Buscar este blog

miércoles, 19 de octubre de 2016

A PESTE NA MARIÑA DE LUGO NO SÉCULO XVI.


 


En anteriores artigos temos visto como por mar nos chegaron mercadorías,  consecuencia inmediata do comercio mantido, mais tamén chegaron alimentos de primeira necesidades nas épocas de carestía, abondosas por outra parte.
Tamén o mar nos ten feito regalos de vez en cando, aquelas baleas varadas das que xa temos falado ou os  restos de naufraxios que mitigaban a constante fame na que viviron os nosos devanceiros.
Pero por mar tamén chegaron os nosos inimigos, os temidos piratas escandinavos (viquingos ou normandos, como lles queiramos  chamar) e con anterioridade a eles os, non menos temidos, piratas hérulos.
Mais polo mar tamén nos chegaron as pestes, convertendo, en varios casos, a nosa Mariña en punto de inicio das zonas contaminadas.
Os gobernos municipais intentaron solucionalo problema dos contaxios que nos chegaban polo mar afastando os barcos nunha especie de corentena da que non podían saír ata que as autoridades sanitarias municipais os autorizasen. O lugar elixido polo concello de Foz foi a zona coñecida co nome de Punta da Arnela.
Sobre as distintas epidemias que a nosa Mariña ten padecido, cólera morbo, febres tifoideas ou gripe, falaremos en posteriores artigos, reservando este para as pestes que nos asolaron no século XVI.
Descoñecemos dende cando padecemos este tipo de epidemias, pero debe de remontarse bastante no tempo, segundo o amosan as distintas pegadas toponímicas que nos podemos atopar na documentación. Así temos hospitais para lazarados en Ribadeo e Viveiro, os grandes portos comerciais medievais, e tamén en Mondoñedo, centro eclesiástico e posteriormente administrativo a nivel provincial. Os lazarados eran aqueles enfermos contaxiosos que recibían acubillo e comida en lugares afastados da aglomeración urbana e próximos a regatos. Estes enfermos tamén reciben o nome de Malates, procedente do termo francés Malade, e así nos atopamos co emprego do termo Malataría para referirse aos hospitais de lazarados. En Foz, pegado á desembocadura do rí Centiño atopámonos cunha zona á que, a pesar do paso do tempo, aínda se a coñece co nome de Malates.

A epidemia da segunda metade do XVI faise máis virulenta no noso país por afectar a  unha poboación famélica.
Se ben os brotes epidémicos de  1563/66 non afectaron a Mondoñedo nin a Viveiro si semella probable que Ribadeo padecera a pestilencia, Pegerto Saavedra menciona un documento do consistorio ribadense relativo á necesidade de importar pan nos anos 1563 e 1566, se ben “se aludía en este último año al “tiempo de la pestilencia”; al año siguiente se hicieron velas en este puerto, continuadas hasta 1570, pero no existen indicios de que la peste de 1568/69 afectase a la villa”.[1]

Con anterioridade á chegada deste epidemia varias vilas da Mariña tomaran medidas para evitar o contaxio. No ano 1567 ao ter coñecemento de que a peste asolaba Xixón  o consistorio ribadense decide implorar a axuda divina e prepararse para evitalo contaxio: “hicieron rogativas públicas con mortificación y penitencia y se restablecieron las guardias y velas de día y de noche”.[2] 

Dous anos despois e ante a noticia de que a peste está asolando Betanzos o consistorio decide redobrar o número de persoas encargadas de vixiar a muralla, tamén se ordena sinalar que a vila estaba libre de contaxio: “se pusiese una bandera blanca en el asta de la Torre nueva”.

En 1576 a peste asolaba San Cibrao, Cervo e Burela. No resumo das actas municipais de Ribadeo podemos ler que no ano 1578 “continuaba la peste desolando muchos lugares de la costa y continuaba la vigilancia en la villa para evitar toda comunicación con los infestados a cuyo fin habian cerrado todas las puertas, escepto dos. En estas habia guardias asalariados. Fueron inútiles estas precauciones: la peste apareció a la vez en los arrabales de Porcillán y Cabanela, y fueron tantas las víctimas que fue preciso recoger por las calles ropas de los vecinos para amortajar á los que morian”[3].

En 1598 a vila de Ribadeo verase novamente atacada pola peste. Para o profesor Pegerto Saavedra a ausencia total de plenos consistoriais entre o 20 de xullo e o 23 de decembro dese ano é unha proba irrefutable da presenza do contaxio na vila.  O mesmo profesor exemplifica os efectos devastadores da pestilencia, dese ano de 1598, na parroquia da Devesa na que o cura párroco, ao inicio do libro de falecidos, anota: “”comenzo la peste a nuebe de agosto, año 1598”, escribe “y desde dicho día asta el primero de henero de 99 murieron los siguientes”: y anota a continuación partidas colectivas como “tres hijos de Lope Méndez de Rinlo; dos hijos de Diego de Lousas; María Fernández, hija de Alonso Yáñes; dos criadas de la sobre dicha”, y así hasta unas 120 personas”.[4]


En Viveiro “fue la peste bubónica, desarrollada desde 1569 a 1576, una de las que causaron mayores estragos en Vivero y lugares cercanos a la villa”[5]. Pegerto Saavedra é da mesma opinión, se ben matizada, pois coida que as medidas tomadas polo consistorio serviron para mantela pestilencia lonxe da vila durante tres anos (1569/72).

Na vila do Landro ao recibila  noticia do contaxio na vila de Betanzos  adoptan medidas moi semellantes ás de Ribadeo: “para obiar que no se pegue la dicha pestilencia en esta villa mandaron que aya guardas que no consientan entrar en esta villa nynguna persona de la dicha ziudad de Betanzos”[6].
Esta medida, tomada o día 23 de xullo, sofre unha serie de variacións tendentes a reforzar o control sobre a vixilancia, e así o día 10 de novembro deciden colocar nas portas da vila a un fidalgo acompañado de dous homes, este grupo tería como primordial función a de evitar a entrada de xente que puidese traer a enfermidade.

De nada serviron as medidas e o 17 de decembro aparecen varios veciños afectados, por esta razón o concello ordena pechar as portas da cidade “”y sólo estuviesen abiertas las del Puente y Cadafalso, en las que se mandó establecer una guardia, para que nadie entrase procedente de dicha ciudad (estase a referir a Betanzos) o que hubiese pasado por ella, prohibición que luego se extendió a los que viniesen de Pontedeume y Monforte”[7]. Pegerto afirma que aparte da decisión de pechalas portas adoptan outra como “que se ponga una bandera en la ermita de San Lázaro y que aya allí un guerda”.

O día 24 dese mes de decembro a epidemia xa está causando estragos na vila de Celeiro, razón pola cal o concello de Viveiro ordena pechar as portas tanto de día como de noite  e impedir a entrada a calquera persoa. Así mesmo toda persoa que quixese saír da cidade debería xurar que non se dirixiría a zonas contaminadas, sempre e cando quixese poder volver a entrar na vila.

Así aguantou Viveiro ata o día 4 de abril de 1570 en que os casos de apestados comezan a aparecer dentro do recinto amurallado. Segundo nos relata no seu libro Donapetry no mes de xullo de 1572 “murieron un clérigo francés, dos mujeres y un niño, y el Municipio se concertó con el médico, Licenciado Gaspar de Faria, para que atendiese a los atacados, que debían de ser aislados en la casa de Fernando Cao, sita en el lugar del Real”.

Como estas medidas non tiveron o efecto desexado o consistorio trasladará as súas reunións (as comprendidas entre os meses de Setembro a Xaneiro) a Celeiro, agora libre do contaxio. Tamén adopta o consistorio a medida de socorrer económicamente á vila de Viveiro “porque en ella quedaban muchos pobres y otras personas”.

 En 1573 aparecen casos de apestados nos concellos de Xerdiz, Miñotos, Riobarba así como noutras parroquias do val de Viveiro.

No mes de xullo do ano 1576 o consistorio ordena pechar na súa casa, prohibíndolles a saída, polo menos durante trinta días, a Gonzalo da Velaira e aos membros da súa familia, por estar contaxiados. Nada conseguiron e o contaxio estendeuse tanto pola vila como “por Boimente, Burela, Cervo, Cillero, Galdo, Gerdiz, Landrove, Miñotos, Negradas, Riobarba y San Ciprián”.
Queda patente o efecto desta epidemia na facultade real que a vila de Viveiro recibe ( 16 de novembro de 1576)  para poder mercar trigo e centeo procedentes do estranxeiro: “la villa de Vivero ques en el Reyno de Galizia nos hizo relaçion dixiendo que de muchos años a esta parte en la dicha villa y reyno avia avido mucha falta de pan, de tal manera que habian muerto muchas gentes de hambre y de peste”[8].

No ano 1598 outra epidemia asola as terras de Betanzos e a nosa terra mariñán, segundo Donapetry a vila de Viveiro tivera sorte, pois quedou indemne, non así as poboacións do Valadouro, Ourol e Xerdiz.

Pegerto Saavedra, no seu traballo dedicado á provincia de Mondoñedo, aporta datos sobre as causas que motivaron que Viveiro quedase libre de contaxio no ano 1598; para el as medidas tomadas, como pechar as portas, limpar as rúas os sábados ou facer pola noite fogueiras nas que se queimaba loureiro e outras herbas aromáticas, conseguiron o seu fin, a peste non pasou a través das portas de Viveiro.

Tal vez unha medida que nos resulte curiosa é a que toma o consistorio viveirense o 5 de decembro de 1598, destinada a evitalo contaxio e así vemos como permiten aos veciños “de Celeiro para que pudiesen vender su pescado a los arrieros: ir solamente afuera del puerto lo necesario para venderlo, no juntarse con los arrieros, no echarles el pescado en sus cestos, sino en el suelo, y depositar el dinero recibido en vinagre o en algas”[9].

 Por outra banda en Mondoñedo a situación tamén foi bastante complicada e así vemos como no ano 1572 a cidade estaba atacada pola peste, polo menos esta será a escusa que Ambrosio de Morales argumenta para desprazarse a Vilanova de Lourenzá e non a Mondoñedo.

Outro dato que constata o que acabamos de dicir prodúcese o  día 15 de outubro de 1572, momento no que o Cabido mindoniense concedía un permiso de trinta días a tódolos cóengos que permaneceran na vila mentres a peste asolara a cidade, tamén fai referencia que moitos dos cóengos se ausentaran cando apareceran as primeiras noticias de peste.[10] Un exemplo destes agraciados é Fernando Marqués, así nun documento datado o 31 de xullo de 1577 dise que o Cabido decide falar co señor bispo para “pedirle que, en el caso de adjudicar alguna escribanía, agraciase con una de ellas a Fernando Marqués, habida cuenta de lo mucho que este había trabajado en el tiempo de la pestilencia”[11].

Este Fernando Marqués é o que sofre un ataque por parte dos homes do abade de Lourenzá. As actas capitulares dese ano anotan que o 10 de outubro de 1572 o Cabido outorga poder a Xoán vilar, Baltasar Álvarez e Martín Alonso”procuradores en la Real Audiencia del Reino de Galicia y querellarse con Alonso López, merino de Villanueva de Lorenzana, y demás inculpados, por haber quebrantado la jurisdición de este Obispado y haber entrado con la vara alzada en el campo de Lindín y junto al puente de Brea y haber hecho autos de justicia y haber acometido, con gente armada, a Fernando Marqués, Teniente Alcalde Mayor de dicho Obispado de Mondoñedo, y a los que con el iban causándoles heridas y lanzadas e impidiendo la entrada en la dicha ciudad de pan, vino, carne, pescado, sal y otro mantenimiento para el sustento de los vecinos de dicha ciudad, alegando que habia peste en ella y llevando a Villanueva de Lorenzana todo ello a un mercado que había pretendio hacer el Abad y el referido merino en dicha villa". 12]

En 1578 a cidade volverase a ver atacada pola peste e así o 27 de outubro o consistorio ordena, tendo en conta que a peste estaba na cidade de Santiago, que “los vecinos de esta de Mondoñedo, entre sí hiciese la guardia que en semejantes casos se acostumbra”.[13]
No Cabildo realizado o día 21 de xaneiro de 1579 os cóengos dan conta da existencia da peste nas proximidades da vila de Vilalba.

Entre os meses de agosto e novembro de 1598 vemos como a peste volve a asentarse na cidade da Paula e así se constata nunha reunión do Cabido do 7 de agosto. Nela levábase a cabo a votación para elixir ao cura párroco de San Bartolomeu de Corbelle, os cóengos tiñan que vir votar e na acta capitular anótase que “dejaron entrar al canónigo Cartas y al racionero Castillo, a pesar de ser sospechosos de “contaminacion de peste”, pero los mandaron salir inmediatamente”. Noutra acta do 12 de agosto tócase o tema da elección de Maxistral, para levala acabo había que realizar unha votación por parte dos cóengos e o Cabido decide non aumentalo prazo da votación  “a causa del rumor de peste que había en la Ciudad y sus arrabales”[14].

O día 16 de outubro vemos como o Cabido encarga ao cóengo Miramontes a tarefa de “vigilar la Puerta Nueva durante todo el tiempo que hubiere peste”[15]. Outra medida, aparte de pechalas portas e vixialas, foi a de suspender as actividades do Seminario e así o Cabido, en sesión do 20 de outubro, ordénalle ao cóengo Calonge “cesase en su cargo de leer a los estudiantes, a causa del rumor y peligro de la peste, se tenia sospecha de que estaban afectados de dicha peste algunos estudiantes”[16].

Sirvan estas catro pinceladas para amosar o cadro de morte e devastación que a peste trouxo á nosa Mariña no século XVI.





[1] Saavedra, Pegerto. Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo. 1480 – 1830, p.98.
[2] Apuntes sobre Ribadeo, páxina 39, resumo do ano 1567.
[3] Apuntes sobre Ribadeo, p. 49, resumo do ano 1578.
[4] Saavedra, Pegerto. Opus cit., p.100.
[5] Donapetry Yribarnegaray, X.: Historia de Vivero y su concejo, p.218.
[6] Saavedra, Pegerto. Opus cit., p.98.
[7] Donapetry Yribarnegaray, X.: opus cit., p.218.
[8] García Oro, X. e Romaní, M.: Vivero en el siglo XVI, p. 198, doc. 86.
[9] Saavedra, Pegerto. Opus cit, páx.100
[10] Cal Pardo, H.: Mondoñedo. Catedral, ciudad, obispado en el siglo XVI. Documento 522, páx107.
[11] Cal Pardo, H.: Opus cit., documento 535, p.111.
[12] Cal Pardo, H.: Opus cit., documento 521, p.107.
[13] Saavedra, Pegerto. Opus cit, páx.99.
[14] Cal Pardo, H.: Opus cit., documento 1192 e 1194, p.244 e 245.
[15] Cal Pardo, H.: Opus cit., documento 1207, p.247.
[16] Cal Pardo, H.: Opus cit., documento 1247, p.257.

DAS ORIXES FOCEGAS DO CONDE DE GÓMARA (SORIA).

Palacio dos condes de Gómara (1577-1592). Francisco López de Río.
O primeiro conde de Gómara foi, segundo a Colección Salazar e Castro, Alonso de Río e López de Río, era tataraneto de Xoán López de Río, este era “originario  de la Casa Río, en Mondoñedo, Galicia. Participó en la conquista de Antequera al servicio del rey de Aragón. Alcalde de la Fortaleza de Yanguas. Casado en primeras nupcias con Teresa Malo, nacida en Yanguas”.

Neste artigo veremos como un home que sae do lugar de Río, parroquia de San Martiño, acaba por converterse nun home poderoso e como os seus descendentes rematarán por converterse en condes de Gómara.

Se consultamos o artigo de Paio Artigas, titulado “Antiguas familias de Soria. Los Salcedo y los Ríos. Progenitores de los condes de Gómara” (publicado na Revista de Arquivos, Bibliotecas e Museos, 1920), poderemos ver como á hora de falar da orixe dos Río de Soria di o seguinte: “Los Ríos, según Martel, eran ”gente principal y hacendada en la ciudad de Soria” y traían su origen de Galicia, “en el solar que llaman de Rio, que es una casa con su torre en el coto y feligresía de San Martín de Mondoñedo, al cual solar son tributarios y pecheros todos los vecinos y moradores de su distrito, pagando cada uno de ellos, al tiempo de su muerte y fallecimiento, al señor del solar, el derecho que llaman de las luctuosas, que es la mejor pieza mueble que tenía el difunto, en reconocimiento de señorío y vasallaje”.

Non é esta a primeira vez que se menciona a orixe focega dos Río de Soria, xa no traballo de Francisco Mosquera de Barnuevo , publicado no ano 1612, e titulado La Numantina, no seu canto quinto, páxina 115 podemos ler: “Están también incorporados en este linage los Rios (aunque su origen es de los muy nobles de Galicia, en la Feligresia de San Martin de Mondoñedo, donde tienen su solar y en el llevan de sus vasallos el derecho de lustuosa”.

Pode que o amigo lector coide esaxerada a anterior afirmación, pero todo o contrario, no lugar de Río, parroquia de San Martiño de Mondoñedo, había unha fortaleza. Dela tivemos noticia trala lectura do expediente de fidalguía de Lourenzo López de Moscoso e Río, que podemos consultar lendo o artigo titulado “Unha casa brasonada en Vilaxoane”, que se atopa neste blog.

Fortaleza de Yanguas. Xoán López de Río, alcaide.
No expediente de fidalguía do mencionado Lourenzo afírmase que era neto de Lope Sánchez de Moscoso. Este fidalgo residía na súa casa de Vilaxoane, pero defendía, de maneira orgullosa, a súa procedencia da casa solar de Río, de onde procedía. O interesante das declaracións das testemuñas deste preito é como falan da fortaleza de Río da que din que: “tenia una torre grande y casa de cantería parte de ella con unas portadas de cantería y acerca della y alderedor della un paredón y hescudo alto y almenage de piedra y en la puerta principal de la dicha torre tenia las armas del dicho solar que eran unas flores de lis y pezes y ríos y la dicha torre era ancha con sus quatro esquinas y junto a la dicha torre y pegada a ella tenían los moradores de ella su casa y palaçio en que bivian y por la dicha casa y torre paresçia ser antigua y este testigo savia y avia visto que a Diego de Rio el viejo por regedor que fue de la dicha casa y solar”.

Unha das testemuñas menciona como membros destacados da familia Río a Lourenzo López de Moscoso e Río, a seu avó Lope Sáncez de Moscoso, a Pedro de Miranda e Rodrigo de Rio “los quales  eran fijosdalgo cavalleros principales”.

Esta mesma testemuña afirma que cando morría un veciño peiteiro do bispado de Mondoñedo tiña que pagar a familia ao bispo “un buey o baca, que llamavan luytuosa, por via de pecho; que no pagavban los hijosdalgo  y que los del dicho lugar que llamavan de Rio ademas estava sita la dicha casa y solar los vezinos y moradores que bivian en dicho lugar proximo de la casa y solar no pagavan cosa alguna de dicho tributo al dicho vispo de Mondoñedo y pagavan y avian pagado los ombres de la dicha casa y solar de Rio la dicha luytuosa la mitad al dicho posehedor de la dicha casa y solar y la otra mitad a Alonso Lopez de Moscoso y Rio que hera ansimysmo desçendiente de la dicha casa y solar”.
Unha testemuña deste preito é Diego Rebellón e Aguiar, fidalgo, veciño de San Cosme de Barreiros, e un dos membros da familia dos Rebellón de Marzán, donos da casa que hoxe en día se coñece como A Casa Grande de Marzán.

Na súa declaración aborda o tema da casa forte de Río da que dirá que era unha torre elevada: “ y su cerco de piedra, que por lo alto de ella se andava alderedor como fortaleza y casa fuerte y en la puerta principal de la dicha torre tenian sus armas que heran tres flores de lises y una torre y un rio con sus peces y una donzella que estava mirando al rio”.

Na declaración desta testemuña vemos como aos membros da familia dos Río gardábaselles tódalas preeminencias, como eran “el asiento y dar de la paz y honras donde quiera que se hallavan en vodas, mysas y bautizos y mortuorios”.

Vexamos agora o percorrido vital dos membros da familia Río de San Martiño de Mondoñedo, dende o momento en que parten da súa parroquia natal ata que se converten en condes de Gómara.

Debemos logo comezar por Xoán López de Río que, como vimos anteriormente, será o xerme da familia dos López de Río sorianos. Sobre este home ten investigado amplamente Máximo Diago Hernando en varios traballos. Nun deles, o titulado La proyección de las casas de la alta nobleza en las sociedades políticas regionales: El caso soriano a fines de la Edad Media” (Publicado en Anuario de Estudios Medievales, 39/2, xullo – decembro 2009. P. 843 a 876) podemos ler: “Desde esta perspectiva puede considerarse paradigmática la trayectoria de Juan López de Río, modesto hidalgo originario del obispado de Mondoñedo, en Galicia, quien, tras abandonar su patria de origen en busca de mejores condiciones de vida, entró a mediados del siglo XV al servicio del señor de Cameros, Juan Ramírez de Arellano, quien le designó para que se hiciese cargo de la tenencia de la fortaleza de su villa de Yanguas. Allí contrajo matrimonio con una doncella perteneciente a una familia de ganaderos trashumantes, que le llevó a interesarse progresivamente por la actividad de la cría de ganado ovino en régimen trashumante, orientada a la producción de lanas finas para su exportación, sentando así las bases para la fortuna prosperidad de sus descendientes, que llegaron a convertirse en señores de la cabaña de mayores dimensiones y mejor reputación por la calidad de su lanas en todo el partido mesteño soriano”.

Para afondar máis na figura de Xoán López de Río puxémonos en contacto co profesor Máximo Diago, ao que lle enviamos unha serie de preguntas. A súa resposta foi que despois de consultar unha serie de preitos de fidalguía atopou referencias : “de testigos que sostienen que vino como paje de Constanza Sarmiento, cuando vino a tierras sorianas a casar con el señor de Cameros, Carlos Ramírez  de Arellano. Prosperó al servicio del sucesor de éste, Juan Ramírez  de Arellano, señor de Cameros, que le nombró tenente de la fortaleza  de Yanguas. He encontrado también referencias documentales de fines  del siglo XVI sobre cómo el alférez mayor de Soria, Antonio López de  Río, compró por estas fechas la referida casa y torre de Río”.

No traballo sobre a familia dos Río, mencionado anteriormente, ao tratar da figura de Antón López de Río dinos que: “En 1595 Antonio López de Río, regidor de Soria, se titulaba señor de la  torre, casa y solar de Río, en Galicia, en el partido y feligresía de San Martín de Mondoñedo. Y ese mismo año otorgó poder a su hijo Antonio López de Río, el menor, para comprar al licenciado Hernando de Saavedra,  del Consejo del Rey, oidor en su contaduría mayor, vasallos en el entorno más cercano a dicha torre (la cantidad de vasallos más propincuos y circunvecinos a dicha mi torre, casa y solar de Río AHPS(=Archivo Histórico Provincial de Soria), PN (=Protocolos Notariales), 89-199-49 , Soria, 27-XII-1595. Dicha compra se llevó a efecto, puesto que sólo dos años más tarde el propio Antonio López de Río, al titularse señor de la casa, torre y solar de Río, aclaraba que lo era  "de lo que yo antes me tenía y era señor” y también “de lo que me vendió el licenciado Hernando de Saavedra, del Consejo de Su Majestad y Oidor de la Contaduría Mayor de Hacienda, señor del coto de San Martín de Mondoñedo”.  Vid. carta de poder de Antonio López de Río a Rodrigo de Río de Moscoso, vecino de la feligresía de San Martín de Mondoñedo, nombrándole alcaide y alcalde mayor de la casa y torre de Río, para que ejerciese en su nombre la  jurisdicción civil y criminal, alta y baja. AHPS, PN, 91-202-198, Soria, 11-XII-1597”.

Ese licenciado Hernando de Saavedra, tamén coñecido como Oidor Saavedra é o que aparece en varios artigos do noso blog vinculados coa capela de San Brais e a casa brasonada de Vilaxoán.

Sabemos logo que foi dos López de Río de Soria, pero agora deberíamos mirar algo sobre os membros desta familia que quedaron en San Martiño.

Palacio dos Río e Salcedo. Alonso de Río, o Maior. 1549. Hoxe Arquivo Histórico Provincial.

A primeira referencia que nos atopamos é a de Vasco López de Río. Unha mención a el atopámola no libro de Henrique Cal Pardo “Mondoñedo, catedral, cidade, bispado, na segunda metade do século XV”, en concreto na páxina 51, documento nº 26. Trátase dun documento, do 16 de marzo de 1459, no que se fai referencia ás distintas cantidades económicas que recibía o Cabido mindoniense :”da parte do benefiçio de Santa Ceçilia, duzentos morabetinos vellos, que leva Vasco Lopez de Rio”.

A seguinte referencia data do ano 1492. Esta vez atopámola lo libro “La hermandad de Castilla: cuentas y memoriales. 1480 – 98”, no apartado relativo aos acostamentos podemos ler: “Vasco Lopez de Rio, vecino del coto de San Martin de Mondoñedo, 2 lanzas, 8.000 maravedíes”. Un acostamento era o pago que recibía dos reis unha persoa por estar preparada e equipada para loitar por eles cando fosen reclamados. Polo que vemos Vasco López de Río, que ben pode ser o mesmo que aparecía en 1459 ou o seu fillo, acostaba dúas lanzas, ou o que é o mesmo, os reis contaban con dúas persoas armadas para loitar por eles.

Que Vasco López de Río era un fidalgo coñecido é respectado queda patente na executoria de fidalguía de Alonso Vidal, veciño do lugar de Vilatuixe, dada en Valladolid no ano 1508. Nas declaracións dunha testemuña, Xoán de Losada, veciño de Romaríz, fidalgo de 65 anos, á hora de afirmar que o avó de Alonso Vidal, Alvar Alonso de Vilatuixe, era fidalgo notorio di:“oyera desir por fama publica al mariscal Pedro Pardo i a Vasco Lopez de Rio i a Ruy Lorençio de Adelan i a otros de aquella tierra que eran mas antiguos que este testigo i desta que ellos avian conosçido al dicho Alvar Alonso i que fuera ome fijodalgo”, queda logo claro que a palabra de Vasco López era case que tan valiosa como a do Mariscal Pardo de Cela.

Os Río que vivían na fortaleza.

Sobre eles fálase no expediente de fidalguía de Lourenzo López de Moscoso e Río e dísenos que quedan como alcaides da mencionada fortaleza Diego de Río, o vello, seu fillo, tamén chamado Diego de Río e seu neto, Rodrigo de Río Moscoso.

Lembremos que son alcaides colocados polos membros da familia Río de Soria, que son os que detentan a propiedade da fortaleza. Estes Río de San Martiño, emparentados cos de Soria, son unha rama menor da familia que vivirán á sombra dos seus parentes ricos.

Vexamos unha pequena árbore xenealóxica destes Río.

1.- Diego de Río, o vello, casado con Berenguela López de Moscoso.

Vemos aquí como se unen os apelidos Río e López de Moscoso, lembremos que este último é a orixe do condado de Fontao. Nunha das fontes que actualmente se poden ver no pazo de Fontao están gravados os escudos dos apelidos Río e Moscoso.

Este Diego de Río, o vello, foi un dos primeiros posuidores do casal da Portela (sito en Forxán e do que xa temos falado no noso blog) tal e como podemos ler nun documento do ano 1549. Nesa data, e para rematar coa posesión fraudulenta que este señor tiña sobre o citado casal, o Cabido mindoniense afora a: “Diego de Río, vecino de San Martín de Mondoñedo, el viejo, por dias de su vida y de la de uno de sus hijos, nietos y bisnietos, la casería de Marzán, que se llamaba da Portela, con todas sus heredades, que se enumeran y ascendían a unas 46 en total, sitas en diversos lugares como Prado da Lama, Chao, Fornos, Arnado de Aveas, Veiga da Cadra, Pedreira, Lagoa, Moreiras, Sabrón, Veiga do Castro, Miñanoces, Monte  dos Fondoes, Fojo, etc. Debería pagar 1000 maravedís por día de San Martín y edificar, en el plazo de dos años, una casa en la dicha casería de Marzán, de paredes, madera, losa o teja, todo ello a su costa. En caso de no realizarlo así, la caserí y foro quedarían a disposición del Cabildo”.[1]

Diego de Río, o vello, posuía entre outras moitas propiedades, un muíño abandonado e caído na parroquia de San Martiño, polo menos  no ano 1540 “de la parte de abaxo e topa en molino viejo e heredad del Regeyral, que se dize es de Diego de Rio, que es suyo, e de otra parte topa en heredad que fue del prior de Sant Martiño e que agora es de Ynes Peres, muger de Afonso Bazques”. Sobre este muíño as testemuñas afirman que: “yaze yermo, que topa en heredad del dicho monesterio, prado que llieva el dicho Alvaro Pillado e en la dicha heredad e molino que fue del dicho prior de Sant Martiño e con su rigueyral, que todo es de Diego do Rio, que debia dos mysas en cada un ano que mandara por su suegro el dicho Diego do Rio “.

Deste Diego de Río, casado con Berenguela López de Moscoso, e pai doutro Diego de Río, sabemos que falecera con anterioridade ao ano 1553, pois nun documento do 25 de setembro dese ano o Cabido de Mondoñedo preiteaba contra Berenguela López de Moscoso, “viuda de Diego de Rio, con su hijo Diego de Río, el mozo, vecinos del coto de San Martín, sobre el lugar da Portela.”[2]

2.- Diego de Río, o novo, casado con Inés Álvarez.

3.- Rodrigo de Río, seus irmáns son: Vasco López de Río e Berenguela López.

Este Rodrigo alcanzará o posto de alcaide da fortaleza de Río, nomeamento que recibe dos seus parentes sorianos, que eran os donos da fortaleza e dos vasalos que vivían preto dela.
O  21 de maio de 1574 Rodrigo vende un terro ao licenciado Maldonado, que mercara a seu irmán, Vasco López de Río, sito na veiga de Estambar, que testaba co camiño que da Veiga ía a Ver e a Vilaxoane.

4.- Berenguela López de Río, casada con Alonso Legazpi e pais de Antón Legazpi e Río.
Desta muller sabemos, grazas á información que aporta o expediente, que para poder emigrar, presentara o seu fillo Antón Legazpi e Río[3], que estivera casada con Alonso Legazpi e que no referido ano de 1662 xa falecera. O seu marido era un fidalgo, fillo de Xoán Legazpi, natural de Vilanova de Lourenzá, e de Sabela Díaz de Guitián. Berenguela, segundo aparece no informe, era filla de Diego de Río, o novo, e de Inés Álvarez. O documento  sobre as orixes de Antón Legazpi foi redactado “en el coto de Ferreira de San Martino de Mondoñedo y jurisdicion de don Lorenço de Moscoso”, o día 15 de marzo de 1621.

Pouco máis podemos dicir desta familia, dos que noutrora presumiron de levar o apelido Río, e que se titulaban como señores da fortaleza de Río.

Hoxe en día aínda se poden ver as casas, que son dúas e xuntas,  que se levantaron  sobre os cementos da antiga fortaleza de Río.




[1] Cal Pardo, H.: Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado – en el siglo XVI. Nº 1496, páx. 316.
[2] Cal Pardo, H.: Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado – en el siglo XVI. Nº 3642, páx. 789.
[3]  pares.mcu.es, Arquivo Xeral de Indias, Casa de Contratación, 5382, nº 9, 16 de xuño de 1622.

martes, 6 de septiembre de 2016

O QUE TRAE O MAR.

 Vivir a carón do mar sempre tivo algo positivo xa que  moitas veces recibes agasallos, aínda que sempre hai que ter moito coidado con el pois sempre acaba reclamando o seu pago.

Neste artigo iremos amosando, moi por enriba, algún que outro dato sobre achados nas nosas praias dende finais do século XIX ata a segunda década do século pasado.

Así vemos como o xornal El Faro Nacional: revista universal de la administración pública, no seu número do 31 de decembro de 1851, inxería unha nota na que se recollía a declaración feita polo ministro de facenda o  26 de xullo de 1848, segundo a cal reclamaba o estado a pertenza dun bote “por no haberse presentado dueño conocido, un bote hallado en la playa de San Pedro de Benquerencia, partido de Rivadeo, cuyo valor fue tasado en 320 reales, ascendieron las costas ocasionadas en la ayundantía de marina a 323 reales y 14 maravedis y á 94 reales y 2 maravedis las que se causaron en el juzgado de primera instancia, habiéndose notado el mismo esceso en el espediente relativo á un bote inglés hallado en las playas del distrito de Foz”(p.64) Supoñemos que se está a referir ao mesmo bote que se menciona no Boletín Oficial de Ourense (1850, 10 de outubro), que aparecera na praia de Fazouro o día 31 de xullo, “bote que tiene de latitud su quilla 24 pies y 5 pulgadas; de eslora 24 pies; de manga 10 pies y 11 pulgadas y de puntal 3 pies y cuatro pulgadas, su madera es roble, su construcción extranjera y su estado regular”.

O día 27 de maior de 1887 podemos ler no xornal El Lucense que dúas lanchas de Foz atoparon o día 21 e o 23 dese mes “en la mar dos tercerolas conteniendo aceite Graut”. O dicionario da Real Academia da Lingua dinos que a tercerola é un tipo de barril de mediana cabida.

Algo que resulta moi habitual que apareza nas nosas costas, aínda hoxe en día, son as madeiras, de todo tipo. Así vemos como no xornal El Eco de Santiago, podemos lela seguinte noticia:  “Han sido recogidas en el mar por pescadores de los puertos de Rinlo y Foz, en esta provincia, varias perchas de madera de cedro, que se hallan depositadas en la ayudantía de marina de Ribadeo”.(1897, 4 de febreiro).

Tamén é abundante a aparición de boias, como a que foi atopada o día 5 de xaneiro de 1911:  “por los carabineros de la Comandancia de Ribadeo, en la playa de Foz, una boya baliza pintada de encarnado y de forma cónica, la que mide cuatro metros de largo por cinco y medio de circunferencia. Tiene también una placa en la que se lee: número 3, London 170. (La Voz de la Verdad, 1911, 13 de outubro).

Neste mesmo ano apareceron na praia de Fazouro de 32 bocois baleiros que recolleron os mariñeiros “se cree fundamentalmente procedan de algún naufragio de los varios ocurridos durante el último temporal”. (El Regional, 1911, 23 de xaneiro). Tanto polas marcas como pola madeira dos bocois sospeitase que podan ser estranxeiros.

Outro dos achados que aparecen correntemente, antes moi máis que hoxe en día, son as cartas enviadas en botellas. O protagonista deste achado foi o médico focense Eladio Candia Río e o suceso ten lugar no ano 1912. Atopábase o médico dando “un paseo por la ensenada de la Masma y desembocadura del río Oro” cando atopou unha botella, ao recollela comprobou que esta traía dentro “una tarjeta postal y un papel escrito en cinco idiomas. La dirección es la siguiente: Mission Oceanographique.- Carisberg Laboratorion. Copenhagne. Danemark”. (Diario de Pontevedra, 1912, 1 de xuño).

No papel pedíaselle a quen atopase a botella que anotase onde fora atopada, a data do achado e o nome. Tratábase dun experimento para comprobar as correntes oceánicas. Para levalo acabo os daneses lanzaran ao mar varias botellas que contiñan unha postal para contestar ao escrito.


A razón de que aparezan este tipo de restos nas nosas praias débese aos descoidos dos mariñeiros, a unha mala colocación da carga, a naufraxios por temporais ou ben, tal e como acontecera no ano 1917, ao ataque de submarinos alemáns; porque si, nese ano varios submarinos estiveron a atacar barcos pola mariña luguesa (véxase o noso artigo titulado O submarino alemán U-46 que navegaba pola  Mariña, http://ogabinetedefoz.blogspot.com.es/2015/01/o-submarino-aleman-u-46-que-navegaba.html).

Así podemos ler que como consecuencia destes ataques dos submarinos están aparecendo nas praias de Asturias e nas galegas “varios objetos, procedentes, sin duda, de dichos torpedeamientos y de los últimos temporales: Un bocoy vacío, hallado en la playa de Nois, Foz. Veinte tablones y un aparato de metal del gobierno de un buque en la playa del Castro,Foz. Un palo macho de un barco de vela, de 24 metros de largo y 1,40 de circunferencia, hallado en Foz. Un bocoy lleno de vino tinto, en Arealonga, San Miguel de Reinante. Un bocoy lleno de vino tinto en la playa de Foz. Un bocoy vacío y otro lleno de vino tinto en Carreiro, Foz. Un bocoy vacío en LLas (…) Una pluma puntal de carga, de 13.20 metros, perteneciente a un vapor, hallada en Paizás, Foz y una puerta del camarote de un buque, en Marzán, Foz.”(Castropol: periódico decenal, 1917, 30 de marzo). Desta noticia tamén se fai eco o xornal El Progreso no seu número do 3 de abril dese ano.

O ano 1918 foi bastante prolífico para este tipo de achados e así podemos ler na prense que: “En diversos parajes  de la costa, entre Foz y Tapia, arrojó el mar estos días despojos de naufragios, bocoyes vacíos, barriles de vino, latas de materias lubrificantes, velas de esperma, trozos de madera y otros efectos, casi ninguno en condiciones de aprovechamiento”. (Correo de Galicia, 1918, 4 de xaneiro).

A finais dese mesmo mes podemos ler como continúan aparecendo cousas nas nosas praias: “Por la ayudantía de Marina de Ribadeo se anuncian los siguientes hallazgos en el mar: Una tercia con aceite, al parecer de engrasar máquinas, en mal estado, sin marca y con peso de 130 kilogramos, hallada por Antonio Rico y Gervasio Rodríguez en la playa de Fazouro.Otra con igual contenido e idénticas condiciones que la anterior, con peso de 200 kilogramos, que halló en la playa de Foz Manuel Fraga Penabad.” (El Eco de Santiago, 1918, 23 xaneiro). O xornal El Progreso, no seu número do 18 de xaneiro, facíase eco desta noticia aínda que nel se apuntaba a aparición doutra tercia de aceite, de 300 quilogramos, na praia de Fazouro, que atopara Manuel Alonso.

No mes de novembro dese ano temos constancia do achado máis macabro: “Días atrás apareció en la playa de Marzán, próxima a Foz, el cadáver de un hombre, en estado verdaderamente horrible. Tenía los huesos al descubierto en la casi totalidad, pues solo consevaba restos destrozados de carnes y de cutis en el tronco, en los piés, en las manos y en la cabeza. Le faltaban además por completo las vísceras. Llevaba sujeto un chaleco salvavidas y solo conservaba una camiseta que ostentaba la inscripción M.Primier. Supónese que se trata de un náufrago de alguno de los muchos buques que en aquella costa se han ido a píque, hundidos por los submarinos”. ( El Orzán, 1918, 3 de novembro).
En 1920 podemos ler como: “El ayudante de marina de Ribadeo comunica que por el vecino de Foz, Basilio Pena Monso, fue hallada en el mar una bola de grasa al parecer de cerdo, cuyo peso es de 36 kilogramos”. (Norte de Galicia, 1920, 14 de agosto).

Continuaremos ollando na prensa para recuperar máis información sobre os achados de restos nas nosas praias.


ANACOS DAS HISTORIAS DA EMIGRACIÓN MARIÑÁN NO SÉCULO XVII.


Non pretendemos con este artigo facer un ensaio sobre a emigración mariñán do século XVII, tan só pretendemos dar algúns datos, pequenos retallos, sobre eses homes e mulleres mariñáns que un día, ben polo sentimento de aventura, que tantas veces nos votan en cara, ou pola necesidade de buscarse a vida,marcharon desta nosa terra. Descoñecemos se retornaron ou non, pero para sabelo deberíamos de buscar nos libros de defunción das parroquias aquí mencionadas, aínda que esta labor, aparte de ardua, semella bastante infrutuosa.

Para realizar este tema empregamos como fonte documental primaria a páxina pares.mcu.es, en concreto a documentación que se garda no Arquivo Xeral de Indias, no seu apartado de Contratación.

A primeira referencia que atopamos data do ano 1604 (Contratación. Exp. 5281, nº 72, 6 de marzo) e nela o licenciado Antón de Quiroga solicitaba autorización para poder pasar ao reino de Nova Granada. Esta autorización debería estenderse a tres criados que o acompañaban, eran estes  María Pimentel, filla de Xoán de Castro e Sabela Pimentel, veciños de Mondoñedo; Antón Márquez, fillo de Fernán Márquez, natural de Samarugo e Marina Fernández Márquez, filla de Álvaro Márquez e de Leonor de Losada, veciños todos da parroquia de Santo Acisclo. Sobre estes criados, dos que tan só sabemos o seu nome, coido que o apelido de Antón e Marina debe ser Marqués e non Márquez, pois o primeiro deles era bastante abundante na nosa Mariña. Na documentación que se garda no Arquivo Xeral de Indias, e que podemos consultar en pares.mcu.es, podemos ver  como no interrogatorio se pregunta si: “ saven que dicha Marina Fernandez Marques, hija legitima y procreada de legitimo matrimonio de Albaro Marques, vezino de San Acisclo deste obispado de Mondoñedo, y de su legitima muger y es prima del dicho Procurador, hijos de hermanos”.

Nove anos despois, en 1613, solicitaba licenza para pasar a Zacatecas don Francisco de Castro San Isidro, para exercer o cargo de factor e veedor da Real Facenda de Zacatecas. Ía acompañado da súa dona e dos seus tres fillos así como dunha criada natural de Madrid e doutro criado, Pedro Rodríguez Bermudo, fillo de Xoán Rodríguez da Granda e María López, todos veciños de Cabarcos. (Contratación. Exp. 5332, nº 22).

En 1618 solicitaba autorización para pasar ao Perú o cóengo da catedral de Trujillo don Gregorio Juín de Pedrosa, ao que acompañaban dous criados, un deles era Domingo Díaz Alfeirán, natural da cidade de Mondoñedo, fillo de Lois de Pena e María López. (Contratación. Exp. 5360, nº 71 S).

En 1622 solicita autorización para poder pasar a Nueva España, en calidade de criado, Antón Legazpi e Río, veciño de San Martiño de Mondoñedo. Eran seus pais Alonso de Legazpi e Berenguela López de Río. O pai era un fidalgo que, procedente de Vilanova de Lourenzá, acabará asentándose en San Martiño. Súa nai era filla de Diego de Río, o novo e de Inés Álvarez, ambos residentes na casa torre de Río, na parroquia de San Martiño. O expediente xenealóxico que Antón Legaspi tivo que presentar fora redactado  “en el coto de Ferreira de San Martino de Mondoñedo y jurisdicion de don Lorenço de Moscoso”, o día 15 de marzo de 1621. (ES.41091.AXI/16419//PASAXEIROS,L.10,E.3319, 6 de xuño de 1622).

En 1625 a Casa de Contratación informa sobre os bens que lle quedaran ao xeneral don Xoán Pardo de Losada e Quiroga, natural do val de Cabarcos, veciño de Manila e encomendeiro en Cuyo. Tralo seu falecemento en Manila ábrese o testamento no que deixa unha gran cantidade de bens tanto para a familia como para fundacións de misas. É tal a documentación que este testamento aporta que merece un artigo aparte.

O día 28 de abril de 1634  solicitaba autorización  para poder pasar a Indias don Antón de Acuña e Cabrera, capitán e sarxento maior que fora do presidio do Callao, quen pretendía pasar ao Perú acompañado de varios criados, un deles era Diego Sánchez de Moscoso, fillo de Alonso de Río e Cordido e Catarina López Valmaior. (Contratación. Exp. 5415, nº 87, 28 de abril de 1634).
Era este Diego Sánchez veciño de Fazouro, feito que podemos afirmar grazas a unha documentación que sobre a fundación da capela da Concepción de Fazouro me pasaron.

Na mencionada documentación podemos ver como o presbítero Alonso de Río e Cordido e Aguiar fundaba unha capela no mes de abril de 1690:  “Fundazion.- En la feligresia de Santiago de Fazouro, jurisdizion de Nois, a quinze dias deel mes de Abril de mil seiscientos y noventa años en presenzia de mi escrivano e testigos, pareszio presente el Lizenciado don Alonso de Rio i Cordido y Aguiar, clerigo presbitero residente en la dicha feligresia de Fazouro y lugar que dizen do Castiñeiro, e dijo que por quanto de servizio de Dios nuestro Señor, y de la Santisima y siempre  Virgen Santa Maria su Madre Señora y abogada  nuestra para gloria y alabanza suia y de sus santos y vien de las almas y aûmento deel culto divino, tomò por su devozion el hazer y edificar una ermita deel nombre y adbocazion de Nuestra Señora de la Concepcion y deel Glorioso Señor San Yldefonso, Santo de su nombre, en el lugar y junto al Camino publico donde dizen âbaesta y està una cruz, termino de dicha feligresia de Fazouro, Jurisdizion de Nois; obispado de Mondoñedo, Reino de Galizia en medio de las dos Aldeas de Fazouro y Lousada”.
Para os reparos que a capela ía necesitar o presbítero deixaba unha serie de bens que lle tocaran en herdanza de seus pais:” y por otra en eredad de Domingo Sanchez de Moscoso, todos los quales dichos vienes declarados dicho otorgante dijo tocarle y pertenecerle por erencia de Alonso de Rio y Cordido y Cathalina Lopez Valmayor , sus padres, difuntos, vezinos que fueron de dicha feligresia de Fazouro”.

Pode pensar o lector que non se trata da mesma persona, que o Diego que aparece na documentación da Casa de Contratación non é o Domingo que aparece na documentación de 1690, pero recapitulemos, tanto Diego como Domingo ou Alonso de Río son fillos de Alonso de Río e Cordido e de Catarina López Valmaior, así que si non se trata da mesma persoa polo menos será irmán de ambos, de igual maneira que o son Catarina López de Río e Inés López Valmaior, ambas fillas dese matrimonio e nadas na parroquia de Fazouro.
En 1686 solicitaba licenza para pasar a Nova España don Melchor Portocarrero Laso de la Vega, á sazón virrei de México e conde da Monclova, ao que acompañaba a súa dona, os fillos varios secretarios e unha ampla relación de criados, nela atopamos, xusto debaixo do negro escravo chamado Domingo de las Nieves a Pedro Martínez, natural de Santiago de Sargadelos.

Dous anos despois, en 1688, solicita permiso para pasar a terra firme o gobernador e capitán xenral de Cartaxena de Indias, don Martín de Ceballos y la Cerda. Na solicitude tamén se inclúen a esposa, o fillo, un criado de Sevilla, outro de Castro Urdiales, unha criada de Ayamonte e por último un criado chamado Bernabé Freire de Andrade, natural de Foz, fillo de Alonso Freire de Andrade e de Xoana López. Na información que o documento aporta podemos ler: “ Bernave Freire de Andrade, natural de la feligresía de Santiago de Foz en Galizia, hijo lexitimo del matrimonio de Alonso Freire de Andrade y de Juana López, sus padres, todos los quales an sido y son christianos viejos, limpios de toda mala raza de moros, judíos y nuevamente combertidos a nuestra fe católica, no castigados ni penitenciados por el tribunal del Santo oficio”.
A documentación tamén aporta información física de Bernabeu “de edad de veinte y seis años pelinegro arrugas naturales en la frente y todos tres son solteros”.

Nada ten que ver co anterior un tal Francisco Freire de Andrade, natural de San Sadorniño, que solicitara autorización para ir a Guatemala como criado do fiscal  Xoán Maldonado Paz. A este acompañábano catro dos seus fillos, nados do matrimonio entre Xoán Maldonado e Berenguela López de Moscoso e Río, esta última natural da parroquia de San Martiño de Mondoñedo. Sobre este matrimonio falaremos nun posterior artigo.


Neste mesmo ano, 1686, e ata 1697 se prolonga un preito polos bens que quedaran de Diego Filipe López. Era este fillo de Gabriel López e Inés Fernández e veciño de San Miguel de Reinante. Descoñecemos a que idade, pero sabemos que emigra da súa parroquia natal ata as minas de Sombrerete (estado de Zacatecas, México),  nas que acaba falecendo. Os seus herdeiros loitarán pola herdanza, feito que alonga no tempo o preito. Entre os implicados na herdanza aparecen Antía Fernández, veciña de San Miguel, Gaspar López, veciño de Vilaframil, ambos irmáns de Diego Felipe. (Contratación. Exp. 564, nº 1. R2).

Santiago García, marido de Antía Fernández de Moreda, solicitara, tanto no nome da súa dona como no de “Gaspar  Lopez Bolaño, vezino del lugar de Billaframil, feligresia de Santa Olalla de la Devessa, del condado de la Villa de Rivadeo” por escrito unha reclamación sobre os bens de Diego Felipe, que na documentación era definido como “mercader de Sombrerete”. Os bens do finado, que “binieron a esta Real Cassa en los navios de azoges”, baixo o cargo do almirante D. Francisco Navarro, ascendían a unha cantidade de  766 pesos.