Buscar este blog

jueves, 18 de agosto de 2016

A VISITA PASTORAL DE 1670 Á PARROQUIA DE NOIS.

Igrexa de Nois.   Foto sacada de galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es

Ten lugar o día 5 de agosto de 1670, era cura párroco a don Lourenzo de Moscoso e Omaña.
Dos froitos que xenera este beneficio o cura párroco leva unha sexta parte e o Cabido o resto.
Para coñecer o volume dos froitos, os ornatos e as propiedades da parroquia chámase a como testemuñas a Pedro de Almuiña, primicieiro da dita igrexa,  a Sebastián da Pena e Pedro da Pena, todos veciños de Nois.

Afirman que o beneficio de San Xiao de Nois é de libre colación dos señores bispos e do Papa. Se morre o cura párroco no mes que lle toca ao bispado será este quen nomee outro cura novo e se toca cando é o mes do papado será este quen nomee cura.

Bens da igrexa.

No lugar da Acaroada posúe unha leira de media fanega de pan que testa con herdade de Evaristo Méndez, crego e que lle traballa Alonso Barata.
Na Veiga da Toxoa dous ferrados de pan, testa con propiedades dos herdeiros de Catarina López e con herdade de Roi Fernández, o vello, veciño de Castelo.
Unha leira xunto á igrexa, dun ferrado de pan, testa no adro da igrexa e no camiño.
Na Veiga de Mean leva medio ferrado de pan, testa con propiedade dos herdeiros de Pedro Vidal e no camiño público. Nesa mesma veiga  medio ferrado de pan, testa con herdade de Alonso Barata e en propiedade dos herdeiros de Miguel Maseda.
Na herdade coñecida co nome de O Ventoeiro, de medio celamín de pan, testa en herdade de Rodrigo do Seixo e no “camino da Area Longa que ba para la cançela da Brea”.
Catro cuartos de viña en Entresilba que leva en foro Mateo Gómez e Xoán da Almoiña, pagan media fanega de trigo anualmente. Testa en herdade de Xoán López de Parga , outra dos herdeiros de Alonso da Riba e en viña de  Xoán Dourado.
No monte que chaman O Chao, media fanega de pan, testa por todas partes con herdade de Pedro García de Deán .
Onde chaman Os Salcedos un ferrado de pan que linda con propiedade de Pedro de Bao e os herdeiros de María Pérez Urtado.
Na herdade coñecida como Os Castros un ferrado de pan que testa en propiedade dos herdeiros de Pedro Vidal.
Outra peza de herdade “arriba del camino da Area Longa, que lleva un ferrado de pan de sembradur,a testa en heredad de Miguel Maseda”.
Unha peza dun ferrado onde lle chaman O Prado, dun ferrado, testa con propiedade do mosteiro de Santo Domingo de Viveiro e en herdade de Diego de Almoiña.
Unha peza de medio tego no lugar coñecido como Campelino, testa en herdade de Alonso Basanta e Pedro de Vao.
En Entresilba, un ferrado que “testa en el rego que viene de Cobas y ba para la mar”.

Pagos por soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:

As cantidades a pagar cando se soterra a un familiar son “que se paga a la fabrica por los difuntos que se entierran en el Coro de dicha iglesia dos ducados y por los muchachos a real; y por los mas que se entierran de dicho coro abajo se paga a dos reales y por los muchachos a medio real.  Otrosi dijeron que se paga por los que se mueren en dicha feligresía la muger la saya, capa o mantilla y el hombre la capa o capote la mexor pieça que tienen de vestir y de fros cada uno un ferrado de trigo, otro de pan, otro d emixo o maizo y quatro açumbres de vino labrando viñas y un rogelo de un año; de lo qual se lleba el cura la sesta parte”. 
Do petitorio que se realiza na igrexa calculan que se conseguen anualmente preto dos 44 reais dos que a fábrica de Mondoñedo leva 3 reais.
Otrosi dijeron que en dicha iglesia abra quarenta vecinos con biudas y pobres”.

Ornatos da igrexa:

 Para non mencionalos todos e facer pesado o traballo diremos que a igrexa de Nois tiña, entre outras moitas cousas, dous cálices de prata coas súas patenas. Unha caixa de prata na custodia, dous misais, un vello e outro novo, un incensario de aramio, un caldeiro pequeno de cobre para a auga bendita, “un cadaleito para los difuntos, unas crismeras de plata en una caxa de laton”, unha cruz de pau pintada, uns ferros vellos para facer ostias.

Confrarías:

Dúas, a do Santísimo Sacramento e a da Nosa Señora do Rosario.

Ermidas:

Dixeron que na freguesía hai unha coa “avocación del Señor San Juan, no tiene renta ni patron, esta bien compuesta”.

Aniversarios:

Un de catro misas perpetuas, que deixou Fernando Barata e que paga o seu fillo Alonso Barata “sobre unas vinas en a Cancela da Brea”.
Unha misa perpetua que deixou Fernando Ribadeneira “sobre el lugar de Cobas, pagalas Juan Lopez de Parga”.
Outras catro misas que deixaron Pedro de Castro e a súa dona, sobre os seus bens, páganas os herdeiros de Pedro Gómez Tomillo, veciños de Mondoñedo.
Outras catro fundadas polo mesmo matrimonio das que paga dúas Xoán de Almoiña, veciño de Cangas, e outras dúas Catarina Senra, veciña de Nois.
Tres misas que deixou Fernando Eixo da Barrosa, sobre os bens e montes de San Xoán de Brea, páganas os seus herdeiros.
Dúas misas que deixou Alonso da Riba e seu pai “sobre el lugar y los vienes de Moroi”, pagan Alonso da Riba e seus sobriños.
Tres misas que deixou Alonso Barata e súa dona, avós de María Fernández de Bao, hipotecadas sobres os bens que posuían en Fondo de Nois.
Catro misas que deixou Álvaro Méndez de Moscoso, cura que fora da freguesía, sobre “el lugar de Fondo de Nois que lleba don Pedro de Losada, vecino de San Pedro do Rio”.

Estudantes e Cregos mercenarios:


Antón Pardo Vaamonde, que se ordenara de patrimonio, e un estudante, Gabriel Núñez, fillo de Xoán Núñez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario