, inmensas, de auga son as responsables da morte de 6 persoas.
Unha vez pasada a treboada o consistorio tomará as medidas oportunas para evitar, senón as treboadas, si a morte de persoas. Para iso, entre outras medidas interesantes, canalízase, de maneira subterránea, o río Sixto, que corre pegado aos antigos muros da cidade.

García Doural apunta que a esta treboada seguírona outras importantes, como son as de 1775, 1788 e a de 1795, polo que para o século XVIII respecta.

Quédalle no tinteiro, a este infatigable investigador, a treboada de 1778, recollida na Gazeta de Madrid (nº 67), do 25 de decembro dese ano, da seguinte maneira: “ a las ocho de la mañana empezó a sentirse en esta Ciudad una tormenta muy formidable de lluvia y truenos, habiéndose obscurecido el cielo de tal modo que a las 9 apenas se distinguían los objetos en las calles. A la misma hora cayó en una casería no muy distante de aquí un rayo acompañado de un trueno, cuyo estrepitoso ruído atemorizó a todo el pueblo, aumentado la congoxa una lluvia tan copiosa que se temió inundase la ciudad”.

Preto da cidade episcopal atópase a parroquia de San Lourenzo das Sasdónigas, na que, un 24 de agosto de 1884, durante unha forte tempestade, un raio, dos múltiples caídos, mata a unha muller. Do suceso da conta Doural, que menciona que a falecida, Rosa Díaz Rego, tiña 35 anos e atopábase na porta da súa casa pelando unhas patacas; xunto a ela, que estaba embarazada de oito meses, dous fillos. A chispa provocou a morte a ela e ao neno que había no seu ventre. Os outros dous fillos que estaban con ela, un quedou cego e outra con fortes queimaduras.

O ano 1897 tamén foi un tempo marcado polas treboadas. Vemos como os xornais de finais de xaneiro relataban as desfeitas causadas polo temporal que azoutara a provincia de Lugo. Como non podía ser doutra maneira a Mariña tamén aparece afectada:“En Vivero se desbordó el río Landrove, hasta el punto que fue preciso utilizar una barca para pasar por la carretera en las inmediaciones del puente que toma el nombre de aquel río. La corriente arrastró varios castaños y se llevó gran cantidad de tierra y algunos sembrados. En Mondoñedo, la crecida del Valiñadares dejó el camino intransitable, arrastrando árboles y tierras. En el lugar de Bouzas, que está en la cuenca de ese río, una bolsa de agua levantó tal cantidad de pizarra que se calcula en miles de carros la movida por el agua.El río Masma causó muchos destrozos, y en la misma parroquia otra bolsa de agua movió de tal modo un prado secano de un ferrado de extensión, que lo trasladó, casi intacto, a un terreno inmediato” (El Eco de Santiago. 1897, 23 xaneiro).

Se o ano empezaba así, non remataba de maneira moi diferente. Na prensa do 10 de decembro lemos como: “Durante la tronada que descargó en la noche del miércoles en Vivero, cayó un rayo en la fábrica de Chavín causando desperfectos de consideración en la maquinaria de la luz eléctrica, entre otros, la destrucción de un electro imán. Debido a tal percance, desde aquella noche viénense alumbrando los vivarienses por el sistema antiguo”( La Correspondencia Gallega. 1897, 10 decembro).


Se en 1884 víamos como unha chispa mataba a Rosa nas Sasdónigas, en 1898 vemos como un raio golpeaba a “un muchacho que se había arrimado a un poste del telégrafo, en la parroquia de Juances, sufrió varias quemaduras en un brazo y un pie, ocasionadas por una chispa eléctrica. Afortunadamente las lesiones fueron leves” (La Correspondencia Gallega. 1898, 14 de abril).

Empezamos o século XX cunha forte treboada, a de 1905, e as súas nefastas consecuencias, o desbordamento de ríos. A prensa do momento amosa imaxes dantescas, cun Mondoñedo no que ás 3 da madrugada “no se oía en los barrios más que lamentaciones, gritos de auxilio, hombres que lloraban ante la impotencia contra los elementos que les arrebataban lo que a nuestros paisanos es más caro, su ganado y sus cosechas.
En muchos sitios fue necesario subir las reses a las habitaciones donde momentos antes descansaban aquellas pobres gentes. En otros dio tiempo aunque medio nadando a llevar las vacas y terneros a sitios altos y dejarlos amarrados a árboles. Algunos cerdos, por ser animales más cortos de pata perecieron ahogados.
Los puentes todos que encontró al paso esta avenida los barrió con tanta limpieza que en algunos solo se sabe que existió allí puente por algún resto de estribo de cantería. Solo respetó los de la carretera. Esta, en el trozo de San Lázaro a Adelán, sufrió muchos desperfectos, algunos de consideración como uno en Viloalle donde de 40 metros quedaron sin señales de haber sido nunca carretera. Allí se hace el tránsito por un maizal que aunque fangoso resultaba ahora más seguro y visible que la carretera. En otros mil sitios quedó tan descarnada, que el tránsito a pie resulta molesto, y en carruaje imposible.
El río Masma, a donde van todos estos ríos y otros que hay en el corto trecho de seis kilómetros, no es un río fuera de madre, sino un mar inmenso que se extiende hacia Foz llevando cada vez más anchura. La tormenta cesó a las cuatro de la madrugada, sin desgracia personal alguna”. (El Norte de Galicia.1905, 20 setembro).

Para o ano 1909 destacamos o ciclón que asolou Mondoñedo, onde “El viento huracanado causó perjuicios de importancia en los paseos y en las líneas de las empresas de luz eléctrica. En el campo de los Remedios el vendaval arrancó algunos álamos y del bosque situado al lado de la calle de San Roque, se cayó un eucalipto, el cual causó destrozos en la red de la luz eléctrica y alguno en una casa, de la cual puede decirse que ha sido milagrosamente salvada. El jueves se reprodujo con mayor intensidad la crecida de los ríos, y en Viloalle y Masma todos los árboles de las márgenes aparecían en el centro de ambos ríos” (El Progreso. 1909, 27 setembro).

En 1911 a treboada cébase coa vila de Ribadeo, na que dende o amencer comezou unha forte treboada sucediéndose sin interrupción los relámpagos, durando varias horas la tronada y desprendiéndose algunos chispazos”.(El Correo de Galicia. 1911, 28 agosto). Segundo este xornal un raio golpeou no chan a carón dun labrador, veciño do lugar de Carrancón, en Vilaselán, que o tira ao chan coa forza, pero sen maiores consecuencias.

Para o ano 1917 destacamos a treboada que asolagou Foz, no que a consecuencia de las pertinaces lluvias se ha desbordado el río Masma, llegando las aguas a una altura considerable como no se recuerda en aquella comarca.
Las fincas enclavadas en las márgenes del río fueron anegadas perdiéndose los frutos sembrados. Como el fruto era trigo en su mayoría, los propietarios calculan la pérdida en más de cincuenta mil pesetas” (El Eco de Santiago. 1917, 3 xuño).

E así poderíamos seguir e seguir, porque en Galicia chove, tanto o máis que nos tempos pasados, pero nunca choveu que non escanpase.

martes, 7 de mayo de 2019

OS MUÍÑOS DE VENTO DE RIBADEO.





Para achegarnos a unha visión completa do tema dos muíños (de vento, de auga do río ou da do mar) compre facer unha lectura  do libro “Hórreos, molinos y fuentes de la tierra de Viveiro”, obra de Xosé María Leal Bóveda e na que tamén colabora o alumnado do IES Vilar Ponte de Viveiro (Deputación de Lugo, 1999). A Deputación de Lugo sacaba no ano 2012 o libro “O ciclo do pan e as súas construcións na Mariña de Lugo. Eiras, cabozos, muíños e fornos”, obra de mesmo autor onde se revisa o traballo precedente e se completa con datos novos.

De indispensable lectura é a obra de Begoña Bas López “Muíños de marés e de vento en Galicia” (Fundación Barrié de la Maza, 1991).

Para calquera das obras anteriormente citadas, a orixe dos muíños de vento en Galicia datan do  século XVI e circunscríbense á cidade da Coruña, que no século XVIII xa contaba con sete. A principios do século XIX en Galicia “se documentan 7 nuevos, 2 en la Illa de Arousa y 5 en A Garda. También aparecen 1 en Catoira y 2 en Gramela, Coruña. Pero el mayor auge constructivo se da en la segunda mitad de este siglo así como su final con 23 datados en Catoira, zona de Ortigueira – O Vicedo, Ribadeo, Vigo, Muros y Mañón”(Leal: 1999,169).

Todos os muíños deste tipo situábanse nun lugar elevado onde a forza do vento sexa considerable “a zona desde Ortigueira a Ribadeo, presenta ventos fortes, con refachos, do océano, que son a fonte de enerxía básica para estas máquinas. Tanto é así, que en Estaca de Bares temos a presenza dun campo de muíños eólicos instalados por Endesa, que veñen a substituír, con outros fins, os vellos de Santa María de Bares” (Leal: 2012,249).

Este citado profesor infórmanos da situación dos 4 muíños de vento que había en Maañón: en Labradas (O Barqueiro), datado a finais do XIX; en Santa María de Bares, construído entre 1915 e 1920; outro en Bares, máis próximo ao núcleo urbano e de igual datación; un terceiro en Bares, próximo ao anterior, fabricado aproximadamente “1905 – 1910. José Castaño, carpintero que aprovechó maquinaria de uno de Cariño”. Para o concello de O Vicedo sitúa un en Vilasuso (Xilloy). Mentres que na parroquia de Celeiro ubican dous: un no lugar da Atalaia, do século XIX e outro no lugar da Casanova (Celeiro) pertencente á familia Pereiro e construído a finais do XIX.

Para o  caso concreto de Ribadeo, aparte das referencias puntuais que aparecen nos libros anteriormente citados, contamos co artigo de Xoán Carlos Paraje Manso (recollido no libro que seu fillo (Alberto Paraje) saca á luz no 2017, titulado Ribadensario-Eoario) e co volume número 7 dos Cadernos de Investigación do IES Gamallo Fierros de Ribadeo, dedicado aos muíños de vento de Ribadeo. Obra realizada polos alumnos do citado IES baixo a dirección do profesor Emilio Piñeiroa Lozano.

O muíño de vento de Ove.


Sobre o de Ove (dnomeado como “molino del Treixo” por Paraje, “molín de vento” por Begoña Bas e “muíño de vento de Palmeira” por Piñeiroa) dásenos información nos  libros que tocan este tema. Todos eles apuntan a e que  a persoa que mandou construílo foi Felipe Pulpeiro López, da casa de Treixo, ao volver do servizo militar, en 1888.

Segundo o traballo do Cadernos de Investigación “para erguer o muíño viñeron os canteiros de Ferreira”; mentres que para Juan Carlos Paraje “fue edificado con piedra del Valín por don Balbino Álvarez López … costando la suma de 26.000 reales”.

As dimensións aportadas polos Cadernos son “diámetro interior 5.05m; grosor muros 0.85m; altura aproximada 6.50m; a planta alta estaba situada a 2.50m; a porta ten un ancho considerable de 1.10m. e unha altura de 2.10m.”

Begoña Bas aporta que “tiña catro velas de lona con corda de cáñamo e argolas para as amarras. Era de dúas moas: unha para o trigo, francesa e outra para o millo” (Bas: 1991, 214).

A desaparición deste muíño ten lugar, segundo Paraje, no ano 1929, despois de que un tremendo vendaval rompese o eixe principal e, posteriormente, falecese o seu dono. Conta Paraje, con certa pena, como as pezas do muíño foron vendidas a distintos propietarios quedando, tan só, os muros exteriores do muíño de vento. Begoña Bas afirma que “deixou de traballar algo antes do anos 1920, e cando o desmontaron, aproveitouse a moa francesa para un muíño de preto, en Meredelo”.

O muíño de Vilaselán.

No mesmo artigo de Paraje podemos ler como “a mediados del siglo XIX todavía funcionaba el molino de Puerto Estrecho”. Segundo este autor carece de datos cos que poida afirmar se as aspas eran de madeira ou de  lona.

Para Paraje a desaparición do muíño ten lugar “en el año 1955 fue demolido el ruinoso molino de Puerto Estrecho … después de adquirirlo al pintor don José Cuervo Cortés, don Marcelino Irimia González, empleado municipal, venido en 1927 de Villarpescozo”. Este señor informa a Paraje das dimensións do muíño, seis metros de diámetro por sete de alto.

Di que a pedra e a casa do muiñeiro foron derrubadas e serviron para a construción da nova casa de Marcelino, así como dos muros exteriores da finca.





Paraje opina, tendo en conta a procedencia da pedra do muíño, que “se puede calcular como construído en el siglo XVIII, época en que estuvo en auge el uso de dicha piedra”. Non ía moi desencamiñado.

O arquivo do Reino de Galicia atesoura un interesante documento datado o 4 de xullo de 1810. Resulta ser unha solicitude realizada polo dono do muíño para que o operario que traballaba nel non entrase a servir no exército do Rei, pois era imprescindible para o funcionamento deste artefacto.

Segundo esta documentación, o muíño de Vilaselán pertencía a don Francisco María Amor, veciño e comerciante de Ribadeo, quen llo mandara edificar a Lois López, natural da parroquia de Vilamor (Mondoñedo). Tendo en conta a documentación o muíño comezou a funcionar no ano 1807. A súa función era moer gran para, coa fariña resultante, abastecer tanto á poboación civil  como aos  militares.

En 1809 será asaltado, pero non polas tropas francesas, tal e como cabería esperar, senón polas tropas do Exercito de Asturias.

A pesar das solicitude presentada por Francisco María Amor o seu operario foi incluído en primeira clase, tendo que alistarse e marchar lonxe, e non en cuarta clase, que lle permitiría quedar en Ribadeo, tal e como se solicitaba.

Francisco Amor era un  comerciante do Ribadeo de finais do XVIII, que veremos formando parte da Xunta Local de Goberno do ano 1808. Noutro artigo que temos publicado neste xornal falamos dos barcos existentes en Ribadeo en 1802 e víramos como nese ano o mencionado Francisco Amor era dono dunha fragata (Duque de Hijar) de 600 toneladas de porte, cunha vida media consumida e que fora construída en América. Así mesmo era dono de dous bergantíns (S. Antonio y Ánimas eNuestra Señora de la Begoña), ambos de 110 toneladas de porte e fabricados en Inglaterra. O primeiro deles estaba ancorado en Carril e o segundo en Cádiz.

Da solicitude presentada por Francisco Amor podemos entresacar este paragrafo no que nos explica as razóns que o levaron a construír este muíño e a importancia que nel tiña o seu empregado: “Que experimentandose  en esta villa y todos sus contornos, particularmente en el verano por escased de agua mucha falta de Molinos de arina, de modo que se sufrían repetidas y sensibles escaseces de pan, determine yo el don Francisco construir un Molino de viento con el fin de remediar estos males, y lo consegui a costa de muchos gastos y dificultades que tuve que vencer sirviendo de Director y Maestro el Luis Lopez, como unico facultativo de semejantes obras en este país, por cuia razón y necesidad lo conservè en el mismo artefacto, de que cuida desde ha unos tres años que se puso corriente y fabrica arina para el surtido de los naturales y de la tropa”.

Sirva este artigo para traer un pouco de luz sobre as sombras que poboan a nosa historia.
Solicitude realizada por Francisco María Amor. Arquivo do Reino de Galicia.


PENAS SAGRADAS NA TOPONIMIA DA MARIÑA.




Fotografía de Xosé Paleo, con retoque posterior.

Neste artigo imos falar un pouco sobre cruces, penas sagradas e restos antigos. Digo un pouco porque seguro que hai moito máis, tan só hai que buscalo. Para a realización deste traballo empregamos como fonte documental o catastro do marqués de la Ensenada (realizado a fins do ano 1752) e algún que outro, poucos realmente, apeos de bens do século XVI relativos a parroquias mariñáns.

No libro de Ricardo Pena sobre a historia de Burela dásenos a coñecer unha destas penas sagradas, coñecida como: “ a Pedra do Sol o Pedra Sobreposta respetada con un cierto miramiento mágico a causa de sus incisiones o grabados que semejaban círculos radiados, se destruyó, reducida a gravilla, en los años cincuenta”(Pena, 2004:31).

Menciona don Ricardo que no Catastro do marqués de la Ensenada esta pedra aparecía como un marco divisorio entre as parroquias de Burela e Vilaestrofe: “y Pena Sobreposta hacia el Sur, dividiendo la feligresía de San Roman de Villaestrofe y de alli al sitio de Pena Partida y sigue al sitio de Pena Rama”. Os veciños de Vilaestrofe, no mesmo Catastro, denominaban a esa pedra Sobreposta como: “en la Pena Moura”. Nos lindes da parroquia de Sargadelos vemos que o marco da Pena Parda de Paraño divide a esta parroquia da de San Román de Vilaestrofe “y de alli, dando la buelta acia el Poniente a la Peña da Moura”, que debe ser a mesma que divide Vilaestrofe de Burela.

O termo Pena Moura atopámolo tamén na parroquia de San Xiao de Recaré, no seu linde coa de Santo Tomé de Recaré “prosiguiendo al sitio de Vilasuso, Pena Moura y Carvallos”, segundo Ensenada.

Na parroquia de Vilacampa atopamos o termo Barreira Moura que ben pode facer referencia á antigüidade da barreira ou ben ao color do barro. Nesta parroquia tamén atopamos o termo Fonte da Moura.

Pena Moura aparece na parroquia de Santa María de Cervo, entre outras moitas penas: “linda principiando por el Norte en la pena de Bal Ramos y orilla de la mar, siguiendo por ella en derechura a la Pena da Moura y Cruz do Paraño (...) dando buelta por la Area Marosa, Viso do Cabron, Cruz de Pena Rama, Pena do Porco, Calvarios de Sargadelos y Cruz da Rega (...)siguiendo en derechura al monte da Lagoa y vaxa a la fuente Mourisca”. Esta mesma fonte aparece nos lindes da parroquia de Castelo “rego de Orxaellas y por este arriva a la fuente de Mourisca dividiendo las feligresias de Santa Maria de Cervo y la de Santa Maria de Lieyro”.

Pena Moura tamén está na parroquia de Ribadeo “por el que sigue hasta el Camino Real que de la villa de Ribadeo pasa al lugar de la Puente y atravesando dicho camino prosigue por el citado arroyo arriva hasta la Pena Moura”. Na parroquia de Ove,entre os seus lindes menciónase “va dar al arroyo que llaman Rio de Ramo sen que confina la Pena Moura que sirve de demarcacion”.
Tamén o atopamos na parroquia de Vilamor “Pena Moura de Lago, dividiendo la feligresia de San Andres de Masma al foxo y Cruz da Algaria”.

Rematamos na parroquia de Santo Tomé do Val de Lourenzá na que podemos ler que un dos lindes parroquiais era a esquina da casa de Xoán Zenzano, veciño de Ribadeo, “quedando dicha casa dentro del termino de esta feligresia desde la que sigue atravesando el rio que llaman Santo Tome ba a dar a la Pena Moura y de esta a un marco que nombran Coba da Jemara”.
Unha derivación de Pena Moura podémola ver na parroquia de Adelán: “principiando por el Norte en el pedreiro de Fornos siguiendo a la Pena Moriza y Pena Ferreira”.

Sen deixalo Valadouro vemos como hai un lugar, sinalado con peculiar marco, no que converxen as parroquias de Santa Cruz, Lagoa, San Xiao e Santo Tomé de Recaré “bolbiendo por el Poniente a los sitio de Vigo y Piedra Chantada dividiendo las peligresias de San Julian y Santo Thome de Recare y San Vicente de Lagoa”. Na parroquia de Santo Tomé de Recaré podemos ler: “Principiando por el Norte en el sitio de Piedra Chantada siguiendo en derechura al rio Maseira”.

Fotografía de Xosé Paleo.
 Outros exemplos de Pena Chantada hainos na parroquia Foz, en concreto no lugar de Marzán. No apeo de bens realizado no ano 1540 dos bens do mosteiro de San Martiño de Mondoñedo lemos: “e asi mysmo se va a derecho para el comaro e carreyra do Castro e syenpre oyo dezir que hera por una piedra grande de ferral que esta en el comaro arriba en medio del comaro e que alli la dicha piedra alli chantada”. Neste mesmo apeo, pero agora tratando sobre a parroquia de San Martiño lemos como hai “otra leyra de heredad que jaz sobre las vinas da porta de Lopo de Manyn en un lugar a que llaman la Piedra Hita que levara medio celemin de pan de senbradura poco mas o menos e que testa de una parte en el camyno e de otra parte en viña de Mayor Reymonda”.

Na parroquia de San Adrao de Lourenzá, no ano 1535, atopámonos con “otro pedazo de soto que va sobre la dicha Piedra Chantada” e un pouco despois “en la piedra Chantada, una pieza de heredad que tenia camino de pies que hiva a la Iglesia”.

Nun apeo dos bens que a dignidade episcopal tiña en Vilaestrofe, do ano1596, lemos que a finca coñecida como Toxeiras limitaba “en la Pena Sobre Posta y  beniendo al chao da Pena Nabal y por alli al Viso do Chao de Carril y por alli ba a dar a la Piedra Chantada”.

Se falamos de penas chantadas, tal vez, a máis coñecida sexa a que hai en Trabada. O avezado lector estará a pensar que ese é o marco da Pena Verde, pero non sempre se lle chamou así.

Nun apeo das propiedades que o mosteiro de Meira tiña en Trabada, datado do 13 de novembro de 1596, podemos ler o seguinte “y por el vao do Carvallin y va al marco de la Cruz do Bargo que esta devaxo de un penedo y de allí a las piedras ladras y al marco que esta en la laguna das seladas … y de allí al marco da Pena da Moura … y de allí al marco de la Pena Verde y por otro nombre se diçe y llaman de Pedra Fita”.

O comportamento da igrexa ante estas pedras sagradas foi ambiguo, pois si ben nuns casos respectou a pena, noutros acabará por sacralizala. Un exemplo dista sacralización vémolo na parroquia de Portocelo. No Catastro da Ensenada podemos ler: “principiando por el Leste en la mar subiendo de ella a la peña que nombran de Berige, de la qual se va a la Fuente dos Ramos y de esta a la que nombran Fuenquegeira dividiendo dicha feligresia de San Clemente de Moras, de cuia fuente por el sur se va a la peña Forcada continuando a la de Pena Foracada de arriva que cada una de estas dos tiene una cruz esmaltada hecha a pico de la ultima se prosigue al sitio de Serron de las Piedras Blancas”.

Quédanos moito por saber do noso pasado, pero se seguimos a destruílo en aras dun progreso, que nos quedará?.