Para levar a cabo este traballo empregaremos como
base documental básica as seguintes obras :
Villaamil y
Castro, Antigüedades prehistóricas de Galicia,
Ferreira, Isaac e Lourenzo Manuel: Arqueoloxía do
Valadouro
Vigo García, Abel. Protohistoria e romanización na
mariña lucense.
Parroquia
de San Pedro de Cangas.
- Punta dos
Castros.
Hoxe en día é propiedade do bispado de Mondoñedo
pois nela aséntase a igrexa parroquial de Cangas e o campo santo. Trátase, tal
e como nos relata Abel Vigo, dunha península na que se asenta este castro que
ocupa 2.25 hectáreas
de superficie, tendo o seu eixo maior 225 metros e 100 o
menor. Abel Vigo danos malas novas ao aseverar que o recinto está completamente
arrasado pola estrada que pasa por el, polos xardíns e as construcións que
sostén enriba, sendo tan só na parte norte onde se pode contemplar as defensas
naturais do castro, os cantís.
Apunta Abel Vigo como culpable da desaparición
física do castro ás distintas edificacións e obras realizadas enriba del. A
máis salientable destas obras é a igrexa parroquial que permanece no mesmo
lugar na que foi erixida, aínda que no ano 1854 os veciños de Cangas
queixábanse ao gobernador provincial, tal e como xa fixeran ao bispo, do estado
de ruína que presentaba a súa igrexa parroquial solicitando “la necesidad de construir otra”[1].
O gobernador ordeará a creación dunha comisión municipal composta polos señores
Longarela e Villapol así como polo mestre de mampostería Bruno Rodríguez,
veciño de Cangas, ademais dun mestre carpinteiro sinalado polo bispado. Despois
de inspeccionar a igrexa acordaron que era innecesaria a súa reedificación.
Non podemos deixar a parroquia de Cangas sen falar
do achádego que deu este castro, estamos a falar dun vaso funerario da idade do
bronce do cal nos deu abondosa información don Xosé Trapero Pardo.
Pertencía este vaso a Crisanto Couto, veciño de
San Martiño de Mondoñedo, quen llo amosa ao citado escritor. Despois de
estudalo publica un artigo no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo, do cal
extractamos toda esta información.
Na parroquia de Cangas, no lugar coñecido como Porto Santo, atopa Trapero Pardo unha “pequeña pero elevada península, que fué
convertida en castro, del cual hemos encontrado abundantes huellas y que en la
parte del istmo conserva aún la acusada zanja de un ancho foso, que otrora
cerraría la entrada del poblado prehistórico”. O achado aparece cando se
levan a cabo as obras para construír novos nichos, nese momento foron “descubiertas varias cistas o sepulturas,
restos de una necrópolis. Unas piedras verticales, cubiertas por otra
horizontal, forman estas urnas, de unos 75 centímetros de
profundidad por 60 de anchura, lo que nos indica que se trataba, bien de urnas
de incineración, bien de sepulturas en las que el cadáver era colocado
acurrucado”. Segundo as informacións aportadas por Crisanto Couto os
obreiros atoparan restos de cerámica, de cranios humanos e ósos de grande
tamaño, entre todos estes achádegos apareceu a peza da que imos falar. Segundo
o análise realizado por Trapero Pardo a peza ten 67 milímetros de alto
e varios anchos, 16
milímetros na súa base rematando cos 32 milímetros da súa
cabeceira, “la vasija es fusiforme en su
concepción general, y está constituía por un poliedro octogonal, cuya parte más
estrecha se implanta en un cono truncado de amplia curvatura, casi hemisférica.
El cuerpo inferior y superior se unen para el cierre por un reborde hecho en
aquella, encajando la cubierta simplemente por su propia peso. La característica
más notable de este vaso son las asas o aletas, existentes en ambos cuerpos,
perforadas en sentido longitudinal y cuyos huecos al hallarse la vasija
cerrada, se corresponden perfectamente; de suerte que, haciendo pasar una
correa, cadena o cuerda por los huecos, y, suspendiendo el recipiente, éste queda hermeticamente cerrado. Tanto las
aletas como la base y cúspide muestran unos adornos incisos, formados por
sencillas líneas, que en las partes planas se entrecruzan (...) Hay en su
interior restos de una sustancia que, al evaporarse o al mezclarse con tierra
de la cista, ha adquirido una consistencia espesa, si no se trataba ya en su
origen de una materia oleaginosa”[2].
A decoración e as informacións aportadas pola tradición popular fanlle pensar a
Trapero Pardo que esta anforeta pertencería a unha cultura moi vinculada co
mundo oriental mediterráneo, sinalando ao mundo grego ou fenicio como lugar de
procedencia.
Parroquia
de San Xoán de Vilaronte.
Villaamil e Castro ao falar do mundo castrexo
existente nesta parroquia di “en el
frecuentado punto de desembarque llamado el Pozo Mouro, aparecen muy
complicados castros con fosos profundos, uno de los cuales rodea toda la colina
en cuya cima se destacan los castros, menos por la parte en que corre el río
Masma. Se ven allí elevadas motas y en lo alto una piedra, como de un metro
cúbico, que aseguran tuvo inscripciones. Todo aquel terreno está plantado de
pinares y es de acarreo y sumamente pedregoso. De el dice el estudioso
ingeniero Schulz que fué removido y efectivamente lo está, para extraer la
riqueza aurífera que contenía. Se da también el nombre de castro a otro terreno
labradío (y por consiguiente sin conservar señal de las antiguas
fortificaciones), situado junto a la iglesia parroquial.
En la punta
que desde el lugar de Mañente se introduce en la ría de Foz, se dibuja
claramente un castro.
Enfrente,
sobre el lugar de Villajuane, y al Sur del citado castro de Marzán, se dibuja
asimismo otro”.[3]
Certamente semellan demasiados castros xuntos,
probablemente o señor Villaamil pretende ver castros en lugares onde existiron
outros tipos de xacementos. A unha conclusión moi semellante chega Abel Vigo
quen non foi capaz de atopar todas as referencias sinaladas polo señor
Villaamil. Na catalogación de Abel Vigo aparecen tres xacementos na parroquia
de Vilaronte:
1.- Monte dos Castros, que
sitúa sobre o lugar de Rúa e do que nos di: “Debido á maleza non se pode levar a cabo unha prospección da zona que
permita considerar este punto de forma positiva ou desbotalo de xeito
definitivo”.
2.- As Areosas, que aparece situado inmediatamente despois da
Espiñeira cara Foz e do que nos di que “os
desniveis que rodean o lugar parecen ser naturais e conta con construccións
actuais enriba que dificultan a valoración”.
3.- A Espiñeira, sobre o lugar da Espiñeira sitúa o posible
asentamento do xacemento do que tamén nos di que “debido á maleza que ten o lugar faise moi difícil poder acceder para
acadar unha visión clara”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario