Buscar este blog

lunes, 20 de abril de 2015

CORSARIOS EN RIBADEO NO SÉCULO XVI.


Os pobos que vivimos a carón do mar sabemos que este non é algo que nos separe senón que nos une, de aí que os notarios ribadenses chegasen a afirmar nos seus escritos oficiais que aquela o aqueloutra terra de Ribadeo lindaba con Inglaterra “mar por medio”. O mar foi durante moitos anos o medio de comunicación para todos os pobos costeiros, polo mar chegaban as capturas, as mercancías e o trigo tan necesario naquelas épocas de fames, pero polo mar tamén chegou a morte, esta vez da man dos corsarios.

Se ben é certo que tanto os corsarios como os piratas fan o mesmo, saquear barcos, roubar e matar, a diferenza entre ambos radica en que uns rouban e matan para eles mesmos (piratas) e outros para beneficio propio e do pais que defenden. Un corsario basicamente é un pirata ao que o estado lle permite atacar barcos pertencentes a nacións contra as que se está en guerra. O nome de corsario provén do documento outorgado polo rei e que os autorizaba a asaltar barcos inimigos, esta era a famosa Patente de Corso.

Se consultamos o libro de actas das Xuntas do Reino de Galicia (1599 a 1629) veremos que sobre o tema dos corsarios dinnos que: “Desde el año 1537 los ataques de los corsarios franceses a las costas gallegas motivaron el envío por el Consejo de Guerra de un flotilla de defensa, formada por naves vizcaínas contratadas y pagadas con cargo a la Corona”.
Pero en Ribadeo xa se falaba de corsarios un ano antes de que a súa presenza aparecese consignada nas Xuntas do Reino. Así nas actas municipais de Ribadeo, do ano 1536, podemos ler como ante os membros do consistorio presentábase o mordomo do conde de Ribadeo, don García Sánchez de la Vega, para darlles conta dunha cédula do rei Carlos I segundo a cal “todos los lugares de las fronteras e puertos de mar estuvieren apercibidos para defensa é requirió á los vecinos e moradores de esta villa para asistir á la defensa é guarda de ella, que haciéndolo así harán lo que deben”(M. Sanjulián, p. 24 e 25).
Polo tanto en Ribadeo xa se temía ante a posibilidade de ataques dalgún corsario francés antes de que a Xunta do Reino tomase conciencia da existencia deste problema.


En 1538 o escribán ribadense Ares Pardo Donlebún solicitaba permiso ao concello para armar un barco en corso e atacar aos mencionados corsarios franceses.(Emilio González López: Siempre de Negro:Galicia en la Contrarreforma, ps. 176-177).
Deste mesmo escribán tamén nos fala Menéndez Sanjulián do que di “y dijo que tenia concertado salir á un navio de guerra francés que andaba cerca de este puerto robando por la mar y por eso pedia al señor alcalde y vecinos le favoreciesen con armas y artillería para librarse de dichos enemigos. Y acordó el concejo que se le diesen los dos pasamuros de Porcillán y la lombarda pequeña de la Torre y un barril de pólvora. Y dijo Ares Pardo que toda la artillería que tomase de la nao francesa que ha de ir á buscar , que daba en fe que la había de dar á la villa, reservando el mejor tiro que había de ser para el conde, su señor. Nada se dice del éxito de la empresa del belicoso escribano, que vendía la piel del oso antes de matarlo.” (M.SanJulián p. 25.)

Nas actas municipais do ano 1569 tócase outra vez o tema da presenza de corsarios, ante esta situación a vila de Ribadeo decide armarse:”se proveyeron de pólvora;mandaron tapiar la puerta de Guimarán y hacer en el baluarte de Porcillán una tronera gruesa para la lombarda grande y hacer trincheras y cestones desde Guimarán á Procillán y una casa en la Atalaya para resguardar la artillería.” ”(M. Sanjulián, p. 40).
 Outra medida que toman é pechalas portas da vila así como colocar vixías e patrullas armadas para custodialas portas pola noite.

No ano 1574, o 7 de febreiro, lese no concello una Cédula Real pola cal se mandaba a esta vila que se armase en contra dos corsarios que andaban por estes mares.

En 1578 apresan  e traen á  vila de Ribadeo un barco holandés, do que era o seu capitán un tal Cornelius, tamén caen presos os membros da tripulación, un total de 12 homes.(Contreras, Xaime. Santo Oficio de la Inquisición en Galicia.1560-1700. P. 611).

No ano 1595 a tripulación da zabra Santa María del Espíritu Santo enfrontouse cuns corsarios ingleses á altura da bahía de Ribadeo. Tras perder os canóns comezan un combate corpo a corpo. O investigador Carlos Rovira ao tocar este combate aporta a documentación do testemuño realizado por un dos membros da tripulación que sería ferido no citado combate, así como a declaración do armador da embarcación, Pedro Saenz  de Eguiluz, ao que lle dan unha “cuchillada con un alfanxelos dichos enemigos yngleses”, tamén resulta ferido   un mariñeiro “de un mosquetazo que le dieron en la rodilla de su pierna izquierda”. Resultan feridos no combate os mariñeiros Juanes de Çamora e Lope de Yrigoyen. Toda esta pelexa foi para defender unha carga de brea, ferro e outras mercancías “que esperaban cambiar en el reino de Andalucía por higos, vino y otros bastimentos” (Rivola, C.: A alfanje y pistola. Ficción, figuración y realidad en el corso y en la piratería en la costa vasca. Siglos XVI – XIX)

Estas son unhas breves notas sobre a presenza de corsarios en Ribadeo no século XVI, en posteriores artigos veremos como o número de barcos corsarios aumenta atopándonolos por toda a Mariña, incluso en Foz. Do noso pobo temos dúas referencias a corsarios, unha de mediados do XVII e outra de fins do XVIII.

Moitas veces as cousas dependen do lado o cristal no que te atopas e se nos coidábamos que os corsarios ingleses e franceses eran seres horribles non moito mellor se opinaba de nos no estranxeiro. Lembremos as demandas presentadas no ano 1325 polo rei inglés, Eduardo III, ante o monarca castelán. Nelas facíase mención ás continuas desfeitas que os portos ingleses padecían dos mariñeiros do norte peninsular, o citado rei non dubida en calificar “ como piratas á los de las rías de Ribadeo, Vivero, Coruña, Noya, Pontevedra y Bayona del Miñor”. ( Santiago y Gómez, Xosé.: Historia de Vigo y su comarca, p. 169)




domingo, 5 de abril de 2015

O MURO DA RAPADOIRA E O PORTO DE FOZ. 1929 A 1936.


O porto de Foz presenta varios inconvintes, un deles é ser un porto de marea. Certo que este era un mínimo problema cando os barcos eran pequenos e de pouco calado, cando isto varía, o problema comeza a facerse preocupante. O segundo problema é a cantidade de area que se deposita na entrada da boca do porto e o terceiro, do que imos falar neste artigo, é a dificultade que as rochas da Rapadoria significaban para acceder ao porto.
Se lemos un artigo que aparecía no periódico El Regional vemos como o articulista criticaba as excesivas promesas electorais realizadas polo señor Eduardo Cea, candidato conservador, entre as múltiples obras que ía realizar si saía elixido figuraba: “un puerto en Nois, una escuadrilla de lanchas pescadoras á los marineros de Foz, la desaparición de la punta de la Rapadoira para facilitar la entrada en este dicho puerto”. (El Regional, 1891, 25 de xaneiro).
Tamén o cronista oficial de Mondoñedo, o historiador Lence Santar, publicaba no ano 1903  un artigo no que solicitaba “para que Foz se convirtiese en un excelente puerto se necesitaba desapareciesen los peñascales de la Rapadoira, que situados á su entrada, difitultan el paso al mismo; operación que exigiría poco coste y trabajo”.( El Norte de Galicia, 1903, 16 de outubro).
En 1929 créase en Foz unha Liga Popular que ten como fin conseguir unha nova traída de augas e a creación dun plan de adecuación do porto de Foz. Neste citado plan contan co apoio do enxeñeiro xefe de Portos de Lugo, don César Conti, quen opinaba que para rehabilitar e defender o porto de Foz era necesario a creación “de varias rampas y luces para el muelle y la zona de la ribera, donde atracan los barcos de pesca, así como igualmente una luz de enfilación en la peña de la Rapadoira, a la entrada de la dársena”. Pero o señor Conti vai un pouco máis alá e pretende traer ata o porto de Foz “un ramal de ferrocarril, un kilómetro aproximadamente, de la estación de Villajuan al puerto, para el tráfico marítimo, que tanto volumen en Foz alcanza”.
As obras  propostas polo citado enxeñeiro lévanse a cabo no ano 1931, momento en que se rebaixa a rocha da Rapadoira para situar enriba dela unha torre baliza. Posteriormente, entre finais do 1935 e 1936, levarase a cabo o malecón que une a citada torre, ou como a coñecemos nós, A Farola, con terra.
No informe, que se pode ler na prensa, presentado polo señor Conti afírmase que a ría de Foz non ten cauce definido na súa desembocadura e coa grande cantidade de area que se acumula impide a existencia de calado suficiente para os barcos. Pero no citado artigo tamén se menciona  que Foz é un porto onde cada ano aumenta o número de capturas e así di que en 1930 alcanzouse unha cantidade de 21000 toneladas. Segundo os datos do Pósito de Pescadores o valor do peixe vendido no ano 1930 alcanzou o medio millón de pesetas, “debiendo de advertir que no hay obra alguna en Foz, ni siquiera una rampa, para el servicio de estas embarcaciones”. O plan presentado polo señor Conti  “consiste en canalizar la ría a base de diques de escollera, sistema ya sancionado por la práctica, pues ha sido empleado satisfactoriamente en otros puntos, entre ellos Villaviciosa, Avilés y Navia. Son tres las escolleras que se proponen así como también la construcción de un malecón para el abrigo de las embarcaciones pesqueras. Una vez que esta primera parte del plan esté realizada, se calcula su presupuesto en un millón de pesetas, se podrá acometer las construcción de nuevos muelles que han de resultar muy abrigados, pues con los diques de escollera, a la vez que se canaliza la ría, se forma una dársena, cuya situación y condiciciones es muy parecdia a la de San Esteban de Pravia (...) se podrán habilitar nuevos muelles desde la Peña Rapadoira hasta los actuales, pues basta clavar una fila de pilotes de hormigón armado. Las zonas de servicio se obtendrán rellenando los espacios comprendidos entre los diques y tierra firme”. ( El Progreso, 1931, 12 de xuño).


No mes de novembro deste crucial ano de 1931 podemos ler na prensa que “pronto darán comienzo los trabajos de construcción de la torre – baliza que tantos beneficios ha de soportar a la gente del mar. Dicha torre será emplazada en la peña de la Rapadoira. El crédito correspondiente ha sido obtenido gracias a las gestiones del diputado a Cortes y subdirector de Obras Públicas Manuel Becerra, a quien el Pósito de Pescadores cursó mensaje de gracias”. ( El Progreso, 1931, 18 de novembro). Estas obras estarán rematadas a finais do ano 1932. O periódico Las Riberas del Eo informa da construción da torre baliza situada nas seguintes coordenadas: latitude 43º 34’ 17 N e lonxitude 7º 14’ 92 W, establecida “sobre el bajo de La Rapadoira, en la entrada de la Ría de Foz (…) Sus características son las siguientes: luz verde de relámpagos, período 3 segundos, luz 0.3 segundos, oculta 2.7 sgundos, alcance 6 millas. (…) Torre blanca de fábrica de forma tronco cónica de 12.15 metros de altura”. ( Las Riberas del Eo, 1932, 24 de decembro).
A mediados de maio sábese, grazas a telegramas enviados dende Madrid polos señores Pérez Balsa e Veiga, en Foz que o consello de ministros aprobara levar a cabo as obras no peirao de Foz. Posteriormente, e xa de maneira oficial, o enxeñeiro Conti informaba ao alcalde, señor Eijo, e a Salgado Toimil das obras que se ían levara a cabo, “la alegría fue grande y por la noche, se dispararon multitud de bombas desde Fondos, donde vive el batallador maestro”. ( El Progreso, 1935, 19 de maio). Estas obras que se van realizar débense a labor de Salgado Toimil quen solicitara ante o ministro de Fomento, señor Becerra, certas obras para o porto de Foz. A este ministro, que segundo menciona a prensa estaba moi implicado con Foz, débenselle as obras de alquitranado de estrada da costa “la grúa del puerto, así como el apoyo de las diligencias hechas para que al Pósito de Pescadores le fuera concedido su surtidor de gasolina, que es la principal base económica de nuestra entidad pesquera”.
Na primeira metade do mes seguinte podemos ler na prensa que “han comenzado las obras del llamado murallón de la Rapadoira, que con el espigón, cuya subasta se realizó el día 28 del pasado en Madrid forma parte del proyecto general de canalización de la ría”. ( El Progreso, 1935, 10 de xuño).
Este muro da Rapadoira estaba situado “a la entrada de la dársena, va desde tierra por la llamada Pena de la Rapadoira hasta la torre-baliza, ha de tener 115 metros de longitud en la primera sección hasta el boquete por donde han de entrar las embarcaciones y 130 en la segunda sección hasta la mencionada torre-baliza, siendo su ancho de seis metros en la base y dos y medio en la parte superior”. Segundo di o artigo terá unha altura de dous metros por encima da altura que o mar poida alcanzar en preamar.
O contratista da mencionada obra será Xoán Meijide. O enxeñeiro, señor Conti, ilusionado coa obra afirma que o muro será “punto de refugio para las embarcaciones pesqueras, de que tan necesitadas estaban dentro del mismo puerto, según tantas veces clamó la gente pescadora, tan castigada los días de temporal.” Outra obra que segundo o enxeñeiro se debería facer “ha de ser el muelle de atraque, dentro de la misma ribera de los pescadores, cuyo proyecto prometió el señor Conti a Salgado Toimil enviar a Madrid cuanto antes y que será construído al terminar las obras de la escollera”. Tamén informa o señor Conti que en breve virá aprobado de Madrid “el hormigonado de la carretera de la rampa de bajada al muelle, obra en la que ha puesto él todo el interés. Este hormigonado va de cuneta a cuneta y se realizará por la administración”.
En outubro de 1935 as obras do muro da Rapadoira xa se estaba executando pero non así as do peirao, no Progreso podemos ler un artigo que informa sobre que “uno de estos días darán comienzo las obras del espigón para las embarcaciones  pesqueras, que con el muro de la Rapadoira son iniciación de la canalización de la ría. El espigón, o punto de refugio para embarcaciones menores, consta de dos partes: escollera y muro de atraque. La escollera que arrancará a 35 metros del escarpe donde terminará 250 metros de largo con un boquete para el paso de las embarcaciones de 35 metros, siendo su espesor de de 2 metros en la parte superior y de altura cincuenta centímetros sobre la pleamar o sea la altura del actual muelle de cabotaje. Va en talud y construída de piedra dura e inalterable a la acción de los agentes atmosféricos y del agua del mar siendo los canto sque en ella se emplean de tres tipos: de peso superior a 500 kilogramos, entre 500 y 50 y entre 50 y 3 kilogramos. Los 35 metros que quedan entre la escollera y la línea de tierra serán utilizados para emplazar el muro de atraque con rampa”. ( El Progreso, 1935, 12 de outubro).


¿Eran tan necesarias as obras do porto de Foz?. Si, si que o eran, xa que cada vez que había temporais as lanchas eran obrigadas a amarrar e deixar de faenar por varios días ou meses. Vexamos como nos conta isto nun artigo do periódico El Sol “se ha agravado la crisis de trabajo en el puerto de Foz, debido a la paralización en las faenas de pesca. Las lanchas llevan amarradas dos meses, pues la crudeza del tiempo no permite hacerse a la mar.
La miseria se ha adueñado de muchos hogares, y se pide con urgencia el envío de socorros. Más de cien trabajadores se han manifestado públicamente y enviaron al ministro de Trabajo un telegrama pidiéndole intervenga cerca del Gobernador Civil, del Ayuntamiento y del contratista de obras para que formen turnos y comience la inmediata construcción del espigón, cuyas obras ya han sido subastadas.El telegrama termina diciendo: “Cuando el temporal arrasa los sembrados, la caridad oficial acude en auxilio de los necesitados; en cambio, cuando la crudeza del invierno obliga a amarrar durante meses enteros las lanchas de los pescadores, nadie piensa en remediar la triste situación de los pescadores. Urge remedios”.(El Sol, 1936, 16 de xaneiro).
Anteriormente mencionamos ao ministro Becerra, do que dixemos que era unha persoa moi vinculada co noso pobo e non nos equivocamos. Para as eleccións de febreiro do 36 un dos candidatos que se presenta era o mencionado Manuel Becerra Fernández, que en vez de prometer obras dedicouse a mencionar tódalas que levaba feitas, entre outras moitas, das que nos falaremos para non estendernos,  menciona a ampliación e mellora do porto de Mirasol en Ribadeo, o peirao de San Cibrán, “dique de defensa de la margen izquierda de la ría de Foz, espigón de abrigo para embarcaciones menores en Foz, rampa varadero y camino de acceso a la misma en el puerto de Cillero; almacenes en los puertos de Vivero y Foz; instalación de alumbrado en Vivero, Foz y Cillero; torre – baliza en la Peña de la Rapadoira del puerto de Foz; hormigonado de la carretera de acceso al puerto de Foz”. ( El Progreso, 1936, 11 de febreiro).
En marzo de 1936 as obras do muro da Rapadoira xa remataran, “el murallón admirablemente construído, de una solidez a toda prueba, honra a los contratistas señores Meijide y Cachafeiro, dando a la entrada de la ría un aspecto elegante y cumple a maravilla el fin par a que fué solicitado, la defensa de la Ribera y barriada de pescadores de las acometidas de la mar embravecida. En su arranque en tierra lleva unas escaleras de cemento para el servicio de la playa, de cuya necesidad tanto se quejaban los veraneantes y hacia el exterior y lado de la torre – baliza que lo remata vistosamente un sesgo, van otras que los pescadores pidieron como recurso de salvamento en caso de naufragio.
De 2,75 metros de ancho en su parte superior, viene a ser como un pasillo mirador, hacia uno y otro lado de la playa. Lleva de talud medio metro y cinco de altura media, siendo el ancho de la base, 5.50 metros y el largo de toda la obra 155 con un hueco en el medio de 25”. ( El Progreso, 1936, 18 de marzo).




sábado, 4 de abril de 2015

A PRAIA DE FOZ IMÁN TURÍSTICO 1850 A 1930.

 A praia da Rapadoira foi e é o imán para o turismo do noso concello. Algo que seguramente os nosos lectores pensen que é un fenómeno reciente, pero non é así.
Nas Ordenanzas do Concello de Foz, do ano 1899, faise referencia aos baños que se tomaban en Foz, intentando regular esta actividade. Mais non é esta a primeira que se fala sobre o turismo de praia en Foz. Este tipo de turismo ten un especial auxe na segunda metade do século XIX. Nesta  época o noso concello convírtese nun punto de destino para turistas da zona máis próxima (Mondoñedo, Lourenzá, Abadín ou Vilalba) pero tamén para os residentes en Lugo. Esta masiva asistencia aos baños provoca unha demanda de habitacións, que se solventa coa oferta que fan as fondas existentes e co aluguer de casas particulares:  “Los baños de mar en el puerto de Foz están muy concurridos de algunos años acá, tanto por las hermosas y cómodas playas de aquella costa y abrigos que ofrecen las riberas del Masma en su desembocadura, como por la equidad en los alimentos y posadas. Si tal vez por recelo de no encontrar casa en aquel pequeño pueblo dejase alguno de aprovechar estos beneficios, se ofrece al que quiera tomar en arriendo en la próxima temporada ó mas, dos casas sin habitantes, la una en el Campo de la Cabaña á orillas de la ria, con cocina, cuadra, sala, ante – sala y un cuarto bastante capaz; y la otra á un cuarto de legua, en el lugar de Mourente con comodidad para una familia numerosa, y huerta amurallada con árboles frutales. Una y otra tienen muebles y camas; los que quieran tomarlas ó cualquiera de ellas puede dirigirse á don José Rodríguez Moscoso, de Rivadeo”. (La Aurora del Miño, 1857, 18 de xuño).
Outra opción para tomar estes baños en Foz é realizar unha viaxe de ida e volta o mesmo día, empregando para isto o servizo de autobuses que existía con este fin. Así vemos un anuncio en 1918 que di: que “el día 19 del actual dará principio entre esta (estase a referir a Lugo) y la playa de Foz, un servicio alterno de autos para la conducción de bañistas”. O día 31 do mesmo mes e ano dise “siguen bajando de los pueblos que comprende este partido judicial (estase a referir a Mondoñedo) y el de Villalba, muchas personas que se dirigen a la playa de Foz, a tomar los baños. De esta ciudad salen abarrotados los vehículos”. (El Progreso, 1918, 17 e 31 de agosto).
En 1919 vemos como se incrementará o número de visitantes “desde el 15 del actual habrá servicio automovilista de Mondoñedo à la playa de Foz, a donde todos los años concurre una verdadera avalancha de bañistas”. (El Progreso, 1919, 12 de agosto)
Se miramos no ano 1930 podemos ver que son “muchas las personas de esta comarca que, para hacer uso de los purificadores baños de mar, se trasladan a la espaciosa y encantadora playa de Foz. Para cuyo fin ha inaugurado un servicio bi semanal de automóviles el vecino de Castro de Riberas don Manuel Lamela Muinelo, pasando por esta localidad (estase a referir a Xustás) a las seis de la mañana”. (El Progreso, 1930, 31 de agosto). En 1935, e ante a masiva demanda deste servicio, o industrial mindoniense Freire Amieiro, inauguraba “a partir del día 12 del mes de agosto establecerá un servicio especial de baños para la playa de Foz”, este servizo ten saída ás 10 da mañá e o seu regreso pola tarde. (Vallibria, 1935, 21 de xullo).

Como temos comprobado Foz acolle a un grande número de visitantes no verán, que veñen a descansar e a bañarse. Entre este incontable número de veraneantes destacamos algún que outro visitante famoso. O primeiro caso que puidemos atopar na prensa data do ano 1893 en que vemos como sae de Lugo “con su familia para la playa de Foz, en donde pasará la temporada veraniega, el ilustrado catedrático del Instituto de 2ª enseñanza don Armando Miranda Palacio”. Probablemente pouca xente saiba que este catedrático era primo de Armando Palacio Valdés, tal e como recolle Gonzalo Gómez Ferrer, no seu traballo titulado Palacio Valdés en los noventa, la quiebra del positivismo (1987), no que  recolle e transcribe unha carta que Palacio Valdés envía ao seu primo, Armando Miranda Palacio. ( El Lucense, 24 de setembro)
Outra familia famosa que chega a nosa praia, aínda que tan so de visita,  é a dos señores O’Shea, que vemos como chegan a Foz o 25 de agosto en “viaje escursión a la playa de Foz, el joven secretario de este concejo don Alfredo Anllo, don Germán Anllo Verdes y parte de la servidumbre de los señores de O’Shea y Verdes Montenegro que actualmente se encuentran veraneando en su magnífica y señorial casa – palacio de Sistallo”. (O pazo de Sistallo atópase no concello de Cospeito, trátase dun edifico de estilo barroco do XVII mandado construír polo ministro de Finanzas don Fernando Verdes Montenegro). (El Progreso, 1921, 25 de agosto). En 1926  vemos como “salió para la playa de Foz, donde se propone pasar el verano, el comandante auditor del Cuerpo Jurídico de la Armada, don Jesús Cora Lira, con su señora y su sobrina Mina”. (El Correo de Galicia, 1926, 15 de agosto).
Un visitante inesperado chega a esta praia no ano 1933 cando unha avioneta militar que ía con dirección a León, tripulada polo capitán Pérez Pardo, “aterrizó anteayer en la playa de Foz, debido a la falta de gasolina”. (El pueblo gallego, 1933, 14 de xullo).
A maior parte dos visitantes  que chegaban aos nosos areais eran  de Mondoñedo, así nolo conta no ano 1918 Antonio de Cora nun artigo titulado “Los encantiños de Mondoñedo”, no que di: “una piña de encantiños mindonienses veranea en la playa de Foz. Esta playa se ha convertido en una continuación del paso de los Remedios. Solo que la playa está más animada aunque menos concurrida".  (El Progreso, 1918, 25 de agosto).
Mais para que a praia de Foz  seguise actuando como imán turístico era necesario dotala de infraestruturas. Así vemos como no ano 1917, e co único fin de atraer a máis turistas e conservar os que había, o concello ofertaba actuacións musicais “en el pabellón veraniego instalado en la playa de Foz viene actuando con gran éxito el afamado duetto “Los Olimpia””. (El Progreso, 1917, 24 de agosto). Outra das infraestruturas que se levan a cabo neste ano é a construción dunha rampa que permita o aceso á praia dende a estrada “muy pronto deben empezar las obras de la rampa que ha de unir la playa de Foz con la carretera”. (El Progreso, 1917, 14 de xullo). Os comerciantes locais solicitaron que estas obras se realizasen no verán porque as mareas non son tan altas, porque hai máis horas de luz e porque as terras que deben de ser expropiadas aínda teñen os cultivos sen recoller.
Outra infraestrutura necesaria era un camiño que unise o porto de Foz coa praia, algo que empezará a coller corpo a fins do ano 1935, “se trata de una obra de gran neccesidad ya que por el barrio de los pescadores va desde el comienzo de la zona del muelle a la principal playa de Foz”. (El Pueblo Gallego, 1935, 9 de setembro). Había máis de dez anos que a Sociedade de Socorros Mutuos solicitara ante a Deputación Provincial a construción deste camiño. Segundo alegara  a Deputación Provincial a Sociedade non puxera os cartos que lle correspondía poñer. Cando a Sociedade aporta o pago correspondente e despois de que os donos das fincas por onde ía pasar ese camiño deran a súa autorización para levar a cabo as expropiacións todo parece indicar que se poden levar a cabo as obras do citado camiño. Estas serían encargadas ao señor Meijide, que era o que estaba realizando a obra do muro que unía a estrada coa farola de Foz.

As fotografías que ilustran este artigo pertencen á colección de Xesús Basanta Martínez. A primeira delas aparece publicada no libro Foz, a xanela dos nosos devanceiros e a segunda forma parte da exposición permanente de fotos antigas de Foz



jueves, 26 de marzo de 2015

A PONTE DA ESPIÑEIRA E O ANO 1858.

Non está no meu ánimo enfrontarme con ninguén máis si teño o firme propósito de corrixir os erros históricos que poida ver e saiba corrixir.

Un deles vémolo na ponte da Espiñeira, que une os concellos de Foz e Barreiros, xusto antes de entrar nela podemos ler un enorme cartel que di: “Un ano máis tarde, concretamente o 24 de xaneiro de 1841, e debido á puxanza de Vilaronte no contexto mariñán, o Deputado Sr. Peña propón ante o Xefe Político (actualmente denominado Gobernador Civil) D. José Becerra, por primeira vez, a construcción da ponte sobre o río Masma en terreos de Vilaronte para sustituir a “Barcaza” ata entón utilizada para transportar carruaxes, persoas e equipos animais.

TRANSCRIBIMOS A CARTA:
“Llamo la atención sobre los notables atajos, tal vez de legua y media, que la naturaleza esta a todo el mundo indicando en el camino de Ribadeo a Vivero, practicando mejoras muy posibles, que son estas: construir una segunda y cómoda barca para atravesar la ría de Foz en tiempo que lo permita; en frente de este pueblo un malecón o camino de arrecife para hacer siempre transitable el arenal de dicha ría; un puente, aunque sólo sea de madera, por que tal cabe en los límites de nuestra posibilidad, en lugar de la barca de la La Espiñeira, que tanto retarda los viajes, tal como hoy existe y se sirve; finalmente otro puente de la misma clase por lo menos para cerca de la embocadura del río Fazouro – río Ouro -, a una mil y quinientas varas más abajo del actual puente, que sobre ser mezquino y débil, está precisamente situado en el volteador del camino que por tanto forma allí un ángulo sumamente agudo, con notorio perjuicio del transeúnte”.
O 27 de xullo de 1841, a proposta foi aceptada, e así comenzou o que naquel momento se consideraba como unha obra faraónica: a ponte da Espiñeira. Curiosamente no proxecto inicial contemplábase a necesidade de “peaxe” para contribuir á inversión de 30.000 reais que a obra representaba”.

Mais non aconteceu así, 1841 non foi o ano da construción desta “faraónica ponte” pois se miramos nas actas municipais atoparemos unha datada o 21 de febreiro de 1844, nela podemos ver como a Corporación Municipal realiza a lectura dunha Real Orde que fai referencia ao asunto de portazgos, pontazgos e bagaxes. A Corporación resposta a esa Real Orde dicindo que no distrito “no se halla ninguno de estos obgetos mas que la barca de Espiñeira, manifestandole que por la pasaje se exije a cada persona cuatro maravedis y ocho por caballería y por ganado bacuno”. Transcorrido un mes, ou sexa o 22 de marzo, podemos ver como a Corporación municipal destina a cantidade de 24 reais para pagar a don Xaquín Samaniego, “por dos viajes que hizo a San Miguel sobre el informe del puente de la Espiñeira”, feito que nos indica que en 1844 aínda estaban con informes relativos á mencionada ponte.
En 1846, nunha acta do 21 de novembro podemos ler: “bien informado el Ayuntamiento que los encargados del bareaje del río Espiñeira, Juan Bao y José Montenegro, olvidándose del cumplimiento de su deber detienen mucho más de lo necesario a los transeúntes, particularmente a los que intentan pasar del distrito de Barreiros para éste, que fastidiados de esperar y vocear por los barqueros prefieren retirarse y hacer el largo rodeo que es indispensable para atravesar sobre el puente de Cillero”. O concello quere poñer fin a esta lamentable situación e ordena aos barqueiros observar unha maior puntualidade no desenrolo do seu servizo, en caso de repetirse eses retrasos serían multados con dous ducados. Tamén ordenan ao dono do bareaxe, Xosé Alonso Ramos, que nos sucesivos contratos de arrendamento do servizo estipule a necesidade de manter unha exactitude na recollida de transeúntes.


A barca da Espiñeira aparece nomeada no Diccionario Geográfico Estadístico de España y Portugal, escrito no ano 1828 por Sebastián Miñano y Bedoya, no que podemos ler que cando está a falar da parroquia de Vilaronte di: “y por el Norte con el priorato de San Martin, donde en el siglo IX estuvo la silla episcopal. Situada en el camino carretero que conduce de Rivadeo a Burela, desde cuyo pueblo hay cinco horas de camino militar (…) a su inmediacion esta la barca de la Espiñeira, capaz de transportar 16 personas pero no carruages”.

Na acta do 21 de febreiro de 1854 a Corporación municipal, tendo en conta as obras que se están a realizar na estrada Ribadeo a Viveiro, solicitan ao gobernador provincial “que mande una persona cualificada para que delimite y trace este camino en el distrito de Foz”. Estas obras, nas que se inclúe a realización da ponte da Espiñeira, eran, segundo a Corporación, moi necesarias tanto para solventar os problemas dos viaxeiros como para dar traballo “ademas que en ellas puedan ganar su sustento diferentes braceros de la municipalidad haciendo frente en gran parte a los rigores de la miseria”.

Este ano de 1854 é crucial para comprobar a necesidade que había dunha ponte na Espiñeira. Na acta do 26 de setembro Falando de Foz dise: “es una villa puerto de mar por el que tiene que atrabesar el camino de primer orden que de la provincia de Asturias viene costeando la de Cantabria hasta el Ferrol”. Polo tanto aínda non chegara ese camiño a Foz en 1854, pero era moi necesario tanto para transeúntes como para os intereses do noso concello. Nunha acta do 14 de marzo dásenos un exemplo da necesidade desta vía, que revitalizaría a feira de gandos da Espiñeria  “la mas concurrida de este pais en la paroquia de San Juan de Villaronte hacia la parte del poniente desde la casa  en que habita Manuel Pére hasta en la que lo hace Ysidro López forma un recodo que prohibe a su entrada el franco tránsito a los muchos ganados que alli se reunen y comodidad para colocarlos”.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no seu número 34, do 21 de marzo de 1854, pódese ler como se sinala o día 19 de abril para levar a cabo a subasta das obras da ponte da Espiñeira: “Autorizada competentemente la construcción de un puente sobre el rio Masma en el punto denominado Barca de la Espiñeira, señaló el día 19 de abril próximo y hora de las doce de la mañana para la adjudicación de estas obras en pública subasta”. O presuposto que o goberno civil estipula para levar a cabo esta obra é de 117.784 reais. A convocatoria non tivo o éxito esperado e así vemos que o día 11 de maio aparece no Boletín outra convocatoria para esta subasta.

A Deputación Provincial de Lugo tivo sempre o desexo de levar a cabo esta obra. No libro titulado La Diputación Provincial en la época Isabelina, obra de Antón Prado Gómez, podemos ver como no ano 1843, nas actas do 31 de xaneiro e 6 de decembro, abordan o tema da necesidade de construír unha ponte no lugar da Espiñeira. Nas actas do 9 de marzo, 20 de abril e 11 e 15 de xuño do ano 1844 acordan “la concesión de un pontazgo temporal paa el contratista, o sino para la Diputación” (p. 95 e 96). Na sesión do 23 de oputubro de 1854 informan que “los partidos de Ribadeo y Monforte no habían recibido cantidad alguna, situación que es denunciada por sus respectivos diputados quienes reclaman los dineros necesarios para afrontar las obras: camino de Bóveda hacia el Sil y de Ribadeo a la Barca da Espiñeira”. (p.116).

Na acta do 9 de agosto de 1855 a Deputación Provincial abordaba o tema da construción dun camiño de primeiro orde dende “Río a la Barca de A Espiñeria”, que se mencione barca e non ponte indícanos que aínda non estaba construída.

No periódico La Aurora del Miño podemos ler que no exemplar do 6 de xuño de 1857 falan da necesidade de rematar algunhas estradas, dentro das estradas locais mencionadas figura unha que vai “del puerto de Foz por el puente de la Espiñeira y Cillero a empalmar por Villanueva de Lorenzana a con la de Porto a Villalba”.

O Conde de Pallares publicaba un artigo o 20 de xuño de 1860 no periódico Correo de Lugo sobre as obras nas estradas e menciona que no tramo da estrada Ribadeo á Viveiro están construídos 9.8 quilómetros, “se concluyó el estudio de 9.8 kilómetros y se están ejecutando la sobras que comprenden; se descimbró y está a terminarse el puente sobre la ria de Foz en el sitio llamado Espiñeira”.



CANDO O CAMPO DA CABANA CHEGABA ATA A IGREXA. UN FORO DE 1815.

Este é un artigo dos que me gusta xa que teño moi pouco que escribir, pois o realmente interesante é o documento en sí.
O documento do que estou a falar é un foro realizado pola fábrica da igrexa de Foz a favor de Francisca Maseda, viúva de Bernabeu Canoura, e nai de Ramón Canoura. O citado documento está datado no ano 1815.
O interese do citado documento radica en que sitúa a citada casa aforada no lugar coñecido como Campo da Cabana, hoxe estaríamos falando do lugar do porto ou ben da Ribeira, xa que actualmente pensamos que a extensión do Campo da Cabana é moito máis reducida. Realmente o territorio ao que se denomina como Campo da Cabana ía dende o peirao, dende o edificio da Sociedade de Socorros Mútuos ata a praia da Rapadoira. No foro veremos como a casa afora estaba enfronte ao alfonil do sal e limitaba coa ría de Foz, para situarnos actualmente sería unha das casas que están despois do supermercado Cemar, actualmente o alfonil do sal é un edifico de moi recente construción.  
Probablemente algún lector sexa reacio a crer o que digo pero despois da lectura deste foro darase conta de que teño razón.
O citado foro ten lugar no ano 1815 e ten unha duración de 200 anos, polo tanto neste 2015, en caso de continuar vixente o foro, a familia que estivese a vivir na casa debería ou ben realizar un novo foro ou ben abandonar esa casa.
Da familia que recibe o foro sabemos moi pouco, Francisca Maseda estaba viúva e vivía co seu fillo,Ramón Canoura, que acabará sendo nomeado, segundo podemos ler na acta municipal do 31 de xullo de 1837, co cargo de ir visitalos barcos que atracaban en Foz. Para realizar esta tarefa debería ser acompañado por un  farmacéutico, pero como Foz carece del, o bo do Ramón ten que ir so a inspeccionar os barcos que atracaban e tiñan que pasar unha pertinente cuarentena antes de entrar no dito porto, “y por punto para el fondeo de los mencionados buques la playa que en la ría deste puerto denominan Arnela, por ser el de mayor seguridad e incomunicable”.

Vexamos logo o que nos di o foro:


SELLO QUARTO, QUARENTA MARAVEDIS, ANÑO DE MIL OCHOCIENTOS DIEZ Y SEIS.
En la Casa Rectoral de Santiago de Foz, à quince días del mes de Octubre año de mil ochocientos quince, constituidos presentes ante mi escribano y testigos don Baltasar Nicolas Silba y Pardo, cura prior de esta parroquial Yglesia y el fabricario actual della don Jesus Fernandez Guardia, representando hombres de la vecindad y con ausencia de ella dijeron que en devida atención a su ministerio y anelo de adelantar los legitimos intereses y aumentos de la Yglesia para maior gloria de Dios sustentación de su Templo y felicidad de los parroquianos siendo como es propio y pertenece a la Fabrica todo el Campo llamado da Cabana que esta a orillas de la Ria de este Puerto que entre otros vienes hizo donación a la Fabrica y vecinos don Diego Rebellon en los doze de Julio del año de mil quinientos setenta y uno a testimonio de Diego Albarez Mariño escribano y en consideración asimismo de que quasi dicho largo Campo de la Cabana esta a inculto sin producciones para la Fabrica afin de acudir lícitamente a estos atrasos los otorgantes desde luego en la mejor forma via y manera que mejor en derecho lugar haia aforaban y aforan a Francisca Maseda viuda actual de Bernabè Canoura y a su hijo unico Ramon Canoura, soltero, de edad de veinte y seis años vecinos de esta feligresía de Foz es a saber lo que este instrumento foral se les concede; es a saber de el repetido Campo da Cabana como esta de dos ferrados que han de ser medidos por la bara y perito inteligente los que están enteramente incultos sin que produjesen a la Fabrica interés alguno al sitio donde se arranco la piedra para las casas de Jose Perez y Francisco Garcia Vizago que estan en el cierre de Tomas Lopez Quinteiro, y por el lado de la ria han de testar con la Casa o Alfonil de el sal que es de el gremio de marina y por la parte de arriba con las casas referidas de el Lopez Perez  y Vizago en cuio terreno que comprende esta escritura puedan los citados madre e hijo levantar y edificar a sus propias espensas sin pedir cosa alguna a la Fabrica una casa en que puedan comodamente y a su gusto abitar y vivir y aprovecharse de el territorio señalado que cultive y todo ha de proceder y verificarse dentro del preciso termino de el año que viene de ochocientos diez y seis y de lo contrario se verifique y quede sin ningun efecto este foro siendo esta la primera condizion y pacto. La segunda que el terreno adherido a dicha casa se ha de cerrar seguramente de muro de piedra para custodia de sus fincas y a de andar siempre bien labrado y perfectado que no baia en decadencia. Lo mismo que se ha de realizar con la casa que se ha de erigir y levantar en aquel sitio sin esceder de sus limites referidos. La tercera que con dicha casa y cierro de el expresado no ha de ingerir ni estorbar el franco camino de los carros que ban y vienen de la Veiga de Lourido, Rego de Foz y otras partes según se allan en la actualidad. La quarta condición es que segun este foro ha de ser efectivo por tiempo y espacio de doscientos años contados desde la fecha de este ynstrumento y a la finalizacion de ellos ha de ser visto (a menos que otra cosa dispongan las leies del Reino) cesar todo su contenido quedando a la Fabrica el dominio de ambos derechos pagando los perfectos que en dicho fundo se hallaren, tanto de casa como de otra qualquiera utilidad que se reconozca. La quinta que por razon de canon han de pagar demas de el Dezimo a Dios anualmente a la Fabrica en condizion de este foro por cada ferrado de tierra comprendido en el quince reales de vellon y siendo los dos ferrados que quedan citados se han de pagar treint reales sin rebaja ni minorazion alguna que acaezca y la primera paga de dicho especulado  canon respecto han de edficar dicha casa y cerrar de muro de piedra el terreno serà para primeros de enero de ochocientos diez y siete y los mas consequtibos según a de cunplirlo y estar puesta dicha paga de canon en manos y poder de el Fabricario que riga esta Yglesia. La sesta condizion es que los llevadores de este foro fuesen omisos en la paga de dicho canon por espacio de tres años consecutibos sea visto resultar nulo en todas sus partes y caer en omiso. La setima que qualquiera de los posehedores de este foro allandose en la precision de vender el derecho util del fundo que comprende la casa y mas perfectos que tenga ha de requerir primero al Fabricario, cura y vecinos para que queriendole por el tanto que otro “…………

O escribán ante quen redactan este documento era Alonso Samaniego Cancio y Donlebun.

A fotografía titúlase "Vista da vila de Foz, 29 de xaneiro de 1925", e pódese atopar na páxina 177 do libro "Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia",  editado pola Fundación Caixa Galicia.

martes, 17 de marzo de 2015

A GUERRA CO FRANCÉS. FOZ 1808 A 1810.


En tódolos libros de historia que consultemos veremos que cando falan da Guerra de Independencia española dátana entre os ano 1808 ata 1814. Non están errados pois a súa duración comprende ese período de tempo, pero non todo o territorio español soportou a presenza francesa durante tanto tempo. En  Galiza a presenza física de franceses tan só abarca o ano 1809, e non todo, pois entran no mes de xaneiro e son expulsados, polo pobo e non por soldados pois careciamos dun exército que nos protexese, a fins do mes de xuño do mesmo ano.
Todo comezou un 2 de maio de 1808 cando o pobo de Madrid se levanta en contra do traslado da familia real española. Ese ataque ás tropas francesas e posteriormente a brutal represión desencadeará os acontecementos históricos que se deron en chamar a Guerra de Independencia.
O encarceramento dos membros da familia real española e a instauración dun novo rei, Xosé I Bonaparte, que non era recoñecido polo pobo foi o que motivou a aparición de xuntas locais que se estructuraban a través de xuntas provinciais, estas dependían dunha xunta central de Galicia, situada na Coruña.
Da Xunta Local de Foz descoñecemos todo, sabemos que existiu, algo obrigatorio por outra parte, pero nada se conservou da súa existencia. O que si podemos dicir é que dependía da Xunta Provincial de Mondoñedo. Estas xuntas tiñan como fin garanti-la orde municipal, controlar aos veciños franceses, en caso de existir, manter o correo e prepararse para un posible ataque de tropas francesas.

Esta última tarefa resultaba case imposible de realizar pola carencia absoluta de tropas, lembremos que en Mondoñedo, trala retirada do Rexemento Provincial, quedaban oito soldados para defendela cidade, aínda que, en vez de practicar e prepararse para un posible ataque dos franceses, tiñan encomendada a labor de limpalo cuartel,.
As vilas buscan armar a certos individuos, evidentemente os que mellor puntería tivesen, coas armas que os veciños gardaban nas súas casas. Tamén se apostan, para defensa das vilas,  e canóns en puntos sinalados, así vemos como as vilas portuarias de Ribadeo e Viveiro os colocan mirando cara o mar, temendo que o ataque francés fose un desembarco. Todas estas medidas resultaron totalmente carentes de efecto pois os ataques dos franceses viñeron todos por terra. Algo moi semellante acontecía  en Foz onde se colocan uns canóns no lugar da Atalaia para a defensa da nosa ría  contra un posible ataque francés.
¿Realmente estiveron acampados os franceses en Foz? Se lemos a obra de Francisco Lanza, Ribadeo antiguo, chegaremos a conclusión de que non. No ano 1808 recíbese no consistorio ribadense un correo no que se asegura que “en Foz habían desembarcado algunos enemigos, los quales seguian hacia el Valle de Oro, saliendo a perseguirlos  un destacamento de 300 hombres”, nada máis sabemos dese suposto continxente francés, semella máis unha invención produto do nerviosismo reinante que unha realidade.
A segunda vez que aparece Foz na obra de Lanza data dos primeiros días de febreiro do ano 1809, por esas datas as tropas españolas dirixidas polo xeneral Worster disparaban dende a batería que tiñan montada en San Román de Figueras, “para contrarrestarles querían traer los franceses unos cañones del puerto de Foz”.
¿A que canóns fai referencia esta cita?. Durante moito tempo preocupounos no poder contestar esta pregunta, pero agora e trala lectura dun documento conservado no Arquivo Histórico Nacional podemos respondela.
O citado documento é un escrito datado o 19 de xullo de 1808 remitido á Xunta Permanente da cidade de Mondoñedo polo focense “doctor don Antonio Fernández Ramos”. Nel afirmaba que a situación en Foz era caótica culpando de todo aos xefes de milicias, que el define como “soldados de farsa o de melindre”, tan só se dedicaban, segundo o citado médico, a pavonarse cos seus novos cargos pero non fan nada para cimentala defensa da vila, “abandonados, que jamas han savido conservar un estrecho facho o Garita, que nunca han procurado un fusil ni un tiro de polbora”. Tan só un comandante activo podería cambiala situación que sofren os focenses e conseguir que se “reedifique y amplie el insinuado Facho, induciendole a habitable, por que la malicia, y negligencia lo ha puesto en el estado en que se halla, despues de ia reedificado tres veces en mis días[1].
Este comandante, segundo comenta o doutor Ramos, chegou a Foz procedente de Ribadeo, tratábase  do tenente de navío Bartolomeu Oya e Rivadeneira.
Nos cinco días que permanece no pobo, e tras varios discursos encendidos, consegue convencer aos veciños da necesidade de cavar “una trinchera mui regular en el mismo sitio que la naturaleza ha señalado”, nesta trincheira queren colocar entre seis e oito canóns. Como en Foz non existían canóns o tenente de navío promete “guarnecer este nuevo fuerte, por ahora con quatro cañones de a ocho de la Goleta la Gallega existente en Rivadeo”. Eses deben de selos canóns que querían vir buscar os franceses no ano 1809.
Pouco máis sabemos do tema, descoñecemos se arranxaron o Facho ou se ao final se conservaron no porto focense os canóns.

Tivesen servido mellor estes canóns se estivesen colocados no porto de Nois, pois o día 12 de decembro de 1808 un barco de tres paus de bandeira francesa dispara á altura de Cangas dous canonazos contra a costa, posteriormente “corrio con la gabia asta ponerse por encima de este puerto de Nois, en donde se viene a tierra que pensamos que se benia a estrellar a los peñascos, por ponerse a distancia de aquella como a un quarto de legua[2]. Os de Nois reúnense na praia, a maior parte deles armados de brosas, fouces e algunha que outra arma de fogo, e agardan o posible desembarco. A tensa espera viuse rota por unha choiva moi copiosa, un forte vento e un cambio do estado do mar que provocaron que o citado barco levantase áncoras e marchase.Non queremos imaxinar que tivese pasado se o barco, armado con 28 canóns, disparase contra a xente que estaba na praia ou que tería acontecido en caso de desembarcar os franceses.
Do que si estamos seguros é de que no ano 1809 as tropas francesas estiveron acampadas no noso concello. O arquivo diocesano de Mondoñedo garda un documento titulado “Relación de granos entregados a los franceses” , no que se pode ver como o xuíz e xustiza ordinaria da xurisdición de Santiago de Foz, don Xoán Mel das Goás, certifica que un veciño de Santa Cilla entregara 10 fanegas de centeo “ para el consumo de la tropa francesa que subsitio en la Parroquia y puerto de Santiago de Foz”. Isto acontecía o 16 de novembro de 1809.
En 1809 todo cambia, as tropas francesas comandadas polo xeneral François Fournier entran en Mondoñedo  o día 24 de xaneiro. Instalan na cidade  episcopal a súa base de operacións  de onde partirán as tropas que tomarán Ribadeo o día 25 de xaneiro. O día 28 de xaneiro claudica a cidade de Viveiro, trala entrada dun grupo de 74 soldados franceses baixo o mando do comandante Marssan.
A Mariña estaba conquistada pero non pacificada. Entre os días 29 xaneiro e 5 de febreiro un grupo de homes e mulleres farán fronte ás tropas francesas na ponte de Arante;  o día 8 de febreiro os veciños das parroquias colindantes a Viveiro liberarán a cidade de franceses. Estas dúas accións militares tiveron como consecuencia inmediata a saída de Ferrol dunha tropa de 10.000 soldados cara Viveiro á que complementaba outra que sae de Mondoñedo, formada por 3.000 soldados, capitaneados polo xeneral Maurice Mathieu. Esta última columna sofre unha serie de ataques por parte dos veciños da zona de Mondoñedo no monte da Camba e outro posterior do que formaban parte veciños do Valadouro. Se consultámolos libros de defunción veremos como varios veciños do noso concello tamén participaron nestes ataques contra a columna saída de Mondoñedo.
Fazouro conta con dous veciños mortos nestes enfrontamentos,trátase de Luis Valiño, casado con Xosefa López, que “fue muerto por los franceses el dia quince de marzo de mil ochocientos nuebe motivado de un ataque, que se solicito entre ellos y estos pueblos, la muerte de este fue en un monte por la parte de arriva de un lugarcillo que llaman Padriñan, terminos de San Andres de Masma, en donde han dicho sus propios parientes se halla sepultado” . Tamén falece Nicolás López, casado con Magdalena Fernández, morto no combate mantido cos “franceses en un monte que llaman Bedral por la parte de ariva de un lugarcillo yntitulado Padriñán”[3], será soterrado nese mesmo lugar.
Certos membros da poboación viron na presenza dos franceses e na caótica situación que provocaron o perfecto caldo de cultivo para medrar economicamente, así acontece co xuíz de Nois, Xián do Eijo, que exercía ese cargo dende o 23 de xullo de 1808. Será denunciado polos veciños o día 8 de agosto de 1809 alegando “que tiene cometido y comete considerables excesos procediendo despotico en lo que se le antoja, si adherirse a Ley ni a razon mas que decir soi Juez, y lo mando todo, atropellando con motibo de estar en este Pais los franceses”. Entre os excesos denunciados aparece a apertura de “bodegas de vino, obligando a dar a quien se le prevenia cubas de la misma especie y carros de fruto sin orden ni concierto”, ademais dedicábase a cobrar todo o que quere “sin que nadie se le obponga pues no tiene Arancel”. Nois, que daquela era concello, tiña sinalada unha  casa para Audiencia, pero o xuíz négase a empregala sinalando como sede da Audiencia a taberna da parroquia na que se rodea dos seus ministros, nomeados por el mesmo “los que quiere fallidos y de poca o ninguna conduta”.
Trala expulsión dos franceses no ano 1809 as distintas xuntas locais crearán unha serie de tropas, formadas integramente por voluntarios, para que se encargasen da defensa da zona en caso dunha nova invasión francesa, son as coñecidas como Milicias Provinciais.
Existían tamén as tropas volantes, que se desprazaban polo contorno chegando incluso a superalo termo xurisdicional, así sabemos dos desmáns cometidos pola tropa volante de Viveiro, que o 20 de xullo de 1810 son denunciadas polos membros do concello de Foz “para proceder a la averiguacion y sumario de los atentados cometidos por la Partida de Volantes de Viuvero en su transito por la parroquia de Fazouro y otras de la circunferencia al regreso del puerto de Foz en mediados del mes actual matando una baca y amenazando a los guardias”. Era o encargado da citada alarma Benito de la Rosa, quen, tras ser recriminado pola Xunta do Reino pola súa actitude e carencia de autoridade diante das tropas, renuncia ao seu cargo coas seguintes palabras “se sirva disponer se me exonere del mando de la alarma para que se transifera á quien sepa mejor que yo practicar los medios que la Junta me dicta como mas propios para mantener el orden y evitar los alborotos”.[4]

Datos destas alarmas podémolos atopar no arquivo municipal de Mondoñedo, grazas a consulta desta documentación puidemos saber que o 24 de xuño de 1810 Andrés Maseda Candia era o capitán do departamento da alarma de Vilaronte, quen recibe “de la Junta de Armamento de esta Provincia sesenta piedras de chispa para el uso de los yndividuos de la alarma de  mi mando”, recibe tamén dez baionetas, 2250 cartuchos de fusil e trinta fusiles útiles.
O capitán da compañía de Foz, vinculada á alarma de Vilaronte, era Francisco Mañón, quen confirma ter recibido “doze fusiles nuebos con sus bayonetas y treinta y seis piedras de chispa. Y para resguardo de dichos señores lo firmo en dicha Junta Provincial de Mondoñedo y octubre 1º de 1810 (...) Recibi yo, don Francisco Mañon, vecino de Santiago de Foz y capitan de Alarma del Departamento de San Juan de Villaronte, de la Comision de Partido de la Provincia de Mondoñedo, seis fusiles nuebos con sus bayonetas, setecientos cartuchos y veinte y cinco piedras de chispa, para uso y instrucion de dicha Alarma. Y para que asi conste doy el presente que firmo en Mondoñedo a 2 de Junio de 1811[5].”






[1] Arquivo Histórico Nacional. Estado, 75 D ou en pares.mcu.es tecleando Mondoñedo, apartado Xunta do Reino de Galicia, sub apartado Correspondencia coa Xunta e co Concello de Mondoñedo, fotos 45 a 49.
[2] Lence Santar, E.: Del obispado de Mondoñedo. Tomo I, páx 72.
[3] Arquivo Diocesano de Mondoñedo. Fazouro. Libro Defuncións nº 3, 1782-1837, fol. 84 v.
[4] Arquivo Municipal de Mondoñedo. Correspondencia municipal. 1810, 20 de xullo.
[5] Arquivo Municipal de Mondoñedo. Xunta Provincial de Mondoñedo. Alarmas. Carp.2492.

jueves, 12 de marzo de 2015

XENEALOXÍAS DE FOZ: A CASA TORRE DE MAÑENTE E OS ÁLVAREZ DE AGUIAR.


Hoxe en día a Casa Torre de Mañente está fóra do trazado da actual estrada que sae de Foz, pero ata moi pouco tempo había que pasar por diante da referida Casa Torre.
Se buscamos datos sobre esta casa teremos que votar man libro titulado “Fortalezas de Lugo y su Provincia”, obra de Vázquez Seijas na que aparece un breve estudo da casa e dos seus posuidores. Pero se queremos afondar no mundo da xenealoxía dos posuidores desta casa temos que recorrer aos expedientes de acceso na orde de Cabaleiros de Santiago, na  que varios membros desta familia ingresaron.


Segundo Vázquez Seijas “fue señor de la casa de Mañente, don Álvaro Fernández de Mañente. En una eminencia de San Juan de Villaronte levantó su casa solar a modo de castillo. En su portada ostentaba como blasón el águila en pie, explayada y coronada, del ilustre linaje de los Aguiar”.
No estudo xenealóxico da Casa Lemavia, levado a cabo por Fernando López de Prado, cítase ao mencionado Álvaro Fernández de Mañente, do que se di que nacera entorno ao ano 1530 na parroquia de Vilaronte.

