Buscar este blog

martes, 22 de septiembre de 2015

DOUS CASOS DE CENCERRADAS. VILARONTE E MARZÁN.



Segundo podemos ler no artigo titulado Instrumentos para as Cornetadas, que aparece no portal do Consello da Cultura: “Foi costume na Galicia rural celebrar moitas vodas no máis absoluto secreto, sen nin sequera facer públicas as consabidas proclamas (monicións) na igrexa. Isto era provocado normalmente porque os noivos non querían invitar a viño aos mozos da parroquia, nin tampouco agasallalos co baile de rigor, ou tamén por considerar que o seu matrimonio ía ser susceptible de “marmuracións” (viúvos que casan, homes vellos casados con mozas etc.). Cando os mozos dunha aldea se decataban de semellante acontecemento, tiñan por costume facer unha cornetada ou cencerrada, costume que temos documentado por toda Galicia. Nelas os mozos do lugar, pois nunca as mozas nin as mulleres participaban, “castigaban” os noivos propinándolle un estrondoso recibimento á saída da igrexa aderezado con coplas satíricas e mordaces”.

http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/os-idiofonos/instrumentos-para-as-cornetadas/

O noso concello non foi alleo a esta costume. Aínda hoxe algúns veciños cos que temos falado nos din que lembran ter escoitado que a fulano lle fixeran unha cencerrada os rapaces. Para evitar esta costume os noivos optaban ben por non realizar proclamas, tal e como menciona o anterior artigo, ou ben realizar o matrimonio a hora intempestivas. O historiador local mindoniense, Andrés García Doural, ten recollida documentación relativa a matrimonios que tiñan lugar no convento de Alcántara as 6 ou 7 da mañá, todo para evitar a tan molestos convidados.

No xornal El Eco de Santiago, no seu número do 13 de outubro de 1896, podemos ler a noticia de que  un veciño de Vilaronte, “ha sido bárbaramente apaleado”.

Cal é o delito cometido por este bo home?.

O delito cometido foi atentar contra a tradición cultural intentando evitar unha cencerrada.

Este veciño de Vilaronte, que xa enviuvara dúas veces, decide casar por terceira vez. A futura esposa tamén xa enviuvara unha vez. Estaban ambos incluídos no apartado de viúvos que van casar, razón pola cal “los mozos del lugar tenían proyectado obsequiarles con una cencerrada, como es costumbre hacerlo en nuestro país”. Por esta razón os mozos de Vilaronte congréganse no adro da igrexa, mais os novos noivos e o cura párroco, sabedores de que se ía realizar unha cencerrada, deciden evitala. Razón pola cal o cura “hizo la ceremonia a puerta cerrada”.
Trala voda o cura párroco comprobou que os rapaces de Vilaronte seguían agardando no adro da igrexa a que saísen os noivos. Decide logo saír a falar cos mozos e entretelos mentres que os noivos saen pola porta de atrás cara a casa reitoral. A xogada saíu mal e os noivos foron vistos recibindo “en vez de cencerrada, recibió el novio una tremenda paliza y algunas puñaladas, habiendo sido conducido a su casa en grave estado”.


Algo menos violenta, pero non por iso menos incómoda, foi a cencerrada que tivo lugar en Marzán en agosto de 1902. O día 20 dese mes casaban o capataz de estradas Manuel Vázquez con Encarnación Moreda “No conocemos las circunstancias personales de los cónyuges; pero algo debieron encontrar de anormal y de inusitado en la tal boda los mozos de Marzán, o acaso todo haya sido no más que instinto jueguista y alborotador: ello es que los desposados eran obsequiados á diario con poco gratas serenatas en las cuales tomaban parte, como instrumentos, las latas de petróleo, caracoles marinos y otros igualmente malsonantes.

El alcalde, viendo de tal modo perturbada la calma de las noches serenas del estío y más serenas generalmente en los pueblos como Foz, puso el hecho en conocimiento de la Guardia civil y reclamó su auxilio para que los aficcionados al arte divino se fuesen con la música á otra parte.

Y entró en escena la benemérita. La cual se presentó  de noche en el lugar del suceso. Los amantes del divino arte, y es posible que algo de vino hubiera en todo ello, pusieron pies en polvorosa al asomar los tricornios y el charolado correaje de los guardias.

Pero no todos pudieron escapar. Uno de los cencerristas, Hipólito García, de 24 años, que era por lo visto el director de la banda, cayó en poder de los guardias, los cuales le ocuparon un caracol marino, como el cantado por Pastor Díaz en una de sus más bellas poesías.

Hay que suponer, sin embargo, que su sonido no le resultaría muy poético á los desposados.

Como no le resultará muy armónico al detenido el verse ahora envuelto en papel sellado y á disposición del juzgado respectivo”. (1902, 28 de agosto. El Regional.).

Despois de consultar no Rexistro Civil de Foz comprobamos que a citada voda tivo lugar o día 20 de agosto de 1902. Por un lado estaba Manuel Vázquez Vázquez, de 65 anos, natural de San Salvador da Lama e residente en Celeiro de Mariñaos. Manuel estaba viúvo, a súa primeira muller chamábase Ramona Rodríguez Salvatierra e morrera o 24 de novembro de 1899. Pola outra banda estaba Encarnación Moreda Oroza, de 56 anos, residente no barrio de Marzán, viúva de Francisco López, que falecera na cidade de Cienfuegos (Cuba) o día 1 de febreiro de 1890.


No hay comentarios:

Publicar un comentario