Buscar este blog

sábado, 7 de marzo de 2015

FOTOS DUN FOZ QUE XA NON EXISTE.

A todo o mundo lle gusta ver fotos antigas do seu pobo pois aí van, pero aínda que descoñezo a data non son moi antigas.
A primeira é unha vista da Pampillosa coas dúas pontes de Fazouro ao fondo.




A segunda é unha vista de San Martiño, en concreto o lugar coñecido como A Rúa, pois fai referencia á antiga estrada que chegaba a San Martiño.



A terceira é unha foto da praia da Rapadoira.








A cuarta é unha vista da praia de Tupide, hoxe inexistente.





  A quinta é unha vista da praia de LLás, na que podemos ver as pegadas que deixaron na area os carros que viñan coller olga. Ao fondo vese un secadeiro de olga.
Se nos fixamos un pouco vemos que a maior parte das pegadas dos carros suben por un sitio, o mesmo lugar onde aparecen restos óseos de vacas e cabalos, probablemente porque estes animais morrían traballando, sendo soterrados preto do lugar onde falecían.



1 comentario:

  1. ¿Non hai ningún arquivo histórico de fotos? ¿Pode ser unha idea?

    ResponderEliminar