Buscar este blog

jueves, 8 de junio de 2017

SUBMARINOS ALEMÁNS NA MARIÑA DE LUGO NA I GUERRA MUNDIAL.



Sobre o tema da presencia de submarinos alemáns atacando barcos nas nosas costas mariñáns aló polo ano 1917 xa se ten falado moito e tamén estudado. Hai libros moi doctos sobre este tema, dos que salientan os nomes de Xosé Antón Tojo Ramallo, Fernando Patricio Cortizo e Hixinio Puentes Novo. Eu, mesmamente, saquei á luz un artigo no xornal El Progreso de Lugo sobre as correrías do submarino alemán U-46 nas nosas costas.

O luns desta semana (5 de xuño) o xornal El Progreso sacaba un amplo reportaxe sobre o Centro de Actividades Subacuáticas de Viveiro, con motivo da aparición do pecio dun vapor noruego afundido polos submarinos alemáns no ano 1917.
Decidín poñerme en contacto con eles e solicitarlles unha fotografía do pecio, algo que me enviaron inmediatamente, e darlles algúns datos que teño sobre afundimentos de barcos no ano 1917.
De iso vai ir este artigo, dos ataques realizados por parte de submarinos alemáns (os U-44, U-46 e outro descoñecido) a barcos estranxeiros nas nosas costas mariñáns.

O caso dos vapores Aislabee (Inglaterra), María Ros e Golf (Francia).

No xornal El Regional (1916, 29 de decembro) menciónase a chegada a San Cibrao dun total de 42 náufragos procedentes de dous barcos franceses e un inglés. Todos eles foran afundidos por un submarino alemán.
Segundo o relato das testemuñas “el submarino que hundió los barcos de referencia ha sido el U-46.
A partir do 30 de decembro varios xornais facilitan noticias sobre eses 42 náufragos chegados a San Cibrao. Así sabemos que eran tres barcos: dous franceses e un inglés.  Este último era o vapor Aislabee, “que desplazaba 1726 toneladas. Pertenecía a la matrícula de Whitby. La tripulación la componen 23 hombres” (Correo Gallego, 1916, 30 decembro). Os dous barcos franceses, dos que se desembarcaron 20 tripulantes, eran a goleta María Ros e o bou Golf.
Segundo a prensa o vapor Aislabee realizaba a súa viaxe dende Lisboa ata Bilbao, a carga era carbón, todo ía ben ata que “encontrándose cerca de San Ciprián, apareció un submarino alemán a quien acompañaba un buque pesquero francés, que también debió de apresar. El submarino se aproximó al Aislabee mandando a toda la tripulación que transbordase al pesquero. Terminado el trasbordo, colocó dos bombas al buque inglés y lo echó a pique. Después de permanecer a bordo como unas dos horas los náufragos, en botes los llevaron a tierra, dejándolos abandonados. El capitán fue hecho prisionero abordo del submarino”. (Correo Gallego, 1916, 30 decembro).
Os náufragos de ambas nacionalidades foron recollidos en San Cibrao e trasladados a Ferrol, para, posteriormente, ser trasladados a Coruña os ingleses, e a Bilbao os franceses.
Segundo informa tamén a prensa o submarino afundirá tamén a goleta francesa preto das costas de San Cibrao.
O xornal El Correo de Galicia (1917, 3 de xaneiro) daba conta dun desembarco de náufragos en San Cibrao, que pensamos que é o que xa temos relatado, aínda que neste xornal os nomes das embarcacións difiren, sen embargo, o número de náufragos e a súa nacionalidade é a mesma que a anteriormente relatada.
Segundo o citado xornal o día 27 de decembro chegan a San Cibrao 4 botes con 42 náufragos, “remolcaba las pequeñas embarcaciones el vaporcito francés Louis, que venían mandando y dirigiendo los citados marinos germanos. Los náufragos pertenecían a la goleta francesa María Pierre, al vapor Louis y al inglés Wsalabto. Una vez desembarcados en San Ciprián  los tripulantes de los barcos hundidos, el María y el inglés, mas dos del Louis, el oficial y los marineros alemanes se dispusieron a volver al submarino. Ocuparon un bote y ya fuera del puerto, volaron el vapor Louis”.
Este mesmo xornal afirma que o submarino responsable destes tres afundimentos era o U-46 e que os alemáns embarcados no bote, polo mal estado do mar, non puideron chegar ata o submarino, por esta razón diríxense cara Burela, onde desembarcarán nunha praia.

O caso do vapor danés Danmark.

Segundo a prensa foi torpedeado o día 30 de decembro de 1916, ás 8 da mañá “frente a la isla Colleira, que está situada  a la entrada de Vivero, y donde está el faro” (El Correo de Galicia, 1917,3 de xaneiro).
A súa dotación estaba composta por 22 homes, de varias nacionalidades, pois había daneses, noruegos, rusos, un sueco e un peruano. O Danmark era un vapor que desprazaba 3000 toneladas, pertencente á matrícula de Copenhague. Nesta viaxe ía dende Tunez ata Inglaterra cunha carga de materiais de cobre.
O relato do afundimento debémosllo ao mariñeiro peruano, segundo el o Danmark saíra de Tunez o día 21, atopábase a unhas 150 millas de Fisterra cando “divisó a un submarino alemán que le disparó cuatro cañonazos como aviso”. O buque detén a súa marcha e o seu capitán diríxese nun bote ata o submarino alemán. Despois de conferenciar con eles convénceos de que lles deixen continualo seu viaxe. Cando levaban aproximadamente unha hora de navegación aparece un novo submarino que lles fai sinais para que abandonen o barco, “el capitán del Danmark, dirigiéndose de nuevo al submarino, rogó al comandante de éste que le permitiera acercarse más a la costa, antes de abandonar el buque, pues sus botes salvavidas no ofrecían las suficientes garantías de seguridad”. Concedido o permiso o Danmark seguirá o rumbo trazado polo submarino ata as 8 da mañá. Neste intre o submarino, que ía sempre somerxido, emerxe e dende el ordenan aos tripulantes do vapor noruego que embarquen nos botes salvavidas. Unha vez realizada esta operación “del submarino se dirigieron en una embarcación de vapor un oficial y tres marineros con bombas incendiarias al buque danés, que se hundió en pocos minutos”. (Diario de Pontevedra, 1917, 4 de xaneiro).
O capitán do Danmark aseguraba que no submarino tivera a oportunidade de ver a outro capitán, que estaba prisioneiro, feito que fai pensar en que sexa o mesmo submarino que afundira os dous barcos franceses e ao inglés, sendo o prisioneiro o capitán do Aislabee. Tamén confesou o capitán que o submarino non tiña número algún e que ía pintado de gris, así como que os membros da súa tripulación eran moi novos.
A presenza nas nosas costas deste submarino levanta, inmediatamente, unha serie de rumores que falan do número de submarinos e que se preguntan sobre quen e onde se subministra aos somerxibles. No mesmo xornal que da a noticia anotan que “circulan, y debe ser cierto, varios submarinos más por esta costa. Dícese asimismo  que por las noches vense fogatas misteriosas en puntos cercanos a la entrada de la ría de Vivero. Y hasta toma cuerpo el rumor, ignorándose si con fundamento o no, de que por aquí cerca se efectúa el aprovisionamiento de dichos submarinos”.
Pecio recentemente aparecido. Vapor noruego. Foto cedida polo  C.A.S. Viveiro

O caso da fragata inglesa Nueva Escocia.

No xornal La Correspondencia de España (1917, 2 de xaneiro) lemos a noticia da chegada a Ferrol, o luns pola noite, dos náufragos “de la fragata inglesa Nueva Escocia, hundida por un submarino alemán a 17 millas del puerto de Vivero. Entre los náufragos viene el capitán, Mr. Robinson, que fue capturado por los alemanes y liberado después de tenerlo breves instantes a bordo del submarino. Dicen los recien llegados que el mismo submarino hundió a otra fragata cuyo nombre ignoran”.

Un desembarco alemán en Burela.

O xornal Diario de Pontevedra  (1917, 4 de xaneiro) daba a noticia de que en Burela desembarcaran un capitán, un piloto e tres mariñeiros alemáns; viñan “en un pequeño bote plegable que el submarino llevaba a bordo. Su estado era lastimoso. Arribaron, según las versiones recibidas, completamente mojados”.

O xornal El Progreso (1917, 6 de xaneiro) publicaba un artigo titulado “Los submarinos alemanes en nuestras costas. El U46 no fué hundido”. Neste artigo informábase da chegada,  o 31 de decembro de 1916, a unha praia de Burela de catro tripulantes e un oficial do submarino alemán U-46. Sóubose que pertencían a este somerxible porque o cadelo que os acompañaba levaba no colar o distintivo do submarino.
Nun primeiro momento pensouse que o submarino fora afundido por un destructor inglés que andaba pola zona, posteriormente, a prensa chegou a afirmar que unha causa moi probable fora unha colisión contra unhas das moitas penas existentes na entrada do porto de Burela, pero nada diso era certo. O que aconteceu foi que “después de hacer volar con dinamita el bou francés Louis, los cinco tripulantes germanos quisieron volver a su barco que los esperaba bastante alejado, pero la fuerte marejada les impidió acercarse a el, por lo cual decidieron saltar a tierra en la playa de Burela, desde donde se dirigieron a Vivero en el automóvil de su compatriota don Guillermo Cloos, director de las minas de hierro de la Silvarrosa, en cuya casa se alojó el oficial”, o resto dos tripulantes foron aloxados  na fonda viveirense de Xusto de Veiga. Posteriormente marcharon da vila do Landro, que por aquel entón era como a cidade de Casablanca, pois polas súas rúas podíaste atopar nese mes de xaneiro do ano 1917 con daneses, ingleses, franceses e alemáns.


O caso do vapor noruego Thyra.

No xornal Diario de Galicia (1917, 6 xaneiro) podemos ler a noticia de como “una pareja de pesqueros denominada Republicana, de la matrícula de Bouzas, que anteayer salió del Ferrol para dedicarse a la pesca, halló frente a la Estaca de Bares un vapor noruego que estaba completamente abandonado y sin gente a bordo”. Era un barco que desprazaba 4000 toneladas e ía cargado de carbón. Un dos buques quedou custodiando o vapor noruego mentres que outro ía ata o Ferrol a dar conta do aviso.
Outro xornal, esta vez La Idea Moderna, informa de que o vapor noruego está baixo a vixilancia da mariña, sendo os encargados da custodia un contramestre e varios mariñeiros, “dicho buque está embarrancado en un banco de arena en la playa de Vicedo”. (La Idea Moderna, 1917, 15 de xaneiro). As autoridades pretenden reflotalo vapor, labor que inician co achicado do interior, empregando para isto unha bomba instalada a bordo do vapor Camelle, que era capaz de extraer 800 toneladas por hora.
No xornal El Eco de Santiago (1917, 16 de outubro) lemos como o Tribunal de Presas de Ferrol se reúne para abordalo tema do Thyra, decidindo que sexa entregado ao vice cónsul de Noruega no Ferrol, Nicasio Pérez Moreno, “mediante la fianza depósito de 600.000 pesetas”. O Eco de Santiago (1917, 19 de novembro) informaba de que o Thyra atopábase en Ferrol, “con objeto de realizar varias reparaciones en el Arsenal”.

O caso da fragata francesa Brenn.

Un venres pola tarde chegan a Bares once mariñeiros, todos eles tripulantes da fragata francesa Brenn, que fora torpedeada por un submarino alemán a unhas cen millas da Estaca de Bares.
Segundo informa a prensa “la fragata fue detenida el martes y después de embarcar en dos botes sus tripulantes, fue hundida por el submarino, que recogió a bordo al primer oficial y tres marineros, que quedaron en calidad de prisioneros”. (El Progreso, 1917, 22 de xaneiro). O resto da tripulación embarcou en varios botes salvavidas que tomaron rumbos distintos polo mal estado do mar. Un deles chega a Bares con once mariñeiros. O axente consular de Francia, ao ser coñecedor da noticia, envía un coche a buscalos. Cando o automóbil está en Viveiro, reciben a noticia de que outros botes atracaran en Burel, traendo o resto da tripulación da fragata. O sábado pola mañá o capitán da fragata, apelidado Bernot, diríxese en automóbil ata Burela para recoller aos seus mariñeiros. Un deles comentou que “al ser apresada por el U-44 esta fragata, fueron recogidos de abordo todos los víveres por los marineros germanos, obligándoles a probar algunos alimentos a los franceses, ante el temor de que estuviesen envenenados”.


O caso do vapor noruego Helma.

O xornal Mondoñedo  (1917, 3 de xullo) recollía a noticia da chegada a San Cibrao de “los 17 náufragos, procedentes del vapor noruego “Helma”, que, con cargamento de pinos del Senegal, dirigíase á Liverpool. Según manifestaciones de la tripulación de dicho buque, ha sido este torpedeado y hundido por un submarino alemán á cien millas de la costa. Una lancha de vapor, que estaba ocupada en alta mar, en las faenas de pesca, halló la embarcación que conducía á los náufragos, remolcándola á dicho puerto. El vecindario de San Ciprián acudió presuroso á prestar á los infelices marinos, á los que alojó en varias casas particulares”. Outro xornal, esta vez El Noroeste (1917, 1 de xullo), afirmaba que o afundimento tivera lugar o día 30 de xuño e o nome do vapor noruego era o Helsna.

O caso do vapor grego Joannes P. Goulonhes.

Podemos ler no xornal El Correo Gallego (1917, 5 de maio) a noticia doutro torpedeamento, da que se terá noticia en Ferrol ao chegar o vapor Weyler 7º con 11 náufragos, todos membros da tripulació do vapor grego Joannes P. Goulonhes. Era esta unha embarcación pertencente á matrícula de Andrós e que procedente de Bugie (África) se dirixía a Inglaterra cunha carga de 4900 toneladas de mineral. O relato do abordaxe e posterior afundimento é o seguinte: “encontrándose ayer a las cinco de la mañana a 23 millas al Este de la Estaca de Bares y a 4 de la costa de Ribadeo, divisó un submarino alemán. Éste se aproximó al buque y mandó que la tripulación, que componían los citados once hombres, hicieran inmediatamente abandono del buque. Seguidamente ocuparon dos botes para salvarse. Los tripulantes del submarino colocaron varias bombas en el submarino y lo hundieron”.
Os pobres náufragos quedaron á mercé das ondas, coidaban que ían morrer afogados cando ás 7 da mañá o vapor de pesca Weyler 7º os avista e recolle.

Os casos dos vapores Erisos (grego), Trons (noruego) e Liva (italiano).
Pecio do vapor noruego. Foto cedida polo C.A.S. Viveiro

O que resulta innegable é que os submarinos patrullaban estas augas moi preto da costa, de non ser así non tería explicación a seguinte noticia: “De Vivero notician que en las últimas horas de la tarde de ayer se sintió cerca de aquella costa un vivo tiroteo. Los vecinos, que eran gran número, acudieron a la playa, suponen que los tres sumergibles alemanes que recorren aquellas aguas habrán hundido nuevos barcos” (El Noroeste, 1917, 8 de maio).

Esta noticia é ampliada polo xornal El Progreso (1917, 9 de maio), segundo o cal: “En la mañana del viernes se extendió el rumor de que habían sido torpedeados algunos barcos cerca de nuestro puerto, pues fueron varias las detonaciones que se habían oído durante la noche del jueves y mañana del viernes. El rumor encarnó en la realidad, al ver arribar a nuestro puerto, a eso de las once de la mañana de dicho día, el vapor Erisos de gran tonelaje y de nacionalidad griega, que, cargado de mineral de hierro para Inglaterra procede de Argel. (…)
Al atardecer del viernes, llegaron, montando por turno en un caballo, desde Morás, el capitán, un oficial y un marinero del vapor noruego Trons, también de 5000 toneladas, que iba cargado de mineral de hierro para Inglaterra.
Fue torpedeado a dos millas de nuestra costa, pues el buque navegaba ceñido a ella, ya que su capitán, un experto y avezado lobo de mar, navegaba con toda clase de precauciones y buscando el seguro de las aguas jurisdiccionales y tuvo la curiosidad de valizar el lugar del torpedeamiento. El Trons llevaba veinte tripulantes, todos los cuales se salvaron, afortunadamente, y tuvieron tiempo para salvar sus ropas y efectos.
A las once de la noche llegaron 26 tripulantes del vapor italiano Liva de la matrícula de Génova un precioso barco, de unas tres mil toneladas de registro, que procedía de Cádiz, e iba cargado de aceite, frutas y licores para Inglaterra, un cargamento valiosísimo. Fue torpedeado sin otro aviso que el de un cañonazo que le pasó cerca de la chimenea.
El cargamento de este buque estaba valorado en cuatro millones de pesetas. Estos torpedeamientos se hicieron cerca de nuestra ría, entre Vivero y Morás, siendo presenciados por muchos labradores, que se hallaban dedicados a sus faenas agrícolas. Los náufragos salieron para el Ferrol en varios automóviles que vinieron a buscarlos”.


O caso do vapor francés Beau.

No xornal El Eco de Santiago (1917, 23 de xullo) podemos lela noticia da chegada a Tapia de 23 náufragos do vapor Beau. Destes mariños seis viñan feridos. Segundo a prensa “fue torpedeado a unas doce millas de la costa, en las primeras horas de la noche anterior. Desplazaba el buque 1075 toneladas y lo tripulaban 26 hombres, de los cuales tres perecieron a bordo”.

Como podemos comprobar a tan cacarexada neutralidade española na Primeira Guerra Mundial non era tan real nas costas galegas e por suposto nas nosas augas da Mariña.





No hay comentarios:

Publicar un comentario