Buscar este blog

lunes, 11 de mayo de 2015

HOMES DE FOZ MORTOS NO REAL SERVIZO DA MARIÑA. 1780 a 1783.





Semella un espazo de tempo moi curto, catro anos, pero como iremos descubrindo ao longo deste artigo nese período de tempo  Foz perde un total de catorce mariñeiros focegos, dos moitos que estaban enrolados na Mariña Real española.

No  ano 1782 o bispo de Mondoñedo, don Francisco Cuadrillero e Mota, enviaba a tódolos curas párrocos un cuestionario composto por cinco preguntas. Na primeira delas querían saber o número de veciños e de almas da parroquia, vexamos o que contesta o cura párroco de Foz, don Diego de Quindós,: “Santiago de Foz tiene seiszientas quarenta y seis personas de Comunion, las que ochenta se hallan ausentes, sirviendo a su Magestad en su Real Armada y murieron en dicho Real Servicio desde el principio de la actual Guerra otros veinte y un hombres. Ay ciento cinquenta y nuebe casas, alguna con tres matrimonios, pocas de a dos y todas acomodan ciento ochenta y cinco vecinos, los que cinquenta y dos son mugeres viudas”. (Fernández Pacios, X.R.: Poboación e igrexa no bispado de Mondoñedo en 1782; Estudios Mindonienses, nº 23, p.890).

O que seguramente lle chame a atención ao lector é a diferenza temporal entre a morte dun mariño e a realización de misas pola súa alma na igrexa parroquial de Foz. Esta tardanza débese a que as noticias da morte dun mariñeiro chegaban a través doutros focenses que estaban nese barco. Un exemplo claro do que acabo de dicir é o que podemos ler na partida de defunción de Diego Antón Guerra. Se ben a  súa partida atópase inserta na relación de mortos de principios do ano 1789 nela podemos ler: “murio en el Real Servicio de Marina, en la fragata Santa Clara, vinviendo de Montevideo, habra mas de doce años”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 255).

Vexamos logo unha breve relación de mortos de Foz no Real Servizo:

1780,

A principios de febreiro dese ano o cura párroco de Foz, Don Diego de Quindós, recibía varias cartas, “de muchos vecinos que actualmente se hallan en Cádiz”, nas que informaban da morte de Fernando de la Rocha, segundo consta na súa partida de defunción falece “el  día 16 de enero  del corriente año de 1780, viniendo ocho navios de Hespaña de Puerto de Bres de Francia, al llegar al estrecho se hallaron con una esquadra inglesa de hasta treinta navios y fragatas inglesas con un comboi de viveres para la plaza de Jibraltar, que en todas componian ciento y tantas belas y aunque con fuerzas tan desiguales se trabo choque con mucho honor de las armas españolas pues peleo cada navio contra quatro o cinco de los ingleses. Uno de España nombrado Santo Domingo, prendio fuego y se volo y entre los marineros que en el han perezido uno fue Fernando de la Rocha, soltero, vecino desta feligresia de Santiago de Foz, fixo lexitimo de Francisco de la Rocha y de Isabel Pita, su muger”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 212).
Outro mariño do noso pobo morto neste mesmo navío é Caetano Meitín,  casado con Manuela Fernández, era “artillero de mar, el qual ha sido uno de los que perecieron el dia diez y sies de henero del proximo de ochenta en el navio Santo Domingo, quando se incendio, sin haverse salvado una sola persona de su tripulacion”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 216).
(Imaxe do navío Santo Domingo).

Segundo a páxina web  Todo a babor (http://www.todoababor.es/listado/navio-santodomingo.htm) o Santo Domingo era un barco de 74 canóns e dúas cubertas que formaba parte da escuadra encargada do bloqueo de Xibraltar, estaba comandada polo almirante Xoán de Lángara e composta por 11 navíos e 2 fragatas.
O día 16 de xaneiro foi sorprendida á altura do cabo de Santa María pola escuadra británica, comandada polo almirante George Brydges Rodney e composta por 22 navíos de liña e 10 fragatas. Sabemos que o navío Santo Domingo explota causando a morte de toda a tripulación.

Tamén por veciños de Foz enrolados sabemos da morte, a principios de marzo no hospital de Cádiz, de Agostiño Pérez, solteiro, de 30 anos de idade, fillo de Brais Pérez e Rosa Sánchez, “era artillero, que se hallaba sirviendo a su Magestad en su Real Armada”. A mediados do mes de marzo dese ano, Diego Barata, “artillero del mar en el navio San Isidoro, casado con María Fernandez”, falecía tamén no hospital de Cádiz.

Segundo a páxina http://www.todoababor.es/listado/navio-sanisidoro.htm o San Isidoro era un navío de 50.71 metros de eslora por 14.01 de manga, equipado con 26 canóns de 24 libras, 28 de a 12 libras, 14 de a 8 libras e 4 canóns pedreiros de a 3 libras. Na tripulación, composta por 429, había un total de 12 artilleiros de preferencia e 66 artilleiros de mar, un deles era de Foz.

O día 21 deste mesmo mes morría no mesmo hospital  Xoán Antón Orosa, veciño de Foz, casado con Antía Fernández, sóubose da súa morte grazas a unha carta enviada polo seu cuñado, Xosé García, tamén destinado no Real Servizo. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 213).

A esta muller, Antía Fernández, aínda lle quedaban por pasar amargas dores pois recibirá, pouco tempo despois de saber do falecemento do seu home, a noticia da morte do seu fillo “Melchor Orosa, hixo de Juan, naural de Foz, casado con Antonia Fernandez, y Artillero de mar de la Santissima Trinidad, entro enfermo en treze de marzo de mil setezientos y ochenta, murio en veynte y uno de dicho mes y año”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 216).
(Planos do navío Santísima Trindade).

En abril de 1780 morren Marcos Fiallega e Francisco Palmeiro, aínda que en Foz non tivemos noticia de tal suceso ata xullo de 1781. Nesta data  e por varias cartas “que han venido de algunos vezinos de esta feligresia de Santiago de Foz que se hallan en la Habana” sóubose da morte destes dous homes. A carta que chegou a Foz fora escrita por Francisco Solveira, veciño de Foz, do barrio do Porto, e remitida a súa nai Ana da Senra nela dicía “que haviendo salido los navios de Cadiz en Abril del mismo año (refírese a 1780) y tardado mas de tres meses en la navegazion, en el discurso de los tres meses muriera muchisima gente, asi de tropa, marineros, como sus compañeros vecinos Marcos Fiallega y Francisco Palmeiro”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 217).









(Maqueta do navío Santísima Trindade).

1781

En agosto recíbese a noticia da morte de Xoán Fanego, fillo de Marcelo Fanego e Manuela Fernández, “se hallaba sirviendo a su Magestad en la Fragata nombrada Santa Leocadia y murio en el combate que ha tenido quando quedo prisionera de guerra con todos los que la mandaban y tripulaban”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 221). A citada fragata estaba comandada polo tenente de navío Francisco Xavier de Winthuyssen e Pineda “el 1 de marzo de 1781, cuando reconocía un convoy, trabó combate con el navío inglés Canadá, de 76 cañones, al que tuvo que rendirse con 80 muertos y 106 heridos a bordo, entre ellos el propio Winthuyssen,  que perdió el brazo derecho”. http://cvc.cervantes.es/actcult/museo_naval/sala5/personajes/personajes_02.htm

1782

O día 8 de abril deste ano recíbese en Foz carta de Lois Leitón, na que informaba da morte de seu cuñado,Manuel Palmeiro “y que no tenina duda de que dicho Manuel muriera en la mar yendo en el comboy para Puerto Mahon”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 224).
Sabemos tamén que o día 4 de xuño deste ano sabemos da morte de Francisco Doval (na documentación aparece escrito como Do Bale, polo tanto o apelido actualmente podería ser Doval ou Val), era fillo de Agostiño Nareo do Bale e de Antía Rodríguez. Francisco estaba embarcado no Real Servizo da Mariña, de igual maneira que seu irmán maior Agostiño, e sabemos que a súa morte “ha sido de un balazo que recivio en el navio”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 226).

O día 23 de novembro morre Salvador Leitón, tal e como certifica por carta o capitán da Real Armada, don Lois Latas. Sabemos pola referida carta que este veciño de Foz estaba embarcado na fragata Santa Cilla.


1783

O día 16 de maio dese ano morría, “en el hospital del Real Arsenal de esta ciudad de la Abana, Blas Maseda, artillero de mar del navio San Juan, casado con Manuela Rodriguez, natural del puerto de Foz, de hedad treinta y seis años”. (ADM. Foz. Libro Defuncións, nº 3, fol. 235).
O día 1 de xuño morre no Real Servizo Hilario Palmeiro, veciño de Foz.

¿Cantos mariñeiros de Foz estiveron embarcados na Mariña Real? Descoñecémolo seu número, neste artigo tan so falamos dos que morreron, xa que deles quedou pegada documental, pero dos que felizmente puideron volver a Foz nada se soubo, non temos atopado aínda rexistros de embarcados nos que poder buscar, mais non descartamos poder atopalos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario