Buscar este blog

miércoles, 10 de febrero de 2016

O COMERCIO FOCEGO NO ANO 1932.

 Toda a información que aparece neste artigo foi extractada do Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España, que atopamos na páxina web da biblioteca nacional española, no apartado dedicado á hemeroteca dixital.

Este anuario data do ano 1932 e está dedicado ás 4 provincias galegas aínda que tamén recolle información de Asturias, Cantabria e País Vasco. Aparte das descripcións básicas de cada concello no Anuario faise unha relación de tódolos comercios do municipio.

Sirva este artigo para coñecer un pouco máis o comercio focego e ás persoas que nel traballaron.

O Anuario menciona o seguinte sobre o noso concello:

Foz.
Villa con ayuntamiento de 8500 habitantes, perteneciente al partido judicial de Mondoñedo, de la que dista 20 kilómetros, y 22 de la estación de Ribadeo. Su término municipal, bañado por varios ríos, produce cereales, hortalizas y patatas. Riqueza forestal y pecuaria. Industria pesquera. Comunica con Valle de Oro, Ribadeo y Vivero por carretera. Celebra sus fiestas el 9 de agosto y mercados los martes. Puerto de tráfico mercantil. Servicio público de automóviles con Mondoñedo, Ribadeo, Vegadeo, Vivero y Lugo. Teléfono. Telégrafo. Cartería.

Abonos minerales.
Alonso Rodríguez, Antonio.
Eijo Maseda, Basilio.
Eijo Maseda, Florencio.

Automóviles de alquiler.
Doval Naray, Jesús.

Café.
Cajeao Pardiñas, Celia.

Calzados.
Maañón Couto, Francisco.
Rodríguez Canoura, Estrella.

Carpintería.
Fernández López, Francisco.

Cereales.
Alonso Rodríguez, Antonio.
López Becerra, José Ramón.

Cerrajería.
Martínez López, José.




Comestibles.
Casas Fernández, Manuel.
Díaz Cordido, Balbino.
Díaz Lorenzo, Eladio.
Eijo Maseda, Basilio.
Ferrín Sanmartín, Elvira.
Fernández, José Antonio.
Fernández Otero, Martín.
García Rodríguez, Generoso.
López Leitón, Ángel.
López London, Generoso.
María Fraga, Ramón.
Maseda Alonso, Ramona.
Méndez Basanta, José María.
Orosa López, Balbino.
Rodríguez, viuda de Domingo.
Rodríguez Rodríguez, Amelio.
Rodríguez Rodríguez, José.
Tapia Leivas.
Teijeiro Sánchez, Emilio.
Vázquez, viuda de H.
Vizoso Valmayor, Cándido.
Yáñez Fernández, José.


Confecciones.
Maañón Couto, Francisco.

Conservas. Fábrica de.
San Juan, José.

Escabeches. Fábrica de.
Gutiérrez Ocejo, Luís.

Ferretería.
Fuentes Riego, Francisco.




Giros. Cobrador de.
Reimunde Acevedo, José.

Hierros y aceros.
Vázquez, Constantino.

Hotel.
La Primitiva. Cageao Vázquez, Jesús.


Hueverías.
Alonso Casimira, Ramona.
Lanzas Villanueva, Maximino.
Rego Matías, María Josefa.
Roval, Jesús.

Maderas.
Alonso Méndez, Francisco.
Cao Rojo, José.
Fernández Balea, Ramón.
Fernández López, Francisco.
López Ferreira, Damián.
Méndez Basanta, José María.
Villarino Couto, Leandro.

Mercería.
Rodríguez Rodríguez, Ramón.

Molinos.
Conde de Fontao.
Fraga Orosa, José.
Marina Pérez, Francisco.
Mon, Francisco.
Rivadeira Vázquez, Emilio.
Rodríguez González, Juan.
Samaniego, Crisanto.
Veiga Palmeiro, José Ramón.





Navieros.
Alonso Rodríguez, Antonio.
Reimunde y López.
Sociedad Mindoniense de Cabotaje.

Pescados por mayor.
Alonso, hijos de Antonio.

Quincalla.
Vega Pita, H.

Salazones. Fábrica de.
Gutiérrez Ocejo, Luís.

Serrería Mecánica.
Lestegás, José Antonio.

Tejidos.
Castiñeira Ramos, Eusebia.
Maañón Couto, Francisco.
Rodríguez Veiga, viuda de José.
Vizoso, Laureano.

Transportes.
Doval Naray, Jesús.

Ultramarios.
Alonso Rodríguez, Antonio.
Correa Canoura, Soledad.
Eijo Maseda, Basilio.
López Becerra, José Ramón.

Vinos Generosos.
Alonso Rodríguez, Antonio.
Eijo Maseda, Florencio.
Lanso Medina, Cándido.
López, José.
Seija Basanta, Francisco.


viernes, 5 de febrero de 2016

A CASA BRASONADA EN VILAXOANE. FAMILIA LÓPEZ DE RÍO E MOSCOSO.

      Escudo da torre de Vilaxoane. Hoxe propiedade de Moncho de Redondo.

Se percorremos o antigo camiño de entrada a Foz, que cruzaba por Vilaxoane, hoxe totalmente alterado pola estrada 642, veremos que á nosa esquerda se levanta unha casa na que se agocha un fermoso escudo de armas.

Durante moito tempo esa pedra armeira chamoume poderosamente a atención. Eu descoñecía a que familia pertencía ese brasón, se ben a súa feitura semellábame ser do século XVI, outros moi semellantes abondan pola nosa Mariña.

Para solucionar esta dúbida animeime a escribirlle a un bo amigo xenealoxista que ao pouco tempo me respondeu. Resultou ser que o escudo pertencía á familia López de Río e Moscoso, en concreto mencionábame a figura de Lourenzo López de Río e Moscoso, veciño de Alcobendas, que gañaba a súa executoria de fidalguía no ano 1597. Resultou que o expediente de fidalguía podíase consultar na páxina web pares.mcu.es , o orixinal consérvase no Arquivo da Real Chancelaría de Valladolid, Rexistro de Executorias, Caixa 1834. Ano 1597.

Trala pertinente consulta puidemos saber que Lourenzo López de Río e Moscoso, veciño de Alcobendas, presentaba preito contra o fiscal do rei e contra o concello de Alcobendas. Esta denuncia tiña a súa orixe en que  el fóra incluído dentro do padrón de peiteiros e non no de fidalgos tal e como, segundo el, lle correspondía: ” siendo como era el dicho su padre hombre hijodalgo notorio de si y de su padre y aguelo y antecesores de solar conoszido (…) donde vivieron y moraron y tuvieron azienda de uno diez veynte quarenta ochenta y ciento y mas anos”.

O preito comezaba o día 11 de xullo do ano 1596 rematando ao ano seguinte. Para demostrar a súa fidalguía Lourenzo López de Río presenta as seguintes testemuñas:

Nome
Localidade
Xoán Fernández de Abelairas
Vilaronte
Pedro Rei
Vilaronte
Fernando Sánchez de Mañente
Mañente
Alonso Novo
Marzán
Xoán García
Marzán
Diego Revellón de Aguiar
San Cosme de Barreiros
Diego Arias
Viladeille. Barreiros.
Fernando Pillado. Crego
Santo Acisclo
Alonso Amor
San Martiño
María Basante, viúva de Xoán de Río
Fazouro
Roi López, escribán
Xinzo. San Martiño
Gonzalo Núñez
Vilarmea.Fazouro
Francisco Sánchez de Moscoso e Cordido. O vello
Vilela. San Martiño
Pedro González, pescador
Vilaxoane. Foz
Alonso Ramos, pescador
Marzán. Foz

Unha das testemuñas, Xoán García, di que coñecera ao mencionado Lourenzo López de Moscoso e Río “desde niño pequeño criándose en el lugar de Villajuane, en casa de su padre y ansi mismo en la villa de Rivadeo y siendo de hedad de diez y siete años, poco mas o menos, tienpo se avia ydo y ausentandose de la dicha villa a Castilla y dezian del susodicho era casado junto a la villa de Madrid en un lugar que llamavan Alcobendas”.

Lourenzo López de Moscoso era fillo de Alonso López de Moscoso, persoeiro que tamén residiu na casa brasonada de Vilaxoane, tal e como afirma a mencionada testemuña: “parte viviendo y residiendo moro en el dicho lugar de Villa Juane en casa de Lope Sanchez, su padre, y podía aver que hera casado veinte y siete anos poco mas o menos (…) despues de casado fue vezino e morador en el lugar de Villa Juane felegresia de Santiago de Foz, donde tenia muchos vienes e hazienda y casa poblada y al cabo dese tienpo el dicho Alonso Lopez de Rio y Moscoso fue desde el dicho lugar de Villa Juane a vivir y residir con su mujer e yjo a casa poblada de la villa de Rivadeo donde a esta parte vivía y residia”.

Lourenzo era neto de Lope Sánchez de Moscoso, que tamén residiu na casa brasonada de Vilaxoane. Procedía este fidalgo do solar de Río, sito no lugar de Río, parroquia de San Martiño de Mondoñedo, onde: “tenia una torre grande y casa de cantería parte de ella con unas portadas de cantería y acerca della y alderedor della un paredón y hescudo alto y almenage de piedra y en la puerta principal de la dicha torre tenia las armas del dicho solar que eran unas flores de lis y pezes y ríos y la dicha torre era ancha con sus quatro esquinas”.

Resulta moi interesante, aparte de esclarecedora, esta afirmación. Se comprobamos o escudo da casa de Vilaxoane vemos no seu cuartel inferior esquerdo as tres flores de lis dos Río, de igual maneira no cuartel superior dereito vemos os dous lobos pasantes, emblema dos López.

     En vermello o  camiño de entrada a Foz no SXVI. Círculo azul a casa de Vilaxoane.

Se ben é certo que Lope Sánchez de Moscoso procedía da casa torre de Río, tamén o é que non pertencía á rama principal, xa que a citada torre pasou das mans de Diego de Río, o vello, ás do seu fillo, Diego de Río, o novo, e posteriormente ás de Roi de Río e Moscoso, do que Xoán García dirá: “posehedor que era al presente de la dicha casa y solar de Rio por razon de ser posehedores della e hijodalgo y cavalleros principales”.

Intentaremos agora facer unha reconstrución da vida destes tres fidalgos de Vilaxoane: Lourenzo, Alonso e Lope, empezando dende a actualidade do ano 1597 e indo cara atrás.
En 1596 Lourenzo López de Moscoso e Río estaba casado e residindo en Alcobendas. Nese ano era anotado como peiteiro e non como fidalgo. Este feito agradecémolo moito xa que a reacción de Lourenzo foi solicitar un expediente de fidalguía para o que tivo que acreditar, documentalmente, a súa pertenza a unha familia fidalga.

Alonso López de Moscoso, pai do litigante, era fillo de Lope Sánchez de Moscoso e de Aldara Vázquez. Esta era criada de Lope Sánchez e servíao na casa de Vilaxoane, ambos estaban solteiros e mantiveron relacións das que nacen dous nenos: Alonso López de Moscoso e Río e Álvaro Vázquez de Moscoso.

As testemuñas do preito de fidalguía así nolo din: “tenia en su casa y servizio en el lugar de Villa Juane a Aldara Vazquez la qual ansi mysmo hera moza libre y soltera  (…) con la qual el dicho Lope Sanchez de Moscoso y Rio siendo anvos libres que buenamente se pudieran casar el uno con el otro tuvo amystad y copula carnal con la dicha Aldara Vazquez y que de la dicha amistad y ayuntamiento vio este testigo que ubieron y procrearon entre ellos por su hijo natural al dicho Alonso Lopez de Rio y Moscoso padre del dicho litigante”.  Alonso e seu irmán Álvaro serán trasladados á casa torre de Río trala morte de seu pai Lope Sánchez (entorno ao ano 1547) na que viviron e foron educados por Roi de Río.

Nin Alonso, que semella selo primoxénito, nin Álvaro podían ser considerados como ilexítimos pois súa nai, Aldara Vázquez, conseguirá casar con Lope Sánchez de Moscoso para dar lexitimidade aos seus fillos e poder, polo tanto, herdar: “y al dicho Alonso Lopez de Rio y Moscoso padre del letigante le avia mejorado por el testamento al quinto de todos sus vienes los quales este testigo avia visto  partir al dicho Alonso Lopez de Rio y Moscoso con Alvaro Vazquez de Moscoso, su hermano y los susodichos savia este testigo por lo aver visto  por vista dellos. Y ansi mysmo savia que Rui Perez clerigo cura de la yglesia de Santiago de Foz” fora o encargado de casar a don Lope con Aldara “por razon de que lo dichos sus hijos quedasen legitimos lo qual avia oydo lo dicho muchas vezes”.               

 Alonso Lopez de Rio y Moscoso casará con Inés Pardo de Aguiar. O matrimonio residirá certo tempo na casa de Vilaxoane trasladándose posteriormente a Ribadeo. A razón deste traslado dánola Diego de Viladeille: “Alonso  de Rio, padre del litigante fue paje del conde de Salinas çierto tiempo y despues le dio la escrivania de la villa de Rivadeo la qual servia de quinze años aquella parte”. Pese a traballar e vivir en Ribadeo non abandonou completamente a súa casa de Vilaxoane, así nolo refire o párroco de Santo Acisclo, Fernando Pillado,: “y despues se avia ydo del dicho lugar a la villa de Rivadeo donde ansimysmo tenia vienes y azienda y despues yba y venia al dicho lugar de Villajuane”.

De Lope Sánchez de Moscoso xa temos dito que vivía na súa casa de Vilaxoane e que era un fidalgo recoñecido. Tamén temos dito que procedía do solar de Río, así nolo confirma na súa declaración Diego Arias de Viladeille que define a don Lope “se tratava como cavallero y andava muy bien aconpanado con sus criados y otras personas y bivia de su azienda”. A mesma testemuña afirmaba que don Lope era primo segundo de Diego de Río, o vello, por liña de varón.

Anteriormente mencionamos que a morte de don Lope debeu de acontecer, segundo afirman as testemuñas, no ano 1547. Iso si, con posterioridade ao 6 de maio. Nesa data aparece asinando un documento co Cabido mindoniense.  Tratábase dunha concordia que  tiña como fin acabar cos preitos que mantiña don Lope coa mesa capitular en relación a uns terreos de Vilaxoane: “con sus casas, torre y heredades que el Cabildo había aforado a sus antepasados (...) convinieron en que el Cabildo renunciaría a cualquier derecho que pudiere tener en la casa, torre y heredades, amoldándose al foro antiguo y contentándose con los 300 maravedís anuales ”.[1] O documento orixinal dinos o nome do pai de Lope: “el lugar que agora llieba en Villa Juane con sus casas e torre e guerta e viñas y heredades segun quedo de Rodrigo Sanchez de Moscoso, su padre”.[2]

O Cabido afirma que don Lope non pagara os 300 marabedís que tiña que abonar por esta propiedade. El pola súa banda alegaba que non toda a facenda era do Cabido: “que tan solamente hera dellos e de su mesa capitular la casa del forno questa fuera de la cerca que quedo de la señora Belinda Lopez, su abuela e testa en la torre e nel Loureiro grande e en el camino por arriva”, este mesmo camiño aparece un pouco máis adiante como “el camino que sale de Villa Juane e ba para Marçan”.

    Expediente de Lourenzo López de Río e Moscoso. Foto de pares.mcu.es

O canon de 300 marabedís como pago desas propiedades permítenos saber quen era o antepasado deste Lope Sánchez de Moscoso. Segundo nos informa o texto anterior don Lope era fillo de Roi Sánchez de Moscoso e neto de Belinda López. Mais se nos fixamos no pago 300 marabedís podemos afirmar que a casa brasonada de Vilaxoane pasara a formar parte da familia dos López Moscoso e Río aló polo ano de 1445, en concreto o día 6 de novembro. Afirmamos isto porque hai documento redactado nesa data polo cal o Cabido mindoniense da en foro estas propiedades a Vasco López de Río e a súa dona Sancha Vázquez, que reciben: “a foro perpetuamente juro de herdade a vos Vasco Lopes de Moscoso, fillo de Lopo Sanches de Noys que presentes estades et a vosa muller Sancha Vasques de Lobeyra absente et a todas as vosas voses as casas con suas vinnas et herdades et muynno et jures et pertenenças que esta enno lugar de Vilajuane con todas suas entradas et saydas et dereytos et voses que estan enno lugar de Vilajuane (...) segundo as lebou Ruy Fernandez, mestreescola que fuy de santa iglesia et despoys Dominigo Branco clerigo et despoys don Pedro, bispo de Mondonnedo (...) por foro et censo a nos ou que for noso mayordomo en cada dia de San Martinno de novembro tresçentos morabentinos de moeda vella”[3].

A mencionada Sancha Vázquez de Lobeira[4] era filla de Pedro Mariño de Lobeira, deán da catedral de Mondoñedo. Podemos corroborar esta afirmación trala lectura dun documento oficial datado o 25 de xullo de 1447 no que lemos ler: “cabildo et o dito Vasco Lopes sobre o foro das casas et vinnas de Vilajuane que le avian aforado vivente o dean Pedro Marinno, seu sogro, por trescentos morabetinos vellos”. 

Cando Alonso López de Río e Moscoso marchou a Ribadeo a casa de Vilaxoane quedou habitada, lembremos que as testemuñas afirman que el acudía moitas veces a esta casa. Pero non sabemos que pasou trala morte deste home. O seu fillo, residente en Alcobendas, non puido facerse cargo da casa. Este feito fainos pensar en que, tal vez, algún primo ou parente, pertencente á liña Moscoso e Río se fixo cargo da casa pasando a vivir nela.



[1] Cal Pardo, H.: Mondoñedo en el siglo XVI. Nº 3516, páx. 758.
[2] ACM. Doc. Soltos A 9, E 1, L 1 nº 37.
[3] Cal Pardo, H.: Tumbos da Catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado. Nº 398, páx. 356.
[4] Sobre Pedro Mariño de Lobeira, deán da catedral de Mondoñedo consultar Cal Pardo, H.: Tumbos da catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado. Grazas á documentación consultada sabemos que o citado deán estaba vivo o 6 de novembro de 1445 atopándonos a primeira referencia á súa morte o 16 de maio de 1446”pertesçentes segundo que son et perteesçen ao dito cabiido a qual dita administraçon vacou por morte de Pedro Marinno dean”.

martes, 2 de febrero de 2016

APUNTES PARA O ENTROIDO DE FOZ ENTRE 1899 E 1934.


Como tódolos anos chama a nosa porta o desenfreo e a risa do Entroido. Supoño que os máis novos pensarán que o Entroido é algo moi recente inspirado máis na cultura brasileira que na propia tradición galega. Non lles falta razón cando se ve desfilar algunhas comparsas. Mais o Entroido, que é así como hai que chamarlle e non carnaval, forma parte da nosa historia dende hai moito tempo.

O Entroido nace como festa popular baseada en ritos e tradicións precristiáns. A igrexa católica, de igual maneira que fixo con outras tradicións, acabará incorporando e transformando o Entroido nunha festa cristiá. Mais tamén o Entroido se converte nun dos días en que se debía de pagalas débedas.

Filgueira Valverde, no seu libro Artesanía en Galicia, explicaba como os armeiros galegos, en concreto os fabricantes de espadas, gozaban de recoñecida fama tanto a nivel peninsular como estranxeiro. Esta fama era a que motivaba o grande número de encargos que recibían: “las entregas se fijaban para carnestolendas (concretamente para día de “antroydo”) o escalonadas a lo largo de las grandes fiestas del año litúrgico (Pascua de Flores, Sancti Spiritus, Santiago, Todos los Santos o Navidad)”.

Non estaba nada errado o señor Filgueira Valverde na súa afirmación. Se consultamos a obra de don Henrique Cal Pardo sobre a catedral e o bispado de Mondoñedo atopámonos varias referencias ao Entroido como data de pago. Así por exemplo hai un documento do 18 de xullo de 1314 no que se pode ler como o Cabido mindoniense afora por dous anos o dereito que a catedral tiña sobre a igrexa de Viveiro. Cando se estipulan as datas para pagar dise: “et pagardesnoslos por los terços do anno, a terça por San Martinno, a terça por entroydo e a terça por Sancti Spiritus”. No ano 1330, o 15 de maio, o cabido aforaba a Xoán Pérez unha casa que tiñan na rúa de Sindín, en Mondoñedo, estipulando entre outras cousas que: “vos avedesnos a dar cada anno en foro de la paga o comunete por entroydo quarenta soldos”. Tamén nun documento de foro do 27 de xaneiro de 1350 lemos que os prazos para pagar eran: “a metade por la festa dagosto primeyro que ven et a outra metade por entroydo siguinte et assy en cada anno”[1]

No século XVI continuábase con esta tradición de pagar polo Entroido. Así o vemos nun documento do 29 de outubro de 1571 no que Alonso Preste, veciño de Vilapedre: “se comprometió a pagar en antroido (comienzo del año) a Bartolomé Rico, vecino de Mondoñedo, 31 reales”. Ou noutro documento do 13 de setembro de 1585 no que se nos fala da débeda que dous cóengos manteñen co mosteiro de San Martiño dos Picos. A débeda era de 16 reais, dos que 10 debían de ser pagados o día de San Martiño  “y los 6 restantes por dia de antroido, que es dia de carnes tollendas”.[2] A derradeira mención que anota don Henrique sobre o pago en Entroido data do 21 de setembro de 1565. No documento redactado nesa data podemos ler como Alonso López, veciño de Celeiro de Mariñaos e zapateiro de profesión, recoñece adebedar a Pedro Fernández, tamén zapateiro e veciño de San Martiño, a cantidade de 8 ducados. Comprométese a pagalos da seguinte maneira: 3 o día de San Martiño, 2 o día de Entroido e 3 o día de Pascua de Florida.
Se consultamos o apeo de bens de San Martiño de Mondoñedo, redactado no ano 1540, podemos ver que entre os distintos impostos que os veciños tiñan que pagar figuraba o da yreta”, que consistía en que cada cabeza de familia desta parroquia tiña que levar un carro de leña cada ano ao mosteiro de San Martiño. En caso de non poder levar o carro de leña o cabeza de familia podía substituílo pagando “un cabrito por Pascoa o por Antroydo”, deste imposto están exentos de pagalo os fidalgos. Como non podía ser doutra maneira os que máis teñen son os que menos queren pagar, algo que aínda estamos a vivir hoxe en día.

¿Cómo se celebraba o Entroido no Foz de finais do XIX?

Podemos responder a esta pregunta despois de consultalas Ordenanzas do Concello de Foz do ano 1899. Nelas atopamos que do artigo 40 ata o 45, ambos incluídos,  estipulábase como debería de transcorrer o Entroido focego:

“40.-  En los días de Carnaval se permitirá andar por las calles con disfraz, careta ó máscara, pero se prohíbe usar trajes que imiten los de la Magistratura, los habitos religiosos, los de las ordenes militares y los uniformes que estén designados a ciertas y determinadas clases oficiales.
41.-  Se prohíbe asimismo à las mascaras hacer parodias que puedan ofender à la religión del Estado, à los demás cultos tolerados por las leyes y a la decencia y buenas costumbres, insultar a las personas con discursos satiricos, bromas de mal genero o expresiones que ataquen el honor y reputación de las misma y usar palabras o ejecutar acciones o gestos que puedan ofender la moral y el decoro.
42.-   Los enmascarados no podrán llevar armas algunas por las calles ni en los bailes, bajo ningún pretesto.
43.-   Solamente la Autoridad ó sus delegados podrán obligar à quitarse la careta á la persona que hubiere cometido alguna falta ó producido disgustos ó cuestiones con su comportamiento.
44.-    No se permite que en los días de Carnaval se pongan mazas à las personas que transiten por las calles, ni que se arroje à nadie agua, harina, ceniza u otros objetos, materias ò substancias que puedan ensuciar ò causar daños.


45.-  Los enmascarados que faltaren à cualquiera de las prescripciones contenidas en los artículos anteriores, ò a lo que se disponga en los bandos que se publiquen serán detenidos inmediatamente por los agentes de la Autoridad y puestos à disposición de ésta para los efectos à que hubiere lugar”.
Da anterior relación de ordenanzas chámanos poderosamente a atención dous datos que imos comentar.

O primeiro fai referencia á prohibición de tirar auga, fariña, cinza ou lixo a outras persoas pola rúa. A aparición da fariña no Entroido focego lévanos inmediatamente ao domingo fareleiro de Xinzo de Limia.

Penso que a tradición de tirarse cousas que manchan no Entroido estaba bastante estendida en Galicia. Ata de agora tan só puidemos consultalas Ordenanzas de Foz (1899), as de Ribadeo (1861) e as do Carballiño (1898). Nestas últimas podemos ver como se prohibe polo Entroido “el uso de aparatos e instrumentos que por su ruído molesten al vecindario, ni arrojar ni colocar substancias u objetos que manchen ó causen daño à los transeúntes”.

Nas de Ribadeo podemos ler no artigo 30 o seguinte: “Se prohibe ademas en dichos días espresamente arrojar aguas ó basuras, tirar huevos y poner mazas”.

Cando unha tradición está fondamente arraigada costa bastante facela desaparecer. Pensemos que as Ordenanzas de Ribadeo son do ano 1861 e que as de Foz son de 1899. Pasaron 38 anos e aínda se continúa a prohibir o mesmo, feito que nos deixa claro que a tradición de tirar fariña, auga, cinza, ovos e outras materias seguía viva. Non fomos quen de conservar esas tradicións, algo que si se conseguiu no Entroido ourensán.

A segunda cousa que nos chamou poderosamente a atención, e que non atopamos referencia algunha a ela nin nas ordenanzas de Ribadeo ou Carballiño, é a  prohibición que recae sobre o acto de: “insultar a las personas con discursos satiricos, bromas de mal genero o expresiones que ataquen el honor y reputación de las misma y usar palabras o ejecutar acciones o gestos que puedan ofender la moral y el decoro”.

Supoñemos que esta prohibición fai referencia ao que hoxe coñecemos como as coplas. Esas composicións satíricas nas que se critican aspectos políticos e sociais do noso concello. Actualmente no programa do Entroido deste  concello figuran dous espectáculos con coplas. As que se len o día do pregón e as que se recitan no Touporroutou. Este último acto xurde tralo esforzo da asociación cultural A Pomba do Arco no seu desexo de recuperar esa tradición das coplas focegas.

Se ben hoxe en día as coplas non teñen censura previa, polo menos as que se len no Touporroutou, non sempre foi así. O xornal asturiano Región aparece un artigo no seu número do 10 de febreiro de 1926 no que se pode ler: “para el conocimiento de los interesados, el alcalde (estase a referir ao de Xixón) recuerda que todas las coplas o escritos semejantes, tan prodigados por el carnaval, deben ser previamente autorizados por la alcaldía, atribución independiente de la previa censura para la prensa”.

Despois de todo o que temos lido, sobre todo as prohibicións, pensamos que os tres días do Entroido eran de festa continuada, con moita xente pola rúa e nos bailes divertíndose, aínda que non sempre acontece iso. Se lle facemos caso ao xornal El Progreso (10 de febreiro de 1910) o Entroido de Mondoñedo dese ano non foi nada animado. Afirman neste xornal que a noticia aparecía no periódico Mondoñedo, nel podíase ler: “el carnaval en aquella ciudad estuvo por completo desanimado. En las calles nada; y el baile del domingo en el Casino, con una temperatura glacial”.
       Fotografía sacada da revista Bolanda. Cadernos de historia fozega. Vol. 1, Páx. 119. 

En Foz, tal vez porque nos afecta máis a brisa do mar, o Entroido eran días de festa continuada. Debía de ser tal o número de persoas que acudían à  nosa vila por estas datas que se fai coincidir a inauguración do Casin-Salón coas datas do Entroido: “El pasado domingo y con ocasión del Carnaval, se inauguró en Foz un Casino Salón, en local construido al objeto, que resulta excelente. Mide veinte metros de largo por diez de ancho y tiene un magnífico corredor ó azotea capaza para trescientas personas”. ( Xornal El Progreso, 1912, 25 de febreiro).

Non menos animado foi o Entroido focego dos anos 1933 e 1934. Se no primeiro sae á rúa a comparsa Carnestolendas, no segundo sae a comparsa dirixida por Bustamente:  “con la denominación de Agrupacion de marnieros del puerto de Foz, constituyeron unos cuantos rapaces y lindas rapaciñas, bajo la animosa batuta de Bustamante, un simpático coro que ejecutando canciones de muy buen gusto fue acogido con simpatía en todas partes, cosechando muchos aplausos. La agrupación referida, que ha depositado su bandera en el Pósito de Pescadores, vino a demostrar las posibilidades artísticas de nuestra juventud si con tiempo y constancia se educan y cultivan, lo cual contibuiría al progreso moral de nuestro pueblo.

También amenizó nuestros carnavales la pintoresca comparsa Los Criollos, organizada por un grupo de muchachos de buen humor que, con instrumentos de cuerda y su correspondiente jazz-band, pusieron una nota agradable en nuestras Carnestolendas. Con más ensayos y mimbres serían capaces estos criollos de emular a los mejores rondallistas.

A unos y a otros agradecemos la visita que nos hicieron, así como a de la bien afinada rondalla de Cillero (Vivero) que, de paso para otros puntos, estuvieron en Foz ejecutando selectas composiciones”.  (Xornal El Progreso, 1934, 20 de febreiro).

Para unha maior información sobre a comparsa Carnestolendas recomendo a lectura do artigo de Ramón  Ermida e Mónica Pazos titulado Vida e obra de Manuel Lugilde Penelas, que se pode atopar na revista de estudos focegos Bolanda, no seu número 1, páxinas 103 a 142.





[1] Cal Pardo, H.: Tumbos del archivo de la catedral de Mondoñedo. Calendarios. Documentos 624, 778 e 930 respectivamente.
[2] Cal Pardo, H.: Mondoñedo – catedra, ciudad, obispado- en el siglo XVI. Documentos 1957A e 2667 respectivamente.