A pesares das investigacións realizadas aínda non puidemos atopar referencia algunha ao casamento de Álvaro Fernández de Mañente. O que si sabemos é que o seu fillo chamábase Diego Álvarez de Mañente, nado entorno ao ano 1560.
Este persoeiro non debe de ser confundido con outro de igual nome e apelidos que aparece  nun documento do mes de outubro de 1529, nesta data redactaba un informe dos ingresos e gastos que tivera a ermida da Nosa Señora da Ponte (Arante) da cal el fora administrador durante tres meses. O citado informe foi enviado ao Chantre da Catedral de Mondoñedo e cóengo de Santiago don Álvaro de Rebellón, que sabemos que era natural de Foz, tendo a súa casa patrucial no barrio de Marzán[1].
O que si sabemos é que o citado Diego Álvarez de Mañente casa con Dominga Rodríguez de Aguiar, filla de Pedro Álvarez de Aguiar[2], tanto o pai como a filla eran veciños de Foz.
Do matrimonio de Diego e Dominga nace en Vilaronte, entorno ao ano 1580, Pedro Álvarez de Aguiar, que como vemos leva os apelidos do avó materno e non os do pai, supoñemos que estes apelidos que adopta tiñan moita máis sona que os de seu pai.
 Casa este citado Pedro  con Catarina Méndez de Miranda e Teixeiro, filla de Rodrigo Díaz de Teixeiro e de Xoana Vázquez de Baamonde, ambos, veciños de Riotorto.

Deste matrimonio nacen dous nenos:

 Rodrigo de Aguiar e Díaz, que será nomeado cabaleiro da orde de Santiago no ano 1624.

Pedro Álvarez de Aguiar e Mañente, nado en Vilaronte entorno ao ano 1605. Deste último sabemos que casa  con Dominga Rodríguez de la Barrera e Cangas, eran seus pais Xoán de Cangas, natural de Requejo (Villaviciosa) e María Rodríguez de la Barrera, natural de Ribadeo.

Varios son os fillos deste matrimonio entre os que destacarán:

Francisco Álvarez de Aguiar e Teixeiro de Cangas, que tamén acabará ingresando na orde dos Cabaleiros de Santiago no ano 1646, na que alcanzará o grao de Comisario de Cabalos.

Fernando Álvarez de Aguiar e Teixeiro de Cangas, descoñecémola data do seu nacemento pero sabemos que entra na orde dos Cabaleiros de Santiago no ano 1643.


No expediente que se abre para ingreso de Fernando Álvarez de Aguiar na citada orde aparecen varias testemuñas que declaran sobre a súa fidalguía. Grazas a estas declaracións podemos coñecer algo da carreira militar deste home do que din que se atopan servindo “a Su Magestad en las guerras de Italia, con puesto de capitan de coraças”, isto debía de acontecer entre os anos 1640 e 1643.
Non era o primeiro dos membros da familia que marchaba a loitar fóra.
No expediente formado para que Rodrigo de Aguiar e Díaz, tío do anterior, puidese entrar na orde de Cabaleiro de Santiago, dise que marchara con 16 anos como soldado ao servizo do Rei en Milán, lugar no permanece durante 10 anos.
Volvendo a Fernando vemos como no seu expediente varias testemuñas confesan que tanto el coma seus irmáns, pais e avós “fueron y son hijosdalgo de sangre segun fuero y costumbre de España y ansi mismo cristianos biejos limpios de toda mala raza de moro, judio o converso”.
Contestan que os membros da familia de Fernando nunca pagaron o imposto da luctuosa, que pagaban tódalas persoas incluídas na clase peiteira “y lo son el dicho Pedro, su padre y abuelo paterno de cassa y solar conoscido que es la cassa y torre de Mañente, sita en solar y heredad suia notoriamente y es tradicion y comun opinion y voz de todos ser la dicha cassa y solar de los Alvarez de Aguiar sin contradicion alguna”.
Sobre as profesións exercidas polos membros desta familia din as testemuñas que ningún traballara en oficio mecánico, nin como cambiador, nin como comerciante, senón que tiveron “oficios mui nobles y honrosos, de capitanes y otros y se han sustentado de sus rentas y granjerias, como gente noble[3].

Pedro Álvarez de Aguiar, do que sabemos que casa con Tareixa Fuertes de Acevedo, veciña de Ribadeo. Deste matrimonio nacerá o 23 de febreiro de 1654, na parroquia de Vilaronte, unha nena a que chamarán María, sendo bautizada polo cura de Ribadeo e actuando como padriños súa avoa Dominga Rodríguez de la Barrera e seu tío Alonso López de Presno, cura párroco das Pontes de García Rodríguez.
O día 24 de xuño de 1655 nace Francisca Antía, sendo seus padriños o citado cura das Pontes e María Aguiar, veciña de Mondoñedo.
En 1657, o 29 de marzo, nace Mariana, sendo os seus padriños Domingo de la Barrera e a súa dona.
En 1659, o 25 de outubro, nace Pedro Álvarez de Aguiar e López de Acevedo, sendo seus padriños o citado cura das Pontes e unha señora que aparece como dona Bernalda.
Este Pedro Álvarez de Aguiar solicita, de igual maneira que o fixeran seus irmáns, ingresar na orde dos Cabaleiros de Santiago.

Pedro Álvarez de Aguiar e López de Acevedo , fillo de Pedro e Tareixa Fuertes, casará con Sabela Santiso Ulloa, veciña da Pobra do Burón, tendo como filla a María Sabela Montenegro Osorio.

No traballo de Vázquez Seijas dísenos que no primeiro terzo do século XVIII esta casa de Mañente pertencía a dona Antía Miranda e Ulloa, filla de Álvaro de Miranda e Osorio e de Bernarda de Neira e Ulloa,casada en segundas nupcias con Xosé Quiroga Lemos e Valcarce.
No ano 1714 o marido de dona Antonia Miranda e Ulloa arrenda a torre de Mañente a Luis de Amieiro e posteriormente ao seu xenro Xoán Canteiro.
No ano 1778 esta casa torre pasa, trala morte do seu posuidor Manuel Aguiar e Montenegro, ao seu sobriño neto Gabriel María de Cora, que morre no ano 1851 no seu pazo de Carrocide, pasando esta casa a Estevo de Cora e Aguiar, quen casará con Xoana Mariño de la Barrera, deste matrimonio queda por herdeira da casa Tareixa de Cora e Mariño de la Barrera, derradeira posuidora[4].







[1] Cal Pardo, Henrique: Mondoñedo. Catedral, ciudad,obispado en el siglo XVI. 1992. Sobre a relación dos Chantres Rebellón, como donos da ermida da Nosa Señora de Arante, e os membros da familia Álvarez de Mañente, consultaremos os números 3389 e 3745 da referida obra.
[2] Este home aparece nun preito do ano 1592 “Pedro Álvarez de Aguiar, vecino de San Juan de Villaronte y Domingo Fernández de Nieto, en su condición de esposo de Leonor Bolaño, vecinos de Mondoñedo, por si y en nombre de Sebastián Rebellón de Aguiar, vecino de Foz, de la otra, sobre las ofrendas, limosnas, candelas y otros derechos de la ermita de San Esteban de Aguas Santas, feligresía de San Cosme de Barreiros. Para verse libres de los pleitos, que entre ellos habían surgido, convinieron en que Pedro Álvarez y Diego Fernández dejaban al Cabildo y renteros del lugar das Eiras las referidas ofrendas, contentándose solamente con las ofrendas desde las dos del día de Navidad hasta finalizar el día de San Esteban”. Cal Pardo, Henrique: Mondoñedo. Catedral, nº 4146, páx 902.
[3] Expedientes de acceso á orde de Cabaleiro de Santiago de Rodrigo Aguiar e Díaz (1624), Fernando Álvarez de Aguiar e Teixieiro e Cangas (1643) e a de Pedro Álvarez de Aguiar e López Acevedo (1664) que se poden consultar na páxina  http://pares.mcu.es/ tecleando Vilaronte entrar no apartado de Arquivo Histórico Nacional, Consello de Ordes.
[4] Sobre a familia dos Cora remitimos á seguinte páxina web http://estudiosgen.com/profiles/blogs/genealogia-de-la-casa-do-corgo  pero para resumir dicir que  a citada dona Tareixa aparece na documentación como dona de Suegos, Codesido, Torre de Mañente e Carrocide, nada nas Pontes de García Rodríguez o 15 de outubro de 1825.