Buscar este blog

miércoles, 5 de abril de 2017

A PEDRA DO SOL DE BURELA E OUTRAS PEDRAS SAGRADAS.

Fraga de Rúa, fotografía da asociación Mariña Patrimonio.
No libro Burela. Apuntes históricos y Crónica del siglo XX, obra de Ricardo Pena Domínguez, na súa páxina 31, podemos lelo seguinte: “A Pedra do Sol o “Pedra sobreposta”, respetada con un cierto miramiento mágico a causa de sus incisiones o grabados que semejaban círculos radiados, se destruyó, reducida a gravilla, en los años cincuenta.
Casi enfrente del cementerio municipal, se pueden ver actualmente las rocas sobre las que se asentaba; su emplazamiento le permitía recibir los primeros y los últimos rayos solares”.

Don Ricardo informa tamén que no Catastro de Ensenada (1753) aparecía unha mención á citada pedra funcionaba como un marco divisorio entre as parroquias de Burela e Vilaestrofe. Non estaba errado, pois trala consulta  do mencionado catastro puidemos comprobar que a parroquia de Burela lindaba: “principiando por el Norte en la rivera del mar al sitio de Areamole y de allí al Castelo das Eiras hacia el Leste, dividiendo la feligresía de San Pedro de Cangas en derechura al sitio de la fuente de Pedragas, y Pena Sobreposta hacia el Sur, dividiendo la feligresía de San Roman de Villaestrofe y de alli al sitio de Pena Partida y sigue al sitio de Pena Rama y biso do Cabron hacia el Poniente dividiendo la feligresia de Santa Maria de Cervo y de alli al sitio que llaman Marossa y rivera del mar, primera demarcacion”.

No mesmo Catastro, pero agora na parroquia de Vilaestrofe, podemos ler: “linda principiando por el Norte en la Pena de Moura al sitio de (Lamosos?) y sigue a la fuente de este nombre dividiendo las feligresías de Santiago de Sargadelos y Santa María de Burela y de allí sigue a la fuente de Pedragás al sitio del viso da Rañadoira por el Leste dividiendo la feligresía de San Pedro de Cangas”.
Acabamos de comprobar como a Pedra Sol, bautizada así polos veciños de Burela, aparece coa denominación de Pena Sobreposta no Catastro de Ensenada, aínda que na parroquia de Vilaestrofe denominan a esa mesma pena como Pena Moura. Como vemos o termo mouro, aparece outra vez vinculado ao mundo imaxinario, ao mundo lendario no que se envolve o tempo histórico que denominamos castrexo ou ben outro anterior, como pode ser o megalítico.

Na páxina de toponimia da Xunta de Galicia aparecen en Burela varias mencións e así vemos como hai un accidente costeiro, denominado Furna, que se lle chama Ronca da Pena Moura, tamén aparte da mencionada Pena Moura aparece nesta páxina unha Cova Moura.
A pregunta inmediata que nos facemos é si hai máis penas mouras que aparezan reflectidas nese Catastro de Ensenada. Despois de consultalos lindes parroquiais dos distitintos concellos da Mariña nese  documento de 1753 atopámonos cos seguintes resultados:

Petrogrifo do Incio.

CONCELLO ALFOZ.

Neste concello atopamos unha pena moura (mouriza neste caso) na parroquia de Adelán , que segundo o mencionado catastro linda principiando: ”por el Norte en el Pedreiro de Fornos siguiendo a la pena Moriza y pena Ferreira”, outros lindes interesantes son “penedo dos Corbos, fuente de Abeledo y del Pombeiro y a la dos tarreos bellos, al Campo da Pena dos Bolos y al marco da costa da Cruz de Cabeza”.

Na parroquia de Santa María do Pereiro, segundo informa a páxina da Xunta, aparece un monte denominado a Costa da Moura.

CONCELLO DE BARREIROS.

Neste concello non atopamos referencia algunha a penas mouras no Catastro do marqués de la Ensenada, pero na páxina de toponimia da Xunta de Galicia menciónase un lugar coñecido como “as penas mouras”, sito na parroquia de San Xusto de Cabarcos.

CONCELLO DE CERVO.

Na parroquia de Castelo atopámonos cunha fonte da Moura: “rego avajo asta el rio grande y por el abajo al rego de orxaellas y por este arriva a la fuente de Mourisca dividiendo las Feligresias de Santa Maria de Lieyro y Santa Maria de Cervo”.

Outra Pena Moura atopámola nas lindes parroquiais de Cervo. Decidimos transcribir a contestación completa pola riqueza toponímica: “linda principiando por el Norte en la pena de Bal Ramos y orilla de la mar, siguiendo por ella en derechura a la Pena da Moura y Cruz do Paraño, por el camino a la fuente de Folgueiras y Rego de Nardion, dividiendo la Feligresia de Santiago de Sargadelos, dando buelta por la Area Marosa, Viso do Cabron, Cruz de Pena Rama, Pena do Porco, Calvarios de Sargadelos y Cruz da Rega, siguiendo a la Fuente de Folgueiras, rego de Nardion caminando a la Pena de San Pedro y al Rego do Teixo por el Sur dividiendo las feligresias de Santa María de Burela y San Roman de Villaestrofe, siguiendo en derechura al monte da Lagoa y vaxa a la fuente Mourisca”.

Na parroquia de Sargadelos vemos que a Pena Parda de Paraño divide a de San Román de Vilaestrofe “y de alli dando buelta acia el Poniente a la Peña da Moura”, que debe de ser a que divide Vilaestrofe de Burela ou sexa, a Pena do Sol.

Fotografía da asociación Mariña Patrimonio.

CONCELLO DE FOZ.

Na páxina da Xunta atopamos referencias a Moura, como accidente costeiro, na parroquia de Fazouro, a Rilleira Moura, en Cangas, Fonte da Lama Moura en Cordido e a Os Mourás na parroquia de  Santa Cilla.

CONCELLO DE LOURENZÁ.

Nos lindes parroquiais de Santo Tomé en 1753 vemos como dende un marco“que se nombra de la Cruz de las Cruzeiras y deste a la esquina de la casa de don Juan Zenzano, vezino de la villa de Rivadeo, quedando dicha casa dentro del termino de esta feligresía desde la que sigue atravesando el rio que llaman Santo Thome ba a dar a la Pena Moura y de esta a un marco que nombran Coba da Jemara”.

Na páxina da Xunta atopámonos cuns prados na parroquia de Santo Tomé denominados Fonte da Moura.

CONCELLO DE MONDOÑEDO.

Na parroquia de Vilamor no punto en que se divide da de Santo Adnés de Masma atopámonos con outra “Pena Moura de Lago”.

Na páxina da Xunta atopámonos con unha referencia a Moural, unha entidade poboacional, na parroquia de Santa María Maior e outra entidade denominada Pena Moura en Viloalle.

CONCELLO DE  RIBADEO.

Nos lindes parroquiais de Cubelas de 1753 vemos como se menciona o río de Ramos “por el que sigue hasta el Camino Real que de la villa de Ribadeo pasa al lugar de la Puente y atravesando dicho camino prosigue por el citado arroyo arryva hasta la Pena Moura”. Esta mesma pena vémola nos lindes da parroquia de Ove, en concreto no lugar en que se divide da parroquia de Cubelas.

Na páxina da Xunta atopámonos coas seguintes referencias:
Na parroquia de Couxela temos Cortiña do Moural, Pena Moura e Moural. Na de Cedofeita atopámonos con a Pena Moura, este mesmo termo aparece nas parroquias de Cubelas e Arante.

Pena do encanto en Ribadeo. Fotografía asociación Mariña Patrimonio
CONCELLO DO VALADOURO.

A parroquia de San Xiao de Recaré dixídese da de Santo Tomé de Recaré no lugar no lugar coñecido como Fonte de Pedreira “prosiguiendo al sitio de Vilasuso, Pena Moura y Carvallos
Por outra banda a parroquia de Vilacampa comeza “ en el sitio del Euton?, Barreira Moura y sitio de Castelo (...) siguiendo rio arriva al sitio de Ponte de Escoura (...) en derechura al Penedo Nobo, Fonte da Mora, Chao de Barzia”.

CONCELLO DE XOVE.


No Catastro non atopamos referencia algunha ao termo Moura nin a ningún dos seus derivados, mais na páxina da Xunta atopámonos con un accidente terrestre coñecido como a Pena Moura, na parroquia de San Isidoro do Monte e na parroquia da Rigueira. Na de San Isidoro do Monte tamén nos atopamos co termo Laxamoura. En Xuances aparece tamén Pena Moura, esta vez dando nome a unhas terras de labor e o termo Penas Mouras para un accidente costeiro.
Mámoa de Xove. Fotografía da asociación Mariña Patrimonio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario