Buscar este blog

miércoles, 5 de abril de 2017

MARIÑOS DE FOZ: TRISTÁN ALONSO E XOSÉ DA PALMEIRA. 1935.

Traiña de Tristán Alonso, dereito e con poboada barba.

 O xornal Las Riberas del Eo, no seu número do 2 de novembro de 1935, informaba de que nunha praia do concello de Tapia aparecera o corpo dun home afogado: “A última hora de la tarde del pasado sábado, en el punto de la costa denominado El Figo, en la inmediata parroquia de Salave, fue hallado por los jóvenes de aquella localidad Isidro Fernández y otro apellidado Reiriz, el cadáver de un hombre ahogado”. Este era o cadáver dun mozo de Foz chamado  Xosé Fernández, ao que se coñecía como Xosé da Palmeira, do que o noso cronista oficial nos di que era fillo de María de Gabrieliño, todos veciños do barrio de Marzán.

O cadáver de Xosé traía tras seu a historia dunha desgraza pero será o protagonista máximo dunha fermosa historia de compañeirismo e amizade.

Xosé embarcara, recentemente, na lancha Nosa Señora do Carme, propiedade de Manuel Blanco Muinelo e de Tristán Alonso López, que tamén era o seu patrón.

Suso do Bahía,o noso cronista oficial, ten publicado dous artigos no xornal dixital Crónica3 sobre este suceso. (http://www.cronica3.com/2015/05/historias-focegas-a-traxedia-do-hidro/ e no http://www.cronica3.com/2016/10/foz-o-hidro-80-anos-da-traxedia/). Grazas a eles sabemos que o barco fora mercado por Tristán e Blanco Muinelo e que chegara a Foz no ano 1930. Se ben o seu nome oficial era Nosa Señora do Carme, en breve foi rebautizado pola xente focega co nome de O Hidro, debido a súa velocidade que o asemellaba máis a un hidroavión que a un barco.
Cinco anos despois da súa chegada a Foz, a barra deste porto, traizoeira incluso para os máis experimentados mariños focegos, encargarase de varar e voltear , deixando quilla arriba, ao Hidro. Neste funesto suceso perdéranse as vidas de Tristán Alonso e Xosé Fernández, os protagonistas da nosa historia.

Que sabemos de Tristán Alonso López?

Sabemos que o seu nome completo era, algo moi habitual, Tristán María Xosé, que era fillo de Anxo Alonso Pedreira e de Aurora López Val, ambos naturais da parroquia de Foz.

Tristán casará con Rosina López Pedreira e deste matrimonio nacerán Ladislao Tristán (nado no ano 1925) e Xulio (nado no 1927). De Tristán sempre se dixo que era un dos vellos lobos de mar de Foz, non pretendo quitarlle o galardón de lobo de mar, que o tiña ben gañado e recoñecido a nivel mariñán, pero si quero sacarlle o de vello, pois Tristán, aínda que non o pareza, tiña 47 anos cando morreu. Ben é certo que nas súas costas tiña unha longa vida de mariñeiro, xa que  probablemente tería embarcado con 14 anos ou menos, pero con 47 anos aínda lle quedaba moita vida por diante.

De Tristán Alonso sabemos que no ano1923 xa era un home feito e dereito, ostentando como facía, unha mesta barba. Con esa imaxe o vemos na fotografía que encabeza este artigo.
De Tristán Alonso sabemos que no ano 1925 ocupaba o cargo de presidente da Sociedade de Socorros Mútuos de Obreiros de Artes e Oficios de Foz. Vicepresidente nese ano era Francisco Beltrán Lamas, como tesoureiro estaba Xosé Estúa Bermúdez, como secretario Manuel Blanco Muinelo e como vogais Manuel López Martínez, Eloi Marei, Manuel Fernández Cabanas e Xosé Ramón Becerra.

Con este último Tristán compartirá banco de acusados no consello de guerra ao que ambos son sometidos no ano 1925. Así nolo conta o xornal El Heraldo Gallego (1925, 14 de xuño), que nos informa que na capitanía xeneral de mariña do Ferrol celebrárase consello de guerra “a los patrones Tristán Alonso López, José Ramón Becerra Bolaño y José Otero, por reyerta habida entre tripulantes de los vapores  Ramón López, Unión, San Ramón y Virgen del Rosario”. No xornal La Voz de Asturias (1925, 6 de maio) podemos ler que se celebran no Ferrol varios consellos de guerra, un deles é “contra los patronos de cabotaje Tristán Alonso, Ramón Becerra y Juan Otero, por reyerta a bordo del vapor Virgen del Rosario”, presidía o tribunal o coronel de infantería de mariña Vicente Ramírez Suárez.

Descoñecémola sentencia pero pouco lles puido caer pois no ano 1926 porque nese ano Tristán seguía ocupando o cargo de Presidente da Sociedade, así o podemos ler cando se nos fala no xornal El Heraldo Gallego dunha manifestación que tivo lugar en Foz, encabezada por Manuel Lugilde Penelas. Esta marcha tiña como fin homenaxear aos tripulantes do avión Plus Ultra. No percorrer do desfile chégase ao peirao onde “los vapores surtos en el puerto, fueron engalanados por sus tripulantes que al mismo tiempo hicieron sonar sus sirenas”, posteriormente a manifestación “hizo irrupción en el local de la Sociedad de Socorros Mútuos, galantemente cedido por su presidente, don Tristán Alonso”. (Heraldo Gallego, 1926, 28 de marzo).

Por certo, nesta manifestación foi a primeira vez que se berra en Foz ¡viva Franco!, pois os manifestantes coreaban berros de: “¡Viva España!, ¡vivan los tripulantes del Plus Ultra!, ¡Vivan Sus Magestades los Reyes!, y ¡Viva Franco!”, esta vez era por Ramón, pero dez anos despois berrouse loando a seu irmán Francisco, tal e como xa temos contado en artigos anteriores.

O día 8 de xullo de 1926 o cronista oficial de Mondoñedo, don Eduardo Lence Santar, escribía no xornal El Compostelano, un poema dedicado á nosa vila, titulado No porto de Foz, do que nos gustaría extraer estes versos:
“vendo ó barbudo Tristán,
  o valente mariñeiro
  nas súas lanchas estopar
  e poñer fortes os remos”.

En 1932 Tristán aparece ocupando o cargo de vogal na directiva do Pósito de Pescadores, ao ano seguinte aparece ocupando o cargo de vice tesoureiro, pois o cargo de tesoureiro ocupábao Balbino López.


Fotografía de Santiago Pernas. Aparecida no xornal Vida Gallega de 1923.
Neste mesmo ano, e tal como recolle o xornal El Eco Gallego, Tristán participou como vogal no tribunal examinador de patróns de pesca. Segundo o referido xornal o 1 de abril tiña lugar na Axudantía de Mariña de Ribadeo  as probas  para acceder ao título de “patrones de pesca de embarcaciones de vela y vapor”, actuando como vogais “los patrones de pesca don Enrique González Martínez, don Virginio López, don Tristán Alonso López”.

No mes de outubro de 1935 ten lugar a traxedia do naufraxio do Hidro e a morte de Tristán e Xosé. Deixemos que sexa a prensa do momento a que nolo conte.

O 17 de outubro de 1935 o xornal La Prensa: diario republicano informaba sobre este suceso coas seguintes palabras: “en el puerto de Foz zozobró un barco pesquero, resultando muerto Tristán Alonso, práctico del puerto y Antonio Fernández”.
O xornal El Pueblo Gallego informaba extensamente sobre  este suceso que tivera lugar: “cuando regresaba de las faenas pesqueras la lancha Virgen del Carmen, zozobró en la barra del puerto, pereciendo ahogados su propietario y patrón don Tristán Alonso y el joven tripulante de 21 años, vecino de Marzán, José María Fernández.
Nueve tripulantes mas pudieron ser salvados tras largos esfuerzos.
El hecho produjo impresión enorme en toda la villa marinera, juntándose en la ribera de pescadores casi todo el pueblo y desarrollándose las consiguientes escenas de dolor.
Tristán Alonso era uno de los elementos más serios y prestigiosos del Pósito de Pescadores. Honrado y leal, correcto siempre, era muy querido y respetado de los pescadores. Había sido presidente de la Sociedad de Socorros Mútuos y vice del Pósito. Actualmente era práctico del puerto”, aproveita o xornalista para expresar o seu pésame aos familiares e aos mariñeiros de Foz “por la fatal desgracia que, reciente aún la trágica muerte de Ramón Fraga, otro de los buenos, viene a herirle de nuevo en lo mejor de sus filas societarias”. Supoñemos que se está a referir a Ramón María Fraga, que atopamos ocupando o cargo de vice secretario do Pósito de Pescadores no ano 1932.

Praia de Cubelas, en San Cibrao, onde apareceu o corpo de Tristán Alonso.
Tamén o xornal El Progreso se fai eco desta noticia e informa que o luns 14 de outubro zozobrara unha motora que: “iba tripulada por su propietario Tristán Alonso López y otros diez hombres más. La marea era viva y aunque el oleaje no era fuerte, el mar corría (...) al llegar a la barra un golpe de mar hizo zozobrar la embarcación, cayendo todos sus tripulantes al agua, y quedando aquella con la quilla hacia arriba. Los tripulantes a nado lograron asirse a la embarcación y sobre la quilla aguantaron la acometida de las aguas, corriendo todos grave peligro, pues aunque la costa no se halla lejos, no era posible llegar a ella a nado a causa de la corriente de mar, que es mayor en días de mareas vivas.
La motora Villa de Foz, que regresaba también de las faenas de la pesca, acudió rápidamente en auxilio de los náufragos, logrando salvar a los nueve marineros que se hallaban sobre la quilla de la lancha volcada, pues el patrón de la lancha Tristán López y otro joven tripulante José Fernández, habían desaparecido entre las olas, sin que sus compañeros nada pudieran hacer por salvarlos. Un hermano de Tristán murió hace años también ahogado y un primo hermano suyo corrió igual muerte en la misma barra de Foz. Las dos motoras Pájaro Amarillo y República, anduvieron toda la noche recorriendo en todas direcciones las inmediaciones de las costa en busca de los cadáveres de los dos náufragos”. (El Progreso, 1935, 30 de outubro).

Dos once mariñeiros que ían no vapor O Hidro nove foron salvados, pero os cadáveres dos dous falecidos continuaban sen aparecer.

O primeiro en ver terra foi Tristán, tres días despois do naufraxio do día 14 de outubro. No xornal Las Riberas del Eo podemos ler que “en la madrugada del día 17 del actual, cuando la pareja de carabineros del puesto de la Aduana de esta localidad, se retiraba del servicio nocturno, practicando de paso el reconocimiento de pista, se encontraron al llegar a la playa llamada de Cubelas con un hombre tendido en la arena, que enseguida comprendieron se trataba de un ahogado. Hechas a continuación las diligencias de rigor y personadas luego en el lugar del hallazgo las autoridades judiciales correspondientes, para el levantamiento e identificación del cadáver, resultó ser el del vecino de Foz, Tristán Alonso, que el lunes último patroneando una embarcación de su propiedad y al tratar de ganar la entrada de aquel puerto, una ola gigantesca les ha hecho naufragar”. (Las Riberas del Eo, 1935, 19 de outubro).

A noticia chega inmediatamente a Foz, onde se espalla por todo o pobo, así nolo conta o xornal El Pueblo Gallego no seu número do 23 de outubro: “el miércoles por la mañana súpose en Foz que en la playa de Cubelas de San Ciprián había aparecido el cadáver del infortunado  motorista marinero Tristán Alonso, caído bajo las olas la noche del lunes 14 unha vez coñecida a noticia varios autobuses saen de Foz repletos de compañeiros, familiares e representantes do concello, xulgado, carabineiros, Sociedade e Pósito para ir a San Cibrao “al llegar a la playa de Cubelas desarrolláronse emocionantes cuadros de dolor. El cadáver del conocidísimo marinero, que conservaba todavía en su bolsillo el reloj, hallábase apenas desfigurado, presentando solamente una herida en la cabeza que debió de ser la que al caer bajo las olas le hizo perder el conocimiento, pues la víctima sabía nadar y hasta se recuerda que en varias ocasiones realizó salvamento de náufragos.(...) fue transportado en el ataúd por compañeros y familiares al cementerio de San Ciprián, donde estuvo depositado hasta las cuatro y media de la tarde, velándolo continuamente los focenses y los dos coadjutores de Foz y San Ciprián. A dicha hora fue trasladado a su villa natal, siendo ya noche cuando la fúnebre caravana llegó a Foz, donde puede decirse que esperaba todo el pueblo en espontánea y elocuente manifestación de dolor. Siempre a hombros de sus compañeros y familiares fue depositado el cuerpo del honrado pescador en la morada de su íntimo amigo el secretario del Juzgado municipal don Manuel Blanco Muinelo, convertida en capilla ardiente, hasta el siguiente día que, tras las diligencias forenses de rigor, fue inhumado en el cementerio de esta villa (...) El cadáver del otro náufrago, José María Fernández, que era un mozarrón bueno y trabajador, de todos también muy querido, no apareció todavía.”

Unha vez soterrado en Foz Tristán quedaba por aparecer o cadáver de Xosé Fernández. O seu achado tivo lugar no concello de Tapia, na praia do Figo, en Salave. Resulta curioso, algo moi comentado aínda hoxe en día, que os dous faleceron no mesmo lugar, a barra de Foz, pero un apareceu en San Cibrao e outro na dirección contraria, en Tapia de Casariego. O xornal Las Riberas del Eo informaba da aparición do cadáver do mariñerio focego: “A última hora de la tarde del pasado sábado, en el punto de la costa denominado El Figo, en la inmediata parroquia de Salave, fue hallado por los jóvenes de aquella localidad Isidro Fernández y otro apellidado Reiriz, el cadáver de un hombre ahogado.
Praia El Figo, en Salave (Tapia de Casariego), onde aparece o corpo de Xosé Fernández.

Puesto el  hecho en conocimiento de las autoridades de la villa, estas se pusieron en comunicación con las de Foz, juzgando que dicho cadáver pudiera ser muy bien, como todo lo hacía presumir, el del joven desaparecido en la desgracia ocurrida en aquel pueblo el día 14, acordando se personasen en el lugar del hallazgo los familiares del mismo al día siguiente para su reconocimiento. En la mañana del domingo se trasladó el Juzgado con el médico forense don Vicente Sanjurjo y el municipal don Enrique Álvarez a Salave, y enpresencia de los familiares, y de numerosos vecinos de Foz que les acompañaban en esta triste peregrinación, se procedió a la identificación del cadáver, resultando, efectivamente, ser el del joven de 23 años de edad José María Fernández y Fernández, natural de la villa de Foz (…) por disposición facultativa no pudieron ser trasladados los restos del infortunado joven a Foz, como era el deseo de sus deudos, y después de practicada la autopsia, recibió cristiana sepultura en el cementerio de Salave, celebrando a continuación, en aquella iglesia, funerales por su eterno descanso”. Pouco podían imaginar os veciños de Salave que o lugar do descanso eterno de Xosé María non estaría no camposanto desa parroquia senón nunha tumba, algúns din que sen nome, do camposanto de Foz.

Deixemos que sexan as verbas de Suso do Bahía as que nos relaten o que aconteceu co corpo de Xosé María Fernández cando: Tempo mais tarde a nai do mariñeiro, María de Gabrieliño, quixo recuperar os restos do fillo e intentouno cumprindo a legalidade, pero os trámites eran longos e moi custosos para aquelas economías de subsistencia e, por suxerencia do cura párroco,don Xosé Louro, acordaron o seu traslado clandestino, para o que se contou coa complicidade da Garda Civil de Tapia e a de Foz, non dándose por enterada da manobra, cando naqueles tempos, tan convulsos, vixiábase a cotío todo movemento na beiramar; circunstancias patéticas, que deron lugar a actitudes dunha grande xenerosidade, altruísmo e valor humano .
Precisábase ademais unha embarcación disposta a asumir o grave risco da viaxe ilegal cun cadáver a bordo, labor ao que se prestou Xesús Lestegás, “ o Relámpago”, vello e recio lobo de mar da nosa adolescencia,, patriarca da coñecida e prestixiosa saga mariñeira, coa súa lancha “María”, da que era dono e que el mesmo mandaba.
O desembarco do cadaleito fíxose no muro da vella farola da Rapadoira e trasladouse á casa do armador, en Marzán, onde os restos de Xosé quedaron tres días alumeados por unha “mariposa”, ata que foron depositados no cemiterio parroquial.
A gratitude da nai durou por toda a vida; endexamais esqueceu a acción humanitaria, xenerosa, altruísta e arriscada do Relámpago”.


E así foi como unha historia que comezou como unha desgraza acabou rematando como unha historia de valor incalculable, de compañeirismo impagable e dun altruísmo tan propio dos de Foz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario