Buscar este blog

jueves, 18 de agosto de 2016

A VISITA PASTORAL DE 1670 Á PARROQUIA DE FAZOURO.


Igrexa de Fazouro. Foto sacada de rebollingm.blogspot.com.es

O día 6 está xirando visita a esta parroquia o bispo. Era cura párroco Marcos Díaz.

Testemuñas son Domingo Nunes, que servía na igrexa por ausencia do fabricario, Domingo Sánchez e Antón Fernández, veciños da parroquia.

Froitos, valen anualmente 150 ducados dos que 1/3 son para o cura e o resto para o deán da Catedral.

O padroado está divido en tres partes de catro meses cada unha, cada unha delas correspóndelle ao Papado, Bispado e ao Deán.

Bens da Cura:

Unha casa onde chaman “la torriña, con su sobrado, bodega y caballeriça, corral, aira y guerta”.
Unha herdade, pegada a esta casa, dun ferrado “y testa en el camino que ba para Nois y en camino que ba para la mar”. Mais dous xornais de parra que está dentro desta herdade, “mas el tarreo do Amido que llebara una anega de pan de sembradura”.
Outro terreo en Paraxe dunha fanega “testa en bienes de Don Jacinto de Miranda y de Don Luis de Luaçes”.
Na Veiga de Condido, cinco ferrados “testa en el camino françes y en heredad de la fabrica”.
Na Veiga de Enxertos tres celamíns que linda co camiño francés.
Na Veiga do Castro unha fanega e que testa na Xunqueira e no río Ouro.
Unha fanega xunto á igrexa e que linda co camiño público.
Mas un tercio de las eredades que lleba el Cabildo en dicha feligresia que eran todas asta diez celemines de eredad”.
Tres cuartas partes dun xornal de viña na chousa de San Salvador, testa en fincas de Tomás de Cordido e en viñas de Mateo Mariño de San Cibrao.
Unha leira sita na Veiga das Pedragosas, que levará un ferrado, testa en leiras dos herdeiros de Xoán Mariño e de María López de Río.
Outra leira que son ¾ partes dun ferrado situada na Veiga do Castiñeiriño, testa en finca dos herdeiros de Pedro Doce de Losada e do convento de Santo Domingo de Viveiro.
Unha peza no lugar que chaman O Souto, levará un ferrado e linda co camiño público que vai para Nois.
Unha peza de herdade na Veiga de Vilarmea de medio ferrado que testa en herdade de Francisca da Pena, viúva de Bartolomeu Teixeira.

Bens da Fábrica:

Dous xornais de viñas onde din “la Cobela”.
Dous celamíns en “Castiñeira Marina”.
Unha leira dun ferrado “testa en el camino que ba par Façouro y en eredad de Alonso do Rio”.
Unha fanega de pan na Veiga dos Enxertos. Outra fanega de pan na mesma Veiga. Outro ferrado de pan na mesma Veiga e outra leira  dun ferrado.
Na Veiga de Area unha leira dun ferrado, outro ferrado na mesma leira “y otra eredad mansa en el Otero de Granda testa en el Camino Françes”.
Na Veiga de Pineira un ferrado que testa con propiedade de Álvaro de Luaçes.
En Vilarmea un celamín de pan que testa en “eredad de Pedro Douteiro y de Don Pedro de Miranda, señor de Guitiriz”.
Outra leira na mesma Veiga que lle chaman O Feal, testa no mar e leva un ferrado.
Na mesma Veiga,  “en donde diçen As Pedras”, medio celamín e linda con propiedade de Pedro de Miranda.
Unha leira onde lle chaman O Soutodeiro, dun ferrado que testa co camiño público.

Pagos por soterrarse, Impostos, Petitorio e Poboación:

 “Otrosi dixeron que los que se entierran dentro de la dicha yglesia pagan a real las personas grandes y las pequeñas a medio. Otrosi dixeron que se paga de Fros por los que se mueren dentro de dich afeligresia del hombre la capa, capote o sayo y de la muger la saya o sayo  y sabana y esto se paga de Lutuosa y de Fros un ferrado de pan, otro de trigo y otro de mixo”.
O petitorio ten un valor anual de 57 reais, dos que leva a fábrica de Mondoñedo tres.
A poboación é  de corenta veciños.

Confrarías:

Unha a do Santísimo Sacramento, outra a de Nosa Señora do Rosario, outra a de San Roque e a do Nome de Xesús.

Ermidas:

Segundo as testemuñas hai dúas e unha compartida. As dúas propias son a de San Salvador e a de Santo Andrés e “otra de Santa Catalina de por mitad con Santa Cecilia, no saben quienes son sus patronos ni que hacienda tengan, estan bien conpuestas, ni tanpoco saben quien debe componerlas quando suceden arruinarse”.

Aniversarios:

Unha misa que deixara Xoán Rodríguez, cura que fora da parroquia, “sobre la casa y lugar de Villarmea que lleba Ana Rodriguez”.
Unha misa fundada por Catarina López, muller que fora de Xoán Fanego, “sobre el soto y prado dos Espiñeiros, con un responso reçado cada Domingo del año, perpetuamente”.
Unha misa fundada por Inés Fernández sobre unha peza de viñas sitas na chousa da Cubela.
Dúas misas fundadas por Xoán Golpe, “sobre el prado de Villarmea, tarreo das Quadras y viñas de Paraxe”.
Unha misa fundada por Francisco Sánchez de Moscoso, “sobre el lugar de Façouro, fenece la obligacion de esta misa en sus bisnietos”.
Dúas misas fundadas por Pedro Díaz de Moscoso sobre o mesmo lugar que a anterior.
Dúas misas fundadas por Andrés Sánchez de Fazouro, “sobre el tarreo de Condido y lugar de Façouro”.
Unha misa fundada por Domingo de Liñares sobre o lugar de Cabreira.
Dúas misas fundadas por Lázaro Rodríguez sobre os montes de Vilarmea.
Dúas misas fundadas por Elvira de Sa, muller que fora de Álvaro de Sá, sobre unhas viñas que tiñan en Paraxe.
Dúas misas fundadas por Pedro de Sá, sobre o terreo de Lama e a metade do terreo que posuía en Soutodoiro.
Unha misa fundada por Alonso de Sá sobre unha viña sita na chousa de San Salvador.
Dúas misas fundadas por María Basanta sobre as viñas que posuía en Barreiro e parte da súa casa sita en Vilarmea.
Unha misa fundada por Xoán Doce de Lousada sobre o terreo “de Painças, sito en Forxan”.
Unha misa fundada por Ana Fernández, filla de Pedro Díaz de Moscoso, “sobre su legitima en la que entra la parte que tenia en el lugar de Trasmonte, y en el lugar de Castineira Mariña”.
Unha misa fundada por Alonso Barata, o vello.
Unha misa fundada por Maior Rodríguez sobre unha peza de viñas en Mourente.
Unha misa fundada por Alonso García Parrado sobre “la viña Do Espiño en Paraxe”.
Outra misa fundada polo anterior sobre “la viña de Cubela”.
Dúas misas fundadas polo anterior cura párroco, Xoán Rodríguez, “sobre quatro jornales de viñas sitas en la Cubela y Paraxe”.
El licenciado Alonso de Otero, cura que fue de Santa Cecilia, mando la tercera parte del vino de cinco jornales de viñas sitas en la Cubela a las animas del purgatorio desta Yglesia cada un año”.

Estudantes e cregos mercenarios:

Hai un crego mercenario “llamado Alonso do Rio, ordenose a titulo de patrimonio y no ai estudiante alguno”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario