Buscar este blog

miércoles, 6 de mayo de 2015

CRONICA NEGRA DAS PARROQUIAS DO CONCELLO DE FOZ.





Neste artigo falaremos de algo que sempre foi común ao ser humano, os odios, a xenreira, a envexa e as liortas. Falaremos de algo, que de igual maneira que acontece hoxe en día, sucedía no noso concello nos séculos XIX e XX, estámonos a referir á crónica negra das parroquias do Concello de Foz.
O primeiro dato que atopamos na prensa sobre este tema dato do ano 1880. Refírese ao roubo que dous enmascarados levan a cabo na casa do cura párroco de Santa Cilla “sorprendieron a la criada, a quien ataron y taparon la boca, apoderándose enseguida del cura. La criada consiguió soltarse de sus ligaduras y cerrando por dentro la habitación desde una de las ventanas dio voces de “fuego, ladrones”, á las que acudieron porción de vecinos, que capturaron a los dos criminales y recobraron treinta onzas que los ladrones tenían ya en su poder”. (La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880, 18 de xaneiro.) Os dous ladróns eran Bieito Paleo, veciño de Santa Cilla, que recoñeceu o crime cometido e  o seu socio era “Francisco Rodríguez, alias Bayona, vecino de Fazouro que por sus malos antecedentes fue expulsado de Madrid”. Como podemos ver era habitual tentar roubar na casa do cura pois nela soia haber cartos.
Outro sitio onde se producen frecuentes liortas é nas romarías, nas feiras e máis precisamente á volta delas. En 1894 vemos como “después de la feria de San Acisclo, ocurrió una riña de la que resultó muerto, a consecuencia de una puñalada el vecino de Carballido llamado Benito Canoura”.(El Anunciador: diario de la Coruña y Galicia, 1894, 10 de marzo). Realmente esta noticia aparece moito máis completa no xornal El Eco de Galicia, que seguiremos. Segundo este periódico o falecido chamábase Bieito Otero Fernández, “de 22 años de edad, soltero, hace dos años que estaba en Madrid de panadero y vino a Carballido habrá 8 días para presentarse a la cuarta revisión; habiendo sido declarado exento del servicio militar activo en las tres anteriores, por inutilidad en la mano derecha del padre”. O acusado de ter asestada a fatal puñalada era un veciño de San Acisclo chamado Manuel Fernández, de 20 anos, solteiro e labrador de profesión. Segundo parece o crime aconteceu da seguinte maneira: “celebrándose el día 5 en la parroquia de San Acisclo la feria que mensualmente tiene allí lugar, á la que concurrieron  el interfecto y el agresor; á la caída de la tarde, pasando el Benito por el puente por debajo del cual discurre el Rio Oro, le llamó el agresor y ambos cambiaron algunas palabras en voz baja, que no pudieron ser oídas por las personas inmediatas, y transcurridos unos minutos, comenzaron uno y otro á darse de golpes con unas varas que llevaban y á insultarse, diciéndose luego que el interfecto sacó un arma blanca, con la que arremetió al Manuel Fernández, y este echó á correr con dirección á la feria; y como creyese que aquel le alcanzaba, sacó una navaja y dando media vuelta, asestó el golpe al Benito  que le produjo una herida de cinco centímetros en el tórax”.( El Eco de Galicia, 1894, 12 de marzo). O agresor foi detido no mesmo intre de cometer o crime pero nunca confesou cales foran as causas que motivaran a liorta, aínda que os veciños de San Acisclo sospeitaban que se podía tratar de problemas de saias, por estar implicada unha rapaza de Carballido que acompañara varias veces ao citado Bieito.

Nese mesmo ano, pero no mes de novembro vemos como son denunciados no posto da garda civil de Foz un grupo de xitanos que o dia 11, “habían estafado á Josefa Pardo, esposa de Anselmo Fernández, de Santiago de Fazouro, la cantidad de 100 pesetas, valiéndose para ello de un momento en que fué atacada por un acceso de enagenación mental que sufre con frecuencia, ofreciéndole la curación con palabras y otras cosas”. (El Regional, 1894, 15 de novembro).
Volveremos a ter noticia da presenza de xitanos en Fazouro en 1934. Nese ano podemos ler na prensa que como ingresaba no hospital de Lugo Ramón Moreno Gabares, de etnia xitana, o que “formaba parte de una caravana que acampaba en las inmediaciones de Fazouro viéndose sorprendida por el tiroteo de unos desconocidos, durante el cual recibió una herida Ramón Moreno, penetrándole la bala por la región frontal con salida por la occipital”. (El Pueblo Gallego, 1934, 7 de xaneiro).
Resulta habitual que antes de que veciños comecen a pelexar entre si se produzan certos ataques previos, así lle acontece á veciña do lugar de Alemparte, en Cangas, Rosa Trobo, quen en 1909 ve como lle rompen os cristais a pedradas, resultando que o culpable era o seu veciño de porta con porta Manuel Rodríguez Suárez “conocido por el sobrenombre de Chifre”. (.(El Progreso, 1909, 15 de setembro).
Outra liorta que ten lugar ao volver dunha romaría é a que acontece en 1903 cando “al regresar de la Peregrina, romería que se celebró en la parroquia de Cordido, Mondoñedo”, dous veciños da parroquia de Cangas, Francisco Fernández e Francisco Fanego, comezan unha liorta entre eles que remata cando o citado Fanego apuñala “por la espalda, diez puñaladas, las siete primeras en el costillar de muy poca profundidad, y las tres restantes en la cabeza, de las que está herido en estado grave”, mentres que o Fanego ingresaba no cárcere de Mondoñedo. (El Eco de Santiago, 1903, 17 de setembro). Xa que estamos a falar da crónica negra de Cordido deberíamos facer unha breve mención aos irmáns Xosé e Clorindo Blanco Neira. O primeiro fora detido o 18 de agosto de 1909 por levar consigo unha navalla de grandes dimensións. O 29 de xullo de 1910 será detido polo mesmo crime. Por outra banda o 4 de setembro de 1918 seu irmán Clorindo será detido acusado de roubar un cordeiro valorado en 20 pesetas. (El Progreso, 1909, 18 de agosto; 1910, 29 de xullo e 1918, 4 de setembro).
A garda civil de Foz detiña a Ramón Penabad “como presunto autor del robo de 116,50 pesetas y una escritura al vecino de la parroquia de Villaronte, José González Fernández, fue ejecutado valiéndose de una escalera de mano y penetrando por una ventana de la planta alta de la casa, estando dicho dinero en un cajón de una mesa, de donde se sustrajo sin hacer violencia, lo cual parece indicar que era persona conocida de casa y se valió de una llave falsa. El individuo detenido está casado con una hija del robado y separado de la mujer hace dos meses. En el acto de ser detenido le fueron ocupadas sesenta pesetas en monedas de plata”. Trala súa detención foi enviado ao cárcere de Mondoñedo. (El Correo de Galicia, 1910, 25 de febreiro).
Era bastante habitual que os mozos portasen armas cando ían a festas, a romarías, a feiras e a actos litúrxicos, senón vexamos a incautación de armas que leva a cabo a garda civil en 1910 “en la función del Desenclavo que se celebró el Viernes Santo, en la parroquia de Santa Cecilia, en Mondoñedo, fueron decomisadas por la guardia civil del puerto de Foz las siguientes armas”. (El Progreso, 1910, 30 de marzo). A relación de armas é a seguinte:
Unha pistola de dos canóns a Antón Díaz, veciño de Mor. Unha navalla de 21 centímetros a Antón Leal, veciño de Carballido. Unha navalla de 23 centímetros a David Callón, veciño de Adelán. Unha navalla de 24 centímetros “y de muelles” a Xosé Peña. Unha navalla de 22 centímetros a Cándido Fernández, veciño de Santa Cruz. Unha navalla de 21 centímetros a Anxo Martínez, veciño de Alfoz. Unha navalla barbeira a Xosé Fernández, veciño de Mor. Unha navalla barbeira a Xosé Couso, veciño de Ferreira.
Sen abandoar a parroquia de Santa Cilla, debemos mencionar un  suceso bastante macabro. Trátase da aparición duns restos óseos en 1913 “y en una finca que pasa de veinte años que no fue cultivada, se encontraron a flor de tierra, la calavera, algunas costillas, parte de los huesos de los brazos, la mitad de un chaleco, una cartera, una navaja, un espejo y una ganzúa”. (El Progreso, 1913, 28 de maio). A caveira conserva tan só dúas moas, o que lles fai supoñer que se trataba dunha persoa ancián, ao esqueleto fáltanlle os osos da cintura para abaixo debido á acción  dos cans e das aves carroñeiras.
O paso e os lindes de propiedades son causa habitual de conflitos que acaban en liortas, así acontece en Cangas, en 1916, cando varios veciños do lugar de Ribela comezan unha pelexa motivada pola disputa “sobre el paso del ganado en una finca”, resultando feridos un home e dúas mulleres “a consecuencia de las heridas inferidas con hoces y piedras”. (El Progreso, 1916, 18 de outubro). En 1931 atopamos este motivo como causa da pelexa que mantiveran dous veciños de Cangas chamados Rosa e Xaquín, este resultará ferido na man cunha fouce “al pretender arrebatársela cuando la Rosa intentaba agredirle con ella”, a razón da disputa segundo o periódico era “la entrada a una finca”.(El Progreso, 1931, 16 de setembro).
Os accidentes de caza son habituais dentro do mundo da crónica negra, como lle acontece ao veciño de Fazouro Xosé María Friol, “que se dedicaba a la caza de mazaricos en el arenal de aquella playa, tuvo la desgracia de que al hacer un disparo le reventase el arma, ocasionándole la fractura de la clavícula izquierda”. (El Regional, 1914, 11 de decembro).
En 1925 atopamos a noticia dunha pelexa entre dous veciños de Cangas, Xosé Eijo Martínez e Hilario Casas Eijo, este último cortoulle a cara ao citado Xosé cunha navalla barbeira.(El Progreso, 1925, 9 de outubro). En 1926 pelexaban, “el domingo por la noche agrediéndose por antiguos resentimientos”, tres rapaces veciños de Fazouro, un deles Eutimio Alonso López recibe unha puñalada no costado esquerdo que lle asestaba Serafín Aguiar Eijo, “con una navaja de pequeñas dimensiones”(El Regional, 1926, 14 de outubro).
Dous anos despois, en 1928, vemos outra pelexa entre veciños de Cangas, Xosé Saa Martínez e Xesús López Díaz, este último rematou ferido tras recibir unha pedrada de Xosé Saa, que rematou ante o xuíz de Foz.(El Progreso, 1928, 16 de febreiro).
Neste mesmo ano a garda civil de Ferreira do Valadouro detén a Xosé Gasalla, á súa dona Cándida Arnau e a unha irmá súa chamada Xaquina “los cuales causaron a su convecino José García Doce, dos heridas producidas por arma blanca, en la espalda, en riña que sostuvieron dichos indivíduos”. (El Progreso, 1928, 9 de decembro).
Un criminal soe ir en aumento, comezando por pequenos crimes e pasando a outros de maior calado, así o vemos no caso de Xosé Ramón Río, veciño de Fazouro que o día 3 de maio de 1927 era detido acusado de “hurto de dinero y varias gallinas a Enrique Sampedro”. (El Regional, 1927, 3 de maio). Tras roubarlle a este veciño de Vilaselán é conducido ao xulgado de Ribadeo. Descoñecemos que multa ou sanción lle impuxeron, pero non debeu de ser moita pois o 19 de maio, 16 días despois do primeiro crime, é detido acusado de pretender “asaltar el almacén que en Rábade tiene el industrial don Nicanor Castro González”. A detención levouse a cabo grazas a que varios veciños se xuntaron para apresar ao ladrón, posteriormente foi conducido ao cuartel da garda civil. Estando xa detido no cuartel “aprovechó un descuido de los guardias para darse dos cortes de 6 centímetros en el cuello con una navaja (…) El herido fue conducido ayer a Lugo ingresando en el hospital donde fue asistido por el médico señor Latas que calificó su estado de reservado”. (El Regional, 1927, 19 de maio).
Outras loitas entre veciños débense a causas descoñecidas e así sabemos que un grupo de veciños de San Xoán de Vilaronte pelexan “por antiguos resentimientos entre las vecinas de la misma; Virginia Teijeiro Estua, Clarisa Virosta y Carmen López Cagigal. De la contienda resultó la primera de las citadas indivíduas con varias contusiones producidas con palos en los brazos, piernas y cabeza” (El Progreso, 1929, 9 de xaneiro).
Aínda que tamén pode pasar que se denuncien crimes que nunca chegaron a cometerse, así lle acontece á veciña de San Acisclo, Severina Canoura, de 18 anos, que denunciara ante a garda civil “que de un baúl que tenía en su domicilio le fueran robadas 400 pesetas” a garda civil investiga e chega a conclusión de “que no existió el robo que se denuncia por lo que se instruyó el oportuno atestado que se remitió al juzgado municipal del término”. (El Progreso, 1935, 13 de agosto).
Como podemos ver pouco variaron as causas que motivan e motivaron a nosa crónica negra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario