Buscar este blog

miércoles, 20 de noviembre de 2019

NOTICIAS DE LÓSTREGOS E TREBOADAS.




Nestes tempos que corren, de treboadas e gotas frías, vemos como a natureza, sobre todo os ríos, reclaman o que en xustiza antes era seu, levando por diante o que faga falla.
Moita xente opina que isto se debe ao cambio climático, non vou ser eu o que defenda o critique esta opinión, non nos corresponde.

Hoxe imos falar de treboadas, inundacións e lóstregos nos tempos pasados, para demostrar que sempre estiveron con nós.

A primeira das que temos noticia, que non quere dicir que sexa a primeira de todas, proceden das investigacións de Andrés García Doural, no seu blog Miscelánea Mindoniense, danos conta de treboadas no ano 1561, no 22 de xullo de 1631 e da que tivo lugar en Mondoñedo entre os días 10 e 11 de setembro de 1761.

As copiosas choivas desta treboada deron lugar a que as augas caídas escorresen, monte abaixo, cara a desembocadura natural que era a Fonte Vella mindoniense. Os muros das fincas rompían ante a presión da auga e caían sobre as rúas estreitas ocasionando, aparte de innumerables desfeitas, a detención das augas. Estas bolsas, inmensas, de auga son as responsables da morte de 6 persoas.
Unha vez pasada a treboada o consistorio tomará as medidas oportunas para evitar, senón as treboadas, si a morte de persoas. Para iso, entre outras medidas interesantes, canalízase, de maneira subterránea, o río Sixto, que corre pegado aos antigos muros da cidade.

García Doural apunta que a esta treboada seguírona outras importantes, como son as de 1775, 1788 e a de 1795, polo que para o século XVIII respecta.

Quédalle no tinteiro, a este infatigable investigador, a treboada de 1778, recollida na Gazeta de Madrid (nº 67), do 25 de decembro dese ano, da seguinte maneira: “ a las ocho de la mañana empezó a sentirse en esta Ciudad una tormenta muy formidable de lluvia y truenos, habiéndose obscurecido el cielo de tal modo que a las 9 apenas se distinguían los objetos en las calles. A la misma hora cayó en una casería no muy distante de aquí un rayo acompañado de un trueno, cuyo estrepitoso ruído atemorizó a todo el pueblo, aumentado la congoxa una lluvia tan copiosa que se temió inundase la ciudad”.

Preto da cidade episcopal atópase a parroquia de San Lourenzo das Sasdónigas, na que, un 24 de agosto de 1884, durante unha forte tempestade, un raio, dos múltiples caídos, mata a unha muller. Do suceso da conta Doural, que menciona que a falecida, Rosa Díaz Rego, tiña 35 anos e atopábase na porta da súa casa pelando unhas patacas; xunto a ela, que estaba embarazada de oito meses, dous fillos. A chispa provocou a morte a ela e ao neno que había no seu ventre. Os outros dous fillos que estaban con ela, un quedou cego e outra con fortes queimaduras.

O ano 1897 tamén foi un tempo marcado polas treboadas. Vemos como os xornais de finais de xaneiro relataban as desfeitas causadas polo temporal que azoutara a provincia de Lugo. Como non podía ser doutra maneira a Mariña tamén aparece afectada:“En Vivero se desbordó el río Landrove, hasta el punto que fue preciso utilizar una barca para pasar por la carretera en las inmediaciones del puente que toma el nombre de aquel río. La corriente arrastró varios castaños y se llevó gran cantidad de tierra y algunos sembrados. En Mondoñedo, la crecida del Valiñadares dejó el camino intransitable, arrastrando árboles y tierras. En el lugar de Bouzas, que está en la cuenca de ese río, una bolsa de agua levantó tal cantidad de pizarra que se calcula en miles de carros la movida por el agua.El río Masma causó muchos destrozos, y en la misma parroquia otra bolsa de agua movió de tal modo un prado secano de un ferrado de extensión, que lo trasladó, casi intacto, a un terreno inmediato” (El Eco de Santiago. 1897, 23 xaneiro).

Se o ano empezaba así, non remataba de maneira moi diferente. Na prensa do 10 de decembro lemos como: “Durante la tronada que descargó en la noche del miércoles en Vivero, cayó un rayo en la fábrica de Chavín causando desperfectos de consideración en la maquinaria de la luz eléctrica, entre otros, la destrucción de un electro imán. Debido a tal percance, desde aquella noche viénense alumbrando los vivarienses por el sistema antiguo”( La Correspondencia Gallega. 1897, 10 decembro).


Se en 1884 víamos como unha chispa mataba a Rosa nas Sasdónigas, en 1898 vemos como un raio golpeaba a “un muchacho que se había arrimado a un poste del telégrafo, en la parroquia de Juances, sufrió varias quemaduras en un brazo y un pie, ocasionadas por una chispa eléctrica. Afortunadamente las lesiones fueron leves” (La Correspondencia Gallega. 1898, 14 de abril).

Empezamos o século XX cunha forte treboada, a de 1905, e as súas nefastas consecuencias, o desbordamento de ríos. A prensa do momento amosa imaxes dantescas, cun Mondoñedo no que ás 3 da madrugada “no se oía en los barrios más que lamentaciones, gritos de auxilio, hombres que lloraban ante la impotencia contra los elementos que les arrebataban lo que a nuestros paisanos es más caro, su ganado y sus cosechas.
En muchos sitios fue necesario subir las reses a las habitaciones donde momentos antes descansaban aquellas pobres gentes. En otros dio tiempo aunque medio nadando a llevar las vacas y terneros a sitios altos y dejarlos amarrados a árboles. Algunos cerdos, por ser animales más cortos de pata perecieron ahogados.
Los puentes todos que encontró al paso esta avenida los barrió con tanta limpieza que en algunos solo se sabe que existió allí puente por algún resto de estribo de cantería. Solo respetó los de la carretera. Esta, en el trozo de San Lázaro a Adelán, sufrió muchos desperfectos, algunos de consideración como uno en Viloalle donde de 40 metros quedaron sin señales de haber sido nunca carretera. Allí se hace el tránsito por un maizal que aunque fangoso resultaba ahora más seguro y visible que la carretera. En otros mil sitios quedó tan descarnada, que el tránsito a pie resulta molesto, y en carruaje imposible.
El río Masma, a donde van todos estos ríos y otros que hay en el corto trecho de seis kilómetros, no es un río fuera de madre, sino un mar inmenso que se extiende hacia Foz llevando cada vez más anchura. La tormenta cesó a las cuatro de la madrugada, sin desgracia personal alguna”. (El Norte de Galicia.1905, 20 setembro).

Para o ano 1909 destacamos o ciclón que asolou Mondoñedo, onde “El viento huracanado causó perjuicios de importancia en los paseos y en las líneas de las empresas de luz eléctrica. En el campo de los Remedios el vendaval arrancó algunos álamos y del bosque situado al lado de la calle de San Roque, se cayó un eucalipto, el cual causó destrozos en la red de la luz eléctrica y alguno en una casa, de la cual puede decirse que ha sido milagrosamente salvada. El jueves se reprodujo con mayor intensidad la crecida de los ríos, y en Viloalle y Masma todos los árboles de las márgenes aparecían en el centro de ambos ríos” (El Progreso. 1909, 27 setembro).

En 1911 a treboada cébase coa vila de Ribadeo, na que dende o amencer comezou unha forte treboada “sucediéndose sin interrupción los relámpagos, durando varias horas la tronada y desprendiéndose algunos chispazos”.(El Correo de Galicia. 1911, 28 agosto). Segundo este xornal un raio golpeou no chan a carón dun labrador, veciño do lugar de Carrancón, en Vilaselán, que o tira ao chan coa forza, pero sen maiores consecuencias.

Para o ano 1917 destacamos a treboada que asolagou Foz, no que “a consecuencia de las pertinaces lluvias se ha desbordado el río Masma, llegando las aguas a una altura considerable como no se recuerda en aquella comarca.
Las fincas enclavadas en las márgenes del río fueron anegadas perdiéndose los frutos sembrados. Como el fruto era trigo en su mayoría, los propietarios calculan la pérdida en más de cincuenta mil pesetas” (El Eco de Santiago. 1917, 3 xuño).

E así poderíamos seguir e seguir, porque en Galicia chove, tanto o máis que nos tempos pasados, pero nunca choveu que non escanpase.

martes, 7 de mayo de 2019

OS MUÍÑOS DE VENTO DE RIBADEO.





Para achegarnos a unha visión completa do tema dos muíños (de vento, de auga do río ou da do mar) compre facer unha lectura  do libro “Hórreos, molinos y fuentes de la tierra de Viveiro”, obra de Xosé María Leal Bóveda e na que tamén colabora o alumnado do IES Vilar Ponte de Viveiro (Deputación de Lugo, 1999). A Deputación de Lugo sacaba no ano 2012 o libro “O ciclo do pan e as súas construcións na Mariña de Lugo. Eiras, cabozos, muíños e fornos”, obra de mesmo autor onde se revisa o traballo precedente e se completa con datos novos.

De indispensable lectura é a obra de Begoña Bas López “Muíños de marés e de vento en Galicia” (Fundación Barrié de la Maza, 1991).

Para calquera das obras anteriormente citadas, a orixe dos muíños de vento en Galicia datan do  século XVI e circunscríbense á cidade da Coruña, que no século XVIII xa contaba con sete. A principios do século XIX en Galicia “se documentan 7 nuevos, 2 en la Illa de Arousa y 5 en A Garda. También aparecen 1 en Catoira y 2 en Gramela, Coruña. Pero el mayor auge constructivo se da en la segunda mitad de este siglo así como su final con 23 datados en Catoira, zona de Ortigueira – O Vicedo, Ribadeo, Vigo, Muros y Mañón”(Leal: 1999,169).

Todos os muíños deste tipo situábanse nun lugar elevado onde a forza do vento sexa considerable “a zona desde Ortigueira a Ribadeo, presenta ventos fortes, con refachos, do océano, que son a fonte de enerxía básica para estas máquinas. Tanto é así, que en Estaca de Bares temos a presenza dun campo de muíños eólicos instalados por Endesa, que veñen a substituír, con outros fins, os vellos de Santa María de Bares” (Leal: 2012,249).

Este citado profesor infórmanos da situación dos 4 muíños de vento que había en Maañón: en Labradas (O Barqueiro), datado a finais do XIX; en Santa María de Bares, construído entre 1915 e 1920; outro en Bares, máis próximo ao núcleo urbano e de igual datación; un terceiro en Bares, próximo ao anterior, fabricado aproximadamente “1905 – 1910. José Castaño, carpintero que aprovechó maquinaria de uno de Cariño”. Para o concello de O Vicedo sitúa un en Vilasuso (Xilloy). Mentres que na parroquia de Celeiro ubican dous: un no lugar da Atalaia, do século XIX e outro no lugar da Casanova (Celeiro) pertencente á familia Pereiro e construído a finais do XIX.

Para o  caso concreto de Ribadeo, aparte das referencias puntuais que aparecen nos libros anteriormente citados, contamos co artigo de Xoán Carlos Paraje Manso (recollido no libro que seu fillo (Alberto Paraje) saca á luz no 2017, titulado Ribadensario-Eoario) e co volume número 7 dos Cadernos de Investigación do IES Gamallo Fierros de Ribadeo, dedicado aos muíños de vento de Ribadeo. Obra realizada polos alumnos do citado IES baixo a dirección do profesor Emilio Piñeiroa Lozano.

O muíño de vento de Ove.


Sobre o de Ove (dnomeado como “molino del Treixo” por Paraje, “molín de vento” por Begoña Bas e “muíño de vento de Palmeira” por Piñeiroa) dásenos información nos  libros que tocan este tema. Todos eles apuntan a e que  a persoa que mandou construílo foi Felipe Pulpeiro López, da casa de Treixo, ao volver do servizo militar, en 1888.

Segundo o traballo do Cadernos de Investigación “para erguer o muíño viñeron os canteiros de Ferreira”; mentres que para Juan Carlos Paraje “fue edificado con piedra del Valín por don Balbino Álvarez López … costando la suma de 26.000 reales”.

As dimensións aportadas polos Cadernos son “diámetro interior 5.05m; grosor muros 0.85m; altura aproximada 6.50m; a planta alta estaba situada a 2.50m; a porta ten un ancho considerable de 1.10m. e unha altura de 2.10m.”

Begoña Bas aporta que “tiña catro velas de lona con corda de cáñamo e argolas para as amarras. Era de dúas moas: unha para o trigo, francesa e outra para o millo” (Bas: 1991, 214).

A desaparición deste muíño ten lugar, segundo Paraje, no ano 1929, despois de que un tremendo vendaval rompese o eixe principal e, posteriormente, falecese o seu dono. Conta Paraje, con certa pena, como as pezas do muíño foron vendidas a distintos propietarios quedando, tan só, os muros exteriores do muíño de vento. Begoña Bas afirma que “deixou de traballar algo antes do anos 1920, e cando o desmontaron, aproveitouse a moa francesa para un muíño de preto, en Meredelo”.

O muíño de Vilaselán.

No mesmo artigo de Paraje podemos ler como “a mediados del siglo XIX todavía funcionaba el molino de Puerto Estrecho”. Segundo este autor carece de datos cos que poida afirmar se as aspas eran de madeira ou de  lona.

Para Paraje a desaparición do muíño ten lugar “en el año 1955 fue demolido el ruinoso molino de Puerto Estrecho … después de adquirirlo al pintor don José Cuervo Cortés, don Marcelino Irimia González, empleado municipal, venido en 1927 de Villarpescozo”. Este señor informa a Paraje das dimensións do muíño, seis metros de diámetro por sete de alto.

Di que a pedra e a casa do muiñeiro foron derrubadas e serviron para a construción da nova casa de Marcelino, así como dos muros exteriores da finca.





Paraje opina, tendo en conta a procedencia da pedra do muíño, que “se puede calcular como construído en el siglo XVIII, época en que estuvo en auge el uso de dicha piedra”. Non ía moi desencamiñado.

O arquivo do Reino de Galicia atesoura un interesante documento datado o 4 de xullo de 1810. Resulta ser unha solicitude realizada polo dono do muíño para que o operario que traballaba nel non entrase a servir no exército do Rei, pois era imprescindible para o funcionamento deste artefacto.

Segundo esta documentación, o muíño de Vilaselán pertencía a don Francisco María Amor, veciño e comerciante de Ribadeo, quen llo mandara edificar a Lois López, natural da parroquia de Vilamor (Mondoñedo). Tendo en conta a documentación o muíño comezou a funcionar no ano 1807. A súa función era moer gran para, coa fariña resultante, abastecer tanto á poboación civil  como aos  militares.

En 1809 será asaltado, pero non polas tropas francesas, tal e como cabería esperar, senón polas tropas do Exercito de Asturias.

A pesar das solicitude presentada por Francisco María Amor o seu operario foi incluído en primeira clase, tendo que alistarse e marchar lonxe, e non en cuarta clase, que lle permitiría quedar en Ribadeo, tal e como se solicitaba.

Francisco Amor era un  comerciante do Ribadeo de finais do XVIII, que veremos formando parte da Xunta Local de Goberno do ano 1808. Noutro artigo que temos publicado neste xornal falamos dos barcos existentes en Ribadeo en 1802 e víramos como nese ano o mencionado Francisco Amor era dono dunha fragata (Duque de Hijar) de 600 toneladas de porte, cunha vida media consumida e que fora construída en América. Así mesmo era dono de dous bergantíns (S. Antonio y Ánimas eNuestra Señora de la Begoña), ambos de 110 toneladas de porte e fabricados en Inglaterra. O primeiro deles estaba ancorado en Carril e o segundo en Cádiz.

Da solicitude presentada por Francisco Amor podemos entresacar este paragrafo no que nos explica as razóns que o levaron a construír este muíño e a importancia que nel tiña o seu empregado: “Que experimentandose  en esta villa y todos sus contornos, particularmente en el verano por escased de agua mucha falta de Molinos de arina, de modo que se sufrían repetidas y sensibles escaseces de pan, determine yo el don Francisco construir un Molino de viento con el fin de remediar estos males, y lo consegui a costa de muchos gastos y dificultades que tuve que vencer sirviendo de Director y Maestro el Luis Lopez, como unico facultativo de semejantes obras en este país, por cuia razón y necesidad lo conservè en el mismo artefacto, de que cuida desde ha unos tres años que se puso corriente y fabrica arina para el surtido de los naturales y de la tropa”.

Sirva este artigo para traer un pouco de luz sobre as sombras que poboan a nosa historia.
Solicitude realizada por Francisco María Amor. Arquivo do Reino de Galicia.


PENAS SAGRADAS NA TOPONIMIA DA MARIÑA.




Fotografía de Xosé Paleo, con retoque posterior.

Neste artigo imos falar un pouco sobre cruces, penas sagradas e restos antigos. Digo un pouco porque seguro que hai moito máis, tan só hai que buscalo. Para a realización deste traballo empregamos como fonte documental o catastro do marqués de la Ensenada (realizado a fins do ano 1752) e algún que outro, poucos realmente, apeos de bens do século XVI relativos a parroquias mariñáns.

No libro de Ricardo Pena sobre a historia de Burela dásenos a coñecer unha destas penas sagradas, coñecida como: “ a Pedra do Sol o Pedra Sobreposta respetada con un cierto miramiento mágico a causa de sus incisiones o grabados que semejaban círculos radiados, se destruyó, reducida a gravilla, en los años cincuenta”(Pena, 2004:31).

Menciona don Ricardo que no Catastro do marqués de la Ensenada esta pedra aparecía como un marco divisorio entre as parroquias de Burela e Vilaestrofe: “y Pena Sobreposta hacia el Sur, dividiendo la feligresía de San Roman de Villaestrofe y de alli al sitio de Pena Partida y sigue al sitio de Pena Rama”. Os veciños de Vilaestrofe, no mesmo Catastro, denominaban a esa pedra Sobreposta como: “en la Pena Moura”. Nos lindes da parroquia de Sargadelos vemos que o marco da Pena Parda de Paraño divide a esta parroquia da de San Román de Vilaestrofe “y de alli, dando la buelta acia el Poniente a la Peña da Moura”, que debe ser a mesma que divide Vilaestrofe de Burela.

O termo Pena Moura atopámolo tamén na parroquia de San Xiao de Recaré, no seu linde coa de Santo Tomé de Recaré “prosiguiendo al sitio de Vilasuso, Pena Moura y Carvallos”, segundo Ensenada.

Na parroquia de Vilacampa atopamos o termo Barreira Moura que ben pode facer referencia á antigüidade da barreira ou ben ao color do barro. Nesta parroquia tamén atopamos o termo Fonte da Moura.

Pena Moura aparece na parroquia de Santa María de Cervo, entre outras moitas penas: “linda principiando por el Norte en la pena de Bal Ramos y orilla de la mar, siguiendo por ella en derechura a la Pena da Moura y Cruz do Paraño (...) dando buelta por la Area Marosa, Viso do Cabron, Cruz de Pena Rama, Pena do Porco, Calvarios de Sargadelos y Cruz da Rega (...)siguiendo en derechura al monte da Lagoa y vaxa a la fuente Mourisca”. Esta mesma fonte aparece nos lindes da parroquia de Castelo “rego de Orxaellas y por este arriva a la fuente de Mourisca dividiendo las feligresias de Santa Maria de Cervo y la de Santa Maria de Lieyro”.

Pena Moura tamén está na parroquia de Ribadeo “por el que sigue hasta el Camino Real que de la villa de Ribadeo pasa al lugar de la Puente y atravesando dicho camino prosigue por el citado arroyo arriva hasta la Pena Moura”. Na parroquia de Ove,entre os seus lindes menciónase “va dar al arroyo que llaman Rio de Ramo sen que confina la Pena Moura que sirve de demarcacion”.
Tamén o atopamos na parroquia de Vilamor “Pena Moura de Lago, dividiendo la feligresia de San Andres de Masma al foxo y Cruz da Algaria”.

Rematamos na parroquia de Santo Tomé do Val de Lourenzá na que podemos ler que un dos lindes parroquiais era a esquina da casa de Xoán Zenzano, veciño de Ribadeo, “quedando dicha casa dentro del termino de esta feligresia desde la que sigue atravesando el rio que llaman Santo Tome ba a dar a la Pena Moura y de esta a un marco que nombran Coba da Jemara”.
Unha derivación de Pena Moura podémola ver na parroquia de Adelán: “principiando por el Norte en el pedreiro de Fornos siguiendo a la Pena Moriza y Pena Ferreira”.

Sen deixalo Valadouro vemos como hai un lugar, sinalado con peculiar marco, no que converxen as parroquias de Santa Cruz, Lagoa, San Xiao e Santo Tomé de Recaré “bolbiendo por el Poniente a los sitio de Vigo y Piedra Chantada dividiendo las peligresias de San Julian y Santo Thome de Recare y San Vicente de Lagoa”. Na parroquia de Santo Tomé de Recaré podemos ler: “Principiando por el Norte en el sitio de Piedra Chantada siguiendo en derechura al rio Maseira”.

Fotografía de Xosé Paleo.
 Outros exemplos de Pena Chantada hainos na parroquia Foz, en concreto no lugar de Marzán. No apeo de bens realizado no ano 1540 dos bens do mosteiro de San Martiño de Mondoñedo lemos: “e asi mysmo se va a derecho para el comaro e carreyra do Castro e syenpre oyo dezir que hera por una piedra grande de ferral que esta en el comaro arriba en medio del comaro e que alli la dicha piedra alli chantada”. Neste mesmo apeo, pero agora tratando sobre a parroquia de San Martiño lemos como hai “otra leyra de heredad que jaz sobre las vinas da porta de Lopo de Manyn en un lugar a que llaman la Piedra Hita que levara medio celemin de pan de senbradura poco mas o menos e que testa de una parte en el camyno e de otra parte en viña de Mayor Reymonda”.

Na parroquia de San Adrao de Lourenzá, no ano 1535, atopámonos con “otro pedazo de soto que va sobre la dicha Piedra Chantada” e un pouco despois “en la piedra Chantada, una pieza de heredad que tenia camino de pies que hiva a la Iglesia”.

Nun apeo dos bens que a dignidade episcopal tiña en Vilaestrofe, do ano1596, lemos que a finca coñecida como Toxeiras limitaba “en la Pena Sobre Posta y  beniendo al chao da Pena Nabal y por alli al Viso do Chao de Carril y por alli ba a dar a la Piedra Chantada”.

Se falamos de penas chantadas, tal vez, a máis coñecida sexa a que hai en Trabada. O avezado lector estará a pensar que ese é o marco da Pena Verde, pero non sempre se lle chamou así.

Nun apeo das propiedades que o mosteiro de Meira tiña en Trabada, datado do 13 de novembro de 1596, podemos ler o seguinte “y por el vao do Carvallin y va al marco de la Cruz do Bargo que esta devaxo de un penedo y de allí a las piedras ladras y al marco que esta en la laguna das seladas … y de allí al marco da Pena da Moura … y de allí al marco de la Pena Verde y por otro nombre se diçe y llaman de Pedra Fita”.

O comportamento da igrexa ante estas pedras sagradas foi ambiguo, pois si ben nuns casos respectou a pena, noutros acabará por sacralizala. Un exemplo dista sacralización vémolo na parroquia de Portocelo. No Catastro da Ensenada podemos ler: “principiando por el Leste en la mar subiendo de ella a la peña que nombran de Berige, de la qual se va a la Fuente dos Ramos y de esta a la que nombran Fuenquegeira dividiendo dicha feligresia de San Clemente de Moras, de cuia fuente por el sur se va a la peña Forcada continuando a la de Pena Foracada de arriva que cada una de estas dos tiene una cruz esmaltada hecha a pico de la ultima se prosigue al sitio de Serron de las Piedras Blancas”.

Quédanos moito por saber do noso pasado, pero se seguimos a destruílo en aras dun progreso, que nos quedará?.

martes, 26 de marzo de 2019

DE TIMOS E TIMADORES NA MARIÑA.





Timar, aparte dun delito, é un arte. Non é sinxelo estafar, mantela mentira e convencer, ao incauto/a de que, por unha vez, a deusa fortuna tivo a ben mirarte.

Cando se tima hai que ter en conta os soños, os anhelos e os desexos das vítimas pois nuns casos debes de apelar a un sentimento de avaricia e noutros, simplemente, xogas coa inocencia.

Un caso de avaricia é o que lle acontece a un veciño de Fene, quen, gustosamente, entregara por carta a cantidade de 2500 reais a un señor de Valladolid.  Estes cartos eran para pagar a viaxe dese valisoletano ata o Ferrol, pois “ofrecía venir a designar el sitio, en los pinares de Tarrío, en que aseguraba hallarse enterrados 85.000 duros” (La Ilustración Cantábrica. 1882, 28 de febreiro).

Coa inocencia xogou un estafador coruñés, licenciado do exército, que cando veu que “varios quintos que se hallaban entretenidos contemplando el mar desde la playa de los Pelamios, vieron con sorpresa que un hombre que decía ser cabo de mar, les imponía la multa de dos pesetas por el delito de admirar una de las más bellas obras de arte de la naturaleza. Algunos incautos montañeses se dieron a correr, pero dos de ellos que quedaron en el sitio, después de recibir algunos bofetones de la mano del improvisado cabo de mar, tuvieron que darle dos pesetas, única fortuna que poseían”(Diario de Lugo,1884. 26 febreiro).

Na nosa Mariña, como non podía ser doutra forma, existiron timos; levados a cabo por homes e mulleres, tanto da Mariña como foráneos.

Vexamos agora algúns, conscientes, de que o número de estas estafas é maior.

No ano 1881 ingresaba no cárcere municipal de Mondoñedo “una mujer que al parecer perteneciente a la clase industrial, que intentó timar a otra, según oímos la cantidad de 500 reales”( El Correo Gallego. 1881, 14 de maio).

Seis anos despois o xulgado de Mondoñedo instruía dous sumarios “contra dos vecinos de aquella comarca por el grave delito de estafa a unos gitanos en la feria de San Lucas”( Crónica de Pontevedra. 1887, 28 xuño).

O ano 1892 é a data na que maior número de estafas puidemos atopar na prensa. Non son moitas, tan só tres (sen descartar que existan máis), pero son moi interesantes.

Comecemos pola que ten lugar no concello de Lourenzá a principios do mes de marzo. Nesta estafa hai unha mestura de inocencia e confianza con avaricia. Son varios os veciños de Lourenzá os afectados.

Os feitos tiveron lugar cando varios gandeiros da localidade “entregaron hace unos días a un sujeto llamado José Cuadrado, tratante en ganado, 18 bueyes con objeto que los vendiera en la feria que se celebró en Betanzos el día 1º.
Parece que en la misma no pudo realizar la venta, y entonces el Cuadrado se embarcó con los animales en el tren, con dirección a Madrid, en donde consiguió enajenarlos.
Los citados vecinos de Lorenzana esperaban que el tratante les abonaría la cantidad producto de la venta, pero hasta hoy aún no han recibido noticia alguna de él, ignorando su paradero” (El Eco de Galicia.1892, 10 marzo).


No caso que imos contar agora, que ten lugar no Viveiro do mes de abril, tamén se xoga coa confianza que a xente, inocentemente, deposita nun estafador.

A mediados do mes de febreiro chegara á vila do Landro un reloxeiro ambulante chamado Jean Maríe Rives. Comezara a traballar na habitación, que tiña alugada na pousada, compoñendo reloxos. Os prezos polos arranxos non eran elevados e o resultado moi aceptable, por iso a súa fama foi medrando por Viveiro, “poco después arrendó en aquella villa al señor Donapetry una tienda de su propiedad, situada en la calle de Pastor Díaz y corrió entre el vecindario la noticia de que iba a establecerse en la población. Timbró papel, encargó tarjetas con las señas del nuevo establecimiento y en los primeros días del presente mes, y después de haber recogido buen golpe de relojes, pretextó un viaje al Vicedo y se marchó tranquilamente sin que volviese a dar noticia de su paradero”.

Pasado un tempo prudencial, os que lle deixaran os reloxos comezan a sospeitar de que todo era un timo. Un deses afectados telegrafía a Ortigueira solicitando información sobre este home.

Dende a capitalidade do Ortegal responden que “el día 6 había salido para Ferrol un relojero ambulante, que se hacía llamar Julián Andís”.

Tratábase do mesmo suxeito, sen dúbida algunha, e por iso deciden denunciar os feitos ante o xulgado de Viveiro. Este  ordena abrir o taller do reloxeiro atopando “un reloj de pared y otro de mesa, ambos de escaso valor, y algunos útiles del oficio.En cambio se llevó seis u ocho relojes de oro, de bolsillo, algunos de considerable precio y gran número de relojes de plata”.

Era un estafador profesional, con varios nomes, e así, aparte dos nomes usados en Viveiro ou en Ortigueira, “en la lista de correos hay una carta a nombre de José María Rivas, relojero francés. Según parece el primer nombre José de Jean, es el que corresponde a un pañero ambulante, francés también, que estuvo en Vivero casi por los mismos días en que llegó su compatriota relojero”(El Correo Gallego. 1892, 28 abril).

Rematamos este ano cun clásico que ten lugar na comarca do Eo, na que “en las últimas ferias de Vega de Rivadeo dos forasteros dieron un timo a un paisano de aquella comarca, vendiéndole un frasco, que decían era oro molido, en 80 pesos. Examinado el frasco resultó estar encabezado con polvos de metal amarillo, siendo el resto munición y arena. Los timadores no han sido habidos” (Gaceta de Galicia. 1892, 19 de abril).

Dicimos que era un clásico porque este tipo de timo era moi habitual. Lembremos que no ano 1883, na prensa podemos ler “en las ferias de San Lucas de Mondoñedo una partida de timadores explotó en grande a los incautos, quienes regresaron a sus casas estafados y algunos con buen acopio de polvos de cobre que tomaron por oro molido”(Diario de Lugo.1883, 31 de outubro).

Pero si queremos asistir a unha estafa planificada, na que se ten en conta tódolos detalles, e que require unha boa dose de teatro, debemos de buscar a que levou a cabo Xenerosa Llenderozos Fernández. Esta muller, de 49 anos de idade e veciña da parroquia de San Xián de Vilaboa, traballaba como xornaleira, pero o xornal que gañaba non debía de ser abondo así que se dedicou a outra profesión. Segundo a prensa “soltera y jornalera, se dedicaba a buscar dinero prestado a nombre de diferentes personas sin que éstas le hubieran autorizado para ello; así mismo con el pretexto de que tenía un Padre Pasionista que le descargaba misas a 75 céntimos, una, recogía varias limosnas; al momento se procedió a hacer las convenientes averiguaciones que dieron por resultado a las 26 horas; que real y efectivamente, hacía 3 años la mencionada sujeta venía dedicándose a la estafa valiéndose de toda clase de engaños, haciendo muchas apariencias, hasta la de presentar un recibo firmado por el Padre Pasionista Jesús Andia Villar, en el que constaba haberle entregado 37 pesetas que en un todo resulta ser falso y al ir a pedir dinero para otros, les manifestaba les había parecido uno de la familia que había muerto y que no tenían más remedio que descargar misas, así es que ella tenía alarmado aquellos contornos arrojando en descubierto estafado hasta la fecha unas 10 personas, en 248 pesetas, creyéndose sean más por cuanto algunas parece recelan en descubrir por no ser molestadas a andar de una parte para otra a declarar ante los tribunales” (El Regional. 1899,18 de marzo).

Non me digan que non se trataba dunha estafa ben artillada e que compensa, porque si ben é certo que a estaban a xulgar por dous crimes, tamén o é que o fiscal solicitaba “por cada uno de los dos delitos una pena de dos meses y un día de arresto mayor”.

A mesma pena era o que pedía a fiscalía para o veciño de Viveiro, Bieito Palmeiro Armeiro, condenado polo mesmo crime, o 20 de xullo dese mesmo ano.

Quedan aquí reflectidas unha serie de estafadas que pulularon pola Mariña no século XIX. Non están todas, seguro que hai máis.

Non deixaron de cometerse estafas co fin do século, pois no XX, continuaron coas vellas costumes e con novos timos, pero iso xa é outra historia.


OS AMANTES DAS SASDÓNIGAS.



No 29 de abril de 1890 executaban detrás da ermida de Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo a Manuel Luxilde Castrillón, un dos seis culpables do crime de Santa Cruz do Valadouro. Non era a primeira vez nin tampouco sería a derradeira en que o patíbulo se asentaba na cidade episcopal.

Hoxe imos falar dunha desas execucións, a que tivo lugar no ano 1893.

Non somos os primeiros en facelo. Andrés García Doural xa menciona, aínda que moi de pasada, este suceso nun artigo sobre o Campo dos Paxariños (2015/20/08). Maior extensión lle dedica o actual cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, nun artigo titulado Lorenzo Huerta, un verdugo de lenda no Mondoñedo do S. XIX (2016/25/04).

Do que hoxe imos falar é do crime cometido por  Manuela Vidal, que asasina ao seu marido o 21 de outubro de 1891, na parroquia mindoniense de As Sasdónigas.

A vítima era Xoán Enrique Paz Castedo, un home oriúndo de Nadela que casara en primeiras nupcias con Xusta Cao Díaz, veciña de Sasdónigas. Posteriormente volverá a facelo con Manuela Vidal Fernández (oriúnda de San Pedro de Labrada).

O matrimonio de Xoán e Manuela emigra a Sudamérica buscando un futuro mellor. Despois dunha tempada a esposa e os fillos retornan a parroquia de Sasdónigas, mentres que o marido queda en América, procurando máis cartos para retornar. Manuela queda soa durante un ano, coidando da casa e dos fillos. Neste tempo coñece a Manuel Rivas, un veciño de Sasdónigas, solteiro e moito máis novo que ela.

Tralo coñecemento xorde o amor, tanto físico como carnal, que perdura ata a chegada do esposo.

Era habitual que xurdise o amor entre esposas de emigrantes e os seus veciños?

Habitual non era, mais tampouco extraordinario. Podemos lembrar ter lido o caso de Manuel Pérez, de 46 anos e veciño  de Palas de Rei, quen “aprovechándose que su mujer se hallaba en Buenos Aires, sostenía relaciones íntimas con Concepción Iglesias Barreiro, también casada y cuyo marido, lo mismo que la esposa de Manuel, se encontraba en la capital bonaerense” (El Correo Gallego. 1919, 11 de xuño). Esta relación extramarital rematou mal, pois Manuel acabará matando á súa amante cando esta decide poñer fin á  relación.

Deixáramos a Manuela Vidal  e a Manuel Rivas vivindo felices, mentres que o marido dela estaba en América. Pero un día decidiu retornar, e a súa volta rematou coa posibilidade de continuar véndose os amantes.

Se ben para a prensa do momento tódalas culpas recaen en Manuela, pensamos que neste crime actuaron os dous amantes, sendo ambos culpables no mesmo grao.

O crime, execrable coma todos, tivo lugar na casa marital, mentres o marido retornado durmía. Como testemuña a filla do matrimonio, que finxiu estar durmida, pero que contemplou, aterrada, como súa nai acoitelaba e daba morte a seu pai.

Será ela, coa súa declaración, a que condene aos culpables do crime “La sangrienta escena del crimen fue presenciada y referida mas tarde ante la justicia por una niña de cortos años, hija del matrimonio, que presenció el suceso desde un rincón, donde la colocó su madre creyéndola dormida”( El Correo Gallego. 1891, 22 de febreiro).

Tralo xuízo, a sentencia que os condenaba a morte. Os amantes recibírona  de maneira ben distintas: Manuela chorando “y tapándose la cara con un pañuelo blanco. Tenía 41 años, era buena moza y muy astuta”. Por outra banda, Manuel Rivas ”que era de elevada estatura, delgado y joven (de 24 años), oyó la sentencia con serenidad, pero muy pálido, sin inmutarse ni pronunciar palabra”. Ambos, unha vez coñecida a sentencia firme, foron trasladados do cárcere de Lugo ata  o de Mondoñedo, onde agardaron a súa execución.

Sabemos que “al preguntar el juez a los reos si querían disponer algo, contestó Manuela: “Nada. Solo quiero salvar mi alma. No hago testamento porque… ¿para qué? No tengo nada. Unos trapos que tenía los di ya a los pobres, y cuarenta reales que constituían todo mi capital los he destinado a misas” (El Correo Gallego. 1893, 22 de febreiro).

O xornalista de El Regional puido entrevistar aos reos, a impresión que este tivo, quedou reflectida nun amplo artigo.

Segundo o xornal, Manuela  estaba custodiada nunha ampla habitación situada na parte alta do cárcere, con bastante luz, piso de madeira, cheminea e vistas ao patio central. Para o xornalista “Hay quien cree que Manuela Vidal es una mujer con mucha trastienda; pero a nosotros nos parece una mujer vulgar que no se ha penetrado aún de la gravísima situación porque atraviesa y que el día en que la pongan en capilla no va a resultar la valerosa mujer que algunos creen”.

 Ela, segundo o artigo, mostrábase enteira, falangueira e tranquila, mentres que o seu compañeiro de crime, que ocupaba un calabozo no piso baixo, amosábase aflixido e cun ánimo abatido que o mantiña tirado na cama sen falar con ninguén.

O xornalista preguntoulle a Manuela se estaba mellor aquí  ou no de Lugo, ela contesta que mellor en Mondoñedo porque “aquí, con los dos reales que le dan de socorro, come mejor que comía en esa, pues el rancho no lo podía tragar, especialmente por las tardes, en que a las mujeres se lo sirven después de los hombres, y por tanto en peores condiciones de por la mañana, que se lo suministran a ellas primero que a ellos”.

A chegada a Mondoñedo do verdugo, procedente da Audiencia de Valladolid, era o paso previo da execución. Tratábase de Lorenzo Huerta, o mesmo que viñera axustizar aos seis reos do crime de Santa Cruz do Valadouro.

Pese ás xestións que certas forzas mindonienses, contrarias á pena de morte, realizaron nos despachos oportunos, non foron quen de conseguir un indulto para ningún dos reos.

O día da execución entraron en capela, onde os visitou o bispo don Manuel Fernández de Castro, co desexo de dedicarlles certas palabras de ánimo e consolo nesas amargas horas.

Segundo declaraba a prensa, no momento de partir cara o patíbulo, Manuela estaba serena, resignada a morrer. Manuel, pola contra, estaba abatido, colérico, xa que segundo el era inocente. De feito fixo unha serie de revelacións ao doutor Ferreiro que o exculpaban, pero ao preguntarlle a Manuela ela negouno todo.

A derradeira comida dos reos foi caldo, chocolate, leite e viño.

Un martes, do mes de febreiro, ás oito horas e seis minutos da mañá os amantes das Sasdónigas foron executados no patíbulo.

 Dos reos, mentres estaban vivos, e dos seus corpos, con posterioridade, fixéronse cargo os irmáns da Venerable Orde Terceira Franciscana de Mondoñedo: “se ha reunido, acordando costear las cajas mortuorias; hacer una colecta pública para invertirla en sufragios por el alma de los reos; imponerles el hábito y recibirles la proposición de hermanos de la Orden a las cuatro horas de estar en capilla; acompañarlos procesionalmente con cruz y estandarte, al patíbulo; llevar los cadáveres en  hombros ocho hermanos al Cementerio y hacer que a la hora de la ejecución se dijeran dos misas rezadas en la catedral y otras dos en la ermita de los Remedios, inmediata al lugar del cadalso, por el eterno descanso de los desgraciados”.


domingo, 10 de febrero de 2019

CARTEIRISTAS NAS FEIRAS DAS SAN LUCAS.




San Lucas, 2016. Páxina www.mondonedo.net

“ A mar revolto, ganancia de pescadores”, de ser certa esta frase, que o é, as feiras das San Lucas son un mar revolto ao que acoden, e acudían, carteiristas a facelo seu agosto.

Ao ser a feira máis concorrida da Mariña e que a xente se aglomera entorno ao Campo dos Remedios favorece o choque entre persoas, feito que facilita o traballo deste tipo de ladróns.
Os carteiristas non son propios da actualidade, xa que os temos localizados dende finais do século XIX. Nestas festas abondaron tamén os timadores. No xornal Diario de Lugo do 31 de outubro de 1883 podemos ler como:“en las ferias de San Lucas de Mondoñedo una partida de timadores explotó en grande a los incautos, quienes regresaron a sus casas estafados y algunos con buen acopio de polvos de cobre que tomaron por oro molido”.

O carteirista é un tipo de ladrón distinto, a diferenza dos timadores, non xoga nin coa nosa boa vontade nin coa avaricia, simplemente agardan o intre onde estamos descoidados, carentes do estado de alerta no que debemos de andar, para levar a cabo o seu roubo.

A prensa do ano 1911 informaba da masiva afluencia de visitantes ás feiras, atraídos polo gando que se ía vender, tamén se daba conta da“abundancia de gitanos, churreros, baratilleros y vendedoras ambulantes”, entre outros, que alí se concentraban.

Ante tal aglomeración de xente non é de estrañar que acudiran carteiristas, pero alí estaba, para evitalo, o inspector señor Mariñas, e grazas ás súas ordes púidose deter “a dos carteristas de Pontevedra y Santiago, practicó cacheos, recogió varias armas blancas y de fuego”.
Dous anos despois, no 1913, ás San Lucas, segundo a prensa: “acudieron a aquel pueblo una infinidad de carteristas que cometieron numerosos timos. La policía consiguió detener a once amigos de lo ajeno”.

Para combatelos Mondoñedo contaba cos policías municipais Menéndez, Freire e Gómez, ademais de varios gardas civís; todos baixo o mando do xefe de vixilancia, señor Guiance.
Entre os once carteiristas detidos sobresaen “los conocidos y afamados Largas-Tierras, el Diego, el Chato de Orense y el Chato de Medina”.

Baixo o alcume de Chato de Orense ou de Monforte atopábase a figura física de Manuel Varela, veciño de Ourense. No mes de setembro de 1920 o gobernador civil imponlle unha multa de 75 pesetas, tras ser atrapado cando roubaba unha carteira. Multa que pagou no momento, sería por falta de cartos. Tres anos despois a multa será de 300 pesetas que, descoñecemos, se pagaría.

Resulta moi máis difícil poñerlle nome ao Chato de Medina, pois hai tres persoas, todos eles carteiristas e actuando polas mesmas datas, que responden a ese alcume. Estamos a falar de Casiano Collar Cabeza, que en 1916 tiña 26 anos e que morre en 1921, na estación do Norte de Palencia, cando intentaba subir a un tren en marcha escapando da policía. Un segundo con ese alcume aparece na prensa do ano 1918, tratábase de Armenio Collado. O terceiro era Antón Villar Molinillo, que no 1926 entraba na prisión de Santander.

San Lucas 2016. www.mondonedo.net

Ao que si resultou sinxelo poñerlle nome foi ao carteirista Largas Tierras, xa que na prensa dáse conta, con abundancia, das súas correrías. Respondía ao nome de Xoán Fernández Fernández.

Sabemos que en outubro do 1913 fora detido nas feiras das San Lucas, e tamén que en xaneiro dese ano o detiveran na estación de Santo Estevo (Ourense). Nun cacheo posterior a súa detención atópanlle unha navalla e unha pistola browning, por estas razóns foi encerrado no cárcere de Monforte, da que consegue fuxir “rompiendo para ello la puerta y destrozando la cerradura”.

Seis anos despois volve aparecer implicado nunha pelexa con armas entre varios carteiristas. Liorta que ten a súa orixe nun roubo cometido nunha casa, da que un tal Venerando se levou 4.000 pesetas e varias xoias. Confiado en que a policía non o iría buscar ata a súa casa invitou a tomar algo nela a Largas Tierras, que aparte de tomar varios viños, tamén se levou os cartos e as xoias.

Cando Venerando se da conta da falta decide levar ao seu compañeiro de tarefas a unha timba de cartas onde os demais carteiristas tiñan pensado roubarlle os cartos. Ao darse conta de que ía a unha trampa comezaron a pelexar os carteiristas e Largas Tierras, que resultou ferido de bala no abdome.

Ao ano seguinte, e para combater aos carteiristas, parte da sección de policía de Lugo marcha cara “a Mondoñedo durante las fietas de San Lucas, ha practicado varias detenciones de carteristas”. (Norte de Galicia, 1914, 22 de outubro).

Pero por moito que a policía de Lugo, a local mindoniense e a garda civil vixíen os carteiristas sempre atopan a quen roubar. Así nolo contaba a prensa de 1915: “A pesar de la estricta vigilancia de la Guardia Civil durante las fiestas, han realizado sus hazañas algunos carteristas. A una mujer le han sustraído 1500 pesetas y a otras varias personas algunas cantidades inferiores”. (La Voz de la Verdad. 1915, 22 de outubro).

No ano 1917 a prensa comenta a detención “de dos carteristas detenidos en el pórtico del cementerio y que se proponían hacer las ferias de San Lucas”. (El Progreso. 1917, 18 de outubro). Pero non só caeron eses dous carteiristas, xa que no mesmo xornal, pero na edición do día seguinte, podemos ler que “con motivo de estas ferias, fueron detenidos los carteristas José Parga, Carpio Rodríguez, alias El Quijote, Gervasio Rodríguez, Gregorio Martínez, Leopoldo Rey y Emilio Torres”.

 Algunhas veces a actuación da policía e da garda civil é tan efectiva que son quen de prender aos carteiristas antes de chegar a Mondoñedo. En 1925, a garda civil detiña na estación de tren de Solares a“Rogelio María de la Iglesia Sánchez, de 45 anos y tomás Peña San Pedro, de 34, ambos timadores que se proponían “trabajar” en la feria de San Lucas”. (La Atalaya. 1925, 20 outubro).

O ano 1935 foi o momento cume dos carteiristas en Mondoñedo. Nas festas dese ano actuaron un bo número deles da seguinte maneira: “Con blusas negras de ganaderos y sendas varas en la mano, pulularon por la feria y por entre los grupos compactos que llenaban la población, aprovechándose de los apretones para meter mano en los bolsillos. Otros vestidos de señoritos, hacían de ganchos, introduciéndose en los cafés, bares, tabernas y fondas, limpiando las faltriqueras y bolsillos que podían. Al dueño de un establecimiento le han sustraído cinco duros en cinco piezas, del bolsillo del chaleco.
La Guardia civil, a pesar de su actividad, no pudo evitar en absoluto el que operaran carteristas y timadores. En otras ocasiones fueron agentes de la secreta, policías diestros y conocedores de esa clase de hampones y maleantes los que detenían a tales individuos”. (El Pueblo Gallego. 1935, 29 de outubro).

Como vemos ás feiras das San Lucas acudían os mellores animais para a súa venda, os máis ricos homes e mulleres da contorna e os carteiristas máis renomeados.

Pero os carteiristas son unha pequena pincelada no fermoso  cadro que son as feiras e as festas das San Lucas.