Buscar este blog

jueves, 18 de agosto de 2016

A VISITA PASTORAL DE 1670 Á PARROQUIA DE SAN MARTIÑO.

Igrexa de San Martiño. Foto de Manuel Carnota.

Esta visita ten lugar o día 6 de agosto, atopando o señor bispo como cura párroco a Pedro Blanco de Castro e como capeláns atopou a Pedro de Solveira e Antón García.
Actúan como testemuñas Domingo Fernández de Valiño, Xoán Sánchez de Argomilla e Pedro Fernández de Mourente, todos veciños de San Martiño.
Os froitos do beneficio valen anualmente mil ducados e perténcenlle por enteiro ao Cabido, “el qual da la prior y cura de dicha yglesia diez mil maravedies y a los otros dos capellanes otros diez mill maravedies a cada uno”. Tanto o cura como os capeláns noméaos o Cabido.

Bens da Cura:

Otro si dixeron que dicha cura tiene una casa que esta junto a la yglesia con su sobrado, bodega y cavallariça con su corral, aira y guerta”.

Bens da Fabrica:

Non ten bens ningún xa que os leva todos o Cabido.
Padroado, en este concepto o prior paga ao bispo da cidade a cantidade de 32 celamíns de trigo.

Ornatos:

Tres cálices de prata coas súas patenas, un relicario de prata “para andar las procesiones y una caxa de plata que esta en la custodia que tiene el Santisimo; otra caxa de plata que sirve de llebar el beatico a los enfermos, una cruz grande de plata.

Confrarías:

A do Santísimo Sacramento, a da Nosa Señora do Rosario, a do Doce Nome de Xesús, a das Ánimas do Purgatorio.

Ermidas:

A do Bispo Santo en Forxán, “fundola San Gonçalo, obispo, de que es patron el Cavildo, no tiene acienda ninguna, esta decente y conpuesta para poder dicir misa”.
A da Madalena, no lugar da Ermida, non saben as testemuñas quen é o fundador, o patrón é o Cabido “y no esta decente ni se puede decir misa”.
A de San Miguel, sita en Rairiz “fundola Miguel de Otero, son patrones sus herederos estan obligados a repararla, no tiene acienda ninguna, esta decente y conpuesta para poder decir misa”.
A de San Lourenzo “sita donde diçen Ferreira, fundola Sancho Lopez de Moscoso, los herederos son patrones y estan obligados a repararla, no tiene acienda ninguna, esta decente y bien conpuesta para descir misa”.

Aniversarios:

Seis misas dotadas por Domingo López de Santiso, “sobre toda su acienda, que es una casa en redondo a la cruz de Rega  y sobre un tarreo de heredad que llaman de Suavila y sobre un quarto de lugar que llaman de Casa Nueva sita en San Martino”.
Outra misa rezada pola ánima de “Nicolao de Veiga, sobre la vina que esta junto a la Cruz, lleva los vienes Thomas Sanchez, escribano”.
Tamén hai fundadas oito misas “por los padres y abuelos de Don Antonio de Moscoso a dos reales por cada una sobre todos sus bienes y acienda según consta de las fundaciones”.
Tamén se mencionan doce misas fundadas polo crego Fernando Pillado, “sobre una casa de San Martino que tiene un pedaço de guerta, a pagar dos reales”.
Outra misa fundada por Álvaro de Linares, o día de San  Ildefonso, sobre unha viña que tiña en Forxán.
Outra, cantada, fundada por Xoán Rodríguez de Vilacendoi, pola que paga 4 reais.
Outra misa fundada por Dominga Díaz do Sisto, sobre unha viña na chousa de Cerdeira, págaa Domingo Freire e a filla de Xoán Amor.
Unha misa deixada por Xoán do Outeiro, de Rairiz, sobre “su acienda que esta junto a la ermita de San Miguel”, máis outra misa dotada sobre a mesma finca.
Outra fundada por Pedro Fernández do Campo da Feria, pola que se paga 5 reais, sobre o lugar de Pedro de Loureiro.
Outra misa fundada por Domingo Amor.
Outra que deixara Xoán García de Mourente e que paga Xoán Ramos dos Casas.
Outra que deixara María Fernández, muller que fora de Xoán de Cancelo.
Outra misa cantada, coa súa vixilia, fundada por Xoán Rodríguez de Vilacendoi, “de limosna cinco reales sobre los vienes de Villa Cendoi y do Coto”.
Outra fundada por Xoán de Otero de Reiriz.
Outras dúas que deixou Pedro Fernández de Liñares, crego, “sobre el lugar de Forxan en que vibe doña Dominga de Cancio”.

Na parroquia hai 150 veciños con viúvas e pobres.

Estudantes e cregos mercenarios:

Non hai ningún crego mercenario e hai tres estudantes, que son: Domingo de Solbeira, Antón Fernández e Diego Ares.


No hay comentarios:

Publicar un comentario