Buscar este blog

jueves, 9 de julio de 2015

AS ORIXES DO CONDADO DE FONTAO. TERCEIRA PARTE.





VASCO LÓPEZ DE MOSCOSO. 
Este segundo Vasco López de Moscoso era fillo de Vasco López de Río e Sancha Vázquez. Del sabemos que no ano 1531 xa falecera, pois dese momento data a apertura do seu testamento, documento do que falaremos con posterioridade.
Sabemos que este segundo Vasco casará con María Constanza López de Aguiar e que deste matrimonio nacerán os seguintes fillos :

Bernardo Ianes.

Ingresara como cóengo no mosteiro de San Martiño, razón pola cal renuncia a recibir parte algunha da herdanza familiar, razón pola cal seu pai  “doto e mejoro a los dichos Francisco Lopez e Sancho Lopez, mys hijos, a cada uno dellos en la terzia parte de todos mys bienes muebles e rayzes”. Se consultamos a documentación que xerou a visita realizada polo bachaler don Xoán Bautista López ao convento de San Martiño, o día 10 de maio de 1549, veremos que cando fala dos cóengos anota o seguinte: “y hallo que residian en el dicho monasterio por canonigos los bachilleres Bernaldo Yanes de Moscoso y Gonzalo Pillado y Alvaro Pillado y Fernan Leal juntamente con el dicho capellan y que todos eran sacerdotes y presbiteros de misa”[1].

Trala toma do castelo da Frouxeira, en mans de Pardo de Cela, por parte dos homes do capitán Mudarra este último doará ao Monteiro de San Martiño a cantidade de 24000 marabedís. A finalidade destes cartos era mercar unha serie de propiedades e co que xerase o seu aluguer pagar por unha fundación perpetua de misas. Esta fundación estaría destinada a pregar pola alma de todos os que faleceran na toma do castelo da Frouxeira.
 A propiedade mercada polo Prior, Ares Pérez Viladonga, será unha finca coñecida co nome de  Saa, sita en San Cosme de Barreiros. Mais  trala morte do citado Prior esa finca é os bens mercados en San Cosme son vendidos, “que las vendiera Bernal de Ianes quanto se entro en el dicho monesterio a Rui Sanchez de Moscoso de Ribadeo[2], que las lebaba quando se falesçio e despues del falesçido oyo dezir e se dize que entro en ellas Sancho Lopez de Moscoso por los hijos del dicho Rui Sanchez”. Tal vez debamos de aclarar un pouco isto. Así pois vemos como ao falecer o Prior Ares Pérez de Viladonga o coengo Bernal Ianes afora a finca da Saa a Roi Sánchez de Moscoso, casualmente parente seu, e trala morte deste os citados bens recaen nas mans de Sancho López de Moscoso, irmán de Bernal.
Outra propiedade vendida por Bernal, tal e como podemos ler no apeo de bens de 1540, foi “una caseria de heredad que tiene un casal viejo que es el Canpo de Modroy que se trata de una pieça que levara de senbradura (...)que esta pieça fue vendida oyo que al dicho Bernal de Ianes e a Lope Diaz de Trasmonte que agora las lieva”[3].

Vasco López.

 Este Vasco debe de se-lo menor dos seus fillos pois no testamento estipulase que debe de quedar ao cargo de seus irmáns Francisco e Sancho.
Recibe en herdanza a metade da aceña de Nois e unhas herdades, sen determinar, en Foz. Tamén lle tocarán dez vacas paridas “queden y sean del dicho Vasco con mas diez bacas filladas(...) y sy al tyempo de my falescimyento no oviere las dichas diez bacas filladas le paguen diez myll maravedis”.

Sancho López de Moscoso.

O maior dos seus fillos, continuará a liña familiar, por este razón recibe o lugar de Ferreiravella, “donde al presente vive, segun que esta cerrado de la una parte e de la otra”. Recibe tamén unha cortiña denominada A Ferolla, ademais da “heredad que ba fasta la congosta que ba para San Martynno (...) y con las byñas que ally tengo sobre el dicho lugar (...) con todos sus arboles e plantamyentos con todas las mys heredades do Requeyxo e da Beyga dos Casas e mas que hallaren ser myas e con mas la mytad parte de la my ferreyra syta en la felegresya de Santa Cezilya, mitad de todos los aparejos della, para que la labre y con la mytad parte de la my benera de la lagoa de Ferreyra”.

Francisco López.

Rrecibe a casa que a familia posuía na parroquia de San Miguel de Reinante;  ademais tamén lle tocará unha finca coñecida co nome de Chousa do Prado, que pertencera ao  tío de seu pai, Lope Sánchez.

O testamento de Vasco López  de Moscoso.

Segundo podemos ler no citado codicilio este fora redactado no lugar de Ferreiravella “fecho y otorgado en las dichas casas do vibe el dicho Vasco Lopez a veynte e dos de febrero del año del nascimyento del Nuestro Redentor de myll e quinientos e treynta e un años”. O escribán ante quen  se redacta o documento será Alonso García. Actuarán como testemuñas  os veciños de San Martiño Vasco Leal e Pedro Fernández de Labrada,  así como Gómez Basanta, Pedro Reymondo, Xoán García e Afonso, todos veciños do coto de Ferreira, incluso na parroquia de San Martiño.

No citado testamento aparte dos fillos, dos que xa falamos, aparece unha referencia a seu tío Lopo Sánchez, con propiedades en Fazouro e Foz, e ao fillo deste, Sancho Sánchez.
No testamento deixa moi claro o seu desexo de ser soterrado no mosteiro de San Martiño de Mondoñedo, na sepultura na que xa descansaban seus irmáns, Pedro Mariño e Alonso de Río, e para asegurarse esta manda deixa ao mosteiro a cantidade de 2500 reais que deben ser empregados no reparo do dito mosteiro, “el señor Vasco Lopez de Rio mando dos ducados e seys çientos maravedies por su sepultura syendo como era el mas princypal de la dicha feligresia”[4].

Ordena que trala súa morte non pasen máis de cinco horas antes de ser soterrado, sopesa no testamento a posibilidade de que a morte o colla pola noite, de darse ese caso ordena ser soterrado así amencese un novo día.

Misas:

A manda testamentaria máis abundante é a destinada ao ordenamento de misas tanto pola súa alma como a dos seus antecesores. A primeira manda estipula un número de misas, sen determinar, tanto para a súa alma como para “aquellos a quien soy otorgado”. A estas funcións deben de acudir tódolos cóengos do mosteiro así como tódolos sacerdotes que puidesen ser localizados.

Estipula Vasco López que nos primeiros nove días tralo seu falecemento débense de dicir oito misas diarias, cantadas e rezadas, quedando os seus herdeiros obrigados a dar de comer “a los pobres mas necessytados que se hallaren en la felegresia de Sant Martynno”. Ordena que se lle digan catro trintinarios rezados de San Gregorio no mosteiro, estipulando que tres han de ser abertos “por my anyma e de mys padre e madre e de las personas a quien soy a cargo”. Para cada un dos trintinarios abertos manda catrocentos marabedís e polo rezado manda de esmola 1000 marabedís, tendo que ser oficiados ben polo capelán ou polos cóengos do mosteiro de San Martiño.

Ordena que un romeiro acuda en peregrinación á igrexa da Guadalupe, sempre e cando o testamentario non tivese ido en vida. O romeiro debería mandar dicir unha misa no mosteiro da Guadalupe “con ofrenda y alunbrada”.

No apartado de mandas dedicado aos seus criados aparte de varias cantidades económicas, que se verán posteriormente, deixa un boi á súa criada María, filla dun tal Álvaro, en caso de que queira casarse. Para Santiago, criado que fora do citado Vasco, falecido antes de ser outorgado o testamento, ordena que se digan no mosteiro de San Martiño vinte misas votivas .


Mandas monetarias estipuladas no testamento de Vasco López de Moscoso

Cant. Marabedís
Parroquia
Concepto
2500
S. Martiño
Arranxo do mosteiro e como esmola pola sepultura.
1000
S. Martiño
Un trintinario de San Gregorio cantado.
1200
S. Martiño
Tres trintinarios de San Gregorio rezados.
185
S. Martiño
Ao sacerdote que lle collese a man no momento da morte.
200
Foz
Para a igrexa, sen especificar en que se deben gastar.
148
Santa Cilla
Para a igrexa, sen especificar en que se deben gastar.
1000

Para a igrexa, sen especificar en que se deben gastar.
400
Vilaronte.
Para a igrexa, sen especificar en que se deben gastar.
200
Benquerencia
Arranxo da igrexa.
400
Adelán.
Arranxo da igrexa.
3500
S. Xurxo de Buria
Para facer un cáliz de prata.
3000
S. Xurxo de Buria
Reembolso de cousas que levou da cura
54

Santa Cruzada e redención de cativos.
10
Mondoñedo
Hospital de San Lázaro.
10
Viveiro
Hospital de San Lázaro.
10
Ribadeo
Hospital de San Lázaro.
500
S. Martiño
Para comprar unha cama de roupa para o hospital.
100
Mondoñedo
Reparo do hospital.
54
Vilaronte
Reparo da ponte da Espiñeira.
54
Fazouro
Reparo da ponte de Fazouro.
2000

Doazón a Vasco Gómez, criado seu.
4000
Foz
Aos herdeiros de Lopo Conde e Maior Ianes, débedas.
4000

Aos herdeiros de Pedro López de Villarmea, porque os debía Pedro Mariño, irmán de Vasco.
500
Ribadeo
Ao mosteiro de San Francisco que adebeda pola fundación de Maior Pardo.
4000

Herdeiros de seu irmán Pedro Saavedra
2000

Xoán da Fondaia, criado de Vasco López.
1500

Xoán López, criado de Vasco López.
10000

María, criada de Vasco  López e  outros 1000 anuais.
1500
Foz
Debe esa cantidade a seu primo Sancho Sánchez.
10805

Que debe a Pedro Díaz de Trasmonte.
3000
Mondoñedo
Para o deán Xoán Pérez de Luarca, para que faga cumprir o estipulado no testamento.

57830
TOTAL



Oficios de Vasco López de Moscoso : ferrerías e xulgados.

Aparte de vivir das rendas, de igual maneira que o facían os nobres e fidalgos do contorno, o noso citado Vasco López de Moscoso exercía cargos públicos. A documentación amósanos como aparece exercendo o cargo de xuíz do coto de San Martiño o 12 de febreiro de 1515, nomeamento que recibira do bispo de Mondoñedo.[5] Este mesmo cargo será ocupado polo menor dos seus fillos, o terceiro dos Vasco, no ano 1566.

No apeo de San Martiño, de 1540, vemos como unha testemuña fai referencia a un suceso no que aparece implicado o noso Vasco López de Moscoso e o Prior de San Martiño. Trátase dun enfrontamento para solucionar conflitos por delimitacións xurisdicionais: bio al dicho cura, Ares Perez, porque venya a la Audiençia de Juez del dicho coto, que hera Vasco Lopez de Rio, que prendio a Afonso Garzia da Ermyda e lo echo en el tronco en su casa e palaçio, dizen que no pudian llamar siendo tal casero del dicho monesterio de Sant Martiño si no ante el e que el dicho Vasco Lopez lo callo e consentio teniendo por cierto lo que el dezia e que sienpre oyo dezir que los tales caseros que moravan e vivian en las caserias del dicho monesterio e que los abian de llamar a Juyzio ante el prior del dicho monesterio e no ante las Justicias del dicho Señor Obispo[6].

Pero Vasco López se dedicaba a outros menestreis, como era o traballo e venda do ferro. Traballo que se levaba a cabo no seu lugar de Ferreira, alusión inequívoca á existencia nese lugar dunha ferrería. Se consultamos o seu testamento apreciamos como inmediatamente aparecen referencias a este medio de vida e así vemos que constata que lle debe a Bastián Ochoa de Salbariarto, veciño de Bilbao, 35 quintais de ferro. Grazas aos datos aportados neste documento sabemos que un dos seus empregados chamábase Pedro de Miranda, “tyrador que fue en my herreria”, ao que lle debe catro quintais de ferro. Tamén se menciona unha débeda de ferro, esta vez trece quintais, ao veciño de Vilanova de Lourenzá Álvaro Rodríguez. Tamén encomenda aos seus herdeiros que se lle pague a Gregorio Pardo de Cervo “lo que faltare de la paga de treynta e dos quintales de fierro que le ube de dar”.

Ao seu fillo Sancho déixalle a mellor parte da herdanza, entre ela está a súa casa de Ferreira así como a metade da ferrería de Santa Cilla “e con mas la mytad parte de la my ferreyra syta en la felegresya de Santa Cezilya, mitad de todos los aparejos della, para que la labre y con la mytad parte de la my benera de la lagoa de Ferreyra”.

Nun artigo publicado por don Eduardo Lence Santar no periódico La Voz de Mondoñedo e titulado Nobleza Gallega: Los Moscoso podemos ler como fala deste Vasco López de Moscoso. Polos datos que amosa temos a certeza de que manexou o testamento do ano 1531. Pero o que nos sorprende deste artigo é cando Lence Santar afirma que o citado Vasco López de Mosocos “fué administrador del Hospital de San Martín de Mondoñedo[7]. Realmente descoñecemos que documentación empregou Lence para afirmar tal cousa. O que si sabemos é que o citado Vasco López doara ao hospital  de San Martiño de Mondoñedo a cantidade 500 marabedís co fin de mercar unha cama de roupa, pero tendo en conta a vinculación tan especial que tivo o seu descendente, o capitán don Antón Moscoso e Omaña, con este centro benéfico non sería de estrañar que formase parte da tradición familiar vincularse e favorecer ao hospital de pobres e peregrinos de San Sebastián sito en San Martiño de Mondoñedo.




[1] Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo de San Martiño 1540, declaración Gómez Basanta 148v..
[2] Este Rui Sánchez de Moscoso, veciño de Ribadeo, atopámolo no Tumbo da Colexiata de Santa María do Campo de Ribadeo, no documento número 11, datado o 5 de setembro de 1529 podemos ler: “que las casas que fueron de Ruy Sanchez de Moscoso, que santa gloria aya sitas en la rua de la carneceria, debaxo de la fortaleza desta dicha villa de Ribadeo, que agora de Elvira Ares, muger que fue de dicho Ruy Sanches, y de sus herederos y sobrina de la dicha Elvira Ares de Montenegro, se devia por las dichas casas y guertas veinte y quatro marabedis aniversaria de cada un ano segundo que  mas largamente los demandavan  los dichos beneficiados de la dicha Yglesia de Santa Maria del Canpo”. Arquivo Histórico Nacional. Tumbo de Santa María do Campo de Ribadeo. Clero-Secular-Regular. Libro 6488, fols. 26 r a 27 v.[3] Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo San Martiño 1540, declaración Gómez Basanta, fol. 148 v.
[4] Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo de San Martiño 1540, declaración Pedro de Lelle, fol.  14 r.
[5] Cal Pardo, H.: Mondoñedo, catedral, ciudad, obispado en el S XVI. Nº 3307. Páx.702. Remite a ACM doc. Sueltos A8, nº 215.
[6] Arquivo Catedralicio Mondoñedo. Apeo San Martiño. 1540. Declaración Diego Carballal, fol. 36 v.[7] Lence Santar, E.: Nobleza Gallega: Los Moscoso, editado no periódico La Voz de Mondoñedo, o día 21 de agosto de 1909, páxinas 2 e 3.

martes, 7 de julio de 2015

AS ORIXES DO CONDADO DE FONTAO. SEGUNDA PARTE.



VASCO LÓPEZ DE MOSCOSO E RÍO.

Nado do matrimonio entre Lourenzo Sánchez de Moscoso e Inés Alonso de Río. Deste personaxe  tan só temos atopado dúas referencias documentais, pero se ben é certo a carencia documental vese compensada pola riqueza de datos que eses documentos aportan.

A primeira referencia documental data do 6 de novembro do ano 1445. Este documento é un foro mediante o cal o Cabido mindoniense afóralle varias propiedades sitas en Vilaxoán. O interesante deste documento radica na información xenealóxica que aporta,  grazas a el sabemos o nome do pai e da muller de Vasco López de Moscoso. Así se nos di no citado documento que: “damos a foro perpetuamente juro de herdade a vos Vasco Lopes de Moscoso, fillo de Lopo Sanches de Noys que presentes estades et a vosa muller Sancha Vasques de Lobeyra absente et a todas as vosas voses as casas con suas vinnas et herdades et muynno et jures et pertenenças que esta enno lugar de Vilajuane con todas suas entradas et saydas et dereytos et voses que estan enno lugar de Vilajuane”[1].

Que na citada documentación apareza cambiado un dos apelidos do pai, que en vez de ser nomeado como Sánchez de Moscoso aparece como Sánchez de Nois, fainos pensar na posibilidade de que de Lope Sánchez de Moscoso tivese ou ben residencia ou amplas propiedades en Nois. Nesta mesma parroquia aparecerán, aínda que a mediados do século XVI, outros membros desta familia.

A muller de Vasco López de Moscoso, Sancha Vázquez de Lobeira[2], era filla de Pedro Mariño de Lobeira, deán da catedral de Mondoñedo. Podemos corroborar esta afirmación coa segunda referencia documental que existe sobre o citado Vasco. Trátase dun documento oficial datado o 25 de xullo de 1447 no que lemos “cabildo et o dito Vasco Lopes sobre o foro das casas et vinnas de Vilajuane que le avian aforado vivente o dean Pedro Marinno, seu sogro, por trescentos morabetinos vellos”. 

Pola documentación consultada soubemos que o deán Pedro Mariño de Lobeira tivera dúas fillas, a mencionada Sancha Vázquez e outra chamada Inés. O apeo de bens da parroquia de San Martiño de Mondoñedo, de 1540, está composto pola declaración de 24 testemuñas, unha delas é o veciño de Marzán Pedro Mariño de Lobeira. Este home afirma que súa nai se chamaba Inés Vázquez e que recibira bens de Vasco López de Moscoso para poder casarse, “subscedyo en sus vienes el dicho Vasco Lopez, el qual lo dyo para casamyento y en satisfazion de otros bienes a su madre, deste testigo, Ynes Vazquez”.[3] Esta dádiva tan só se explicaría por un parentesco entre Vasco e Inés, tal e como os apelidos apuntan coido que Inés era irmá de Sancha, polo tanto era prima carnal de Vasco López de Moscoso. Esta hipótese confírmase na mesma declaración testemuñal do veciño de Marzán Pedro Lobeira, pois ao falar dos seus fillos di que se chaman Álvaro e Vasco Rebellón. O nome do segundo explicaríase por ser Vasco López de Río seu tío. Ambos fillos exercerán o cargo de cóengos na catedral mindoniense. Do primeiro, Álvaro, seu pai afirma que posuía bens que pertenceran ao citado Vasco López de Río explicándonos a razón desa posesión. Segundo parece o mosteiro de San Martiño aforara ao crego de Foz, Diego Pérez, unha serie de bens e ao marchar este para Roma recaeran a favor de Vasco López de Río “aforaron a Diego Perez, clerigo de Santiago de Foz, que se fuera a Roma y dejara sus vienes al Basco Lopez de Rio, el viejo, un pedazo de campo y heredad de cuatro toledanos en cuio fundo dice recayo el Canonigo Alvaro Revellon, y que lo heredara con el lugar do Castro, por su tia Sancha Vazquez, muger de Juan de Vila”[4]. De ser correcta a información que apunta este derradeiro documento debemos de pensar que trala morte de Vasco López de Moscoso a súa viúva,Sancha Vázquez, casou en segundas nupcias con este Xoán de Vila ou de Vilela, xa que aparece con eses dous apelidos.

Nun documento datado o 5 de maio de 1460 vemos como aparece novamente Sancha Vázquez de Lobeira  preiteando co Cabido mindoniense polo foro do lugar de Vilaxoane, este documento certifica que nesa data Vasco López de Moscoso e Río xa estaba morto, “paresçeu Sancha Vaasques muller que foy de Vaasco Lopes de Rio et proposo et diso commo se finara o dito Vaasco Lopes et lle avian feyta quita do foro de Vilajoane”.[5]

Do matrimonio de Sancha Vázquez e Vasco López nacen varios fillos: Pedro Mariño, Pedro de Saavedra e Alonso de Río, estes tres estaban defuntos antes do ano 1531, así como outro Vasco López de Moscoso.

Descoñecémola razón da morte de dous de seus irmáns pero podemos afirmar que a morte Alonso de Río foi de maneira violenta “los vienes e hazienda que quedaran e remanesçieran de Diego Ramos, canonigo del dicho monesterio, el qual mato a Alonso de Rio, hermano de Vasco Lopez de Rio , e por que lo caparan e se absento por aquello el dicho Diego Ramos e se fue del dicho monesterio”.[6] 




[1] Cal Pardo, H.: Tumbos da catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado, nº 398 e 399, páxs. 356 e 357.
[2] Sobre Pedro Mariño de Lobeira, deán da catedral de Mondoñedo consultar Cal Pardo, H.: Tumbos da catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado. Grazas á documentación consultada sabemos que o citado deán estaba vivo o 6 de novembro de 1445 atopándonos a primeira referencia á súa morte o 16 de maio de 1446”pertesçentes segundo que son et perteesçen ao dito cabiido a qual dita administraçon vacou por morte de Pedro Marinno dean”.
[3] Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo de San Martiño 1540, declaración Pedro Mariño de Lobeira, fols. 91 r.
[4] Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo de San Martiño 1540, declaración Pedro Mariño de Lobeira, fols. 91 r.
[5] Cal Pardo, H.: Tumbos da catedral de Mondoñedo. Tumbo Pechado, nº 343, páx. 308.
[6] Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo de San Martiño 1540, declaración Gómez Basanta, fol. 148 v. Este cóengo Diego Ramos, aparece na documentación como o novo para diferencia-lo do cóengo Diego Ramos, o vello, pai do anterior.

lunes, 6 de julio de 2015

AS ORIXES DO CONDADO DE FONTAO.



 No boletín da Real Academia de Historia recóllese a solicitude presentada, o día 10 de marzo de 1972, polo concello de Foz para o deseño do escudo municipal, no mesmo artigo, aparte de recoller esta solicitude anotan a resposta dada o día 30 de abril de 1972 por Dalmiro de la Válgoma.

O concello de Foz solicitaba que a organización do escudo municipal fose a seguinte: “De azur – dice – una fragata de plata, vestida, grimpolada, y bandera enarbolada en popa, sostenida de ondas de azur y plata; 1º, de oro, cabeza de lobo, de su color, sangrante y linguada, de gules. El todo, timbrado de corona condal”.[1] O elemento da fragata respondía , segundo os membros da corporación encargada da realización do escudo municipal, a que dende tempo inmemorial en Foz construíanse barcos, “existiendo astillero de cierta importancia y crónica conocida”, supoñemos que esta última nota fará referencia á mención que o licenciado Molina fai sobre o porto de Foz. A comisión avaliadora  recoñece para este elemento da fragata que son “hechos indubitables y, de consiguiente, bien traída su representación a la armería en proyecto”.

O segundo cuartel do escudo, a cabeza de lobo, debíase, segundo os membros da comisión focense, a que Foz mantiña unha vinculación especial e moi próxima co conde de Fontao e coa familia Moscoso. Pero a comisión avaliadora responde “está, de indubitable prestancia local, bien que aquí no se acredite que, aun contando con señoriles bienes en Foz, ejerciese jurisdicción sobre la tierra en que se asienta. Tal circunstancia, al no ser oportunamente aducida ahora, se ha de entender como inexistente, aconsejando que esa referida figura – el lobo – que excluida de dicha armería, así como la corona condal proyectada como timbre del escudo dado que la creación del título del Reino, de Conde de Fontao, en el pasado siglo, carece de conexión histórica – tiénela genealógica -  con los iniciales y alcurniados López de Moscoso, aunque de los mismos procedan los Condes de Fontao”.

Queremos neste traballo facer unha breve incursión xenealóxica polas raíces do apelido Moscoso na Mariña lucense e máis concretamente nos membros desta familia vinculados co condado de Fontao. Abrangue este traballo dende o primeiro destes Moscoso, en concreto Lope Sánchez de Moscoso e remata en Antón Moscoso e Omaña. Somos conscientes de que o título de Conde de Fontao é de moi posterior concesión ao tempo vivido por Antón Moscoso, mais a razón para deternos neste personaxe hai que buscala en que el é a primeira persoa á que se lle concede, por parte do bispo frei Gabriel Remírez de Arellano, a xurisdición temporal, tanto civil como criminal, do termo de Fontao (23 de xaneiro de 1685).

Non pretendemos facer unha árbore xenealóxica da familia dos Condes de Fontao senón, tal e como o título reflicte, queremos amosar as orixes do condado de Fontao.

Para a elaboración deste traballo empregamos como base documental o testamento de Vasco López de Moscoso e o foro recibido por seu pai sobre as propiedades de Vilaxoane, ambos custodiados no arquivo catedralicio de Mondoñedo. Tamén consultamos a árbore xenealóxica presentada por don Xosé María Moscoso de Altamira e Quiroga para obter o título de cabaleiro da orde de Carlos III. Outra fonte documental atopámola na páxina web xenealoxías do ortegal.[2]

ROI SÁNCHEZ DE MOSCOSO.

O primeiro nome que podemos ler na árbore mencionada polo citado don Xosé María Moscoso é Roi Sánchez de Moscoso, que aparece como duodécimo avó seu, no apartado dedicado a este personaxe don Xosé María anota: “denominado el Bravo y de su esposa doña Ynes de Limia, hija de Alvaro Ruiz de Limia y de doña Ynes Sotomayor. Cuyo Rodrigo Sanchez de Moscoso era hermano de Bernal Yañez de Moscoso, señor de la casa y estados de Altamira, arzobispado de Santiago, de la que toman su titulo los Excelentísimos señores Condes de Altamira, sus sucesores”.[3]

Na páxina web www.euskalnet. net   falan deste personaxe do que din “nacido en 1420 y llamado el Bravo, que fue señor de las Casas de Altamira, Ulloa y Monterrey y uno de los más nobles caballeros de su tiempo. Tuvo por esposa  a Inés de Limia (...) murió en la batalla de Nájera[4]. Como se pode apreciar cométese un erro considerable nesta afirmación xa que a batalla de Nájera tivo lugar o 3 de abril de 1367.



ROI SÁNCHEZ DE MOSCOSO  II.
Na citada relación de don Xosé María menciónase como fillo deste Roi Sánchez de Moscoso a outro Roi, que debe de ser o que na páxina euskalnet aparece baixo o nome de Rodrigo de Moscoso y Limia e que dan por casado con Xoana de Castro, filla de Alonso de Castro, señor de Castroverde, e de María de Guzmán. Na citada páxina afirman que Rodrigo era señor das casas de Moscoso, Altamira, Ulloa e Monterrei polo cal nos semella imposible que estivese a exerce-lo cargo co que aparece na relación de don Xosé María “ Regidor que ha sido de la villa de Ribadeo, Provincia de Lugo; y de Doña Elvira Yañez de Montenegro, su esposa”.[5] Como podemos ver aquí xa nin coinciden cargos nin nome da esposa. Pensamos que a relación de don Xosé María debe de ter maior peso xa que para a súa redacción seguro que se empregaron testamentos familiares.


LOPE SÁNCHEZ DE MOSCOSO.

Aparece como décimo avó na relación presentada por don Xosé María, sobre el dise que estaba casado con dona “Ynes Alonso de Rio y Baamonde, su esposa, señora de la casa de Rio, en la parroquia de Foz”.

Na páxina web xenealoxías do ortegal, ao realiza-la árbore xenealóxica dos Moscoso de Fontao, anotan como esposa deste Lope a Inés Alonso de Río, pero noutra árbore xenealóxica, esta vez dos Moscoso de Compostela, anotan como esposa de Lope a Tareixa Pérez.

A documentación apoia esta segunda versión, na que Tareixa resultaría se-la esposa de Lope. Sabemos polas transcricións documentais realizadas polo arquiveiro catedralicio de Mondoñedo que o 12 de maio de 1349 o Cabido afóralle ao matrimonio composto por Lope Sánchez de Moscoso e Tareixa Pérez o castro de Castelo (Cervo) e os Pazos de Cangas.[6]
As investigacións que levamos realizadas fannos supoñer que Lope Sánchez de Moscoso aséntase na Mariña Lucense tras ser nomeado seu irmán Afonso bispo de Mondoñedo.
Trala morte da súa primeira muller, Tareixa Pérez, o citado Lope Sánchez debeu de casar en segundas nupcias con Inés Alonso de Río, señora, tal e como apunta na relación don Xosé María, da casa de Río.[7]




[1] Boletín de la Real Academia de Historia. Tomo CLXXI, nº3, ano 1974. páx. 220 e 221.
[2] Resumo da árbore xenealóxica http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/moscosofontao.htm  extractada esta información do expediente para opter o título de cabaleiro da orde de Carlos III que se pode consultar na seguinte páxina web http://pares.mcu.es/ParesBusquedas/servlets/Control_servlet?accion=3&txt_id_desc_ud=1540006&fromagenda=N
[3] Consulta-la mencionada páxina anterior folio 5 volto. Para un achegamento á familia dos Moscoso en Compostela recomendamos a páxina web http://www.euskalnet.net/laviana/gen_hispanas/moscoso.htm
[4] Ver páxina web euskalnet mencionada na anterior nota.
[5] Documentación extractada da páxina web pares (ver nota 3), fol 5 r e v.
[6] Sobre o foro do castro de Castrelo (1349/12 maio): “bispo de Mendonnedo entendendo que fasemos boa parança de nossa iglesia et de nossos suçesores damos a foro a vos Lopo Sanches et a vossa muller Tereixa Peres por en vossa vida et de vosso fillo qual nomeardes vos ou ela ao tenpo  de vosso finamento o nosso castro de Castelo con todas las suas herdades et casas que ora y estan feytas segundo que o tinna Johan Peres fillo de Domingo Peres de San Cibrao”. Aínda que poida ser máis interesante o foro que se realiza na mesma data pola cal o citado Lopo Sánchez recibe en foro do Cabido mindoniense unha viña e un pazo na parroquia de San Pedro de Cangas: “por quando Domingo Peres de San Çibrao que fuy que tinna aforada a vinna et paaços de noso celeyro de Cangas por çerto foro et leyxou o foro en seu fillo Johan Peres et este Johan Peres non quiso o foro et nos frontou que o reçebessemos por quanto non achava quen lavrar as vinnas do dito lugar por las gentes que desfalesçeron por quanto a vinna nen o lugar non desfalesca damos a foro a vos Lopo Sanches, nosso yrmao et a vossa muller Tereixa Peres por vossa vida et de hun vosso fillo que dela ouverdes qual vos et ela nomeardes a dita nossa vinna de Cangas et os paaços”. Cal Pardo, H.: Tumbos del archivo de la catedral de Mondoñedo. Calendarios, nº 923 e 924, páxs. 347 e 348.

[7] Artigas, Pelayo.:  Antiguas familias de Soria. Los Salcedo y los Río, progenitores de los condes de Gómara, en Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. Ano XXIV, meses Outubro e Decembro. 1920. nº 10, 11 e 12. Páxina 515: “ Los Ríos, según Martel, eran “gente principal y hacendada en la ciudad de Soria” y traían su origen de Galicia “en el solar que llaman Río, que es una casa con su torre en el coto y feligresía de San Martín de Mondoñedo, al cual solar eran tributarios y pecheros todos los vecinos y moradores del distrito, pagando cada uno de ellos, al tiempo de su muerte, al señor del solar, el derecho que llaman de luctuosas, que es la mejor pieza mueble que tenía el difunto, en reconocimiento de vasallaje”.

martes, 23 de junio de 2015

CORSARIOS EN RIBADEO: O BARCO CORREO GRIMALDI. 1780.


Cando falamos de Ribadeo vénsenos enseguida á mente a súa faceta de porto comercial, lembremos que mantiña contacto con portos europeos, do estado español, ingleses e como non con portos americanos.

Mais tamén Ribadeo era unha das paradas obrigadas que os barcos correos realizaban no seu periplo dende a América do Sur aos portos do norte peninsular.

Este servizo de correos tiña un carácter trimestral, pero despois do ano 1778 pasará a ser bimensual. Comezaba este servizo no ano 1767, sendo establecido polo marqués de Grimaldi . Tiña como fin cubrir as necesidades postais entre o territorio español e as súas colonias de Cuba, Arxentina  e Uruguai. Outro destes servizos de correo, anterior ao do que estamos a falar, fora establecido polo rei Carlos III no ano 1764 unindo Coruña coa Habana.

Unha vez chegado o correo a Montevideo continuaba, empregando un sistema de lanchas, ata as cidades de Bos Aires, Chile, Potosí  ou Asunción, entre outras.

Este servizo de correos remata no ano 1814 co perda, por parte do estado español, da cidade de Montevideo.

Un dos barcos que realizaba este servizo era o paquebote O Grimaldi. Sabemos que este barco recalou no porto de Ribadeo a lo menos dúas veces, iso non quere dicir que non o fixese máis veces, tan só indica que non atopamos máis datos relativos á súa estadía en Ribadeo.

En xuño de 1780 entraba no porto ribadense; sabemos isto grazas a unha partida de defunción datada o 15 de xuño dese mes, segundo a cal sabemos que soterran a “Joseph Montero, marinero y vezino que dijo ser de Sebilla, el qual murio al anochecer del dia trece del corriente mes y año en el hosptial de San Sebastian de esta dicha villa, administrado de los Santos Sacramentos, sin haver hecho disposicion testamentaria alguna que a lo menos aya llegado a mi noticia, quien venia envarcado en el aviso correo de Su Magestad llamado El Grimaldi, que aporto desde Montebideo a este puerto”. 


A seguinte presenza, polo menos documentada, deste barco en Ribadeo data do ano 1793. Así vemos como o día 30 de outubro sotérrase “a un pobre marinero vizcayno llamado Juan Antonio Bengoechea, el que hiva para el Real Servicio en el paquebote correo nombrado el Grimaldi”.

Cando descubrimos a partida de defunción de Xosé Montero sempre nos intrigou saber a causa da súa morte e o porqué da súa estadía en Ribadeo. Hoxe podemos contestar a esas dúas preguntas xa que fomos quen de atopar un dos cadernos de bitácora do pailebote O Grimaldi, en concreto o do ano 1780. Esta documentación está dixitalizada na páxina web (pares.mcu.es) e trala consulta dese libro de bitácora do ano 1780 soubemos que O Grimaldi entraba en Ribadeo sendo perseguido por dous barcos corsarios ingleses.

Quixemos que fosen as verbas do capitán as que nos contasen o sucedido.

Sabemos polo caderno de bitácora que estando fondeado preto da Coruña avistan “a las 10 de la mañana en que se havistó por Barlovento la ynesperada valandra Ynglesa”, que viña con vento a favor. As 10.30 o capitán decide saír a mar aberto buscando un vento favorable que lle permitise entrar no porto da Coruña, “lo que me salio frustrado por haber el enemigo observado la misma evoluzion”. Ante o frustrado intento de entrar en porto coruñés o capitán decide, aproveitando os ventos, escapar do barco inglés. Nestas se atopaba cando, a iso da unha da tarde, avistan outra fragata inglesa, compañeira da que os perseguía, ante iso, “viré en tierra, con las amuras a babor, a cuio movimiento harribó con vandera franzesa que aseguró con bala, a que le correspondi con la de armas y gallardete”. Tras ese primeiro cañonazo o capitán do Grimaldi ordena disparar “con un cañon de los de proa, cargado de vala y metralla, tambien enfilada que en el tiempo de la ratificazion le cruzó todo su aparejo a lo que vajó la Franzesa y un poco despues largó la Ynglesa, de campo blanco bastos azules y encarnados cuias insignias caracterizan el pabellón de Guerra Británico”. Ante esta situación o capitán toma as seguintes medidas: serrar e cravar as escotillas para impedir que a xente baixase “al entre puentes sin que por esto dexase de haver sobre cubierta seis tiros de pertrechos y demas correspondientes al manejo del cañon”.

O capitán ordena ao oficial encargado da bandeira que non permitise arriala baixo ningún concepto. Outra orde que recibe o citado oficial é que lle disparase ao capitán  en caso de que este lle ordenase arriala bandeira, así mesmo ordena aos encargados da bandeira, dependentes do citado oficial, que lle disparen ao seu superior en caso de que este queira arriala. Ordena aos cabos de artillería que disparasen sobre os seus subordinados en caso de fraquear, tamén ordena aos subordinados que disparen aos cabos en caso de que estes queiran renderse.

Estaba o capitán dando estas ordes e preparando o barco cando “sufrimos el fuego graneado que hizo el contrario, sin que le disparasemos un solo tiro; hasta que no nos incorporamos bien, de forma que los tacos hiziesen su dever, que fue hallandonos como un cumplido del Navio, en que emparejando los palos maiores le dimos la primera descarga aun tiempo, tambien empleada que no tan solamente consegui el rechazarle por ser su animo el cortarme, sino el desvastarle el paño maior, trinquete, amantillos de la botavana y otras maniobras, dexando el estrago hecho en la tripulacion que por razon natural le haria con dicha descarga, por ser todo metralla a boca de jarro y tener su jente a cuerpo baronil y en pelotones por ser tantos”.

O barco inglés manobra buscando vento favorable, momento que aproveita o capitán para buscar un porto seguro xa que a compañeira da fragata estábase achegando perigosamente, “al poco rato se me presento costado a costado rompiendo el fuego, al que nos correspondimos reciprocamente. De esta descarga experimentamos algun daño en las maniobras y velas y un balazo al lumbre del agua por babor bajo la mesa guarnizion maior cuia brecha paso de dos varas”.


Os homes destinados na zona de canóns próxima ao lugar do impacto inimigo eran os que máis sufrían, aos que o capitán non pode ir alentar pois atópase “medio caido y turbado en el parapeto de la xarzia maior de babor de resultas de algunas balas de metralla” que impactaron próximas a el. Por outra banda a fragata inimiga atopábase “medio mal tratado en el aparejo y con la botaba al lado de babor como que dava vanda para tapar algunas aguas”. A tripulación do Grimaldi prepárase para realizar unha terceira descarga, “mandeles cargar sobre la maestra de los 6 cañones y pedreros, con maestra, y metralla, para decedir la suerte favorable que esperava del contrario”.


O capitán agardaba que a fragata entrase outra vez de costado pero esta imitaba os seus movementos “de tal forma , que haviendose asegurado el flanco, o quadra de babor en popa, principio sobre una guiñada que dio para barlovento el fuego, de forma que me sacrificava, cuio basto modo de guerrear por el contrario me preciso a coger la bocina y llamar al capitan para que entrase en combate”; o citado capitán de artilleiros decide “tirar al Pavellon 16 balasos de fusil y metralla todos bien empleados por los ahujeros que a dicha vandera le quedaron”.  

Cando a fragata inimiga ataca por terceira vez O Grimaldi responde cos dous canóns de popa, “cargados de metralla y pedreros en particular con dos obuzes de calibre de a 3 que me sirvieron mucho en el lanze”. Atopábase O Grimaldi a escasa media légoa de terra “y como ya el navio no governava por lo mucho calado o sumerjido que se hallava del agua que havia en la bodega, entrada por la brecha del ya menzionado balaso, me determine hir a puerto”.
Cando os ingleses se preparan para o abordaxe o capitán do Grimaldi responde disparando os canóns de popa “y pedreros ya en la misma boca del puerto de Rivadeo, en que di fondo a las 5 de la tarde”.

A brecha  aberta por unha bala de canón seguía a meter auga dentro do barco, situación que obrigou ao capitán a botar áncora onde puido “hechandose al agua 4 marineros nadadores acompañados del buzo Josef Montero, de cuio trabajo murio por haverle cojido sudado quando se hecho al agua a tapar la brecha en el costado de babor”. Estando en tan crítica situación “me llegó el socorro de las lanchas, gentes y tropa del pais”, cando esta chega comezan a achicar coas bombas e a tapar a brecha, mais todo o que facían non freaba a entrada de auga e o conseguinte afundimento do barco; por esta razón o capitán decide trasladar a artillería “pedreros y demas que he podido a una embarcacion portuguesa que para este fin estava al costado, con lo que consegui tumbar lo nezesario hasta descubrir enteramente la arriba dicha brecha, que se tapó provisionalmente con encerados al cerrar la noche”. Unha vez tapada a brecha e activadas de novo as bombas de achique “consegui a las 9 de la mañana del dia de Corpus el tener enteramente libre de auga la bodega”.

Cando amence comproban que a fragata inglesa se atopaba nunhas condicións tan deplorables coma as do Grimaldi, pero alí seguía, agardando, protexida pola súa compañeira.  Esta situación de espera durou ata que o  día 28 de maio entra en Ribadeo un balandro portugués, o seu capitán asegura ter falado co capitán da fragata inglesa e que lle dixera que estaba moi “irritado por la perdida de 22 muertos y varios heridos en el combate”, tal vez por iso seguía agardando para vingar as mortes dos seus homes.

A espera debía ser tan tediosa que motivou que o día 8 de xuño a fragata se presentara na boca do porto “con maniobras que intentaba bloquearle”, algo que non consegue pois comeza un terrible e prolongado “aguazero que le hizo desistir del pensamiento”. O capitán do Grimaldi estivo agardando a que a fragata inglesa abandonase a entrada do porto de Ribadeo durante 44 días.

 O día 23 de xuño “haviendo rejistrado desde la Talaya del puerto en que me hallaba (Ribadeo) los orizontes, no haviendo visto nada me principié a elebar y a las 7 de la mañana me hallava en vela”.
Remataba así a peripecia do Grimaldi contra dous barcos corsarios ingleses diante das costas de Ribadeo, nese ano de 1780.






martes, 2 de junio de 2015

A LENDA DO BISPO SANTO. VISIÓN DE COTARELO VALLEDOR. 1907.

Este mes de xuño o noso concello celebrará, como fai dende hai algo máis de 500 anos, a festa do Bispo Santo. Para rememorala traio hoxe aquí este artigo escrito por Armando Cotarelo Valledor no periódico La Correspondencia Gallega: diario de Pontevedra, (5 de xuño de 1907) e titulado Los Normandos en el Obispado de Mondoñedo.

Armando Cotarelo coñecía de primeira man a lenda do bispo Santo, non debemos de esquecer que naceu en Vegadeo no ano 1879 se criou nesta comarca, seguro que dende a súa máis tenra idade escoitou dos seus maiores o relato do milagre de San Gonzalo e non descartamos que asistise á festa do Bispo Santo á que tanta xente concorría.

Esta masiva concorrencia á ermida do Bispo Santo non é algo tan recente, temos noticias de que no ano 1704 esta festa convocaba a un grande número de persoas, tanto das parroquias veciñas, como de parroquias máis afastadas, incluso temos constancia da chegada de grupos de asturianos e de peregrinos “a Santiago, que se desvían de su camino para hacer aquí sus rogativas”.

O arquivo de Cotarelo comeza falando do río Masma, do seu nacemento nas Sasdónegas e da súa desembocadura na zona de Vegadeo. Inmediatamente despois empeza a falar de San Martiño de Mondoñedo do que afirma que se converte en Sé episcopal trala destrución de Bretoña aló polo ano 870. O San Martiño contemporáneo ao relato de Valledor era un lugar de paz  “que abarca unas doscientas sesenta casas repartidas en diecisiete lugares (…) La iglesia parroquial es antigua y magnífica y en la aldea del Carmen existe una capilla de este nombre visitada con especial devoción por la gente del mar; no lejos, en el lugar de Mourente, está la del Obispo Santo, á la cual concurren en copiosa romería multitud de mareantes de las vecinas playas”.

Como pode comprobar o lector no artigo fálasenos de dous santos aos que os mareantes son fieis (San Gonzalo e a Virxe do Carme) aínda que o santo patrón do gremio de mareantes era San Pedro. Na confraría de San Pedro de Foz era onde se anotaban os mareantes desta parroquia. Dos dous santos aos que veneran os mareantes San Gonzalo é moito máis antigo xa que a entrada do culto de veneración á Virxe do Carme ten lugar a partir do século XVI. Na catedral de Mondoñedo dicíase unha misa diaria en honra de San Gonzalo dende mediados do século XIV.

Posteriormente Armando Cotarelo comeza a relatar o milagre de San Gonzalo; primeiro falando dos normandos, aos que define como “osados y terribles piratas” dedicados a asaltar as poboacións costeiras, “merodeaban por las costas de Galicia en el año de 846. Una armada inmensa de ligerísimas naves invadía el mar; con sus grandes y blancas velas hinchadas por el viento Norte y sus largos remos batiendo las olas se dirigían veloces, ávidos de botín, en demanda de la costa sobre San Martín de Mondoñedo. Los aterrados pecheros, escasos e inermes, acudieron al prelado, que lo era Gonzalo. Rodeóse éste de sus clérigos y  de su mesnada y se dirigió hacia el mar; desde la cruz llamada de Agrelo hasta el lugar en que hoy se levanta la ermita caminó de rodillas; la flota se acercaba formidable, escuchábase el canto de guerra de sus tripulantes y se veían sus escudos relumbrar al sol. El prelado oró breves instantes, extendió su brazo y la terrible escuadra se hundió en la mar, anegada por repentinas y furiosas olas; todas las naves perecieron, excepto una sola, la del jefe que huyó á trapo desplegado llevando á las otras armadas la nueva del desastre. Tal es el milagro del Santo Obispo cuya tumba se venera en Mourente y que abierta en 1648 reveló una cruz dorada al lado de un cadáver. Las gentes del país han tenido desde tiempo inmemorial, por santo á Gonzalo y aunque la iglesia se opuso á un culto no sancionado por ella no fue posible desterrarle de la costumbre.
Si bien no hay argumentos decisivos que exponer en contra de esta antigua tradición, muy aceptable á los ojos de los historiadores, hánse de tener presente varios reparos. Por de pronto no se halla referida en ninguno de nuestros antiguos Cronicones setemptrionales (Sampiro, Albelda, Cronicón Iriense, Historia Compostelana, etc..) ni por los historiadores árabes (Abén Jaldim, Abén Cotiya, Abén Adhasi, etc..); que nos comunican preciosas noticias de los normandos; descansa sobre la tosca relación de documentos de la parroquia, alegaciones curialescas del siglo XVII con motivos de pleitos entre la feligresía de San Martín y el Cabildo de Mondoñedo. No hay para que decir que por lo tanto no figura tal naufragio en las grandes historias de los normandos. Tampoco aparece el nombre de Gonzalo en los episcopologios mindonienses, y por último, y esto parece lo más grave, la fecha del suceso es de todo punto inadmisible, en 846 San Martín de Mondoñedo, no era cabeza de silla episcopal, ni había en Dumio prelado de nombre Gonzalo. Solamente puede colocarse este obispo entre los años 942 y 969, y aun podría, acaso, compaginarse la tradición con la historia poniendo la pérdida de la flota del vikingui normando hacia 966, esto es, sobre la época en que los audaces piratas del Norte comenzaron á infestar por ver tercera las costas de Galicia.

Portada do libro Recuperación da memoria histórica de Foz. 
Debuxo de Xoán Balboa.

O artigo foi escrito en Santiago o 26 de maio de 1907.

Con todo o respecto posible debemos de facerlle certos reparos a este artigo:

Primeiro:

Sorprende que no relato do milagre mencione que o Santo fora de xeonllos dende a cruz do Agrelo ata a ermida cando, como todos sabemos, a citada ermida está no monte coñecido como A cruz do Agrelo. Tal vez Cotarelo Valledor, ao presenciar como os romeiros e os ofrecidos daban de xeonllos a volta a ermida do Bispo Santo, chegou a conclusión de que nun principio San Gonzalo fixera

igual; algo que sabemos que non é certo pois, segundo nos teñen contado, o milagre ten lugar na procesión de preces que dende San Martiño sae ata o monte do Agrelo e no momento en que el finca o xeonllo en terra para descansar e orar ao mesmo tempo.

Segundo:

Afirma que a tumba do Bispo Santo estaba en Mourente cando o seu sartego sempre estivo no lugar no que está actualmente, na basílica de San Martiño de Mondoñedo. Certo é que sobre este tema Valledor non será a única persoa que afirme que a tumba estaba na ermida.

Terceiro:

Valledor asevera que na apertura do  sartego do ano 1648 atopárase unha cruz de ouro. A citada apertura ten lugar, moi probablemente, en agosto dese ano estando presente o bispo Torres e Grijalba. Nada se sabe do que apareceu nela pero a seguinte apertura é baixo a prelatura de Navarrete e ten lugar no ano 1705, un 5 de xaneiro ás 7 da tarde. Nela non se fai mención algunha a unha cruz de ouro pero si se menciona un cíngulo dese metal, probablemente cometese un erro o señor Valledor sobre a peza atopada no sartego.

Cuarto:

Afirma Armando Cotarelo que no episcopoloxio mindoniense non hai referencia algunha a ningún bispo co nome de Gonzalo. Nótase aquí que o escritor de Vegadeo non consultara a España Sagrada, obra  do pai Henrique Florez, que no volume XVIII, dedicado ao bispado de Mondoñedo (publicada en 1764), menciona a un bispo chamado Gonzalo e que o sitúa entre os anos 1071 e 1112 e a outro Gonzalo, este último situado entre os anos 1319 e 1326. Aparte destes dous bispos chamados Gonzalo na obra do pai Flórez  menciónase a un “Santo Obispo Gonzalo”( páxinas 293 a 296).


lunes, 1 de junio de 2015

A LENDA DO BISPO SANTO. VISIÓN DE RAMÓN SALGADO TOIMIL.


Don Ramón Salgado Toimil, mestre en Foz e animador cultural do noso concello, era un namorado da historia; aproveitaba calquera momento e ocasión para escribir sobre a historia do noso concello. Este artigo que hoxe publicamos titúlase Santuarios Gallegos. La ermita del Obispo Santo e foi publicado o día 1 de xaneiro do ano 1943 no periódico El Pueblo Gallego.

Transcribímolo tal cal saiu no seu momento para transportar ao lector, a través das verbas do mestre focense, a aqueles tempos da primeira metade do século XX.

“SANTUARIOS GALLEGOS. LA ERMITA DEL OBISPO SANTO.

 Al estudiar San Martín de Mondoñedo como iglesia comprendida dentro del flujo de las peregrinaciones a Compostela, hemos citado la visitada capilla que en el alto Mourente, antiguamente nombrado A Cruz do Agrelo, sobre una panorámica colina que domina el mar hasta bien adentradas las costas de Asturias, una de las atalayas más abiertas y hermosas de nuestras rías, conmemora, no lejos de Foz, el milagro del hundimiento de las naves normandas por las oraciones del Obispo San Gonzalo. Ocurrió el prodigio que los historiadores cuentan con maravilla de detalles en el siglo X, según la crítica más autorizada. ¿De qué tiempo arranca la erección de esta ermita? Casi seguro que no mucho después del santo Prelado, cuando estaba, todavía viva en olor de santidad su memoria y fresco en el alma del pueblo el recuerdo de sus milagros. Creemos que hay que dar a este histórico santuario la misma antigüedad que al culto tributado por estas gentes a su Titular. Y de la información ordenada en 1704 por el prelado mindoniense señor Navarrete, veinticuatro testigos estuvieron contestes en afirmar que, según tradición inmemorial de sus mayores, “movidos los naturales del gran concepto que hicieron después del prodigio de las naves que obró dicho Obispo Santo así como del milagro de la Fuente de la Zapata, que está cerca de la Iglesia del Priorato y que se dice haber brotado allí bajo la virtud de las sandalias del Santo, lo trataron como tal y después de sus días le edificaron una ermita en el Agrelo donde obró el milagro de las naves con su altar e imagen; y en la iglesia le colocaron en un sepulcro de piedra honorífico, y levantado del suelo en que está su cuerpo y sobre el pusieron un altar pintado en la pared con la imagen del mismo Santo en que se ha dicho misa y dice hasta hoy en día y los prelados por su devoción, la dijeron allí estando en la visita de San Martín de Mondoñedo”. Hechos que consignó también como tradicionales, ya en 1632, el párroco de Foz don Diego de Río.

De esta capilla, que según escribe Flórez, en España Sagrada, por ser antiquísima hubo de ser reedificada en el siglo XVII, fue patrono el Cabildo de Mondoñedo, mientras estuvo enajenada del Real Patronato la Iglesia de San Martín, pero dejó de serlo desde la sentencia recaida el 2 de octubre de 1745 en el famoso pleito que en defensa de las regalías de la histórica colegiata tesoneramente sostuvieron sus priores contra la Mitra y el Cabildo.

Costumbre secular que venía de los días en que San Martín era asiento de la sede dumiense y que fue perdiéndose años antes de 1849, era concurrir a la ermita del Obispo Santo todas las cruces parroquiales de la redonda en rogativa los tres días de letanías menores que preceden a la Ascensión, especialmente la víspera de esta festividad. Por la escritura existente en el archivo parroquial referente al particular venimos en conocimiento de las que concurrían a esta procesión de las letanías y que eran las que entonces integraban el Arciprestazgo de la marina cuya cabeza es San Martín.
Por los caminos trillados de la tradición, en cuya costumbre inmemorial, da  fe  la referida información del señor Navarrete, acudían  a este histórico santuario frecuentes romerías poseídas por el inextinguido fuego de una devoción secular que se hallaba encendida en las almas a lo largo de todas la tierras del Norte de Galicia y Principado de Asturias.

Fotografía realizada por Carlos Andrade. 

Pero, sobre todo, eran muy sonadas las romerías de los días de Pascua del Espíritu Santo. Lo mismo que en su vecino San Andrés de Teixido, ya en víspera de la fiesta mayor, lunes de Pentecostés, comenzaban a afluir en legión los romeros, especialmente los de “lonxe”, que entre otros lugares aromados por la leyenda de santidad de Taumaturgo, visitaban con rendida veneración la fuente de la Zapata, cuyas aguas milagreras eran bendecidas dicho día y llevadas cual bálsamo curativo a los hogares creyentes, así como la grandeza histórica y arqueológica de la vieja Catedral de San Gonzalo, cuyo relicario besaban postrándose ante las cenizas del Santo Obispo, guardadas con las sandalias, cíngulo, anillo, báculo (1) y otros retazos de ornamentos casi incorruptos en un sarcófago antropoideo de piedra que, después del reconocimiento realizado en tiempo de los obispo señores Grijalba y Navarrete (1648 y 1704) para evitar profanaciones y sustracción de reliquias por la piedad mal entendida de las gentes, se ordenó cerrar con fajas de hierro y tres llaves de una de las cuales era guardián el Obispo, de otra el Cabildo y el Prior de San Martín de la tercera.
Ya que del báculo y anillo pastoral de San Gonzalo hacemos mención, notaremos que son joyas singularísimas, las más antiguas en su género entre las existentes en España. En el remate de su voluta de plata ostenta el báculo, que con vestigios de haber sido dorado, es de madera desconocida y ligerísimo en su peso, una cabeza de serpiente con una manzana en la boca; el anillo es de oro, bien pesado, con un águila en cuyos ojos fulguran dos piedra preciosas, y en él se lee con caracteres góticos “nolo ese datus nec venundatus” (no quiero ser dado ni vendido).

Luego, a la caída dela tarde, acompañar procesionalmente la imagen del Santo desde la iglesia prioral a la ermita, por el mismo camino pedregoso de la leyenda, por el que el milagroso Obispo, vestido el cilicio, los pies descalzos y con una cruz sobre los hombros, subió seguido del pueblo y de sus canónigos al alto de Agrelo desbaratando y hundiendo las naves piratas de los normandos, cada vez que el peso de la cruz le obligaba, por su avanzada edad, a arrodillarse, enarbolándola a fin de que todos juntamente la adorasen.

Con la aurora del lunes de Pentecostés retumban de nuevo las bombas anunciadoras de la gloria del día. Arrástranse de hinojos, alrededor del santuario, en cumplimiento de sus votos, peregrinos creyentes con el alma encendida en una devoción sincera. Y después del Misote, o gran Misa solemne, entre el vuelo del esquilón, salvas de pólvora y los sones de la banda popular, sale el Santo Obispo Libertador de piratas, encima de su pavés procesional, vertiendo sobre el homenaje de las generaciones reverentes la gloria de su bendición.

Después, cumplidos los votos y devociones, bailes, vino y amor. Como en los “pardones” de la Bretaña francesa, a la sombra de la ermita que protege y persona, los rezos y las danzas, las penitencias y las borracheras, con la misma gracia pagana que rezuma de los odres viejos, como reminiscencia de aquellas danzas ritualísticas que tan profundas raíces tuvieron en Galicia, adquiriendo un carácter religioso que San Martín de Braga reprende en su “De corretione rusticorum”.

Y cuando por enciam de la umbría de los pinares llega la noche con su tiro de caballos negros, con las últimas salvas de honor retumbando en las hondonadas de la tierra y del mar, las últimas coplas de los romeros que retornan: “Santo Obispo Gonzaliño / santiño dos mariñeiros / danos o vento de popa / que imos sin timoneiro. / viñen este ano ao Santo, / pro ano hei de volver, / quedoume a miña monteira / no seu altar por coller. / Obispo Santo Gonzalo / que venciches as naves mouras / deféndelle a esta romeira / o mociño qu’ela adoura. / Na fontiña da Zapata / bebín auga milagreira / e na capilla do Santo / toleei por unha meiga”.

Remata o artigo afirmando que toda esta documentación está recollida do libro titulado San Martín de Mondoñedo, que está en imprenta. Non sabemos se o citado libro chegou a saír publicado.