Para levar a cabo este traballo empregaremos como
base documental básica as seguintes obras :
Villaamil y
Castro, Antigüedades prehistóricas de Galicia,
Ferreira, Isaac e Lourenzo Manuel: Arqueoloxía do
Valadouro
Vigo García, Abel. Protohistoria e romanización na
mariña lucense.
Parroquia
de Santo Acisclo:
- Os
Castros de Santo Acisclo.
Villaamil e Castro ao falar dos castros existentes
nesta parroquia menciona tan só o coñecido como os Castros, “que el circuito de ellos no pasa de 230 metros , y no tiene
foso por ninguna parte; defensa que tampoco requiere por la elevación del terreno. Por noticias de refererncia
dicen haberse hallado bajo tierra, en estos castros, gruesas paredes y
cuantiosos tesoros”[1].
Os investigadores Ferreira e Lourenzo recoñecen na súa obra que “por máis que falaron cos veciños ,aínda non
lograron localizar este castro”, razón que os leva a pensar na seguinte
posibilidade “por estar o castro de
Carballo Só lindante entre as parroquias de Santa Cilla e Santo Acisclo,
podería ser unha confusión do tan prolífico e fundamental investigador
Villa-Amil y Castro”. Idea esta que recollen da obra de Abel Vigo quen
coida que Villaamil confunde o Castro da Folgosa co Castro de San Acisclo.
Recentemente chegou a nosoutros unha copia do
escrito remitido pola xefa de servizo de Patrimonio cultural da xunta de
Galicia á asociación Mariña Patrimonio en resposta dun escrito remitido pola
citada asociación sobre a inclusión no inventario do castro de Santo Acisclo. A
resposta de patrimonio foi a seguinte: “O
ben figuraba no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral do
Patrimonio Cultural,como unha referencia, coa denominación Os Castros e coa
clave GA27019REF5 (a ficha do inventario fora redactada en xuño de 2006). Os
técnicos deste servizo, realizaron unha inspección de campo o día 24.01.2013 e
confirmaron a existencia dun recinto fortificado que, a pesar de estar moi
alterado, é un castro que podería adscribirse provisionalmente a un contexto galaico-romano.
Polo tanto, hai razóns suficientes para pasar a considerar esta referencia coma
un xacemento arqueolóxico tipo castro. En consecuencia, redactouse unha ficha
normativizada do inventario de xacementos arqueolóxicos da DXPC, para este ben,
que pasa a ter a clave de xacemento GA27019022”[2].
Parroquia
de Santa Cilla.
Nesta parroquia Villaamil sitúa dous castros, o da
Croa de Carballo Só, aínda que el denomina Carballoso, e o de Vilacinzal ou
Vilacizal.
- Croa de
Carballo Só.
Atópase situado no coto da Croa, na parroquia de
Santa Cilla sendo a poboación máis próxima o lugar de Folgosa. Para Abel Vigo
está situado a 189 metros
de altitude e ocupa unha superficie de 4 hectáreas . A
existencia dunha canteira, consentida durante moitos anos polos distintos
gobernos municipais, dentro do recinto amurallado ocasionou a perda total deste
xacemento. Para ter un amplo coñecemento de como era temos que tirar da obra de
Villaamil, para quen este castro “elévase
entre el río Oro y el rego de Pelasqueiro, y se compone de una plaza, ó croa,
elíptica, de unos 100
metros de diámetro y unos 350 de circuíto, rodeada por
completo de un foso y por la parte que da al río de otros tres mas, separados
por altos y agudos parapetos, a excepcion del penúltimo del último, que lo está
por ancha esplanada”[3].
O efecto demoledor e destructor da canteira fixo imposible levar a cabo un
correcto estudo e catalogación, deixando
á vista pezas de cerámica e muíños de man totalmente descontextualizados. De
estes restos de cerámica fai referencia Abel Vigo segundo o cal “amosáronme e deixáronme fotografar restos de
cerámicas atopadas na Croa. Cerámicas que parecen serguir a tradición castrexa”.
Tamén apareceron varios muíños circulares de man
dos que fala Villaamil “se han enconctrao
algunos molinos de mano, de los que algunos se conservan en las casas
inmediatas”.
Sobre o mundo lendario que xira entorno a este
castro os autores Ferreira e Lourenzo contan que “os mouros do Castro de Carballo Só non camiñan, andan a brincos dun
sitio para outro. Desde Santa Cilla até Vilacizal, e desde aquí até o
Castrodouro”[4].
Outra lenda que puidemos escoitar sobre este
castro é a que nos relatou un veciño do lugar que afirma que os muíños de man
que aparecían pertencían todos a Pardo de Cela, porque nese lugar era onde se
moía o gran que pertencía ao Mariscal e que despois se levaba en carros de bois
ata a fortaleza da Frouxeira. Como podemos ver nesta lenda mézclanse varias
historias reais pero que están separadas por varios centos de séculos, por un
lado os muíños da Idade do Ferro e por outro lado a figura do Mariscal Pardo de
Cela, de tanta sona nesta nosa comarca, e que podemos encadrar na segunda
metade do século XV.
- A Croa de
Vilacizal.
Este xacemento aparece nas obras anteriormente
citadas (Villaamil e Castro,1878; Ferreia e Lourenzo,2010 e Vigo,2007) segundo
as que sabemos que este era menor tamaño que o xacemento de Carballo Só, xa que
o primeiro abarcaba unha superficie de 4 hectareas, non superando as tres este
de Vilazical, “pues que su circuito no
pasa de 280 metros ,
y no tiene sino un foso, interrumpido, por dos partes, en más de la mitad del
circuito. El parapeto esta formado con paredes gruesas”.[5]
Sobre este castro amosou a súa preocupación a asociación Mariña Patrimonio (23
xaneiro 2013) trala tala e repoboación de eucaliptos.[6]
[1] Villaamil y Castro, Xosé: Los Castros y las Mámoas de Galicia, páx.497, 1878.
[2] Esta documentación foinos pasada polo presidente da
asociación cultural Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, ao que lle agradecemos tanto
a documentación como o traballo que está a realizar en prol da defensa do noso
patrimonio cultural.
[3] Villaamil y Castro, Xosé: Los Castros y las Mámoas de Galicia, páx.497, 1878. A mesma nota pódese
ver na obra de Ferreira e Lourenzo Arqueoloxía
do Valadouro, páx. 119.
[4] Ferreira, I. e Lourenzo, M.: Arqueoloxía
do Valadouro, páx. 121.
[5] Villaamil y Castro, Xosé:
Los Castros y las Mámoas de Galicia,
páx.497, 1878. O termo Vilazical provén doutro termo máis antigo denominado
Vilacésar, así aparece na documentación do século XVI. Sabemos que o 13 de
xullo de 1506 do cóengo mindoniense Fernando Balea doa o casal de Vilacésar
ademais de outras herdades ao cabido de
Mondoñedo ca carga dunha misa e unha procesión o día de Santa Cristina (Cal
Pardo, Mondoñedo século XVI, nº 197).
En 1587 o cabido aforaba ao matrimonio composto por Xoán e Tareixa González e á
súa filla as casaría das Folaras no lugar de Vilacesar con tódalas herdades e o
casal, que nesa data atopábase derrubado(Cal Pardo, Mondoñedo século XVI, nº 1619).
[6] “No xacemento
arqueolóxico O Coto da Croa, parroquia de Santa Cilla, concello de Foz (Lugo),
foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. Como consecuencia
desta tala e repoboación, comprobamos que na parte intacta da croa (a outra
parte fora destruída por unha canteira) abriuse con maquinaria pesada un acceso
polo parapeto para entrar no interior da croa, que foi totalmente arada con
profundos sucos, quedando á vista numerosos fragmentos de cerámica castrexa”.
http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario