Buscar este blog

martes, 10 de febrero de 2015

FIDALGOS DE FOZ: ALONSO GONZÁLEZ DE VILAXOÁN. PREITO DE FIDALGUÍA DO ANO 1495.


A diferenza máis salientable que existe entre un fidalgo e un peiteiro é a económica. Se ben é certo que os fidalgos tiñan a obriga de asistir á guerra cando eran convocados tamén o é que ese esforzo era amplamente recompensado con outros beneficios, os cargos medios e altos da administración, do clero e do mundo militar estaban reservados para os membros deste estamento. O peiteiro era o soporte económico no que se baseaba a sociedade. Vimos como o fidalgo tiña que acudir á guerra cando era chamado, a unha guerra que era sostida economicamente polos impostos que pagaban os peiteiros.
Os peiteiros son os que deben pagar os impostos. O sistema impositivo era da seguinte maneira: a cada reino tocáballe pagar unha cantidade, que era dividida entre as distintas xurisdicións territoriais, a cantidade que lle tocaba a cada unha delas era repartida entre o número de peiteiros existente. Cada vez que se convocaba un pago de impostos extraordinario realizábanse dous padróns: o de fidalgos, excluídos de pagar, e o de peiteiros, que si tiñan esa obriga. De aí que cada vez que se realizaba un destes padróns se desen casos de fidalgos que eran anotados no de peiteiros e o caso inverso, peiteiros, con alto poder económico, que se anotaban como fidalgos para non pagar.

Este documento do que imos falar trata diso, da loita que mantén Alonso González de Vilaxoán, no ano 1495, para que o seu nome volva a formar parte do padrón de fidalgos.
A documentación sacámola da seguinte páxina web:
Se ben o groso do documento data do ano 1495 o problema ten o seu comezo  cando os rexedores e oficiais da freguesía de Santiago de Foz anotan ao citado Alonso como peiteiro un padrón que se realizaba o 18 de xullo de 1488. Alonso defínese a el como   “ome fijodalgo notoryo de padre de abuelo de vengar quinientos sueldos segun fuero (...) los dichos su padre e abuelo e a uno dellos en su tienpo en los logares a donde bivieran moraran en posesion como fyjosdalgo de no pechar nin pagar monedas ni pedidos ni otro tipo de pechos ni tributos reales ni conçeiales con los omes buenos pecheros, sus vezinos aviendoles sido sienpre guardadas todas las (1) franquizias libertades de omes fijos dalgo segun que se guardaban e avian guardado a los otros omes fijos dalgo destos dichos nuestros reinos e señoryos especialmente en el pechar, que nunca pecharan ellos ni alguno dellos en los dichos pechos ni monedas ni en otros ningunos pechos ni tributos reales ni conçejales y salvo en aquellos en que pagavan e acostunbravan pagar los otros omes fijosdalgo, ayuntandose en los ayuntamientos a donde se ayuntan los onbres fijosdalgo aviendo el dicho su parte e los dichos su padre e abuelo ydo a todas las guerras e llamamientos que por nos e los otros Reyes de gloriosa memoria nuestros anteçesores avian les sido fechos”. Evidentemente esta explicación non bastaba pois era moi corrente que peiteiros, vidos arriba economicamente, se anotasen como fidalgos para eludir o pago de impostos, para acceder a certos cargos administrativos e para non reducir a súa fortuna tendo que pagar impostos.
Para asegurarse o cobro, as autoridades da parroquia de Foz embárganlle certos bens ao mencionado Alonso González, que se queixaba porque “le avian prendado e robado no lo podiendo ni deviendo fazer de derecho por el ser como era ome fijodalgo notorio”.
As autoridades focenses alegaban que levaran a cabo ese embargo porque “el dicho Alonso Gonçalez no era tal ome fijodalgo como se desia ni ni el ni los dichos sus padre ni abuelo avian estado ni estovieran en posesion de omes fijos dalgos antes fuera e eran pecheros e avian pechado contribuido e pagado en todos los pechos asy reales como concejales (...) sy en algun tienpo el dicho Alonso Gonçalez e los dichos sus padre e abuelo se salieran de pechar e pagar en los dichos pechos e tributos dixo que seria e fuera por ser pobres e non tener de que pechar e non por ser bragados e acostados cavalleros e personas poderosas (...) otro por que puesto que fijodalgo fuera a la guerra dixo que non fuera a las guerras e llamamientos que fizieran los Reyes”. Como era fundamental para ser fidalgo ser fillo lexítimo de lexítimo matrimonio, os veciños de Foz alegaban que  o citado Alonso González “no fuera ni era fijo legitimo ni de legitimo matrimonio ni naçido del que se dezia su padre ni el dicho que se desia su padre del que se desia su abuelo antes fueran y heran ynlegitimos y bastardos y nasçidos de dapñado ayuntamiento”.
Para dilucidar este preito a Real Chancelería de Valladolid convoca aos representantes de ambas partes na sala de Fidalgos. O doutor Fernando Gómez de Agreda, procurador de Alonso González, acude á chamada, pero non se presenta procurador algún pola parte dos veciños de Foz, “no paresçio procurador alguno por ellos en el dicho enplaçamiento por ende que fueran y eran Rebeldes”.
Ao mencionado Alonso González de Vilaxoán danlle un prazo de nove días para presentar as súas testemuñas. A relación de nomes que presenta o doutor Fernando Gómez é a seguinte: Pedro González, veciño de San Martiño; Pedro Mariño, residente en San Cosme de Barreiros; Alonso de Ferreira, veciños e moradores en San Xoán de Vilaronte; Gonzalo Ianes, veciño de Celeiro e Alonso de Arriba, veciño e morador en Foz.
Pedro Mariño, veciño e morador na parroquia de San Cosme, de oitenta anos de idade, que se define así mesmo como fidalgo, di que coñece ao citado Alonso González hai algo máis de vinte anos “conosçido de mozo por casar viviendo y morando en la dicha feligresia de Santiago de Foz, con Juan Gonçales, su padre, fasta que el dicho Alonso Gonzçales se casara en la dicha felygresia, donde despues de asy casado sienpre avia vivido y morado y avia tenido y tenia casa. Que podia aver que era casado fasta dos o tres años  e dixo que lo conosçia por que lo avia bisto muchas vezes y fablado y conversado (...) otro sy dixo que asy mismo conosçiera viera a los dichos Juan Gonçales y Mayor Gonçales, su muger, padre y madre del dicho Alonso Gonçales que podia aver que los conosçia fasta quarenta años poco mas o menos y dixo que primeramente los conosçiera de moços estando en la dicha feligresia de Santiago de Foz fasta que se casara en la qual despues de asy casados avian bivydo y morado y avian tenydo y tenian su casa, que podia aver que eran casados fasta treynta años poco mas o menos”. Esta testemuña confesa que vira como Alonso nacera lexitimamente dentro de lexítimo matrimonio, así como seu irmán Xoán. Tamén afirma ter coñecido a Pedro González, pai de Xoán Gonzalez e avó do citado Alonso, e tamén coñecera a Tareixa Domínguez muller deste Pedro.
Di a testemuña que debía de haber uns 60 anos que coñecía a este Pedro e afirma que coñecera por espazo de quince anos ao bisavó do mencionado Alonso e que sempre “los viera ser avidos y tenidos por omes fijos dalgo por los viejos antiguos que los conosçian de mas tienpo que este testigo e sabia quien era del linaje que venian e desçendian”. Cando lle preguntan sobre en qué localidade vivían os membros desta familia fidalg afirma que “asy mismo  a este dicho Alonso Gonçalez a cada uno dellos en su tienpo y syenpre los avia visto estar en la deicha feligresia de Santiago de Foz y coto de Sant Martiño en posesion de omes fijos dalgo y de no pechar”.
Outra testemuña presentada é o fidalgo Alonso de Ferreira, veciño de Vilaronte, quen comenta o mesmo que o anterior, salvo que cando lle preguntan pola participación de membros desta familias nas guerras responde: “que quando el dicho señor Rey don Juan nuestro padre enviara a llamar a los omes fijos dalgo que hay en el dicho Regno de Gallicia para guerra que hazia que viera yr a servir a la dicha guerra por ome fijo dalgo al dicho Pero Gonçales abuelo del dicho Alonso de Gonçales”.

A ausencia dos procuradores dos veciños de Foz provocou que estes fosen declarados en rebeldía e que na Real Chancelería de Valladolid tan só se oísen as declaracións das testemuñas presentadas por Alonso González de Vilaxoán. Ao carecer a Chancelería de declaracións da parte contraria decide ditaminar a favor do citado Alonso e ordena que a partir dese momento sexa sempre incluído dentro dos padróns de fidalgos de Foz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario