Para levar a cabo este traballo empregaremos como
base documental básica as seguintes obras :
Villaamil y
Castro, Antigüedades prehistóricas de Galicia,
Ferreira, Isaac e Lourenzo Manuel: Arqueoloxía do
Valadouro
Vigo García, Abel. Protohistoria e romanización na
mariña lucense.
Parroquia
de San Martiño.
Villaamil y Castro na obra mencionada
anteriormente tan só fai referencia a un xacemento arqueolóxico nesta
parroquia, Os Castros, por outra banda Abel Vigo sitúa nesta parroquia dous
xacementos: Castro de Lelle e o de Río. Calquera das dúas informacións
aportadas por ambos investigadores está incompleta, sendo tres como son os
xacementos existentes na parroquia de San Martiño.
- Os
Castros.
Sobre este xacemento Villaamil y Castro dinos que
está “ en terreno plantado de pinar y por
tanto pco acusados, con algunas motas, se encuentran en una altura entre la
iglesia parroquial, antigua catedral mindoniense, y la capilla del Carmen.
Aparecen alli tambien trabajos de remoción del terreno, análogos a los
practicados en los castros de Villaronte”.[1]
Polos datos que nos da debemos situalo por detrás da actual basílica de San
Martiño de Mondoñedo o que nos fai pensar que está a falar do castro do monte
de Lebureiro, aínda que é máis coñecido como O Cano dos Mouros. Sobre este
xacemento xa falara o bispo mindoniense frei Miguel Quijada, quen o día 5 de
agosto de 1696 visitaba a basílica de San Martiño e anotaba o seguinte: “y ansi digo que aquel monte que esta sobre
San Matino que llaman el Castro dos Mouros y Caño dos Mouros antiguamente se
llamo Mondoñedo; los labradores antiquisimos no le llamaban a la ciudad de
Mondoñedo sino Villa Mayor de Mondoñedo a diferencia de la villa de Mondoñedo
que era San Martino de Mondoñedo”[2].
Case que 150 anos antes,
no apeo de bens da parroquia de San Martiño realizado no ano 1540 podemos ler
que a metade dun prado que levaba Pedro de Lelle lindaba “segun que ba do longo del rio Centino e topa en el camino que ba desde
Poyal por el rego para la casa de Maria de Guillema e otra parte topa en el
monte de en los Castros de Ginzo a los Canos de Mouros e de la otra parte de
baxo en el dicho prado del dicho monesterio que lleba Pedro de Lelle”.
Neste mesmo apeo ao falar da extensión do Caritel di “ que heran començando al rego de labar las manos donde se gana çient
dias de perdon dyziendo un pater noster a loor de nuestro señor e del obsipo de Santo don Gonçalo que fue en
el dicho monasterio y por la abgua del dicho rego abaxo fasta topar en el rio de
Çentino y doyzin e pasa el dicho para Ginzo e asi abaxo sobre de las Figueyras e por los Castros de
Ginzo que se llaman los Castros de Mondoñedo desde alli al puerto do
Junqueyro do dicha man ba por un camino
viejo abaxo e pasa el rio” [3].
- Castro de
Lelle.
Abel Vigo sitúao nun lugar erróneo despois de empregar as referencias da
Xunta de Galiza, cando se desplaza alí para comprobar sobre o terreo este
xacemento atópase que non hai nada polo que escribe “unha revisión do lugar non clarifica nada. Non se atopan indicios de
que se trate dun xacemento arqueolóxico atribuíble a este momento, pero a gran
cantidade de maleza que presenta o lugar tampocuo fai posible unha revisión
exhaustiva.Polo tanto plantexamos este punto como unha posibilidade, pero sin
poder aseguralo”[4].
Recentemente, e trala tala de eucaliptos, a asociación Mariña Patrimonio
puxo en valor o citado Castro de Lelle, tamén coñecido como Castro das
Engrovias.[5]
- Castro de
Río.
Situado lugar de Río, parroquia de San Martiño, moi preto da estación de
tren de Foz. Sobre el Abel Vigo cando estuda este castro e o de Vilaxoane,
ambos aparecen na obra de Villaamil y Castro recoñece que “Estas dúas fichas inclúense xuntas e sin máis datos porque non se
atopou nada, nin un castro en Vilaxoane nin un Castro de Río e danse os datos
tal e como se recolleron nas lecutras indicadas. Ademáis supoño que ambas se
referirán a unha mesma realidade, pero non podemos precisar máis”.
Cando preguntábamos aos paisanos do lugar sobre a Casa de Cristos, sita en
Cainzal de Abaixo, foron varias as testemuñas que nos relataron que no tempo de
facerse a vía do tren á altura de Río apareceron “moitas olas de barro rotas”, con toda seguridade estanse a referir
a restos de cerámica castrexa.
Parroquia
de San Xiao de Nois.
- Castro do Fondo de Nois.
Situado no lugar de Fondo de Nois está este castro fronte ao castro de
Fazouro, separados pola praia de Arealonga. Deste castro fálanos tan só Abel
Vigo no seu traballo no que nos di “Nesta
mesma referencia hai que dicir que se suscitan dúbidas sobre a súa existencia
real, pero con todo queremos incluíla e facer unha pequena descrición do lugar”[6].
Cando fai a descrición do lugar anota que se trata dun pequeno entrante no mar
con substrato de lousas que actualmente está dedicado ao cultivo e que por
preto del transcorre o rego da Lagoa. Sobre a súa conservación di que é
bastante mala “posto que hai moitas
dúbidas da súa existencia. Na foto que se presenta do lugar vemos o que podería
ser o que queda dun parapeto, pero non se pode concluír con seguridade”.
Non vou a ser eu quen critique as opinións especializadas
dun arqueólogo xa que carezo dos coñecementos necesarios. Se o profesor Abel
Vigo non atopou restos arqueolóxico fixo ben en mencionalas súas dúbidas sobre
este xacemento. Pero que ano atopase datos arqueolóxicos non quere dicir que
non existan referencias documentais, que ao noso modesto entender xustificarían
a existencia deste xacemento. A referencia documental atopámola nun apeo de
bens que se realiza no ano 1571. Nesta data o dono do Casa de Covas (Nois),
Fernán Díaz de Ribadeneira, o novo, solicita realizar un apeo dos bens que o
vínculo da citada casa tiña. Na declaración de Bartolomeu de Bao, testemuña
presentada polo citado Fernán Díaz, podemos observar como menciona este castro
“mas save el testigo que al dicho Fernan
Diaz de Riva de Neira pertenece por compra que hizo a la mesma Maria Fernandez,
una longara e pieza de heredad, como es sita en la Bouza del Castro de Nois”,
outra finca que aparece neste apeo é “otro
tarreo e pieza de heredad que esta dentro del Castro de Nois, como testa de una
banda en la mar e de otra parte en heredad de Rodrigo Barata e de otra parte à
donde dizen A torre do Castro de Nois”, non é esta a derradeira referencia
pois atopamos outra máis na que se nos fala dunha “pieza de heredad que esta en el lugar a que dizen A Ponte de Castro que
llevara de sembradura un toledano de pan poco mas o menos e testa de una parte
en la mar”.[7]
Abel Vigo á hora de abordar a posibilidade de existencia dunha factoría
fenicia en Nois di: “ Esta cita
foi tirada dun conxunto de trípticos publicitarios, tal como se indica na
bibliografía, pero dubido bastante da realidade desta afirmación, posto que non
atopei máis referencias á mesma”[8].
Parroquia
de San Xiao de Cordido.
- O coto do
Pico.
Situado na parroquia de Cordido no lugar coñecido
como a Cruz da Veiga, del fálanos
Abel Vigo pero sen facer referencia algunha, tan só é nomeado.
[1] Villaamil y Castro, Xosé: Los Castros y las Mámoas de Galicia, páx.497, 1878.
[2] Arquivo Diocesano de Mondoñedo. Foz. Libro de
Privilexios, fol. 17. Tamén se pode atopar esta referencia en Fernández Pacios,
X.R.: San Gonzalo, bispo mindoniense.
Páx. 23.
[3] Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. Apeo San Martiño,
1540, fol. 41 r e 42 v.
[5] Véxanse os artigos que sobre este castro ten
publicados a asociación Mariña Patrimonio no seu blog http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/
[7] Rodríguez Baixeras, A.: Historia de la Casa-Torre y vícnulo de
Covas, en Nois. (1569 -1800), fol, 93.
Esta obra está inédita, polo menos no momento en que escribimos este
capítulo, posuímos unha copia grazas a xentileza do seu autor, Antonio
Rodríguez, quen ao saber da nosa investigación tivo a ben enviarnos unha copia
do seu traballo, xesto que lle agradecemos profundamente.
[8] Vigo García, Abel. Protohistoria
e romanización na mariña lucense. Páxs 194. Tal vez se deba a aparición
desta factoría fenicia aos traballos de Villaamil y Castro que recollerá e
espallará posteriormente Amor Meilán, quen daba por certo a existencia dunha
factoría fenicia na ría de Foz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario