Buscar este blog

jueves, 8 de junio de 2017

O ESPIÑEIRA MONDOÑEDO E OS HIDROAVIÓNS DE RIBADEO. 1923


Anxo Orté nun dos seus hidroavións.
 No ano 1920, tal e como recolle o xornal El Progreso do 6 de agosto, fundábase a Sociedade Mindoniense de Cabotaxe, composta por industriais de Mondoñedo e armadores de Foz. A Sociedade tiña previsto construír na Espiñeira varios barcos. Un destes foi o veleiro motor Espiñeira-Mondoñedo, que no seu caderno que ten como mérito selo único barco do mundo que afundiu a un hidroavión.

A finais do mes de novembro de 1923 amerizaba en Ribadeo, por primeira vez na historia, un hidroavión da compañía Sport. Estaba pilotado polos irmáns Xorxe e Andrés Parera, ambos arxentinos. Sobre eles cóntanos a prensa que: “Estos dos valientes aviadores acaban de obtener el título de pilotos de hidroavión en la Argentina, siendo los primeros a quienes se concede este título”. (El Progreso, 1923, 24 novembro)

Estes pilotos fixeran escala en Ribadeo, na súa viaxe á Coruña e despois cara o Levante español, para agardar ao segundo hidroavión, pilotado por Anxo Orte. Este procedía de Navia, ambos hidroavións tiñan autorización por parte do goberno nacional para realizar vuelos con sus aparatos sobre los puertos españoles”. (El Correo de Galicia, 1923, 30 decembro).

Na espera, e para financialo viaxe, decidiron coller, previo pago, pasaxeiros e darlles unhas voltas pola costa mariñán. Como isto era a primeira vez que se vía na Mariña, moita xente decidiron visitar Ribadeo e viaxar nese novo tipo de avión.
Segundo nolo conta o xornal El Progreso no seu número do 24 de novembro: “Ayer y anteayer no ha podido volar el aparato a causa del temporal reinante. Hoy, ya arreglado el tiempo, efectuó varias ascensiones con pasajeros y son muchas las personas de Foz, Vivero, Mondoñedo y otros pueblos de la provincia.”  Outro xornal, esta vez El Compostelano, relata a escena do hidroavión en Ribadeo: actualmente se hallan en Ribadeo, donde uno de ellos lleva ya varios días. Por ser el primer aparato de esta clase visto allí llamó sobremanera la atención y fueron muchas las familias de la comarca que acudieron a presenciar sus evoluciones sobre la ría, durante las cuales subieron a bordo del aparato muchas conocidas personas de la localidad.
Outro hidroavión de Anxo Orté
En las diarias ascensiones que realizó durante la última semana eleváronse varios vecinos de los pueblos próximos, que habían ido a Ribadeo con tal objeto, y además señoritas ribadenses”. (1923, 29 novembro).

O domingo 25 o hidroavión estaba atracado no peirao de Figueirúa, sufre un aparatoso accidente, a iso das seis da mañá, que provocará o seu afundimento: “Supónese que a consecuencia de un abordaje del velero Espiñeira, que en la madrugada de dicho día entró en este puerto, yendo a fondear muy cerca del hidro, éste se hundió, sufriendo la rotura de las alas superiores y la de los timones.
El mismo día fue puesto nuevamente a flote y conducido a la ensenada de la Villavieja, donde será reparado”. (El Progreso, 1923, 30 novembro).

Os tripulantes do veleiro Espiñeira-Mondoñedo tiveron que pasar polos calabozos: “Días atrás fueron detenidos e ingresados en la cárcel el patrón y tres tripulantes del velero motor Espiñeira, supuesto causante del accidente.
Se les tomó declaración y fueron puestos en libertad”. (El Progreso, 1923, 18 decembro).
Segundo nos conta o xornal La Provincia os sucesos aconteceron da seguinte maneira: el accidente ocurrió a las seis de la mañana aproximadamente, en el fondeadero de Figueirúa.
Por ahora no se conocen a ciencia cierta las causas de aquel percance, pero supónese que el hidroavión de referencia haya sido abordado por el velero Espiñeira-Mondoñedo, propiedad de los señores Reimunde e Iglesias.
Fúndase esta sospecha en el hecho de haber fondeado allí, precisamente, a aquella hora, el mencionado barco.
Por la ayudantía de Marina se instruyen las oportunas diligencias para poner en claro la verdadera causa del accidente. El avión de los señores Parera fue reconocido minuciosamente, habiéndose apreciado en él desperfectos de gran importancia. Calculase el valor de éstos en 15000 pesetas” (La Provincia, 1923, 29 decembro).


Tardou bastante en despegar o hidroavión pois no xornal El Correo Gallego podemos lela noticia da chegada a Ribadeo de dous alférez:con objeto de proceder al reconocimiento del hidroavión Mahah, nº 3085, que se hundió en aquellas aguas debido a un accidente”. (1924, 9 de marzo).
O día  26 de novembro do 2007 Suso Fernández, cronista oficial de Foz, publicaba un artigo titulado A botadura do Espiñeira-Mondoñedo. Nel, despois de amosar un pouco a historia do porto da Espiñeira, relata, empregando para iso prensa local, a botadura deste mencionado veleiro. Deixemos que sexa o noso cronista quen nolo conte: “O acto foi todo un acontecemento social, do que participou unha multitude de persoas, según amosan os testemuños gráficos e literarios da prensa da època.
O periódico mindoniense “Justicia” informa da excursión que con tal motivo se organizou dende aquela cidade: “ A las dos de la tarde del día 3 del corriente (setembro de 1921) y en el automóvil del popular “Botes” se fueron colocando los excursionistas que llenaron completamente el ómnibus, cabeceando por el enorme peso que llevaba en la baca… Desde Cillero hemos divisado en la popa del barco la bandera rojo y oro que ha paseado los mares (…) unos minutos después llegábamos a la grada donde, esbelto, majestuoso, se asentaba el “Espiñeira-Mondoñedo” para ser lanzado al agua. Bellísimas señoras y señoritas, elegantemente ataviadas, realzaban el acto con su presencia. Parecía un jardín de frescas y lozanas flores, en medio de la umbría perdidas entre riscos.
Describe o xornal o entusiasmo dos presentes cando dona Dolores Basanta, de Reimunde, a madriña, rociou o casco co champagne: “Los hurras y los aplausos, mezclados con las músicas, rasgaban el espacio, contagiando la alegría a la enorme multitud que se hallaba congregada a una y otra banda de la ría”. “La comparsa de gaiteiros “Os Veiga”, que tocan la “Alborada”, la banda de instrumentos de metal que lanza sus estridentes notas tocando la Marcha Real…”.
A bordo foi servido un espléndido “lunch”, do que se encargou o focego Jesús Cageao “Papaíto”, e alí correron o café e os licores; doces, pastas, chartreuse, xerez, coñac, champagne, refrescos, habanos, todo con gran prodigalidade, sen distinción de persoas nen de crases, para rematar cun baile para a mocidade, amenizado pola comparsa e a banda.
Ó lusco-fusco iníciase o desfile; antes “el elocuente orador e ilustre abogado don Antonio Maseda Bouso pronunciaría un breve discurso y dijo, entre otras elocuentes frases, que aquel barco que iba a surcar los mares, era el grano de arena con lo que se iría formando la montaña de nuestra regeneración nacional”.
Foi éste, sen dúbida, un fito na historia da construcción naval en Foz, que quedou, como xa dixemos, na memoria popular”.
Botadura na Espiñeira.
 Esta é a historia do hidroavión, pero quédanos falar da historia deste veleiro que un día saíu dos estaleiros  da Espiñeira. Mais antes debemos de dicir que a zona da Espiñeira no ano 1920 xa era un pequeno emporio industrial. Nela, aparte dunha serie de casas de recente construcción e os estaleiros, estaba a Sociedade Colectiva Reimunde-López (ou o que é o mesmo Xosé Reimunde Acevedo e Xeneroso López Lourín) que o 31 de outubro de 1917 “solicitó autorización para conducir por el río Masma 20.000 pinos desde las montañas Rego de Arcas, de la parroquia de Masma a la fábrica de aserrar maderas, sita en la Espiñeira” (Correo de Galicia, 1917, 31 outubro).

Dos mencionados estaleiros saen o Electra del Masma, tal e como recolle o xornal El Progreso no seu número do 11 de maio de 1918, propiedade dos industriais Reimunde e López, ou o Avelino, tal e como se nos conta na prensa “el jueves último  emprendió su primer viaje, saliendo del puerto de Foz para Gijón, el hermoso barco Avelino, cuya botadura verificose días pasados en la Espiñeira, donde fue construído y que es propiedad de los acreditados industriales don Antonio Alonso y el señor Barbeitos” (El Progreso, 1920, 29 abril).

Nun principio falamos de que o 6 de agosto de 1920 se fundaba a Sociedade Mindoniense de Cabotaxe, da que era o seu presidente o rexistrador da propiedade Antón Maseda Bouso; como conselleiros figuraban os señores Santiago Basanta Santomé, avogado e Xosé Reimunde Acevedo, propietario e armador; como conselleiros interventores figuran: Manuel Díaz Gómez e Ramón Fernández Balea; como secretario Xorxe González Redondo e Serrano, propietario e industrial e como xerente figuraba Xeneroso López Lourín, aramador e industrial.

O presidente da Sociedade, Antón Maseda, era natural de Mondoñedo e no ano 1921 ocupaba o cargo de rexistrador da propiedade de Tineo. En 1926 era presidente da Federación Agrícola de Mondoñedo e no ano 1934 aparece como director do xornal Galicia Social y Agraria.
Os conselleiros Basanta e Reimunde tiñan outro tipo de unión, pois ambos eran cuñados dende que Xosé Reimunde casara con Dolores Basanta Santomé, na igrexa da parroquia de Santiago de Adelán, aló por fins de maio de 1895.

Santiago Basanta chegou a ocupalo cargo de alcalde de Mondoñedo e o de deputado provincial. Falece o 20 de novembro de 1930. Seu cuñado, Xosé Reimunde, falecía no mes de maio de 1933.
De Xeneroso López Lourín (pai de Adela, Francisca e Damián López Ferreira) sabemos que no ano 1903 solicitaba permiso para poder aproveitarse de 7000litros de auga por segundo do río Fazouro, no punto coñecido como Pozo da Pena, para a producción de electricidade; en 1908 solicitaba “la concesión de 7000 metros cuadrados de terreno del dominio público de una marisma situada en el punto denominado Espiñeira, término municipal de Barreiros, para uso agrícola”. Xeneroso falece o 22 de outubro de 1933.

No ano 1934, embargada a Sociedade, ponse á venda “el velero motor nombrado Espiñeira – Mondoñedo, que se halla amarrado en el puerto de Foz, por la cantidad de 12.000 pesetas”. Nun principio ofrecérase á xente vinculada co mundo do mar, pero como ninguén o quixo mercar o día 15 de outubro nas oficinas dos señores Reimunde e López procederase “a la subasta de dicho barco en cantidad inferior a las 12.000 pesetas”.

Descoñecemos que pasou co veleiro trala poxa, pero sería un amargo fin para o único barco que foi quen de afundir a un hidroavión.




No hay comentarios:

Publicar un comentario