Buscar este blog

sábado, 31 de enero de 2015

BALEAS DE FOZ: A ATALAIA DE SAN MIGUEL DE REINANTE.




Aínda que semella que non ten que ver unha cousa con outra resulta que é todo o contrario.
Somos moitos os que sabemos da existencia dun porto baleeiro en Foz, en concreto no lugar coñecido como O Rego de Foz, ao que acudían a pescar armadas vascas da cidade de Orio e Zarautz. Sabemos tamén que un pouco máis arriba deste porto, nos prados máis altos instalaran os citados mariñeiros unha atalaia para observar o paso das baleas. A toponimia non minte e o lugar onde colocaron ese posto de vixilancia aínda se coñece hoxe polo nome da Atalaia. Esta estrutura foi empregada no ano 1808 como posto de vixilancia ante un posible desembarco de tropas francesas, dotándoa de canóns do oito.
En Foz temos unha zona coñecida co nome de Campo da Cabana, facendo referencia á existencia dunha cabana de baleeiros, de igual maneira que en San Miguel de Reinante había outra cabana con este fin.





No documento que transcribiremos posteriormente veremos como os mariñeiros de Foz reciben unha oferta por parte de Sancho Manuel Menéndez Navia e Villamil, que segundo se afirma era veciño de San Miguel, na que este último lles ofrece a cabana (construída de pedra, lousa e madeira) que ten nas veigas de Ferrol e Gontoiro, ambas pegadas ao mar. Esta cabana, así como a atalaia anexa a ela, era empregada polos veciños de San Miguel na súa caza das baleas. Sancho Méndez Navia considera que tamén sería beneficioso para os veciños de Foz poder empregar esta atalaia.
O documento ao que nos referimos é un foro por cen anos, redactado o 13 de novembro de 1717, polo cal os veciños de Foz reciben a citada cabana e atalaia e eles comprométense a pagar por cada balea que se matase. Iso si, sempre e cando a morte tivese lugar nos  meses en que se realizaba a armazón de baleas, de non ser así non se lle pagaría nada ao citado Sancho Menéndez. Tampouco se lle pagaría nada si a balea aparece morta e os veciños de Foz a collen.
A cantidade que os baleeiros de Foz teñen que pagar depende do tamaño da peza morta. Si a balea era grande os veciños de Foz deben pagar 36 cuartillos de graxa ou ben “un torrezno de los que tenga”, en caso de ser pequena a cantidade de cuartillos de graxa redúcese á metade, 18 cuartillos ou ben o citado torrezno. En caso de que a peza cazada fose un cabrote había que pagar tan so un torrezno.
Este foro aínda que tiña unha duración de 100 anos moi ben puido ter expirado antes, xa que no período comprendido entre 1720 e 1727 desaparecen das nosas costas as baleas, consecuencia inmediata da sobre explotación deste recurso.

UBICACIÓN DA CABANA E DA ATALAIA DE SAN MIGUEL.

Despois de ter falado con Manuel Miranda, presidente da asociación Mariña Patrimonio, chegamos á conclusión de que a citada cabana debería de estar moi preto do castro de San Miguel de Reinante. Neste lugar, nos foxos dos parapetos, apareceron restos óseos de balea, que si ben foron datados nun principio en época romana, poden moi ben ser bastante posteriores.
Tamén cando Mariña Patrimonio atopou na praia de Arealonga, a uns 300 metros de distancia do castro de San Miguel (sito en Punta Gabito), vértebras de baleas preguntou como se chamaban os prados colindantes á praia e a resposta foi moi clara “esta zona coñécese co nome da Cabana”.
 
SANCHO  MENÉNDEZ NAVIA E VILLAAMIL

Se ben no foro aparece como veciño de San Miguel nós non o temos tan claro. Na transcrición que temos feito do Tombo do Convento de San Francisco de Ribadeo (Libros A (1693 – 1732) e B (1739 -1777)) atopamos varias referencias á familia Menéndez Navia. Grazas a información contida neste Tombo sabemos que Sancho Menéndez era fillo de Francisco Menéndez Navia e Villaamil. No ano 1707 o citado Francisco redactaba o seu testamento no cal fundaba dúas misas a dicir no convento franciscano o día de San Francisco, “Hipoteco para esta fundacion todos los vienes en que mejoro por via de vinculo y mayorazgo a su hijo Don Sancho Menendez, que es quien paga”. Este citado Sancho tamén acabará fundando catro misas rezadas no convento franciscano de Ribadeo, así o afirma no seu testamento redactado ante o escribán Antón Fernández Vaamonde, no que Sancho afirma ser “vecino desta villa de Rivadeo”.


TRANSCRICIÓN:

Foro da Cabana e Atalaia de San Miguel de Reinante.
Fonte: Arquivo Diocesano de Mondoñedo.
Foz. Varios. Nº1. Varios documentos relativos a foros e confrarías antigas.

En la feligresia de Santiago de Foz a trece días del mes de noviembre de mil setecientos y diez y siete años ante mi escribano y testigos abajo scriptos paresçio presente Don Sancho Manuel Menendez Navia y Billaamil, veçino de la feligresía de San Miguel de Reynante y dijo que por quanto a el le toca y pertenece un pedaço de eredad y Canpo en la beyga de Ferol y Gontoyro de dicha feligresía de San Miguel que esta en la ribera de la mar  en donde al presente se alla echa una cabana para la atalaya de ballenas por ser util y necesaria en dicho sitio ansi para los vecinos de dicha feligresía de San Miguel como los mas de la Jurisdizion y Calendario della y mas de fuera parte y para que sea permanente y que en ella en tiempo de ballenas se pueda hacer atalaya de la parte de Foz armando dichos becinos de la feligresía della  cura y fabrica y no otro alguno dijo el otorgante que en la mejor forma que en derecho lugar aya y mas firma y balida sea aforaba y aforo y dio en foro afiteusis dicha Cabana y sitio della a dicha fabrica de la feligresía de Santiago de Foz y a Pedro Fernandez de Mansin como fabricario della y a Don Blas Gonzalez, cura de dicha feligresía, como protector de dicha fabrica y al que le subcediere por tiempo y espacio de cien años que enpieçan a correr desde oy dia de la fecha en adelante asta seren feneçidos y acabados en los quales y cada un (2) de pagar de renta al otorgante y los suyos Muriendo ballena grande en dicho puerto de Foz por los armadores de dicha feligresía fabrica y cura della treinta y seis  quartillos de grasa o un torezno de los que tenga, al mismo respecto y siendo pequeña le an de dar diez y ocho quartillos o un torezno que hechos tenga y todo ello a escoger del otorgante y los suyos y muriendo al punto Cabrote nuevo y pequeño le an de dar un torezno conforme fuere y no muriendo uno ni otro se le an de pagar por raçon de dicha Cabana y sitio ninguna cosa no siendo matado en el tiempo en que se arma a dichas ballenas y con las armas propias dellas sobre el qual territorio de dicha Cabana echa y lo mas que sea necesario quierendo alargarse asi lo mas para la deçencia de dicha atalaya saliendo al presente el otorgante (1)  y defender a su costa y expensas la atalaya y a los suyos asta lo fenecer y hacer suyo propio como tanvien dichos vecinos de Foz fabrica y cura della an de tener dicha Cabana con el reparo  deçente de piedra losa y madera por dichos cien años sin que el otorgante que no an de  ynpedir no siendo obra grande con las quales condiciones y declara y declaraciones arriba referidas y no sin ellas afora dicha Cabana y sitio a la dicha fabrica de Foz cura y vecinos por dicho tienpo de cien años.

Presentes Don Blas Gonçalez cura desta feligresía que por si y en nombre y como protector de dicha fabrica y por ausencia del fabricario della  estando presentes Juan da Fraga, Francisco Villapol, Andres Dobale, Domingo Fernandez, Luys do Canpo, Antonio da Beyga, Antonio Rodriguez, Francisco Dobale y a Marcos Guerra, todos vecinos desta feligresía y todos los quales por si y en nombre de los mas vecinos della y dicha fabrica porque en el presta suficiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario