Buscar este blog

martes, 6 de septiembre de 2016

O QUE TRAE O MAR.

 Vivir a carón do mar sempre tivo algo positivo xa que  moitas veces recibes agasallos, aínda que sempre hai que ter moito coidado con el pois sempre acaba reclamando o seu pago.

Neste artigo iremos amosando, moi por enriba, algún que outro dato sobre achados nas nosas praias dende finais do século XIX ata a segunda década do século pasado.

Así vemos como o xornal El Faro Nacional: revista universal de la administración pública, no seu número do 31 de decembro de 1851, inxería unha nota na que se recollía a declaración feita polo ministro de facenda o  26 de xullo de 1848, segundo a cal reclamaba o estado a pertenza dun bote “por no haberse presentado dueño conocido, un bote hallado en la playa de San Pedro de Benquerencia, partido de Rivadeo, cuyo valor fue tasado en 320 reales, ascendieron las costas ocasionadas en la ayundantía de marina a 323 reales y 14 maravedis y á 94 reales y 2 maravedis las que se causaron en el juzgado de primera instancia, habiéndose notado el mismo esceso en el espediente relativo á un bote inglés hallado en las playas del distrito de Foz”(p.64) Supoñemos que se está a referir ao mesmo bote que se menciona no Boletín Oficial de Ourense (1850, 10 de outubro), que aparecera na praia de Fazouro o día 31 de xullo, “bote que tiene de latitud su quilla 24 pies y 5 pulgadas; de eslora 24 pies; de manga 10 pies y 11 pulgadas y de puntal 3 pies y cuatro pulgadas, su madera es roble, su construcción extranjera y su estado regular”.

O día 27 de maior de 1887 podemos ler no xornal El Lucense que dúas lanchas de Foz atoparon o día 21 e o 23 dese mes “en la mar dos tercerolas conteniendo aceite Graut”. O dicionario da Real Academia da Lingua dinos que a tercerola é un tipo de barril de mediana cabida.

Algo que resulta moi habitual que apareza nas nosas costas, aínda hoxe en día, son as madeiras, de todo tipo. Así vemos como no xornal El Eco de Santiago, podemos lela seguinte noticia:  “Han sido recogidas en el mar por pescadores de los puertos de Rinlo y Foz, en esta provincia, varias perchas de madera de cedro, que se hallan depositadas en la ayudantía de marina de Ribadeo”.(1897, 4 de febreiro).

Tamén é abundante a aparición de boias, como a que foi atopada o día 5 de xaneiro de 1911:  “por los carabineros de la Comandancia de Ribadeo, en la playa de Foz, una boya baliza pintada de encarnado y de forma cónica, la que mide cuatro metros de largo por cinco y medio de circunferencia. Tiene también una placa en la que se lee: número 3, London 170. (La Voz de la Verdad, 1911, 13 de outubro).

Neste mesmo ano apareceron na praia de Fazouro de 32 bocois baleiros que recolleron os mariñeiros “se cree fundamentalmente procedan de algún naufragio de los varios ocurridos durante el último temporal”. (El Regional, 1911, 23 de xaneiro). Tanto polas marcas como pola madeira dos bocois sospeitase que podan ser estranxeiros.

Outro dos achados que aparecen correntemente, antes moi máis que hoxe en día, son as cartas enviadas en botellas. O protagonista deste achado foi o médico focense Eladio Candia Río e o suceso ten lugar no ano 1912. Atopábase o médico dando “un paseo por la ensenada de la Masma y desembocadura del río Oro” cando atopou unha botella, ao recollela comprobou que esta traía dentro “una tarjeta postal y un papel escrito en cinco idiomas. La dirección es la siguiente: Mission Oceanographique.- Carisberg Laboratorion. Copenhagne. Danemark”. (Diario de Pontevedra, 1912, 1 de xuño).

No papel pedíaselle a quen atopase a botella que anotase onde fora atopada, a data do achado e o nome. Tratábase dun experimento para comprobar as correntes oceánicas. Para levalo acabo os daneses lanzaran ao mar varias botellas que contiñan unha postal para contestar ao escrito.


A razón de que aparezan este tipo de restos nas nosas praias débese aos descoidos dos mariñeiros, a unha mala colocación da carga, a naufraxios por temporais ou ben, tal e como acontecera no ano 1917, ao ataque de submarinos alemáns; porque si, nese ano varios submarinos estiveron a atacar barcos pola mariña luguesa (véxase o noso artigo titulado O submarino alemán U-46 que navegaba pola  Mariña, http://ogabinetedefoz.blogspot.com.es/2015/01/o-submarino-aleman-u-46-que-navegaba.html).

Así podemos ler que como consecuencia destes ataques dos submarinos están aparecendo nas praias de Asturias e nas galegas “varios objetos, procedentes, sin duda, de dichos torpedeamientos y de los últimos temporales: Un bocoy vacío, hallado en la playa de Nois, Foz. Veinte tablones y un aparato de metal del gobierno de un buque en la playa del Castro,Foz. Un palo macho de un barco de vela, de 24 metros de largo y 1,40 de circunferencia, hallado en Foz. Un bocoy lleno de vino tinto, en Arealonga, San Miguel de Reinante. Un bocoy lleno de vino tinto en la playa de Foz. Un bocoy vacío y otro lleno de vino tinto en Carreiro, Foz. Un bocoy vacío en LLas (…) Una pluma puntal de carga, de 13.20 metros, perteneciente a un vapor, hallada en Paizás, Foz y una puerta del camarote de un buque, en Marzán, Foz.”(Castropol: periódico decenal, 1917, 30 de marzo). Desta noticia tamén se fai eco o xornal El Progreso no seu número do 3 de abril dese ano.

O ano 1918 foi bastante prolífico para este tipo de achados e así podemos ler na prense que: “En diversos parajes  de la costa, entre Foz y Tapia, arrojó el mar estos días despojos de naufragios, bocoyes vacíos, barriles de vino, latas de materias lubrificantes, velas de esperma, trozos de madera y otros efectos, casi ninguno en condiciones de aprovechamiento”. (Correo de Galicia, 1918, 4 de xaneiro).

A finais dese mesmo mes podemos ler como continúan aparecendo cousas nas nosas praias: “Por la ayudantía de Marina de Ribadeo se anuncian los siguientes hallazgos en el mar: Una tercia con aceite, al parecer de engrasar máquinas, en mal estado, sin marca y con peso de 130 kilogramos, hallada por Antonio Rico y Gervasio Rodríguez en la playa de Fazouro.Otra con igual contenido e idénticas condiciones que la anterior, con peso de 200 kilogramos, que halló en la playa de Foz Manuel Fraga Penabad.” (El Eco de Santiago, 1918, 23 xaneiro). O xornal El Progreso, no seu número do 18 de xaneiro, facíase eco desta noticia aínda que nel se apuntaba a aparición doutra tercia de aceite, de 300 quilogramos, na praia de Fazouro, que atopara Manuel Alonso.

No mes de novembro dese ano temos constancia do achado máis macabro: “Días atrás apareció en la playa de Marzán, próxima a Foz, el cadáver de un hombre, en estado verdaderamente horrible. Tenía los huesos al descubierto en la casi totalidad, pues solo consevaba restos destrozados de carnes y de cutis en el tronco, en los piés, en las manos y en la cabeza. Le faltaban además por completo las vísceras. Llevaba sujeto un chaleco salvavidas y solo conservaba una camiseta que ostentaba la inscripción M.Primier. Supónese que se trata de un náufrago de alguno de los muchos buques que en aquella costa se han ido a píque, hundidos por los submarinos”. ( El Orzán, 1918, 3 de novembro).
En 1920 podemos ler como: “El ayudante de marina de Ribadeo comunica que por el vecino de Foz, Basilio Pena Monso, fue hallada en el mar una bola de grasa al parecer de cerdo, cuyo peso es de 36 kilogramos”. (Norte de Galicia, 1920, 14 de agosto).

Continuaremos ollando na prensa para recuperar máis información sobre os achados de restos nas nosas praias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario